DÍA INTERNACIONAL DA NENA

13
11 de Outubro: DÍA INTERNAIONAL DA NENA ”. Fai 5 anos, nunha estrada dunha pequena comunidade de NEPAL, xente de PLAN e un grupo de periodistas atoparon a unha nena duns 5 anos. Camiñaba despacio, era un día de diario e ia buscar auga. Os periodistas preguntáronlle Por que non estás na escola? A pequena contestou sen dudalo: Porque son unha nena”

description

Explicamos o por que dun Día Internacional da Nena

Transcript of DÍA INTERNACIONAL DA NENA

Page 1: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

11 de Outubro:

DÍA INTERNAIONAL DA NENA

”.

Fai 5 anos, nunha estrada dunha pequena comunidade de NEPAL, xente de PLAN e un grupo de periodistas atoparon a unha nena duns 5 anos. Camiñaba despacio, era un día de diario e ia buscar auga. Os periodistas preguntáronlle Por que non estás na escola? A pequena contestou sen dudalo: Porque son unha nena”

Page 2: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

POR QUE UN DÍA DA NENA?

Se nacer nun país en vías de desenvolvemento é asumir unha vida chea de privacións, nacer NENA supón, en moitos casos, pasar por violacións de dereitos básicos que non sufren os varóns.

Page 3: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

ALGÚNS DATOS SIGNIFICATIVOS

62 millóns de nenas non van á escola.

2 millóns de nena sofren a ablación xenital cada ano.

25.000 nenas son casadas cada día.

As menores de 16 anos son a metade das mulleres violadas no mundo.

O 90 % das traballadoras domésticas teñen entre 12 e 17 anos.

Cada ano trafícase cun número de nenas superior ao dos escravos africanos.

Page 4: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

QUE É UN DÍA INTERNACIONAL«SER MULLER E MENOR É SINÓNIMO DE SER POBRE ENTRE OS POBRES»

É un día para a reflexión.

Serve para sensibilizar sobre a situación das mulleres en xeral e das nenas en especial.

Permite visibilizar ás máis vulnerables entre as vulnerables.

Serve para demandar que se garanticen os seus dereitos mínimos.

Page 5: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

AS NENAS E OS ODM

Se non investimos directamente e especificamente nas nenas: en garantir o seu acceso á saúde, á educación, á protección, en permitir o seu desenvolvemento vital e emocional , non será posible cumprir 6 dos 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Page 6: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

OS LASTRES DO SEU FUTUROVivir en condicións de penuria no Terceiro Mundo condiciona o futuro das nenas ao longo da súa vida. Estas son as súas consecuencias:

➔ INVISIBILIDADE: ser nena significa deixar de existir porque o ben se cometa infanticidio ou ben porque nunca sexan incluídas nun rexistro de nacemento.➔ LIMITACIÓN DAS SÚAS CAPACIDADES: cercénase o desenvolvemento das súas capacidades ao deixarlas na casa ou alimentalas de xeito selectivo.➔ DISCRIMINACIÓN FÍSICA E MENTAL: a violencia de xénero, o matrimonio temperán ou a mutilación xenital frean o seu acceso á prevención e aos servizos sanitarios.➔ EXPLOTACIÓN: confinalas ao entorno doméstico trae consigo a explotación económica e sexual no traballo, especialmente ás empregadas como asistentas desde os catro anos.➔ DESIGUALDADE: as tradicións relixiosas, xudiciais ou culturais perpetúan a discriminación no que respecta aos delictos, o matrimonio ou as herdanzas.

Page 7: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

SON POBRES E NON TEÑEN VOZ SOBRE A

SÚA VIDA, O SEU CORPO E O SEU DESTIÑO

MATRIMONIO INFANTIL: cada minuto 10 nenas no mundo son obrigadas a casarse.

“Cando era pequena xogaba a casar ás miñas monecas, agora non me gusta” Fátima, 17 anos, casou con 14 en Pakistán.

Page 8: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

EMBARAZO FORZOSO: a xestación e o parto son dúas

das principais causas de morte entre os 15 e os 19 anos.

“ Non quise abortar porque sabía que iso tería moitas consecuencias na miña vida” Sara, 15 anos, Nicaragua.

Page 9: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

MUTILACIÓN XENITAL: Cada ano máis de tres millóns

de nenas están en risco de sufrir ablación en África.

“Despois da ablación, atáronme as pernas dous días para que cicatrizara”. Kiya, 20 anos, Etiopía.

Page 10: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

TRABALLO INFANTIL: 17 millóns de nenos e nenas

traballan na India fabricando cigarrillos.

“Gustaríame ir á escola, pero temos que pagar o aluguer”. Aliya, 5 anos e Salma, 11 anos. India

Page 11: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

OS PAÍSES MÁIS PERIGOSOS DO

MUNDO PARA AS MULLERES E NENAS

Page 12: DÍA INTERNACIONAL DA NENA
Page 13: DÍA INTERNACIONAL DA NENA

MALALA YOUSAFZAITiroteada na cabeza, o martes, 9 de outubro, á saída da súaescola por defender o dereitos das nenas a recibir unhaeducación. Malala e as súas compañeiras tamén tiroteadas vive na cidade de Mingora, no Val de Swat.