DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES DE CURTIS

2
O IES de Curtis polo dereito a gozar da Ciencia en Galego Seminarios: Matemáticas, Física e Química, Ciencias, Mantemento de Vehículos , Tecnoloxía. Biblioteca Sarmiento. ENDL. Día 4 de novembro: 12:30- 13:30. Videoconferencia impartida por Xurxo Mariño: A máquina que constrúe a mente e a realidade. Día 5 de novembro: 8:45- 10:25. Obradoiro de fabricación de xabón. Patio cuberto. 10:45- 11:35. Obradoiro de fabricación de queixo. Patio cuberto. 11:35- 14:25. Experimentos científicos. Patio cuberto. 10:25- 10:45/ 12:25- 12:45. Xogos de enxeño matemático. Biblioteca . 8:45- 14:25. Exposición guiada de Automoción. Patio cuberto. Power Point: Científicas e científicos galegos. Proxeccións: Da roda ao motor , Grandes inventos, A conquista do mar. (Pantalla entrada) E ADEMAIS ESTE ANO HOMENAXEAMOS A... Chistiaan Huygens (Países Baixos, 1629 - 1695), astrónomo, físico e matemático neerlandés. Estivo moi influído polo matemático René Descartes. Un amigo do pai propoñíalle moitos problemas que el, polo xeral, resolvía; entre eles, como colgar pesos nunha corda en forma de parábola. En 1656 creou o primeiro reloxo de péndulo. Chegou a coñecer a Newton e a discutir con el importantes teorías. Pertenceu á Royal Society de Londres e á Academia das Ciencias Francesas. Max Karl Ernest Ludwig Plank (Alemaña, 1858 - 1947), físico alemán considerado o fundador da teoría cuántica e galardoado co Premio Nobel de Física en 1918. Dirixiu a cátedra de Física Teórica en 1892. Dirixiu a Sociedade Alemá de Física e en 1913 púxose á cabeza da Universidade de Berlín. Durante a Segunda Guerra Mundial tentou convencer a Hitler para que perdoase aos científicos xudeus. As descubertas de Planck foron verificadas posteriormente por outros científicos trala súa morte e conformaron os inicios dun novo campo da física denominado mecánica cuántica e as bases da investigación sobre a enerxía atómica.

description

Tríptico informativo sobre as actividades realizadas no IES de Curtis o VI Día da Ciencia en Galego, e sobre os autores homenaxeados nesta edición.

Transcript of DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES DE CURTIS

Page 1: DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES DE CURTIS

O IES de Curtis polo dereito a gozar da Ciencia en Galego

Seminarios: Matemáticas, Física e Química,

Ciencias, Mantemento de Vehículos , Tecnoloxía.

Biblioteca Sarmiento. ENDL.

Día 4 de novembro:

12:30- 13:30. Videoconferencia impartida

por Xurxo Mariño: A máquina que constrúe a mente e a realidade.

Día 5 de novembro:

8:45- 10:25. Obradoiro de fabricación de

xabón. Patio cuberto.

10:45- 11:35. Obradoiro de fabricación de

queixo. Patio cuberto.

11:35- 14:25. Experimentos científicos.

Patio cuberto.

10:25- 10:45/ 12:25- 12:45. Xogos de

enxeño matemático. Biblioteca .

8:45- 14:25. Exposición guiada de

Automoción. Patio cuberto.

Power Point: Científicas e científicos galegos. Proxeccións: Da roda ao motor, Grandes inventos, A conquista do mar. (Pantalla entrada)

E ADEMAIS ESTE ANO HOMENAXEAMOS A...

Chistiaan Huygens (Países Baixos, 1629 -

1695), astrónomo, físico e matemático neerlandés.

Estivo moi influído polo matemático René Descartes.

Un amigo do pai propoñíalle moitos problemas que el,

polo xeral, resolvía; entre eles, como colgar pesos

nunha corda en forma de parábola.

En 1656 creou o primeiro reloxo

de péndulo.

Chegou a coñecer a Newton e a

discutir con el importantes teorías.

Pertenceu á Royal Society de

Londres e á Academia das Ciencias Francesas.

Max Karl Ernest Ludwig Plank (Alemaña,

1858 - 1947), físico alemán considerado o fundador

da teoría cuántica e galardoado co Premio Nobel de

Física en 1918.

Dirixiu a cátedra de Física Teórica en 1892.

Dirixiu a Sociedade Alemá de Física e en 1913

púxose á cabeza da Universidade de

Berlín.

Durante a Segunda Guerra Mundial

tentou convencer a Hitler para que

perdoase aos científicos xudeus.

As descubertas de Planck foron verificadas

posteriormente por outros científicos trala súa morte e

conformaron os inicios dun novo campo da física

denominado mecánica cuántica e as bases da

investigación sobre a enerxía atómica.

Page 2: DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES DE CURTIS

Carlos Gómez-Reino Carnota (Pontevedra, 1946 – 2012), catedrático de

Óptica licenciado en Física en 1968 pola

Universidade Complutense de Madrid, onde

ocupou o cargo de delegado do Sindicato

Democrático de Estudantes e axudou a

desmontar o Sindicato Universitario da Falanxe.

Doutorado en Física, con premio

extraordinario en 1975, foi un dos primeiros

profesores da Facultade de Física da USC.

Creou o primeiro

laboratorio de Óptica

para estudantes da

sección de Física e

desempeñou diversos

cargos de xestión

académica como o de

Director da Escola Profesional de Óptica

Oftálmica e Acústica da USC e o de Vicerreitor.

O seu labor investigador céntrase principalmente

na óptica GRIN, placas zonais, óptica fisiolóxica,

espacial e temporal e tratamento de materiais

con láser.

Ten máis de 150 publicacións en revistas

internacionais, e é autor de Gradient Index

Optics: Fundamentals and Applications.

Isidro Parga Pondal (Laxe, 1900 – A

Coruña, 1986), xeólogo galego neto de Isidro

Pondal Abente (irmán de Eduardo Pondal), que

se encargou da súa educación trala morte de

seu pai.

Licenciado en Química, dende moi novo

orienta as súas investigacións cara a análise

de minerais e rochas, publicando numerosos

traballos ao respecto. Creou o Laboratorio de

Xeoquímica da Universidade de Santiago,

primeiro deste tipo en España, e formou os

primeiros xeoquímicos españois.

Exerceu como profesor auxiliar das cátedras de

Análise Química, Química Inorgánica e

Química Orgánica da USC dende 1922 ata

1936, data na que se ve privado da súa praza

pola súa ideoloxía galeguista e a amizade

con Castelao. Trasládase a Laxe e

posteriormente crea alí o Laboratorio

Xeolóxico de Laxe.

Principal impulsor das ciencias experimentais

no Seminario de Estudos Galegos, ao que

pertencía, tentou, xunto cos irmáns Fernández

López fomentar a recuperación da cultura

galega. Tivo tamén influencias na introdución da

muller ao mundo da investigación e conseguiu

poñer en contacto as aulas compostelás coa

comunidade científica internacional.

Anuncio de Isidro Parga Pondal