D. W. Griffith

15
D. W. Griffith N: 22 de xaneiro de 1875, Oldham County, Kentucky (EEUU) M: 23 de xullo de 1948, Hollywood, California (EEUU)

Transcript of D. W. Griffith

D. W. GriffithN: 22 de xaneiro de 1875,

Oldham County, Kentucky (EEUU)

M: 23 de xullo de 1948,

Hollywood, California (EEUU)

“Acadou o que ningún outro conseguiu. Mirar a súa obra é coma ser testemuña do comezo da melodía, ou do primeiro uso consciente da panca ou da roda; da emerxencia, coordinación e primeira elocuencia da linguaxe; o nacemento dunha arte: e comprender que todo isto é o traballo dun só home”.

James Agee[He achieved what no other known man has achieved. To watch his work is like being witness to the beginning of melody, or the first conscious use of the lever or the wheel; the emergence, coordination and first eloquence of language; the birth of an art: and to realize that this is all the work of one man]

“Nunca odiei realmente a Hollywood a non ser polo xeito en que tratou a D. W. Griffith. Ningún lugar, ningunha industria, ningunha profesión, ningunha forma de arte lle debe tanto a unha soa persoa”.

Orson Welles [I have never really hated Hollywood except for its treatment of D. W. Griffith. No town, no industry, no profession, no art form owes so much to a single man]

David Wark Griffith naceu en 1875 nunha modesta granxa de Kentucky. O seu pai, Jacob, oficial do exército Confederado que fora ferido durante a Guerra Civil, morreu cando el tiña dez anos e a familia tivo que lidar coa pobreza. Aínda era un mozo cando David houbo deixar os estudos para poñerse a traballar coma dependente (durante algún tempo, nunha libraría). A falta dunha educación formal, David foi un ávido lector.

Axiña encamiñouse cara a un destino artístico: a interpretación en compañías ambulantes. O seu verdadeiro desexo era converterse en dramaturgo, mais non conseguiu éxito. En 1907 viaxa a Nova York e intenta vender unha obra aos Estudios Edison. Non convence ao produtor Edwin S. Porter, mais este ofrécelle un pequeno papel nun filme, Rescued from an Eagle's Nest, de J. Searle Dewey.

Empeza a intervir como extra en filmes da American Mutoscope and Biograph Company, popularmente coñecida por “Biograph”. Así coñece a quen será logo un fiel colaborador, o camarógrafo Gottfried Wilhelm “Billy” Bitzer, un xenio da fotografía.

Un golpe de fortuna mudará para sempre a súa vida. O director Wallace McCutcheon ponse enfermo e o seu fillo Wallace Jr ocupa o seu posto, mais o seu labor non satisfai á Biograph e o cofundador da mesma, Harry Marvin, ofrécelle a Griffith a oportunidade de traballar detrás da cámara. Debuta como cineasta en 1908 con The Adventures of Dollie, o primeiro dos case 50 filmes que fará ese ano.

Nos seus anos na Biograph Griffith consolida os sinais de identidade do seu estilo e con iso o cinema dá un salto adiante espectacular. Filmes como A Corner in Wheat (1909), The Unchanging Sea (1910) ou The Lonedale Operator (1911) proban o seu talento e a elevada comprensión que ten dos elementos específicos da linguaxe fílmica. Sorprende o seu dominio da montaxe paralela (cross-cutting) para crear tensión, a crecente complexidade do relato e das estruturas narrativas, a maior sutileza nas interpretacións dos actores e actrices...

Lillian GishN: 14 de outubro de 1893, Springfield, Ohio (EEUU)

M: 27 de febreiro de 1993, Nova York (EEUU)

Mary PickfordN: 8 de abril de 1892, Toronto (Canadá)

M: 29 de maio de 1979, Santa Mónica, California (EEUU)

Carol DempsterN: 9 de decembro de 1901, Duluth, Minnesota (EEUU)

M: 1 de febreiro de 1991, La Jolla, California (EEUU)

Mae MarshN: 9 de novembro de 1894, Madrid, Novo México (EEUU)

M: 13 de febreiro de 1968, Hermosa Beach, California (EEUU)

Robert HarronN: 12 de abril de 1893, Nova York (EEUU)

M: 5 de setembro de 1920, Nova York (EEUU)

Gottfried Wilhelm “Billy” BitzerN: 21 de abril de 1872, Boston, Massachussetts (EEUU)

M: 29 de abril de 1944, Hollywood, California (EEUU)

En 1914 Griffith filma Judith of Bethulia, cunha duración de arredor de 1 hora. Os donos da Biograph non crían no formato de longametraxe e iso forza a marcha de Griffith. Baixo o paraugas do estudio que monta con Harry Aitken produce The Birth of a Nation, adaptación dunha novela e obra teatral de Thomas F. Dixon Jr.

The Birth of a Nation é un fito na historia do cinema e é con seguridade un dos filmes máis vistos da historia. Mais o seu insultante retrato dos negros e a glorificación do Ku Klux Klan fixeron dela unha obra polémica dende a súa estrea.

Intolerance (1916) é unha das cimas do cinema silente. Catro relatos en catro épocas distintas van medrando en paralelo: a caída de Babilonia en mans de Persia no 539 a.C.; a paixón de Cristo; o masacre do Día de San Bartolomé en 1572 e unha historia contemporánea cunha condena a morte inxusta e intento de salvación no último minuto. Malia funcionar ben na billeteira era imposíbel compensar o monumental custo, estimado nuns 2 millóns de dólares, equivalentes a case 50 millóns de hoxe. O orzamento do filme foi financiado en boa parte polo propio Griffith, que quedaría para sempre tocado por este fiasco empresarial.

Inxustamente á sombra destes dous títulos míticos, a obra posterior de Griffith contén outros filmes de calidade nalgúns casos moi superior: Broken Blossoms (1919), True Heart Susie (1919), Way Down East (1920), Orphans of the Storm (1921), One Exciting Night (1922), Isn't Life Wonderful (1924), The Sorrows of Satan (1926), The Battle of the Sexes (1928)...

Logo da chegada do sonoro fai dous filmes, Abraham Lincoln (1930) e The Struggle (1931). Tras o fracaso desta última non conseguiu dirixir ningún outro filme. Dise que axudou a W. S. Van Dyke na rodaxe de San Francisco (1936) e foi contratado por Hal Roach para as rodaxes de Of mice and men (1939) e One Million B.C. (1940), nas que fixo probas de cámara e vestiario.

Morreu dunha hemorraxia cerebral o 23 de xullo de 1948.

“O que falta no cinema moderno é beleza -a beleza do vento que se move entre as árbores, o leve movemento nun fluír fermoso das flores nas árbores... Esqueceron que ningunha pintura, nin a mellor feita nunca, foi nada máis ca unha pálida imaxe estática. Mais o cinema! O cinema é fermoso; o movemento do vento nas árbores fermosas é máis fermoso ca unha pintura”.

D. W. Griffith en entrevista a Ezra Goodman en 1948

[What the modern movie lacks is beauty—the beauty of moving wind in the trees, the little movements in a beautiful flowing of the blossoms in the trees... they have forgotten that no still painting, the greatest ever, was anything but a pallid still picture. But the moving picture! The moving picture is beautiful; the moving of wind on beautiful trees is more beautiful than a painting]

D. W. Griffith nas bibliotecas da Coruña

Bibliotecas municipaisEl nacimiento de una nación (1915): Os Rosales, Fórum Metropolitano, Infantil e Xuvenil, Ágora, Infantil e Xuvenil, Ágora, Os Rosales, Monte Alto, Sagrada Familia.

Intolerancia (1916): Infantil e xuvenil, Ágora, Fórum Metropolitano, Os Rosales, Monte Alto, Sagrada Familia, Castrillón

Lirios rotos (1919): Infantil e xuvenil, Ágora, Fórum Metropolitano, Os Rosales, Monte Alto

Las dos tormentas (1920): Sagrada Familia, Fórum Metropolitano

Las dos huérfanas (1921): Infantil e xuvenil, Ágora, Fórum Metropolitano, Os Rosales, Monte Alto

Sally la hija del circo (1925): Infantil e xuvenil, Ágora, Fórum Metropolitano, Os Rosales, Monte Alto

Biblioteca da DeputaciónEl nacimiento de una nación (1915)Intolerancia (1916)Lirios rotos (1919)Las dos huérfanas (1921)Sally la hija del circo (1925)Libro David Wark Griffith (Cátedra) por José Javier Marzal.

Biblioteca González GarcésCurtas da Biograph 1909-1913 (2 DVDs)El nacimiento de una nación (1915)Intolerancia (1916)Lirios rotos (1919)Las dos tormentas (1920)Las dos huérfanas (1921)Sally la hija del circo (1925)Abraham Lincoln (1930)Libro David Wark Griffith (Cátedra) por José Javier Marzal.