Danza vertical

25
DANZA VERTICAL Proposta de iniciación aplicada á escola

description

Proposta de iniciación aplicada á escola

Transcript of Danza vertical

Page 1: Danza vertical

DANZA VERTICALProposta de iniciación aplicada á escola

Page 2: Danza vertical

A Danza VerticalDanza vertical é unha modalidade de danza aérea na que a coreografía se representa empregando a fachada dun edificio ou a parede dun esceario, estando os artistas pendurados dunhas cordas. Nestos espectáculos mistúrase a danza contemporánea e a escalada, sendo frecuente o uso da tecnoloxía multimedia, xa sexa proxectando vídeos ou imáxes sobre a superficie vertical.

Page 3: Danza vertical

A Danza VerticalA ilusión que se crea durante a representación é que a parede tratase como si fose o chan, e os artistas son "atraídos" pola parede nunha relación inversamente proporcional á lonxitude da corda; é dicir, cantos máis metros teña a corda menos "pesa" o bailarín en dirección á parede. Aumentar a lonxitude da corda permite máis tempo para realizalas acrobacias no aire.

En etapas de inicicación deberemos de traballar a baixa altura e con colchonetas no chan para minimizar riscos. Ademáis a utlización do casco e proteccións son obrigadas

Page 4: Danza vertical

A Danza VerticalMaterial necesario para a instalación e posta en práctica da actividade.

Instalación da línea:

• Eslinga que soporte unha tonelada (posibilidade de material de construcción). Ou posibilidade de instalación na parede de parafusos de escalada con solución química.

• Se a eslinga é colocada nunha biga do teito deberemos protexela (un anaco de mangueira pode servir) e evitar rozamentos da corda.

• Mosquetón de unión entre a eslinga e a corda.

• Corda de escalada de 10-12 mm. Nó “de 8” na parte superior. Nó “de pescador” abaixo.

Page 5: Danza vertical

Instalación na parede de parafusos de escalada con solución química

Page 6: Danza vertical
Page 7: Danza vertical
Page 8: Danza vertical
Page 9: Danza vertical

A Danza VerticalPosta en práctica da actividade

• Harness escalada

• Grigri ou stop, para unión de corda e harness.

• Mosquetón que une harness e grigri.

• Puño con pedal 1mtr. Posibilidade de pedal con eslinga fina de escalada ou cunha corda facer un nó imitando a eslinga.

• Casco, codeiras e xeonlleiras como elementos de precaución antigolpes.

Si non tiveramos a posibilidade de utilizar grigris e puños, poderiamos facer un nó de 8 (onde vai enganchado o harness) á altura escollida para bailar e subir cunha escaleira ata él. Evitando a necesidade de deslizadores e bloqueadores mecánicos.

Page 10: Danza vertical

Harness escalada

Mosquetón que une harness e grigri

Grigri ou stop, para unión de corda e harness.

Page 11: Danza vertical

Puño con pedal 1mtr. Pedal con eslinga fina de escalada

Page 12: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Subir pola corda utilizando o puño e o pedal de escalada.

Page 13: Danza vertical

Exercicios de iniciaciónColocar os pés na parede, manténdose perpendicular á parede, de forma que semelle estar de pé no chan

Page 14: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Colocar os pés na parede, manténdose perpendicular á parede, cruzar unha perna por riba da corda, mantendo o equilibrio apoiando un so pé.

Facelo coas dúas pernas alternativamente

Page 15: Danza vertical

Impulsarse cunha perna sobre a parede de lado a lado

Exercicios de iniciación

Page 16: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Erger as pernas pola parede, de forma que nos apoiemos coas costas na parede.

Podemos precisar axuda desde o chan, dado que a propiocepción da postura é máis complexa en posición invertida

Page 17: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Debemos colocarnos de costas á parede, facer un xiro lonxitudinal de 180º, apoiar as mans na parde e ir subindo as mans.

Equilibrio invertido sobre a parede.

Page 18: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Igual que o anterior pero xuntando pernas ao realizar o equilibrio de mans sobre a parede

Page 19: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Facer unha roda lateral sobre o chan, pendurados verticalmente por unha corda. Faremos a axuda polas costas coas mans agarrando pola cadeira.

Page 20: Danza vertical

Exercicios de iniciaciónFacer unha balanza, horizontalmente ao chan, pendurado verticalmente.

Esto implica un gran traballo de control postural para manter o equilibrio

Page 21: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Facer unha balanza, por parellas horizontalmente ao chan, pendurados verticalmente.

Page 22: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Facer unha roda lateral sobre a parede.

Page 23: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Correr pola parede, desprazándose cara ambos lados

Page 24: Danza vertical

Correr pola parede de lado a lado para tomar impulso para realizar un xiro libre atrás

Exercicios de iniciación

Page 25: Danza vertical

Exercicios de iniciación

Realizamos un xiro atrás con impulso dunha perna a dun brazo