Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros

15
DO ESPLENDOR MEDIEVAL Á DECADENCIA DOS SÉCULOS ESCUROS Carme Veiga Burés 3ºB

Transcript of Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros

DO ESPLENDOR MEDIEVAL Á DECADENCIA DOS SÉCULOS ESCUROS

Carme Veiga Burés 3ºB

GUIÓN: Introdución (Diap. 1) O Reino de Galicia durante o Esplendor

Medieval (Diap. 2) Literatura medieval (Diap. 3) Situación do galego durante a Idade Media

(Diap. 4) A decadencia dos seculos escuros, causas

(Diaps. 5,6 e 7) Os Séculos Escuros (Diap. 8) Conclusión (Diap. 9) Fontes (Diap. 10)

INTRODUCIÓN:

No século VIII Galiza, constitúe unha unidade política cos reinos de Asturias e León. A pesar disto nalgúns momentos chegou a ser un reino independente. Naquel momento a lingua máis utilizada era o galego, que tiña unha competencia minguante co latín na escrita.

A finais dos séculos XIV e XV a lingua e a literatura galega sofren unha decadencia debido a perda de poder do Reino de Galicia,o poder pasa a estar no Reino de Castela.

O REINO DE GALICIA DURANTE O ESPLENDOR MEDIEVAL.

Foi o primeiro reino cristiá da Europa Occidental.

A sociedade era feudal, a nobreza señorial e eclesiástica tiña o poder.

Compostela era o centro da cultura cristiá europea.

Reino de Galiza no século IX

LITERATURA MEDIEVAL:O GALEGO, A LINGUA DA LÍRICA

O galego convertírase na lingua da lírica, en toda a Península Ibérica, agás en Cataluña.

Podemos destacar as cantigas, de tres tipos: de amor, de amigo e de escarnio ou maldicir

CANTIGAS DE AMIGO.

Poemas interpretados por unha namorada que sofre a ausencia do seu amigo (amado).

CANTIGAS DE AMOR.

Son poemas nos que un home namorado sofre por amor.

CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR.

Son poemas burlescos que teñen como obxetivo ridiculizar persoas ou costumes.

SITUACIÓN DO GALEGO DURANTE A IDADE MEDIA.

Durante esta época o Reino Galicia era un reino independente e o galego, xunto co latín, na escrita, era a lingua que máis se utilizaba:

A documentación privada comeza a aparecer en galego .

Os concellos redactan en galego as suas actas.

O mundo da xustiza comeza a empregar o galego.

A Igrexa usa o galego. O galego convértese na lingua por

excelencia da lírica.

Foro do Burgo de Castro Caldelas. Primeiro documento escrito en galego que se conserva

CAUSAS POLAS QUE SE PASOU DO ESPLENDOR MEDIEVAL A DECADENCIA DOS SÉCULOS ESCUROS:1º SUBSTITUCIÓN NOBILIAR:

Foi consecuencia da loita entre Pedro I e Enrique de Trastamara pola coroa de Castela. A nobleza galega equivocouse apoiando a Pedro I. Enrique de Trastamara venceu, e para premiar os que o loitaron para él, arrebatoulles as terras os nobles galegos que non o apoiaron. Esta é a primeira vez que o castelán entra en Galiza a través dos nobles.

CAUSAS POLAS QUE SE PASOU DO ESPLENDOR MEDIEVAL A DECADENCIA DOS SÉCULOS ESCUROS: GUERRAS IRMANDIÑAS

Os irmandiños foron os servos do pobo que se revelaron contra os señores feudais. Os nobres estaban convencidos de que non serían capaces de vencer os irmandiños, así que pediron axuda a Isabel de Castela. Unha vez que os irmandiños foron derrotados Isabel, esixe unha recompensa, que é entregada en forma de terras a nobreza castelá.

CAUSAS POLAS QUE PASAMOS DO ESPLENDOR MEDIEVAL A DECADENCIA DOS SÉCULOS ESCUROS: 2º SUBSTITUCIÓN NOBILIAR.

Isabel a Católica loita con Xoana Beltranexa pola coroa de Castela, os galegos que se volven equivocar, apoian a Xoana. O vencer Isabel, véngase dos que non a apoiaron, e inicia “La doma y castra del Reino de Galicia” e dende entón Galicia queda sometida o reino de Castela.

OS SÉCULOS ESCUROS.

Galiza queda sometida o Reino de Castela, o castelán convertese na lingua do poder, e o galego na lingua vulgar do pobo.

A literatura sofre unha decandecia, xa que agora os textos soamente se escriben en latín ou en castelán.

CONCLUSIÓN: O galego presenza

durante o esplendor medieval, unha época dourada, momento no que é a lingua máis utilizada, e tamén a lingua da lírica.

Cando o Reino de Galicia se une a Castela, o galego perde todos os previlexios que tiña convertíndose dende ese momento na lingua do pobo, e así permanece ata os nosos días.