Dereitos

2
DECÁLOGO DECÁLOGO DECÁLOGO DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS DEREITOS DOS DEREITOS DOS DEREITOS DAS NENAS E DAS NENAS E DAS NENAS E DAS NENAS E NENOS NENOS NENOS NENOS A ESCOITAR A ESCOITAR A ESCOITAR A ESCOITAR CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS Ola familia e amig@s da biblioteca do CEIP de Cervo: Volvemos con tantas ganas coma sempre de levarvos as novas e tódalas actividades que seguro que iremos atopando e crean- do para vós. Queremos que continuedes participando e mandándonos suxerencias para millorar, é para nós un verda- deiro orgullo ter unha comunidade educativa tan participati- va. Agardamos poder seguir contando con tod@s nas activida- des de contacontos e noutras que vos iremos suxerindo. Pola nosa parte asegurámosvos que intentaremos millorar a biblio- teca en tódalas súas facetas, dotación de libros e material au- diovisual, mobiliario, actividades de animación á lectura,...e tantas outras que nos irán xurdindo. Recordade que temos un blog “BIBLIOCERVO”, onde pode- des enterarvos de todo o que facemos e que para nós é unha inmensa ledicia ver os comentarios que nos mostran todo o voso cariño para o centro e a nosa biblioteca. Gostarianos moito seguir contando coa vosa colaboración e suxerencias , pois xa sabedes que cantos máis sexamos apor- tando ideas, máis ricas e variadas poden ser os productos que saian. Non dubidedes en mandarnos calquera idea que se vos ocurra e vos pareza que pode ser positiva para o noso alumna- do. Un saúdo de parte de Puca e do Equipo de Biblioteca: Bibliocervo http://bibliocervo.blogspot.com/ 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Transcript of Dereitos

Page 1: Dereitos

DECÁLOGO DECÁLOGO DECÁLOGO DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS DEREITOS DOS DEREITOS DOS DEREITOS DAS NENAS E DAS NENAS E DAS NENAS E DAS NENAS E

NENOS NENOS NENOS NENOS A ESCOITAR A ESCOITAR A ESCOITAR A ESCOITAR

CONTOSCONTOSCONTOSCONTOS

Ola familia e amig@s da biblioteca do CEIP de Cervo:

Volvemos con tantas ganas coma sempre de levarvos as novas

e tódalas actividades que seguro que iremos atopando e crean-

do para vós. Queremos que continuedes participando e

mandándonos suxerencias para millorar, é para nós un verda-

deiro orgullo ter unha comunidade educativa tan participati-

va. Agardamos poder seguir contando con tod@s nas activida-

des de contacontos e noutras que vos iremos suxerindo. Pola

nosa parte asegurámosvos que intentaremos millorar a biblio-

teca en tódalas súas facetas, dotación de libros e material au-

diovisual, mobiliario, actividades de animación á lectura,...e

tantas outras que nos irán xurdindo.

Recordade que temos un blog “BIBLIOCERVO”, onde pode-

des enterarvos de todo o que facemos e que para nós é unha

inmensa ledicia ver os comentarios que nos mostran todo o

voso cariño para o centro e a nosa biblioteca.

Gostarianos moito seguir contando coa vosa colaboración e

suxerencias , pois xa sabedes que cantos máis sexamos apor-

tando ideas, máis ricas e variadas poden ser os productos que

saian. Non dubidedes en mandarnos calquera idea que se vos

ocurra e vos pareza que pode ser positiva para o noso alumna-

do.

Un saúdo de parte de Puca e do Equipo de Biblioteca:

Bibliocervo

http://bibliocervo.blogspot.com/

24 DE OUTUBRO,

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Page 2: Dereitos

• Todo neno está no dereito de saber quenes son os principais autores de con-tos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao al-cance dos nenos

• Todo neno goza a plenitu-de do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.

• O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.

• O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxina-tivos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou cur-tos. O único obrigatorio é que estes sexan fermosos e intere-santes.

• O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

• Todo neno ten dereito a medrar acompañado de Alicia e o l o b o , o s m ú s i c o s d e Br e m e n e o p i r a -ta Garrapata, Caperucita,... e do inmortal "Había unha vez... " palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara aos sonos máis fermosos da nenez.

• Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou re-lixión, ten dereito a escoitalos máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

• Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.

• Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.

• Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que lles conten contos. Do mesmo modo, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de con-centración infantil on-de poderán contar can-tos contos queiran.