DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas...

20
DE MUSA OU MODELO A CREADORA LUGAR: SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA AUTORAS DA PROPOSTA: María Tobío Emilia Barreiro

Transcript of DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas...

Page 1: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

DE MUSA OU MODELO A CREADORA

LUGAR: SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA

AUTORAS DA PROPOSTA:

María Tobío Emilia Barreiro

Page 2: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Esta actividade tivo lugar a mañá do 8 marzo de 2015 no Sexto Edificio do Museo de

Pontevedra. Tratouse dunha actividade para conmemorar o Día da Muller e nela, ademais

dos asistentes participaron María Tobío, traballadora do Museo, e a artista Emilia Barreiro

(EBA).

Esta proposta estruturouse da seguinte maneira:

1/ Percorrido pola obra de diferentes mulleres artistas que forma parte da colección do

Museo tendo como guía a María Tobío.

2/ O papel das mulleres co tempo dentro do mundo da arte. Exposición dos traballos: EBA

(Mª Emilia Barreiro Augusto) e happening 1.

3/ Actividade cos asistentes: imaxe en movemento ou performance e imaxe fixa ou body art

e happening 2 (titulado Manifiesto artístico).

1/ PERCORRIDO POLA OBRA DE DIFERENTES MULLERES ARTISTAS QUE FORMA

PARTE DA COLECCIÓN DO MUSEO TENDO COMO GUÍA A MARÍA TOBÍO.

María Tobío, antes de comezar o percorrido pola obra das diferentes mulleres artistas

representadas na colección do Museo de Pontevedra, deu datos da pouca participación de

mulleres na actividade artística a pesar de que a maioría do alumnado das Facultades de

Belas Artes son mulleres (por exemplo, na promoción da artista Emilia Barreiro, un 80% eran

alumnas).

Tras esa primeira análise sobre a participación da muller no mundo da arte, María

mostrounos a obra de mulleres que alí se expón, unha porcentaxe moi baixa en comparación

con todo o que se amosa no Museo. Entre as artistas que mencionou ó longo do percorrido,

hai diferentes perfiles de mulleres: as que pintan como unha forma de diversión, unha muller

que traballou nun ámbito artístico máis asociado cos homes (a escultora Elena Colmeiro),

unha que acadou recoñecemento similar a outros artistas masculinos (Maruja Mallo) ata as

que son licenciadas en Belas Artes (xa non é un entretemento, é un compromiso, un traballo

ou unha forma de vida). As artistas que se mencionaron son: Maruja Mallo, Julia Minguillón,

María Antonia Dans, María Victoria de la Fuente, Tatiana Medal, Almudena Fernández Fariña,

Berta Caccamo, María Carmen Corredoira, Elena Colmeiro, Carmen B. Méndez Núñez, Elvira

Santiso e María Rosset Mosquera.

Page 3: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Fotos durante o percorrido pola obra de mulleres artistas no Museo con María Tobío

María Tobío falando da obra de mulleres artistas que aínda seguen en activo.

2/ O PAPEL DAS MULLERES CO TEMPO. EXPOSICIÓN DOS MEUS TRABALLOS: EBA

(Mª EMILIA BARREIRO AUGUSTO)

Despois do breve pero intenso percorrido pola produción feminina e na sala onde

están as licenciadas en Belas Artes, a artista Mª Emilia Barreiro Augusto (outra licenciada en

Belas Artes) pasou a desenvolver a súa proposta.

Comezou expoñendo que no ámbito artístico as mulleres ó igual que outros artistas

exploran variedade de materiais e técnicas para crear. Sinalou concretamente que aínda que

alí só se puido ver unha gran produción pictórica e algunha peza escultórica da mesma

autora (Colmeiro), a produción feminina vai máis alá deses ámbitos tradicionais artísticos

(debuxo, pintura e escultura).

As particulares necesidades de expresión das mulleres conducíronas a buscar novas

Page 4: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

formas de creación que aínda hoxe son descoñecidas para moitas persoas que non participan

directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que

EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus, Instalación, Videocreación,

Body Art, Happening e Performance, onde a participación de mulleres é superior ca dos

homes aínda que non única. Ademais mencionou a artistas como as Guerrilla Girls, Marina

Abramovic, Louise Bourgeois, Jenny Holzer, Ana Mendieta… E para ilustrar ó público e

achegarlles dalgunha forma máis directa á obra destas mulleres, levou o único libro que ten

atopado no que se faga algunha referencia á produción de artistas femininas: MUJERES

ARTISTAS. Ademais resaltou que parece incrible que aínda hoxe para ver a obra de mulleres

haxa que crear un libro exclusivamente de mulleres, porque non exista un libro de historia da

arte que mencione a algunha artista muller, quizás algún poida mencionar a Frida Khalo,

pero a cantas mulleres artistas descoñecemos por non dispor de información sobre elas? Se

vamos nun camiño cara a igualdade, por que non podemos ter dereito a ver nun libro de

historia na escola, instituto ou onde sexa referencias a mulleres que teñan feito producións

artísticas como si vemos de escritoras ou músicas?

Emilia Barreiro amosando ós asistentes o libro de MUJERES ARTISTAS

Page 5: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

EBA falalndo de SOPHIE CALLE Público observando cartel das GUERRILLAS GIRLS

A continuación, a artista pasou a mostrar as súas propias producións incluídas dentro

destes xéneros artísticos e directamente relacionadas co papel da muller na arte e na

sociedade. Pero a exposición das súas obras non foi unha simple proxección ou explicación,

senon que fixo partícipes ós asistentes. Isto débese a que para ela o punto de vista do

espectador é relevante, máis importante se cabe que o dela mesma; xa que son estes os que

finalmente valoran a súa obra e lle aportan outras perspectivas que quizás ela ignoraba,

convertendo a súa obra en algo enriquecedor e dinámico que evoluciona aínda despois de

terminada. E é neste punto onde se pode percibir que esta autora ademais de ser artista é

docente e considera que a aprendizaxe é algo que dura toda a vida.

Pero, cómo os fixo partícipes? Pois elaborando un happening tomando as súas obras

como punto de referencia. Primeiramente, púñalles o seu vídeo ou imaxe para que despois o

público opinara sobre o que vía.

Seguidamente, a autora expuña de forma breve o camiño que a levara a esa peza e, ó final,

sacaba unhas conclusións xunto coas persoas que asistiron ó evento.

Page 6: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Emilia Barreiro, María Tobío e os asistentes durante a proxección de vídeos

EBA durante a proxección do vídeo Trazos

O primeiro vídeo proxectado foi o titulado 2en1. Unha vez que rematou, a artista

pediu ós asistentes a súa opinión e, aínda que a resposta tardou en sair, a conclusión á que

chegaron foi que reflicte o papel da muller na historia da arte, do paso de musa ou modelo a

artista. No vídeo, ademais de ver á autora nesas dúas facetas de muller modelo ou muller

artista, podíase ver a referencia a eses papeis en diferentes momentos da historia da arte

como as modelos de Yves Klein ou unha actuación de Marina Abramovic. Porque a idea da

artista gardaba relación co comentado polo público, pretendía mostrar o enfrontamento

entre a modelo e a artista no interior dunha muller que traballa no ámbito artístico.

Finalmente, ese enfrontamiento resólvese coa artista coma triunfadora, porque na imaxe

final a muller artista posa coma se fose a Gioconda, pero dirixindo a postura ó sentido

contrario coa obra de Leonardo Da Vinci e como tomou esa decisión non é unha simple

modelo. Deste detalle non se tiña decatado a audiencia e a artista explicoullo.

Enfrontamento da muller artista e a modelo no vídeo 2en1

Page 7: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

O seguinte vídeo a diferenza de 2en1 está feito a cor e caracterízase pola falta de

título.

A artista ó igual que co vídeo anterior, pediulle á xente que comentara as súas

impresións. A primeira idea que propuxeron foi a de que que é unha muller que non quere

estar atada ós labores sempre asociadas ás mulleres e que quer dedicarse a outra cousa,

que quere ser artista. Esta idea está relacionada con esas actividades á que a muller se ten

asociado sempre: labores domésticas, o mundo da costura… e o que pretende é dar valor ó

traballo que sempre fixeron as mulleres, por que a arte non pode ser calquera mostra de

creatividade?

Fragmento vídeo S/T

O terceiro vídeo proxectado títulase Vestigios, é a cor coma o anterior e nel

emprégase unha barra de labios, un elemento moi ligado á muller. Segundo o público fai

fincapé nesa muller modelo, na beleza feminina. Pero en realidade o que revela é algo que

va máis alá de empregar unha maquillaxe para verse fermosa. É como dixo un neno que veu

á mostra: é unha muller que pinta sobre o seu corpo. Con iso desvela a capacidade de

calquera muller para poder decidir como actuar dunha forma ou doutra, porque non pinta os

beizos senon que reproduce unha especie de casa no seu ventre. A idea que pretende a

autora reflexar é o concepto dun primeiro fogar: cando lle propós a alguén que fale do seu

primeiro fogar pensa na casa que viviu na súa nenez, pero nesta ocasión eu amoso ó

espectador unha casa que todos temos previamente, o ventre da nosa nai.

Fragmento vídeo Vestigios

Page 8: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

O último vídeo que EBA mostrou foi o que ten por título Trazos, non é propiamente

unha videocreación coma o resto, xa que naceu dunha idea para unha performance, que

formou parte da Marcha Mundial das Mulleres de 2004, cuxo tema principal era A VIOLENCIA

DE XÉNERO. Cando o público viu esta acción repetida unha e outra vez causoulle sensación

de agobio e dixeron cousas coma: “faise moi longo” ou “mostra a esclavitude dunha muller

maquillándose cada mañá para verse ben”.

Pero cando se lles comentou o contexto no que a performance foi creada, chegaron ó tema

tan candente hoxe en día a agresividade que invade varios fogares. E en realidade o que a

autora pretendía con esta peza era mostrar: como unha muller maltratada oculta a súa

situación grazas á maquillaxe que se pon, pero eu coa miña acción intento mostrar o

contrario a crudeza desa situación servíndome dese mesmo material.

Fragmento vídeo Trazos

Antes de comezar coa actividade na que os artistas participarían máis directamente, a

autora EBA pasou a mostrarlle unha serie de imaxes fixas (fotografías), tamén produción

propia que gardan relación con estes temas e comentáronas, do mismo xeito que cos vídeos.

A primeira delas foi un fotograma do vídeo Trazos, a partir do que a artista creou

varias imaxes como, por exemplo, un gravado. A imaxe é un ollo que ten moi próxima a

punta dun lapis de ollos. A conclusión que se extraeu desta imaxe foi que era algo moi

agresivo que podía resumir a angustia reflectida do vídeo, ó que a artista engadiu: é coma se

ese lapis se tratara dun puñal, un reflexo evidente da VIOLENCIA DE XÉNERO.

Page 9: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Ollo de TRAZOS

A segunda fotografía lembra ó vídeo Vestigios. É unha fotografía titulada TOPOS.

Emilia explicou que topos significa lugar e así o seu público percatouse de que esta imaxe

revela ese primeiro lugar onde comezamos a vivir: o ventre da nosa nai.

Topos

Breve explicación da obra en mans dunha das persoas que viñeron

á proposta ese día.

A seguinte imaxe é a única das mostradas que é en branco e negro e se titula

OBJETO DE DESEO. A xente comentaba que era a busca da beleza ideal que todos

facemos nalgún momento, ó que a artista engadiu: é coma unha prenda de vestir

inalcanzable, coma se o seu valor fora algo excesivamente caro, algo só para uns poucos;

por iso, ese obxecto de desexo.

Page 10: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Obxecto de desexo

Breve explicación da obra en mans dunha das persoas que viñeron á proposta ese día.

A cuarta imaxe mostra un particular retrato da artista que se converteu nun obxecto

cotián.

É unha fotografía tamaño carné que leva por título AUTORRETRATO e é a artista de costas

á cámara e o correspondente DNI con esa imaxe. A xente sorprendeuse ante aquilo e a

artista simplemente lles dixo: unha mostra máis da súa propia identidade, da súa capacidade

de decidir como actuar.

Fotos Autorretrato

DNI con nueva foto

Page 11: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

Parte do grupo asistente contemplando e opinando acerca das imaxes de body art da artista EBA.

A última imaxe, titulada EROS, provocou incerteza e desconcerto por non saber que

parte do corpo saía alí reflectida. Uns opinaban que unha boca, outros que algunha postura

singular das mans e outros puideron deixar voar o seu maxín pensando en Erotismo; pero en

realidade é unha fotografía dos pés da artista. Ela sinalou que o equívoco, a provocación é

algo que utilizan algúns artistas para captar a atención do seu público e que ela nesta

ocasión pretendía dicir que: non é ouro todo o que reloce, que o punto de vista de quen ve a

imaxe a modifica.

Eros

Page 12: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

3/ ACTIVIDADE COS ASISTENTES

Os asistentes pouco antes de empezar a realizar as súas creacións.

Este ano o tema do Día Internacional da Muller é o firme chamado da Campaña Beijing+20

de ONU Mulleres: “Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade:

Imaxínao!” E é por isto que queremos facelos partícipes desta proposta como unha forma

máis de defender as conquistas das persoas, recoñecer desafíos e dirixir maior atención ós

dereitos de todos e a igualdade de xénero para motivar a todas as persoas.

Emilia Barreiro explicou que a palabra empoderamento vén do inglés empowerment e

significa facultarse, habilitarse, autorizarse. Consiste na transformación pola que unha persoa

pasa a ser un ser individual, independente e coa capacidade de decidir de que maneira

actuar. E é por iso que as persoas que alí se encontraban guiadas por esta artista acabarán

actuando e xenerando as súas propias creacións.

Para iso propúxolles que, de forma individual ou en pequenos grupos, realizaran a súa

propia performance utilizando como materiais o seu propio corpo, maquillaxe (pintalabios,

lapis de ollos…), unha cámara fotográfica ou o seu propio móbil e unha serie de tarxetas con

antónimos. Estes binomios de palabras antónimas gardan relación coas obras das mulleres

artistas mencionadas, ademáis do papel da muller en diferentes ámbitos ou simplemente

conceptos relacionados coa “actuación” de calquera persoa (por exemplo, a loita das persoas

discapacitadas por integrarse nun mundo de supostos capacitados). Os antónimos que se lles

proporcionaron foron os seguintes: modelo/creadora, artesá/artista, beleza/fealdade,

habitual/excepcional, sumisión/liberdade, confianza/inseguridade, soidade/compañía,

Page 13: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

silencio/palabra, diversión/compromiso, retroceso/avance, capacidade/discapacidade e

agresividade/tranquilidade. Todos os binomios non foron utilizados polos asistentes, pero os

empregados pódense ver a continuación:

Modelo – Creadora

Artesá – Artista

Sumisión – Liberdade

Confianza – Inseguridade

Silencio – Palabra

Diversión – Compromiso

Capacidade – Discapacidade

Agresividade - Tranquilidade

Proceso de selección ó chou das tarxetas cos binomios antónimos

Finalmente, puxéronse mans á obra e cando cada parella do grupo tivo o seu

correspondente binomio comezaron a “actuar”. Algúns necesitaron algunha axuda máis de

EBA, pero outros tíñano claro practicamente desde o primeiro momento. EBA procedeu a

gravalos coa súa cámara, excepto as propostas do grupo de tres persoas que levaron a súa

propia cámara fotográfica e realizaron as súas propias fotos.

Os resultados foron impecables e sorprendentes e, entre eles, había catro

vídeo-performances e catro imaxes fixas enmarcadas no chamado Body Art.

Page 14: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

VÍDEOS:

MODELO – CREADORA. Nesta escena podes contemplar un pequeno desfile no que participa unha modelo nova e un home que lle tira fotos, nunha improvisada pasarela no interior dun museo.

CONFIANZA – INSEGURIDADE Esta acción inclúe dous momentos: un onde o neno confía na súa nai para que o recolla cando el cae lentamente cara atrás e, outro, no que a nai na mesma situación non confía en que o seu fillo a sosteña.

SILENCIO – PALABRA. Neste vídeo unha muller realiza uns debuxos cun lapis de ollos na súa boca, mentres é sorprendida por un mozo que non para de falar. Cando este marcha, a moza limpa os símbolos sobre a súa boca e remata a acción dicindo unha única palabra: “palabra”.

Page 15: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

CAPACIDADE – DISCAPACIDADE. Unha moza representa a unha discapacitada física que non ten unha perna e a outra é unha persoa sen ningún problema físico e ambas comezan a saltar e amosan como a ambas as dúas lles resulta cansado realizar ese movemento a medida que pasa o tempo.

FOTOGRAFÍAS:

SUMISIÓN – LIBERDADE. Unha moza nova e unha muller maior representan sobre os seus pulsos dous grillóns debuxados cun lapis de ollos negro. O da rapaza solto e o da outra muller, pechado.

ARTESÁ – ARTISTA. A muller artista de pé ordena á muller artesá situada de xeonllos fronte a ela que o moldee a súa propia perna.

Page 16: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

DIVERSIÓN – COMPROMISO. Unha muller ten unha pose de bailarina de ballet, pero esa profesión ademais de divertida implica un compromiso reflectido noutra muller axeonllada como pedíndolle matrimonio.

AGRESIVIDADE –TRANQUILIDADE. Unha rapaza mira indiferente para outro lado, mentres parece que vai recibir unha piña doutra persoa.

Tralas particulares “actuacións” de cada grupo, analizouse e intercambiáronse

opinións da complexidade para pensar que facer, os resultados obtidos, etc. Algunhas das

ideas que se puideron extraer desta fase da proposta foron:

MODELO – CREADORA. A moza realiza o papel de modelo, pero ela ideou a proposta.

Por iso, dunha forma sinxela, se reflicte a capacidade de actuar das mulleres, pero tamén

o mozo realizando o seu papel de fotógrafo reivindica que, no camiño cara á igualdade,

un paso pode ser a colaboración.

CONFIANZA – INSEGURIDADE. Aínda que pareza sorprendente foi o neno o que

propuxo isto. Algunhas performances teñen un compoñente de improvisación e ós adultos

por varias razóns cústanos deixarnos levar por ela. Igual que nos pode custar confiar

nalguén para que nos recolla como mostra esta acción.

SILENCIO – PALABRA. Aparentemente a muller da imaxe parece un suxeito pasivo

que non ten que dicir, pero a súa postura corporal e os seus movementos e a única

Page 17: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

palabra que di ó final da acción convértena nese suxeito activo.

CAPACIDADE – DISCAPACIDADE. Cunha sinxela demostración dunha das

habilidades motrices básicas, o salto, reivindícase que calquera pode facer o que se

propoña, que nada ten que ver coa túa capacidade físico-mental. Os límites só nolos

poñemos nós.

SUMISIÓN – LIBERDADE. Os grillóns simbolizan unha prisión, unha falta de

liberdade. Con este particular xesto representan a anterior opresión e sumisión das

mulleres sobre a pel da muller máis vella e a liberación chega con eses grilletes soltos

sobre a muller nova.

ARTESÁ – ARTISTA. Moita xente, mesmo os asistentes que alí estaban, crían que

estes conceptos significaban o mesmo, pero non é así. EBA explicoulles que un artesán é

unha persona que domina unha técnica e cuxa finalidade é a funcionalidade (o ebanista

crea unha cadeira para sentarse), pero o artista é alguén que ten unha idea e intenta

reproducila sexa con axuda dun artesán ou por el mesmo; a súa finalidade vai más alá da

mera funcionalidade (no caso da cadeira o artista pensaría nun corpo).

DIVERSIÓN – COMPROMISO. Un artista pode crear para divertirse, pero tamén

supón un compromiso consigo mesmo. Porque intenta expresarse con aquilo que fai e co

seu público. Porque unha obra de arte é tamén un acto comunicativo e os espectadores

reciben unha mensaxe.

AGRESIVIDADE – TRANQUILIDADE. Nos poucos meses que levamos de 2015 xa ten

habido varias mulleres mortas a man da súa parella, pero a violencia de xénero non é a

única mostra de agresividade. En ocasións, parece que miramos para outro lado coma se

non ocurrira nada en lugar de intentar cambiar esta situación.

Unha vez finalizado isto, só quedaba unha última colaboración en equipo, a realización

dun segundo happening que levou por título MANIFESTO ARTÍSTICO. O happening tamén

é unha construción artística onde a espontaneidade toma forma e significado estético.

O público, desde unha certa madurez social e pública, quere e necesita expresar a súa

opinión e entrar, á súa vez, no sistema de proposicións culturais onde a emisión ten aínda a

condición protagonista. E, tendo en conta isto, a artista Emilia realiza as seguintes cuestións

ó seu público:

Page 18: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

- Que é a arte?

- Cales son as características do bo artista?

- Cal é o papel da muller no mundo da arte?

Nesta última fase da actividade, ademáis de responder ás preguntas elaboradas por

Emilia, comentáronse diferentes aspectos relacionados con toda a actividade. Un resumo

diso sería:

A arte é sentimento, comunicación, é unha necesidade, é o día a día. A arte tamén é

algo que nos pode axudar a comprender a vida, porque é parte esencial dela mesma. E

intentando definir que é xurdiu outro importantísimo interrogante, a quen vai dirixido? A

arte actual está como orientada a uns poucos provocando a incomprensión e

rexeitamente da maior parte do público, pero isto non debe ser así. A arte é algo que ten

que ver co público que o observa, aínda que un artista pode crear só como unha forma

de expresarse pero ten que ser consciente que ese produto final o verán outros e

poderán opinar sobre iso.

O neno que asistiu ó evento dixo que un bo artista é aquel que mira á natureza, ó que

Emilia Barreiro engadiu que debe ser sensible ó que o rodea e observar ese mundo con

maior detención que outras persoas. Debería ser alguén capaz de expresarse, pero tamén

de comunicarse cos demais a través daquilo que crea.

En relación ó binomio arte-muller, o que se falou a nivel xeral é o descoñecemento

da obra de mulleres artistas, aínda que nese día descubriron que había varias grazas ás

referencias que deron María Tobío e Emilia Barreiro. Pero algunha persoa tamén

comentou que non lles parecía ben que houbera un libro exclusivamente coa obra de

mulleres. Finalmente, reivindicouse o dereito para descubrir a obra de mulleres artistas

en calquera libro de historia ou historia da arte e que desde pequenos poidamos coñecer

obra de mulleres e homes en igualdade de condicións.

Tamén se comentou que non debía haber un DÍA DA MULLER TRABALLADORA,

porque ningunha muller necesita que lle lembren que é traballadora. Pero se non existira

este día, máis ben o que este día significa, poderiamos gozar de traballar en cousas que

non sexan só as domésticas ou similares?

Algunha das asistentes comentaron que a pesares de dedicarse a profesións máis

relacionadas cos homes nunca sufriron discriminación pola súa condición de muller,

Page 19: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

pero a artista Emilia e outras espectadoras aínda hoxe en día teñen sufrido coñéceno a

alguén achegado que ten pasado por algunha situación desagradable como, por exemplo,

que non as contraten por risco de quedaren embarazadas.

Conciliación familiar. Sería interesante que igual que noutros países, en España

puidéramos compaxinar as nosas profesións coa vida en familia, independentemente de

sermos mulleres ou homes.

Page 20: DE MUSA O MODELO · 2015-06-23 · directamente no mundo da arte e mesmo para algunhas delas tamén. É por esta razón que EBA explicou brevemente ós asistentes conceptos como Fluxus,

DE MUSA OU MODELO A CREADORA

Artigo – reportaxe. Autora: Mª Emilia Barreiro. Año 2015