Derradeiras ceas

18
IES PEDRO FLORIANI REDONDELA Rede de escolas de Amnistía Internacional ACCIÓN CONTRA A PENA DE MORTE 10 de Outubro de 2012

description

As derradeiras ceas dalgunhas persoas executadas en Estados Unidos. Documento para a acción contra a pena de morte. Rede de escolas de Amnistía Internacional, IES Pedro Floriani - Redondela, Outubro 2011

Transcript of Derradeiras ceas

Page 1: Derradeiras ceas

IES PEDRO FLORIANI REDONDELA

Rede de escolas de

Amnistía Internacional

ACCIÓN CONTRA A PENA DE MORTE

10 de Outubro de 2012

Page 2: Derradeiras ceas

A pena de morte, ade-mais de ser un castigo inxusto, é pouco efecti-vo porque, ao ser igual para delictos distintos, anima a quen xa come-teu un crime a seguir cometendo outros maio-res.

Fotografías: Henry Hargreaves e James Reynolds

IES Pedro Floriani Rede de Escolas de Amnistía Internacional

Page 3: Derradeiras ceas

A pena de morte aínda é legal en moitos países do mundo, como Afganistán, China, Corea do Norte, EE. UU, Exipto, India, Irán, Xapón, Pa-quistán, Sudán e Zambia, entre outros moitos. Nos estados de EE.UU. que teñen vixente a pe-na de morte, os condenados teñen dereito a pe-dir unha última cea, acorde a un orzamento má-ximo. En Florida, as últimas ceas deben conter ali-mentos que poidan ser adquiridos a nivel local e non poden custar máis de 40 dólares. O alcol non está permitido, xa que os cárceres non que-ren contratempos cos presidiarios. Os presos poden presentar a solicitude un par de días antes da súa data de execución. Cando a comida está lista, é levada á cela do preso unhas horas antes da morte. En Virxinia, a comida ten que ser rea-lizada polo menos catro horas antes da execu-ción. A solicitude máis popular é unha hambur-guesa con queixo e patacas fritas. A carne, o polo frito e os xeados tamén son comúns.

Page 4: Derradeiras ceas

Derradeira cea de John Wayne Gacy

John Wayne Gacy, violou e asasinou a 33 nenos e adolescentes, entre 1972 e 1978. Executado á idade de 52 anos, mediante inxección letal, no Centro Correccional Stateville de Illinois, en 1994. A súa última cea consistiu en polo frito Kentucky, feixóns en salsa de tomate picante, patacas fritas, un batido de chocolate e fresas (que non se lle serviron).

Page 5: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Achen Le Davis-

Allen Le Davis alias "Tiny" de 54 anos, conde-nado, por roubo e 3 cargos de asasinato, á Ca-deira eléctrica en Florida, no ano 1999. A súa última cea foi: cola de lagosta, patacas fritas, camaróns fritos, ameixas fritas e 2 rebandas de pan de allo.

Page 6: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Lewis Gilbert

Lewis Gilbert foi declarado culpable do asasi-nato dun garda de seguridade e dous anciáns. Foi condenado a morte e déronlle un cóctel letal de drogas na Prisión do Estado de Oklahoma no ano 2003. A última cea foron 2 tarros de xeado de vainilla e algúns cucuruchos

Page 7: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Timothy McVeigh

Timothy McVeigh de 33 anos de idade, conde-nado a morte por 168 cargos de asasinato en In-diana. Executado con inxección letal no ano 2001. A súa última cea foi un quilo de xeado de menta con anacos de chocolate.

Page 8: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Thomas Treshawn Ivey Thomas Treshawn Ivey foi condenado a morte por matar a un empresario e a un sarxento de policía, en 1993. Aos 34 anos de idade, admi-nistróuselle unha inxección letal no Instituto Correccional de Broad River en Carolina do Sur, no ano 2006. Para a súa última cea pediu un donut e un batido de chocolate.

Page 9: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Ricky Ray Reitor Ricky Ray Reitor de 42 anos, condenado a mor-te por 2 cargos por asasinato e executado con inxección letal en 1992, en Arkansas. A súa cea foi un filete, polo frito, zume Kool-Aid de ce-reixa e de sobremesa pastel de noces. O pastel de noces reservoullo "para máis tarde", segundo lle comunicou ao garda que lle acompañaba.

Page 10: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Gary Mark Gilmore Gary Mark Gilmore cometeu varios roubos e dous asasinatos en Utah. O seu caso gañou re-percusión internacional por pedir, o mesmo, a pena de morte. Foi fusilado na Prisión Estatal de Utah, en 1977. A cea que pediu, a noite antes da súa morte aos 36 anos, consistía en seis ovos duros, pan e café. Só bebeu o café.

Page 11: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Ronnie Le Gardner

Ronnie Le Gardner, 49 anos de idade, condena-do a pena de morte por roubo en varias casas e 2 cargos por asasinato. Fusilado no ano 2010 en Utah. Na súa última cea tomou cola de lagosta, filete, pastel de mazá e xeado de vainilla. Men-tres comía, estivo lendo a triloxía do Señor dos Aneis.

Page 12: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Louis Jones Jr

Louis Jones Jr, ex-sarxento das forzas especiais en EEUU, foi declarado culpable do secuestro, violación e asasinato dunha compañeira, tamén das forzas especiais, de 19 anos de idade, en In-diana. Foi executado no Complexo Federal Co-rreccional Terre Haute de Indiana, no ano 2003. A súa última cea consistiu nunha selección de froitas variadas.

Page 13: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Theodore "Ted" Bundy

Theodore "Ted" Bundy, 43 anos de idade, con-denado a pena de morte por violación, necrofi-lia, fuxida do cárcere e 35 cargos de asasinato. Executado na cadeira eléctrica en 1989, en Flo-rida. Declinou elixir unha cea especial e déron-lle a última cea tradicional: filete pouco feito, ovos fritos, patacas fritidas en tiras, tostadas con manteiga e jalea, leite e un zume de laran-xa.

Page 14: Derradeiras ceas

Derradeira cea de James Hudson

James Hudson asasinou a unha parella de 64 anos de idade cunha escopeta, co antecedente ademais de disparar ao irmán duns deles co mesmo arma, dous anos antes. Condenado a morte, foi executado no Centro Correccional Greensville de Virxinia, no ano 2004. Como úl-tima cea pediu unha galleta cream cracker e seis Coca Colas.

Page 15: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Eddie Le Mays

Eddie Le Mays foi condenado a morte por rou-bo e asasinato e executado na cadeira eléctrica no Correccional de Sing Sing de Nova York, en 1963, aos 34 anos de idade. Como último dese-xo rexeitou a cea e pediu un paquete de cigarros Pall Mall e unha caixa de mistos.

Page 16: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Stephen Anderson

Stephen Anderson, 49 anos, condenado a morte por roubo en vivendas, agresión, fuxida do cár-cere e 7 cargos por asasinato. Executado me-diante inxección letal no ano 2002, en Califor-nia. Para a súa última cea pediu dúas sandwi-ches de queixo á prancha, queixo fresco con ra-vo e millo, pastel e un xeado con chips de cho-colate.

Page 17: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Jackie Barron Wilson

Jackie Barron Wilson, culpable de violar e asa-sinar á nena Maggie Rhodes, de cinco anos de idade, foi condenado a morte e executado con inxección letal na Prisión do Estado de Texas, no ano 2006. A súa última cea foi unha cebola crúa, 2 coca colas e un paquete de chicles.

Page 18: Derradeiras ceas

Derradeira cea de Victor Feguer

Victor Feguer, culpable de asasinato en Iowa no ano 1963, foi condenado a morte por ese cargo. Como última cea pediu unha simple oliva. Se-gundo el, ao comer a oliva, unha oliveira nace-ría do seu corpo como un símbolo de paz. Ima-xino, segundo a súa exposición, que a pediría sen desosar.