DIPTICO Rector Universidad 2018...

2
ideasquesuman.gal EMILIO FERNÁNDEZ Candidato á Reitoría da Universidade de Vigo Luns 23 de abril. VOTA RECUPERAR A ILUSIÓN GAÑAR O FUTURO O NOSO EQUIPO (de esquerda a dereita) Juan Manuel Corbacho Valencia Mercedes Vila Alonso Juan Pou Saracho Susana Cruces Colado Roberto Bustillo Bolado Edita de Lorenzo Rodríguez Emilio Fernández Suárez Javier Rodríguez Rajo Elena Alonso Prieto Ángel Espada Seoane Paloma Morán Martínez Candidato á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Candidata á Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade Candidato á Vicerreitoría de Planificación e Proxectos Estratéxicos Candidata á Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación Candidato á Secretaría Xeral Candidata á Vicerreitoría de Organización Académica Candidato a Reitor Candidato á Vicerreitoría do Campus de Ourense Candidata á Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador Candidato á Vicerreitoría de Transferencia Candidata á Vicerreitoría de Investigación

Transcript of DIPTICO Rector Universidad 2018...

ideasquesuman.gal

EMILIO FERNÁNDEZ

Candidato á Reitoría da Universidade de Vigo

Luns 23 de abril. VOTA

RECUPERAR A ILUSIÓN

GAÑAR O FUTURO

O NOSO EQUIPO(de esquerda a dereita)

Juan Manuel Corbacho ValenciaMercedes Vila Alonso

Juan Pou SarachoSusana Cruces Colado

Roberto Bustillo BoladoEdita de Lorenzo Rodríguez

Emilio Fernández SuárezJavier Rodríguez Rajo

Elena Alonso PrietoÁngel Espada Seoane

Paloma Morán Martínez

Candidato á Vicerreitoría do Campus de PontevedraCandidata á Vicerreitoría de Estudantes e EmpregabilidadeCandidato á Vicerreitoría de Planificación e Proxectos EstratéxicosCandidata á Vicerreitoría de Relacións Internacionais e CooperaciónCandidato á Secretaría XeralCandidata á Vicerreitoría de Organización AcadémicaCandidato a ReitorCandidato á Vicerreitoría do Campus de OurenseCandidata á Vicerreitoría de Persoal Docente e InvestigadorCandidato á Vicerreitoría de TransferenciaCandidata á Vicerreitoría de Investigación

Un total de 200 persoas do colectivo “IDEAS QUE SUMAN”, distribuidas en sete grupos de traballo, elaboraron un programa electoral con 11 liñas estratéxicas, 45 obxectivos e 200 accións que amosan a Universidade de Vigo que queremos. Estas son as nosas prioridades para recuperar a ilusión e gañar o futuro:

CAPTACIÓN E RETENCIÓN DO TALENTOIncorporar investigadoras e investigadores sobresalientes do programa “Ramón y Cajal” e doutros programas competitivos de ámbito estatal e internacional. Implantación dun programa de retención de talento a través de contratos posdoutorais cun mínimo de tres anos de duración.

FOMENTO DA INTERNACIONALIZACIÓNImpulso ás dobres titulacións internacionais e titulacións online. Avanzar no plurilingüismo na docencia, incrementando a oferta e mellora nas condicións de acceso a cursos de formación en lingua estranxeira. Facilitar ó estudantado a adquisición, dentro do grao, dun nivel B1 nalgunha lingua extranxeira. Mellorar a cooperación internacional para o desenvolvemento.

IGUALDADE E ATENCIÓN Á DIVERSIDADEConverter a UVigo nun referente en igualdade, atención á diversidade, inclusión e benestar, que garanta o acceso do estudantado á totalidade do proceso formativo, independentemente da situación económica, persoal ou familiar. Contribuir a conciliación da vida laboral. Potenciar a Unidade de Igualdade para promover o respecto e a igualdade de dereitos e oportunidades de mulleres e homes no seo da nosa institución.

A UNIVERSIDADE DA SOCIEDADEQueremos unha Universidade da sociedade e para a sociedade, que fomente a lingua, a cultura galega e o deporte, e reforce a súa inserción no contorno social mediante a procura de sinerxías e a posta en marcha do Foro da Universidade e das cátedras itinerantes nas vilas e cidades. Mellorar a visibilidade da UVigo potenciando o DUVI e a UVIGO TV, en colaboración cos medios de comunicación e axentes sociais.

DESCONCENTRACIÓNAvanzar no proceso de desconcentración dos campus de Ourense e Pontevedra, para achegar a toma de decisións a todos os membros da comunidade universitaria, mediante a dotación dun orzamento axeitado ás vicerreitorías de campus. Os Consellos de Campus serán os órganos de debate e aprobación dos plans de acción específicos para cada campus.

CAMPUS DE OURENSEPotenciar a singularización do Campus da Auga, baseado no fomento da docencia, investigación, transferencia e difusión interdisciplinaria, coa colaboración dos distintos centros e departamentos, e promovendo a súa implicación no tecido produtivo e social. Reforzar o programa de doutoramento do Campus da Auga e crear non actual CITI un centro de investigación, servizos de I+D+I e emprendemento.

CAMPUS DE PONTEVEDRAPromover a singularización do Campus Crea S2i e a súa especificidade investigadora e de transferencia, co obxectivo de desenvolver novas iniciativas interdisciplinarias, apoiando os grupos de investigación emerxentes. Apoiar a implantación das novas titulacións no Campus, os dobres graos e másteres estratéxicos. Impulsar o programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Sustentable, como motor de internacionalización da investigación.

CAMPUS VIGO-CENTROReforzar a presenza da Universidade de Vigo na cidade, creando un conxunto urbano Campus Vigo-Centro. Impulsar as titulacións que se imparten no campus e a súa actividade de investigación e transferencia.

VISIÓN ESTRATÉXICA COMPARTIDAElaboración do II Plan Estratéxico da Universidade de Vigo para a vindeira década, contando coa participación do conxunto da comunidade universitaria.

SINGULARIDADE E ESPECIALIZACIÓNAtención aos matices, respectando as especificidades dos distintos ámbitos e centros, mediante a consecución de contratos-programa e reforzando a especialización dos campus: Vigo-tecnolóxico e Campus do Mar (Vigo), Campus da Auga (Ourense) e Campus Crea (Pontevedra).

DIMINUCIÓN DA BUROCRACIARacionalización da administración da Universidade e minimización do tempo adicado a tarefas burocráticas, a través da implantación dun programa de Actualización do Sistema de Administración e Xestión e dunha maior dixitalización.

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)Avaliación e planificación da actual estrutura organizativa e respecto á negociación, buscando o máximo consenso e diálogo inseridos nunha política de revisión continua. Limitar os procesos de externalización e ampliar os nomeamentos de PAS en direccións técnicas de servizos. Formación de acordo coas características de especialización e mellora das condicións de traballo.

PROFESORADO: PROGRESO PROFESIONAL E MELLORA DA DOCENCIAEstablecemento de criterios estables de promoción e funcionarización do PDI que procuren o relevo xeracional. Redución dos desequilibrios docentes entre áreas e ámbitos. Carga docente equilibrada mediante a posta en marcha de programas personalizados vinculados á consecución de obxectivos específicos de investigación, transferencia, calidade e innovación docente, coa intención de que o persoal docente non imparta máis de 240 horas.

EMPREGABILIDADE E FORMACIÓN DO ESTUDANTADOPosta en marcha dun programa transversal de formación cultural, artística, social, científica e tecnológica que facilite o debate e a transferencia de coñecemento inter-ámbitos co obxectivo de fomentar a capacidade crítica da comunidade, propiciando o seu medre cultural. Mellora na empregabilidade do estudantado. Reforzo da oferta e calidade das prácticas preprofesionais. Impulso dos programas de mentorización e lanzamento dun ambicioso programa de bolsas de colaboración con grupos de investigación para 600 estudantes na lexislatura.

APOIO Á INVESTIGACIÓN E Á TRANSFERENCIAPotenciación dos Centros Singulares e agrupamentos estratéxicos. Fortalecemento dos grupos consolidados con persoal técnico. Apoio a grupos competitivos con problemas de financiamento. Plans de acción específicos de intensificación da investigación en grupos precompetitivos, especialmente nos ámbitos xurídico-social, artístico e humanístico. Axilizar a xestión dos contratos de I+D.

Consulta o programa completo en ideasquesuman.gal