Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus...

8
ANIVERSARIO 4 0 1 ANIVERSARIO 4 0 Co n q u i s t a n d o e s p a z o s C o n s t r u í n d o f u t u r o #VivasLibresUnidas 8 marzo Día Internacional das Mulleres Ideas para unha escola con perspectiva de xénero: facendo da escola un espazo feminista

Transcript of Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus...

Page 1: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

ANIVERSARIO40

1

ANIVERSARIO40

Conquistando espazosConstruíndo futuro

#VivasLibresUnidas

8

mar

zoDía Internacional das Mulleres

Ideas para unha escola con perspectiva de xénero:

facendo da escola un espazo feminista

Page 2: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

8

mar

zoDía Internacional de las Mujeres

Secretaría de Mujer, Políticas de Igualdad y Políticas de LGTBIQ de la Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO). Realización, Gabinete de Comunicación de la FECCOO.

© 2018

Page 3: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

ANIVERSARIO40

3

Ideas para unha escola con perspectiva de xénero:

facendo da escola un espazo feminista

(Extraído do artigo «Breve decálogo de ideas para una escuela feminista», de Melani Penna e Yera Moreno, publicado en TE, n.º 364)

O vindeiro 8 de marzo, convocamos unha folga de dúas horas por quenda, facendo nosas as reivindicacións do movemento feminista mundial. Porque a fenda de xéne-ro segue sendo unha realidade que fai que as mulleres sigan cobrando menos ca os seus compañeiros, porque o coidado segue estando case exclusivamente nas nosas mans, porque a violencia se exerce sobre os nosos corpos coa implacable maza do asasinato, pero tamén cunha batería de accións que nos acalan, que nos silencian, que nos desgastan, que nos deixan sen alento en moitas das súas manifestacións menos visibles, menos rechamantes pero igualmente devastadoras.

A escola non estará libre desta praga mentres non sexamos quen de incorporar me-didas que dean lugar a unha educación integral libre de sexismos, machismos, cla-sismo, xenofobia, LGTBIQfobia e un longo rexistro de condutas, actitudes, contidos curriculares e mostras de continuidade de estereotipos de xénero que definen un modelo social ríxido que non se corresponde coa realidade do alumnado nin do pro-fesorado das nosas escolas. Nos centros reprodúcense todas estas normas sociais e perpetúanse as relacións de poder e subordinación tradicionais.

Cambiar esas lóxicas de poder, incorporar novas estratexias que vaian amortecendo este férreo control nas persoas, remover conciencias e promover o cambio no siste-ma educativo é unha tarefa de todas as persoas que estamos implicadas.

Para a Federación de Ensino de CCOO, o poder transformador da escola é indubi-dable, polo que insta as administracións educativas a promover cantas accións cum-pran para garantir unha educación libre de sexismos, machismos, fobias, exclusións, discriminacións e violencias.

A escola tamén debería ser un espazo para a revolución social, a transformación e a subversión, para cuestionar e cuestionarnos, para preguntarnos por que as cousas son de certa forma e como poderían ser distintas, para desbotar todos eses prex-uízos e normas que nos danan e nos exclúen.

Debería ser pioneira en incorporar estratexias que compoñan a historia enteira, nunha dimensión ampla, que introduza a historia das mulleres, por dereito, con visibilidade e con valentía.

Page 4: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

8

mar

zoDía Internacional de las Mujeres 4

Toda revolución empeza sendo pequena. Nunca deixaremos de imaxinar un mundo mellor. Non nos conformamos co que temos, por iso propoñemos estas ideas para imaxinarmos xuntas unha escola feminista. Para soñala e poñela en pé. Imaxinar, que diría Marina Garcés, é aprender a imaxinar. E ese aprender ha ser unha acción colectiva. Invitámoste a que penses con nosoutras como imaxinas unha escola fem-inista.

Para empezar, animámoste a que leas a Remedios Zafra, bell hooks, Ángela Davis, Emma Goldman, Virgine Despentes, Chimamanda Ngozi Adichie, Judith Butler, Virginia Woolf, Gloria Anzaldúa, valeria flores, Audre Lorde, entre outras. Hai moitas autoras que poden axudarche a mellorar os teus puntos de vista sobre o feminismo e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo, da xenofobia, da LGTBIQfobia.

Propoñemos algunhas ideas que poden promover unha escola integral e máis feminista:

1. Formar o profesorado dos centros en feminismo. Un programa básico de for-mación do profesorado debería incluír, polo menos, os seguintes contidos: historia do feminismo; importancia da linguaxe inclusiva; uso dunha linguaxe non excluínte; desaprendizaxe da competitividade, o machismo e o heterosexismo; consentimento e xeitos de relacionarse positivamente; toma da palabra desde a escoita e o diálogo; coidados e afectos.

2. Empregar no centro o conxunto do profesorado unha linguaxe non machista, us-ando o feminino, o neutro e mesmo outras maneiras que non supoñan pór a énfase sempre no masculino.

3. Incluír, como mínimo, a mesma cantidade de libros escritos por mulleres que por homes no currículo de Lingua e Literatura, porque a cantidade importa. Exemplos de libros e/ou autoras clásicas e modernas para incluír: Virginia Wolf, María Zambrano, Emily Dickinson, Marta Sanz, Jeannet Winterson, Ali Smith, Clarice Lispector, Sarah Waters, Alice Walker, Margaret Atwood, Alice Munro… Existen infinidade de contos, lecturas e materiais pensados para favorecer o respecto á igualdade. Pensa que é tan importante destacar proposta de homes como de mulleres. Ás alumnas da túa aula vailles axudar moio ter referentes de mulleres de todas as materias e especialmente de Lingua e Literatura.

4. Incluír, ao menos, a mesma cantidade de mulleres filósofas que de homes filóso-fos no temario de Historia da Filosofía (de novo, a cantidade importa). Exemplos de mulleres filósofas para incluír: Marina Garcés, Judith Butler, Donna Haraway, María Zambrano, Hipatia de Alexandría, Mary Wollstonecraft, Hannah Arendt, Chantal Mouffe… Seguro que ti encontras moitas máis e terás moitas propostas que facer.

Page 5: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

ANIVERSARIO40

5

5. Feminizar a historia da arte e a cultura: existen artistas, cineastas, historiadoras da arte, fotógrafas. Noméaas, dá a coñecer o seu traballo. Aquí algúns nomes, para em-pezar: Dora Maar, Artemisia Gentileschi, Sofonisba Anguissola, Mary Cassatt, Claude Cahun, Esther Ferrer, Adriane Pipper, Zoe Leonard, Camille Claudel, Ana Mendieta, Tamara de Lempicka. Esta é unha pequena mostra, hai unha infinidade de mulleres artistas excelentes.

6. Cambiar o currículo en Ciencias. Fala delas, das súas investigacións e achegas á física, a matemática, a medicina, a astronomía. Porque Marie Curie, Ada Lovelace, Rachel Carson e outras moitas existiron. Non serve de moito invisibilizar a quen deu tanto ao progreso.

7. Eliminar libros escritos por autores machistas e misóxinos entre as posibles lec-turas obrigatorias para o alumnado. Dar outra visión dos autores máis famosos. Isto non significa máis que ser veraz. Podes expoñer que hai autores que fixeron moito nun contexto concreto pero que fraqueaban na súa visión das mulleres. Axudaranos a ter outra perspectiva da Historia e os seus valores. Engade aos teus currículos autores que apoiaron a igualdade e o movemento feminista. Non está de máis que poidamos incorporar outros contidos máis favorables á igualdade e a erradicación de condutas sexistas en pleno século XXI. Podemos e debemos facer un esforzo por mostrar ambas as caras da moeda.

8. Non separar os baños de homes e mulleres. Os baños poden ser espazos comúns se se nos ensina a que o sexan. Pensemos os espazos doutras formas, non estigma-tizándoos e converténdoos en lugares posibles de conflito.

9. O currículo de Educación Física debe ser común a todo o alumnado. Os criterios de avaliación poderán ser diferentes en función de moitos factores, pero en ningún caso porque a persoa que vaia ser avaliada sexa muller ou home (supostamente). Incluamos outras formas de entender o corpo e de vivilo.

10. Desheterosexualizar a escola. Non deas a heterosexualidade por suposta, formúlate que o mundo é enormemente diverso, e unha escola tamén.

11. Cómpre deseñar materias específicas de educación sexual, así como de equidade de xénero, en todos os cursos de todas as etapas. Estas materias específicas inclu-irán, ademais, a formación obrigatoria do profesorado nelas. Porque os prexuízos e os estereotipos tamén nos atravesan en tanto que docentes. Porque somos parte fundamental na perpetuación e lexitimación dun sistema patriarcal e heterosexista. É fundamental desenvolver propostas para unha educación en xestión de emocións, afectos e desexos.

Page 6: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

8

mar

zoDía Internacional de las Mujeres 6

12. Poñemos énfase na necesidade de abrir os espazos comúns a favor da súa uti-lización con equidade. Pensa que nos patios de recreo o fútbol ocupa ás veces todos os contextos de ocio e é excluínte. Fagamos do patio un espazo amigable, onde todo o mundo poida ocupar, transitar e habitar ese espazo común. Deixemos fóra eses xogos competitivos que monopolizan os espazos e exclúen a quen non participa neles. Por que pistas de fútbol e non pistas de baile? O ocio é un momento moi im-portante para o alumnado. A xestión que se fai do lecer non deixa de ser reflexo do sistema capitalista, consumista e capacitista en que nos encontramos. Desenvolve actividades creativas, que favorezan o desenvolvemento sostible, que non impliquen necesariamente a compra de obxectos novos. Aposta pola reciclaxe e o troco de obx-ectos que deixamos de utilizar para darlles unha nova vida.

13. Eliminar os códigos de vestimenta. Ensinar, mediante talleres e nas clases, tanto ao profesorado como ao alumnado, a respectar as persoas, independentemente de como vaian vestidas. Desbotemos ese prexuízo misóxino de pensar que certas per-soas visten para provocar a outras. Entende que a vestimenta e o que fagamos cos nosos corpos fai parte da liberdade individual de cadaquén e non ten nada que ver contigo. Asúmeo.

14. Eliminar a materia de Relixión, porque unha escola feminista é unha escola, necesariamente, laica. Desenvolver estratexias para favorecer unha escola máis democrática, con valores cívicos de comunidade, colectivos, de posta en común, de apoio e axuda mutua.

15. Cambiar o currículo de Historia, que ha contar a historia das mulleres e os col-ectivos minoritarios, promover o respecto e a conciencia dos pobos indíxenas que tanto levan padecido. Onde están esas outras historias que non nos contan?

16. Prohibir as cancións machistas na banda musical do centro. Porque a misoxinia, o sexismo e a homofobia son insultos e non deben ter presenza nos nosos centros. É necesario dar espazo a materias que desenvolvan a creatividade en calquera das súas manifestacións, tan importante para espertar novas formas de entender o mun-do. A música, a danza, a plástica, o debuxo han ser materias imprescindibles para un desenvolvemento integral, que promovan a cultura para todas as persoas. 17. Empregar música feminista nos centros de ensino. Por exemplo, pódense esco-itar cantantes como Rebeca Lane, Crudas Cubensi, Kumbia Queers, Viruta, Alicia Ramos, La Tía Julia (busca máis en Youtube, Spotify, pregunta, escoita, aprende).

18. Cambiar os nomes dos centros educativos. Eliminar todos aqueles nomes de centros que saian do establecido na propia lei de memoria histórica e substituílos por nomes de mulleres representativas do movemento feminista ou por elementos da natureza. Que tal se empezamos a topármonos un mundo onde os nomes delas conten, onde estean presentes? Dar continuidade ao proxecto de FECCOO «Mulleres

Page 7: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

ANIVERSARIO40

7

que fan escola» (http://fe.ccoo.es/dbdff13b8088180fefebd591f7fc7ad8000063.pdf), dándolles visibilidade no mapa interactivo elaborado.

19. Monta a túa propia biblioteca feminista no teu centro. Le o libro Un cuarto de seu, de Virginia Woolf, axudarache a entendelo. Compra libros escritos e protagoniza-dos por mulleres. Acorda no claustro que no prazo de tres cursos académicos haxa na biblioteca do centro un número similar de libros escritos e protagonizados por mulleres que de protagonizados por homes. Promove que sexa o alumnado o que escriba as súas propias historias, que desenvolva actividades de animación a unha lectura feminista. 20. Non promover actividades sexistas, de diferenciación entre nenos e nenas, non inducir a elección de xoguetes, xogos ou actividades que perpetúen os modelos tradicionais de feminidade e masculinidade, relacións de poder e subordinación e actitudes de exclusión ás diferenzas. A diversidade é enriquecemento, non censures, xulgues nin castigues a quen non entendes. Abrir o foco e non dar por suposto que todo o noso alumnado ten a mesma realidade, sente o mesmo ou desexa cousas comúns. As persoas temos o dereito universal de ser e sentirnos libres para elixir dentro de criterios individuais que nos fagan sentir ben, con seguridade e favorecen-do un clima alegre, sosegado e o suficientemente proclive a vivir en harmonía. 21. Deixar que o noso alumnado sexa o que desexe ser, deixar sentir, deixar exper-imentar, coidar e respectar na súa diversidade. Promover a cultura do respecto ás demais persoas, do respecto ao noso contorno, do respecto aos animais é dar paso a un avance sen precedentes.

Os proponemos dejar de ser víctimas pasivas para pasar a la acción.

Propoñémosvos deixar de ser vítimas pasivas para pasar á acción. Porque este 8 de marzo imos parar o mundo, promove estas medidas no teu centro de traballo.

Page 8: Día Internacional o C o n p a z o das Mulleres marz n o ... · e, sobre todo, a detectares os teus prexuízos e contradicións. Ler cousas novas, ler é o antídoto do machismo,

8

mar

zoDía Internacional das Mulleres

ANIVERSARIO40