D.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49 do libro) O resto do gran dominio estaba dividido en...

21
D.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49 do libro) Na Europa feudal a sociedade era moi desigual. Estaba dividida en ordes ou estamentos, grupos socias aos que se pertencía por nacemento e para toda a vida, xa que era moi difícil pasar dun estamento a outro. Cada un deses estamentos estaba rexido por unhas normas, leis e dereitos diferentes , e cada un tiña unha función distinta na sociedade, que, conforme di a Igrexa, foi establecida por Deus para asegurar o funcionamento e orde do mundo. D.1.- Define o concepto de Estamento. D.2.- Pensas que a sociedade española actual é estamental?

Transcript of D.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49 do libro) O resto do gran dominio estaba dividido en...

D.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49 do libro)

Na Europa feudal a sociedade era moi desigual. Estaba dividida en ordes ou estamentos, grupos socias aos que se pertencía por nacemento e para toda a vida, xa que era moi difícil pasar dun estamento a outro. Cada un deses estamentos estaba rexido por unhas normas, leis e dereitos diferentes, e cada un tiña unha función distinta na sociedade, que, conforme di a Igrexa, foi establecida por Deus para asegurar o funcionamento e orde do mundo.

D.1.- Define o concepto de Estamento.

D.2.- Pensas que a sociedade española actual é estamental?

D.3.- Cantos estamentos se distinguen na sociedade feudal? Que función ten cada un dos estamentos?

D.4.- Que estamentos teñen privilexios? En que consisten eses privilexios?

D.5.- Que estamento non ten privilexios? En que traballan os seus membros?

D.6.- Fai un esquema ou mapa conceptual que represente a sociedade estamental da Europa feudal.

D.7.- Representa graficamente a pirámide social da Europa feudal.

● Segundo a función que tiñan na sociedade, pódese falar de tres estamentos:

- Os nobres (condes, duques...). Eran os que guerreaban e os encargados de manter a paz e defender á poboación... Eran os donos da maior parte das terras...

- Os eclesiásticos (bispos, abades, monxes...). Eran os que rezaban a Deus pola salvación de todos... Posuían terras ao igual que a Nobreza, e ademais cobraban aos campesiños o décimo (décima parte da colleita que pagaba o perdón dos seus pecados...).

- Os traballadores, eran na súa inmensa maioría campesiños. Tiñan que traballar e manter aos outros dous grupos, dos que dependían e aos que estaban sometidos...

● Os dous primeiros estamentos da sociedade medieval (nobres e eclesiásticos) eran os privilexiados. Representaban unha pequena porcentaxe da poboación e eran chamados así porque tiñan certos privilexios: non traballaban, non tiñan que pagar impostos, podían impartir xustiza, podían utilizar armas... Mantiñan os seus privilexios porque as súas funcións na sociedade eran moi importantes, moito máis que traballar!.

● O grupo dos non privilexiados, formado pola maioría da poboación, estaba constituído fundamentalmente por campesiños, aínda que tamén había artesáns. Todos eles tiñan unha vida miserable, carecían de dereitos e estaban suxeitos de xeito moi diverso aos privilexiados.

E.- OS QUE TRABALLAN: OS CAMPESIÑOS

Na época feudal a base da economía era a actividade agrícola, á que se adicaba máis do 90 % da poboación. Pero a gran maioría dos campesiños traballaban terras que non eran súas, pois as terras eran propiedade do Señor feudal. O feudo ou gran dominio, que o nobre (laico ou eclesiástico) recibía do rei ou doutro nobre máis importante, estaba composto por enormes propiedades, formadas por terras de cultivo, prados e bosques, adicadas á explotación agrícola.

O Señor dividía as terras do seu gran dominio en dúas partes: a reserva señorial e os mansos.

E.1.- Cal era a base da economía na Idade Media?

E.2.- Define o concepto de Gran dominio.

● Reserva señorial:

Estaba formada polas mellores terras de cultivo e prados, ademais de bosques, que proporcionaban caza e leña. Era explotada “directamente” polo Señor e nela atopábase a súa residencia (castelo, mosteiro…) e tamén as dos seus traballadores, que vivían, en moitos dos casos, nunha pequena aldea, agrupada arredor dunha igrexa. Había ademais todo tipo de construcións que servían para a explotación agrícola e os traballos artesanais, destacando a presenza do muíño, do lagar, da ferrería e do forno, instalacións que os campesiños podían utilizar a cambio do pago dunha taxa.● Mansos:

O resto do gran dominio estaba dividido en pequenas parcelas que o Señor concedía a campesiños de condición máis ou menos libre. A cambio desa parcela, o campesiño debía pagarlle ao seu Señor cunha parte da colleita, traballar de balde na reserva cando fose reclamado polo Señor e cumprir co dereito que tiña o Señor de cobrar unha taxa por facer uso do forno, o muíño, ...

E.3.- Fai un esquema ou mapa conceptual que represente que é un gran dominio, que partes tiña, que elementos compoñían cada parte…

GRAN DOMINIOFeudo que, na Europa Feudal, os nobres (laicos ou eclesiásticos) recibían do rei ou dun nobre máis importante a cambio de fidelidade. Estaban compostos por enormes propiedades, formadas por terras de cultivo, prados e bosques, adicadas á explotación agrícola.

dividido

Reserva Señorial

- explotada “directamente” polo Señor

- mellores terras de cultivo, prados e bosques

- residencia do Señor (castelo, mosteiro…) e tamén dos traballadores (aldea)

- construcións para a explotación agrícola e os traballos artesanais: muíño, lagar, ferrería, forno...

Mansos

- pequenas parcelas que o Señor concede aos campesiños a cambio de:

- pagos con parte da colleita

- traballar de balde na reserva

- respectar o dereito do Señor a cobrar unha taxa por usar o forno, o muíño, ..

Os campesiños formaban parte do estamento non privilexiado e a súa función na sociedade era a de traballar para obter alimentos para si mesmos e para os privilexiados. Había moi poucos campesiños verdadeiramente libres, que fosen donos das súas terras, pois a gran maioría deles tiñan algunha relación de dependencia co Señor do feudo. Pódense diferenciar:

* Os viláns eran homes e mulleres teoricamente libres, podían abandonar o feudo, podían casar libremente… sen permiso do Señor. Non soían ser propietarios das terras que traballaban, un manso cedido polo Señor que explotaban con certa liberdade e que mesmo podían transmitir en herdanza. Facían uso dese manso a cambio dunha serie de obrigas, como eran o pago de censos con parte da colleita (xamóns, ovos, galiñas, cereais...), traballar de balde na reserva (amaños, transporte de leña, días de arada ou seitadura, servizos das mulleres...) e ademais respectar o dereito que tiña o Señor a cobrar por facer uso do muíño, o forno, a ponte...

* Os servos eran homes e mulleres que carecían de liberdade, non podían abandonar as terras, non podían casar… sen o permiso do seu Señor, polo que a súa vida era todavía máis dura e miserenta que a dos viláns. Moitos traballaban nas terras da reserva ou como servidores na residencia señorial, algúns traballaban un manso cedido polo Señor, pero tiñan máis obrigas que os viláns.

E.4.- Copia e completa o esquema para contestar ás seguintes preguntas:

a) Eran todos os campesiños iguais? Que tiñan en común? Que os diferenzaba?

b) Cales eran as obrigas que tiña a familia campesiña co Señor a cambio do manso que lle tiña cedido?

CAMPESIÑOS

- Compoñen a inmensa ….......................... da poboación.

- Forman parte do estamento …......................, polo que non teñen …..........

- A súa función é …

- Vida …................, sometidos ao seu …......,pagan todo tipo de …...........

pode diferenciarse entre...Viláns

- teoricamente …..............., pois poden...

- soen traballar un …........ cedido polo …......

Servos

- levan unha vida máis…...................., non teñen ..........................., non poden...

- traballan...

- algúns traballan un manso …...................................., pero teñen máis …...............- pagos...

- traballar...

- respectar...

a cambio

CAMPESIÑOS

- Compoñen a inmensa maioría da poboación.

- Forman parte do estamento non privilexiado, polo que non teñen dereitos.

- A súa función é traballar para manter ao resto da poboación.

- Vida miserable, sometidos ao seu Señor, pagan todo tipo de impostos.

pode diferenciarse entre...Viláns

- teoricamente libres, pois poden abandonar o feudo ou casar sen pedir permiso ao Señor...

- soen traballar un manso cedido polo Señor

Servos

- levan unha vida máis miserable que a dos viláns, non teñen liberdade, non poden abandonar o feudo ou casar sen pedir permiso ao Señor...

- traballan as terras da reserva ou como servidores na residencia señorial

- algúns traballan un manso cedido polo Señor, pero teñen máis obrigas

- pagos con parte da colleita...

- traballar de balde na reserva...

- respectar o dereito do Señor a cobrar unha taxa por usar o forno, o muíño, ..

a cambio

Texto: Conto do século XIII

“Por San Xoán, os campesiños deben de segar os prados do Señor e levar os froitos ao castelo. Despois deben limpar os foxos. En agosto, deben axudar na colleita de trigo. En setembro, deben entregar un porco de cada oito, e dos mellores. A comezos do inverno, deben traballar na terra do Señor para preparala, sementala e gradala. Por san Andrés, un pastel. Por nadal, os polos bos e finos. Despois, a cebada e o trigo. O domingo de Ramos, deben entregar os carneiros. Despois, deben traballar na ferrería, ir ao monte e cortar leña para o Señor. Ademais, o muiñeiro do castelo, por moer o trigo do campesiño, quédase cunha parte do trigo e outra de fariña, por cocer o pan hai que pagar…”

E.5.- Fai uso de tres cores para diferenciar suliñando as distintas obrigas do campesiño: pago de rendas con parte da colleita, traballos de balde, cumprir cos dereitos do Señor.

A vida dos campesiños era dura e miserenta. Nunha época na que toda as labores agrícolas eran manuais, plantar colleitas e criar gando era unha tarefa esgotadora e de resultado moi incerto, xa que as colleitas de todo un ano podían podrecer por culpa dunhas choivas excesivas ou esgotarse baixo un sol abrasador, polo que o campesiño e a súa familia vivían sempre baixo o perigo da fame, xa que o Señor nunca reducía os seus impostos!.

As familias campesiñas eran autosuficientes, é dicir, que producían todo o que consumían: comida, vestido, ferramentas, mobles... e só tiñan a posibilidade de mercar algo (sal, agullas, cintas...) cando se achegaba un vendedor ambulante ao castelo ou nas feiras anuais, iso, se contaban con aforros...!.

Para traballar a terra dispoñían de útiles moi rudimentarios: a sacha, o fouciño, a gadaña, o arado deslizante, que xa usaban os romanos!... e que non permitían remover ben a terra; ademais tiñan que facer uso da rotación de cultivos, o que lles obrigaba a deixar unha parte da terra en barbeito, descansando, xa que non contaban con fertilizantes, agás os que obtiñan dos animais. Por todo iso, os rendementos eran baixos e moi poucas veces contaban con excedentes.

E.6.- Completa o esquema para contestar ás seguintes preguntas:

a) Por que dicimos que as familias campesiñas medievais eran autosuficientes?b) Que ferramentas e técnicas utilizaban?

c) Como son os rendementos?

d) Que son os excedentes agrícolas? Por que non contaban con excedentes a familia campesiña?

e) Completa os textos para definir os conceptos de rotación bienal de cultivos e barbeito.

ECONOMÍA DA EUROPA FEUDAL

Os campesiños eran autosuficientes: Só de cando en vez podían...

Baseada na actividade...Moi dependente das inclemencias do tempo:

Útiles moi rudimentarios:Deben facer uso da …................................ de cultivos e do …..................................., pois non teñen...

Por todo iso os rendementos son ….................................... e poucas veces os campesiños contan con ….......................................................................................

(parte da colleita que sobra para…).

Vida …......................................, e o Señor non reduce os …................................!

Rotación bienal de cultivos: técnica agrícola que consiste en …..................... a terra en …............. partes, cada ano se cultiva só a ….........................., mentres que a outra queda en descanso (….............). Ao ano seguinte trabállase a parte que quedou …....................... Esta técnica era usada polos campesiños da Europa …............ para evitar que a terra …........................., xa que non contaban con ….............. suficientes.

Barbeito: técnica ….................. que consiste en deixar …................ parte da terra para …....................... que esgote a súa …............................ Esta técnica era usada polos campesiños da …............... Feudal en combinación coa rotación …....................

Poucos campesiños da época medieval consideraban que houbese no réxime señorial algún tipo de abuso ou tiranía, necesitaban que alguén os protexera e defendera, aínda que o prezo fose alto… Se ben, ao longo da Idade Media houbo diversas revoltas campesiñas contra os Señores feudais.

E.7.- Imaxina que eres un membro dunha familia campesiña ao que lle tocou vivir na Europa feudal. Escribe unha redacción relatando a túa vida: presenta á túa familia, onde vivides, quen é o voso Señor…, que produtos agrícolas cultivades, que animais criades, como repartides o traballo,… que comedes a diario, como é a vosa casa, é fácil ou non a vosa vida... que obrigas tedes que cumprir co Señor feudal, parécevos que abusa dos habitantes do seu feudo?...