DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA...

188
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Transcript of DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA...

Page 1: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

DA CORUÑA

Acta da sesión ORDINARIAcelebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL

o 22 de MARZO de 2013

1

Page 2: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Orde do día dos asuntos que se van tratar na sesión PLENARIA ORDINARIA que terá lugar o venres, 22 de marzo de 2013, ás DOCE HORAS.

ASUNTOS

Actas

1.-Toma de posesión do deputado do Partido Popular, don José Dafonte Varela.

2.-Aprobación da acta da sesión anterior, nº 2/13, do 22 de febreiro.

3.-Toma de coñecemento das resolucións ditadas pola Presidencia, da nº 2.901 á nº 4.400, de 2013.

Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística

4.-Formalización da subvención e aprobación do convenio coa entidade AMICOS para o financiamento das obras de construción dunha residencia para persoas con diversidade funcional en Boiro no 2011/2012.

5.-Formalización da subvención e aprobación do convenio coa entidade ASPRONAGA para o financiamento da obra iniciada no ano 2012 para substitución do tellado no centro Ricardo Baró.

6.-Autorización para o cambio de finalidade do convenio asinado co Concello da Coruña núm. 235/08 previsto inicialmente para o financiamento dunha vivenda tutelada para a rede municipal de acollida de mulleres.

Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade

7.-Convenio coa Asociación Academia Galega do Audiovisual para financiar o Programa de actividades do ano 2012.

8.-Convenio co Concello de Santiago de Compostela para financiar o IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocircuíto”.

9.-Convenio co Arcebispado de Santiago de Compostela para financiar obras de restauración das campás da igrexa de San Pedro de Muros.

10.-Convenio coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia para financiar a Exposición “Códices Xoias das catedrais galegas na Idade Media”.

2

Page 3: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

11.-Convenio coa Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña AFAC para financiar o Programa de iniciación e fomento da práctica do fútbol afeccionado no ano 2012.

12.-Convenio coa Federación Galega de Fútbol para financiar o Programa de actividades realizadas polo Comité Galego de Adestradores de Fútbol no ano 2012.

Comisión de Infraestruturas Viarias: Vías e Obras Provinciais

13.- Aprobación do Plan de conservación de vías provinciais 2013, 2ª fase que se detalla: traballos de tala e poda de arboredo na DP 5812 e DP 5809 (Oleiros).

14.-Aprobación do Plan de conservación de vías provinciais 2013, 3ª fase, que se detalla: estabilización de terraplén na estrada DP 4401 das Pontes-Ortigueira ao Barqueiro PQ 12+100 (Ortigueira).

Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamento

15.-Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Betanzos para financiar a adquisición dunha máquina varredoira aspiradora viaria.

16.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Culleredo para financiar as obras de renovación do parque infantil Sofía Casanova en Vilaboa.

17.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Culleredo para financiar o proxecto de saneamento en Toroño e na r/ do Arcebispo Xelmírez en Almeiras.

18.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Cerceda para financiar as obras de reparación e arranxo de fochas de camiños no Concello (camiño ao Vilar e outros).

19.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Dumbría para financiar as obras de camiño San Crimenzo ao cruzamento de Santa Uxía miradoiro de Ézaro.

20.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e a Orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado para a limpeza da fachada e campanarios da igrexa e substitución de parte da cuberta do Mosteiro.

3

Page 4: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

21.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Mazaricos para financiar a subministración dun tractor cortacéspede para mantemento de campo de fútbol e áreas verdes públicas e tractor agrícola para execución de traballos municipais.

22.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Fene para financiar a reparación das cubertas dos nichos do cemiterio municipal, resultado dun cambio de obxecto do convenio “Restauración do edificio municipal Parque Castelao para usos varios”.

23.-Aprobación do prego de condicións para a contratación da venda de materiais (terra, pedras e similares) no Monte Costa, no municipio de Culleredo, propiedade da Deputación da Coruña, con destino ás obras de ampliación do aeroporto de Alvedro e modificación do acordo plenario con data do 24 de febreiro de 2012.

24.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Culleredo para financiar as obras de aparcadoiro acceso ao xardín botánico.

25.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Cesuras para financiar a adquisición de parcela para construción de gardería para os concellos de Cesuras e Oza dos Ríos no lugar de Mangoño, parroquia de Mandaio, Cesuras.

26.- Aprobación de formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Rois para financiar a obra de construción de bancadas no campo de fútbol A Braña.

Comisión de Promoción Económica, Emprego, Medio Ambiente e Turismo

27.-Aprobación do convenio coa Asociación Boirense de Empresarios para financiar o “Acondicionamento e equipamento no local de formación da asociación”.

Comisión de Cooperación e Asistencia aos Concellos

28.-Aprobación da 2ª fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013.

Comisión de Economía, Facenda e Especial de Contas

29.-Dar conta das liquidacións do Consorcio provincial contra incendios e salvamento da Coruña, correspondentes aos exercicios 2011 e 2012.

4

Page 5: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

30.-Aceptación da ampliación de competencias en materia tributaria do Concello de Carral, na xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

31.-Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e a Universidade da Coruña para o cofinanciamento do Máster en estudos sobre a Unión Europea durante o ano académico 2012-2013.

32.-Informe de avaliación do cumprimento dos obxectivos da Lei orgánica de estabilidade orzamentaria no Orzamento inicial do exercicio 2013 .

Actas

33.-Proposición da Presidencia sobre a renuncia ao cargo do deputado provincial de don Santiago Vicente Amor Barreiro.

ACTUACIÓN DE CONTROLMOCIÓNS-Moción do BNG para a retirada do anteproxecto de Lei da reforma local do goberno do PP no Estado.

ROGOS E PREGUNTAS

5

Page 6: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

DA CORUÑA

SESIÓN ORDINARIA DA EXCMA. CORPORACIÓN PROVINCIAL EN PLENO DO 22 DE MARZO DE 2013

No salón de sesións do pazo provincial da Coruña, o día 22 de marzo de 2013, reuniuse a Excma. Corporación provincial para celebrar sesión ordinaria.

CONCORRENTES

PRESIDE O ILMO. SR.:

DON DIEGO CALVO POUSO PP

ASISTEN OS SRES. DEPUTADOS SEGUINTES:

DON SANTIAGO VICENTE AMOR BARREIRO PPDON JOSÉ CARLOS CALVELO MARTÍNEZ PPDON ANTONIO CAÑÁS VARELA PPDON JOSÉ DAFONTE VARELA PPDON JACOBO FERNÁNDEZ GARCÍA PPDON JESÚS SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA PSOEDONA MARÍA BEGOÑA FREIRE VÁZQUEZ PPDONA MARÍA MONTSERRAT GARCÍA CHAVARRÍA PSOEDONA MARÍA DEL CARMEN HERVADA ECHEVARRÍA PPDON MARIANO IGLESIAS CASTRO PSOEDON JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO PSOEDON ANTONIO LEIRA PIÑEIRO PSOEDON CÉSAR LONGO QUEIJO PSOEDON CARLOS ENRIQUE LÓPEZ CRESPO PPDON ADOLFO FRANCISCO MUIÑOS SÁNCHEZ BNGDONA MARÍA PADÍN FERNÁNDEZ PPDON ANTONIO PEREIRO LIÑARES PPDON XOSÉ LOIS PIÑEIRO GARCÍA BNGDON XOSÉ REGUEIRA VARELA BNGDON MANUEL RIVAS CARIDAD PPDONA ZAIRA RODRÍGUEZ PÉREZ PPDONA MATILDE BEGOÑA RODRÍGUEZ RUMBO PSOEDON MANUEL SANTOS RUIZ RIVAS PPDON MIGUEL DE SANTIAGO BOULLÓN PPDONA SILVIA SEIXAS NAIA BNGDON XESÚS MANUEL SOTO VIVERO BNGDON MANUEL TABOADA VIGO PPDONA AMANCIA TRILLO LAGO PSOEDONA MARÍA DEL CARMEN VARELA CORBELLE PSOEDON PERFECTO VÁZQUEZ LEMA PP

6

Page 7: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Actúa como secretaria accidental, dona Mª Amparo C. Taboada Gil, oficial maior da Corporación, e está presente o interventor xeral, don José Manuel Pardellas Rivera.

Aberto o acto ás doce horas e cinco minutos, a Sra. Secretaria accidental le os asuntos incluídos na orde do día, en relación aos cales, por unanimidade, excepto nos casos en que se indique, adoptáronse os seguintes acordos:

1.-TOMA DE POSESIÓN DO DEPUTADO DO PARTIDO POPULAR, DON JOSÉ DAFONTE VARELA.

Sra. Secretaria

Recibiuse na Secretaría Xeral desta Deputación a credencial expedida polo presidente da Xunta Electoral Central, na que se acredita que foi designado deputado provincial D. José Dafonte Varela, en substitución por renuncia de D. José Albino Vázquez Aldrey, por figurar como suplente na listaxe de candidatos presentada polo Partido Popular ás eleccións locais do 22 de maio de 2011. Doutra banda, D. José Dafonte Varela cumpriu o disposto no número sete do artigo 75 da Lei 7 do 2 abril de 1985, reguladora das bases de réxime local, que sinala que todos os membros das corporacións locais formularán, antes da toma de posesión, declaración sobre causa de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou lles poida proporcionar ingresos económicos, e formularán, así mesmo, declaración dos seus bens patrimoniais, reúne por tanto os requisitos necesarios para a toma de posesión como deputado provincial.

(Entra o Sr. Dafonte Varela).

O Sr. Dafonte Varela toma posesión do seu cargo, promete o desempeño deste lendo a fórmula, impónselle seguidamente a medalla da provincia como atributo do seu cargo de deputado provincial.

2.-APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, Nº 2/13, DO 22 DE FEBREIRO.

Apróbase a acta da sesión anterior, nº 2/13, do 22 de febreiro.

3.-TOMA DE COÑECEMENTO DAS RESOLUCIÓNS DITADAS POLA PRESIDENCIA, DA Nº 2.901 Á Nº 4.400, DE 2013.

A Corporación toma coñecemento das resolucións ditadas pola Presidencia, da nº 2.901 á nº 4.400, de 2013.

4.-FORMALIZACIÓN DA SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO COA ENTIDADE AMICOS PARA O FINANCIAMENTO DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL EN BOIRO NO 2011/2012.

7

Page 8: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Por unanimidade, apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Vistos os informes dos servizos de Fomento, Patrimonio e Contratación, e Fiscalización, dado o interese público da obra, apróbase a formalización da subvención e o texto do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a entidade ASOCIACION DE DISMINUIDOS PSÍQUICOS AMIGOS DO BARBANZA (AMICOS) CIF: G15747678 para a construción dunha residencia para persoas con diversidade funcional en Boiro, anualidades 2011/2012, por importe de 400.00,000 euros, o que supón o 54,28% do gasto total previsto, que é de 736.872,95 euros, e que será aboado con cargo á aplicación orzamentaria 2013/0701/231E/781 do vixente orzamento (RC núm. operación 220120012191, núm. referencia 22012004083).

Número /2012

CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA E A ENTIDADE AMICOS ASOCIACIÓN DE DIMINUIDOS PSÍQUICOS AMIGOS DA BARBANZA PARA A CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL EN BOIRO. ANUALIDADES 2011-2012

A Coruña,

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

D. María Esther Vidal Rodríguez presidenta de AMICOS - ASOCIACIÓN DE DIMINUIDOS PSÍQUICOS AMIGOS DA BARBANZA CIF: G-15747678.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Que conforme á Lei 7/85 de bases de réxime local, art. 36,e) e arts. 109 a 119 da Lei 5/97, de Admón. Local de Galicia, é competencia propia da Deputación o fomento e administración dos intereses peculiares da provincia, sendo o convenio a fórmula adecuada para formalizar a colaboración coas entidades que realicen actividades que respondan á dita competencia.

Sendo así que esta Deputación ten o obxectivo de participar no sostemento e expansión do sistema publico de servizos sociais, do que forma parte a iniciativa privada sen ánimo de lucro, e que a entidade AMICOS, leva a cabo un servizo especializado dos previstos na Lei de servizos sociais de Galicia,

8

Page 9: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3/2008 referido ao ámbito das persoas con diversidade funcional, que é de interese para a provincia, e dados os intereses coincidentes da Deputación e da entidade AMICOS ambas as dúas partes

A C O R D A N

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTOO presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e a entidade AMICOS - ASOCIACIÓN DE DIMINUÍDOS PSÍQUICOS AMIGOS DA BARBANZA CIF: G-15747678 con sede en Oleiros, Ribeira, A Coruña para o financiamento da construción dunha RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL EN BOIRO. ANUALIDADES 2011-2012, tal como aparecen definidas estas no proxecto básico, e de execución, denominado “Edificio para centro ocupacional, fase II do centro residencial de atención integral a persoas con discapacidade, Monte de Comoxo, Boiro, A Coruña” redactado por Don Sergio Lucio Paniccia colexiado núm. 1451 do COAG ,que foi visado polo Colexio de Arquitectos de Galicia o 4 outubro 2011.

2- A ENTIDADE AMICOS, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. O dito proxecto foi supervisado polos servizos técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor e susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada, e dentro do período de vixencia do convenio, a ENTIDADE AMICOS, comprométese a destinala ao uso para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto das obras segundo o proxecto redactado polo arquitecto D. Sergio Lucio Paniccia e o presuposto presentado pola empresa adxudicataria das obras presentan os seguintes importes:

CAPÍTULO PROXECTO ORIXINAL PRESUPOSTO CONTRATISTA

Acondicionamento do terreo 92.382,81 80.346,05

9

Page 10: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Cimentación 9.070,84 8.948,52

Estrutura 96.600,15 95.404,43

Fachadas 65.656,62 64.889,06

Particións 41.573,74 40.912,17

Instalacións 243.249,21 191.279,42

Illamento e impermeabilizacións

13.263,51 13.156,50

Cubertas 56.291,47 55.664,54

Revestimentos 90.891,11 89.800,19

Sinalización e equipamento 15.404,12 15.231,52

Xestión RCD 8.692,60 7.997,19

Seguridade e saúde 15.212,06 4.665,03

Control de calidade e ensaios 5.070,69 13.995,10

Total execución material 753.358,93 682.289,77

Gastos xerais 97.936,66 -------------

Beneficio industrial 45.201,54 -------------

IVE 161.369,48 (18%) 54.583,18 (18%)

Total execución por contrata 1.057.866,61 736.872,95

Polo tanto, para os efectos do presuposto subvencionado tomarase en consideración a cantidade presentada pola empresa contratista que ascende á cantidade de 736.872,95 euros, pero na xustificación deberá acreditarse que se realizaron todas as unidades de obras segundo o previsto no presuposto do proxecto.

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 400.000 € , o que representa unha porcentaxe do 54,28 %. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos (propios ou alleos) creditando a entidade AMICOS que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade. No caso do incremento do IVE legalmente aplicable, so se aboará ata o límite da contía comprometida, segundo o que resulte da aplicación da porcentaxe indicada.

10

Page 11: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2. No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 54,28%, da cantidade efectivamente xustificada.

Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3. A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licenzas, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc. Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0701/231E/781, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito de abondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

Para a anualidade corrente existe crédito dabondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírteselle á ENTIDADE BENEFICIARIA de que o compromiso de gasto queda condicionado á efectiva aprobación do orzamento para o dito ano e a que nel existe dotación orzamentaria adecuada e suficiente para afrontar o gasto.

4. A subvención da Deputación é compatíbel coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade AMICOS obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle á ENTIDADE AMICOS o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2. Con carácter previo á contratación, a ENTIDADE AMICOS deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos construtores. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

3.A contratación cos terceiros para a execución total ou parcial das obras realizarase garantindo, en todo caso, os principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación.

11

Page 12: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, A ENTIDADE AMICOS estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA DA DEPUTACIÓN

1. A achega da Deputación seralle aboada á ENTIDADE AMICOS a medida que se vaian expedindo as correspondentes certificacións de obra, aplicándose sobre o seu importe o coeficiente de financiamento provincial. Para tal efecto, a ENTIDADE AMICOS deberá achegar a seguinte documentación (documentos orixinais ou, no seu caso, debidamente compulsados):

Copia do contrato e do expediente de contratación . Certificación de obra subscrita polo técnico-director e polo contratista Factura expedida polo contratista. No caso de que se presente unha fotocopia

compulsada, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

Certificación de aprobación desta polo órgano competente. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social,

segundo o disposto na cláusula OITAVA. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a

mesma finalidade. Designación de conta bancaria no modelo aprobado pola Deputación

provincial e debidamente certificado pola entidade financeira.2. Asemade, coa derradeira certificación de obra, deberase subministrar a acta de

recepción e acreditación, no seu caso, do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso) e da inscrición de nota marxinal no Rexistro da Propiedade na que se deixe constancia do financiamento provincial e da afectación do inmoble á finalidade para a que foi concedida a subvención polo menos por un prazo de DEZ anos.

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1. As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

2. Unha vez rematadas as obras, a ENTIDADE AMICOS deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo

12

Page 13: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á ENTIDADE AMICOS para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á ENTIDADE AMICOS da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4. O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola ENTIDADE AMICOS na documentación aportada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a ENTIDADE AMICOS terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.A ENTIDADE AMICOS deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.A ENTIDADE AMICOS destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00€, nos que non resulte imposible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

13

Page 14: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, a ENTIDADE AMICOS deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a ENTIDADE AMICOS poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración e a lexislación citada anteriormente.

2.Asemade, de acordo co disposto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a ENTIDADE AMICOS queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o disposto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na Lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chega a tres, a

14

Page 15: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da ENTIDADE AMICOS serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto e co debido respecto á protección dos datos de carácter persoal, segundo o previsto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro.

2. Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á ENTIDADE AMICOS será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración terá carácter retroactivo para os efectos de imputación dos gastos e abranguerá os devengados desde o día 1 de xuño do 2011, sen que en ningún caso sexan subvencionables os gastos devengados con anterioridade á dita data e conservará a súa vixencia ata o día 30 de xuño 2013.

2.Para o caso de que a ENTIDADE AMICOS non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 30 de marzo de 2012, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago que proceda, do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano seguinte. Con esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que a ENTIDADE AMICOS perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data.

3. Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e despois dos informes da unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En

15

Page 16: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN, MODIFICACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2. A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención provincial.3. Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O PRESIDENTE DA ENTIDADE AMICOS

Diego Calvo Pouso Álvaro Martínez García

5.-FORMALIZACIÓN DA SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO COA ENTIDADE ASPRONAGA PARA O FINANCIAMENTO DA OBRA INICIADA NO ANO 2012 PARA SUBSTITUCIÓN DO TELLADO NO CENTRO RICARDO BARÓ.

Por unanimidade, apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Vistos os informes do servizo de Fomento, Patrimonio e Contratación e Fiscalización, dado o interese público da obra realizada en 2012, apróbase a formalización da subvención e o texto do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a entidade ASPRONAGA, ASOCIACIÒN PRO PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA, CIF: G15028855, para o acondicionamento da cuberta do centro de residencia e tratamento para minusválidos psíquicos profundos, en Lamastelle, Oleiros, A Coruña, no importe de 137.403,62 euros, que supón o 80% do gasto total previsto que é de 171.754,53 euros, e que será aboado con cargo á aplicación

16

Page 17: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

orzamentaria 2013/0701/231E/781 do vixente orzamento (RC núm. operación 220120001714, núm. referencia 22012001673).

Número /2013

CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA E A ENTIDADE ASPRONAGA (ASOCIACIÓN PRO PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA) PARA O FINANCIAMENTO DA SUBSTITUCION DO TELLADO NO CENTRO RICARDO BARÓ.

A Coruña,

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

D. Álvaro Martínez García presidente de ASPRONAGA (ASOCIACIÓN PRO PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA) CIF: G-15028855.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Que conforme á Lei 7/85 de bases de réxime local, art. 36,e) e arts. 109 a 119 da Lei 5/97, de Admón. Local de Galicia, é competencia propia da Deputación o fomento e administración dos intereses peculiares da provincia, sendo o convenio a fórmula adecuada para formalizar a colaboración coas entidades que realicen actividades que respondan á dita competencia. Sendo así que esta Deputación ten o obxectivo de participar no sostemento e expansión do sistema publico de servizos sociais, do que forma parte a iniciativa privada sen ánimo de lucro, e que a entidade ASPRONAGA, leva a cabo un servizo especializado dos previstos na Lei de servizos sociais de Galicia, 3/2008 referido ao ámbito das persoas con diversidade funcional, que é de interese para a provincia, e dados os intereses coincidentes da Deputación e da entidade ASPRONAGA, ambas as dúas partes

A C O R D A N

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTOO presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e a entidade ASPRONAGA (ASOCIACIÓN PRO PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA) CIF: G-15028855,con sede na Coruña, para o financiamento do acondicionamento da cuberta (substitución do tellado do centro Ricardo Baró) en Lamastelle, Oleiros, Coruña, tal como aparecen definidas estas no proxecto básico, e de execución, denominado “Acondicionamento da cuberta do centro de residencia e tratamento para minusválidos psíquicos profundos, en Lamastelle, Oleiros- A Coruña” redactado por Don Cristián Marcos

17

Page 18: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Álvarez colexiado núm. 4159 do COAG e Dona Mónica Lourido Vázquez, colexiada núm. 4192 do COAG, que foi visado polo COLEXIO de Arquitectos de Galicia o 9 maio de 2012.

2- A ENTIDADE ASPRONAGA, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. O dito proxecto foi supervisado polos servizos técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto Refundido da Lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor e susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada, e dentro do período de vixencia do convenio, a ENTIDADE ASPRONAGA, comprométese a destinala ao uso para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DAS OBRAS

O presuposto da obra segundo o proxecto redactado polos arquitectos D.Cristián Marcos Álvarez e Dª Mónica Lourido Vázquez e o presuposto presentado pola empresa adxudicataria das obras presentan os seguintes importes:

CAPÍTULO PROXECTO ORIXINAL PRESUPOSTO CONTRATISTA

Actuacións previas 6.019,22 5.401,49Cuberta de chapa 135.132,42 121.019,62Tratamento de augas pluviais

8.222,64 7.949,29

Cubertas planas 11.099,61 8.761,73Xestión de residuos 740,00 694,88Seguridade e saúde 1.944,19 1.727,68Total execución material 163.158,08 145.554,69Gastos Xerais 21.210,55 --------Beneficio industrial 9.789,48 --------IVE (18%) 34.948,46 (18%) 26.199,84Total execución por contrata

229.106,57 171.754,53

Por tanto, os efectos de presuposto subvencionado tomarase en consideración a cantidade presentada pola empresa contratista, que acende á cantidade de 171.754,53 euros pero na xustificación deberá acreditarse que se realizaron todas as unidades de obra segundo o previsto no presuposto do proxecto.

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

18

Page 19: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 137.403,62 € , o que representa unha porcentaxe do 80%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos (propios ou alleos) creditando a entidade ASPRONAGA que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade. No caso do incremento do IVE legalmente aplicable, so se aboará ata o límite da contía comprometida, segundo o que resulte da aplicación da porcentaxe indicada.

2.No caso de que o gasto xustificado non acade o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80%, da cantidade efectivamente xustificada.

Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licenzas, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc. Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0701/231E/781, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito de abondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

4.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade ASPRONAGA obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle á ENTIDADE ASPRONAGA o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.Con carácter previo á contratación, a ENTIDADE ASPRONAGA deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos construtores. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

19

Page 20: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.A contratación cos terceiros para a execución total ou parcial das obras realizarase garantindo, en todo caso, os principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, A ENTIDADE ASPRONAGA estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2.Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA DA DEPUTACIÓN

1. A achega da Deputación seralle aboada á ENTIDADE ASPRONAGA a medida que se vaian expedindo as correspondentes certificacións de obra, aplicándose sobre o seu importe o coeficiente de financiamento provincial. Para tal efecto, a ENTIDADE ASPRONAGA deberá achegar a seguinte documentación (documentos orixinais ou, no seu caso, debidamente compulsados):

Copia do contrato e do expediente de contratación Certificación de obra subscrita polo técnico-director e polo contratista Factura expedida polo contratista. No caso de que se presente unha fotocopia

compulsada, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña

Certificación de aprobación desta polo órgano competente Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social,

segundo o disposto na cláusula OITAVA. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a

mesma finalidade. Designación de conta bancaria no modelo aprobado pola Deputación

provincial e debidamente certificado pola entidade financeira.

2.Asemade, coa derradeira certificación de obra, deberase subministrar a acta de recepción e acreditación, no seu caso, do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso) e da inscrición de nota marxinal no Rexistro da propiedade na que se deixe constancia do financiamento provincial e da afectación do inmoble á finalidade para a que foi concedida a subvención polo menos por un prazo de DEZ anos.

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

20

Page 21: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

2.Unha vez rematadas as obras, a ENTIDADE ASPRONAGA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á ENTIDADE ASPRONAGA para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á ENTIDADE ASPRONAGA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4.O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola ENTIDADE ASPRONAGA na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a ENTIDADE ASPRONAGA terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.A ENTIDADE ASPRONAGA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2. A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.A ENTIDADE ASPRONAGA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2. Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia

21

Page 22: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00€, nos que non resulte imposible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3.Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, a ENTIDADE ASPRONAGA deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a ENTIDADE ASPRONAGA poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración e a lexislación citada anteriormente.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a ENTIDADE ASPRONAGA queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

22

Page 23: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención sen que poida superar o importe de 900 euros.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da ENTIDADE ASPRONAGA serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto e co debido respecto á protección dos datos de carácter persoal, segundo o previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á ENTIDADE ASPRONAGA será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración terá carácter retroactivo para os efectos de imputación dos gastos e abranguerá os devengados desde o día 1 de agosto do ano 2012, sen que en ningún caso sexan subvencionables os gastos devengados con anterioridade á dita data e conservará a súa vixencia ata o día 30 de setembro 2013.

2.Para o caso de que a ENTIDADE ASPRONAGA non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 31 de xullo do 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago que proceda, do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano 2013. Con esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que a ENTIDADE ASPRONAGA perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data.

23

Page 24: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e despois dos informes da unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN, MODIFICACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE.

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2. A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención provincial.3. Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O PRESIDENTE DA ENTIDADE ASPRONAGA

Diego Calvo Pouso Álvaro Martínez García

6.-AUTORIZACIÓN PARA O CAMBIO DE FINALIDADE DO CONVENIO ASINADO CO CONCELLO DA CORUÑA NÚM. 235/08 PREVISTO INICIALMENTE PARA O FINANCIAMENTO DUNHA VIVENDA TUTELADA PARA A REDE MUNICIPAL DE ACOLLIDA DE MULLERES.

Por unanimidade, apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Autorizar o cambio da finalidade do convenio subscrito co Concello da Coruña o 30 de decembro de 2008 (253/2008) para o financiamento da vivenda para a rede municipal de acollida de mulleres en situación de emerxencia ou dificultade social, para destinar o seu uso polas entidades do terceiro sector, que presten servizos sociais, e durante un prazo de cinco anos.”7.-CONVENIO COA ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PARA FINANCIAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO ANO 2012.

24

Page 25: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Por unanimidade, apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder á Asociación Academia Galega do Audiovisual unha subvención nominativa, por importe de 15.000 €, para financiar o programa de actividades do ano 2012, cun orzamento subvencionado de 128.110,00 €.

2.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

3.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Academia Galega do Audiovisual para financiar o Programa de actividades do ano 2012

A Coruña,

REUNIDOS

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

D. Antonio Mourelos Vázquez, presidente da Asociación Academia Galega do Audiovisual.

Actuando no exercicio dos seus respectivos cargos e na representación que teñen, e recoñecéndose reciprocamente capacidade para obrigarse nos termos deste documento.

MANIFESTAN

1.- A Asociación Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro, que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego: cine, multimedia, publicidade, televisión, vídeo.

2.- Esta entidade foi creada no ano 2002 co obxectivo de fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas co audiovisual en Galicia.

3.- A Asociación Academia Galega do Audiovisual ten entre as súas principais actividades, a organización anual dos premio do audiovisual galego, os Premios Mestre Mateo. Esta e outras actividades, como o Foro Academia Aberta, o anuario Papeis da Academia, obradoiros, debates... Teñen por obxectivo fortalecer o coñecemento do audiovisual galego no máis amplo sentido.

4.- Logo de ver a actividade da Asociación, o Pleno da Corporación, acordou incluír no EMC 5/2012 o crédito destinado ao seu financiamento polo que, coa finalidade de establecer as condicións de colaboración, as dúas entidades acordan formalizar un convenio de colaboración de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS

25

Page 26: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

I.- Obxecto

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Academia Galega do Audiovisual (NIF: V15844145) para financiar o Programa de actividades do ano 2012, co seguinte contido:

* X edición dos Premios Mestre Mateo.- Os membros da Academia escollen os traballos que lles parecen mellores entre os estreados no ano anterior, e os premios entréganse nunha Gala retransmitida pola TVG. Realízanse, tamén unha serie de actividades paralelas que permiten ao público coñecer as obras gañadoras a través da súa exhibición no CGAI.

Esta actividade desenvólvese entre os meses de xaneiro e maio.

* Anuario Papeis da Academia.- Publicación que recolle o resumo de cada edición dos Premios Mestre Mateo e información xeral do sector: producións, festivais, temas de actualidade.

Esta actividade desenvólvese entre os meses de xuño e agosto.

* Foro Academia Aberta 2012.- Encontros e debates sobre cuestións de actualidade dirixidos á formación e reciclaxe dos profesionais do sector.

Esta actividade desenvólvese entre os meses de setembro e outubro.

II.- Orzamento de gastos da actividade que ha realizar a entidade beneficiaria

A Asociación Academia Galega do Audiovisual desenvolverá as actividades programadas, segundo se definen na cláusula anterior, consonte co seguinte orzamento:

X edición dos Premios Mestre MateoPersoal técnico 37.470,00.-Persoal artístico 6.520,00.-Guión e música 3.400,00.-Escenografía 22.140,00.-Montaxe e sonorización 2.230,00.-Packs de obras participantes 3.600,00.-Viaxes, manutención, aloxamentos 7.300,00.-Seguros e gastos xurídicos 1.450,00.-Outras necesidades de produción 15.500,00.-Importe 99.610,00.-

Anuario Papeis da AcademiaPersoal técnico 10.300,00.-Deseño e maquetación 1.800,00.-Manipulado e embalaxe 4.400,00.-Seguros e gastos xurídicos 500,00.-Outras necesidades de produción 1.700,00.-

26

Page 27: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Importe 18.700,00.-

Foro Academia Aberta 2012 Persoal técnico 6.900,00.-Gastos relatores 1.300,00.-Deseño 500,00.-Seguros e gastos xurídicos 400,00.-Outras necesidades de produción 700,00.-Importe 9.800,00.-

Total gastos 128.110,00 €

III.- Financiamento provincial e outros ingresos que se obteñan ou acheguen para a mesma finalidade

1.- A Deputación Provincial da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 15.000 €, o que representa unha porcentaxe do 11,71 %.

A cantidade restante, ata alcanzar o importe total do orzamento da actividade, está financiada con cargo a recursos propios ou alleos, acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito axeitado e suficiente para imputar a totalidade do gasto correspondente á entidade.

No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 11,71 % da cantidade efectivamente xustificada.

2.- Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.- O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/335A/481, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

4.- A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a Asociación Academia Galega do Audiovisual obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

5.- No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- Contratación da execución

27

Page 28: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.- O outorgamento dos contratos de servizos, asistencia ou subministracións necesarias para a execución da actividade corresponde á Asociación Academia Galega do Audiovisual.

Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas o entidades vinculadas á Asociación Academia Galega do Audiovisual, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

2.- Se o importe dalgunha das prestacións supera os 18.000 euros, con carácter previo á contratación, a Asociación Academia Galega do Audiovisual deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos provedores; entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

V.- Publicidade do financiamento provincial

1.- Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa nos medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2.- Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da Asociación Academia Galega do Audiovisual.

VI.- A xustificación necesaria para recibir a achega provincial

A achega da Deputación seralle aboada á Asociación Academia Galega do Audiovisual unha vez que se presente a seguinte documentación:

* Memoria de actuación, subscrita polo representante legal da Asociación Academia Galega do Audiovisual, xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

* Relación clasificada dos gastos realizados, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago; tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula segunda.

Con esta relación achegaranse os orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais xustificantes de gasto; no caso de que se presenten copias compulsadas, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

* Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.

Os gastos e as correspondentes facturas referiranse exclusivamente ás actividades realizadas durante o ano 2012.

28

Page 29: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

* Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula oitava.

* Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

* Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

Acreditación do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula quinta, mediante a achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

VII.- Termo para a realización da actividade e prazo de xustificación

1.- As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula primeira, desenvolvéronse nas datas sinaladas.

2.- Unha vez rematadas as actividades, a Asociación Academia Galega do Audiovisual deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo de dous meses contado a partir da sinatura do convenio.

3.- De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á Asociación Academia Galega do Audiovisual para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á Asociación Academia Galega do Audiovisual da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4.- O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola Asociación Academia Galega do Audiovisual na documentación achegada.

Se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a Asociación Academia Galega do Audiovisual terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social

1.- A Asociación Academia Galega do Audiovisual deberá acreditar, con carácter previo á sinatura deste convenio e logo, con carácter previo ao pago da subvención, que se atopa ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social; e, para tal fin poderá autorizar á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

29

Page 30: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.- A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- Destino e manexo dos fondos recibidos

1.- A Asociación Academia Galega do Audiovisual destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.- Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor; só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150 €, nos que non resulte posible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3.- Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, a Asociación Academia Galega do Audiovisual deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- Control financeiro da Deputación e dos órganos de control externo

1.- Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Asociación Academia Galega do Audiovisual poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.- Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a Asociación Academia Galega do Audiovisual queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- Reintegro, infraccións e sancións

1.- O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro.

2.- Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas.

30

Page 31: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.- De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización da actividade implicará unha sanción dun 10 % do importe da subvención co límite de 75 € se o atraso non excede de tres meses; se o atraso na realización da actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 % da subvención outorgada co límite de 150 €.

4.- Se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 % do importe da subvención outorgada co límite de 75 €; se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 % do importe da subvención outorgada, co límite de 400 €, e, se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 % do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900 €.

XII.- Incorporación ao rexistro público de subvencións e publicación da subvención concedida

1.- No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da Asociación Academia Galega do Audiovisual serán remitidos á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto e co debido respecto á protección dos datos de carácter persoal, segundo o previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

2.- Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á Asociación Academia Galega do Audiovisual será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es.

4.- Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- Vixencia do convenio, prórroga ou modificación

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, dende o día 1 de xaneiro de 2012.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes e por causa debidamente xustificada, e previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación.

XIV.- Natureza, interpretación, modificación e xurisdición competente

31

Page 32: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, da Secretaría e da Intervención provincial.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que o presente convenio foi aprobado por acordo plenario do -----

E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.”

8.-CONVENIO CO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA FINANCIAR O IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES “CURTOCIRCUÍTO”.

Por unanimidade, apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder ao Concello de Santiago de Compostela unha subvención nominativa, por importe de 135.881 €, para financiar o IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocicuíto”, cun orzamento subvencionado de 140.960,50 €.

2.- Autorizar o financiamento da actividade por unha porcentaxe superior ao 80% do orzamento de gastos, establecida con carácter xeral para as subvencións nominativas, en consideración ao interese da actividade que, tal como acredita o director-xerente do Auditorio de Galicia, entidade que ten encomendada a xestión, non dispón doutras fontes de financiamento.

3.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

4.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela para financiar o IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocircuíto”.

A Coruña,

32

Page 33: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

REÚNENSE

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 34. 1b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

D. Ángel Currás Fernández, alcalde do Concello de Santiago de Compostela, e presidente do Consello Reitor do organismo autónomo local de carácter administrativo, Auditorio de Galicia

Ambas partes recoñécense mutuamente na calidade que interveñen con capacidade legal necesaria e

EXPOÑEN

1.- A Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela exercen competencias en materia de promoción de actividades culturais e, para iso, teñen a posibilidade legal de subscribir convenios para o cumprimento dos fins previstos na normativa vixente.

2.- Como parte das actividades de fomento da cultura, e máis en concreto do cine, o Concello de Santiago de Compostela desenvolveu o IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocircuíto”.

Trátase dun evento que ten como obxectivo impulsar a construción e consolidación dunha cultura cinematográfica en torno ao mundo da curtametraxe na cidade de Santiago de Compostela.

3.- O IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocircuíto” foi xestionado polo Auditorio de Galicia que ten encomendada a actividade da Concellería de Cultura, por acordo do Pleno da corporación municipal do 15 de abril de 2004.

4.- Tendo en conta a transcendencia e significación que presenta o proxecto impulsado polo Concello de Santiago de Compostela, a súa gran repercusión no ámbito cultural, así como a confluencia de intereses coa Deputación da Coruña xa que complementan as accións desta última destinadas a apoiar a cinematografía, ambas institucións acordan subscribir o presente convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes

CLÁUSULAS

I.- Obxecto

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela (CF:P1500079G)

33

Page 34: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

para financiar o IX Festival Internacional de curtametraxes “Curtocircuíto” que tivo lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 11 de maio de 2012, co seguinte contido:

1.- SEMANA OFICIAL.

1.1.- Sección Oficial: Concurso de curtametraxes: InternacionalExplora-AqualogyCompostelaeGaliciaEscolas galegas

1.2.- Sección Paralela: Programas temáticos: Robots e androidesPaís convidado: RomaníaPodo resistirme a todo menos á tentaciónBoa vista de CubaPúblico NovoPanorama GaliciaVídeos musicais internacionais

1.3.- Mercado Internacional de Curtametraxes: Encontro dos centros Audiovisuais de Galicia1.4.- Outras actividades: Clase Maxistral de guión de ciencia-ficción, con Sergi Belbel

Obradoiro de efectos especiais, con Alberto HortasLecer

1.5.- Gala de Clausura

2.- IMAXE, COMUNICACIÓN E NOVOS MEDIA.

3.- CURTOCIRCUÍTO NA RÚA.Volta ao mundo 1Feito en EspañaBy GaliciaVolta ao mundo 2

4.- CURTOCIRCUÍTO NO MUNDO.

Presentación de curtas en certames internacionais: Festival de Cine Europeo de Brest, Muestra Joven de La Habana, Festival de Cine Iberoamericano de Nueva Inglaterra.

II.- Orzamento de gastos da actividade a realizar polo Concello de Santiago de Compostela

As actividades obxecto do convenio, segundo se definen na cláusula anterior, foron desenvoltas polo Concello de Santiago de Compostela, consonte co seguinte orzamento:

Dirección do Festival 27.068,61.-Xestión, realización e produción 73.788,61.-Premios 14.500,00.-

34

Page 35: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Outros gastos de produción 3.440,88.-Outras actividades e cursos 862,30.-Viaxes, aloxamentos, manutención 5.705,77.-Comunicación e difusión 6.708,06.-Actividades e cachés artísticos 8.886,27.- Total 140.960,50 €

III.- Financiamento provincial e outros ingresos que se obteñan ou acheguen para a mesma finalidade

1.- A Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 135.881,00 €, o que representa unha porcentaxe do 96,397 %.

No caso de que o gasto xustificado non acade o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 96,397 % da cantidade efectivamente xustificada.

2.- Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.- O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/335A/46201, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito de abondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

4.- A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que o Concello de Santiago de Compostela obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

5.- No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- Contratación e execución

1.- Corresponderalle ao Concello de Santiago de Compostela o outorgamento dos contratos de subministración, servizos e asistencia para a completa realización da actividade programada.

2.- No procedemento de contratación, o Concello de Santiago de Compostela axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

V.- Publicidade do financiamento provincial

35

Page 36: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.- Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2.- Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga do Concello de Santiago de Compostela.

VI.- A xustificación necesaria para recibir a achega provincial

1.- Coa posibilidade prevista no disposto na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 % da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de Santiago de Compostela pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe do presuposto subvencionable, unha vez que presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación:

* Certificación do acordo ou acordos de contratación de persoal e de adxudicación definitiva dos contratos de subministracións ou servizos necesarios para levar a cabo a actividade, na que se fagan constar polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución.

* Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula oitava.

* Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

2.- Rematada completamente a realización da actividade, procederase ao aboamento do 60 % restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

* Memoria de actuación, subscrita polo representante legal do Concello de Santiago de Compostela, xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

* Certificación clasificada dos gastos realizados, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago. Tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula segunda.Os gastos e as correspondentes facturas referiranse exclusivamente ás actividades realizadas durante o ano 2012.

* Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.

* Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula oitava.

* Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade

36

Page 37: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

* Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

* Proba do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula quinta, mediante a achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

3.- Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago.

4.- Se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de Santiago de Compostela terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen dende a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VII.- Termo para a realización da actividade e prazo de xustificación

1.- As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula primeira, desenvolvéronse ao longo do ano 2012.

2.- Unha vez rematadas as actividades, o Concello de Santiago de Compostela deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo de dous meses contados a partir da sinatura do convenio.

3.- De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de Santiago de Compostela para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto.

Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de Santiago de Compostela da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- Cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a súa acreditación

1.- O Concello de Santiago de Compostela deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

37

Page 38: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.- A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.- A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- Destino e manexo dos fondos recibidos

1.- O Concello de Santiago de Compostela destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.- Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor; só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150 €, nos que non resulte imposible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

X.- Control financeiro da Deputación e dos órganos de control externo

1.- Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela poderá ser escollido pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.- Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- Reintegro, infraccións e sancións

1.- O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro.

O procedemento de reintegro iniciarase de oficio e na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

38

Page 39: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.- Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.- De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das actividades implicará unha sanción dun 10% do importe da subvención co límite de 75 € se o atraso non excede de tres meses; se o atraso na realización das actividades excede de tres meses, a sanción será dun 20% da subvención outorgada co límite de 150 €.

4.- Se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 % do importe da subvención outorgada co límite de 75 €; se excede dun mes e non chega a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 % do importe da subvención outorgada co límite de 400 €, e, se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 % do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900 €.

XII.- Incorporación ao rexistro público de subvencións e publicación da subvención concedida

1.- No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Concello de Santiago de Compostela serán remitidos á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2.- Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de Santiago de Compostela será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.- Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- Vixencia do convenio, prórroga ou modificación

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, xa que as actividades contempladas nel realizáronse a partir do 1 de xaneiro de 2012.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes e por causa debidamente xustificada, o convenio poderá ser obxecto de modificación, previos os informes

39

Page 40: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación.

XIV.- Natureza, interpretación e xurisdición competente.

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, de 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio poderá crearse unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeadas polo presidente da Deputación e do Concello de Santiago de Compostela.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que o presente convenio foi aprobado por resolución da Presidencia nº

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.”

9.-CONVENIO CO ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA FINANCIAR OBRAS DE RESTAURACIÓN DAS CAMPÁS DA IGREXA DE SAN PEDRO DE MUROS.

INTERVENCIÓNS

Sr. Regueira Varela

Primeiro darlle a benvida ao novo deputado, e desexarlle a mellor sorte nesta nova etapa e logo expresar o voto do noso grupo neste punto e no punto 20, que tamén é outro convenio coa Igrexa.

De todas e todos é coñecida cal é a nosa proposta en relación coas Igrexas e o que defendemos nós politicamente, nós entendemos que unha entidade que está exenta de pagar incluso o IBI, que ten patrimonio en todos os lugares habidos e por haber, ten unha riqueza considerable, incluso o recentemente electo Papa di que espera que a Igrexa se empobreza, nós non entendemos, evidentemente, como a esta altura, coa crise que afecta a todos os sectores económicos e a todas as persoas, siga recibindo cuantiosos fondos das administracións, aínda que a Administración do Estado, o Goberno do Partido Popular no Estado segue mantendo miles de millóns para contratos, contratos ademais que son contratos recomendados pola Conferencia Episcopal no que respecta ao profesorado de relixión, nun país, nun Estado laico, non confesional, mentres se recortan recursos educativos, profesorado doutro tipo, comedores escolares, etc., etc., non entendemos que as administracións

40

Page 41: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sigan mantendo convenios coa Igrexa, cando existe un convenio a nivel Igrexa-Estado que xa debería recoller certas cousas. En todo caso, nesta Administración pública cando comprobamos a listaxe das subvencións de Cultura, e vemos e ruborizámonos con que o 40% das subvencións de cultura van destinados practicamente a asuntos e a entidades que están relacionadas coa Igrexa católica, e en cambio déixase sen subvencionar a un amplo tecido social desta provincia, pois ben, entendemos que isto habería que reformulalo e nós para nada estamos de acordo con iso. Por tanto, imos votar en contra deste punto 9 e do punto 20, e xa tamén adiantamos que, para aforrar seguramente intervencións, que no punto seguinte, no convenio coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, tamén imos votar en contra, son os tres puntos nos que non imos manter o apoio, porque tamén entendemos que, evidentemente, cando estamos a recortar todo tipo de investimentos, cando o Orzamento da Deputación non chega para as necesidades que teñen os concellos da nosa provincia, como dixemos noutras ocasións non podemos seguir financiando cuestións que debe de financiar a Administración autonómica, por tanto no punto 10, tamén imos votar en contra.

Sr. Ruiz Rivas

Bos días a todos, Sras. e Sres. deputados, Sr. presidente, simplemente dicir que nós, unha vez máis, imos apoiar este tipo de iniciativas porque pensamos ademais que son boas para o noso patrimonio, que son boas para os nosos veciños, e parécenos un pouco unha actitude hipócrita por parte dalgún grupo que mentres ten a oportunidade de gobernar é quen de apoiar ou subvencionar o que é mesmo mantos para algún tipo de figura, ben de santo, nos mesmos concellos, agora parece ser que non lle gusta que poidan arranxar un tema tan importante como é o noso patrimonio cultural, neste caso coincide co relixioso, e si son quen de axudar a outras expresións que teñen que ver mesmo con outras actividades da Igrexa.

Eu simplemente teño que dicir que podo concordar con calquera de vostedes no papel que poida ter a Igrexa, moi respectable desde o punto de vista persoal, pero a ninguén se lle pode negar tamén que, á parte das crenzas de cada un dos que aquí estamos, o papel da Igrexa, e mesmo como organización non gobernamental de axuda a quen o está pasando mal, a través de Cáritas, a través da súa acción social, é digna de encomio e, por tanto, digna tamén de que esta Deputación poida axudar e que desa forma a Igrexa poida seguir contribuíndo a outra serie de accións de beneficencia que veñen desenvolvendo habitualmente. Por iso non comprendemos este tipo de posturas cada vez que aparece a Igrexa coma se fose algo que non se lle tivese que recoñecer o gran labor social, neste caso, o gran labor que ten de conservación do noso patrimonio. Por tanto, creo que é unha obriga da institución provincial defender o noso patrimonio independentemente tamén de quen sexa o seu titular. Moitas grazas.

Sr. Regueira Varela

Eu creo que hai cousas e cousas, ninguén está en contra de que se restaure o patrimonio. Aquí non é un posicionamento anticlerical para nada, eu respecto todas as confesións relixiosas habidas e por haber, creo que non todas teñen o mesmo trato, pero non estamos a falar diso, nin estamos a falar de Cáritas que, por certo, finánciase moi maioritariamente polas achegas dos cidadáns a través do IRPF, non polo que lle poidan achegar as administracións públicas. Estamos a falar de

41

Page 42: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

convenios concretos para restaurar patrimonio privado dunha administración que non é unha ONG normal, que é unha ONG que ten mesmo banca propia, recordo isto, pero evidentemente, pódese mesmo, efectivamente, como di o Sr. portavoz do Partido Popular, en momentos de bonanza, cando non sofren outros sectores sociais, apoiar a todo o mundo, pero nestes momentos hai que priorizar, e eu creo que se está priorizando mal. Está a priorizarse en seguir investindo nunha entidade que non é precisamente das máis necesitadas agora mesmo de fondos, en detrimento doutras que quedan absolutamente sen nada, que non van poder seguir facendo o traballo social. Nada máis.

VOTACIÓN

Votan a favor: 26 deputados (17 do PP e 9 do PSOE)Votan en contra: 5 deputados (BNG)Abstéñense: ningún deputado

ACORDO

Apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder ao Arcebispado de Santiago de Compostela unha subvención nominativa, por importe de 25.000,00 €, para financiar o obras de restauración das campás da igrexa de San Pedro de Muros, cun orzamento subvencionado de 32.156,04 €

2.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

3.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“ Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Arcebispado de Santiago de Compostela para financiar Obras de restauración das campás da igrexa de San Pedro de Muros.

A Coruña,

REUNIDOS

O Sr. D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

O Sr. D. Alfonso Mera Nogueiras, cura-párroco da igrexa de San Pedro de Muros.

Ambas as dúas partes no nome e a representación que teñen e coa capacidade legal para este acto

MANIFESTAN

1.- Que os art. 109.1.d) e 118.d) da Lei 5/1997, de administración local de Galicia, atribúe ás deputacións competencias no fomento e administración dos intereses peculiares da provincia en materia de cultura; asemade, a Lei 8/1995, do patrimonio

42

Page 43: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

cultural de Galicia, establece a colaboración das administracións públicas na protección e defensa dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia.

2.- A Igrexa de San Pedro foi construída no 1504 sobre unha igrexa románica da que se conservan a portada e un rosetón; ten unha nave da planta rectangular con seis capelas oxivais nas que se conservan sepulcros dos séculos XV e XVI e, no exterior, conta cun atrio cuberto e unha torre campanario barroca do ano 1757.

A igrexa parroquial foi colexiata dende 1500 ata a segunda metade do século XIX e constitúe un referente cultural turístico e relixioso nas comarcas do Barbanza e da Costa da Morte.

Na actualidade a igrexa sofre graves problemas entre os que se atopan dous que requiren unha solución coa máxima urxencia: o ataque de termitas a retablos, imaxes, estrutura da cuberta e coro e a situación de inminente risco de caída das campás.

3.- Tendo en conta as circunstancias expostas, o Pleno da Corporación, acordou incluír no EMC 5/2012 o crédito destinado ao seu financiamento.

4.- Os art. 109.1.d) e 118.d) da Lei 5/1997, de administración local de Galicia atribúe ás deputacións competencias no fomento e administración dos intereses peculiares da provincia en materia de cultura. Asemade, a Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia establece a colaboración das administracións públicas na protección e defensa dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia.

5.- Neste contexto subscríbese o presente convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Arcebispado de Santiago de Compostela, no que se fixan as actuacións que se desenvolverán na Igrexa de San Pedro de Muros.

CLÁUSULAS

I.- Obxecto

1.- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Arcebispado de Santiago de Compostela (R1500020A) para financiar Obras de restauración das campás da igrexa de San Pedro de Muros.

2.- O Arcebispado de Santiago de Compostela, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptiva e coa titularidade do inmoble no que se executarán as obras.

O dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3.- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa

43

Page 44: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado.

Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Arcebispado de Santiago de Compostela comprométese a destinala ao uso público para o que está prevista

II.- Orzamento de gastos da actividade a realizar polo Arcebispado de Santiago de Compostela

O Arcebispado de Santiago de Compostela desenvolverá as obras programadas, segundo se definen no proxecto redactado polos arquitectos Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela (ARROKABE arquitectos SLP), consonte co seguinte orzamento:

Restauración das campás 13.916,19.-Cerramento da escaleira do campanario 958,92.-Tratamento curativo-preventivo 11.700,13.-Total execución material 26.575,24.-

IVE 21% 5.580,80.-

Total orzamento de contrata 32.156,04 €

III.- Financiamento provincial e outros ingresos que se obteñan ou acheguen para a mesma finalidade

1.- A Deputación Provincial da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 25.000,00 €, o que representa unha porcentaxe do 77,75 %.

A cantidade restante, ata alcanzar o importe total do orzamento da actividade, está financiada con cargo a recursos propios ou alleos, acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito axeitado e suficiente para imputar a totalidade do gasto correspondente á entidade.

No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 77,75 % da cantidade efectivamente xustificada.

2.- Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.- A Deputación financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios pola dirección das obras, da coordinación de seguridade e saúde, do control de calidade, etc.

44

Page 45: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.- O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/334B/781, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito, na presente anualidade.

Con respecto ás anualidades futuras, advírteselle ao Arcebispado de Santiago de Compostela que o compromiso de gasto queda condicionado á afectiva aprobación do orzamento para o dito ano e a que nel exista dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

5.- A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que o Arcebispado de Santiago de Compostela obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.- No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- Contratación da execución

1.- Na súa condición de promotor, corresponderalle ao Arcebispado de Santiago de Compostela o outorgamento do contrato de execución da obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula segunda.

2.- Con carácter previo á contratación, o Arcebispado de Santiago de Compostela deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos construtores; entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

V.- Publicidade do financiamento provincial

1.- Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Arcebispado de Santiago de Compostela está obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2.- Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga do Arcebispado de Santiago de Compostela.

VI.- A xustificación necesaria para recibir a achega provincial

A achega da Deputación seralle aboada ao Arcebispado de Santiago de Compostela a medida que se expidan as correspondentes certificacións de obra, aplicándose sobre o seu importe a porcentaxe de financiamento.

45

Page 46: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Para tal efecto, o Arcebispado de Santiago de Compostela deberá achegar a seguinte documentación:

* Certificación de obra subscrita polo técnico-director e polo contratista.

* Factura expedida polo contratista; no caso de que se presente unha copia compulsada, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

* Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.

* Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula oitava.

* Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

* Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

* Asemade, coa derradeira certificación de obra, achegarase acta de recepción e acreditación do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula quinta, mediante fotografías dilixenciadas no reverso, e da inscrición de nota marxinal no Rexistro da propiedade na que se deixe constancia do financiamento provincial e da afectación do inmoble á finalidade para a que foi concedida a subvención polo menos por un prazo de DEZ anos.

VII.- Termo para a realización da actividade e prazo de xustificación.

1.- As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula segunda, deberán estar rematadas, o 31 de xullo de 2013.

2.- Unha vez rematadas as obras, o Arcebispado de Santiago de Compostela deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo dun mes contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso ata o 31 de agosto de 2013.

3.- De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se recibise xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Arcebispado de Santiago de Compostela para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Arcebispado de Santiago de Compostela da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55ª.6º das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

46

Page 47: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

4.- O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Arcebispado de Santiago de Compostela na documentación achegada.

Se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Arcebispado de Santiago de Compostela terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen dende a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social

1.- O Arcebispado de Santiago de Compostela deberá acreditar, con carácter previo á sinatura deste convenio e logo, con carácter previo ao pago da subvención, que se atopa ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social; e, para tal fin poderá autorizar á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

2.- A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- Destino e manexo dos fondos recibidos

1.- O Arcebispado de Santiago de Compostela destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.- Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor; só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150 €, nos que non resulte posible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3.- Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, o Arcebispado de Santiago de Compostela deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- Control financeiro da Deputación e dos órganos de control externo

1.- Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Arcebispado de Santiago de Compostela poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

47

Page 48: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.- Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Arcebispado de Santiago de Compostela queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- Reintegro, infraccións e sancións

1.- O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen dende o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro.

2.- Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas.

3.- De conformidade co disposto na Base 55ª 6ª das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización da actividade implicará unha sanción dun 10 % do importe da subvención co límite de 75 € se o atraso non excede de tres meses; se o atraso na realización da actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 % da subvención outorgada co límite de 150 €.

4.- Se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 % do importe da subvención outorgada co límite de 75 €; se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 % do importe da subvención outorgada, co límite de 400 €, e, se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 % do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900 €.

XII.- Incorporación ao rexistro público de subvencións e publicación da subvención concedida

1.- No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Arcebispado de Santiago de Compostela serán remitidos á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto e co debido respecto á protección dos datos de carácter persoal, segundo o previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

2.- Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

48

Page 49: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.- Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Arcebispado de Santiago de Compostela será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es.

4.- Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- Vixencia do convenio, prórroga ou modificación

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, polo que as obras contempladas nel poderanse realizar dende o 1 de xaneiro de 2012.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes, o convenio poderá ser obxecto de modificación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación.

XIV.- Natureza, interpretación, modificación e xurisdición competente

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, da Secretaría e da Intervención provincial.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que o presente convenio foi aprobado por Resolución de Presidencia nº ---

E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.”

10.-CONVENIO COA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA PARA FINANCIAR A EXPOSICIÓN “CÓDICES XOIAS DAS CATEDRAIS GALEGAS NA IDADE MEDIA”.

VOTACIÓN

Votan a favor: 26 deputados (17 do PP e 9 do PSOE)Votan en contra: 5 deputados (BNG)Abstéñense: ningún deputado

49

Page 50: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

ACORDO

Apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder á Fundación Cidade da Cultura de Galicia unha subvención nominativa, por importe de 20.000,00 €, para financiar a Exposición “Códices Xoias das catedrais galegas na Idade Media”, cun orzamento subvencionado de 156.535,31 €

2.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

3.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“ Convenio entre a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para financiar a Exposición “Códices Xoias das catedrais galegas na Idade Media”

A Coruña,

REÚNENSE

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña

Dna. Beatriz González Loroño, directora - xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Actuando no exercicio dos seus respectivos cargos e na representación que teñen, e recoñecéndose reciprocamente capacidade para obrigarse nos termos deste documento.

MANIFESTAN

1.- Que ambas as dúas partes recoñécense plena capacidade para levar a cabo o presente convenio.

2.- Que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia foi constituída na cidade de Santiago de Compostela o día 27 de decembro de 1999, como organización de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, cun patrimonio afecto de maneira duradeira á realización dos fins de interese xeral propios da institución.

Esta Fundación, que foi declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura do 19.01.2000, forma parte do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia e está adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3.- Que, tal como establece o artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación centrarase na creación, explotación e promoción de áreas ou centros de conservación, produción, exhibición e consumo cultural, comunicativo e tecnolóxico

50

Page 51: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

que constitúa un espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador propicio á interacción cultural.

4.- Que, consonte co anterior, Fundación Cidade da Cultura de Galicia é organizadora da exposición “Códices Xoias das catedrais galegas na Idade Media” na que se exhiben os doce mellores códices que se conservan nas catedrais galegas, obras elaboradas entre os séculos IX e XIV.

5.- Que a Deputación ten entre as súas competencias o fomento dos intereses peculiares da provincia e, entre estes, o apoio a bibliotecas, exposicións e calquera outra actividade que teña por finalidade o fomento en materia de cultura.

Así mesmo, a Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia, establece a colaboración das administracións públicas na protección e na defensa dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia .

6.- Que, consonte co sinalado anteriormente e, de conformidade co disposto no art. 118.d) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, a Deputación da Coruña está interesada en contribuír na realización da exposición sinalada polo que no E.M.C. 6/2012 foi incluído o crédito necesario para o seu financiamento.

7.- Que, coa finalidade de establecer as condicións de colaboración, a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, acordan formalizar o presente convenio de colaboración conforme ás seguintes

CLÁUSULAS

I.- Obxecto

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (NIF: G15721640) para financiar a Exposición “Códices Xoias das catedrais galegas na Idade Media”.

Esta exposición mostra os mellores códices que se conservan nas catedrais galegas e propón unha inmersión nunha Idade Media afastada dos tópicos oscurantistas; unha Idade Media de luminosidade e desenvolvemento cultural; inclúense exemplares únicos en Europa, como o Códice Calixtino e os diversos tombos, o primeiro libro impreso en Galicia, caso do Misal Auriense, ou magníficas copias miniadas, como a Legenda Maior e o Pasionario Tudense.

A exposición foi inaugurada no Museo Centro Gaiás o pasado 27 de setembro e permanecerá aberta ata o 6 de xaneiro de 2013.

II.- Orzamento de gastos da actividade que ha realizar a entidade beneficiaria

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia desenvolverá a exposición sinalada segundo se define na cláusula anterior, consonte co seguinte orzamento:

51

Page 52: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.- Desenvolvemento do proxecto 3.000,00.-Gastos de persoal 3.000,00.-

2.- Produción de obra 3.160,12.-Material restauración 3.160,12.-

3.- Transporte 3.186,20.-Embalaxe, recollida e devolución 2.686,20.-Correos 500,00.-

4.- Exposición 125.584,24.-Deseño e dirección da montaxe e gráfica 10.285,00.-Fabricación da carpintería e estruturas 21.041,90.-Montaxe, instalación eléctrica, iluminación , gráfica, soportes obras e desmontaxe 16.964,20.-Seguro de transporte 16.400,18.-Aluguer e instalación sistemas seguridade 5.725,72.- Mantemento aluguer equipos eléctricos+conexión 847,00.-Cristais, vitrinas, caixa de luz 21.654,52.-Peañas e vitrina cega 15.284,22.-Atención e control acceso público 4.536,00.-Traducións inglés 325,01.-Despregables, voandeiras, entradas 12.292,49.-Termohigrómetros para vitrinas 228,00.-

5.- Outros 21.604,75.-Dosier, textos e conferencias 1.580,00.-Reportaxe fotográfica 875,50.-Reportaxe fotográfica 261,70.-Son e iluminación e persoal inauguración 268,62.-Gráfica exterior 1.600,00.-Publicación 500 exemplares libro “Códices” 7.420,00.-Produción audiovisual “Códices” 3.993,00.-Subministración e instalación mat. Audiovisual 5.605,93Total gastos 156.535,31 €

III.- Financiamento provincial e outros ingresos que se obteñan ou acheguen para a mesma finalidade

1.- A Deputación Provincial da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 20.000€, o que representa unha porcentaxe do 12,78 %.

A cantidade restante, ata alcanzar o importe total do orzamento da actividade, está financiada con cargo a recursos propios ou alleos, acreditando a Fundación que ten consignado o crédito axeitado e suficiente para imputar a totalidade do gasto correspondente á entidade.

52

Page 53: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 12,78 % da cantidade efectivamente xustificada.

2.- Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.- O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/334A/45201, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

4.- A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

5.- No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- Contratación da execución

1.- O outorgamento dos contratos de servizos, asistencia ou subministracións necesarias para a execución da actividade corresponderalle á Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas ou entidades vinculadas á Fundación Cidade da Cultura de Galicia, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

2.- Se o importe dalgunha das prestacións supera os 18.000 €, con carácter previo á contratación, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos provedores; entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

V.- Publicidade do financiamento provincial

1.- Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por nos medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2.- Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

VI.- A xustificación necesaria para recibir a achega provincial

53

Page 54: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A achega da Deputación seralle aboada á Fundación Cidade da Cultura de Galicia unha vez que se presente a seguinte documentación:

* Memoria de actuación, subscrita polo representante legal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

* Relación clasificada dos gastos realizados, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago; tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula segunda.

Con esta relación achegaranse os orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais xustificantes de gasto; no caso de que se presenten copias compulsadas, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

* Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.

Os gastos e as correspondentes facturas referiranse exclusivamente ás actividades realizadas con motivo da exposición que é obxecto da colaboración.

* Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula oitava.

* Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

* Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

Acreditación do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula quinta, mediante a achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

VII.- Termo para a realización da actividade e prazo de xustificación

1.- As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula primeira, desenvolveranse nas datas sinaladas.

2.- Unha vez rematadas as actividades, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo de dous meses contados a partir da finalización daquelas.

3.- De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á Fundación Cidade da Cultura de Galicia para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

54

Page 55: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á Fundación Cidade da Cultura de Galicia da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4.- O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia na documentación subministrada.

Se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social

1.- A Fundación Cidade da Cultura de Galicia deberá acreditar, con carácter previo á sinatura deste convenio e logo, con carácter previo ao pago da subvención, que se atopa ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social; e, para tal fin poderá autorizar á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

2.- A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- Destino e manexo dos fondos recibidos

1.- A Fundación Cidade da Cultura de Galicia destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.- Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor; só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150 €, nos que non resulte posible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3.- Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- Control financeiro da Deputación e dos órganos de control externo

1.- Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de

55

Page 56: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

xuño, de subvencións de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.- Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- Reintegro, infraccións e sancións

1.- O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro.

2.- Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas.

3.- De conformidade co disposto na Base 55ª.6º das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización da actividade implicará unha sanción dun 10% do importe da subvención co límite de 75 € se o atraso non excede de tres meses; se o atraso na realización da actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20% da subvención outorgada co límite de 150 €.

4.- Se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na Lei imporase no grao mínimo e será do 10 % do importe da subvención outorgada co límite de 75 €; se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 % do importe da subvención outorgada, co límite de 400 €, e, se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 % do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900 €.

XII.- Incorporación ao rexistro público de subvencións e publicación da subvención concedida 1.- No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da Fundación Cidade da Cultura de Galicia serán remitidos á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto e co debido respecto á protección dos datos de carácter persoal, segundo o previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

56

Page 57: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.- Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á Fundación Cidade da Cultura de Galicia será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es.

4.- Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- Vixencia do convenio, prórroga ou modificación

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, xa que a exposición obxecto da colaboración comezou no pasado mes de setembro.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes e por causa debidamente xustificada, e previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación.

XIV.- Natureza, interpretación, modificación e xurisdición competente

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, da Secretaría e da Intervención provincial.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que o presente convenio foi aprobado por acordo do Pleno -----

E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.”

57

Page 58: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

11.-CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL AFECCIONADO DA CORUÑA AFAC PARA FINANCIAR O PROGRAMA DE INICIACIÓN E FOMENTO DA PRÁCTICA DO FÚTBOL AFECCIONADO NO ANO 2012.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña AFAC unha subvención nominativa, por importe de 20.000,00 €, para financiar o programa de iniciación e fomento da práctica do fútbol afeccionado no ano 2012, cun orzamento subvencionado de 247.985,00 €

2.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

3.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“ Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC) para financiar o programa de iniciación e fomento da práctica do fútbol afeccionado realizado no ano 2012.

A Coruña,

REUNIDOS

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

D. Manuel Vázquez Martínez, presidente da Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña AFAC

MANIFESTAN

Que ambas as dúas partes se recoñecen plena capacidade para outorgar o presente convenio.

Que a Deputación Provincial da Coruña, coñecedora da necesidade de impulsar o fomento do deporte está interesada en colaborar coas entidades que promovan a práctica deportiva e en especial con aqueles programas de apoio e fomento ao deporte

Que a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC) con anterioridade ten subscritos convenios de colaboración para realizar programas de apoio e fomento do deporte na provincia.

En función das consideracións anteriores, a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC) coa finalidade de fixar as condicións da súa colaboración, acordan formalizar o presente convenio de colaboración, de acordo coas seguintes

58

Page 59: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

CLÁUSULAS

I.- Obxecto

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), C.I.F.: G15212707 para financiar o programa de iniciación e fomento da práctica do fútbol afeccionado realizado no ano 2012.

II.- Orzamento de gastos da actividade que ha realizar a entidade beneficiaria A Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC) desenvolveu as actividades programadas ao longo do ano 2012, segundo se definen na cláusula anterior, consonte co seguinte orzamento:

Concepto Importe/€

Mutualidades deportivas 112000

Dereitos de arbitraxe 95000

Seguros 4600

Material Deportivo (Balóns, Petos, Conos) 19200

Copas AFAC e Mini Teresa Herrera 3000

Torneo Internacional Fútbol Base 2045

Trofeos 3000

Persoal administrativo 8500

Teléfono 640

Total 247985

III.- Financiamento provincial e outros ingresos que se obteñan ou acheguen para a mesma finalidade

1.- A Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 20.000€, o que representa unha porcentaxe do 8,065%. No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 8,065%, da cantidade efectivamente xustificada. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento da actividade, está financiado con cargo a recursos (propios ou alleos) acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

2. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

59

Page 60: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3. O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/341A/481, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

4. A subvención da Deputación é compatíbel coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

5. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- Contratación da execución

1. O outorgamento dos contratos de servizos, asistencia ou subministracións necesarios para a execución da actividade corresponderalle á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC). Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas ou entidades vinculadas á a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Se o importe dalgunha das prestacións supera os 18.000 euros, con carácter previo á contratación, a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos provedores. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

3.No caso de que a a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitirlle á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1. Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2. Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC).

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

A achega da Deputación seralle aboada á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), unha vez que se presente a seguinte documentación:

60

Page 61: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Memoria de actuación, subscrita polo representante legal da Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

Relación clasificada dos gastos realizados, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago. Tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula SEGUNDA.

Con esta relación achegaranse os orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais xustificantes de gasto que deberán estar comprendidos entre o 1 e o 31 de decembro de 2012. No caso de que se presenten copias compulsadas, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

Proba do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula QUINTA, mediante a achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

A Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), deberá acreditar previamente que está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de conformidade coa cláusula OITAVA.

VII. TERMO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.- As actividades obxecto de financiamento provincial, tal como se describe na cláusula primeira, desenvolvéronse ao longo do ano 2012.

2.- Unha vez rematada a actividade a Federación Galega de Fútbol deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo de dous meses contados a partir da sinatura do convenio.

3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a unidade xestora remitiralle un requirimento á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional dará lugar á perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións

61

Page 62: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

e na base 55.6ª das de execución do orzamento da Deputación, poida corresponderlle.

4. O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a adecuada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1. A Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2. A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante a declaración responsábel expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando a Deputación para que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinaraa esta de oficio.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1. A Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2. Co fin de garantir un adecuado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00€ nos que non resulte posible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3. Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

62

Page 63: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1. Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), poderá ser escollida pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento daactividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2. Asemade, de acordo co disposto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o disposto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1. O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá dar lugar á obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio, na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2. Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstas nas normas citadas e na base 55ª das de execución do orzamento da Deputación.

3. De conformidade co disposto na base 55.6 das de execución do orzamento da Deputación, o atraso na realización das actividades dará lugar a unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00€ se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das actividades excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00€.

4. E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00€. Se excede dun mes e non chega a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00€. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00€.

63

Page 64: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1. No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2. Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña (AFAC), será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es.

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, xa que as actividades realizáronse no pasado ano 2012.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes, o convenio poderá ser obxecto de modificación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN, MODIFICACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o da Federación Galega de Fútbol respectivamente.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias disposta na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

64

Page 65: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Faise constar que o presente convenio foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día ---

E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.”

12.-CONVENIO COA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL PARA FINANCIAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES REALIZADAS POLO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES DE FÚTBOL NO ANO 2012.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1.- Conceder á Federación Galega de Fútbol unha subvención nominativa, por importe de 12.400,00 €, para financiar o programa de actividades realizadas polo Comité Galego de Entrenadores de Fútbol no ano 2012, cun orzamento subvencionado de 15.500,00 €

2.- Aprobar o convenio correspondente á dita subvención, de acordo co texto que se achega ao final deste acordo.

3.- Autorizar a excepcionalidade ao principio de imputación temporal de créditos, con base no interese público das actividades subvencionadas.

“ Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Fútbol para financiar o Programa de actividades realizadas polo Comité Galego de Entrenadores de Fútbol no ano 2012

A Coruña , de de 2013

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.D. José García Liñares, presidente da Federación Galega de Fútbol. Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

MANIFESTAN

Dado o interese coincidente da Deputación e da Federación Galega de Fútbol de colaborar coas actividades desta, ambas as dúas partes acordan formalizar o presente convenio de colaboración conforme ás seguintes

CLÁUSULAS

I.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Fútbol (NIF: G15055890), para financiar o Programa de actividades realizadas polo Comité Galego de Entrenadores de Fútbol no ano 2012.

65

Page 66: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

II.- ORZAMENTO DE GASTOS DA ACTIVIDADE QUE HA REALIZAR A Federación Galega de Fútbol, a través do Comité Galego de Entrenadores de Fútbol desenvolveu as actividades ao longo do ano 2012, segundo se definen na cláusula anterior, consonte co seguinte orzamento

CONCEPTO IMPORTE/€Gastos de desprazamentos de conferenciantes 1800Gastos de hospedaxe e manutención de conferenciantes 1200Gastos de pago de conferenciantes 1500Gastos de autor e ilustrador guía 2500Compra de software fútbol táctico para os clubs (450) 8500Total 15500 III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1.- A Deputación da Coruña contribuirá a financiar o programa de actividades, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 12.400 € o que representa unha porcentaxe do 80%, que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 0601/341A/481.

No caso de que o gasto xustificado non acade o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80%, da cantidade efectivamente xustificada. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento da actividade, está financiado con cargo a recursos (propios ou alleos) acreditando a Federación Galega de Fútbol que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

2.- Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.- O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0601/341A/481, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito

Para a anualidade corrente existe crédito dabondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial.

4.- A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a Federación Galega de Fútbol obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

5.- No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

66

Page 67: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.- O outorgamento dos contratos de servizos, asistencia ou subministracións necesarios para a execución da actividade corresponderalle á Federación Galega de Fútbol.

Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas ou entidades vinculadas á Federación Galega de Fútbol, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

2.- Se o importe dalgunha das prestacións supera os 18.000 €, con carácter previo á contratación, a Federación Galega de Fútbol deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos provedores. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.- Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2.- Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da Federación Galega de Fútbol.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

A achega da Deputación seralle aboada á Federación Galega de Fútbol unha vez que se presente a seguinte documentación:

. Memoria de actuación, subscrita polo representante legal da Federación Galega de Fútbol, xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.. Relación clasificada dos gastos realizados, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago. Tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula segunda.. Con esta relación achegaranse os orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais xustificantes de gasto. No caso de que se presenten copias compulsadas, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña. As datas das facturas deberán estar comprendidas dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2012.. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula oitava.. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

67

Page 68: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

. Designación de conta bancaria no modelo aprobado pola Deputación provincial e debidamente certificado pola entidade financeira.. Proba do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula quinta, mediante a achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

VII.- TERMO PARA A ADQUISICIÓN E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.- As actividades obxecto de financiamento provincial, tal como se describe na cláusula primeira, desenvolvéronse ao longo do ano 2012.

2.- Unha vez rematada a actividade a Federación Galega de Fútbol deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta no prazo máximo de dous meses contados a partir da sinatura do convenio.

3.- De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a unidade xestora remitiralle un requirimento á Federación Galega de Fútbol para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS.

A falla de xustificación da subvención neste prazo excepcional dará lugar á perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á Federación Galega de Fútbol da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na base 55º6ª das de execución do orzamento da Deputación, poida corresponderlle.

4.- O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola Federación Galega de Fútbol na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a adecuada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a Federación Galega de Fútbol terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.- A Federación Galega de Fútbol deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.- A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando a Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.- A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinaraa esta de oficio.

68

Page 69: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.- A Federación Galega de Fútbol destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.- Co fin de garantir un adecuado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00€ nos que non resulte posíbel a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3.- Sen prexuízo dos libros e rexistros contábeis que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, á Federación Galega de Fútbol deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.- Consonte aco disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Federación Galega de Fútbol poderá ser escollida pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.- Asemade, de acordo co disposto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a Federación Galega de Fútbol queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o disposto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.- O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá dar lugar á obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio, na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.- Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de

69

Page 70: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sancións previstas nas normas citadas e na base 55º das de execución do orzamento da Deputación.

3.- De conformidade co disposto na base 55º 6ª das de execución do orzamento da Deputación, o atraso na realización das actividades dará lugar a unha sanción dun 10% do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das actividades excede de tres meses, a sanción será dun 20% da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.- E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10% do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 € Se excede dun mes e non chega a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20% da subvención outorgada co límite de 400,00 €; e se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30% do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.- No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da Federación Galega de Fútbol serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2.- Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á Federación Galega de Fútbol será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es.

4.- Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.- O prazo de vixencia do presente convenio finalizará o 31 de outubro de 2013, e terá efectos retroactivos, dende o 1 de xaneiro de 2012, xa que as actividades realizáronse no pasado ano 2012.

2.- Por acordo expreso de ambas as dúas partes, o convenio poderá ser obxecto de modificación, previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación.

70

Page 71: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN, MODIFICACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1.- O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.- Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o da Federación Galega de Fútbol respectivamente.

3.- Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias disposta na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que o presente convenio foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día ---

E en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.”

13.- APROBACIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2013, 2ª FASE QUE SE DETALLA: TRABALLOS DE TALA E PODA DE ARBOREDO NA DP 5812 E DP 5809 (OLEIROS).

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1) Aprobar o Plan de CONSERVACIÓN DE VIAS PROVINCIAIS 2013, 2ª FASE cun orzamento total de 44.233,01.- euros, con cargo á aplicación 0401/453A/61900 que se detalla.

DENOMINACIÓN ORZAMENTO

TRABALLOS DE TALA E PODA DE ARBOREDO NA DP 5812 E DP 5809 (OLEIROS). 1311000035.0

44.233,01

2) Expor ao público os proxectos mediante un anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia nun prazo de dez días para os efectos de reclamacións, transcorrido o cal sen que estas se producisen, consideraranse definitivamente aprobados.”

14.-APROBACIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2013, 3ª FASE, QUE SE DETALLA: ESTABILIZACIÓN DE TERRAPLÉN NA ESTRADA DP 4401 DAS PONTES-ORTIGUEIRA AO BARQUEIRO PQ 12+100 (ORTIGUEIRA).

71

Page 72: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1)Aprobar o Plan de CONSERVACIÓN DE VIAS PROVINCIAIS 2013, 3ª FASE cun orzamento total de 49.116,72.- euros, con cargo á aplicación 0401/453A/61900 que se detalla.

DENOMINACIÓN ORZAMENTO

ESTABILIZACION DE TERRAPLEN NA ESTRADA DP 4401 DAS PONTES-ORTIGUEIRA AO BARQUEIRO PK 12+100. ORTIGUEIRA. 1311000036.0

49.116,72

2)Expor ao público os proxectos mediante un anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia nun prazo de dez días para os efectos de reclamacións, transcorrido o cal sen que estas se producisen, consideraranse definitivamente aprobados.”

15.-APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE BETANZOS PARA FINANCIAR A ADQUISICIÓN DUNHA MÁQUINA VARREDOIRA ASPIRADORA VIARIA.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Betanzos para financiar as obras incluídas no proxecto de ADQUISICIÓN DUNHA MÁQUINA VARREDOIRA ASPIRADORA VIARIA cunha achega de 46.076,80 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 80,00%) sobre un orzamento subvencionable de 57.596 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/163A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE BETANZOS PARA O FINANCIAMENTO DA ADQUISICION DUNHA MÁQUINA VARREDOIRA ASPIRADORA VIARIA.

A Coruña,

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr. , alcalde-presidente do Concello de BETANZOS

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de ambas as dúas partes

72

Page 73: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de BETANZOS, CIF: P 1500900-D para o financiamento da ADQUISICION DUNHA MÁQUINA VARREDOIRA ASPIRADORA VIAL II.- ORZAMENTO PARA A ADQUISICIÓN

Segundo o informe de valoración que achegou o Concello de BETANZOS, o orzamento máximo para a adquisición ascende a 57.596 EUROS.

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento de adquisición, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 46.076,80 euros, o que representa unha porcentaxe de 80%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos ( propios ou alleos) acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

2. No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80%, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3. A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados da subministración e instalación do ben moble.

4. O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/163A/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5. A subvención da Deputación é compatíbel coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

73

Page 74: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

6. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de adquirente, corresponderalle á ENTIDADE BENEFICIARIA o outorgamento do correspondente contrato de subministracións.

2. No procedemento de contratación, a ENTIDADE BENEFICIARIA axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.No contrato e nos anuncios de licitación para a adquisición do ben moble, farase constar o importe do financiamento provincial

2. Adquirido o ben, a ENTIDADE BENEFICIARIA deberá rotular o ben en lugar visible de xeito que se deixe constancia da data de adquisición e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIALCoa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagábel, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol da ENTIDADE BENEFICIARIA pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación do contrato de subministracións, unha vez que presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación definitiva do contrato de subministracións, na que se fagan constar polo menos os seguintes datos:

persoa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

A ENTIDADE BENEFICIARIA estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o disposto na cláusula V.-2 de publicidade.

Formalizado en documento público o contrato, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificación acreditativa do pago do ben. Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens da

ENTIDADE BENEFICIARIA, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos

74

Page 75: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago.

3. O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola ENTIDADE BENEFICIARIA na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a ENTIDADE BENEFICIARIA terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VII.- TERMO PARA A ADQUISICIÓN E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1. A adquisición do ben que é obxecto de financiamento provincial, tal como se describe na cláusula primeira, deberá estar realizada polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

2. Unha vez realizada a adquisición, a ENTIDADE BENEFICIARIA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da formalización do contrato e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á ENTIDADE BENEFICIARIA para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á ENTIDADE BENEFICIARIA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1. A ENTIDADE BENEFICIARIA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2. A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante a declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente,

75

Page 76: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.A ENTIDADE BENEFICIARIA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2. Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1. Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a ENTIDADE BENEFICIARIA poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2. Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a ENTIDADE BENEFICIARIA queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1. O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2. Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o

76

Page 77: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3. De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na adquisición do moble implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4. E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1. No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da ENTIDADE BENEFICIARIA serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2. Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á ENTIDADE BENEFICIARIA será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2.Para o caso de que o Concello de non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida

77

Page 78: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o Concello de perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data.

3. Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de Subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o da ENTIDADE BENEFICIARIA, respectivamente.

3. Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio. Faise constar que o presente convenio foi aprobado polo Pleno da Deputación provincial da Coruña en sesión celebrada o 21 de decembro do 2012.

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BETANZOS

Diego Calvo Pouso Julio Ignacio Iglesias Redondo”

16.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA FINANCIAR AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PARQUE INFANTIL SOFÍA CASANOVA EN VILABOA.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

78

Page 79: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Culleredo para financiar as obras de renovación do parque infantil Sofía Casanova, en Vilaboa, cun orzamento de 49.728,14 euros e cunha achega provincial de 35.493,54 euros (o que representa unha porcentaxe de financiamento do 71,375%) con cargo á partida 0202/171A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PARQUE INFANTIL SOFÍA CASANOVA, EN VILABOA

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr.Julio Sacristán de Diego, alcalde-presidente do Concello de Culleredo.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de Culleredo ambas as dúas partes

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Culleredo con CIF P-1503100H, para o financiamento das obras de renovación do parque infantil Sofía Casanova, en Vilaboa, tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado polo xefe da sección de obras públicas e servizos, da área de medio ambiente, servizos e obras, Ricardo Cid Rey.

2- O Concello de Culleredo, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptiva e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. O devandito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez

79

Page 80: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de Culleredo, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:___________________________________________________34.535,83GASTOS XERAIS__________________________________________ 4.489,66BENEFICIO INDUSTRIAL____________________________________ 2.072,15IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO_______________________ 8.630,50PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA_______________49.728,14

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 35.493,54 euros, o que representa unha porcentaxe de 71,375%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos ( propios ou alleos) creditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 71,375%, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc. Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/171A/76201, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

80

Page 81: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de Culleredo o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de Culleredo axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de Culleredo tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de Culleredo estará obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de Culleredo pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

i. Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

i. Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

i. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

i. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

81

Page 82: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

ii. Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante a remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

2.Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

i.Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

ii.Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

iii.Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

iv.Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

v.Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

vi.Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de Culleredo, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

vii.Deberá acreditar o pago efectivo a os terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3. O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de Culleredo na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de Culleredo terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 40% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de Culleredo deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

82

Page 83: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de Culleredo para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de Culleredo da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de Culleredo deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de Culleredo destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Culleredo poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de tódalas demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2. Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de Culleredo queda sometido aos procedementos de

83

Page 84: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio e na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo, dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2. Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 se o atraso non excede de tres meses.� Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 .�

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 . Se excede dun mes e non chegase a tres,� a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 . E se a extemporaneidade da� xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 .�

5. Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Concello de Culleredo serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

84

Page 85: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de Culleredo será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración conservará a súa vixencia dende o día da súa sinatura e ata o día 31 de outubro do ano 2013

2. Para o caso de que o Concello de Culleredo non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 1 de setembro, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano 2013. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o Concello de Culleredo perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data

3. Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de Culleredo, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

85

Page 86: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CULLEREDO

DIEGO CALVO POUSO Julio Sacristán de Diego”

17.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA FINANCIAR O PROXECTO DE SANEAMENTO EN TOROÑO E NA R/ DO ARCEBISPO XELMÍREZ EN ALMEIRAS.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de CULLEREDO para financiar o proxecto de saneamento en Toroño e en R/ do Arcebispo Xelmírez en Almeiras, cun orzamento de 90.376,61 euros e cunha achega provincial de 64.506,46 euros (o que representa unha porcentaxe de financiamento do 71,375%, con cargo á partida 0202/161A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA O FINANCIAMENTO DO PROXECTO DE SANEAMENTO EN TOROÑO E EN R/ DO ARCEBISPO XELMIREZ EN ALMEIRAS

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr.Julio Sacristán de Diego, alcalde-presidente do Concello de Culleredo.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de Culleredo ambas as dúas partes

86

Page 87: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Culleredo con CIF P-1503100H, para o financiamento da obra de saneamento en Toroño e en R/ do Arcebispo Xelmírez, en Almeiras, tal como aparece definida a esta no proxecto técnico de execución redactado polo enxeñeiro municipal xefe da área de medio ambiente, servizos e obras, don Edmundo Varela Lema.

2- O Concello de Culleredo, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. O dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de Culleredo, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:___________________________________________________62.765,89GASTOS XERAIS__________________________________________ 8.159,56BENEFICIO INDUSTRIAL____________________________________ 3.765,96IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO_______________________15.685,20PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA_______________ 90.376,61

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 64.506,46, o que representa unha porcentaxe de 71,375%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos ( propios ou alleos) creditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

87

Page 88: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 71,375%, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc. Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/161A/76201, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5. A subvención da Deputación é compatíbel coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de Culleredo o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de Culleredo axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de Culleredo tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con este os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de Culleredo estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha

88

Page 89: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de Culleredo pola contía resultante de aplicar dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

i.Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

i.Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

i.Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

i.Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.ii.Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

2.Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

i. Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

ii. Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

iii. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

iv. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

v. Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

vi. Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de Culleredo, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

89

Page 90: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

vii. Deberá acreditar o pago efectivo a os terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3. O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de Culleredo na documentación subministrada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de Culleredo terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 40% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de Culleredo deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de Culleredo para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de Culleredo da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de Culleredo deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

3.A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

90

Page 91: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

4.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de Culleredo destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Culleredo poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2. Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de Culleredo queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo, dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

91

Page 92: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3. De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 se o atraso non excede de tres meses.� Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 .�

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 . Se excede dun mes e non chegase a tres,� a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 . E se a extemporaneidade da� xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 .�

5. Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Concello de Culleredo serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de Culleredo será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración conservará a súa vixencia dende o día da súa sinatura e ata o día 31 de outubro do ano 2013

2.Para o caso de que o Concello de Culleredo non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 1 de setembro, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a

92

Page 93: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano 2013. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o Concello de Culleredo perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data

3. Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de Culleredo, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CULLEREDO

DIEGO CALVO POUSO Julio Sacristán de Diego”

18.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE CERCEDA PARA FINANCIAR AS OBRAS DE REPARACIÓN E ARRANXO DE FOCHAS DE CAMIÑOS NO CONCELLO (CAMIÑO AO VILAR E OUTROS).

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Cerceda para financiar as obras incluídas no proxecto de REPARACIÓN E ARRANXO DE FOCHAS

93

Page 94: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

DE CAMIÑOS NO CONCELLO (CAMIÑO AO VILAR E OUTROS) cunha achega de 40.000 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 80,00%) sobre un orzamento subvencionable de 50.000 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/454A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE CERCEDA PARA O FINANCIAMENTO DA OBRA DE REPARACION E ARRANXO DE FOCHAS DE CAMIÑOS NO CONCELLO (CAMIÑO AO VILAR E OUTROS)

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr. alcalde-presidente do Concello de CERCEDA, D.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de CERCEDA ambas as dúas partesA C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1.O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de CERCEDA con CIF P1502400C para o financiamento da obra de REPARACION E ARRANXO DE FOCHAS DE CAMIÑOS NO CONCELLO (CAMIÑO AO VILAR E OUTROS), tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado por JULIO C. ROJO MARTÍNEZ

2- O Concello de CERCEDA, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptiva e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. O dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de CERCEDA, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

94

Page 95: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:_______________________________________________ 34.724,63 eurosGastos xerais 13,00%_______ ___________________________ 4.514,20 eurosBeneficio Industrial 6,00 %________________________________ 2.083,48 eurosIMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO______ _____________ 8.677,69 eurosPRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA_____ _________ 50.000 euros

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 40.000 euros o que representa unha porcentaxe de 80,00%.

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80,00% da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc. Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/454A/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

Para a anualidade corrente existe crédito de abondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírteselle ao Concello de CERCEDA de que o compromiso de gasto queda condicionado á efectiva aprobación do Orzamento para o dito ano e a que existe nel dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

95

Page 96: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de CERCEDA o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de CERCEDA axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de CERCEDA tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de CERCEDA estará obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de CERCEDA pola contía resultante de aplicar dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

96

Page 97: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2. Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de CERCEDA, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3.O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de CERCEDA na documentación subministrada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de CERCEDA terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de CERCEDA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de CERCEDA para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE

97

Page 98: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de CERCEDA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de CERCEDA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante a declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de CERCEDA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, O Concello de CERCEDA poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

3.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de CERCEDA queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de

98

Page 99: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo, dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

5. Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á

99

Page 100: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de CERCEDA será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2.Para o caso de que o Concello de CERCEDA non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o concello de CERCEDA perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de CERCEDA, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________

100

Page 101: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CERCEDA

DIEGO CALVO POUSO”19.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE DUMBRÍA PARA FINANCIAR AS OBRAS DE CAMIÑO SAN CRIMENZO AO CRUZAMENTO DE SANTA UXÍA MIRADOIRO DE ÉZARO.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Dumbría para financiar as obras incluídas no proxecto de CAMIÑO SAN CRIMENZO A CRUZAMENTO DE SANTA UXIA MIRADOIRO DE EZARO, cunha achega de 40.000 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 74,57%) sobre un orzamento subvencionable de 53.641,32 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/454A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE DUMBRIA PARA O FINANCIAMENTO DA OBRA DE CAMIÑO SAN CRIMENZO A CRUCE SANTA UXIA MIRADOIRO DE EZARO

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr. alcalde-presidente do Concello de DUMBRIA, D.Jose Manuel Pequeño Castro.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de DUMBRIA ambas as dúas partesA C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1.O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de DUMBRIA con CIF P-1503400-B para o

101

Page 102: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

financiamento da obra de CAMIÑO SAN CRIMENZO A CRUCE SANTA UXIA MIRADOIRO DE EZARO, tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado por JULIO C. ROJO MARTINEZ

2- O Concello de DUMBRIA, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptiva e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. Dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de DUMBRIA, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:_______________________________________________ 37.253,50 eurosGastos xerais 13,00%___________________________________ 4.842,96 eurosBeneficio Industrial 6,00 %________________________________ 2.235,21 eurosIMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO___________________ 9.309,65 eurosPRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA_ __________ 53.641,32 euros

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 40.000 euros o que representa unha porcentaxe do 74,57%.

2.No caso de que a gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 74,57% da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc). Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/454A/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que

102

Page 103: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

Para a anualidade corrente existe crédito de abondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírtese ao Concello de DUMBRIA de que o compromiso de gasto queda condicionado a efectiva aprobación do Orzamento para dito ano e a que existe nel dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de DUMBRIA o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia á cláusula primeira.

2. No procedemento de contratación, o Concello de DUMBRIA axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público. 3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de DUMBRIA tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de DUMBRIA estará obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2.Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

103

Page 104: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de DUMBRIA pola contía resultante de aplicar dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director desta, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

2. Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de DUMBRIA, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3.O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de DUMBRIA na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de DUMBRIA terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar terlles aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

104

Page 105: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de DUMBRIA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de DUMBRIA para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falla de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de DUMBRIA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de DUMBRIA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de DUMBRIA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

105

Page 106: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, O Concello de DUMBRIA poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de DUMBRIA queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

106

Page 107: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

5.Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de DUMBRIA será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2. Para o caso de que o Concello de DUMBRIA non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o concello de DUMBRIA perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada a dita data

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

107

Page 108: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de DUMBRIA, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE DUMBRIA

DIEGO CALVO POUSO JOSE MANUEL PEQUEÑO CASTRO”

20.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A ORDE DO CÍSTER DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO PARA A LIMPEZA DA FACHADA E CAMPANARIOS DA IGREXA E SUBSTITUCIÓN DE PARTE DA CUBERTA DO MOSTEIRO.

VOTACIÓN

Votan a favor: 26 deputados (17 do PP e 9 do PSOE)Votan en contra: 5 deputados (BNG)Abstéñense: ningún deputado

ACORDO

Apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración entre a Deputación provincial e a Orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado para a limpeza da fachada e campanarios da igrexa e substitución de parte da cuberta do mosteiro, cunha achega de 48.000,00 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do

108

Page 109: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

100,00%) sobre un orzamento subvencionable de 48.000,00 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0402/334B/650.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E A ORDE DO CISTER DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO PARA A LIMPEZA DA FACHADA E CAMPANARIOS DA IGREXA E SUBSTITUCIÓN DE PARTE DA CUBERTA DO MOSTEIRO

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña.

REUNIDOS

Dunha parte o Excmo. Sr.presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso que intervén en nome e representación da Deputación Provincial da Coruña, actuando na súa calidade de presidente e conforme ás competencias que ten atribuídas.

Doutra, Fr. Mª Carlos Gutiérrez Cuartango, DNI núm. 13.730.610-R, prior titular da orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado con C.I.F R1500016I.

Ambos comparecentes recoñécense mutuamente capacidade, lexitimación e representación suficientes para formalizar o presente convenio de colaboración.

EXPOÑEN

O mosteiro de Santa María de Sobrado é un ben de interese cultural, foi fundado no ano 952 e dirixido pola orde do Císter dende 1142, a súa estrutura actual é obra de Pedro de Monteagudo (S.XVI) no que destacan as súas dúas torres e unha fachada cunha complicada decoración de puntas de diamante. Dado o interese da Deputación e da orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado para a realización das obras de limpeza da fachada e dos campanarios da igrexa, e reparación de parte da cuberta deste mosteiro a Deputación realizou este proxecto, ambas as dúas partes acordan formalizar o presente convenio con base nas seguintes cláusulas.

CLÁUSULASI.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e a orde do Císter mosteiro de Santa María de Sobrado, para a realización das obras de LIMPEZA DA FACHADA E DOS CAMPANARIOS DA IGREXA, E SUBSTITUCIÓN DE PARTE DA CUBERTA DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO tal e como aparece definida esta no proxecto redactado por DON FERNANDO CEBRIÁN DEL MORAL (arquitecto provincial).

A finalidade é mellorar tanto o aspecto exterior e interior así como reparar os problemas que poidan supor o deterioro da cuberta.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra.P.E.M___________________________________33.335,65

109

Page 110: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

GASTOS XERAIS______________________4.333,63BENEFICIO INDUSTRIAL __________________2.000,14IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO ______8.330,58PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN ______________48.000,00

III.- FINANCIAMENTO

A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 48.000,00 euros con cargo á aplicación presupostaria, o que representa unha porcentaxe do 100%.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.A Deputación contratará a execución das obras incluídas no proxecto obxecto de financiamento. Así mesmo a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde será realizada polos servizos técnicos provinciais.

2.No procedemento de contratación, a Deputación da Coruña axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

V.- POSTA A DISPOSICIÓN DO INMOBLE

A orde do Císter do mosteiro de Santa María de Sobrado pon a disposición da Deputación o inmoble a fin de que se poidan executar as obras incluídas no proxecto para a limpeza da fachada e campanarios da igrexa e substitución de parte da cuberta do mosteiro.

VI.- AUTORIZACIÓN

Faise constar que o proxecto indicado na cláusula primeira conta coa preceptiva licenza de obra do concello, e a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

VII.- POSTA A DISPOSICIÓN DE INSTALACIÓNS

A orde cisterciense do mosteiro de Santa María de Sobrado pon a disposición durante un período de cinco anos unha sala para que a Deputación poida realizar actividades de tipo cultural durante 15 días cada ano.

VIII.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, colocarase un cartel que sexa visible, sen prexuízo doutras indicacións, onde figure o logotipo corporativo da Deputación e o importe da subvención concedida.

2.Rematada a obra, colocarase unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. Deberá respectar a estética e as características do monumento.

110

Page 111: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IX.- VIXENCIA

O presente convenio iniciará a súa vixencia o día da súa sinatura e rematará na data de finalización das obras, e en todo caso o 31 de outubro de 2013, prorrogable por causas xustificadas.

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

O presidente da Deputación da Coruña Prior da orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado

D. Diego Calvo Pouso Fr. Mª Carlos Gutiérrez Cuartango “

21.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE MAZARICOS PARA FINANCIAR A SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CORTACÉSPEDE PARA MANTEMENTO DE CAMPO DE FÚTBOL E ÁREAS VERDES PÚBLICAS E TRACTOR AGRÍCOLA PARA EXECUCIÓN DE TRABALLOS MUNICIPAIS.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Mazaricos para financiar a SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CORTACÉSPEDE PARA MANTEMENTO CAMPO DE FÚTBOL E AREAS VERDES PÚBLICAS E TRACTOR AGRÍCOLA PARA EXECUCIÓN DE TRABALLOS MUNICIPAIS cunha achega de 60.000 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 80%), sobre un orzamento subvencionable de 75.000 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/454A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE MAZARICOS PARA O FINANCIAMENTO DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CORTACÉSPEDE PARA MANTEMENTO CAMPO DE FÚTBOL E ÁREAS VERDES PÚBLICAS E TRACTOR AGRICOLA PARA EXECUCIÓN DE TRABALLOS MUNICIPAIS

A Coruña,

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr. D. José Manuel Santos Maneiro, alcalde-presidente do Concello de MAZARICOS

111

Page 112: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de ambas as dúas partes

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de MAZARICOS, CIF: P1504600F para o financiamento do SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CORTACÉSPEDE PARA MANTEMENTO CAMPO DE FÚTBOL E ÁREAS VERDES PÚBLICAS E TRACTOR AGRICOLA PARA EXECUCIÓN DE TRABALLOS MUNICIPAIS

II.- ORZAMENTO PARA A ADQUISICIÓN

Segundo o informe de valoración que se achegou polo Concello de MAZARICOS, o orzamento máximo para a adquisición ascende a 75.000 EUROS.

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento de adquisición, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 60.000 euros, o que representa unha porcentaxe de 80%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos ( propios ou alleos) acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade.

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80%, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados da subministración e instalación do ben moble.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/454A/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

112

Page 113: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

5. A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de adquirente, corresponderalle á ENTIDADE BENEFICIARIA o outorgamento do correspondente contrato de subministracións.

2.No procedemento de contratación, a ENTIDADE BENEFICIARIA axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.No contrato e nos anuncios de licitación para a adquisición do ben moble, farase constar o importe do financiamento provincial

2.Adquirido o ben, a ENTIDADE BENEFICIARIA deberá rotular o ben en lugar visible de xeito que se deixe constancia da data de adquisición e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol da ENTIDADE BENEFICIARIA pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación do contrato de subministracións, unha vez que presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación definitiva do contrato de subministracións, na que se fagan constar polo menos os seguintes datos:

persoa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

A ENTIDADE BENEFICIARIA estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o disposto na cláusula V.-2 de publicidade.

Formalizado en documento público o contrato, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificación acreditativa do pago do ben.

113

Page 114: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens da ENTIDADE BENEFICIARIA, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago.

3.O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola ENTIDADE BENEFICIARIA na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a ENTIDADE BENEFICIARIA terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento

VII.- TERMO PARA A ADQUISICIÓN E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.A adquisición do ben que é obxecto de financiamento provincial, tal como se describe na cláusula primeira, deberá estar realizada polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

2.Unha vez realizada a adquisición, a ENTIDADE BENEFICIARIA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da formalización do contrato e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DECIMO TERCEIRA.

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á ENTIDADE BENEFICIARIA para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falla de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicábel ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á ENTIDADE BENEFICIARIA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.A ENTIDADE BENEFICIARIA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

114

Page 115: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.A ENTIDADE BENEFICIARIA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a ENTIDADE BENEFICIARIA poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a ENTIDADE BENEFICIARIA queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio e na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de

115

Page 116: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na adquisición do moble implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4. E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da ENTIDADE BENEFICIARIA serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á ENTIDADE BENEFICIARIA será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2.Para o caso de que o Concello de MELIDE non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio

116

Page 117: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

quedará definitivamente extinguido, de xeito que o concello de MELIDE perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data.

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o da ENTIDADE BENEFICIARIA, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio. Faise constar que o presente convenio foi aprobado polo Pleno da Deputación Provincial da Coruña en sesión celebrada o 21 de decembro do 2012.

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MAZARICOS

Diego Calvo Pouso José Manuel Santos Maneiro”

22.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE FENE PARA FINANCIAR A REPARACIÓN DAS CUBERTAS DOS NICHOS DO CEMITERIO MUNICIPAL, RESULTADO DUN CAMBIO DE OBXECTO DO CONVENIO “RESTAURACIÓN DO EDIFICIO MUNICIPAL PARQUE CASTELAO PARA USOS VARIOS”.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de FENE para financiar a REPARACIÓN DAS CUBERTAS DOS NICHOS DO CEMITERIO

117

Page 118: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

MUNICIPAL, resultado dun cambio de obxecto do convenio “RESTAURACIÓN DE EDIFICIO MUNICIPAL PARQUE CASTELAO PARA USOS VARIOS” cunha achega de 199.881,92 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 99,94%) sobre un orzamento subvencionable de 200.000 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/169A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE FENE PARA O FINANCIAMENTO DA REALIZACION DA OBRA DE REPARACION DAS CUBERTAS DOS NICHOS DO CEMITERIO MUNICIPAL.

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr Gumersindo Galego Feal, alcalde-presidente do Concello de Fene.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de Fene ambas as dúas partesA C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Fene con CIF P-1503600-G, para o financiamento da obra de “reparación das cubertas dos nichos do cemiterio municipal”, tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado por don A. Carlos Ardá Suárez, (ARQUITECTO / ENXEÑEIRO), colexiado Nº 1.554 COAG

2- O Concello de Fene, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. Dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez

118

Page 119: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

rematada e dentro do período de vixencia do convenio, a ENTIDADE BENEFICIARIA, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:___________________________________________________138.898,54GASTOS XERAIS__________________________________________ 18.056,81BENEFICIO INDUSTRIAL____________________________________ 8.333,91IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO_______________________ 34.710,74PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA_______________200.000,00

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE 1. A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 199.881,92 euros, o que representa unha porcentaxe do 99,94%. A contía restante, ata acadar o importe total do orzamento de contrata, está financiado con cargo a recursos ( propios ou alleos) creditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito adecuado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable á entidade..

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 99,94%, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc). Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/169A/76201, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5.A subvención da Deputación é compatíbel coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

119

Page 120: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de Fene o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de Fene axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de Fene tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de Fene estará obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1.Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de Fene pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

i. Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

i. Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

i. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

i. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

ii. Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

120

Page 121: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2. Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

i. Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

ii. Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

iii. Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

iv. Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

v. Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

vi. Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de Fene, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

vii. Deberá acreditar o pago efectivo a os terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3. O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de Fene na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de Fene terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado a os terceiros o importe xustificado do 40% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de Fene deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de Fene para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS.

121

Page 122: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicábel ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de Fene da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de Fene deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinaro de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de Fene destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte ao disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Fene poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de Fene queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de

122

Page 123: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS 1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 se o atraso non excede de tres meses.� Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 .�

3.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 . Se excede dun mes e non chegase a tres,� a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 . E se a extemporaneidade da� xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 .�

4.Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Concello de Fene serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

123

Page 124: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de Fene será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración conservará a súa vixencia dende o día da súa firma ata o día 31 de outubro do presente ano

2.Para o caso de que o Concello de Fene non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 1 de setembro, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o Concello de Fene perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada a dita data

3. Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de Fene, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

124

Page 125: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________

E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FENE

DIEGO CALVO POUSO Gumersindo Galego Feal”

23.-APROBACIÓN DO PREGO DE CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DA VENDA DE MATERIAIS (TERRA, PEDRAS E SIMILARES) NO MONTE COSTA, NO MUNICIPIO DE CULLEREDO, PROPIEDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CON DESTINO ÁS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO AEROPORTO DE ALVEDRO E MODIFICACIÓN DO ACORDO PLENARIO CON DATA DO 24 DE FEBREIRO DE 2012.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar o “PREGO DE CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DA VENDA DE MATERIAIS (TERRA, PEDRAS E SIMILARES) NO MONTE COSTA NO MUNICIPIO DE CULLEREDO, PROPIEDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CON DESTINO ÁS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO AEROPORTO DE ALVEDRO” cun orzamento estimado de 4.000.000.-€+IVE, quedando modificado igualmente o acordo plenario o 24 de febreiro de 2012 nos seus apartados nº 2, nº 3 e nº 4 nos termos do presente prego.

Facultar ao presidente para a execución do presente acordo.

PREGO DE CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DA VENDA DE MATERIAIS (TERRA, PEDRAS E SIMILARES) NO MONTE COSTA, NO MUNICIPIO DE CULLEREDO, PROPIEDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA CON DESTINO ÁS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO AEROPORTO DE ALVEDRO.

1. OBXECTO

O presente Prego ten por obxecto a contratación da venda de materiais (terra, pedra e similares) no Monte Costa (Municipio de Culleredo) propiedade da Deputación da Coruña con destino ás obras de ampliación do aeroporto de Alvedro.

2 - PRESCRICIÓNS TÉCNICAS2.1. Levantamento topográfico.A Deputación, en presenza do adxudicatario, realizará un levantamento

topográfico para reflectir o estado actual dos terreos con carácter previo ao comezo

125

Page 126: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

dos traballos de escavación. Sen o cumprimento deste requisito o adxudicatario non poderá comezar as obras de extracción.

2.2. Proxecto do estado final da explanación e actuacións de rexeneración.O adxudicatario deberá presentar antes do inicio dos traballos un proxecto

onde se determine cal será o estado final da explanación e as actuacións de rexeneración ambiental que levarán a cabo e que debe ser autorizado previamente pola Deputación.

2.3. Utilización dos terreos.A Deputación autorizará ao adxudicatario a utilizar os terreos do Monte Costa

para realizar os traballos de extracción.A Deputación Provincial da Coruña queda eximida de calquera

responsabilidade derivada de circunstancias ou situacións sobrevindas, incluídas as de terceiros sobre os traballos de extracción do material do Monte Costa; mesmo das autorizacións ou dilixencias que no seu caso sexan necesarios realizar ante outros órganos públicos.

2.4. Traballos de extracción.Os traballos de extracción realizaranse utilizando os medios mecánicos e o

persoal adecuado para esta finalidade.2.5. Permisos e licenzasO adxudicatario deberá obter os permisos e licencias oportunas para realizar

as actuacións pertinentes e en especial a normativa referente á escavación mediante voadura.

2.6. Normativa de prevención de riscos e plan de seguridade e saúde.O adxudicatario deberá observar a normativa de prevención de riscos laborais

e o correspondente plan de seguridade e saúde.2.7. Transporte do material.O transporte do material obxecto deste contrato realizarase utilizando o

camiño de carrexo aberto para esta finalidade.2.8. Drenaxe e prevención de desprendementosO adxudicatario garantirá a correcta drenaxe da zona e adoptará as medidas

de seguridade para evitar que se produzan desprendementos.2.9. Colaboración e información.O adxudicatario facilitará toda a colaboración e información aos servizos

técnicos da Deputación para realizar a medición dos materiais extraídos e o seu adecuado control.

2.10. Prohibición de achegar materiais externos ao monte.O adxudicatario non poderá achegar materiais ao monte sen previa

autorización da Deputación.2.11. Rexeneración dos terreos.Finalizados os traballos obxecto de contratación o adxudicatario deberá

realizar a rexeneración dos terreos.2.12. Supervisión dos traballos de extracción.A supervisión dos traballos de extracción realizarao a Deputación a través dos

servizos técnicos provinciais de Vías e Obras.2.13. Paralización das obras en caso de incumprimento.A Deputación a través do Servizo de Vías e Obras poderá ordenar a

paralización dos traballos no suposto de incumprimento das prescricións establecidas no presente prego por parte do adxudicatario.

2.14. Incumprimento ou execución defectuosa.No caso de que o adxudicatario non realice a totalidade dos traballos de

extracción ou transporte de acordo co proxecto dos traballos de explanación e

126

Page 127: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

actuacións de rexeneración ambiental, autorizado previamente pola Deputación, ou que os execute de maneira defectuosa, a Deputación procederá á incautación da garantía definitiva e á esixencia de indemnización por vía de constrinximento á Deputación polos danos e perdas ocasionados.

2.15. Control de vertedurasPara a ampliación da CABECEIRA SUR DO AEROPORTO DA Coruña

empregaranse entre outros, os materiais que se atopan na actualidade amoreados nas proximidades do Monte Costa, situado no Concello de Culleredo, A Coruña.

A natureza e composición dos devanditos materiais é plural e diversa, xa que pertencen a excedentes procedentes de distintas escavacións e obras realizadas no propio Concello e noutros limítrofes.

Esta diversidade dos materiais amoreados e a súa posterior idoneidade para o recheo das instalacións aeroportuarias, fan que sexa necesario realizar labores que permitan garantir o seu control e xestión; lográndose con iso previr situacións como:

• A non interrupción dos traballos unha vez iniciadas as obras.• Un maior control para lograr a idoneidade dos materiais a empregar nos

recheos previstos.• Garantir a xestión interna/externa dos devanditos materiais.

Entre estes labores atópanse: Información cartográfica das áreas de almacenamento afectadas.

Planos topográficos. Escalas: 1/1000 e 1:500Vista aérea (satélite) Google Maps. Fotos aéreas da zona

Utilización de técnicas xeofísicas para a determinación precisa dos volumes amoreados

Caracterización en función dos datos anteriores dos residuos almacenados. Execución de calicatas, sondaxes con recuperación de testemuña e análise das mostras extraídas, realizado por un laboratorio acreditado.

Determinación do residuo e localización dos xestores autorizados en función da súa caracterización.

Control dos labores de desenterramento e entrega a xestor autorizado dos residuos, comprobando que se corresponde cos volumes determinados previamente.

3.- PRAZO DE EXECUCIÓN

O prazo de execución do contrato será de 24 meses contados desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo.

En consecuencia o adxudicatario estará obrigado á realización do obxecto do presente contrato no tempo e lugar fixados no contrato e con estreita suxeición ás estipulacións contidas no presente prego.

A mora do adxudicatario non requirirá a previa intimación pola administración.

4 – ORZAMENTO

O prezo do metro cúbico do material procedente do Monte Costa será de 2 euros máis IVE que se aboará de acordo co establecido na cláusula 15.

127

Page 128: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Estímase inicialmente que o volume de materiais extraídos será de 2.000.000 m3 co que o prezo se estima inicialmente en 4.000.000 euros + IVE.

Non obstante este importe será obxecto de liquidación definitiva en función do volume efectivamente extraído.

5.-FORMA E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN

Tendo o presente a consideración de contrato privado de acordo co establecido no art. 20 TRLCSP a súa preparación e adxudicación rexerase polo disposto nesta lei.

A adxudicación realizarase mediante procedemento negociado tendo en conta o establecido no Plan de avaliación e rexeneración ambiental e á empresa adxudicataria das “obras do contrato de ampliación de pistas no aeroporto de Alvedro”

6.CAPACIDADE PARA CONTRATAR

6.1.- A empresa deberá acreditar a súa plena capacidade de obrar e que non se achen comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o 54 e 60 do Texto refundido da lei de contratos do sector público aprobado por RD Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro (TRLCSP), e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica.

6.2.- Unións de Empresarios:Se varios empresarios acoden á licitación como unha unión temporal, cada un

deles deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando a porcentaxe de cada un deles, así como a designación dun representante ou apoderado único da unión, con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobranzas e pagos de contías significativas.

Para a presentación de ofertas por parte da unión de empresarios non se esixe a formalización da unión en escritura pública. No entanto no caso de resultar adxudicataria, deberá formalizarse a unión de empresarios en escritura pública dentro do prazo máximo de 15 días a contar desde a notificación da adxudicación do contrato.

7.DOCUMENTOS. ORIXINAIS E COPIAS

Os documentos que se acompañen ás proposicións haberán de ser orixinais. No entanto, admitiranse fotocopias dilixenciadas polo secretario ou funcionario en quen delegue, nas que se faga constar que foron compulsadas cos seus orixinais.

8.IDIOMA

Todos os documentos presentados polos licitadores en idiomas distintos do castelán ou do galego, deberán ir acompañados da correspondente tradución a calquera destes idiomas. De non facelo así, teranse como non postos. Consideraranse documentos non corrixibles e non poderán ser obxecto de valoración.

9.DOCUMENTACIÓN QUE SE HA PRESENTAR

1) Deberá presentarse oferta económica de acordo ao modelo do ANEXO I.

128

Page 129: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Así mesmo debe presentarse a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social así como a declaración de non acharse incurso en prohibicións para contratar coa administración.

2) Memoria xustificativa dos traballos de extracción e de rexeneración ambiental a realizar.

10.GARANTÍA DEFINITVA E ADXUDICACIÓN

O licitador debe constituír, con carácter previo á adxudicación, a garantía definitiva por importe de 250.000.-€, por calquera dos medios a que se refire o art. 96 do TRLCSP dentro do prazo de 10 días hábiles a contar desde o requirimento formulado pola Deputación.

A administración poderá rexeitar a admisión de avais e seguros de caución provenientes de entidades, que se atopen en situación de mora fronte á administración contratante como consecuencia da falta de pagamento de obrigacións derivadas da incautación de anteriores avais ou seguros de caución, e que mantiveren impagados os importes correspondentes a avais ou seguros de caución xa executados 30 días naturais despois de recibirse na entidade o primeiro requirimento de pago. Para estes efectos o contratista antes de constituír o aval ou o seguro de caución deberá informar á entidade avalista ou aseguradora do disposto nesta cláusula, sen que poida alegar en consecuencia descoñecemento no caso de que o aval ou seguro for rexeitado pola administración.

11.FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

O contrato formalizarase en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte ao da notificación da adxudicación.

12.LUGAR DE PRESTACIÓN DO SERVIZO

A prestación dos traballos de movemento de terras realizarase no Monte Costa, situado no Municipio de Culleredo, A Coruña

13.CALIDADE DA REALIZACIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO

O adxudicatario deberá realizar o obxecto do presente contrato nas condicións máis óptimas de calidade utilizando os medios persoais e materiais máis adecuados para garantir a súa óptima execución.

A Deputación poderá verificar en calquera momento a correcta execución do contrato, podendo solicitar a documentación que considere oportuna e as inspeccións que considere necesarias.

14.CUMPRIMENTO NORMATIVA LABORAL E DE SEGURIDADE SOCIAL

O adxudicatario deberá cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de prevención de riscos laborais.

15.PAGO

129

Page 130: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

O adxudicatario deberá ingresar á Deputación provincial, mediante transferencia bancaria á conta provincial da entidade Nova Galicia Banco número 2080 0000 71 3110000010, os importes liquidados que resulten nas condicións que se establecen a continuación:

a) Antes do último día hábil de cada mes deberá entregar na Deputación o detalle dos metros cúbicos extraídos, así como o seu importe correspondente ao mes anterior.

Os Servizos Técnicos comprobarán a veracidade dos datos achegados polo adxudicatario e emitirán informe respecto diso conformando a contía do volume extraído ou en caso de discrepancia cuantificando o seu volume.

O Servizo de Patrimonio e Contratación levará a cabo a liquidación resultante de aplicar o prezo ofertado aos metros cúbicos extraídos, segundo o volume conformado polos Servizos Técnicos, e ao produto obtido repercutiráselle a cota do imposto sobre o valor engadido que proceda para obter o prezo final a ingresar. Esta liquidación aprobarase mediante resolución do presidente para finalmente ser notificada fidedignamente ao adxudicatario.

O pago deberá realizalo o adxudicatario dentro dos 30 días naturais seguintes.A demora no pago por parte do adxudicatario das cantidades resultantes

xerarán os xuros de mora e indemnización por custos de cobranza dispostos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade por operacións comerciais, modificada pola Lei 15/2010, do 5 de xullo e o Real decreto-lei 4/2013, do 22 de febreiro.

b) No prazo máximo de 1 mes a contar da recepción das obras, procederase á medición final e á liquidación definitiva que deberá ser ingresada no prazo de 30 días naturais seguintes á súa aprobación e notificación na debida forma.

16.PRÓRROGAS

Se o atraso na realización do obxecto do presente contrato fose producido por motivos non imputables ao contratista e este ofrecese cumprir o seu compromiso se se dá unha prórroga do tempo que se lle sinalou o órgano de Contratación poderá concedela por un prazo que será polo menos igual ao tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor.

17.MODIFICACIÓNS DO CONTRATO

Unha vez perfeccionado o contrato só poderá introducir modificacións por razóns de interese público e de acordo co disposto nos art. 105 a 108 TRLCSP, debendo formalizarse en documento administrativo as ditas modificacións conforme o establecido no art. 156 do TRLCSP.

18.PRAZO DE GARANTÍA

O prazo de garantía será dun ano a contar desde a correcta finalización dos traballos determinado polo informe do Servizo de Vías e Obras. Se durante o devandito prazo se acreditase a existencia de vicios ou defectos na realización do obxecto do presente contrato, terá dereito a administración a reclamar do contratista a emenda ou rectificación que corresponda.

130

Page 131: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Terminado o prazo de garantía sen que a administración formule algún dos reparos ou a denuncia a que se refire o art. 307 do TRLCSP, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón da prestación efectuada.

19.CAUSAS DE RESOLUCIÓN

A resolución do contrato, conforme ao disposto no artigo 20.2 do TRLCSP, rexerase polo artigo 1506 do CC.

A resolución do contrato por causa imputable ao adxudicatario-contratista implicará a indemnización de danos e perdas á Deputación.

20.PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN

Compete ao órgano de Contratación as prerrogativas de interpretar o convido, modificar as prestacións por conveniencia do Servizo e de suspender a súa execución por causa de utilidade pública, indemnizando, no seu caso, os posibles danos e perdas ocasionados nos termos establecidos no titulo V do libro I do Texto refundido da lei de contratos do sector público, segundo dispón o artigo 20.2 in fine da devandita norma.

21. RESPONSABILIDADEO adxudicatario-contratista asume as responsabilidades fronte a terceiros

polos danos e perdas que se lles puidesen irrogar durante a realización dos traballos de desmonte e extracción de materiais, se os devanditos danos están vinculados á execución dos traballos.

A Deputación da Coruña expresamente queda liberada das posibles responsabilidades derivadas da directa execución das obras de desmonte e extracción de materiais do Monte Costa. Calquera acción administrativa ou xudicial que teña a súa orixe na execución dos traballos antes descritos deberá dirixirse contra o adxudicatario-contratista.

Sen prexuízo das facultades de revisión e control que lle competen á Deputación e que se describen neste documento, o adxudicatario-contratista asume o deber de vixiar e velar pola realización dos traballos en condicións de seguridade e con estrito cumprimento das normas sectoriais de medio, de protección da saúde e outras aplicables.

22.RÉXIME XURÍDICO

As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do contrato serán resoltos conforme ao disposto no artigo 21 do T.R.LC.S.P.

A Coruña, 8 de marzo de 2013.O XEFE DE SERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓN

Luís Jaime Rodríguez Fernández

ANEXO 1: modelo de ofertaD/Dª............................................................................................, con NIF......................................., domicilio en............................................................................................................................ e número de teléfono................................................................, actuando en nome propio

131

Page 132: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

(ou en nome e representación de............................................................................................................ CIF/NIF..........................e domicilio en.....................................................................................con número de teléfono............ .............................) Toma parte no procedemento convocado pola Deputación Provincial da Coruña para a contratación da venda de materiais (terra, pedras e similares) no Monte Costa no municipio de Culleredo, propiedade da Deputación da Coruña, con destino ás obras de ampliación do aeroporto de Alvedro. E para estes efectos fai constar:1º- que coñece e acepta o prego de cláusulas polas que se rexe este contrato.2º- que oferta o prezo de .............................. €/m33º Que oferta o seguinte prazo de execución…………………… meses.

En .........................................................a .....................de ................................. de 2013

O licitador (asinado e rubricado).”

24.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA FINANCIAR AS OBRAS DE APARCADOIRO ACCESO AO XARDÍN BOTÁNICO.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Culleredo para financiar as obras incluídas no proxecto de APARCADOIRO ACCESO AO XARDÍN BOTÁNICO cunha achega de 40.000 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 86,77%) sobre un orzamento subvencionable de 46.101,22 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/151B/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE CULLEREDO PARA FINANCIAR A OBRA DE APARCADOIRO ACCESO XARDÍN BOTÁNICO

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr. alcalde-presidente do Concello de CULLEREDO, D. Julio Sacristán de Diego.

Os comparecentes interveñen no uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de CULLEREDO ambas as dúas partes

132

Page 133: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de CULLEREDO con CIF P-1503100-H para o financiamento da obra de APARCADOIRO ACCESO XARDÍN BOTÁNICO, tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado por RICARDO CID REY.

2- O Concello de CULLEREDO, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. Dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de CULLEREDO, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:________________________________________________ 32.016,96 eurosGastos xerais 13,00%_ __________________________________ 4.162,20 eurosBeneficio Industrial 6,00 %_________________________________ 1.921,02 eurosIMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO____________ _______ 8.001,04 eurosPRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA____ ________ 46.101,22 euros

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE.

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 40.000 euros o que representa unha porcentaxe de 86,77%.

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 86,77% da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75

133

Page 134: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao cobro da mesma.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc). Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/151B/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

Para a anualidade corrente existe crédito de abondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírtese ao Concello de CULLEREDO que o compromiso de gasto queda condicionado á efectiva aprobación do orzamento para dito ano e a que existe nel dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de CULLEREDO o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de CULLEREDO axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de CULLEREDO tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

134

Page 135: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de CULLEREDO estará obrigado a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2. Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de CULLEREDO pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo director da obra

2. Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de CULLEREDO, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

135

Page 136: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3.O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de CULLEREDO na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de CULLEREDO terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado a os terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de CULLEREDO deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de CULLEREDO para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicábel ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de CULLEREDO da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de CULLEREDO deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsábel expedida polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

136

Page 137: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de CULLEREDO destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO.

1.Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, O Concello de CULLEREDO poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, ao Concello de CULLEREDO queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de

137

Page 138: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

5.Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación lle serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de CULLEREDO será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2.Para o caso de que o Concello de CULLEREDO non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar

138

Page 139: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o concello de CULLEREDO perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de CULLEREDO, respectivamente.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CULLEREDO

DIEGO CALVO POUSO JULIO SACRISTAN DE DIEGO”

25.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE CESURAS PARA FINANCIAR A ADQUISICIÓN DE PARCELA PARA CONSTRUCIÓN DE GARDERÍA PARA OS CONCELLOS DE CESURAS E OZA DOS RÍOS NO LUGAR DE MANGOÑO, PARROQUIA DE MANDAIO, CESURAS.

139

Page 140: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Cesuras para financiar as obras incluídas no proxecto de obras de adquisición de parcela para construción de gardería para os concellos de Cesuras e Oza dos Ríos no lugar de Mandaio T.M. Cesuras cunha achega de 15.000,00 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 50%) sobre un orzamento subvencionable de 30.000,00 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/321A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE CESURAS PARA O FINANCIAMENTO DA ADQUISICIÓN DE PARCELA PARA CONSTRUCIÓN DE GARDERÍA PARA OS CONCELLOS DE CESURAS E OZA DOS RÍOS NO LUGAR DE MANGOÑO, PARROQUIA DE MANDAIO T.M. CESURAS

A Coruña, de dous mil trece.

D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

E doutra parte o D. Julián Lucas Ramírez, alcalde-presidente do Concello de Cesuras.

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de Cesuras ambas as dúas partes

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACION conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cesuras, NIF P1502600H, para o financiamento da valoración de parcela para construción de gardería paras os Concellos de Cesuras e Oza dos Ríos no lugar de Mangoño, parroquia de Mandaio

II.- ORZAMENTO PARA A ADQUISICIÓN

Segundo o informe de valoración que se achegou polo Concello de Cesuras, o orzamento máximo para a adquisición ascende a 30.000,00 euros en total.

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

140

Page 141: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento de adquisición, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 15.000,00 euros, o que representa unha porcentaxe do 50,00% de financiamento.

2.No caso de que o gasto xustificado non acade o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 50,00 %, da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados da adquisición do ben inmoble e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos notariais, honorarios periciais nin rexistrais.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/321A/76201 no que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito de abondo sobre as que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5. A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na súa condición de adquirente, corresponderalle ao Concello de Cesuras o outorgamento do correspondente contrato de compravenda. Non se poderá contratar a dita adquisición con persoas ou entidades vinculadas ao Concello de Cesuras, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

2.Se o importe da adquisición supera os 18.000,00 euros, con carácter previo á contratación, o Concello de Cesuras deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos propietarios. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1. Na escritura de compravenda que se outorgue para a adquisición do ben inmoble, farase constar o importe do financiamento provincial

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

141

Page 142: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1. Coa posibilidade prevista no disposto na Base 56º das de execución do Orzamento para o ano 2013, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de Cesuras pola contía resultante de aplicar a dita porcentaxe sobre o importe do presuposto subvencionable unha vez que presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación:

§1 Certificación do acordo polo que se aproba a adquisición do ben inmoble, expedida polo órgano competente, acompañada da seguinte documentación:

A) Descrición física e xurídica do ben.B) Identificación do titular o titulares coa cota que lles corresponda a cada un

delesC) Valoración pericial.D) Aceptación dos propietarios do valor que se lles asigneE) Determinación da data para a elevación á escritura pública.

§1 Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

§2 Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

2.- Adquirido o ben, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

§1 Copia da escritura pública de adquisición.§2 Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello

de Cesuras, deixando constancia no asento de inscrición da afectación do ben á finalidade para a que foi concedida polo menos por un prazo de dez anos.

§3 Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

§4 Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade. Designación de conta bancaria no modelo aprobado pola Deputación provincial e debidamente certificado pola entidade financeira.

§5 Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable (40%).

§6 Deberá acreditar ter aboado a os terceiros o importe xustificado no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago.

VII.- TERMO PARA A ADQUISICIÓN E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.A adquisición do ben que é obxecto de financiamento provincial, tal como se describe na cláusula primeira, deberá estar realizada polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia que se estableza no correspondente convenio.

2.Unha vez realizada a adquisición, o Concello de Cesuras deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia que se estableza no correspondente convenio.

142

Page 143: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de Cesuras para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de Cesuras da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4.O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de Cesuras na documentación subministrada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que cobrase o importe que lle corresponda, o Concello de Cesuras terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de Cesuras deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de Cesuras destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Cesuras poderá ser escolleito pola

143

Page 144: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Concello de Cesuras queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na adquisición do inmoble implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 se o atraso non excede de tres� meses. Se o atraso na adquisición excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 .�

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 . Se excede dun mes e non chegase a tres,� a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 . E se a extemporaneidade da xustificación� excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 . �

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación do Concello de Cesuras serán remitidas á Intervención xeral do Estado,

144

Page 145: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de Cesuras será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio producirá efectos desde a súa sinatura, sen que en ningún caso sexan subvencionables os gastos devengados con anterioridade á dita data e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013

3.Para o caso de que o Concello de Cesuras non poida ter adquirido o inmoble e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando unha solicitude motivada, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de outubro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito o perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada na dita data

4.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente protocolo ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de Cesuras, respectivamente.

145

Page 146: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

XV.- FORMALIZACIÓN DO CONVENIO

Faise constar que o presente convenio foi aprobado por acordo plenario doE en proba de conformidade asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE CESURAS

DIEGO CALVO POUSO JULIAN LUCAS RAMIREZ”

26.- APROBACIÓN DE FORMALIZACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE ROIS PARA FINANCIAR A OBRA DE CONSTRUCIÓN DE BANCADAS NO CAMPO DE FÚTBOL A BRAÑA.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aprobar a formalización dun convenio de colaboración co Concello de Rois para financiar as obras incluídas no proxecto de CONSTRUCIÓN DE BANCADAS NO CAMPO DE FÚTBOL A BRAÑA cunha achega de 58.098 euros (que supón unha porcentaxe de financiamento do 80%) sobre un orzamento subvencionable de 72.623,20 euros, que poderán aboarse con cargo á aplicación 0202/342A/76201.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E O CONCELLO DE ROIS PARA FINANCIAR A OBRA DE CONSTRUCIÓN DE BANCADAS NO CAMPO DE FÚTBOL A BRAÑA

A Coruña, na sede da Deputación Provincial da Coruña

Reunidos

Dunha parte o Excmo. Sr. presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Diego Calvo Pouso

E doutra parte o Sr alcalde-presidente do Concello de ROIS, D. Ramón Tojo Lens

Os comparecentes interveñen en uso das facultades que, por razón dos seus cargos, lles están atribuídas

M A N I F E S T A N

146

Page 147: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Dado o interese coincidente da Deputación e do Concello de ROIS ambas as dúas partes

A C O R D AN

Formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN conforme ás seguintes cláusulas:

I.- OBXECTO

1- O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de ROIS con CIF P1507500E para o financiamento da obra de CONSTRUCIÓN DE BANCADAS NO CAMPO DE FÚTBOL A BRAÑA, tal como aparece definida esta no proxecto técnico de execución redactado por GILBERTO RODRIGUEZ RODRIGUEZ

2- O Concello de ROIS, na súa condición de promotora da obra, achega ao expediente un exemplar do proxecto, no que consta a súa aprobación polo órgano competente, así como a certificación de que conta con todas as autorizacións administrativas preceptivas e coa dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. Dito proxecto foi supervisado polos Servizos Técnicos da Deputación e conta con informe favorable.

3- A obra está perfectamente definida nos planos de conxunto e de detalle e en todos os documentos que incorpora o proxecto, tal e como esixe o artigo 123 do Texto refundido da lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento, coa manifestación expresa de obra completa realizada polo seu redactor ou fase susceptible de utilización ou aproveitamento separado. Xa que logo, unha vez rematada e dentro do período de vixencia do convenio, o Concello de ROIS, comprométese a destinala a uso público para o que está prevista.

II.- ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS

O presuposto total da execución de contrata da obra, segundo o proxecto técnico ao que se fai referencia na cláusula anterior, se detalla do seguinte xeito:P. E.M:________________________________________________ 50.436,27 eurosGastos xerais 13,00%___________________________________ 6.556,72 eurosBeneficio Industrial 6,00 %________________________________ 3.026,18 eurosIMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO___________________ 12.604,03 eurosPRESUPOSTO DE EXECUCIÓN POR CONTRATA________ ___72.623,20 euros

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1.A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras, tal como se define na cláusula anterior, cunha achega máxima de 58.098 euros o que representa unha porcentaxe de 80%.

147

Page 148: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

2.No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80% da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

3.A Deputación provincial financiará exclusivamente os gastos derivados do contrato de execución das obras e, xa que logo, non serán subvencionables os gastos de redacción de proxectos, tributos devengados pola obtención de licencias, honorarios por dirección das obras, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, etc). Tampouco se financiarán os incrementos de gasto derivados de modificados, reformados ou liquidacións da obra.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0202/342A/762.01, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

Para a anualidade corrente existe crédito de abondo polo importe indicado, tal como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírteselle ao Concello de ROIS de que o compromiso de gasto queda condicionado á efectiva aprobación do orzamento para dito ano e a que existe nel dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

6.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Na condición de promotor, corresponderalle ao Concello de ROIS o outorgamento do contrato de execución das obras descritas no proxecto ao que fai referencia a cláusula primeira.

2.No procedemento de contratación, o Concello de ROIS axustarase toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

3.- Deberá utilizar os pregos-tipo de contratación da Deputación e non poderán recoller o concepto de “melloras”.

4.- No caso de que o Concello de ROIS tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado, achegando co mesmo os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo

148

Page 149: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Durante a execución das obras e ata o seu remate e recepción, o Concello de ROIS estará obrigada a colocar un cartel que sexa visible polo menos a unha distancia de 25 metros no que, sen prexuízo doutras indicacións, figure o anagrama da Deputación e o importe da subvención concedida.

2.Rematada a obra, deberase colocar unha placa en lugar visible na que se deixe constancia da data de inauguración da obra e do financiamento provincial. O texto estará redactado en galego.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

1. Coa posibilidade prevista na Base 56ª das de execución do Orzamento para o ano 2012, ata o 40 por cento da achega da Deputación ten carácter prepagable, de xeito que se procederá a expedir un primeiro pagamento a prol do Concello de ROIS pola contía resultante de aplicar dita porcentaxe sobre o importe de adxudicación da obra, unha vez que se achegue ao expediente a seguinte documentación:

Certificación do acordo de adxudicación do contrato de obras, na que figuren polo menos os seguintes datos: empresa adxudicataria, importe do contrato e prazo de execución

Acta de comprobación de replanteo da obra, asinada polo seu director, polo contratista e polo funcionario técnico designado pola Deputación

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación da colocación do cartel informativo ao que se refire a cláusula QUINTA, mediante remisión de fotografía debidamente dilixenciada polo Director da Obra

2. Rematada completamente a obra, procederase ao aboamento do 60 por cento restante, unha vez que se presente ou conste na Deputación provincial a seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):

Certificacións, acta de recepción e fotografía da obra realizada, que debe ser dilixenciada polo técnico-director. Ao acto de recepción da obra deberá acudir un técnico designado pola Deputación, quen asinará tamén a correspondente acta

Certificación do acordo de aprobación das certificacións de obra e do recoñecemento da obriga, expedida polo órgano competente.

Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o disposto na cláusula OITAVA.

Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na cláusula QUINTA (mediante a presentación de fotografías dilixenciadas no reverso).

Certificación do acordo da incorporación do ben ao inventario de bens do Concello de ROIS, facendo constar nos correspondentes asentos que o ben

149

Page 150: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

queda afectado á finalidade pública para a que foi concedida a subvención polo menos durante un prazo de cinco anos.

Deberá acreditar o pago efectivo aos terceiros do importe aboado co primeiro pago prepagable

3.O aboamento da contía restante da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada polo Concello de ROIS na documentación aportada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, o Concello de ROIS terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

4.Deberá acreditar ter aboado aos terceiros o importe xustificado do 60% no prazo máximo dun mes dende a recepción dos fondos que constitúen o segundo pago

VII.- TERMO PARA O REMATE DAS OBRAS E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As obras que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas no proxecto técnico indicado na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

2.Unha vez rematadas as obras, o Concello de ROIS deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao Concello de ROIS para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvencións e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicábel ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao Concello de ROIS da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.O Concello de ROIS deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida polo órgano competente, mediante a presentación

150

Page 151: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3.A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.O Concello de ROIS destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2.Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO.

1.Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, O Concello de ROIS poderá ser escolleito pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.

2.Asemade, de acordo co disposto na lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, ao Concello de ROIS queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o disposto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contable que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de

151

Page 152: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das obras implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das obras actividade excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chega a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

5.Se o atraso se produce no pago ao adxudicatario ou terceiros que realizaron o obxecto do convenio, liquidarase o xuro legal do diñeiro polo período que medie entre o prazo indicado na cláusula VI.3 e a data do pago efectivo ao terceiro.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA.

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención ao Concello de ROIS será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4.Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración producirá efectos desde a data da súa sinatura e conservará a súa vixencia ata o día 11 de novembro de 2013.

2.Para o caso de que o Concello de ROIS non poida ter rematadas as obras e presentada a xustificación antes do día 11 de setembro de 2013, deberá solicitar antes desta data, a prórroga do prazo inicial, achegando coa solicitude un novo programa de traballo asinado polo director de obra, co fin de que a Deputación poida acreditar a existencia de crédito adecuado e suficiente para o pago do segundo prazo

152

Page 153: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

pola contía do 60 % do importe correctamente xustificado. Acreditada esta circunstancia, a Deputación poderá conceder a prórroga solicitada, que en ningún caso poderá exceder do 31 de novembro do ano seguinte. A esta data, o convenio quedará definitivamente extinguido, de xeito que o concello de ROIS perderá o dereito ao cobro do importe correspondente á contía non xustificada a dita data

3.Tamén, por acordo expreso de ambas as dúas partes e previos os informes da Unidade Xestora, do servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación, o convenio poderá ser obxecto de modificación. En ningún caso, se poderá modificar o convenio variando substancialmente o obxecto da subvención concedida e prevista nominativamente por acordo plenario.

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o do Concello de ROIS, respectivamente.

3. Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

4. Faise constar que o presente convenio foi aprobado por ___________________de data ___________________E en proba de conformidade, asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ROIS

DIEGO CALVO POUSO RAMON TOJO LENS”

27.-APROBACIÓN DO CONVENIO COA ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS PARA FINANCIAR O “ACONDICIONAMENTO E EQUIPAMENTO NO LOCAL DE FORMACIÓN DA ASOCIACIÓN”.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

153

Page 154: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

“1.- Aprobar o texto do convenio a subscribir entre a Deputación Provincial da Coruña e a ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS, CIF G15326820, para financiar o “Acondicionamento e equipamento no local de formación”.

2.- A achega provincial prevista no convenio ascende a un total de 30.000,00 euros, cunha porcentaxe de financiamento do 78,95 %.

A achega poderá facerse efectiva, de acordo coas previsións e requisitos fixados no convenio con cargo á partida orzamentaria 0305/323A/781.

3.- O texto íntegro do convenio é o seguinte:CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E A ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS PARA FINANCIAR O PROXECTO DE “ACONDICIONAMENTO E EQUIPAMENTO NO LOCAL DE FORMACIÓN. ”

Dunha parte o Excmo. Señor D. Diego Calvo Pouso como presidente da Deputación Provincial de A Coruña.

Doutra parte D. José Carlos Rodríguez Muñiz, en representación da entidade Asociación Boirense de Empresarios.

EXPOÑEN

1.- Que a Deputación provincial da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios consideran de gran interese o obxectivo de financiar de maneira conxunta o proxecto que se incorpora ao presente convenio.

2.- Que, dado o interese coincidente da Deputación da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios, as dúas partes acordan subscribir un convenio conforme ás seguintes

CLÁUSULASI.- OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación da Coruña e a entidade Asociación Boirense de Empresarios, CIF G15326820, para o financiamento do "Acondicionamento e equipamento no local de formación".

II.- ORZAMENTO DE GASTOS DO INVESTIMENTO A REALIZAR POLA ENTIDADE BENEFICIARIA

A entidade Asociación Boirense de Empresarios, levará a cabo os investimentos programados, segundo se definen na cláusula anterior, consonte co seguinte orzamento:

Estante, mesas e mobles auxiliares 7.800,00Tarima flotante biselada e tarima elevada 5.000,00cadeiras amontonables 7.500,00Revestimentos, estores e papel vinílico de alta resistencia 2.700,00Instalación e montaxe de sistema de calefacción 5.000,00

154

Page 155: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Equipos de vídeo e audio 7.900,00Traballos de instalación e montaxe 2.100,00

TOTAL PROXECTO 38.000,00

III.- FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE OBTEÑAN OU ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADE

1.A Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 30.000,00 €, o que representa unha porcentaxe do 78,95 % para o orzamento do ano 2012 . No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará os importes que representen o 78,95 % da cantidade efectivamente xustificada.

2.A contía restante, ata acadar o importe total do presuposto da actividade, está financiado con cargo a recursos propios ou alleos, acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito axeitado e suficiente para imputar a totalidade do gasto imputable a entidade

3.Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 por cento do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.

4.O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0305/323A/781. na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.

5.A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.

56.No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.

IV.- CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN

1.Corresponderalle á entidade Asociación Boirense de Empresarios o outorgamento dos contratos de subministración, servizos e asistencia para a completa realización da actividade programada. Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas ou entidades vinculadas á Asociación Boirense de Empresarios, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

2.Se o importe dalgunha das prestacións supera os 18.000 euros, con carácter previo á contratación, a Entidade Asociación Boirense de Empresarios deberá solicitar polo menos tres orzamentos a distintos provedores. Entre as ofertas recibidas, deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo

155

Page 156: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa economicamente.

No caso de que A ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do proxecto modificado achegando con el os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo.

V.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL

1.Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa nos medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

2. Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da Entidade Asociación Boirense de Empresarios.

VI.- A XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL

A achega da Deputación seralle aboada á Asociación Boirense de Empresarios unha vez que se presente a seguinte documentación:

• Memoria de actuación, subscrita polo representante legal da Asociación Boirense de Empresarios, xustificativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, coa indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

• Relación clasificada dos pagos realizados desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012, no que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago. Tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula SEGUNDA. Con esta relación achegaranse os orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais xustificantes de gasto. No caso de que se presenten copias compulsadas, con carácter previo á compulsa deberá estenderse unha dilixencia sobre o orixinal na que se deixe constancia de que foi presentada como xustificante de gasto para o cobro dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña.

• Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.

• Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula OITAVA.

• Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.

• Certificación da conta bancaria, segundo o modelo aprobado pola Deputación.• Proba do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula QUINTA, mediante a

achega de documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.

156

Page 157: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

VII. TERMO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

1.As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula PRIMEIRA, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente CONVENIO establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

2.Unha vez rematadas as actividades, a entidade deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula SEXTA no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do CONVENIO establecido na cláusula DÉCIMO TERCEIRA.

3.De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á entidade para que a presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste CONVENIO DE COLABORACIÓN e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a entidade da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

4. O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada pola entidade Asociación Boirense de Empresarios na documentación achegada. E se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a entidade terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo de xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.

VIII.- CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN

1.A entidade Asociación Boirense de Empresarios deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste CONVENIO, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.

2.A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante a declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación a que obteña telematicamente os correspondentes certificados.

3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarao de oficio esta.

157

Page 158: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IX.- DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS

1.A entidade Asociación Boirense de Empresarios destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

2. Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00€, nos que non resulte posible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.

3. Sen prexuízo dos libros e rexistros contables que as normas xerais ou sectoriais lle poidan impor, a entidade Asociación Boirense de Empresarios deberá contar polo menos cun rexistro cronolóxico de cobros e pagamentos nos que se inclúan, entre outros, os relativos aos gastos xustificados e aos ingresos declarados con respecto a esta subvención.

X.- CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO

1.Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a entidade Asociación Boirense de Empresarios, poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente CONVENIO de colaboración.

2. Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a entidade queda sometido aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.

XI.- REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente CONVENIO de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.

2.Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de

158

Page 159: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.

3.De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das actividades implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das actividades excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €.

4.-E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chegase a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grado máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.

XII.- INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

1.No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.

2.Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.Segundo o disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web dicoruna.es

4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.

XIII.- VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN

1.O presente convenio de colaboración terá carácter retroactivo para os efectos de imputación dos gastos e abranguerá os devengados dende o día 1 de xaneiro do 2012, sen que en ningún caso sexan subvencionables os gastos devengados con anterioridade á dita data e conservará a súa vixencia ata o día 31 de outubro do ano 2013.

2.Tamén por acordo expreso de ambas as dúas partes e por causa debidamente xustificada, e previos os mesmos informes indicados no apartado anterior, o convenio poderá ser obxecto de modificación.

159

Page 160: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

XIV.- NATUREZA, INTERPRETACIÓN, MODIFICACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

1.O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.

2.A interpretación das dúbidas e lagoas que poidan xurdir na aplicación do presente convenio corresponderalle ao presidente da Deputación, previos os informes preceptivos da Unidade Xestora, da Secretaría e da Intervención provincial.

3.Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias disposta na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

“E, en proba da súa conformidade, as partes comparecentes asinan o presente convenio en exemplar cuadriplicado, no lugar e data indicados no encabezamento”.Faise constar que o presente convenio foi aprobado por acordo plenario de data

E, en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan en exemplar cuadriplicado o presente convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O representante da ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS

Diego Calvo Pouso José Carlos Rodríguez Muñiz”

28.-APROBACIÓN DA 2ª FASE DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (POS) 2013.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Vistas as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión celebrada o 26 de outubro de 2012, publicadas no BOP nº 207 do 30 de outubro de 2012, e modificadas mediante acordo plenario do 21 de decembro de 2012 e publicadas no BOP nº 248 do 31 de decembro de 2012

Vistos os proxectos e demais documentación que están correctos e completos relativos á anualidade 2013 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal que foron presentados polos respectivos concellos no marco da circular de asignación de fondos que lles foi remitida en outubro de 2012

1.- Aprobar a 2ª fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) do ano 2013, cuxo resumo de cifras globais dos dous

160

Page 161: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

apartados en que se estrutura é o que se indica a continuación, e cuxa relación de actuacións figura no anexo I (POS - obras de investimento) e Anexo II (POS - gastos correntes) a este acordo.

POS 2013 - 2ª fase (14 concellos)DETALLE DE FINANCIAMENTO

SECCIÓN PARTIDA DEP.-F. P. CONCELLO TOTALPOS- gastos

correntes0501 / 459A/

46201868.118,51 0,00 868.118,51

POS- obras de

investimento

0501 / 459A / 76201

3.139.148,42 230.944,20 3.370.092,62

TOTAIS 4.007.266,93 230.944,20 4.238.211,13

2.- Aprobar os proxectos das obras incluídas no apartado POS - obras de investimento. No entanto, a aprobación definitiva das obras que no anexo I teñen indicada unha condición suspensiva, queda condicionada ao seu cumprimento, segundo se detalla no citado anexo I.

3.- Aprobar o Plan complementario ao apartado POS - obras de investimento, no que se inclúen as obras que se detallan no anexo III a este acordo. Estas obras teñen carácter de supletorias e financiaranse con cargo aos remanentes que se puidesen xerar por anulacións de proxectos ou baixas de licitación, así como polos suplementos de crédito que se poidan aprobar, de forma que a súa aprobación definitiva queda condicionada a que efectivamente se produzan os devanditos remanentes.

Aprobar, así mesmo, os proxectos das obras incluídas no Plan complementario. No entanto, a aprobación definitiva das obras que no anexo III teñen indicada unha condición suspensiva, queda condicionada ao seu cumprimento, segundo se detalla no citado anexo III.

4.- A contratación das obras incluídas no apartado POS - obras de investimento realizarana os respectivos concellos, de acordo coas instrucións que figuran nas bases reguladoras deste plan.

5.- Dispor o pago, con carácter de prepagable, aos concellos que optaron por destinar unha parte da cantidade asignada no POS 2013 ao financiamento dos seus gastos correntes previstos para o exercicio 2013, cuxa relación e importe a transferir figura no anexo II a este acordo.

O devandito pago realizarase con cargo á partida 0501/459A/46201, de acordo cos datos contables que figuran no informe de Intervención a este expediente.

6.- Dispor a exposición pública mediante a publicación dun anuncio no BOP para os efectos de que durante o prazo de 10 días poidan presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

161

Page 162: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

7.- Remitir o expediente á Xunta de Galicia e á Comisión Galega de Cooperación Local para os efectos da coordinación prevista na Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

8.- Unha vez transcorrido o indicado prazo de 10 días de exposición pública e remisión a informe, sen que se presentasen reclamacións ou alegacións, poderán proseguir as actuacións.”

162

Page 163: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

POS - 2013- 2ª fase

Expediente de aprobación da 2ª fase do Plan provincial de cooperaciónás obras e servizos de competencia municipal (POS - 2013)

Anexo I: Obras do POS - obras de investimento 2013

Concello Código de obra Denominación DEPUTACIÓN CONCELLO TOTAL CONDICIÓN

AMES 13. 2100. 0189. 0 Mellora cmño. Bertamiráns-Barreira-Ponte L. e ou.

74.877,98 0,00 74.877,98 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobaciónAcreditación obtención autorización Direc. Xeral de Patrimonio

13. 2100. 0190. 0 Mellora cmño. cruce Insua-Novais-Gasamáns e ou.

42.156,40 0,00 42.156,40 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobación

13. 2100. 0191. 0 Mellora capa rodaxe Capeáns,Igrexa Cobas e ou.

71.395,49 0,00 71.395,49 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobaciónAcreditación obtención autorización Direc. Xeral de Patrimonio

13. 2100. 0192. 0 Acond. para aparcadoiro anexo centro form. ocup.

92.978,29 0,00 92.978,29 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobación

13. 2100. 0193. 0 Reforma vestiarios pavillón polidep. Bertamiráns

59.363,87 0,00 59.363,87 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobación

TOTAL 340.772,03 0,00 340.772,03

BETANZOS 13. 2100. 0194. 0 Paviment. rúas S. Francisco,Pescaderia e Torre

30.015,19 0,00 30.015,19

13. 2100. 0195. 0 Acondic. tramo Rúa Rollo para seguridade vial

35.134,25 0,00 35.134,25 Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de Patrimonio

13. 2100. 0196. 0 Pavimentación e servizos Rúa Ánxeles 114.947,41 0,00 114.947,4113. 2100. 0197. 0 Conservación e restauración lavadoiro

público59.999,63 0,00 59.999,63 Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de

PatrimonioAcreditación obtención autorización de Augas de GaliciaAcreditación obtención autorización da Axencia Galega Infraestruturas

TOTAL 240.096,48 0,00 240.096,48

163

Page 164: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

CERCEDA 13. 2100. 0198. 0 Camiño Baixa de Rodis-Sucadio e outros

52.345,59 2.755,04 55.100,63 Acreditación obtención autorización de Augas de GaliciaAcreditación obtención autorización da Axencia Galega Infraestruturas

13. 2100. 0199. 0 Camiño de Viris a Tourio e outros 45.656,84 2.403,00 48.059,84 Acreditación obtención autorización de Augas de GaliciaAcreditación obtención autorización de ADIF

13. 2100. 0200. 0 Camiño de estrada xeral a Seoane 46.992,91 2.473,32 49.466,23 Acreditación obtención autorización de ADIF

13. 2100. 0201. 0 Acceso a centro de saúde de Cerceda 41.074,16 2.161,80 43.235,96 Acreditación obtención autorización de Augas de Galicia

TOTAL 186.069,50 9.793,16 195.862,66

CULLEREDO 13. 2100. 0202. 0 Pluviais e pavimentación Rúa Estreita 148.446,61 9.443,05 157.889,6613. 2100. 0203. 0 Renov. rede auga Rumbo, rúa

Liñares, O Cubo e ou.102.126,24 6.496,49 108.622,73

13. 2100. 0204. 0 Pav. e saneam. en Peiro de Arriba,Morteiral e ou.

64.679,76 4.114,43 68.794,19

13. 2100. 0205. 0 Reforma iluminación interior dependencias mpais.

54.747,39 3.482,61 58.230,00

TOTAL 370.000,00 23.536,58 393.536,58

FERROL 13. 2100. 0206. 0 Aglomerado estrada O Pico-Leixa-O Seixo

55.926,53 18.129,62 74.056,15

13. 2100. 0207. 0 Rep.cubertas Recimil,Estrada Castela nº 12,14,16

150.518,67 48.793,41 199.312,08

13. 2100. 0208. 0 Aglomerado rúa Fernando Fernández Bastida

60.025,37 19.458,33 79.483,70

TOTAL 266.470,57 86.381,36 352.851,93

MELIDE 13. 2100. 0209. 0 Ampliación velatorio municipal 63.363,52 3.334,92 66.698,4413. 2100. 0210. 0 Soterramento colectores Praza das

Coles29.797,54 1.568,29 31.365,83

13. 2100. 0211. 0 Reparación da Pista Orois - Baltar 108.796,76 1.203,24 110.000,00TOTAL 201.957,82 6.106,45 208.064,27

MONFERO 13. 2100. 0212. 0 Mellora cmños. en Alto Xestoso, Val Xestoso e out.

133.985,87 7.051,89 141.037,76

TOTAL 133.985,87 7.051,89 141.037,76

MUGARDOS 13. 2100. 0213. 0 Mellora abastec. e saneamento nas Escadas

97.696,63 5.141,96 102.838,59

164

Page 165: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

13. 2100. 0214. 0 Mellora nos depósitos de Monte Pandoira 2ª fase

49.700,67 2.615,85 52.316,52

TOTAL 147.397,30 7.757,81 155.155,11

NEDA 13. 2100. 0215. 0 Paviment. cmños. Viladonelle,Cruz do Pouso e ou.

55.577,30 4.422,70 60.000,00

TOTAL 55.577,30 4.422,70 60.000,00

OROSO 13. 2100. 0216. 0 Viais e instal. rede pluvias na Penela e O Cruceiro

44.166,29 9.075,96 53.242,25

13. 2100. 0217. 0 Instalación de saneamento na Igrexa 96.705,40 19.872,49 116.577,8913. 2100. 0218. 0 Adecent. capa rodadura en Pasarelos

e A Igrexa31.593,94 6.492,40 38.086,34

13. 2100. 0219. 0 Alumeado público rúa Maria Casares (Gándara)

31.283,79 6.428,67 37.712,46

13. 2100. 0220. 0 Abast. auga de O Cachopal a Cas e Casas Novas

35.118,22 7.216,62 42.334,84

TOTAL 238.867,64 49.086,14 287.953,78

PADRÓN 13. 2100. 0221. 0 Saneamento Muiños-Tarrio (Escravitude) e ou.

66.151,11 0,00 66.151,11 Acreditación obtención autorización de Augas de GaliciaAcreditación obtención autorización do Ministerio de FomentoAcreditación obtención autorización Direc. Xeral de PatrimonioAcreditación obtención autorización da Axencia Galega Infraestruturas

13. 2100. 0222. 0 Mell. saneam. e bombeo Extramundi de Abaixo

34.220,32 0,00 34.220,32 Acreditación obtención autorización de Augas de GaliciaAcreditación da obtención do informe favorable de supervisión técnica

TOTAL 100.371,43 0,00 100.371,43

PONTEDEUME

13. 2100. 0223. 0 Remodelación xardín pub. Alameda de Raxoi

61.919,21 3.258,91 65.178,12

13. 2100. 0224. 0 Mellora saneamento entorno lonxas de Raxoi

36.315,37 1.911,34 38.226,71

13. 2100. 0225. 0 Camiño Esteiro e outros na prrq. Nogueirosa

30.316,16 1.595,59 31.911,75 Acreditación obtención autorización de Augas de Galicia

13. 2100. 0226. 0 Pavimentación en Olmos 31.049,00 1.634,16 32.683,1613. 2100. 0227. 0 Cmño. Castrelo-San Bollo e ou.

(Centroña-Boebre)37.194,27 1.957,59 39.151,86 Acreditación obtención autorización de Augas de

GaliciaAcreditación obtención autorización de ADIF

Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de

165

Page 166: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Patrimonio

TOTAL 196.794,01 10.357,59 207.151,60

AS PONTES DE G.

13. 2100. 0228. 0 Mellora servizos e pav. no Poboado da Fraga 2-F

118.738,55 6.250,08 124.988,63

13. 2100. 0229. 0 Paviment.viais Roidiz, A Faeira, A Cruz e out.

130.337,82 6.860,63 137.198,45

13. 2100. 0230. 0 Mellora paviment. e alumeado r/Ramón Cabanillas

61.656,29 3.245,42 64.901,71

13. 2100. 0231. 0 Portal de entrada ao Lago das Pontes 138.720,39 7.301,87 146.022,2613. 2100. 0232. 0 Aglomerado na Rega e Pena de

Francia 1ª-F e ou.53.051,90 2.792,52 55.844,42

TOTAL 502.504,95 26.450,52 528.955,47

VALDOVIÑO 13. 2100. 0233. 0 Acond. escuelas unitarias de Taraza e Villarrube

87.272,35 0,00 87.272,35 Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de PatrimonioAcreditación obtención autorización Deputación

13. 2100. 0234. 0 Acond. escuelas unitarias de Sequeiro e Vilaboa

71.011,17 0,00 71.011,17 Acreditación obtención autorización da Axencia Galega Infraestruturas

TOTAL 158.283,52 0,00 158.283,52

TOTAL 2ª FASE 3.139.148,42 230.944,20 3.370.092,62

NÚMERO DE CONCELLOS

14

NÚMERO DE OBRAS

46

166

Page 167: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

POS - 2013 -2ª FASE

Expediente de aprobación da 2ª fase do Plan provincial de cooperación

ás obras e servizos de competencia municipal (POS - 2013)

ANEXO II -Gastos correntes

SUBVENCIÓN APLICADAAYUNTAMIENTO

AMES 153.789,89 CERCEDA 62.215,78 CULLEREDO 105.312,89 MELIDE 134.638,54 MONFERO 140.082,00NEDA 83.365,95PADRÓN 111.862,34 VALDOVIÑO 76.851,12

TOTAL 868.118,51

POS - 2013 -2ª FASE

Expediente de aprobación da 2ª fase do Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013

Anexo III:

Concello Denominación PRESUPOSTO CONDICIÓN

AMES Sanemento en Susavila de Carballo

92.889,93 Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de PatrimonioAcreditación da ratificación plenario do acordo de aprobación

Reparación parques infantís Agro do Muiño e ou.

70.082,74 Acreditación da ratificación plenario do acordo de aprobación

BETANZOS Paviment.cmños S.Esteban de Piadela e out.

53.907,52 Acreditación obtención autorización Direc. Xeral de Patrimonio

CERCEDA Camiño de cruce Seoane a cruce Regueira

30.526,26

CULLEREDO Arranxo na Praza de Sta. Genma 40.973,79

MELIDE Reparación Rúa Avda. da Habana e outras

32.461,96

MONFERO Aglomerado cmño. de Campo a estrada Casal-Miño

36.942,07

MUGARDOS Pavimentación Rúa Castelado e Rúa Alta 2ª fase

42.343,30

OROSO Adecent. viais na Altiboa, O Castro de Recouso e ou.

135.738,57

PADRÓN Paviment. e acondicionamento pista lugar de Lamas

33.830,56 Acreditación obtención autorización Augas de GaliciaAcreditación obtención autorización Axencia galega infra.

PONTEDEUME Pav. cmñ. cruce Vilamoide a Regueira (Ombre) e ou.

40.385,01 Acreditación obtención autorización Augas de Galicia

167

Page 168: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Acreditación obtención autorización Cons. Medio Ambiente

AS PONTES DE G.

Mellora de pav. e alumeado Poboado Barreiro 2ª f.

86.328,89

TOTAL PLAN COMPLEMENTARIO 2ª FASE

696.410,60

NÚMERO DE AYUNTAMIENTOS 11

NÚMERO DE OBRAS 12

29.-DAR CONTA DAS LIQUIDACIÓNS DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA CORUÑA, CORRESPONDENTES AOS EXERCICIOS 2011 E 2012.

Tomar coñecemento das liquidacións dos Orzamentos dos exercicios 2011 e 2012 do Consorcio provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña

30.-ACEPTACIÓN DA AMPLIACIÓN DE COMPETENCIAS EN MATERIA TRIBUTARIA DO CONCELLO DE CARRAL, NA XESTIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN VOLUNTARIA E EXECUTIVA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTOS ESPECIAIS CONSTITUÍDOS NO SOLO, SUBSOLO E VOO DAS VÍAS PÚBLICAS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN DE INTERESE XERAL.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Carral en relación coa seguinte materia: Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización

privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo de vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións e interese xeral. A xestión que pode ser obxecto de delegación, tanto pode afectar ao suposto xeral do artigo 24 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos dende o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da Provincia conforme co establecido no artigo 7 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo”.

31.-CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E A UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O COFINANCIAMENTO DO MÁSTER EN ESTUDOS SOBRE A UNIÓN EUROPEA DURANTE O ANO ACADÉMICO 2012-2013.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“1º.- Aprobar o seguinte convenio:

168

Page 169: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA E A UNIVERSIDADE DA CORUÑA, PARA O COFINANCIAMENTO DO MÁSTER EN ESTUDOS SOBRE A UNIÓN EUROPEA DURANTE O ANO ACADÉMICO 2012-2013

A Coruña, ........................ de ................... do dous mil trece

REUNIDOSDunha parte, D. Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación Provincial da CoruñaDoutra, D. Xosé Luis Armesto Barbeito, reitor magnifico da Universidade da Coruña (CIF Q6550005J).Os dous actúan para e por conta das entidades que representan, no exercicio das funcións e poderes que legalmente posúen e mutuamente se recoñecen,

EXPOÑENO Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” (CIF Q6550005J), da Universidade da Coruña (IUEE, en adiante), ten como obxectivo favorecer a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica sobre os aspectos máis útiles da realidade internacional e europea, así como o ensino dos estudos internacionais e europeos, en particular os relativos á Unión Europea.Este centro docente e investigador obtivo da Unión Europea o recoñecemento de Centro de excelencia Jean Monnet “Institución e Dereito da UE” (número de referencia 2008-3191). Os Centros de excelencia artellan a realización de actividades docentes e de difusión científica e social de temas da Unión Europea, sendo un trazo distintivo da súa maneira de actuar a apertura a outras institucións. O IUEE colabora coa Facultade de Dereito da Universidade da Coruña nas actividades do “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”, que organiza a devandita facultade. A implantación deste postgrao, de carácter académico-investigador, foi aprobada polo Decreto da Consellaría de Educación núm. 51/2006, do 23 de marzo (DOG núm. 61, do 28 de marzo).O Centro Europe Direct, da Deputación Provincial da Coruña (Centro ED, en adiante), pola súa banda, é un enlace europeo de información cuxo obxectivo é pór a información comunitaria a disposición dos concellos da provincia e dos cidadáns en xeral, a fin de responder as súas expectativas e achegalos á construción europea, así como facilitar o acceso dos concellos ás diversas fontes de financiamento comunitarias.Xa que a finalidade común ás dúas institucións é a promoción do coñecemento dos temas comunitarios, considérase de especial interese colaborar para poder ofrecer a máis alta calidade docente e especialización práctica nesta materia, e favorecer a integración profesional dos alumnos do citado Máster, polo que as dúas institucións acordan establecer un convenio de colaboración consistente, por unha banda, na organización e financiamento de conferencias e/ou obradoiros en colaboración co Centro de excelencia “Jean Monnet - Institucións e Dereito da UE”, da UDC, e por outra, nun programa de prácticas de formación na Deputación Provincial da Coruña para alumnos que superasen o “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”.Co obxectivo de desenvolver estes intereses compartidos, consideran conveniente formalizar o presente convenio con suxeición as seguintes

169

Page 170: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

CLÁUSULASI. OBXECTOOs obxectivos do convenio son os seguintes:* Reforzar a excelencia do labor docente e de difusión científica do Centro de excelencia “Jean Monnet - Institucións de Dereito da UE”, coa intervención de especialistas de recoñecida competencia en temas técnicos, prácticos e de actualidade sobre o proceso de integración europea.* Proporcionar experiencia práctica a alumnos do “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”, edición 2012-2013, mediante a realización de prácticas no Centro Europe Direct, e en temas xurídicos e económicos europeos.* Permitir á Deputación Provincial da Coruña e aos concellos da provincia contar con especialistas en temas xurídicos e económicos europeos capacitados para a elaboración e a xestión de proxectos de axudas.* Toda outra actuación complementaria das anteriores e aceptada como de interese mutuo polas dúas institucións.Con tal finalidade, as dúas partes comprométense a levar a cabo as seguintes actividades:A) CONFERENCIAS E/OU OBRADOIROSA Deputación Provincial da Coruña concederá unha liña de axuda destinada ao financiamento de conferencias e/ou obradoiros.A programación será aprobada polo IUEE “Salvador de Madariaga”, coa conformidade da Deputación da Coruña, e darase finalmente o seu traslado á coordinación do Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea.Nestas conferencias e/ou obradoiros intervirán profesores doutras universidades e profesionais de recoñecida competencia, tanto das distintas administracións públicas como de institucións privadas.Estes especialistas terán a condición de “conferenciantes” e a súa intervención vincularase ás materias propias da Unión Europea.As conferencias e/ou obradoiros desenvolveranse no marco das actividades do Centro de excelencia “Jean Monnet - Institucións de Dereito da UE”.Na publicidade destas conferencias/obradoiros figurarán, xunto aos logos da Universidade da Coruña, do Centro de excelencia “Jean Monnet” e do IUEE “Salvador de Madariaga” o logo da Deputación Provincial da Coruña.B) PROGRAMA DE BOLSAS EN PRÁCTICASOfreceranse ata un máximo de tres bolsas en prácticas a cada promoción de alumnos que superen o “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”, edición 2012-2013, no Centro Europe Direct. As prácticas desenvolveranse no ano seguinte á finalización do Máster. Unha das bolsas será de duración anual, e as outras dúas de duración semestral, cunha dotación de 748,00 euros/mes cada unha.Os bolseiros en prácticas serán bolseiros da Deputación Provincial da Coruña. A Universidade da Coruña colaborará unicamente na súa selección.Os bolseiros realizarán a súa actividade nos locais da Deputación Provincial da Coruña ou, se fora o caso, en concellos da provincia.Os bolseiros realizarán estudos para promover a elaboración e a xestión de proxectos de axudas.A concesión das bolsas desenvolverase sobre a base das seguintes directrices:Requisitos dos bolseiros

- Ter superado o “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea” -Non estar separado do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia dun expediente disciplinario.

170

Page 171: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

- Posuír, con carácter preferente, a nacionalidade española ou a nacionalidade dalgún país membro da Unión Europea.

SolicitudesAs persoas candidatas ás bolsas para a realización de prácticas de formación na Deputación Provincial da Coruña formularán as súas solicitudes no modelo normalizado que se facilitará no IUEE “Salvador de Madariaga”.As solicitudes deberán estar acompañadas da seguinte documentación:

- Un currículo, acompañado de cantos documentos e certificacións poidan avalalo.- Unha declaración xurada na que o alumno se compromete a renunciar, se for seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas.- Unha declaración xurada de non estar separado do servizo de ningunha administración ou institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.- Unha fotocopia do DNI/NIE ou do pasaporte.- Certificación acreditativa de ter superado o “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”.

O prazo para a presentación das solicitudes será o que determine o IUEE “Salvador de Madariaga”.SelecciónA selección dos candidatos será realizada por unha comisión formada por unha persoa representante da Deputación Provincial da Coruña, unha persoa representante do IUEE “Salvador de Madariaga” e unha persoa representante do “Máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea”.Alén do exame da documentación presentada, esta comisión poderá convocar aos solicitantes a unha entrevista persoal.A comisión non valorará aqueles méritos alegados polas persoas candidatas nas súas solicitudes que non estean acreditados documentalmente.A comisión proporá ao presidente da Deputación Provincial da Coruña unha relación das persoas candidatas seleccionadas para o seu nomeamento, e engadirá as persoas suplentes que considerar oportuno.No caso de que algún dos bolseiros, por calquera motivo, non poida iniciar ou non queira seguir prestando a súa colaboración, ou se a Deputación Provincial da Coruña decidise resolver a concesión dalgunha bolsa, o bolseiro será substituído pola seguinte persoa candidata na listaxe ou ben se procederá a seleccionar un novo bolseiro no prazo máximo de dez días.A solicitude das bolsas implica o coñecemento das súas bases e das súas condicións, que se recollen no presente convenio. O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha delas, sen causa debidamente xustificada, suporá a perda da bolsa concedida e, se for o caso, o reintegro das cantidades que se percibisen.As bolsas teñen unha finalidade formativa. A condición de bolseiro en ningún caso poderá considerarse ou dará lugar a relación laboral ou administrativa coa Deputación Provincial da Coruña.Obrigas dos bolseirosOs bolseiros incorporaranse ao Centro Europe Direct, da Deputación da Coruña, no prazo establecido na notificación da adxudicación da bolsa. O bolseiro que non se incorpore no prazo establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa, agás por causa xustificada de atraso apreciada polo presidente da Deputación Provincial da Coruña.

171

Page 172: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Unha das tres bolsas terá, inicialmente, unha duración anual, e outras dúas semestral. Porén, a duración inicial poderá ser obxecto de ampliación en función da dispoñibilidade orzamentaria.Os bolseiros realizarán a súa actividade nos locais da Deputación Provincial da Coruña ou, se for o caso, en concellos da provincia. A súa actividade de prácticas formativas será dirixida e supervisada polo Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE.A Deputación Provincial da Coruña comprométese a facilitar os medios materiais, técnicos e humanos que sexan precisos para a adecuada realización da formación práctica.No caso de que a Deputación Provincial da Coruña estime que un bolseiro non se adapta a ela ou non avanza adecuadamente no proceso de prácticas formativas, comunicarao ao IUEE “Salvador de Madariaga” e poderá resolver en calquera momento a concesión da bolsa, após a audiencia do bolseiro.Se un bolseiro non quixer seguir prestando a súa colaboración nas actividades que son obxecto da bolsa, deberá comunicalo mediante un escrito motivado e dirixido ao presidente da Deputación da Coruña, que deberá ser presentado no rexistro da citada institución cun prazo mínimo de vinte días antes da data en que desexar abandonar as súas actividades de formación e concluír a bolsa.Ao remataren as bolsas, os bolseiros realizarán unha memoria detallada das actividades que desenvolveren, que serán avaliadas pola Deputación Provincial da Coruña. En función da avaliación, a citada institución expedirá o oportuno certificado acreditativo, que fará referencia ao presente convenio e indicará a actividade desenvolvida.Seguro dos bolseirosSen prexuízo do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, que regula os termos e condicións da inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, que desenvolve a DA 3ª da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, a Deputación Provincial da Coruña incluirá aos bolseiros no seguro colectivo de accidentes e de responsabilidade civil para que poidan estar cubertos durante o período completo de prácticas.C) AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE BOLSASA Deputación Provincial da Coruña poderá ampliar o programa de bolsas, nas mesmas condicións que as anteriores, mediante a concesión de ata dúas bolsas en prácticas máis, cunha dotación económica de 748,00 euros/mes, a favor dos alumnos que superaran con aproveitamento o Máster de estudos sobre a Unión Europea, preferentemente os que foron bolseiros na edición anterior, en función da valoración titorial do período de formación práctica realizado e co fin de que a completen na área de xestión de proxectos europeos.II. ORZAMENTO SUBVENCIONADO DE GASTOS O orzamento subvencionado está constituído polos gastos de desprazamento, axudas de custo e remuneracións dos especialistas que participen nas conferencias e obradoiros sinalados no apartado A) anteriormente citado, co seguinte detalle:

CONCEPTO IMPORTERemuneracións 7.000,00Axudas de custo 900,00Desprazamentos 1.500,00

TOTAL 9.400,00

172

Page 173: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

III. FINANCIAMENTO PROVINCIAL E OUTROS INGRESOS QUE SE ACHEGUEN PARA A MESMA FINALIDADEA) CONFERENCIAS E/OU OBRADOIROS1. A achega da Deputación Provincial da Coruña para o cofinanciamento das conferencias e/ou obradoiros será de 7.500,00 €, que supón o 79,79 % do custo da actividade prevista, 9.400,00 €, segundo o orzamento subvencionado indicado na cláusula II.2. No caso de que o gasto xustificado non acade o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 79,79 % da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.3. O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0103/323A/45390, do orzamento xeral para 2013, segundo se indica no apartado D).4. A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que a entidade beneficiaria obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.5. No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a achega provincial no importe necesario para darlle estrito cumprimento ao apartado anterior.B) PROGRAMA DE BOLSAS EN PRÁCTICAS1. A dotación para o programa de bolsas en prácticas no Centro Europe Direct (cláusula I.B) será de 17.952,00 €, dos que 8.976,00 € serán destinados á unha bolsa de prácticas anuais, e 8.976,00 € para as prácticas semestrais (4.488,00 € para cada bolseiro).2. A Deputación Provincial da Coruña realizará o pagamento directamente a cada un dos bolseiros baixo o concepto “Bolsa en prácticas na Deputación Provincial da Coruña”.C) AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE BOLSASA dotación económica da ampliación do programa de bolsas na área de Xestión de Proxectos Europeos (cláusula I.C) será de 17.952,00 €, que comprende o nomeamento de ata dous bolseiros máis, a razón de 8.976 por bolseiro. D) IMPUTACIÓN ORZAMENTARIA1. A imputación orzamentaria é a seguinte:

ANUALIDADE PARTIDA OBXECTO ACHEGA2013 0103/323A/45390 Achega para o Programa de conferencias/obradoiros do

Máster UE (79,79 % do orzamento subvencionado 7.500,00 €

0103/491D /481 Ampliación do programa de becas 17.952,00 €0203/211B/16000 Custos Seguridade Social bolseiros 828,24 €

2014 0103/491D/481 Prácticas no Centro Europe Direct, edición 2012-2013 17.952,00 €0203/211B/16000 Custos Seguridade Social bolseiros 828,24 €

TOTAL 45.060,48 €

2. Para a anualidade corrente existe crédito de abondo polos importes indicados, tal e como consta no certificado de existencia de crédito emitido pola Intervención provincial. Con respecto ás anualidades futuras, advírtese á ENTIDADE BENEFICIARIA de que o compromiso de gasto queda condicionado á efectiva aprobación do Orzamento para o dito ano e a que existe nel dotación orzamentaria axeitada e suficiente para afrontar o gasto.

173

Page 174: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

IV. CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN1. Corresponderalle á UDC o outorgamento dos contratos de subministracións, servizos e asistencia para a completa realización da actividade programada.2. No procedemento de contratación, a UDC axustará toda a súa actuación ao disposto na lexislación de contratos do sector público.

V. PUBLICIDAD DO FINANCIAMENTO PROVINCIAL1. A UDC fará constar de forma expresa o patrocinio da Deputación na documentación que derive da execución do Máster.2. Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da ENTIDADE BENEFICIARIA.VI. XUSTIFICACIÓN NECESARIA PARA RECIBIR A ACHEGA PROVINCIAL1. O pagamento da achega provincial realizarao a Deputación Provincial da Coruña a favor do IUEE “Salvador de Madariaga” (CIF Q6550005J), da Universidade da Coruña, na conta 0049/0007/23/2612071316 (Banco de Santander), baixo o concepto “Conferencias e obradoiros da Deputación provincial”, unha vez rematadas as conferencias e obradoiros aos que se refire o apartado A) da cláusula I, e despois do informe favorable do servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea e da Intervención Xeral ao respecto da seguinte documentación:a) Certificación clasificada dos gastos realizados, emitida polo órgano xestor competente da UDC, na que se indiquen os acredores co seu NIF, os documentos xustificativos, os importes e, no seu caso, datas de pago. Tamén se indicarán as desviacións con respecto ao orzamento detallado na cláusula II.b) Certificación da aprobación das facturas e demais documentos xustificativos polo órgano competente.c) Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o previsto na cláusula VIII.d) Declaración doutras axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.e) Proba do cumprimento das obrigas asumidas na cláusula V, mediante a presentación dos documentos nos que conste a publicidade do financiamento provincial.2. O aboamento da achega provincial materializarase mediante o ingreso na conta da entidade financeira indicada no apartado anterior e se tiveran transcorrido máis de catro meses desde a axeitada e correcta xustificación dos compromisos adquiridos sen que tivera cobrado o importe que lle corresponda, a UDC terá dereito ao aboamento dos xuros de mora, ao tipo do xuro legal, que se devenguen desde a finalización do prazo de catro meses ata o momento no que se faga efectivo o pagamento.VII. TERMO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN1. As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula I.A, deberán estar rematadas polo menos TRES MESES antes do vencemento do período de vixencia do presente convenio establecido na cláusula XIII.2. Unha vez rematadas as actividades, a UDC deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula VI no prazo máximo DUN MES contado a partir da finalización daquelas e, en calquera caso, DOUS MESES antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula XIII.3. De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se

174

Page 175: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento á UDC para que á presente no prazo improrrogable de QUINCE DÍAS. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional implicará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá á UDC da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Base 55.6ª das de execución do Orzamento da Deputación, lle poida corresponder.

VIII. CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS E COA SEGURIDADE SOCIAL E A SÚA ACREDITACIÓN1. A UDC deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pago da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.2. A acreditación do cumprimento das ditas obrigas poderá realizarse mediante a declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente ou mediante a presentación dos correspondentes certificados. Coa subscrición do presente convenio, a UDC autoriza á Deputación á obtención telemática das citadas certificacións.3. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial determinarse de oficio esta.IX. DESTINO E MANEXO DOS FONDOS RECIBIDOS1. A UDC destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.2. Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización de transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor. Só excepcionalmente se poderá realizar o pago en metálico para gastos de ata 150,00 €, nos que non resulte imposible a utilización dun dos medios anteriormente indicados.X. CONTROL FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN E DOS ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO1. Consonte co disposto nos artigos 44 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a UDC poderá ser escolleita pola Intervención provincial para a realización dun control financeiro sobre a subvención pagada, co fin de acreditar a efectiva aplicación dos fondos á finalidade para a que foron concedidos, o correcto financiamento da actividade e o cumprimento de todas as demais obrigas formais e materiais que lle impón o presente convenio de colaboración.2. Asemade, de acordo co previsto na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, a UDC queda sometida aos procedementos de fiscalización que leven a cabo o Consello de Contas de Galicia ou, no seu caso, segundo o previsto na Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, aos procedementos de axuizamento contábel que poida incoar o Tribunal de Contas, e a calquera outro órgano de control, nacional ou europeo.XI. REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS1. O incumprimento dalgunha das cláusulas previstas no presente convenio de colaboración poderá implicar a obriga de reintegro parcial ou total dos fondos recibidos, así como ao pago dos xuros de mora que se devenguen desde o día no que se realizou o pago ata o momento no que se acorde a procedencia do reintegro. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio na súa tramitación seguirase o

175

Page 176: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

disposto nos artigos 41 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 91 e seguintes do seu Regulamento (R.D. 887/2006, do 21 de xullo), dándolle en todo caso audiencia ao interesado.2. Sen prexuízo do anterior, o dito incumprimento tamén poderá ser constitutivo dalgunha das infraccións tipificadas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, séndolle de aplicación o cadro de sancións previstos nas normas citadas e na Base 55ª das de Execución do Orzamento da Deputación.3. De conformidade co disposto na Base 55.6 das de Execución do Orzamento da Deputación, o atraso na realización das actividades implicará unha sanción dun 10 por 100 do importe da subvención co límite de 75,00 € se o atraso non excede de tres meses. Se o atraso na realización das actividades excede de tres meses, a sanción será dun 20 por 100 da subvención outorgada co límite de 150,00 €. 4. E se o atraso se produce no prazo de xustificación e non excede dun mes, a sanción prevista na Lei imporase no grao mínimo e será do 10 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 75,00 €. Se excede dun mes e non chega a tres, a sanción imporase no seu grao medio e será do 20 por 100 do importe da subvención outorgada co límite de 400,00 €. E se a extemporaneidade da xustificación excede de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo e suporá o 30 por 100 do importe da subvención, sen que poida superar o importe de 900,00 €.XII. INCORPORACIÓN AO REXISTRO PÚBLICO DE SUBVENCIÓNS E PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA1. No cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da UDC serán remitidas á Intervención xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no dito precepto.2. Asemade, no cumprimento do disposto no artigo 16.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, a Deputación remitiralle a mesma información á Consellería de Economía e Facenda, co fin de que a incorpore ao Rexistro público de axudas, subvencións e convenios da Comunidade Autónoma de Galicia.3. Segundo o previsto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a concesión da subvención á UDC será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na páxina web “www.dicoruna.es”.4. Un exemplar deste convenio, debidamente asinado, será incorporado ao Rexistro de convenios que depende do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación.XIII. VIXENCIA DO CONVENIO, PRÓRROGA OU MODIFICACIÓN1. O presente convenio estará vixente dende a súa sinatura, para o ano académico 2012-2013, ata o 31.12.2013, con efectos retroactivos dende o 1.09.2012, sen prexuízo de que o período de formación práctica dos bolseiros do Máster en estudos da UE 2012-2013 se realizarán no ano 2014.2. Previa solicitude da UDC, realizada polo menos dous meses antes da data indicada anteriormente, o convenio poderá ser prorrogado por acordo expreso de ambas as dúas partes tomado antes de que expire a súa vixencia inicial e previos os informes preceptivos da Unidade xestora, do Servizo de Patrimonio e Contratación, da Secretaría e da Intervención da Deputación.3. Tamén por acordo expreso de ambas as dúas partes e por causa debidamente xustificada, e previos os mesmos informes indicados no apartado anterior, o convenio poderá ser obxecto de modificación.XIV. NATUREZA, INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE

176

Page 177: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

1, O presente convenio ten natureza administrativa e para resolver as dúbidas que xurdan na interpretación das súas cláusulas aplicaranse as disposicións contidas na Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Supletoriamente aplicarase a lexislación de contratos do sector público.2. Para o seguimento coordinado da execución do presente convenio crearase unha comisión de seguimento formada por dous representantes de cada unha das institucións nomeados polo presidente da Deputación e o da ENTIDADE BENEFICIARIA, respectivamente.3. Corresponderalle aos órganos da xurisdición contencioso-administrativa, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, o coñecemento das cuestións litixiosas que poidan xurdir como consecuencia do presente convenio.

Faise constar que este convenio foi aprobado por acordo do Pleno Corporativo do …. de ……………do 2013E en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente convenio en exemplar cuadriplicado na data que se indica na cabeceira.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O REITOR MAGNÍFICO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Diego Calvo Pouso Xosé Luis Armesto Barbeito

2º.- Facultar a Presidencia da Corporación para a formalización e execución do convenio.”

32.-INFORME DE AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DA LEI ORGÁNICA DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA NO ORZAMENTO INICIAL DO EXERCICIO 2013.

Por unanimidade apróbase o seguinte ditame da Comisión:

“PRIMEIRO: Tomar coñecemento da información que resulta da aplicación dos criterios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a avaliación dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e volume de débeda pública, en relación co Orzamento inicial do exercicio 2013 e con respecto aos créditos definitivos unha vez aprobado o Expediente de Modificación de Créditos nº 3/2013, de Incorporación de Remanentes.

SEGUNDO: Reiterar o compromiso provincial de orientar a xestión orzamentaria no marco das normas de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira e de adoptar as actuacións que procedan para o seu cumprimento durante o exercicio.

TERCEIRO: Considerar que non é necesario nin procedente no momento presente formular un Plan económico-financeiro sobre os ingresos e gastos definitivos previstos para o exercicio 2013 xa que as previsións actuais permiten estimar o cumprimento das normas de aplicación, salvo circunstancias sobrevindas e imprevisibles que excedesen do Fondo de Continxencia dotado para o exercicio.

177

Page 178: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

CUARTO: Informar periodicamente ao Pleno sobre a execución orzamentaria dos ingresos e gastos previstos e formular, cando cumpra, as propostas correspondentes que aseguren en todo momento o cumprimento das normas de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, á vista dos informes preceptivos previstos na normativa vixente.”

33.-PROPOSICIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A RENUNCIA AO CARGO DO DEPUTADO PROVINCIAL DE DON SANTIAGO VICENTE AMOR BARREIRO.

Procédese a ratificar a inclusión deste punto na orde do día, que é aprobada por unanimidade e a continuación vótase o punto, que é tamén aprobado por unanimidade.

ACORDO

“1.-Tomar coñecemento da renuncia presentada ao seu cargo polo deputado provincial don Santiago Vicente Amor Barreiro.2.-Como consecuencia do punto anterior, declarar a vacante de deputado provincial.

3.-Poñer en coñecemento da Administración electoral a vacante existente, para os efectos da substitución disposta no artigo 208 da Lei 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral”.

INTERVENCIÓNSSr. Amor Barreiro

Grazas, Sr. presidente, Sras. deputadas, Sres. deputados, bos días a todos, hoxe ceso a petición propia, motivado como xa saberán moitos de vostedes polos últimos acontecementos acaecidos no meu concello, e que fan que teña que incrementar se cabe aínda máis o meu esforzo e a miña dedicación aos problemas das veciñas e dos veciños de Ames. O meu compromiso coas veciñas e os veciños de Ames segue intacto como o primeiro día, e quero, se cabe, con esta decisión centrarme aínda máis nos seus problemas.

Para min foi unha honra estar este tempo nesta institución, compartir con todos vostedes este tempo, onde un aprende, onde un coñece unha institución tan criticada nos últimos tempos, e que creo que aínda ten moito que dicir a partir de agora con toda a reforma que se nos vén enriba, e nada máis, agradecer aos funcionarios da Deputación pola súa colaboración, aos funcionarios da área que me tocou presidir, de Patrimonio e Contratación, así como a todo o persoal de apoio do Grupo Popular e os seus deputados, así como aos deputados da oposición, pola súa colaboración, polo seu ánimo e polas súas críticas tamén moitas veces cando tocaba facelas. Grazas, presidente, e sabedes que en Ames tédesme para o que precisedes, moitas grazas.

(Abandona o salón o Sr. Amor Barreiro).

178

Page 179: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

ACTUACIÓN DE CONTROLMOCIÓNS

-Moción do BNG para a retirada do anteproxecto de Lei da reforma local do goberno do PP no Estado.

Sr. Regueira Varela

Por certo desexámoslle a mellor das sortes no persoal a Santiago, eu creo que no fondo todas as forzas políticas estamos de acordo no que significa este anteproxecto de Lei de reforma do Goberno de Estado, agora ben, a pesar de que en moitas cousas estamos de acordo, o BNG ten o seu propio posicionamento político sobre isto. Nós cremos que o anteproxecto de Lei de racionalización e sustentabilidade na administración local, aprobado recentemente polo Goberno Central aborda unha fonda regulación do réxime local, e pretende cambiar de forma substancial o papel dos concellos, cun maior impacto nos de menor tamaño, que son a ampla maioría no noso país, Galicia. A dita proposta legal inspírase, segundo a súa propia exposición de motivos, na aplicación do principio de estabilidade orzamentaria, na versión regulada na reforma constitucional exprés pactada polo bipartidismo estatal, que implica un ríxido límite de actuación do sector público ao situar a contención do gasto público por riba das atencións ás necesidades sociais que deben atender as administracións na súa función de redistribuidoras da renda e da riqueza.

A intención prioritaria desta reforma do réxime local é reducir e adelgazar o ámbito de actuación dos concellos cun recorte severo dos servizos que prestan, aínda que disfrazado do eufemismo, “evitar duplicidades”, que tantas veces escoitamos tamén nesta propia administración. Non hai unha verdadeira intención diso, nin de racionalizar, pois quen sae reforzada nesta reforma é a institución provincial que é o ente máis prescindible do armazón institucional actual. Con todo, introdúcense mecanismos que abocarán á deterioración e mesmo á supresión de prestacións a servizos públicos básicos polos concellos, afectando directamente aos veciños, sobre todo ás persoas con menos recursos.

Ademais esta reforma reforza o centralismo pois deseña un réxime xurídico organizativo homoxéneo á maioría dos concellos galegos co resto do Estado, a pesar das fondas diferenzas en canto ao modelo de asentamento e a organización territorial, que é evidente. Desde o nacionalismo galego sempre se tivo unha visión crítica coa articulación legal e administrativa local por ser allea á realidade de Galicia, tanto nas dinámicas sociais como pola tendencia á uniformación cos entes locais do resto do Estado, cando as realidades territoriais son ben diferentes. Agora cérrase calquera posibilidade a que Galicia deseñe un mapa local adaptado á súa propia realidade.

Máis aló destas limitacións á capacidade de Galicia, aténtase contra a autonomía local, e aténtase claramente, ao conter unha serie de mecanismos externos para avaliar a capacidade de organizar os nosos servizos locais ou de intervir en actividades económicas. En realidade trátase dun control político desde a Administración Central do Estado que busca evitar que se ensaien políticas alternativas desde os concellos. É unha limitación antidemocrática para os concellos

179

Page 180: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

que teñan a vontade de exercer a través da iniciativa pública, tanto o reforzo dos servizos públicos, como o estímulo de actividades económicas locais. Con todo, para nada faise unha referencia á limitación na privatización de servizos, nin sequera se reserva unha esfera mínima que debe de estar blindada ao sector público e evitar con iso a súa transferencia ao sector privado.

A reforma consagra a máis absurda duplicidade do actual mapa institucional no Estado español, que é a presenza das deputacións provinciais, que sairán reforzadas á hora de asumir servizos municipais, cando o máis lóxico sería afrontar a súa definitiva desaparición. O traslado ás deputacións de determinados servizos locais é un despropósito, pois non teñen ningunha base provincial, sendo totalmente artificial encomendar ás deputacións a súa prestación, e tendo en conta ademais que as atribucións aos concellos da competencia sobre determinados servizos sempre se efectuou en función da operatividade das administracións locais para a prestación e cooperación naqueles que teñen unha clara base social.

En suma, estamos ante unha proposta que profundará na homoxeneidade e na capacidade da Administración Central de interferir e intervir na dinámica local, a fin de impor as políticas antisociais e de relegación do papel do sector público a todos os concellos, como continuidade á reforma regresiva xa aprobada e á deterioración democrática.

Por todo o exposto, o Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego solicita ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Primeiro: Instar ao Goberno do Estado a retirar o anteproxecto de Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local; instar a unha reforma constitucional que suprima as deputacións provinciais e presentar un plan de financiamento dos concellos que lles permita custear os servizos públicos locais. Instar unha reforma do réxime local que deixe en mans das comunidades autónomas unha ampla marxe de regulación sobre a autoorganización, as funcións e as competencias das entidades locais, co fin de adaptar o mapa local á realidade de cada territorio, co obxectivo de racionalizar o mapa institucional en coherencia cun aproveitamento e administración eficaz dos servizos públicos.

E segundo, enviar este acordo ao presidente da Xunta de Galicia, ao presidente do Goberno do Estado, aos grupos parlamentarios no Parlamento Galego, Congreso, Senado, Fegamp e Femp. Moitas grazas.

Sr. Fernández Moreda

Grazas, Sr. presidente, en primeiro lugar permítame que lle dea a benvida en nome do Grupo Socialista ao novo deputado, José Dafonte.

E entrando en materia, quero lembrar que no pasado Pleno do 22 de febreiro o Grupo Socialista presentou unha moción expresando a súa preocupación polo contido deste anteproxecto de Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, porque pode provocar a intervención ou desaparición de practicamente o 84% dos municipios, dos concellos de España, porque vai supor unha deterioración dos servizos públicos e porque vai facilitar incluso a privatización deses servizos públicos

180

Page 181: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

e, fundamentalmente, porque ese anteproxecto elaborouse sen ter en conta a opinión dos concellos a pesar de que ese era o compromiso do Goberno.

A reforma que propón o anteproxecto de Lei de racionalización e sustentabilidade da administración, é a reforma máis profunda, a reforma de máis calado de cantas se acometeron en democracia en relación ao sector local, e faise sen ningún tipo de acordo cos protagonistas, sen ningún tipo de acordo cos concellos e as entidades que o representan, a Federación Española de Municipios e a Federación Galega de Municipios, no noso caso. A administración local, os concellos, son a administración máis próxima aos cidadáns, son as administracións onde o cidadán exerce con máis plenitude os seus dereitos democráticos, é a administración onde os cidadáns poden participar dun modo máis directo na definición das políticas locais e é a administración onde o cidadán pode controlar dunha forma máis directa, pola súa proximidade, o exercicio do poder político. Son, doutra banda, os concellos, institucións básicas para o funcionamento do país e son un elemento vertebrador para a cohesión de España e atenden, como dicía antes, con máis proximidade e máis eficacia as necesidades máis básicas dos cidadáns. E todo isto faise sen contar con recurso financeiros adecuados e sen que a participación no gasto público das entidades locais se incrementase substancialmente desde o ano 1979.

O Grupo Socialista cre necesario unha reforma da administración local, cre que é necesario abordala con carácter inmediato e con consenso entre todas as partes afectadas, porque é necesario reformar, facer unha reforma que delimite claramente cales son as competencias municipais, que se saiban claramente cales son as competencias que ten cada concello, que se faga unha avaliación dos custos desas competencias para poder facilitar un plan de financiamento adecuado que permita que os concellos executen con garantías de eficacia e de eficiencia esas competencias, unha reforma que asegure a estabilidade dos gobernos municipais, que lle dea máis estabilidade que a estabilidade que lle dá hoxe a lexislación vixente, e que garantindo os dereitos iguais de todos os cidadáns en todo o territorio español, teña en conta tamén as especificidades que existen nas distintas partes dos territorios, nas distintas Comunidades Autónomas.

Por tanto, nós entendemos que esta lei, esta reforma, é necesaria, pero ten que ter unha vontade de permanencia no tempo, e a vontade de permanencia no tempo só se consegue cando hai participación, cando hai diálogo e cando hai consenso, unha reforma deste calado non pode quedar ao albor dunha maioría parlamentaria que exista nun momento determinado da nosa democracia, porque iso implica que cando houbese outra maioría, esa lei, que é fundamental que teña estabilidade e permanencia no tempo, sería cambiada pola nova maioría. Por tanto, entendemos que é necesario e urxente acometer esta reforma, pero entendemos que este proxecto, este anteproxecto de lei, que se fai sen consenso, sen diálogo, e quere ser unha imposición, non é un bo camiño.

Por tanto, nós votariamos a favor da retirada deste anteproxecto de Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, se iso fose posible, e absteriámonos nos outros puntos. Creo que debater nunha Constitución unha reforma constitucional é algo que evade as nosas capacidades, non só as nosas competencias, e que é un tema que se ten que facer con acougo e con reflexión, moito máis que unha ocorrencia nun momento determinado, nun Pleno determinado, e creo que é necesario tamén, como di a moción, delimitar competencias e facer un

181

Page 182: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

plan de financiamento, pero iso é competencia da Lei de reforma. Por tanto, se é posible, nós votariamos a favor da retirada deste anteproxecto de lei para que se faga un novo borrador consensuado coa Fegamp e coa Femp, cos concellos e cos representantes dos concellos e en caso de non ser posible, nós absteriámonos.

Sr. Ruiz Rivas

Non sei que é o que cambiou na política galega, que é o que cambiou nos grupos políticos desta Deputación, para que o que pensaban hai vinte días non valla a día de hoxe. A verdade é que a postura do grupo Socialista deixoume un pouco desconcertado, porque eu pensaba que a postura que agora manifesta o Bloque é moi diferente á que manifestaba hai vinte días, que era nin máis nin menos que o anteproxecto presentado se fixese a través do máximo consenso posible e que ademais tivese en conta todo o que pretendía tanto a Femp, como a Fegamp, eu o único que vía que puidese cambiar no panorama político galego era a propia asemblea do Bloque, por tanto, cando menos buscáballe ideoloxicamente o cambio a unha posición que hai vinte días tiña.

A do PSOE, que hai vinte días avogaba polo consenso e porque se aceptasen esas alegacións da Femp e a Fegamp, e agora opta pola retirada, pois non sei se terá algo que ver coas primarias, pero a verdade é que me deixaron totalmente desconcertados que en vinte días a postura non sexa a mesma, porque claro, en política xa está ben de bailar a yenka, “diante, diante, atrás, atrás”, e un día dicimos o diferente ao outro. Eu creo, collendo as palabras do Sr. Moreda, que efectivamente esta é unha lei de tanta transcendencia, esta é unha lei que é un dos alicerces nos que se debe de sustentar a organización territorial do Estado, que debe ser unha lei que perdure no tempo e, por tanto, debe ser unha lei que teña o máximo consenso posible, por iso cando eu lle escoito dicir ao representante do Bloque que vai expresar o seu posicionamento político propio digo, home, esta é unha lei que posiblemente todo o mundo teremos que ceder do noso posicionamento político propio para que a partir de aí construamos unha estrutura do Estado que sexa conforme ao que todos os grupos desexamos e, sobre todo unha Deputación provincial que o que tenta defender sempre é a autonomía local, é defender que esta administración provincial ou as administracións locais, somos as máis próximas aos cidadáns e, por tanto, en definitiva, as que podemos prestar os servizos con maior coñecemento de causa cando esteamos preparados para facelo, por iso non entendemos, volvo repetir, o que un día se poida dicir unha cousa e pouco tempo despois totalmente a contraria. O mesmo que cando se fala de suprimir as deputacións, eu preguntaría, que deputacións?, nas que gobernamos ou nas que non gobernamos?, porque se coincidimos en que a Deputación non serve para defender os intereses locais, nin defender os intereses, digamos, dun territorio chamado provincia, non sei que facemos nun Goberno, a salvo de que entremos nun Goberno, ben sexa o da Deputación de Lugo ou da Coruña, dicindo, ben, esta institución non vale para os concellos, non serve para os concellos, pero váleme para a miña organización política, entón si o entenderiamos, pero volvo repetir, parece ser que as institucións nos gustan dependendo de se temos a posibilidade de non deixar gobernar á maioría e entrar nesa institución, neste caso, provincial.

O do centralismo, efectivamente, eu creo que todos os que estamos aquí, como antes se dixo, defendemos a administración máis propia, o principio de subsidiariedade, pensamos que os concellos deben ter o seu financiamento propio

182

Page 183: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

para prestar competencias, pero despois non confundamos centralismo con Madrid, Madrid pode ser o centro xeográfico deste país, pero o centralismo pode estar na Coruña ou pode estar en Santiago, e que queren vostedes que lle diga a cal lle podemos ter máis medo, quen defende a autonomía local, quen defende a capacidade dos concellos tamén para decidir naquilo no que estean preparados, porque por unha banda vostedes dinnos “que este anteproxecto de lei contemple un financiamento acorde ás necesidades dos concellos”, totalmente de acordo este Grupo con esa aseveración, pero acto seguido empezan a dicir “…que se lle dean amplas competencias á Xunta de Galicia en organizacións, funcións e competencias” que van comprender precisamente aos concellos. Eu dígolle, aprobamos unha lei de financiamento acorde, e se lle damos esa ampla competencia a unha administración, sexa a que sexa, en catro días esa competencia en materia de diñeiro deixámola de ter os concellos, porque a experiencia dos anos xa que temos de autonomía en Galicia e en toda España, xa ven o que son os concellos, ao final somos o último depositario de competencias no que as administracións superiores á nosa non queren ter esa competencia ou non teñen os recursos económicos, por tanto traspasámosllo aos concellos, traspasámoslles aos concellos unha reforma das policías locais, ou lle traspasamos ao concello un plan de emerxencias, ou lles traspasamos aos concellos aquilo que non podemos de servizos sociais, total, que un financiamento acorde pódese converter nun financiamento non adecuado só por decisión doutra administración, e isto é o que se está pretendendo neste texto, por unha banda que se nos dea financiamento e por outra que decidan, e ademais dise “con competencias amplas” en temas tan importantes como a nosa organización, recordo tamén que vén consagrada ademais a nosa capacidade de autoorganización no que son as leis máis importantes que rexen este país, nas súas funcións e competencias.

Por tanto, perdoen que este Grupo non crea e non vaia apoiar unha moción que vai no camiño contrario ao que creo que debiamos defender todos os grupos que é un amplo consenso, porque se vostedes o que queren é conseguir un amplo consenso con base nun posicionamento político propio, xa lle digo que non, porque eu escoitei ao Bloque, por exemplo, moitas veces defender a comarcalización, comarcalización que fracasou estrepitosamente en comunidades como Cataluña, só hai que ver o informe da Asociación Pi i Margall, por exemplo. E, por tanto, dar unha entidade local nova con personalidade xurídica propia, a través das comarcas suprimindo o que son as deputacións, a min realmente paréceme que non é o camiño para percorrer. Por tanto, o noso Grupo é capaz de manter durante vinte días seguidos a mesma ideoloxía, a mesma posición que tiña a finais do mes pasado, é quen de seguir defendendo os mesmos acordos que esta Deputación por unanimidade tomou hai vinte días, e alá todos aqueles que agora o queiran cambiar, ou non estudaron hai vinte días a lección. Volvo repetir, a min o único que se me ocorren son cuestións alleas ás ideolóxicas, que son cuestións de partidas, ou caucus eses, ou primarias socialistas, e a Asemblea do Bloque Nacionalista Galego, porque imaxino que nada máis cambiou no panorama político español con respecto a esta lei, a lei segue onde estaba, nese anteproxecto, por tanto este Grupo o que defende é que todo o que vaia saír e que afecte a estes concellos sexa aprobado co máximo consenso e sexa aprobado seguindo sempre o posicionamento da Femp e a Fegamp, onde están todos os concellos que nós representamos e onde están as deputacións provinciais. Por iso, presidente, imos votar en contra desta moción do Bloque Nacionalista Galego.

Sr. Presidente

183

Page 184: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Ten a palabra o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, e rógolle como autor da moción que nos aclare se como lle solicitou ao portavoz do Grupo Socialista se pode votar por puntos ou non. Grazas.

Sr. Regueira Varela

Eu creo que, eu insisto, é o posicionamento político do BNG, non é novo. Ninguén nos cuestionará agora que cambiemos o noso discurso respecto das deputacións provinciais, pero é curioso, Sr. Rivas, vostede fai un discurso perigoso para a democracia, porque as institucións democráticas, os que defendemos ideoloxías nas institucións democráticas cremos que é a única maneira de defendelas, outra maneira de defendelas son bastante agresivas coa sociedade e coas persoas. Entendemos que mentres haxa institucións democráticas, aínda que as queiramos cambiar ou suprimir, temos que facer política dentro delas, pacificamente, se vostede defende outra cousa, non o sei, pero lémbrolle tamén que entón que fai o Partido Popular na Xunta de Galicia, que estaba tan en contra do Estatuto de Autonomía, porque iso tamén non me dirá vostede que non é certo, é que é un discurso moi mal intencionado, eu non sei se hipócrita, como dixo vostede no punto en que falamos anteriormente. En todo caso, a Asemblea Nacional do BNG tampouco veu descubrir nada novo, estes debates están ben porque é como a historia esta do rei que está nu, todos dicimos realmente quen somos. Por tanto, eu creo que son tamén necesarios, a Asemblea Nacional do BNG non veu dicir máis que o BNG é o que é, por iso non pode compartir o Sr. Moreda a totalidade dos puntos desta moción, e por iso vostedes non comparten case ningún. O BNG é unha forza nacionalista que insiste en cuestións de autogoberno, de autoorganización, e como temos institucións de goberno propias, cremos que esas institucións de goberno propias, como temos unha realidade diferente á do resto do Estado, cremos que esas institucións realmente teñen que ter capacidade de articular modelos e modelos de organización local, tamén, por suposto.

En todo caso, aquí vostede fala de que cambiamos en vinte días, mire, o que cambiou realmente son os distintos borradores que nos presenta o Goberno do Estado a este anteproxecto, porque o secretario do meu concello, por exemplo, a última vez que lle fun preguntar unha cuestión sobre este borrador díxome ”é que xa cambiou”, entón realmente os que fan a lei, que é o Partido Popular, o anteproxecto de lei, están a cambiar a cada momento. E isto non obedece a unha Asemblea Nacional do BNG, non sei se a algún caucu do PSOE, iso terá que dicilo o Sr. Moreda. Supoño que o seu posicionamento aquí con diferentes cousas non terá nada que ver tamén con sobres, nin con historias na Inspección de Traballo, etc., etc., supoño que se deberá a posicionamentos políticos. Evidentemente, nós entendemos que esta reforma é un modelo excluínte e non incluínte, cando realmente o que fai falta é pór agora mesmo enriba da mesa modelos incluíntes, a partir de modelos propios, efectivamente, pero incluíntes, porque se non, pasa o que pasa, e nós entendemos que non podemos estar en contra porque aquí se recentraliza, evidentemente, un partido nacionalista como comprenderá vostede, é evidente, vai en dirección contraria á recentralización; precarízanse os servizos, porque coa escusa de facer unha reforma na administración local, no momento en que se lle quite un servizo, ou a capacidade a un concello para prestar un servizo, xa lle digo eu que no momento en que un cidadán se teña que desprazar 20,30 40 ou 70 quilómetros, ese servizo desaparece.

184

Page 185: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Afástanse os órganos de decisión da cidadanía, por tanto, é un retroceso democrático evidente e eu voulle lembrar unha cousa, aquí tamén, falando xa de autonomía local, aquí insístese en que hai que suprimir, fusionar concellos. Mire vostede, Galicia non sei se ten 315, 317 concellos entre as catro provincias, a provincia de Burgos soamente ten máis de 400, aquí xa hai fusionados moitísimos concellos, o meu concello ten parroquias que duplican a poboación dalgún concello de Castela-León, por tanto, en Galicia ese paso xa está dado, evidentemente, nós temos unha realidade diferente. E aquí o que se fai tamén é castigar a diversidade, a diversidade do Estado español. En principio a propia Constitución di que é unha riqueza, fíxese vostede.

E tamén me chama a atención, Sr. Moreda, que diga vostede que isto de pedir reformas apresuradas da Constitución, eu lémbrolle que para darlle diñeiro á banca, á conta dos intereses da sociedade, vostedes reformaron a Constitución en 48 horas, PP e PSOE, por tanto, para cousas que lle importan ao gran capital non hai moito que pensar, é curioso que para cousas que nos importa á totalidade da sociedade teñamos que pensalo, repensalo, repensalo e repensalo.

Sr. Fernández Moreda

Vou ser breve, Sr. Presidente. Eu creo, Sr. Ruiz, que as grazas non poden substituír aos argumentos, ao contrario, as grazas tentan ou pon de manifesto a falta de argumentos. Mire xa en xullo do ano 2012, o Goberno aprobou un primeiro informe sobre a modificación da Lei de bases de réxime local, e xerou unha gran inquietude no mundo local, e que se retirou, e que o Goberno comprometeuse a presentar outro borrador, outro anteproxecto, consensuado, e non o fixo. Presentou un que aprobou o 13 de febreiro no Consello de Ministros sen ningún tipo de consenso con ninguén, e non hai ningunha incoherencia entre a posición do Partido Socialista hai un mes e agora, hai un mes expresamos a nosa preocupación polo contido deste anteproxecto, e pediamos consenso, e hoxe seguimos expresando a nosa preocupación polo contido dese anteproxecto, e seguimos pedindo consenso, e o maior consenso que se pode dar entre a Femp, o mundo local, recordo que os propios concellos polo Partido Popular, os propios alcaldes do Partido Popular manifestáronse en contra deste anteproxecto, o maior consenso que se pode conseguir é retirar o proxecto e facer un novo consensuado entre todos, que é a práctica habitual cando se fai un anteproxecto de lei, cando un Goberno aproba un anteproxecto de lei antes vehiculizou moitos borradores entre os sectores afectados para tratar mínimos comúns denominadores, e logo, unha vez feito este labor, preséntase, apróbase o anteproxecto de lei, mándase ao Consello de Estado, e neste caso mandarase á Comisión Nacional de Administración Local, como é preceptivo.

Por tanto, seguimos dicindo o mesmo que diciamos hai un mes, expresamos a nosa preocupación polo contido, queremos que haxa consenso porque ten que ser unha lei con vontade de permanencia, e dicimos que é urxente unha modificación da Lei de facendas locais, e que ten que, ao noso xuízo, ter en conta eses aspectos que eu dicía, competencias claras, que non haxa confusión, que se saiba o custo desas competencias para facer un plan de financiamento que permita aos concellos prestar esas competencias, que dea estabilidade aos gobernos municipais, que defenda os intereses dos españois en todo o territorio, pero que teña en conta tamén as

185

Page 186: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

especificidades neste caso que ten Galicia, como expresaba o Sr. portavoz do Bloque Nacionalista Galego.

E nada máis, aproveitando a oportunidade que me dá, non quero reabrir o debate, pero quería deixar expresada claramente cal é a vontade do Partido Socialista e que non hai ningún tipo de contradición entre o expresado hai un mes e o que hoxe expresamos aquí.

Sr. Ruiz Rivas

Eu pensei que se ía agradecer que o tema fose distendido e que mesmo se fixese algunha graza, porque despois á parte de darlle un pouco de contido a este Pleno, doutra banda non se queixen cando nos chamen aburridos aos políticos, por tanto, as grazas non suprimen aos argumentos, pero parece que os argumentos novos apareceron durante estes vinte días, porque hai vinte días falabamos que, a partir do anteproxecto presentado, que por certo non se modificou nestes vinte días, se alcanzase o máximo consenso, e ese consenso máximo, ademais diciamos como se tiña que alcanzar, que é facendo, ou escoitando o que son as reclamacións e os acordos da Femp e a Fegamp por unanimidade do que son os seus compoñentes.

Por tanto, as grazas están ben para que isto non sexa moi aburrido e tedioso, pero os argumentos están aí, hai un mes non se pedía retirar e agora pídese retirar.

E como eu xa non quero entrar en moitas máis discusións porque creo que quedaron absolutamente claras, simplemente dicir unha cousa, o Partido Popular é do ano 90, a autonomía é do ano 81, por certo que precisamente cando veu o primeiro presidente como Partido Popular foi o que lle deu contido a todas aquelas institucións que o Estatuto de Autonomía recolle, e podo falar do Valedor, do Consello de Contas, do Consello da Cultura Galega, por tanto, de antiautonomistas, creo que sobra esa expresión por canto demostramos que cando se goberna é precisamente cando lle damos contido ás institucións que se debían ter.

E por último, falando dos sobres, a min é que serei un pouco novo, o único sobre que nós escollemos é aquel que como había no Un, dos, tres, de Kiko Legard ou Mayra Gómez Kemp, que tiña que escoller un, e nós o sobre que escollemos é aquel que cando se abre di, “Se hai algún chourizo, que a pague”, punto e final, e para iso está a xustiza, pero eses chourizos están fóra do que é o Partido Popular.

Sr. Presidente

Pasamos á votación íntegra desta moción.

VOTACIÓN

Votan a favor: 5 deputados (BNG)Votan en contra: 25 deputados (16 do PP e 9 do PSOE)Abstéñense: ningún deputado

ROGOS E PREGUNTAS

186

Page 187: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

Sr. Soto Vivero

Unha pregunta respecto da Feira Internacional de Mostras de Ferrol. Na inauguración do pasado 10 de xullo, que era o quincuaxésimo da edición da Feira de Mostras de Ferrol, vostede anunciou da man do alcalde de Ferrol o apoio a esta institución que ían dar ao ente feiral de Punta Arnela. Para iso, vostede como presidente da institución provincial falaba de que no prazo dun mes anunciarían a constitución ou conversión a unha Fundación. Vostede sabe tamén como concelleiro deste Grupo de Goberno de Ferrol, a situación na que están a vivir os traballadores e traballadoras de FIMO, que se lles chega a deber creo que ata sete mensualidades na actualidade, sete correspondentes nóminas deste sete meses, e cun compromiso plenario ás costas de readmitir aos despedidos que se produciron no pasado ano. A pregunta é a seguinte, non sei se pode dicirnos en que punto se atopa neste momento a constitución desa hipotética fundación, en definitiva, que se fixo respecto deste tema.

Sr. Presidente

Nese tema avanzouse en conversacións, tanto co concello como coa propia Cámara de Comercio, porque como sabe vostede a Deputación non forma parte dese Padroado, o 51% teno a Cámara de Comercio e o 49% a Corporación municipal de Ferrol. En consecuencia, desde a Deputación, para garantir as achegas provinciais, o que lle pedimos desde o primeiro momento, desde ese día, a FIMO, ao Consello de FIMO, neste caso presidido, naquel momento presidido pola Cámara de Comercio, e que para poder formar parte dunha fundación loxicamente tiña que existir un plan de viabilidade, vostede seguro que concorda con todos e todas os que estamos aquí en que non nos podemos adherir a unha fundación, ou calquera outra personalidade xurídica que se pensase, se desde o inicio está condenada a ter grandes perdas, como vén tendo neste caso FIMO desde hai moitos anos. Por tanto, nós o que lle pedimos é ter un plan de viabilidade, que nolo presenten, e a partir dese plan de viabilidade poderíase traer a consideración desta cámara a posibilidade de poder entrar nesa fundación. Houbo reunións técnicas entre técnicos desta casa, técnicos municipais e tamén representantes da Cámara de Comercio para avanzar nese sentido, estamos pendentes de chegar a unha conclusión definitiva que cando a teña loxicamente traerase a esta cámara, pero a Deputación, igual que como sabe vostede, fai achegas desde hai moitos anos ao Orzamento anual, dixémoslle que para seguir, igual que outras entidades, para seguir percibindo esas achegas débennos de dar as contas e someterse como ente público que é, ás mesmas normas que outros. Non sei se lle dei contestación suficiente, se quere algunha aclaración máis, podémoslla dar.

Sr. Regueira Varela

Se o goberno da Deputación ten intención de pasar ao persoal desta casa ao servizo público de saúde, cando, se é así, e o rogo é, hai uns días vostede acompañou ao vicepresidente da Xunta de Galicia a un acto oficial ao parque de bombeiros de Carballo, á entrega dun novo camión a ese parque, que non me entere eu, vale, pero en todo caso gustaríame que en próximos eventos ou actos oficiais, polo menos o alcalde do Concello onde se vai facer esa entrega ou ese acto oficial fose sabedor porque é denigrante sabelo por unha xornalista que vai cubrir ese

187

Page 188: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA · DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Acta da sesión ORDINARIA celebrada pola Excma. CORPORACIÓN PROVINCIAL o 22 de MARZO de 2013 1

evento, e non saber absolutamente nada de nada, e nós podemos ter moitas discrepancias políticas, porque somos forzas diametralmente diferentes en moitísimas cousas, pero saiba vostede que cremos tamén escrupulosamente no respecto entre institucións e consideramos que en próximas ocasións o aviso que se dea.

Había outra cuestión, nós solicitamos de Presidencia que se nos dese unha relación de libros ou publicacións editadas nos diferentes concellos, trasladóusenos unha relación de concellos, pero nós ao que nos referiamos exactamente era saber que material se editou para cada concello, os nomes dos concellos da provincia xa os coñecemos, entón, o que nos gustaría saber é que se editou, canto a libros e a diferentes cuestións neses concellos.

Sr. Presidente

Comezando polo final, déuselle resposta ao que entendiamos, era unha relación dos concellos, da petición de onde viña e o título do libro que era, pero non se preocupe que se completa esa información sen ningún problema. Respecto da segunda das súas preguntas, imos ver, efectivamente eu comparto con vostede non hai nunca ningún problema en convocar a ninguén, pero ese acto do Consorcio en que esta Deputación forma parte, e tamén a Xunta de Galicia, foi organizado pola propia Presidencia do Consorcio, e era unha repartición de vehículos para parques, por iso non se avisou, para parques do resto da provincia, o que pasa que no canto de ir parque por parque entregando un vehículo, había un depósito dos vehículos alí e por iso saían de alí os distintos parques, non tiña que ver co Concello, pero non se preocupe, pedimos desculpas nese sentido, aínda que nós non organizamos o acto, pero non se preocupe que o teremos en conta.

E con respecto á primeira das preguntas, ese é un tema que é recorrente nesta casa, que xa se foi, mesmo teño entendido, non mo colla ao pé da letra, que se chegase a facer unha enquisa entre os traballadores nalgún momento para ver que decidían, a opinión é moi diversa e case diriamos que dividida, e nese sentido está a falarse, pero non hai ningunha decisión tomada, cando haxa unha decisión non se preocupe que se levará á Comisión correspondente.

Sen máis asuntos que tratar remata a sesión, sendo as trece horas e cinco minutos, redáctase a acta e autorízase a súa transcrición, que asino co Ilmo. Sr. presidente, de todo o cal, eu, secretaria accidental, dou fe.

188