Día da poesía

11
Está a árbore en flor. Sobre a area a noite sácalle, cada dia, escritura de paxaros a metade das flores. memorias do vento. Juan Ramón Jiménez Octavio Paz CREA UN HAIKU CON NÓS…….

description

haikus para celebrar o día da poesía

Transcript of Día da poesía

Page 1: Día da poesía

Está a árbore en flor. Sobre a areaE a noite sácalle, cada dia, escritura de paxaros:a metade das flores. memorias do vento.

Juan Ramón Jiménez Octavio Paz

CREA UN HAIKU CON NÓS…….

Page 2: Día da poesía

Un haiku (ou haika) é un poema breve de aproximadamente 17 sílabas organizadas en 2 ou 3 versos (de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente), sen título nen rima en xaponés, mesmo pode prescindir de de sinais de puntuación e maiúsculas; parécese ao que dicimos falando.

A póla verde

Enfróntase luminosa

Co outono

Page 3: Día da poesía

Nos haikus abundan os substantivos (é unha forma poética preferentemente nominal, de expresión sinxela e concisa).

Chuvia de onte a noite, cubrerta

esta mañá pola follaxe.

Sogui

Page 4: Día da poesía

O poema soe tratar da natureza, é a apreciación dun acontecemento que chama a atención do poeta; a fonte de inspiración pode ser un monte, un regato, a flora, o clima nalgunha estación, verán, outono, inverno, primavera ou Aninovo (tradicional en Xapón)

Page 5: Día da poesía

• O haiku é un xénero poético japonés, que foi moi imitado en castelán e outras línguas europeas.

• O haiku interesou moito a poetas españois como Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca.

Page 6: Día da poesía

O KAIKU PERMANECEU DURANTE SÉCULOS MOI RELACIONADO COA CULTURA XAPONESA:

Unha chuvieira.Agárranse ás

herbasos

pardais.Yosa Buson

Page 7: Día da poesía

“Cando descubrimos o haiku, decatámonos da súa brevidade, a súa sinxeleza, a súa concreción, os seus contidos captan

inmediatamente a nosa atención. Xorde en nós o impulso de intentalo. En particular porque o haiku é un xénero sumamente

novidoso, que nos impresiona como cheo de frescura e posibilidades, en comparación con outros xéneros literarios que ou

ben practicamos ou ben só coñecemos en calidade de lectores. Desexamos ferventemente ter a inspiración para escribilo. “

(Adaptado do poeta uruguaio Carlos Fleitas)

Page 8: Día da poesía

"Haiku é simplemente o que está sucedendo neste lugar, neste momento."

Definición dada por Basho, pai do xénero

Cal é o fin do haiku? A beleza, o Zen, a ascese, o misterio do universo ou a suprema importancia do feito máis pequeño?

Para Basho o haiku era un camiño ao Zen. Buson considerábao unha arte cuxo fin era a beleza.

Para Issa é a expresión do amor polas persoas, os animais, as cousas.

Basho

Page 9: Día da poesía

Na maioría dos poemas xaponeses faise referencia ás estacións do ano:

A primavera identifícase coa floración de ameixeiras, cerdeiras, salgueiros, o canto das aves, as sete flores da primavera, etc. O verán traía o canto dos insectos, as choivas, as treboadas, a sementeira. Propio do outono eran os parrulos, as grúas, as longas noites o a colleita do arroz. Finalmente o inverno viña acompañado da neve, a néboa, o vento e os eidos baleiros.

Page 10: Día da poesía

Chorimas, xestasmimosas, primavera

 xa enunciada

VeraoPolboreta alba

Chicharras, sol, floresMiña sesta

Page 11: Día da poesía

Fontes:

El rincón del haiku:

http://www.elrincondelhaiku.org/sec1.php

Que es un haiku:

http://haiku.bitacoras.com/archivos/2005/08/22/que-es-un-haiku

Taller de haikus:

http://networkedblogs.com/fw0ZV