Díaz Castro

29
DÍAZ CASTRO LETRAS GALEGAS 2014 EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. IES ISAAC DÍAZ PARDO

Transcript of Díaz Castro

Page 1: Díaz Castro

DÍAZ CASTRO

LETRAS GALEGAS 2014EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

IES ISAAC DÍAZ PARDO

Page 2: Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro naceu en Guitiriz en 1914.

Page 3: Díaz Castro

Estudou no seminario de Mondoñedo.

Cursou a carreira de filosofía e letras, na especialidade de linguas modernas.

Page 4: Díaz Castro

Marchou a Madrid e alí traballou como tradutor.

Coñecía case todas as linguas europeas:

arredor de 14 idiomas, incluído o éuscaro, o húngaro e as linguas nórdicas.

Page 5: Díaz Castro

Na década dos corenta gañou o primeiro premio de poesía galega nos Xogos Florais de Betanzos con “Nascida dun soño” (Tríptico á groria da betanceira)

Page 6: Díaz Castro

En 1961 publica o seu libro Nimbos

Fíxate se debe ser boa a súa poesía, que con só unha obra publicada converteuse nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século xx.

Page 7: Díaz Castro

Sabes que son os nimbos?

1.-Nube escura e densa de aspecto uniforme e contornos vagos, formada a pouca altura.2.- Círculo luminoso que arrodea a cabeza de Deus, dos anxos, dos santos e dos obxectos sagrados.3.-Cada un dos poemas de Díaz Castro é “UN NIMBO DE LUZ”

Page 8: Díaz Castro

- Que é un “nimbo” para ti, Díaz Castro?

- “Responde ao meu concepto do que debe ser un poema: "un nimbo de luz" que envolva as cousas nun resplandor poético pra facelas brillar na escuridade, saca-las do anonimato e niste senso, a poesía consistiría en enxergar a realidade despida, e arrodeala dunha aureola pra erguela a unha categoría máis outa, ou sexa, que a poesía vén a ser unha promoción poética da realidade".

Page 9: Díaz Castro

NimbosSe é que o poema é só un nimbo de lusque os ollos cegos póñenlles ás cousas

soñadas, ou amadas nas teebras, 

das cousas que xa foron e se foronpro siguen sendo e non se van xa máis,

das sombras que, xogando cos meus ollos,na  miña vida en lume se enxeriron,

 eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza

de rosas que onte encheron de perfumeo mundo, morto xove, dalgún soño.

Page 10: Díaz Castro

Os temas da súa poesía son:A NATUREZA, a comuñón do home coa terra.

“Ei, Terra Verde e Mar de orballo,

polpa dorida se as hai!Ás túas portas perdín todo

cheiro alleo de terra ou mari agora, ó caer no teu colo,

oio pacer a canto hai!”

Page 11: Díaz Castro

A RELIXIOSIDADE

“Tódolos ríos pasan pola miñaalma, chea de Deus, música e lapas.

Tódalas pombas fan o meu amor.A beleza fireume para sempre”

Page 12: Díaz Castro

Cantor das cousas sinxelas e humildes da natureza

“Herba pequerrechiña que con medo surrísó sol que vai nacendoe morrendo sen ti, ¿por que de ser pequenate me avergonzas ti?O Universo seríamáis pequeno sen ti”.

Page 13: Díaz Castro

Toda a súa poesía xira en torno ao ser humano: o amor, a vida, a morte, o paso

do tempoDiante el unha muller, doce feitura,e un fillo criado, única victoria.Tras del fragas zuando, paus, loucura,e mozas coma rosas, longa historia. Ei farruco da Rolda: Dáme lume.Terma aínda da lus que antre nós arde,¡ Pro non! Non tento máis que pedrafume e en toda cousa se meteu a tarde. 

Nesa tarde cargada de lorbagas veu o Silencio. Xa tras del as fragas, perdidas coma ovellas, a zuar. Tras del o fillo, a casa e a muller. Morreu. Os bois volveron a pacer  e tralo arado as pegas a brincar…

Page 14: Díaz Castro

A preocupación por Galicia é o eixo fundamental da súa poesía.

"¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,   leite e centeo e soño e lus de aurora!  Longa rúa de mar, fogar da terra,  e esta crus que nos mide de alto a baixo".Aposta por Galicia que o acompaña no seu crecemento como home.

Page 15: Díaz Castro

O poema «Penélope» denuncia a pasividade que hai no país: Galicia é unha tea que se está a facer e desfacer de modo constante.

Page 16: Díaz Castro

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

PENÉLOPE

Page 17: Díaz Castro

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Page 18: Díaz Castro

Aran os bois e chove.

Page 19: Díaz Castro

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Page 20: Díaz Castro

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,e en sonos volves a

escoitar a chuva.

Page 21: Díaz Castro

Traguerán os camiños algún día                   a xente que levaron.

Deus é o mesmo.

Page 22: Díaz Castro

Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Page 23: Díaz Castro

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Page 24: Díaz Castro

Vaise enterrando, suco a suco o Outono.

Page 25: Díaz Castro

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Page 26: Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro faleceu en 1990

Ao dedicarlle o día das Letras Galegas 2014, coñeceremos máis obras deste importante

poeta que dedicou a súa arte: “a coroar con nimbos de lus o mundo que nos rodea”

Page 27: Díaz Castro

BIBLIOGRAFÍA

• http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=85

• http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosD%EDaz&alias=Xos%E9+Mar%EDa+D%EDaz+Castro&solapa=biografia

• Imaxes: http://www.flickr.com/ http://www.google.es/Música: “Alive (Instrumental)” Krewella

Page 28: Díaz Castro

AUTORES• Daniel Colón• Lara Montoto• Nicolás Coelho• David Puente• Iago Pazos• ALUMNOS DE 4º ESO A/C• COORDINACIÓN : Ana Álvarez Otero, Pilar

García López

Page 29: Díaz Castro

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES ISAAC DÍAZ PARDO2014