DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de...

29
DE PLAN XERAL disponoble en versión castellana solicitud en el teléfono: 981 546 435 PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE XUNTA DE GALICIA

Transcript of DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de...

Page 1: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

DEP L A N X E R A Ldis

ponobl

e en v

ersión

caste

llana

solici

tud en

el te

léfono

: 981

546 43

5

CONSELLERÍA DE SANIDADEE SERVICIOS SOCIAISDE GALICIA

PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

XUNTA DE GALICIA

OUTUBRO 1999
Page 2: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

DEP L A N X E R A L

PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

Page 3: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

EDITA: XUNTA DE GALICIAConsellería de Sanidade e Sevicios Sociais.Servicio Galego de Saúde.

TÍTULO: “PLAN XERAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE”

ELABORACIÓN:Subdirección Xeral de Coordinación e AvaliaciónAsistencial.Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais.

DESEÑO: R ÁF IC O

conchita viñas DESEÑO

Page 4: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

A Constitución Española encomenda ós poderes públicos velar pola seguridade e hixiene no traba-llo. Este mandato constitucional conleva a necesidade de desenvolver unha política de proteccióndos traballadores mediante a prevención dos riscos derivados do seu traballo, establecéndose na Lei31/1995 de Prevención de Riscos Laborais o marco no que se desenvolverán as medidas e activida-des necesarias.

O SERGAS asume a esixencia de crear condicións positivas que tendan á prevención e control dosfactores de risco laboral. Neste sentido incorporamos á nosa política o espírito de integración da acti-vidade preventiva, o dereito dos traballadores á protección fronte ós riscos laborais e ós principiosda acción preventiva, así como o Pacto do 29 de maio de 1998 subscrito pola Administración Sanitariacoas Centrais Sindicais, para acada-lo nivel máis elevado de saúde dos nosos traballadores.

Así mesmo manifestamos o interese pola protección da saúde dos traballadores, tema ó que se lleconcede a máxima importancia, polo que se recollerán, nos plans anuais, obxectivos, medios e pro-cedementos precisos para acada-la meta proposta.

Tanto os directivos do SERGAS coma os traballadores son conscientes de que é preciso fomentarunha mellora da educación nestes temas para acadar unha actitude positiva e unha auténtica culturapreventiva de toda a Organización.

O noso primeiro obxectivo é o cumprimento da lexislación vixente, dos compromisos subscritos asícomo da normativa preventiva específica que nos poida afectar.

Por último, manifesta-lo compromiso e a vontade da dirección do SERGAS de que nos nosos centrosde traballo non só se cumpran as disposicións legais en materia de Prevencion de Riscos Laboraissenón tamén que se promova a mellora continua das condicións de saúde, para o cal vimos de ela-bora-lo Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do SERGAS recentemente aprobado poloConsello da Xunta.

José Ma. Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

3

PRESENTACIÓN

Page 5: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

INTRODUCCIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN

PRINCIPIOS BÁSICOS

OBXECTIVOS

ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL: ÁREAS PREVENTIVAS

PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

RESPONSABILIDADES

AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL

5

INDICE

páx 7

páx 8

páx 9

páx 11

páx 19

páx 25

páx 31

Page 6: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

Dentro das liñas estratéxicas de actuación doSERGAS ocupa un lugar importante o compro-miso de procurar ós seus traballadores unaxeitado nivel de protección fronte ós riscoslaborais.

O fin último desta actuación é de garantir unsniveis adecuados de saúde e seguridade, pro-curando unha mellor calidade de vida no traba-llo que beneficie así mesmo á organización entermos de eficacia e calidade asistencial, quedebe se-lo obxectivo común do Sergas tantodesde o punto de vista da organización comados propios traballadores. Neste sentido, apolítica de prevención será ó mesmo tempointegrada e integradora a tódolos niveis produc-tivos e implicando a tódolos traballadores.

O Plan Xeral de Prevención de Riscos Laboraisconstitúe o documento guía de base que regu-lará tódalas actividades e accións en materiade Prevención de Riscos Laborais (PRL), de talxeito que ditas actividades respectarán sem-pre os principios establecidos neste Plan.

Para a elaboración deste Plan tivéronse enconta as directrices das normas UNE 81900 EXe UNE 81905 EX sobre política de prevención eimplantación dun sistema de xestión de riscoslaborais, o que dalgún xeito garante unha xes-tión da prevención con criterios de calidade ótempo que responde á filosofía e obrigas da Lei31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e doRD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal ecomo se indica en ditas normas, a implantacióndun sistema de prevención de riscos laboraisnon supón por si mesma a reducción inmedia-ta do número de accidentes ou enfermidades,senón que constitúe o instrumento organizativoe de xestión para ir avanzando cara ós resulta-dos preventivos propostos.

O ámbito de aplicación deste Plan Xeral dePrevención de Riscos Laborais son tódolos centros de traballo e tódolos traballadores doServicio Galego de Saúde.

7

INTRODUCCIÓN [ ]E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Page 7: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ O Sistema de Prevención de RiscosLaborais será axeitado á actividade doSERGAS e estará integrado dentro do sis-tema xeral de xestión da organización, dexeito que sexa compatible cos obxectivosde producción e de calidade do sistema.

[ O SERGAS comprométese a consegui-lomáis alto nivel de seguridade e saúde notraballo cumprindo a lexislación vixente ebaseándose no principio de mellora conti-nua na acción preventiva, considerándoseas actividades preventivas como unhanecesidade para mellora-los obxectivosproductivos e de calidade da empresa.

[ Son responsables da prevención de ris-cos laborais tódolos traballadores daorganización sendo cada un deles obxec-to e suxeito da prevención de riscos.

[ O Sistema de Prevención de RiscosLaborais debe ser coñecido, comprendido,desenvolvido e actualizado por tódolosniveis da organización, garantindo a partici-pación, formación e información de tódolostraballadores para que fagan o seu traballocon seguridade e preservando a súa sáude.

[ Dotarase ó sistema de prevención de ris-cos dos recursos humanos e técnicosnecesarios para o correcto desenvolve-mento da actividade preventiva.

[ Perseguirase a implantación dunha cul-tura preventiva positiva liderada poladirección e os mandos, de tal maneira quese potencie e facilite a participación e ocompromiso a tódolos niveis productivos.

8

PRINCIPIOS B

ÁSICOS

Page 8: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

OBXECTIVOS

DIMINUÍ-LOS DANOS Á SAÚDE DERIVADOS DA ACTIVIDADE LABORAL

MELLORA-LA CALIDADE DE VIDA NO TRABALLO

MELLORA-LA PRODUCTIVIDADE

PROTEXE-LOS BENS DA EMPRESA

MELLORA-LA CALIDADE E A COMPETITIVIDADE DA EMPRESA

PRESERVA-LO MEDIOAMBIENTE

ESTABLECER UN SISTEMA DE XESTIÓN DE PREVEN-CIÓN DE RISCOS LABORAIS QUE PERMITA:

- Identifica-los perigos e avalia-las consecuen-cias dos riscos actuais ou futuros sobre as per-soas, os bens e os procesos.

- Elaborar un plan de actuación para eliminar ouminimiza-los riscos identificados e as súas con-secuencias.

PLANIFICA-LA PREVENCIÓN: Elaborar, implementar e avaliar un plan xeral de pre-vención de riscos laborais que respecte os principiosestablecidos no presente documento e que ó mesmotempo cumpra os requisitos establecidos pola norma-tiva vixente en materia de prevención.

HARMONIZAR CRITERIOS E ACTUACIÓNS en materia de prevención de riscos dos distintos cen-tros e departamentos.

9

[ ]XERAIS

[ ]ESPECÍFICOS

11.1

1.2

1.3

1.4

1.5

1.6

2.1

2.2

2.3

2

Page 9: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

11

ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL

[ ]ÁREAS PREVENTIVAS

- ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO.

- ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO.

- ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO.

- ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA.

- ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN.

Page 10: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

Tódolos elementos da organización (actividades, productos, traballadores, máquinas, instru-mentos de traballo, organización dos recursos humanos e técnicos, organización do tempo detraballo, etc.) inflúen e actúan sobre a saúde dos traballadores. Estes elementos como vemos,dependen de varias áreas de xestión, polo que é importante por un lado a integración e coordi-nación efectiva dos elementos do sistema de prevención, co fin de que as decisións que setomen en prevención de riscos non sexan incompatibles con decisións tomadas a outros niveisda organización. Por outro lado, é importante o enfoque multidisciplinar das situacións de tra-ballo tanto desde o punto de vista da súa análise e avaliación coma da posta en marcha de pro-gramas de acción.

Dadas as especiais características do SERGAS en canto a número de traballadores e a com-plexidade da actividade desenvolvida, contarase cun Servicio de Prevención Propio estructura-do da seguinte maneira:

[ Unha Unidade Central de Prevención de Riscos Laborais, ubicada nos Servicios Centrais doServicio Galego de Saúde, que contará coas catro especialidades descritas no Regulamentodos Servicios de Prevención: Seguridade do Traballo, Hixiene Industrial, Medicina do Traballo eErgonomía e Psicosocioloxía Aplicada. As súas funcións serán fundamentalmente de planifica-ción e coordinación.

[ Unha Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais ubicada en cada área sanitaria eque contará, como mínimo, con dous técnicos superiores e con persoal técnico especialmenteformado para a avaliación de riscos e para a execución de plans e programas de acción.

Nos casos nos que se trate de avaliacións especialmente complexas contarase, se así sedetermina, con expertos externos ó sistema. No caso específico da avaliación e control de ris-cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación e colaboración necesarios para integra-la xestión deste importante risco laboral dentro da xestión e planificación xeral de riscos doServicio de Prevención.

O contido das distintas áreas preventivas é:

12

ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL[ ]ÁREAS PREVENTIVAS

Page 11: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos de seguridade das ins-talacións e dos equipos de traballo, actuais e futu-ros, sobre as persoas, os bens e os procesos.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución dos riscos deseguridade identificados e as súas consecuencias.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos de seguridade:

- dos subministros- das empresas contratadas e dos servicios externalizados - dos procesos- dos productos ou servicios elaborados- dos bens patrimoniais

[ ACCIÓNS:Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- Os requisitos esixibles ós equipos e instrumentos utilizados no proceso productivo

- Os requisitos esixibles nos traballos a desenvolver polas empresas contratadas e servi-cios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia ou control

- A análise dos riscos de seguridade e o desenvolvemento da boa práctica de traballo

- A investigación de accidentes e incidentes

- A sinalización dos lugares de traballo

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados

- Os requisitos esixibles ós procesos para evitar riscos medioambientais

- A verificación da idoneidade e operatividade dos dispositivos de protección de benspatrimoniais

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- A redacción, posta en marcha e mantemento da operatividade dos Plans de Emerxenciae Evacuación

13

[ ]ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO1

Page 12: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos producidos por axentesquímicos, físicos e biolóxicos, actuais e futuros,sobre as persoas, os bens e os procesos.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución dos riscos dehixiene identificados e as súas consecuencias.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos de prevención da saúde e de hixiene:

- dos subministros - das empresas contratadas e dos servicios externalizados- dos procesos- dos productos ou servicios elaborados- dos residuos xerados- dos bens patrimoniais

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- Os requisitos esixibles na recepción dos productos

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- Os requisitos esixibles no traballo a desenvolver polas empresas contratadas e dos ser-vicios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia e control

- A análise e avaliación dos riscos asociados ó medioambiente laboral

- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados

- Os requisitos esixibles ós residuos xerados para evitar riscos medioambientais

- Os requisitos esixibles no seu caso ós bens patrimoniais

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- Das pautas a seguir ante situacións de emerxencia

14

[ ]ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO2

Page 13: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos hixiénicos e de seguri-dade actuais e futuros sobre a saúde das persoas.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución das conse-cuencias dos riscos hixiénicos e de seguridadeidentificados sobre as persoas.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- Medicina Preventiva Laboral- Prestación de Asistencia Sanitaria por patoloxía de orixe laboral

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:

- O deseño de protocolos médicos específicos de vixilancia de saúde en función dos riscoslaborais

- O deseño de protocolos para a identificación de traballadores/as especialmente suscep-tibles a determinados axentes ou situacións de traballo específicas e elaborar programasde actuación para evitar ou diminuí-lo seu risco

- O deseño de programas de control biolóxico da exposición ocupacional

- O tratamento da documentación médica

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- A avaliación funcional e a adaptación laboral

- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección

- A actuación en materia de asistencia sanitaria en caso de lesión ou dano derivado dotraballo

15

[ ]ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO3

Page 14: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias das situacións de traballo e dosfactores técnicos, organizacionais e psicosociaissobre a seguridade e saúde das persoas e sobrea eficacia do sistema.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para con-tribuír á concepción ou á transformación dassituacións de traballo nos seus aspectos técni-cos e socioorganizacionais, co fin de que o tra-ballo se realice sen compromete-la saúde e aseguridade dos traballadores e cun máximo deconfort e eficacia.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- subministros para que o traballo se faga con seguridade e eficacia

- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos procedementos e normas de traballo

- seguridade e eficacia da organización do tempo de traballo

- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos equipos de traballo

- seguridade e eficacia dos equipos de protección individual

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento para:

- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores psicosociais

- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores organizacionais

- A elección e utilización dos equipos de traballo

- A elección e utilización dos equipos de protección individual

- O deseño de métodos e procedementos de traballo

- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida

- Que o deseño e corrección das situacións e postos de traballo se realice cun enfoquepluridisciplinar, global e participativo

16

[ ]ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA4

Page 15: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[ OBXECTIVOS:

1. Identificación, avaliación e establecemento dasnecesidades formativas dos traballadores, dacadea directiva e dos técnicos do Servicio dePrevención do Sergas.

2. Elaboración dun Plan de Actuación para levar acabo a formación especializada, sensibilización ecapacitación do persoal técnico que ocupa os dis-tintos niveis de mando dentro da organización edos delegados de prevención, co fin de establecerun marco de referencia e un clima adecuado quepermita a operatividade do Plan Xeral dePrevención de Riscos Laborais.

[ CONTIDO TEMÁTICO:

Requisitos en materia de:

- divulgación da política de prevención do Sergas- información sobre o Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais - formación básica- formación específica- formación especial

[ ACCIÓNS:

Elaboración do Manual de Procedemento para:

- O deseño da formación básica

- O deseño da formación específica

- O deseño da formación especial

- A elaboración dos procedementos

- A elaboración das instruccións operativas

17

[ ]ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN5

Page 16: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

19

PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

FASE PREVIA:A REVISIÓN INICIAL

FASE I:DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIACIÓN

FASE II:ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES

FASE III:PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN

FASE IV:AVALIACIÓN DE RESULTADOS

Page 17: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo define a avaliación de riscos como “oproceso mediante o cal se obtén a información necesaria para que a organización estea en con-dicións de tomar unha decisión sobre a oportunidade de adoptar accións preventivas, e no seucaso, sobre o tipo de accións que deben adoptarse”. O obxectivo sería o control de riscosentendido este como o proceso de toma de decisións para tratar e/ou reduci-los riscos, implan-ta-las medidas correctoras, esixi-lo seu cumprimento e avaliación periódica da súa eficacia.

O Plan Xeral de prevención de riscos terá unha vixencia de 5 anos, e os instrumentos opera-tivos que o desenvolvan concretaranse en Plans Anuais, perseguindo obxectivos alcanzables.Os plans anuais desenvolveranse en base a Programas Específicos que poderán referirse aun risco concreto, a unha zona, un servicio ou departamento ou a un posto de traballo. Para arealización dos programas nomearanse comisións técnicas compostas por técnicos doServicio de Prevención, mandos, delegados de prevención e traballadores implicados, poden-do incluír expertos externos con funcións de asesoría en temas moi específicos.

De acordo co RD 39/1997 dos Servicios de Prevención, a avaliación de riscos ten porobxecto estima-la magnitude daqueles riscos que non se poidan evitar.

[ As fases cronolóxicas do proceso de avaliación e xestión de riscos serán as seguintes:

20

PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN

[

NON

ANÁLISE DO RISCO

RISCO CONTROLADO

AVALIACIÓN DO RISCO

RISCO TOLERABLE

CONTROL DO RISCO

VALORACIÓN DO RISCO

IDENTIFICACIÓNDO PERIGO

ESTIMACIÓN DO RISCO

XESTIÓN DO RISCO

1. Fase previa ou inicial: análise da situación de partida

2. Fase I: avaliación de riscos

Identificación de perigosAvaliación do risco

3. Fase II: Establecemento de prioridades

4. Fase III: Plans e Programas de acción

5. Fase IV: Avaliación de resultados

Figura 1: Proceso de xestión do risco ( Norma UNE 81905 EX )

Page 18: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

1. Os requisitos lexislativos e regulamentarios que lle son de aplica-ción ó Sergas e grao de cumprimento

2. Análise do grao de validez das avaliacións e rexistros feitos sobreriscos laborais

3. Análise das prácticas e procedementos existentes de prevenciónde riscos laborais

4. Análise dos recursos humanos e técnicos propios dispoñibles naactualidade para as actividades de control de riscos

5. Avaliación do aproveitamento da investigación dos incidentes,accidentes e enfermidades laborais que tiveron lugar.

1. Identificación de perigos

2. Avaliación de riscos

A metodoloxía de avaliación estará recollida no manualcorrespondente. Como norma xeral empregaranse métodosque estean validados e que permitan a comparación dosresultados con outras empresas (en función de ámbito xeo-gráfico, sector de actividade, etc).

Por este motivo, parece razoable utiliza-la guía de avaliación deriscos laborais publicada pola Xunta de Galicia, e que respecta osprincipios establecidos na norma UNE 81905 EX, así como ametodoloxía de autoavaliación de condicións de traballo nos cen-tros sanitarios publicada polo INSHT. No caso de riscos nos queexista unha regulamentación ou guías específicas (pantallas devisualización, manipulación de cargas, radiacións ionizantes...), esempre que sexan aplicables a cada situación específica a ava-liar, utilizarase a metodoloxía indicada en cada caso.

Os riscos clasificaranse en función da gravidade do dano e daprobabilidade de que ocorra. Tamén pode ser de interese cla-sificalos por zonas xeográficas, estamentos, áreas, etc. Encanto ós criterios de referencia, sempre que exista normalegal que estableza límites de exposición, este será o valor dereferencia a ter en conta. De non existir dita norma, recorrira-se a normas de organismos acreditados e recomendaciónscientíficas recollidas na bibliografía.

21

FASE PREVIA[ ]A REVISIÓN INICIAL DEBE CUBRI-LAS SEGUINTES ÁREAS CLAVES:

FASE I[ ]DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIA-CIÓN PARA LEVAR A CABO A:

Page 19: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

As prioridades de acción estableceranse en base a criteriostécnicos (resultados da fase de avaliación de riscos) e crite-rios económicos (presupostos dispoñibles).

Os métodos de control dos riscos detectados escolleranse deacordo cos principios establecidos na lei 31/1995 e na normaUNE 81900 EX:

- Combate-los riscos en orixe

- Adapta-lo traballo á persoa actuando sobre o deseño dospostos de traballo, sobre a elección de equipos, e sobre osmétodos e procedementos de traballo

- Escoller medidas de protección colectivas de preferencia ásindividuais

- Ter en conta o progreso técnico

- Substituí-lo perigoso polo menos ou nada perigoso

- Da-las instruccións necesarias e adecuadas ós traballadores

En función dos resultados da avaliación e das prioridadesestablecidas estableceranse programas de control e segui-mento dos riscos detectados.

A planificación dos programas incluirá unha descrición ouanálise da situación inicial, así como da metodoloxía de aná-lise, de avaliación, de seguimento e de control de resultadose dos prazos de execución de cada unha das fases. Paracada programa nomearase unha Comisión Técnica responsa-ble da súa execución.

Así mesmo establecerase un mecanismo de avaliación de ris-cos ante calquera cambio nas condicións de traballo: intro-ducción de equipos novos, cambios nas instalacións, etc.

22

FASE II[ ]ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES

FASE III[ ]PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN

Page 20: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

23

Na memoria anual quedarán reflectidas tódalas actividadesrealizadas en materia de prevención de riscos, comparandoresultados obtidos cos obxectivos previstos.

No manual de procedemento de avaliación de cada risco esta-blecerase o tipo de indicadores que se utilizarán para avalia-la eficacia das medidas preventivas. Nas situacións nas queo risco non se poida eliminar, establecerase un mecanismode control e avaliación periódica, tanto do risco coma dassúas consecuencias para a saúde dos traballadores e a segu-ridade e eficacia da organización.

FASE IV[ ]AVALIACIÓN DE RESULTADOS

Page 21: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

27

RESPONSABILIDADES

- DA DIRECCIÓN DO SERGAS

- DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

- DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO

- DOS MANDOS INTERMEDIOS

- DOS TRABALLADORES

- DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE

- DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA

- DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Page 22: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[1. Liderar e difundi-la política de preven-ción do Sergas

[2. Promover e favorece-la implantacióndunha cultura preventiva positiva encami-ñada a solventa-los problemas que poidanxurdir

[3. Planifica-la acción preventiva, propor-ciona-los instrumentos necesarios paralevala a cabo e avalia-los resultados

[4. Favorecer e establece-los mecanis-mos necesarios para unha axeitada coor-dinación do Servicio de Prevención deRiscos Laborais con outros departamen-tos ou estructuras da organización, co finde que a integración da prevención a tódo-los niveis productivos e de xestión sexaunha realidade

[5. Establece-los mecanismos necesariospara elaborar e manter actualizada adocumentación esixida na normativa enmateria de prevención de riscos

[6. Ter actualizada a documentaciónrequerida pola normativa vixente

[7. Establecer un sistema de auditoríacomo instrumento de control da xestión deprevención de riscos

[1. Difundi-la política de prevención doSergas

[2. Participar na implantación dunha cultu-ra preventiva positiva

[3. Planificar, coordinar, executar, actuali-zar e avalia-lo Plan Xeral de Prevención deRiscos Laborais

[4. Planificar, coordinar, executar e avalia-los plans anuais de cada área

26

RESPONSABILIDADES

DA DIRECCIÓN DO SERGAS

DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Page 23: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[5. Planificar, coordinar, executar e avalia-los programas específicos de acción

[6. Formar en técnicas preventivas ó restode responsables da prevención dentro daorganización: delegados de prevención,mandos e traballadores

[7. Programar actividades informativassobre a política de prevención de riscos, osistema de xestión implantado e os resul-tados que se van obtendo

[8. Asesorar e subministrar apoio técnicoá dirección e traballadores en materia deprevención de riscos laborais

[9. Coordina-los programas, accións edecisións das distintas áreas preventivasdándolle deste xeito un carácter multidis-ciplinario á prevención de riscos laborais

[10. Coordinarse con outras estructuras daorganización co fin de integra-la preven-ción en cada proceso productivo

[11. Coordinarse con outras áreas queteñan funcións de control de riscos dentroda organización: Servicio deRadioprotección, Servicios de Prevencióndas empresas contratadas ou externaliza-das, etc.

[12. Coordinar e controla-las actuaciónsdos expertos externos que actúen en ava-liación ou control de riscos laborais

[13. Propoñer á dirección e ós Comités deSeguridade e Saúde as persoas quedeben formar parte das ComisiónsTécnicas de Traballo

[14. Elaborar e manter actualizada a docu-mentación esixida na normativa en mate-ria de prevención de riscos

[15. Elabora-la memoria anual de actividades

27

Page 24: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[1. Colaborar na implantación dunha cultu-ra preventiva positiva

[2. Executa-los programas de acción quese establezan nos plans anuais

[1. Difundi-la política de prevención doSergas

[2. Lidera-la implantación dunha culturapreventiva positiva encamiñada a solven-ta-los problemas que poidan xurdir

[3. Integra-la prevención de riscos labo-rais dentro da actividade de traballo

[4. Participar na avaliación de riscos epropoñe-las medidas preventivas máis efi-caces

[5. Informar ós traballadores sobre os ris-cos específicos do seu posto de traballo

[6. Formar ós traballadores en procede-mentos de traballo seguros

[1. Participar na avaliación de riscos doseu posto de traballo

[2. Comunica-los riscos detectados e pro-poñer medidas de prevención

[3. Ser suxeitos activos na prevención deriscos cumprindo coas instruccións que seestablezan nos procedementos de traballo

28

RESPONSABILIDADES

DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO

DOS MANDOS INTERMEDIOS

DOS TRABALLADORES

Page 25: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[1. Coñecer e difundi-la política de preven-ción e o plan xeral de prevención de riscosdo Sergas

[2. Promove-la implantación dunha culturapreventiva positiva

[3. Coñece-la estructura do Sistema dePrevención e do Servicio de Prevención deRiscos Laborais do Sergas

[4. Coñece-los plans e programas de pre-vención de riscos do Sergas e favorece-loseu desenvolvemento

[5. Coñece-la documentación relativa áavaliación e control de riscos laborais doSergas

[6. Coñece-la normativa vixente aplicableó Sergas en materia de prevención de ris-cos laborais

[7. Arbitrar e resolve-las discrepanciasxurdidas na aplicación da normativa

[8. Coñece-la memoria anual de activida-des en materia de prevención de riscos

[1. Coñecer e difundi-la política de preven-ción do Sergas e favorece-la execución doPlan Xeral de Prevención de RiscosLaborais

[2. Promove-la implantación dunha culturapreventiva positiva

[3. Coñece-los plans e programas de pre-vención de riscos no/s centro/s da súaárea de actuación e favorece-lo seudesenvolvemento

[4. Coñece-la documentación relativa áavaliación e control de riscos laborais doscentros e traballadores da súa área deactuación

29

DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE

DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA

Page 26: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

[5. Coñece-la normativa vixente aplicableó Sergas en materia de prevención de ris-cos laborais

[6. Coñece-los resultados da avaliaciónde riscos e as medidas preventivas pro-postas dos centros e traballadores da súaárea de actuación

[7. Coñece-la memoria anual de activida-des en materia de prevención de riscosnos centros da súa área de actuación

[1. Colaborar na acción preventiva respec-tando os principios establecidos no PlanXeral de Prevención de Riscos Laborais eas prioridades establecidas logo das ava-liacións realizadas

[2. Fomentar entre os traballadores unhacultura preventiva positiva, dirixida semprecara á resolución de problemas, como ins-trumento de mellora das relacións labo-rais no seu conxunto

[3. Participar eles mesmos e estimula-laparticipación dos traballadores na avalia-ción de riscos e na proposta de medidaspreventivas

[4. Comunica-los riscos detectados polostraballadores nos seus postos de traballoe propoñer medidas preventivas

30

RESPONSABILIDADES

DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Page 27: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

33

AVALIACIÓN D

O SISTEMA

DE P

RL

Page 28: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

Establecerase un Manual de Procedemento de avaliación da eficacia e eficiencia do siste-ma de xestión da prevención onde se indicará:

1. O sistema de auditoría escollido

2. O sistema analítico de avaliación de custos derivados de erros e fallos no sis-tema

3. O sistema analítico de avaliación de custos en medidas preventivas

32

AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL

Page 29: DE RISCOS PREVENCIÓN - sergas.es · tempo que responde á filosofía e obrigas da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do RD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal

DEP L A N X E R A Ldis

ponobl

e en v

ersión

caste

llana

solici

tud en

el te

léfono

: 981

546 43

5

CONSELLERÍA DE SANIDADEE SERVICIOS SOCIAISDE GALICIA

PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

XUNTA DE GALICIA