DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria...

7
XXXI ASEMBLEA XERAL 31 de xaneiro do 2015 Centro de Interpretación Ambiental Santiago de Compostela DOCUMENTACIÓN

Transcript of DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria...

Page 1: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

1

XXXI ASEMBLEA XERAL31 de xaneiro do 2015

Centro de Interpretación AmbientalSantiago de Compostela

D O C U M E N T A C I Ó N

Page 2: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015 XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

2 3

•CONVOCATORIA DA XXXI ASEMBLEA XERAL•ACTAS DA XXX ASEMBLEA XERAL E DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

D O C U M E N T A C I Ó N

Page 3: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015 XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

4 5

A TODAS AS PERSOAS ASOCIADAS

Benqueridas amigas, benqueridos amigos:Queremos comezar este ano con folgos renovados para orientar o noso traballo asociativo

co pulo que estes tempos esixen. Así pois, o secretariado acaba de fixar para o vindeiro 31 de xaneiro a celebración da nosa XXXI Asemblea Anual.

Á vista das boas impresións da anterior asemblea, acordamos repetir estrutura, e pensamos nun xornada intensa de mañá, que integre o contido propio da asemblea e a xuntanza para debatermos sobre os temas da actualidade educativa que os distintos grupos de traballo presenten.

Para a celebración da asemblea reservamos as primeiras horas da mañá, seguindo a orde do día habitual, que dá pé a tratarmos sobre os diferentes aspectos que marcan a vida asociativa: as actividades e as cuestións económicas, nunha dobre dimensión de balanzo e de proxección futura. Nesta ocasión toca, ademais, acometer a renovación do secretariado nacional.

Buscamos un espazo axeitado ás nosas dinámicas e nesta ocasión recalamos no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, situado no Parque de Belvís. Logo da xornada reservamos un oco final para, coma sempre, xantarmos xuntos compartindo un necesario tempo de posta ao día e convivencia

Unha vez máis, desde o secretariado queremos facervos un chamamento especial á participación. Esta é sempre unha acaída ocasión para sabermos das inquedanzas das persoas que integramos este proxecto pedagóxico, coñecer o traballo dos grupos e, en definitiva, recoñecérmonos compartindo dúbidas e alimentando esperanzas no convencemento de que o noso traballo, de xa longa traxectoria, é radicalmente necesario.

Como xa vimos facendo e coa idea de ampliarmos a nosa base asociativa animámosvos a convidar persoas que poidan ter interese en coñecer os nosos proxectos, para ver se queren sumarse a esta nosa arela pedagóxica.

Milladoiro - Ames, 15 de xaneiro de 2015.A presidenta

Asdo.: Mª Dolores Candedo Gunturiz.

CONVOCATORIA DA XXXI ASEMBLEA XERAL ANUAL DE NEG

Convócase a XXXI Asemblea xeral de NEG, con carácter ordinario, para o sábado, día 31 de xaneiro do 2015, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, Parque de Belvís, Santiago de Compostela, ás 9,30 h. e coa seguinte Orde do día:

1. Aprobación, se proceder das actas da XXX Asemblea e da Asemblea extraordinaria. 2. Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación, se proceder, da Memoria económica do ano 2014. 4. Aprobación, se proceder, do Programa de actuacións para o ano 2015. 5. Ratificación, se proceder, do Orzamento para o ano 2015. 6. Elección dos cargos e ratificación das e dos representantes dos Grupos no Secretariado Nacional. 7. Resolucións8. Rogos e preguntas.

Milladoiro - Ames, a 15 de xaneiro 2015. A presidenta

Asdo.: Mª Dolores Candedo Gunturiz.

•Ascandidaturasparaosecretariadonacional(en listasdenovepersoase,noseucaso,persoassuplentes,nasqueosprimeirospostossecorresponderáncoapresidencia,vicepresidencia,secretaríaetesouraría,talecomosecontemplanoartigo18dosEstatutos)poderánpresentarseataomesmodíadaasembleaás10h.•IgualmentepoderánpresentarseaspropostasderesolucióndaAsembleaataomesmodíaás11h.•Toda a documentación relacionada coa Asemblea poderá consultarse (oumesmo recuperarse) do noso sitioweb nomenú ASEMBLEAS,

submenúXXXIASEMBLEAXERAL.Parapoderacceder,cómpreentrarcousuarioeocontrasinaldecadaquen(ealguénaíndao ignorapodepreguntalonanosasede).

CONVOCATORIA DE XUNTANZA

Co gallo da celebración da XXXI Asemblea Anual, convocamos a toda a asociación a unha xuntanza, que terá o seguinte programa:

Día e hora: sábado 31 de xaneiro, 12´15 horas.Lugar: Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, Parque de Belvís, Santiago de Compostela. 12´15 h. – 14´30 h. Xuntanza dinamizada polos grupos de traballo (cada grupo disporá duns 30 minutos):• Grupo Educadores/as pola Paz• Grupo Cambela • Grupo de Rural • Grupo Cavila

15,00 h.: Xantar de confraternidade no Silveira. Casa de Xantar (Praza de Mazarelos, Rúa Cardenal Payá, n. 18)Oxantarinclúe1ºe2ºprato,bebida,sobremesaecafé(éomenúdodía,poloquecadaun/haescolleráno

momento)etenuncustode15€.Aspersoasquequeiranasistiraomesmodebenfacerasúareservaatravésdomesmocorreoelectrónicoantesdo27dexaneiro.

Milladoiro - Ames, a 15 de xaneiro 2015. A presidenta

Asdo.: Mª Dolores Candedo Gunturiz.

Aso

ciac

ión

decl

arad

a de

Util

idad

e P

úblic

a (O

rde

INT/

2335

/200

8, B

OE

5/8

/08)

Page 4: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015 XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

6 7

ACTA DA XXX ASEMBLEA XERAL DE NEGDATA: 22 de marzo 2014.HORA DE INICIO: 10,10 h.HORA DE REMATE: 12,30 h.LUGAR: Nave de Vidán, Santiago de Compostela.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se proceder, da acta da XXIX asemblea. 2. Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2013. 3. Aprobación, se proceder, da Memoria económica do ano 2013. 4. Aprobación, se proceder, do Programa de actuacións para o ano 2014. 5. Ratificación, se proceder, do Orzamento para o ano 2014.6. Resolucións. 7. Rolda aberta de intervencións.

ACORDOS

) 1. Aprobación, se proceder, da acta da XXIX asemblea.

Acórdase por unanimidade aprobar a acta da XXIX Asemblea.

) 2. Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2013.

Dáselle lectura á memoria de actividades realizadas no 2013 que figuran na documentación presentada para a asemblea.

Destácase a realización de catorce actividades ao longo do ano, intentando abranguer todo o territorio nacional. Algunhas delas supoñen ademais a continuidade de edicións anteriores.

Tamén se fai fincapé no establecemento de sinerxías con outras entidades para o desenvolve-

mento dalgunhas actividades, salientándose a importancia fundamental de manter vivas as liñas de colaboración e apoio abertas, que contribúen a garantir a continuidade das iniciativas impul-sadas.

Igualmente, maniféstase unha notable preocupación ante as dificultades existentes para a pro-gramación de actividades, dada a falta de financiamento tanto por parte das distintas adminis-tracións públicas como doutras entidades externas á asociación. Resulta así mesmo inquedante o feito de que se estea a experimentar unha constate mingua nas matrículas e no número de asistentes ás actividades, cumprindo analizar as posibles causas de tal perda. É tamén complica-do atopar espazos e instalacións axeitadas e asequibles nas que poder desenvolver as propostas, segundo se pon de manifesto.

Porén, hai tamén moitas luces e motivos de satisfacción, que van xurdindo a medida que se van explicando as diferentes actividades por medio da intervención dos distintos responsables, participantes, dinamizadores dos mesmos ou membros dos diversos grupos de traballo, quen van falando por quendas para dar conta do labor realizado ao longo do ano 2013.

Neste punto infórmase asemade do labor realizado no marco da RGE durante o pasado 2013, incidindo nas numerosas presentacións dos monográficos realizadas por diversos puntos da nosa xeografía, nun esforzo notable por seguir a potenciar a difusión da revista. É preciso insistir ta-mén na necesidade de sermos estritos no cumprimento dos prazos fixados en cada fase do pro-ceso de creación dos números, así como na importancia de seguir permanentemente á procura de financiamento e publicidade, e de lograr un incremento de subscritores/as.

Finalmente, dáse conta das actuacións que levou a cabo este ano o secretariado e a proposta para o 2014, destacando as dificultades que atopamos para encontrar apoios e reforzos para o mesmo, recoñecéndose como realmente necesarios. Nese sentido e de acordo co previsto nos nosos estatutos (Art. 18.4), infórmase de que vimos de reforzar de maneira interina o Secreta-riado, incorporando algúns membros na representación dos grupos de traballo, ate a vindeira asemblea na que corresponda renovar ao secretariado. Os reforzos serían: Belén Piñeiro, Alicia L. Pardo (e talvez algunha outra persoa do grupo de rural), Alexandre Sotelino, Marcos Botana e Ana Castro. Agradécese fondamente aos novos membros do secretariado a súa incorporación e compromiso, dándoselles a benvida.

Sinálase que na memoria do secretariado sería preciso engadir no apartado de recoñecemen-tos e felicitacións os nosos parabéns a Xesús Rodríguez Rodríguez, quen foi recentemente elixido como vicepresidente da asociación internacional IARTEM (International Association for Research on Textbooks and Educational Media).

Apróbase por unanimidade a memoria de actividades e do traballo dos grupos do 2013.

) 3. Aprobación, se proceder, da Memoria económica do ano 2013.

Explícase a memoria económica do 2013, que figura na documentación presentada á asem-blea. Incídese no préstamo pendente de pagamento. Porén, a evolución económica foi positiva, grazas ás iniciativas adoptadas para garantir a supervivencia da asociación, salientando quizais substancialmente os resultados acadados grazas ao operativo de doazóns, que nos permitiu su-perar algunhas das débedas que vimos arrastrando desde hai anos. Xustifícase o porqué desa iniciativa ao tempo que se lamentan as dificultades para obter financiamento e apoio por parte da Consellería de Educación e do resto de administracións públicas, o que relega á asociación a unha situación de perigosa supervivencia. Nese sentido, saliéntase a carencia practicamente total de axudas públicas e subvencións recibidas, así coma o feito de que algúns obxectivos esenciais, coma o incremento dos subscritores/as e asociados/as, tampouco se conseguiu acadar no ano 2013.

Apróbase por unanimidade a memoria económica do ano 2013.

Alexandre Sotelino LosadaAntón Costa RicoÁnxela Alonso TestaBelén Piñeiro A.Beti Navarro AguiarCarmela Cons PintosEncarna Peiteado BlancoEsther Vázquez OteroIsabel López AriasJavier F. Rouco FerreiroJosé Antonio Barral RodríguezKely Torres VeloLourdes Campoy de la Torre

Luis C. Cachafeiro ChamosaMª Carmen Morán de CastroMª Carmen Pérez de la CruzMaría Castro CalvoMª Helena Zapico BarbeitoMª Dolores Candedo GunturizMercedes Vázquez VázquezMónica Martínez BaleirónMontserrat Castro RodríguezRosa Mª Castro SerantesSergio Rodríguez DíazSilvia Orge LorenzoSonia López Soto

ASISTENTESSusana Couso SánchezTere Ferreiro FerreiroXesús Rodríguez RodríguezXiana Lastra PernasXiana Rodríguez CastroXosé Lastra MuruaisXosé M. Cid FernándezXosé Ramos RodríguezYesshenia Vilas Merelas

Tamén asiste como convidada Uxía Bolaño Amigo.

AC

TA X

XX

ASE

MB

LEA

XER

AL

AC

TA X

XX

ASE

MB

LEA

XER

AL

Page 5: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015 XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

8 9

) 4. Aprobación, se proceder, do Programa de actuacións para o ano 2014.Dáselle lectura á proposta de actividades de formación para o ano 2014, tres das cales (“Re.Cursos. Respirando Ale-gría”, “Xornadas sobre a Lomce. Reformar o sistema educativo, para que?” e “V Seminario-Obradoiro de Avaliación de Materiais”) xa tiveron lugar. Coméntase que para este ano 2014 é necesario elaborar un Programa de Formación Anual minucioso onde se re-collan todas as actividades propostas para esta anualidade, así como a súa calendarización concreta, para evitar os problemas organizativos dos pasados meses. É necesario ademais dispor de dito Plan de Formación para poder in-cluílo na addenda ao convenio asinado como entidade colaboradora coa Consellería de Educación ó abeiro da nova regulación das actividades de formación do profesorado (debendo presentalo á Dirección Xeral antes do 30 de xuño de cada ano).Considerándose, xa que logo, importante reunir aos responsables dos grupos, facendo unha xornada interna coas coordinacións das actividades arredor do mes de maio, para poder extraer criterios homologables de funcionamen-to, así coma un calendario de programación conxunta, unha análise dos porqués que xustifican a ausencia de profe-sorado nas actividades, etc.Apróbase por unanimidade o programa de actuacións para o ano 2014.

AC

TA X

XX

ASE

MB

LEA

XER

AL

AC

TA X

XX

ASE

MB

LEA

XER

AL ) 5. Ratificación, se proceder, da Proposta de orzamento para o ano 2014.

Preséntase o orzamento para o ano 2014 aprobado polo secretariado e ratifícase por parte da asemblea por unani-midade.

) 6. Resolucións.Non se presenta ningunha resolución desta quenda.

) 7. Rolda aberta de intervencións.Belén Piñeiro alude á existencia dun seminario de formación extremadamente interesante financiado pola Oficina Franco Alemá para a Xuventude, no que xa participou en Lisboa e cuxas seguintes edicións localízanse en Berlín e Burdeos. Desenvólvese en inglés, francés, alemán e portugués, constituíndo unha experiencia de intercambio e aprendizaxe profesional moi intensa e relevante. No Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia están a embarcarse nun programa de mobilidade asociado á devandita iniciativa, no que nos anima a participar tamén den-de NEG, dado o seu fondo valor potencial.

Sen outros asuntos que tratar, remata a asemblea ás 12,30 horas.Compostela, 22 de marzo de 2014.Vº e Prace A Presidenta A secretaria

Mª Dolores Candedo Gunturiz Mª Helena Zapico Barbeito

Page 6: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015 XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

10 11

Susana Couso SánchezTere Ferreiro FerreiroXesús Rodríguez RodríguezXiana Lastra PernasXiana Rodríguez CastroXosé Lastra MuruaisXosé M. Cid FernándezXosé Ramos RodríguezYesshenia Vilas Merelas

Tamén asiste como convidada Uxía Bolaño Amigo.

ORDE DO DÍA

Punto único.- Modificación do art. 4 dos estatutos: Domicilio social da Asociación.

ACORDOS

) Punto único.- Modificación do art. 4 dos estatutos: Domicilio social da Asociación.

Acórdase por unanimidade modificar o artigo 4 dos estatutos aprobándose o novo Domicilio social da Asociación, que queda establecido en:

RÚA DAS HEDRAS, 4, 2º O – MILLADOIRO15895- AMES (A CORUÑA)

Sen outros asuntos que tratar, remata a asemblea extraordinaria ás 12,40 horas.Compostela, 22 de marzo de 2014.Vº e Prace A Presidenta A secretaria

Mª Dolores Candedo Gunturiz Mª Helena Zapico Barbeito

Alexandre Sotelino LosadaAntón Costa RicoÁnxela Alonso TestaBelén Piñeiro A.Beti Navarro AguiarCarmela Cons PintosEncarna Peiteado BlancoEsther Vázquez OteroIsabel López AriasJavier F. Rouco FerreiroJosé Antonio Barral RodríguezKely Torres VeloLourdes Campoy de la Torre

Luis C. Cachafeiro ChamosaMª Carmen Morán de CastroMª Carmen Pérez de la CruzMaría Castro CalvoMª Helena Zapico Barbeito Mª Dolores Candedo GunturizMercedes Vázquez VázquezMónica Martínez BaleirónMontserrat Castro RodríguezRosa Mª Castro SerantesSergio Rodríguez DíazSilvia Orge LorenzoSonia López Soto

ASISTENTES

ACTA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIADATA: 22 de marzo 2014.HORA DE INICIO: 12,30 h.HORA DE REMATE: 12,40 h.LUGAR: Nave de Vidán, Santiago de Compostela.

AC

TA A

SEM

BLE

A E

XTR

AO

RDIN

ARI

A

Page 7: DOCUMENTACIÓN - nova-escola-galega.orgnova-escola-galega.org/almacen/documentos/01.Convocatoria 2015 e...Aprobación, se proceder, da Memoria de actividades do ano 2014. 3. Aprobación,

XXXI ASEMBLEA XERAL - Xaneiro 2015

12