Cumes

52
1 · Sechu López convértese no primeiro montañeiro galego en coroar o Annapurna · Edurne Pasaban, a vida segue despois de catorce oito miles · O número de licenzas da FGM aumentou en 2011 · 70 anos do Club Montañeiros Celtas Boletín informativo da FGM número 03 / época 03 setembro 2012 C umes

description

Boletín de la Federeación Gallega de Montañismo

Transcript of Cumes

Page 1: Cumes

1

· Sechu López convértese no primeiro montañeiro galego en coroar o Annapurna

· Edurne Pasaban, a vida segue despois de catorce oito miles· O número de licenzas da FGM aumentou en 2011

· 70 anos do Club Montañeiros Celtas

Boletín informativo da FGM

número 03 / época 03setembro 2012

Cumes

Page 2: Cumes

A primeira muller en ascender os catorce oito miles e o primeiro galego en coroar ao Annapurna, comparten as páxinas do terceiro número da revista Cumes. Edurne Pasabán e Sechu López, rebelan os detalles das súas respectivas xestas, diferentes en canto a súa dimensión, pero idénticas nos valores que as impulsaron e materializaron. Ambos transmiten en primeira persoa a súa paixón pola montaña, unha fascinación á que foron quen de darlle forma co sacrificio, humildade e respecto polo medio e os compañeiros que se lle presumen a todos os grandes montañeiros, pero que a realidade evidencia que só algúns atesouran. Se doado é admirar as súas xestas deportivas, non menos valioso resulta ler as súas experiencias, sentimentos e anhelos que evidencian que ademais de ante grandes deportistas nos atopamos ante grandes persoas.

Pero non só de individualidades vive esta revista que na súa sección Os nosos clubs, abre este número un espazo especial a unha entidade que cumpre neste 2012, 70 anos. Parabéns ao Club Montañeiros Celtas, por sete décadas de traballo constante a prol do deporte en xeral e das actividades de montaña en particular. Desde Chito e Antonio Veiga, ata Sechu López, pasando por un longo listado de homes e

mulleres que fixeron historia no montañismo galego, Celtas, foi quen de consolidarse como unha referencia no país e tamén no contexto nacional como impulsor da práctica das actividades de montaña. Cantas historias vividas ao longo deses 70 anos e, sobre todo, cantísimas máis que quedan por vivir nos 70 seguintes!

Repasaremos as máis salientables das decenas de actividades que ao longo dos últimos seis meses se desenvolveron en Galicia organizadas pola FGM e os clubs. Descubriremos o bosque de ribeira da man do Furafollas. Esquiaremos por Morro Negro. Descubriremos a técnica para ascender a partir dos 3000 metros e disfrutaremos do relato das andainas de 50 quilómetros e carreiras por montaña que nos últimos meses se teñen celebrado en Galicia.

Se aínda así, o corpo te pide máis, só che resta saír ao encontro da montaña.

Mª del Carmen Echevarría FigueroaDirectora de Cumes e vocal de prensa da FGM

Editorial

EditaFederación Galega de Montañismo.Edificio das Federacións Deportivas Galegas.R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17. Of, 10. 36209. Vigo. E-mail: [email protected]: www.fgmontanismo.com.

DirectoraMª del Carmen Echevarría Figueroa

DeseñoJesús Nieto

Colaboracións Sechu LópezAdolfo PuchFelipe MartínezHenrique LópezJosé Manuel PérezMarisa NúñezXosé Antón VázquezXosé Henrique Freixeiro

PortadaSechu López no cumio do Annapurna(Foto: cedida por Sechu López)

NotaCumes non comparte, necesariamente, as opinións que nela se recollen.Está permitida a reprodución total ou parcial dos artigos que aparecen no boletín sempre e cando se realice mención da súa procedencia e autoría.

Page 3: Cumes

3Ín

diceO día que o cumio do Annapurna

escoitou falar galego.Sechu López, primeiro montañeiro

galego en ascender o oito mil

Actividades. O que xa pasou e o que está por vir: Copa Galega de Escalada en Bloque; Campamento

e marcha galega de montaña;Cursos FGM-EGAM

A asemblea xeral ordinaria daFGM rende contas.

Aprobado o orzamento de 2012 e as actividades para 2013

Ascensión de esquí detravesía al Morro Negro

A provincia de A Coruña mantívose á cabeza de Galicia en número de

licen zas no ano 2011

Muller e Montaña.Edurne Pasabán: “Es anecdótico

haber sido la primera mujer encoronar los catorce ocho miles”

A Xunta de Galicia e oConcello de Vigo premian aos

irmáns Veiga e aJosé Juan Domínguez

O Furafollas.O bosque de ribeira

Os nosos clubs.70 anos de andadura de

Club Montañeiros Celtas

Reflexiones de lasandainas gallegas de 50 km

O tirón das carreiraspor montaña na nosa terra

Refuxio de Albite.Un aloxamento estratéxico noacceso ao Parque Natural daBaixa Limia-Serra do Xurés

Técnica.Camiñando cara aos 3000 metros

4

20

16

26

18

28

32

34

46

38

50

40

44

Page 4: Cumes

O día que o cumio do Annapurna escoitoufalar galego

· E

NT

RE

VIS

TA

·

Page 5: Cumes

5

O día que o cumio do Annapurna escoitoufalar galego

Sechu López converteuse o pasado maio no primeiro montañeiro galego

en coroar o oito mil

Texto: Mª del Carmen Echevarría - Fotos: Arquivo Sechu López

Page 6: Cumes

6

- Coa perspectiva que dan os meses transcorridos, a que lle dás agora máis valor do reto conseguido?

A que tiven o sangue frío necesario para non deixar de loitar por facer realidade meu soño, a pesares das dificultades, o resgo e as adversidades.

- A experiencia resultou tan o máis complicada do que agardabas?

Sabía que ía ser unha ascensión com-plicada, porque esta montaña é moi pe-rigosa, pero esperaba ter sorte e que as condicións foran esta temporada máis fa-vorables do habitual. Resultou máis duro do previsto, porque nevou case a diario e a montaña era imprevisible.

- Que te pareceu o máis positivo e o máis negativo desta aventura depor-tiva?

O negativo... quizais as secuelas físicas, tanto as propias como as de algúns com-pañeiros; tamén que me sentín un pouco abandonado na última xornada antes de regresar ao Campo Base (CB), sabían que eu baixaba con conxelacións e nin-guén esperou por mín.

Entre o positivo destacar sen dúbida a oportunidade de estar e gozar dun-ha montaña magnífica e mítica, chegar ao cumio foi un éxito deportivo, pero o máis positivo foi ser sempre fiel aos meus principios de respecto e boa actitu-de, na montaña e cos compañeiros.

- Esta ascensión foi máis esixente no aspecto físico ou no mental?

Foi moi dura, hai que estar ben fisica-mente, pero sen dúbida o esforzo mental foi maior, hai que saber sufrir, ser tenaz, superar os medos e as dúbidas, tomar de-cisións que poden marcar nesta montaña a diferenza entre o éxito ou o fracaso, en-tendendo por estes extremos a vida ou a morte.

- Como se consegue que o ánimo non decaia cando van pasando os días metido nunha tenda porque o mal tempo impide a ascensión?

Non facer nada eu o levo bastante mal, así que non deixo de facer cousas, por-que sempre se pode facer algo interesan-te, coller a cámara e ir de paseo, a explo-rar, saír a correr, aprender da experiencia

O lama ponlle o kata a Sechu

O 6 de maio de 2012 entrará a formar parte das efemérides do alpinismo galego. Ás 13.05, hora nepalí, Sechu López do Club Montañeiros Celtas pisou o cumio do Annapurna de 8091 m de altura. A décima montaña máis elevada da Terra ten gañada a pulso a súa fama de ‘montaña maldita’, título que vén avalado polo feito de ser a que menos ascensións ten rexistradas na historia dos oito miles. Sen embargo a capacidade de sufrimento, a tenacidade e o acerto á hora de tomar unhas decisións que a esa altura poden marcar a diferenza entre a morte e a vida, permitiron a Sechu López acadar un dos teitos do mundo. Como cabía esperar non foi unha ascensión doada e proba diso son as conxelacións que o montañeiro sufriu en varias dedas, así como as avalanchas que acompañaron a subida.

Transcorridos algo máis de catro meses, este electricista de profesión, pero montañeiro de vocación, analiza nesta entrevista as claves da aventura que comezou un 22 de marzo en Vigo e rematou a comezos de maio no décimo cumio máis alto do mundo.

Page 7: Cumes

dos compañeiros, buscar incesantemente solucións a problemas que van xurdindo co material, escribir o que vai acontecen-do...

Normalmente son un dos máis activos e non deixo pasar oportunidades de saír, inda que a méteo non sexa moi boa vou cara arriba para mellorar a aclimatación, portear material, manterme en forma, e sobre todo manteño a moral alta estando alegre, chanceando e sendo sempre op-timista.

- Cando se fai cumio, é posible lem-brarse de algo ou de alguén ou o can-sazo e a necesidade de non perder a concentración non dan a posibilida-de de reflexionar uns segundos?

Nun cumio desta altitude no que a falta de osíxeno é importante e ao que se che-ga tras unha larga ascensión de moitas horas e con frío intenso, non é doado ter a mente despexada, a prioridade é baixar

a tempo, pero as emocións non entenden de razóns e se experimenta unha agrada-ble e intensa alteración do ánimo, que inhibe o cansazo e fai gozar do momen-to, acádase unha especie de éxtase.

Es consciente de que estás no punto máis alto e sentes que o esforzo valeu a pena, lembras á xente que te quere, á que que-res, ás xentes que axudaron a levar adian-te esta aventura co seu esforzo e apoio. Fanse as típicas fotos de cumio, que de-diquei ao meu benquerido Club Monta-ñeiros Celtas no seu 70 Aniversario.

- Pola entidade do cumio o Anna-purna é a montaña máis relevante das que tes ascendido, pero tamén a consideras a máis importante, ou hai na túa traxectoria deportiva outros logros que valores máis?

O Annapurna é para min moi impor-tante e pola repercusión que tivo a ex-pedición poderíase dicir que a máis importante das que teño ascendido, si, podo estar de acordo precisamente por-que ascendela está ao alcance de poucos alpinistas (é o oitomil que conta con menos ascensións rexistradas) e requiriu moito esforzo e sacrificio nunha tempo-rada complexa, foi unha actividade moi traballada fisicamente e esixente mental-mente, a que máis ata o momento, pero na que gocei dabondo dando o mellor de min, coma en todas.

Mais a importancia de cada montaña na vida dun montañeiro é relativa, para min acadar o cumio de “El pájaro” en La Pedriza (Madrid) aos meus vintepoucos anos foi importantísimo, empezaba a es-calar e completar os seus catro largos foi marabilloso, en Bolivia (2002) ascendín ao Illimani, era o meu primeiro seismil, daquela o considerei un reto de altura considerable, en 2009 acadei o cumio do meu primeiro oitomil, o Gasherbrum II, tras intentar días antes o Gasherbrum I, ambos es solitario, aquilo foi impresio-nante, un logro moi valorado non só por min, tamén polos que estaban por alí.

Non sabería dicir cal foi a ascensión máis importante de todas, quizais incluso su-bir ao Galiñeiro (701 m) nun día de chu-via e loita por salvalo da desfeita, sexa a elixida. Unha gran montaña ocupa un anaco da nosa vida, unha montaña veci-ña a temos toda a vida, cal importa máis?

“Dediquei o cumio ao meu benquerido Club Montañeiros

Celtas no seu 70 aniversario”

Anoitecer no Annapurna desde o CB

Page 8: Cumes

8

- Como foi posible nun momento de crise económica tan profundo como o actual e tratándose dunha actividade pouco promocionada como é o montañismo que acada-ses financiamento para esta expe-dición? Canto tempo foi preciso para acadar os cartos necesarios?

A verdade é que non é nada doado conseguir recursos, de feito a meta-de dos cartos necesarios saen do meu peto. Meses antes de partir cara o Hi-malaia empezo a tentear posibles pa-trocinadores e se non se atopan non hai expedición, así de claro.

Para este ano tiven a sorte de que o Banco Mediolanum aportase unha cantidade importante (42 % do meu orzamento), eu xa son algo coñecido e apostaron pola miña actividade para promover o banco. Como Deportis-ta Galego de Alto Nivel recibín unha axuda da Fundación Deporte Galego (supuxo un 8 %). Tamén colaboran dúas tendas de material deportivo: TERRA Deporte Aventura (Vigo) e MUSGO Aventura (Pontevedra), onde adquiro a maioría do material

que necesito a un prezo moi vantaxoso e, ademais, me permiten pagar despois da expedición cando a miña economía o permita. Club Montañeiros Celtas tamén fixo unha apartación económi-ca pagando a impresión dos exempla-res do Proxecto e os carteis da expe-dición.

- Ademais de dificultades econó-micas houbo algunha outra que te fixera temer polo desenvolvemen-to da expedición?

No mes de novembro tiven unha ro-tura de fibras importante adestrando en karate, supuxo un parón importan-te na actividade física e logo un cambio nos adestramentos que non se norma-lizaron ata mediados de xaneiro, tan só dous meses antes de partir. Recuperei moi ben, pero ata entón estiven un tempo preocupado.

- Como comezou Sechu López no mundo da montaña e que é o que te atrae desta actividade para con-tinuar nela?

De rapaz participei nalgúns campa-mentos, sempre me gustou a nature-za e o deporte. A partir dos vinte e un anos empecei a facer excursións pola montaña, un par de anos despois xa demandaba actividades máis aventu-reiras e fixen cursos de escalada, alpi-nismo, parapente, esquí... Na Monta-ña gozo dabondo, síntome libre e feliz, aprendo da natureza, respiro aire puro, visito lugares incribles, contemplo e fotografió paisaxes fermosos, flora e fauna salvaxes, coñezo xente diferente, poño ao meu corpo ao límite... emo-ciónome!

- Tes xa claro cal será o teu próxi-mo reto deportivo?

Gustaríame ir novamente de expedi-ción o vindeiro ano a outra gran mon-taña, pero só se teño axudas. Pero inda non sei a cal. Ir a unha gran montaña supón unha gran viaxe e unha gran aventura, e a min encántame viaxar, vivir aventuras e intentar facer realida-de os meus soños.

Page 9: Cumes

Vista do C2

Page 10: Cumes

10

Por unha pinga conxelada. Relato da ascensión ao Annapurna (Extraído do blog de Sechu López do 17 de maio de 2012)

Ruta do C2 ao C3

Page 11: Cumes

11

A última entrada que escribín no Campo Base (CB) para o blog está asinada o 30 de abril ás 14.10 horas. Dende entón fostes tendo novas do que acontecía pois chamaba a diario para dar parte da situación, información que a transmitían ao blog, encargándose disto: Sonia, Marisa e Pedro. Dende aquí transmítolles aos tres o meu agradecemento polo seu compromiso e dilixencia.

Agora vou detallar un pouco máis o que sucedeu. Quizais esténdame de máis, pero xa sabedes que podedes deixar a lectura en calquera momento, faltaría máis.

A noite do 30 de abril celebramos unha reunión entre todos os alpinistas que ao día seguinte sairiamos para intentar cumio, uns 30, incluíndo aos sherpas. A reunión foi a iniciativa de Don Bowie para organizar o “tráfico” entre o C2 e o C3, pois eramos demasiados para estar amontoados no tramo máis delicado de toda a ascensión. A reunión finalizou co acordo e satisfacción de todos.

O día 1 de maio como estaba previsto saín para o C2 bastante cedo, tendo en conta os meus hábitos. Antes de saír achegueime ao lugar onde se celebra

a puxa, unha especie de altar. Eu non son unha persoa relixiosa, pero respecto as crenzas de todos e admiro as súas construcións, arte, deidades, iconas, signos... tanto das presentes como das desaparecidas. Vou facer unha paréntese para lembrar que cando estiven no Manaslu no 2010, un ancián lama deume un pequeno mantra para que o levara comigo na montaña, que me protexería, pero cando fixen o intento do cumio esquecinme del (e doutros amuletos). Sigo. No “altar” do Annapurna saquei o mantra e pedinlle a montaña que me axudara a baixar, que quería volver ver a familia, amigos, compañeiros... que de subir xa me encargaba eu, ata onde puidera chegar. Dende entón levei o mantra preto do meu corpo. Foi un acordo que funcionou, a miña petición debeu ser razoable e respectuosa.

Chegar ao C2 levoume algo menos de 6 horas e atopeime ben. Instaleime na miña tenda e logo fun visitando alegremente a distintos compañeiros, a maioría estaban moi animados, pero sobre algúns planeaban algunhas dúbidas. A verdade é que a montaña tiña moita neve e as pegadas eran profundas. Tiñamos información fresca das méteos que confirmaban que o día 4 era bo para cumio (sen apenas vento inda que con

resgo de neve pola tarde), e ademais confirmaron que o día 6 tamén era bo. Mentres no C1 Don recibiu unha nova tráxica da súa familia e regresou inmediatamente ao CB para emprender viaxe a América o antes posible. Dende aquí o meu agarimo a este bo compañeiro e magnífico alpinista.

Ao día seguinte, 2 de maio, fomos saíndo por grupos de seis, aproximadamente cada media hora, tal como acordaramos na reunión. Eu estaba asignado ao último grupo para saír do campamento sobre as 6 da mañá. Partimos ás seis e media.

Hora e algo despois cheguei xunto a... Stop. Toda a xente está parada, desilusión, desconcerto, caos... Mauricio explícame: “fin da expedición”, dúas avalanchas no ‘coador’ case collen aos catro sherpas que ían por diante, todos teñen regresado, isto rematou”. Todos falan con todos, uns sherpas din que imposible, outros que se pode e nós igual, uns quedamos calados (pensativos), outros seguen a falar, que si, que non... Todos os da axencia Thamserku: expedición de Carlos Soria (Carlos e Tente, con catro sherpas) e a do brasileiro Waldemar (con dous sherpas) deciden retirarse da montaña. Outros da nosa axencia, Seven Summit Treks,

Facendo a colada no CB Almorzo no exterior

Análise de sangue

Page 12: Cumes

12

tamén: Rosa, Badía e Mauricio o teñen claro, retíranse cos seus tres sherpas.

Iniciamos o descenso ao C2, hoxe ninguén vai ir cara arriba. No C2 seguimos a falar, eu digo que me quedo hoxe, que hai que deixar que se arrefríen os ánimos, que para marchar hai tempo de sobra, varios son da mesma opinión, temos presente que o día 6 tamén é bo para cumio. Guntis lidera o grupo animándonos a non renunciare o seu sherpa di que é posible. Azim Ghaychisaz queda, unha baza importante xa que é o máis forte de todos, tamén Radk Jaros (checo), gran e experimentado escalador que conta con 12 oitomiles. Mentres, a maioría emprende inmediatamente o descenso ao CB. Mauricio e Badía ao marchar danme comida e gas, agradécese pois estarei na montaña máis do previsto, logo a comparto co peruano Richard Hidalgo quen tamén queda.

Estamos 11 (dous son sherpas), sen contar aos húngaros que creemos só están aclimatando. Falamos de que somos un bo número para intentalo. O día seguinte intentaremos chegar ao C3. Logo dun rato Tunç anuncia que renuncia, que baixa... Quedamos 10. Pola tarde neva algo, como de costume. Hoxe unhas dúas horas.

3 de maio. Imos aló. Farah renuncia ao intento de cumio a prol de Azim e do grupo, e ofrece ao seu sherpa. Quedamos nove, xa non hai representante feminina.

Azim co seu sherpa (o de Far ah) vai sempre por diante, fortísimo. Eu saio ás 7.15 horas. Chegamos ao pé do coador, veña, isto hai que pasalo “a fume de carozo”. Cando estou na parte máis perigosa escoito un berro de arriba: “avalancha!” Berro o mesmo cara abaixo e corro (literalmente) cara

arriba onde hai unhas rochas nas que podo encaixar o meu corpo, sei que teño uns segundos... e chego. Finco o meu piolet na neve con toda a miña enerxía, como se fora o último que fora facer na miña vida, e quen sabe... espero. Cae un pouco de neve por riba miña... era pequena, quedou nun susto, sorrío, río! Fago sinais aos de arriba, todo ben, por baixo tampouco houbo consecuencias. Seguimos subindo.

A ascensión é dura, esixente, pero chego en seis horas ao C3 (6.400 m), o que está moi ben. Estou canso, pero contento porque as miñas forzas están respondendo. Comparto tenda con Richard, neste campamento e seguintes. Como o día bo de cumio é o 6 decidimos repartir o seguinte tramo ata o C4 en dúas xornadas. Pola tarde neva unhas 3 horas, e penso: pero é que non vai deixar de nevar ningún día? Bastante tarde chegan dous dos húngaros, parece ser que van a intentar cumio con nós, queren aproveitar esta oportunidade. Agora somos 11. A noite pásoa ben, sen notar os efectos da altura.

4 de maio. Hoxe non madrugamos. Esta xornada decido usar o meu set de hidratación por baixo do mono de plumas, como farei o día de cumio, así comprobo que todo vai ben. Salgo ás 10.50 horas, Richard un pouco despois, imos os últimos. Pronto alcanzamos ao grupo, pero ollo, o alcanzamos aparentemente. Foi a sorpresa da xornada, unha gran greta corta o paso, hai que entrar dentro dela e saír por outro lado, parecía doado pero inda levounos un tempo, imos de un en un.

Recollendo o C4 baixo (6830 m)

Page 13: Cumes

13

Os primeiros 120 m de desnivel son entre seracs e logo todo é neve, bastante profunda, pero estable. Cheguei ao ”C4 baixo” (6.830 m) moi canso, máis canso e tras máis tempo do esperado. Canto máis subimos máis pequena é a nosa tenda, estamos máis apertados e polo tanto máis incómodos. Esta noite xa non durmo tan ben. Os húngaros non montan tenda, dormen nunha greta, un tose moito.

5 de maio. A xornada preséntase doada, todo neve e pouco desnivel. Un dos húngaros decide descender (é o que tose). Salgo ás 10 da mañá e repito a levar o set de hidratación por baixo do mono, ok. A neve está menos profunda pero máis escorregadiza, por baixo hai xeo.

Chego ao “C4 alto” (7.100 m) tras 3.45 h, estou moi canso, normal pola altitude, pero quedo un pouco preocupado. Falamos de saír moi cedo para o cumio, sabemos que con boa neve serán unhas 10 horas de ascensión, pero sospeitamos que non estará tan ben como nos gustaría, ademais pola tarde anuncian neve, debemos de estar pronto de regreso.

Decidimos saír ás 21.00 horas. Temos por tanto pouco tempo para hidratarnos moito e comer, preparar as cousas e descansar todo o posible. Preparo a mochila (son un dos poucos que leva mochila, e casco!): gorro e manoplas de reposto, pasamontañas, GPS, compás, walkie, teléfono satélite, pilas e baterías de reposto, navalla, algunhas barriñas enerxéticas e xeles... reviso o set de hidratación e o recheo (sempre deixo o tubo baleiro para evitar que se conxele, pero... fixen unha revisión rápida mirando só os extremos do tubo, ao

fin e ao cabo –pensei- leva dous días funcionando a perfección e nunhas horas marchamos... ERRO!)

Ás 22.15 horas. Inicio o ascenso, xa partiron todos (os primeiros ás 21.20 horas), menos Richard. Bebemos moito antes de saír. Os dous tivemos problemas coas botas, ou máis ben cos pés, os botíns e as botas. Salgo cos pés fríos, mal comezo, pero é que fai un frío do carallo! e un pouco de vento. Pero síntome forte, moi motivado. Pronto vou recuperando tempo cos que me preceden o que animoume inda máis, e pronto sae a lúa, chea, enorme, formidable. A ruta e todo por neve e algo de xeo en algunhas partes, tamén pasamos algunha greta.

6 de maio. Pasadas un par de horas dende o inicio da marcha (pasada a medianoite) vou beber, pero... non podo, NON PODO. Que pasa? desmonto a

boquilla do tubo de hidratación, nada, aire. Non perdamos os nervios, o set vai por dentro do mono, imposible conxelarse. Sigo subindo. Un par de horas despois o volvo intentar outra vez, NADA. Decido seguir subindo e non pensar en beber. Teño que esperar a que salga o sol para quitar a mochila, o mono e o set de hidratación para descubrir que pasa.

Adiántame Richard. Rompe o día pasadas as 5 da mañá, acabo de pasar a Guntis, parece que non está moi ben, pero vai co seu sherpa, estamos a uns 7.700 metros. Vai moitísimo frío, dixéronme que 30 baixo cero. Espero ata as seis para parar e revisar o set, teño que quitar o neopreno que protexe o tubo e … “unha pinga... conxelada”, menos de medio centímetro de tubo conxelado!!! duro como unha pedra, fun incapaz de desfacelo. Bebín a morro do recipiente, parte caeu por fora,

Sechu no CB

Page 14: Cumes

14

as pingas conxélanse antes de chegar á roupa. Perdín moito tempo e collín frío, montei todo e seguín subindo. Vén o máis difícil: un tramo de terreo mixto, seguido dunha forte pendente (50 graos) de neve profunda durante máis de 100 metros de desnivel, logo xeo nun curto terreo técnico a 8000 metros, e case, case, o día empeza a pecharse, magoa, a nube abraza o cumio, a solta, aguantara? case, si, CUMIO ás 13.05 h do 6 de maio. Custoume moito chegar, os últimos metros foron eternos, pero alí estaba Richard, esperándome para a foto, preparei a miña cámara, dinlla, gravoume un vídeo, eu todo emocionado falando en galego para a cámara, consciente de ser o primeiro galego nese cumio, e a miña lingua estaba presente. Que satisfacción, dediqueille o cumio ao meu benquerido Club Montañeiros Celtas, no seu 70 Aniversario. Lembreime da miña nai (hoxe era o día da nai), das nais dos montañeiros que sofren polos seus fillos, e de Luís Barbero, tamén pasaron fugazmente familiares, amigos, a boa xente que me ten axudado e apoiado, colaboradores e todos aqueles que fixeron posible que estivera alí... Pero Richard apremábame, imos imos, hai que baixar!

Acadei o cumio o sétimo (e último). Chegaron ao cumio e por este orde: Azim Ghaychisaz (Iran) e o seu sherpa, Radk Jaros (República Checa), Óscar Cadiach (Catalunya), Jan Travnicek (República Checa), Richard Hidalgo (Perú), Sechu López (Galicia).

E baixamos, pero sabedor de que canso o descenso e moi perigoso fun amodiño, sen presa pero sen pausa. A neve estaba moi branda e esvarábase con facilidade. Custoume chegar ao C4 alto onde estaba a miña tenda, de feito xa anoitecera, eran preto das 8 da tarde. Foran 14 horas 50 minutos de ascenso, uns 15 minutos no cumio e 7 horas e media de descenso, total máis de 22 horas de actividade, e so bebín un litro! Entrei na tenda, Richard estaba durmido, deiteime e chamei por teléfono a Sonia para dar a boa nova, nada máis colgar quedei durmido co telefono acendido, o frontal o mesmo, sen meterme no saco e... sen beber!

7 de maio. Despertoume Richard, tiñamos que beber. El xa estaba a preparar as súas cousas para marchar. Nos meus pés tiña conxelacións, pero

non parecían graves. Richard marchou ás 10, mentres eu empezaba a recoller as miñas cousas e a tenda. Óscar, Jan e máis eu saímos as 12. Pronto decateime de que estaba peor do que pensaba, doíanme os pés, e fun quedando atrasado. Aproveitaba as paradas de descanso para facer algunhas fotos, ata que a cámara deixou de funcionar (escasa batería). Cheguei ao C3 sobre as cinco

da tarde, quería continuar ata o C2, pero levantouse vento e pareceume máis prudente descansar e non forzar a chegar xa noite ao C2 onde ademais tería que palear neve para despexar a miña tenda. Acomodeime, bebín e comín dabondo. Durmín moi ben, estaba so, pero moi tranquilo.

8 de maio. Tiña a confianza de chegar ao CB. Comecei a baixar ás 8.30 h. Pero rapelar non foi doado, as cordas estaban rizadas e tensas, nalgúns tramos estaban atrapadas polo xeo nocturno. Contaba chegar ao C2 en 3 horas e levoume catro e media. As 13 horas estaba na entrada da miña tenda, o campamento estaba desolado, ninguén. Non faltaba o lixo e varias cousas útiles abandonadas por alpinistas sen escrúpulos nunha baixada acelerada. Algúns non dubidan en deixar a montaña sucia, magoa, caso distinto e cando hai unha emerxencia, onde é comprensible o abandono de material. Pero na maioría dos casos e pura desidia. Indignante. Eu deixei dous cartuchos de gas na tenda dos húngaros (a única que estaba no C2), pois alleo a traxedia destes, pensei que farían outro intento de cumio. Deixei o gas contando con chegar

A tenda de Sechu despois dunha intensa nevarada no CB

Na tenda no C3 con Richard

Page 15: Cumes

15

ao CB. Quitei a neve da miña tenda e preparei de comer e beber, recollín todo (a mochila era duns 40 quilogramos).

Saín sobre as 15.30 h. Media hora despois desatouse unha forte tormenta, raios, tronos e neve dabondo. Comecei a preocuparme porque se perdía a pegada. Era difícil avanzar: o peso da mochila, a dor dos pés, a abundante neve fresca, a falta de visibilidade, o cansazo xeral... A pegada íase perdendo e na chaira do plató glaciar a situación era delicada, pero paseina, estaba preto do C1, so tiña que cruzar as gretas da beira do glaciar, algo que con boa pegada e nun bo día serían 10 minutos, pois ben, non atopei pegada ningunha e o caos de gretas metía medo, esforceime por lembrar as formas do xeo... eses dez minutos convertéronse en hora e media de suplicio. Deixara de nevar, estaba no C1 sobre as 19.30 horas coas últimas luces do día, seguir baixando sería unha tolería, non había pegada ningunha, decidín acampar. Foi a nevarada máis grande dende que estabamos aquí, máis de medio metro, uns 60 cm en tres horas sen cesar. Estaba mal, moi canso, extenuado, desanimado, derrotado. So quería durmir, esquecer as apertadas botas, os crampóns, o arnés, a megamochila... Pasaron unhas horas, de pronto luces e voces: Sir, sir, sir... debía de estar delirando, pero non, eran dous mozos sherpas, axudantes na cociña do CB. Foi toda unha delicia velos, unha inxección de moral, de ilusión. Viñan ao meu encontro para informarme de que a mañá seguinte viña o helicóptero a por todos, que non me demorase. Querían que me fora con eles pero que va, nin de coña, estaba fundido, necesitaba durmir. Déronme zume, queixo e

tortilla e marcharon, de paso se levaron unha tenda e algunha outra cousa. Xa me atopei mellor, agora sabía que tería a pegada aberta ata o CB, e a mochila pesaría menos, si, estaba francamente mellor, durmín moi ben.

9 de maio. Pasadas as 7 da mañá estaba en marcha, afrontei a xornada con alegría, a montaña estaba moi fermosa, toda branca. Ningún día a vira así. Cheguei ao CB antes das 11, estaba case todo recollido, sorprendeume. Tiven un cálido recibimento por parte de todos, pero tamén déronme as malas novas, mentres facía os primeiros baños de auga quente con betadine en mans e pés. Eu cría que era o que baixara peor (polos meus pés), pero mirei a Guntis con importantes conxelacións nunha man e nariz, tamén tiña problemas nos pés. Os dous checos foran evacuados en helicóptero de emerxencia, con graves conxelacións. O húngaro Tibor Horvath desaparecera o día 5, e se lle daba por morto. Mágoa.

Despois todo foi moi rápido, nunha hora tiven que recoller todas as miñas cousas. Fun na terceira viaxe de helicóptero, ata

Tatopani, como todos. Alí comemos e descansamos un par de horas, logo unha segunda viaxe no mesmo transporte ata Pokhara, onde pasamos a noite. Ao día seguinte fun nun avión de voo regular ata Kathmandu.

Sobre as miñas conxelacións dicir que sigo contando con que non sexan graves. Chamei ao médico da expedición de Carlos Soria, Dr. Carlos Martínez (que xa estaba en España), quen amablemente ofreceume a súa axuda. Envieille fotos das conxelacións e xa me enviou un tratamento e instrucións para as curas, indicacións que estou a seguir. Todo isto e a miña propia experiencia anterior fanme estar tranquilo. Dende aquí o meu agradecemento a Carlos Martínez pola súa boa disposición e rápida resposta.

Unha aperta.

Sechu, dende Kathmandu.

Xoves, 17 de maio 2012. Día das Letras Galegas

19 de maio. Cálido recibimento en Peinador (Vigo) foto: Jorge Barreiro

Page 16: Cumes

16

O día 31 de marzo tivo lugar a reunión de Comisión Delegada e a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Montañismo coa asistencia de todos os asembleistas polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros, baixo a presidencia de Adolfo Puch.

Na xuntanza aprobáronse por unanimidade a acta da asemblea de 2011, a Memoria de Actividades do mesmo ano, o peche das contas do mesmo exercicio, o proxecto deportivo e de xestión

e os orzamentos cara a ano 2012, orzamentos nos que destaca unha partida prevista para actividade ordinaria de 51.280 euros. Así mesmo foron adxudicadas as actividades deportivas para o ano 2013 e procedeuse a nomear como Mellor Club Galego do ano 2011 ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia. En canto as propostas dos clubs foron aprobadas dun total de oito propostas dúas das presentadas polas entidades Club de Montaña Xistra “sobre as actividades federativas que non poderán coincidir con outras do calendario agás dos cursos da E.G.A.M.” e outra do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia “para a creación nos orzamentos da FGM dunha partida económica que garanta, e tamén poña teito ás axudas a promoción do montañismo infantil-xuvenil en Galicia”.

No cómputo xeral de participación en actividades, cursos, competicións e licenzas deportivas a orden de puntuacións dos clubs galegos foi o seguinte

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia foi elixido mellor club de 2011

Aprobouse o orzamento de 2012 e as actividades para 2013

A asemblea xeral ordinaria da FGM rende

contas

1º Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia (Vigo)

2º Clube de Montaña Xistra (Vigo)

3º Club Montañeiros Celtas (Vigo)

4º Clube de Montaña Ribeira Sacra (Parada do Sil-Ourense)

5º Sociedad de Montaña Artabros (A Coruña)

6º Club Alpino Ourensan Manzaneda (Ourense)

7º Asociación de Escaladores Ourensáns (Ourense)

8º Club de Montaña O Veral (Lugo)

9º Club Deportivo Fontiñas (Santiago de Compostela)

10º Clube de Montaña e Escalada Azimut (Vigo)

11º Club Deportivo Red 1 Ourense (Ourense)

12º Club Montañeiros de Pontevedra (Pontevedra)

13º Club Montaña Ferrol (Ferrol)

14º Club Peña Trevinca Barco (Barco de Valdeorras)

Texto: Adolfo PuchFotos: Arquivo FGM

· A

CT

UA

LID

AD

E F

ED

ER

AT

IVA

·

Page 17: Cumes

17

Entrega de galardóns

Unha vez rematada a asemblea desenvolveuse a Gala de entrega de galardóns a todas aquelas persoas e entidades que a xuízo da Xunta Directiva da FGM fixéronse merecedores de tales recoñecementos. O presidente, Adolfo Puch acompañado dos vicepresidentes Manuel Granada e Raúl Leirós fixeron entrega dos seguintes trofeos:

Recoñecemento aos participantes na Copa Galega de Marchas de 50 quilómetros.

Club Montañeiros Celtas como o club galego que participou nun maior número de actividades, cursos e competicións federativas.

Sociedad de Montaña Ártabros por ser o club con máis participación nas Copas Galegas de Escalada en Bloque e de Carreiras por Montaña do circuíto galego da F.G.M..

Clube de Montaña Ribeira Sacra pola súa traxectoria de organización de actividades federativas estatais nos últimos anos. Esta entidade organizou varias probas da Copa de España de Carreiras por Montaña con total éxito e o Campionato de España de Carreiras por montaña individual e por seleccións autonómicas, así como o Campionato Galego da mesma especialidade.

Clube de Montaña Xistra por ser a entidade galega que leva organizando máis actividades federativas nos últimos anos e como non no 2011 merece novamente o noso recoñecemento.

Sociedad de Montaña Ártabros por ser, un ano máis, a entidade galega

que expide maior número de licenzas deportivas en Galicia. O seu labor de promoción da licenza deportiva e motivo do agradecemento sinxelo da FGM.

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia recibe o recoñecemento como “Mellor club galego do ano”. A nosa felicitación polos logros acadados ata agora no ámbito federativo, na promoción do noso deporte e fundamentalmente por un compendio de colaboracións, pola expedición de licenzas deportivas nun abano moi completo de idades, participación nas actividades tradicionais da FGM con masiva afluencia de montañeiros maiores e veteranos, achega de cursillistas nas actividades da EGAM e pola súa paulatina incorporación ao

deporte de competición federado na Copa Galega de Escalada en Bloque.

Abel Alonso Gómez, montañeiro vigués socio do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e afincado en Pontevedra acadou o cumio do Monte McKinley (6194 m.) en Alaska (EEUU). Pertence a unha nova fornada de deportistas modestos e tenaces que nos enchen de orgullo a todos de practicar este duro pero gratificante deporte.

Roberto López Iglesias, montañeiro lucense e veciño de Vigo e membro do Clube de Montaña Xistra acadou xunto con Abel o Cumio do Monte McKinley (6194 m.) en Alaska (EEUU). Falar de Roberto e falar dun gran deportista na montaña, un tipo extraordinariamente simpático, animoso, segundo os seus compañeiros de expedicións se pode ir con el ata a fin do mundo, isto di moito en favor da súa traxectoria e personalidade.

José Juan Domínguez López, este escalador vigués afincado en Fornelos de Montes (Pontevedra) é socio de Club Montañeiros de Pontevedra e un deportista excepcional que se fixo merecedor do seu galardón pola súa ascensión en solitario da Vía Triple Directa ao Capitán en Yosemite (Colorado) (EEUU) actividade sen dúbida destacada no ámbito da escalada. É membro da Escola Galega de Alta Montaña, un gran profesional da didáctica deportiva. Grazas José Juan. Con persoas e deportistas como estes o futuro do noso deporte esta garantido por moitos anos.

Acto de entrega de galardóns

Page 18: Cumes

18

Os 10 clubs de montaña da provincia de A Coruña sumaron un total de 756 licenzas durante o ano 2011, cifra que situou a esta provincia á cabeza de Galicia en número de tarxetas federativas o ano pasado. Sen embargo moi preto de

A Coruña situouse a provincia de Pontevedra na que os seus 10 clubs acadaron as 745 licenzas, 11 menos que a provincia coruñesa. Pola súa banda as provincias de Ourense e Lugo rexistraron, 366 e 211 licenzas

respectivamente o que elevou a 2078 o número total de licenzas

expedidas pola Federación Galega de Montañismo durante o ano 2011, 66 máis que no ano

2010.

Cómpre destacar que no ano 2011 rexistráronse, respecto a 2010,

incrementos no número de afiliacións en tres das catro provincias galegas: Pontevedra, Ourense e Lugo e só na de A Coruña produciuse un descenso no número de licenzas. Así, aínda que

a provincia de A Coruña mantense á cabeza de Galicia en número de afiliacións á FGM o número de licenzas baixou respecto a 2010, ano no que se rexistraban 792, fronte as 756 de 2011. Pola contra, no caso da provincia de Pontevedra no ano 2011 produciuse un incremento de licenzas respecto a 2010, pasándose de 670 a 745. Tamén no caso da provincia de Ourense rexistrouse o ano pasado un aumento no número de afiliacións que pasou das 347 de 2010 ás 366 de 2011. Mentres en Lugo as licenzas pasaron das 192 de 2010 ás 211 de 2011.

A Sociedade de Montaña Ártabros foi o club galego que maior número de licenzas acadou en 2011 cun total de 288, seguida do vigués Club Peña Trevinca con 258. O tamén club vigués Montañeiros Celtas ocupou o terceiro posto no global de Galicia con 167 afiliacións, mentres que o cuarto e quinto postos no ranking de clubs con maior número de socios foron o Club Alpino Ourensán con 122 licenzas e o

A provincia de A Coruña mantívose á cabeza de Galicia en número de licenzas no ano 2011

A Sociedade de Montaña Ártabros revalida o seu liderado, seguido do vigués Club Peña Trevinca

Texto: Mª del Carmen Echevarría - Gráficos: Jesús Nieto

· A

CT

UA

LID

AD

E F

ED

ER

AT

IVA

·

O ano pasado a Federación rexistrou 2078 licenzas, 66 máis que en 2010

Page 19: Cumes

19

coruñés S.M. Club Deportivo Fontiñas de Santiago de Compostela con 120. O Club Peña Trevinca Barco de Ourense ocupa o sexto posto con 105 licenzas; o pontevedrés Club de Escalada Azimut o sétimo con 83; o Club Montaña Ferrol o oitavo con 77; Club Montañeiros de Pontevedra noveno con 76 e o coruñés Club de Montaña O Carroucho é décimo con 75 socios e socias.

Os líderes provinciais

A Sociedade de Montaña Ártabros foi da provincia de A Coruña que maior número de licenzas acadou en 2011 cun total de 288, cifra que ademais a sitúa a cabeza de Galicia. Con 120 afiliacións a S.M. Club Deportivo Fontiñas foi o segundo da provincia coruñesa con 120 licenzas, mentres que o Club de

Montaña Ferrol con 77 foi o terceiro e o Club de Montaña o Carroucho con 75 o cuarto.

En Pontevedra o vigués Club Peña Trevinca con 258 licenzas foi a primeira entidade pontevedresa en número de licenzas rexistradas na FGM. O tamén club vigués Montañeiros Celtas ocupou o segundo posto con 167 afiliacións, seguido do Club de Escalada Azimut con 83 e o Club Montañeiros de Pontevedra con 76.

No caso de Ourense con 122 licenzas o Club Alpino Ourensán foi o primeiro no ano 2011, seguido do Club Peña Trevinca Barco con 105; a Asociación de Escaladores Ourensáns con 44 e o Club de Montaña Ribeira Sacra con 40.

Con 52 socios e socias o Club de Montaña O Veral e o Grupo de Montaña Pena Tallada, situáronse á cabeza da provincia de Lugo na que a Sección de Montaña do Club Fluvial de Lugo acadou 38 licenzas e o Club de Montaña Mustallar 27.

Home adulto, perfil maioritario

Da análise dos datos de afiliados á Federación Galega de Montañismo no ano 2011 conclúese que son os homes adultos os que lideran as licenzas expedidas durante o ano pasado, sumando un total de 1194, dos que 446 corresponden á provincia de A Coruña, 372 a Pontevedra, 238 a Ourense e 138 a Lugo. As mulleres adultas son o segundo grupo maioritario no número de licenzas da FGM cun total de 631 das que 258 corresponden a Coruña; 209 a Pontevedra; 103 a Ourense e 61 a Lugo.

Os nenos e nenas confírmanse como o seguinte grupo en número de licenzas durante o ano 2011 cun total de 109 no caso dos rapazas e 107 no dos rapaces. Neste grupo a provincia de Pontevedra sitúase á cabeza de Galicia con 74 licenzas femininas infantís e 64 masculinas; seguida de A Coruña con 18 e 27 respectivamente, mentres que Ourense acadou as 11 e 12 e Lugo 5, respectivamente.

As cifras máis baixas rexistráronse no ano 2011 nas licenzas xuvenís que unicamente acadaron as 37.

En 2011 rexistráronse, respecto a 2010, incrementos en

Pontevedra, Ourense e Lugo

Page 20: Cumes

20

Texto: Miguel Feijóo - Fotos: Varios

· M

UL

LE

R E

MO

NT

A ·

Page 21: Cumes

21

La montañera vasca analiza en Cumes sus logros y futuro deportivo

¿En qué momento profesional se encuentra? ¿Tras haber conquista-do las cumbres de los 14 ocho mi-les, cuáles son los próximos retos de Edurne Pasabán?

Después de terminar los 14 ocho miles la verdad que tenía un poco de vértigo,

ya que tanto tiempo dedicado a un pro-yecto tan grande siempre parece que te va a faltar algo. Deportivamente aho-ra tengo ganas de hacer cosas más de exploración y de aventura, ir a escalar montañas desconocidas, de 6000 y 7000 metros. Y tomármelo todo un poco más

tranquilo.

A día de hoy estoy estudiando en el IE para ser coach para ejecutivos, y me gus-taría aplicar toda mi experiencia para trabajar con equipos de ejecutivos y de líderes y poder sacar lo mejor de ellos mismos.

Edurne Pasabán:“Es anecdótico haber sido la primera mujer en coronar los catorce ocho miles”

Tras haber culminado con éxito la consecución de las catorce montañas más altas del planeta e intentar ascender al Everest sin óxigeno, la vida

continúa para Edurne Pasabán. Sin otorgarle al hecho de ser la primera mu-jer en conseguirlo la relevancia que se le ha dado en muchos medios, la

tolosarra asegura sentirse feliz con su vida y dispuesta a afrontar nuevos retos deportivos y personales. Quien estudio Ingenería Técnica Industrial y parecía destinada a desarrollarse profesionalmente en la empresa familiar

de construcción de cortadoras y bobinadoras de papel, afirma no arrepentir-se de haber dedicado su vida a la montaña en la que asegura haber apren-

dido humildad y a reconocer las propias limitaciones.

Entrevista: Mª del Carmen Echevarría - Fotos: Archivo Edurne Pasabán

Page 22: Cumes

22

Tras una década centrada en la con-secución del reto de coronar los 14 ocho miles, a partir de ahora ¿qué le mueve a la hora de afrontar su carre-ra deportiva?

Cosas diferentes ir a encontrar una ruta o una montaña, me gusta mucho el trabajo de explorar en mapas desde casa, buscar información de lugares nuevos, como en el Tíbet. Solo el trabajo en casa antes de partir me apasiona, nunca lo he podido hacer antes o mejor dicho no lo he hecho por que ir a un ocho mil ya estaba todo claro, la ruta, a fecha, la aproximación, conseguir los permisos era relativamente fácil. Ahora todo es un reto.

Coronadas las 14 cumbres más ele-vadas del mundo y superada la satis-facción inicial ¿sintió ese vacío que suele acompañar, pasado el tiempo, a los logros conseguidos?

Sentí ese vacío justo después de termi-nar pero ahora ya no lo siento. Soy una persona metida en muchas historias y es verdad que otras cosas me llegan a llenar tanto, como poder organizar nuevas ex-pediciones, o poder estudiar. No siento el vacío ahora porque empiezo a disfru-tar de otras cosas.

¿Considera significativo o anecdóti-co que se haya puesto tanto el acen-to en su condición de mujer al ser la primera en coronar todos los ocho miles?

Es una mezcla de las dos cosas. Esta últi-ma década se está haciendo mucho hin-capié en nuestra sociedad en las mujeres, su trabajo, al reconocimiento, a todo lo que va alrededor de nosotras. El termi-nar los 14 en una época como esta hace que quizá coja significado en el contexto que vivimos, o hacen que lo coja. Para mí personalmente es más anecdótico.

¿De qué se siente más y menos or-gullosa a lo largo de su trayectoria deportiva?

Me siento orgullosa de haber hecho lo que me gustaba, de poder superar mu-chas cosas personales en estos años, y darme cuenta que mi sueño y que lo que me hacía feliz era hacer montaña para mí. Estoy orgullosa de poder decir que soy feliz con mi vida.

De lo que no estoy orgullosa es segura-mente de muchos comentarios y opinio-nes que se han generado a mí alrededor, y que no representaban los valores que yo tengo, y que creo que me han hecho mucho daño a mí y los que quiero.

¿Siempre ha tenido claro que había acertado dedicándose a la montaña o en algún momento se arrepintió de no haber seguido su carrera de ingeniera técnica industrial?

Hubo algún momento que lo pase mal personalmente y sentí que la montaña me estaba quitando muchas cosas, más de las que me daba, sentía que lo que sa-crificaba a nivel personal era mucho más que lo que me daba, pero la verdad que ahora no me arrepiento para nada. Creo que me hubiera equivocado si lo hubiera dejado.

“Hubo algún momento que lo pase mal y

sentí que la montaña me estaba quitando

muchas cosas, pero la verdad que ahora no me

arrepiento”

Pasabán na ascensión ao Broad Peak

Page 23: Cumes

23

Más allá de los grandes logros que ha cosecha-do para el alpinismo mundial ¿qué conside-ra que ha aportado a este deporte? ¿Se puede hablar de un “estilo Pa-sabán” de entender la montaña?

No, no creo, que se pue-de hablar de un estilo Pasaban. Quizá hemos conseguido que se hable de montaña un poco más en ámbitos no tan montañeros y esto no está mal. Aunque algunas veces soy consciente que también hemos genera-do temas que no eran tan buenos para la montaña o mejor dicho para los valores que transmite la montaña.

Creo que siempre he hecho montaña y los ocho miles con transparencia, sin engañar a nadie, y primero a mí misma, muy consciente de lo que podía hacer y el estilo que podía tener, sin grandes pre-tensiones.

En una sociedad que huye y se gasta millones en evitar el sufrimiento emocional, la soledad y el dolor físico ¿cómo se explica que haya personas como usted volca-das en una actividad en la que esas tres circunstancias van muchas veces implíci-tas?

Es verdad que mucha gente puede ver que en el deporte que yo practico estas tres cir-cunstancias van implícitas, pero yo lo siento de esta manera,

será por qué en la vida más cotidiana he sentido estas tres circunstancias más a menudo y la montaña me ha ayudado a superarlas.

El sufrimiento emocional en el día a día es una pelea que tengo que superar, por que las relaciones humanas son más complicadas aquí que en la montaña. La soledad aunque no os lo creáis, la siento cada domingo por la tarde tumbada en el sofá de mi casa. Y el dolor físico en la montaña que puedo sentir es parte de la pasión que siento.

¿Quiénes son los mon-tañeros/as que más le han influido a lo largo de su trayectoria depor-tiva y qué ha aprendido o aplicado de cada uno de ellos?

Las personas que más han influido a lo largo de mi vida, han sido mis compa-ñeros de cordada, y amigos con los que he escalado desde que tengo 14 años, ellos me han enseñando

todo lo que sé. He sido afortunada de poder escalar durante mi vida con per-sonas, desconocidas en el mundo de la montaña quizá, pero grandes escalado-res, que me han enseñando mucho, y sobre todo me han enseñando a disfrutar de lo que hago, y me han hecho ver mis capacidades, y poder ser consciente de ellas, y disfrutar con ellas. Me han ense-ñado después a escalar para mí.

¿Existe alguna montaña que le haya marcado especialmente en su vida

deportiva?

El K2 seguramente, creo que después de escalar el K2 em-pezó una pelea interna en mí. Fue uno de los momentos que empecé a pensar en cogerme la escalada más en serio y dedicar-me a esto más profesionalmen-te. Eso fue en el 2004, pero me costó tres años ponerlo en prác-tica. El K2 cambio algo dentro de mí.

Desafío 14+1

Efecto dunha nevarada no Annapurna

Page 24: Cumes

24

Page 25: Cumes

25

¿Qué diferencia a un buen monta-ñero de un gran montañero? ¿Tiene el gran montañero una serie de vir-tudes innatas o es posible con traba-jo y esfuerzo alcanzar grandes cotas en el deporte de montaña?

Es verdad que hay montañeros que tie-nen unas condiciones innatas, se acli-matan bien, son fuertes y con poco que hagan son muy buenos. Son gente con talento innato. Hay otras personas que aunque entrenen mucho no tienen esas condiciones, y quizá son más técnicos y pueden hacer cosas de mucha dificultad, pero hay algo que les falta. Esto es lo que creo que he podido ver estos años.

¿Cuál es la lección o lecciones más importante que ha aprendido en la montaña? y después ¿cómo las ha aplicado en la vida diaria?

Creo que la mejor

l e c -ción que

he aprendi-do estos años es

la humildad y el ser consciente de las capaci-

dades de cada uno y de las li-mitaciones. El saber decir no, y ser

humilde para reconocer los errores co-metidos. Esto si conseguimos aplicarlo en la vida diaria todo sería mucho más fácil, y seguramente mucho más real.

La menor presencia de mujeres en la montaña ¿es, como en la mayoría de deportes, fruto de una más tardía in-corporación de las mujeres a las ac-tividades deportivas o cree que en el caso del montañismo las diferencias físicas con los hombres limitan la presencia femenina en este deporte?

Este deporte es un deporte que de al-guna manera te hacer profesional, o por lo menos puedes empezar a viajar al Himalaya cuando tienes ya una edad, porque antes no tienes experien-cia ni tampoco los recur-s o s . L o s

mejo-res años

son de los 30 a los 40 y

en ese periodo de edad las mujeres

tenemos por cuestión cultural otra cosa en la ca-

beza, una familia, la materni-dad....... y creo que eso es uno de los

grandes obstáculos que encontramos, pero este obstáculo nos lo ponemos no-sotras mismas, ya que nuestra cultura es así.

La parte física creo que no tiene tanta importancia a la hora de que haya pocas mujeres en este deporte, ya que las mu-jeres nos podemos preparar tanto como los hombres.

¿Le gustaría que por parte de las ad-ministraciones e instituciones pú-blicas y privadas se hiciese un mayor esfuerzo para promover la práctica del montañismo entre las mujeres?

Me encantaría, no encuentro muy bien la forma, y le doy vueltas a la cabeza pen-sando mucho, ya que creo que es una cuestión cultural más que otra cosa. Por que las mujeres que deciden hacer este deporte lo hacen y se implican mucho, mucho

¿Qué no le gustaría dejar sin hacer en la montaña antes de colgar las botas?

Me encantaría poder abrir una ruta nue-va o escalar una montaña aun sin escalar, aunque no sea un 8000, ya que eso es di-fícil, pero en la tierra hay muchas cosas por explorar y poder vivir la aventura.

¿Cree que en este momento Edur-ne Pasabán tiene sucesora o todavía está por llegar?

Yo creo que sí, eso no es difícil, hay chi-cas mucho mejores que yo seguro, mu-cho más técnicas, y con mucho nivel. Yo siempre digo que soy una persona afortunada de poder haber hecho lo que me gustaba, de plantearme un reto en mi vida y poder hacerlo. Y estoy segura que hay muchas chicas que lo hacen y lo harán.

“Las relaciones humanas del

día a día son más complicadas que en

la montaña”

Page 26: Cumes

26

Tres montañeiros galegos, un deles a título póstumo, recibiron estes últimos meses cadanseu galardón en recoñecemento aos seus méritos. Por unha banda os irmáns Veiga, Constancio, e Antonio recibiron as Distincións ao Mérito Deportivo que outorga a Xunta

de Galicia e coas que se recoñece o labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia a persoas física ou xurídicas, entidades ou organismos. Pola súa banda, o escalador José Juan Domínguez que en setembro de 2011 ascendeu en solitario o mítico

Capitán pola ruta Tripla Directa recibiu foi un dos galardoados na 13ª edición da Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca organizada polo Concello de Vigo, Nogalicia Banco e o xornal Faro de Vigo.

O escalador foi galardoado na Gala do Deporte de Vigo

Foto de familia dos premiados na Gala do Deporte de Vigo

O mundo do deporte premia aos irmáns Veiga e aJosé Juan Domínguez

Constancio e Antonio Veiga recibiron a Distinción ao Mérito Deportivo que outorga a Xunta de Galicia

· R

EC

EC

EM

EN

TO

S ·

Texto: Mª del Carmen Echevarría - Fotos: Faro de Vigo e Xnta de Galicia

Page 27: Cumes

27

Xunto aos irmáns Veiga outros case 40 deportistas de diferentes disciplinas recibiron Distincións ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia que no caso dos montañeiros do Club Montañeiros Celtas recoñecen os seus logros deportivos e de promoción das actividades de montaña,

en especial entre a infancia e a mocidade. No acto de entrega das mencións celebrado o pasado mes de maio na Coruña, o secretario xeral para o Deporte. José Ramón Lete, destacou a achega dos premiados “ao común patrimonio de Galicia que é o seu deporte. Deporte co que tamén se constrúe, tendes construído e construímos Galicia”.

Mentres, na Gala do Deporte celebrada no mes de abril en Vigo máis dunha trintena de deportistas recibiron o recoñecemento polos seus méritos. Xunto aos premiados que previamente foran propostos polas súas respectivas federacións coa condición de ter participado nun campionato de España ou nunha competición internacional, este año como novidade outorgáronse nove mencións especiais a deportistas, clubs ou sociedades que destacaron ao longo do ano 2011 pola súa actividade. Na Gala na que o escalador José Juan Domínguez recibiu o seu galardón pola

súa ascensión en solitario a O Capitán, o regatista Gonzalo Araújo e a xogadora de squash Xisela Aranda foron elixidos os mellores deportista do ano.

Antonio recolle os galardóns dos irmáns Veiga

José Juan Domínguez co seu premio

Os premiados cos galardóns que outorga a Xunta

Page 28: Cumes

28

Actividades pasou

xeito: CATEGORÍA FEMENINA 1ª Josefina Maestu Almeida - Ártabros (A Coruña)2ª Paula Blanco Latorre - Ártabros (A Coruña) 3ª Adrianne Jones - Fontiñas (Santiago de Compostela)

CATEGORÍA MASCULINA 1º Miguel Feijoo FernándezAsociación de Escaladores Ourensáns ASESOU (Ourense) 2º Fausto Blanco Alvarez - Ártabros (A Coruña) 3º Marcos González Gerpe - Ártabros (A Coruña)

Mentres, na segunda proba da Copa, que tivo lugar en Vigo os podios, tanto na categoría feminina, como na masculina, estiveron máis repartidos:

CATEGORÍA FEMENINA 1ª Adrianne Jones - Fontiñas (Santiago de Compostela)2ª Josefina Maestú Almeida- Ártabros (A Coruña)3ª Mª del Carmen Fernández Alvarez- O Veral (Lugo)

CATEGORÍA MASCULINA 1º Fausto Blanco Alvarez - Ártabros (A Coruña)2º Miguel Feijóo FernándezAsociación de Escaladores Ourensáns ASESOU (Ourense)3º Miguel Alonso Pérez- Celtas (Vigo)

Coa organización da Sociedade de Montaña Ártabros o 9 de xuño na cidade de A Coruña e do Clube de Montaña e Escalada Azimut en Vigo o 23 do mesmo mes, celebrou-se a Copa Galega de Escalada en Bloque, proclamándose campións/as nas categorías masculina e feminina:

CATEGORÍA FEMENINA 1ª Josefina Maestu Almeida - Ártabros (A Coruña)2ª Adrianne Jones - Fontiñas (Santiago de Compostela)3ª Mari Flor Fernández Alvarez - O Veral (Lugo)

CATEGORÍA MASCULINA 1º Fausto Blanco Alvarez - Ártabros (A Coruña) 2º Miguel Feijoo Fernández -Asociación de Escaladores Ourensáns ASESOU (Ourense)3º Mauro González Rodríguez -Asociación de Escaladores Ourensáns ASESOU (Ourense)

Na proba disputada na Coruña o club anfitrión, a Socie-dade de Montaña Ártabros, acadou especial protagonismo no podio que finalmente quedou configurado do seguinte

o que xa

Copa Galega deescalada en bloque

· A

CT

IVID

AD

ES

·

Page 29: Cumes

29

As cidades de Vigo e a Coruña foron escenario das dúas probas da Copa Galega de Escalada Base na que cómpre destacar o casi absoluto dominio do Club Montañeiros Celtas de Vigo, cuxos representantes coparon os tres postos do podio na categoría infantil Sub 16 e o segundo e terceiro postos da categoría Cadetes Sub 18. A clasificación final da Copa foi a seguinte:

INFANTIL (SUB 16) 1ª Javier Alejano García - Celtas (Vigo)2ª Bruno Casal González - Celtas (Vigo)3ª Candela Reboiras Trincado - Celtas (Vigo)

CADETES (SUB 18) 1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)2º Javier Vázquez Rodríguez - Celtas (Vigo)3º Samuel Rodríguez Borines - Celtas (Vigo)

Na primeira proba disputada no pavillón vigués de As Tra-vesas o 16 de xuño o dominio foi claro do Club Montañei-ros Celtas, tanto na categoría infantil como en cadetes. A clasificación foi a seguinte:

INFANTIL (SUB 16) 1º Arturo Mateo Mañá - Celtas (Vigo)2º Javier Alejano García - Celtas (Vigo)3º Bruno Casal González - Celtas (Vigo)

CADETES (SUB 18) 1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra2º Javier Vázquez Rodríguez – Celtas (Vigo)3º Samuel Rodríguez Borine - Celtas (Vigo)

A segunda das probas da Copa tivo lugar na Coruña o pasa-do 30 de xuño e do novo o dominio foi case total do Club Montañeiros Celtas. Así quedou o podio final:

INFANTIL (SUB 16) 1º Javier Alejano García - Celtas (Vigo)2º Felipe de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)3º Bruno Casal González - Celtas (Vigo)

CADETES (SUB 18) 1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)

Copa Galega deescalada base

Page 30: Cumes

XLVII Campamento e marcha galega de montaña.A Serra do Xurés acolleu os días 12 e 13 de maio o campamento e marcha galega organizados pola FGM e o Club Xistra. Despois da concentración desenvolvida o sábado no camping de O Corgo en Muiños, o domingo celebrouse a marcha co percorrido Padrendo-Bubaces-Torneiros-Alto de Santa Eufemia-A Chan de Ventoselo-Padrendo, un traxecto circular de baixa-media montaña galega, aínda que esixente por mor dos grandes desniveis existentes.

IV Percorrido de Esquí de Montaña.No mes de febreiro celebrouse coa participación de montañeiros dos clubs Montaña de Ferrol, Xistra, Peña Trevinca e Celtas FGM o IV Percorri-do de Esquí de Montaña. A travesía na que tomaron parte montañeiros con experiencia na progresión en montaña invernal mediante esquís o raquetas, cun nivel de B3 /S3, celebrouse en To-rrebarrio.

XXV Marcha con vivac.

Na súa vixésimo quinta edición a Marcha con Vivac organizada pola FGM e o Club Peña Trevinca cubriu entre os días 9 e 10 de xuño unha travesía entre Burbia e Vilarello nos Ancares leoneses e galegos. O primeiro dos días os participantes cubriron a distancia entre Burbia e Cabana Tres Bispos, mentres que o segundo e tras vivaquear completaron a travesía chegando a Vilarello.

Cursos FGM-EGAM.En canto ás actividades desenvolvidas nesta primeira parte do ano pola Federación Galega de Montañismo e a Escola Galega de Alta Montaña, destacamos os cursos de alpinismo (de iniciación e perfeccionamento técnico) e escalada de varios longos, tanto equipados como desquipados.

30

consulta aquí todas as actividades

Actividades pasouo que xa

Page 31: Cumes

31

por viro que está

Setembro

Outubro

CURSOAUTORRESCATE EN

BARRANCOS

15-16XXIV MARCHA

de MONTAÑEIROSVETERANOS

9XLI

CAMPAMENTO E MARCHA INFANTIL-

XUVENIL

22-23

CURSODE ORIENTACIÓN

EN MONTAÑA

29-303ª PROBA da

COPA GALEGA deCARREIRAS por MONTAÑA

(III Montes de Viveiro)

30

CURSODE MONTAÑISMO

PARA XOVES

6-7MARCHA ESTATALDE MONTAÑEIROS

VETERANOSFEDME

12-144ª PROBA da

COPA GALEGA deCARREIRAS por MONTAÑA

(I Carreira de Montaña Terra Galaica )

14

Page 32: Cumes

32

Para estas ascensiones con esquís que os propondré, utilizaremos como base el refugio que tiene la Federación Ga-lega de Montañismo en la comarca de Babia, en Torrrebarrio, ya que tenien-do esta magnifica instalación para per-noctar nos permitirá realizar un sinfín de ascensiones en un radio pequeño. En este caso concreto solo tenemos siete kilómetros hasta Torrestio

Morro Negro (2151metros) está situa-do en la Sierra de la Maserona y para realizar su ascensión saldremos de la localidad de Torrestio a 1350 metros. Cogeremos la pista que sale al final del pueblo en dirección oeste, donde hay un panel informativo. Continuaremos por el camino que deja a nuestra dere-cha el arroyo Valverde y que transcurre por el Valle de Valverde y continuare-

mos por el camino. Aproximadamen-te a 1, 5 km del panel, podéis buscar una buena zona para cruzar el río, si no continuad 2,5 kilómetros y lo podréis cruzar por un pequeño puente al fon-do del valle donde podéis ver el pico Calabazosa (2115mts).

Al llegar a La Senra encararemos direc-tamente a la cumbre norte del Morro Negro, que es la principal. Los últi-mos 300 metros de desnivel son muy pronunciados y en ocasiones puede ser necesario ponerse los crampones. La ruta normal de ascenso es por el Arroyo Valverde, cruzando los valles de Sosas y Cualmarce, desde donde se asciende a la cumbre de la Calabazosa, continuando por el Reguero Meruquil hasta llegar a la collada del Quesero a 1750 m., ascendiendo a continuación al pico Quesero que os queda a vuestra izquierda y continuamos la ascensión hasta llegar al Pico Pielda, de 1965 me-tros, desde donde iniciamos la ascen-sión del Morronegro propiamente di-cho. Tras bajar a la collada del Pielda y ascender una zona de desnivel con-siderable, llegamos a la cumbre norte.

Nosotros realizamos la primera ya que

Ascensión de esquí de travesía al Morro Negro

Texto e fotos: Felipe Martínez

· E

SQU

Í D

E M

ON

TA

ÑA

·

Page 33: Cumes

33

la nieve estaba en muy buenas condi-ciones y nos pareció una actividad más alpina y con un mayor grado de difi-cultad.

El descenso lo realizaremos pasando

por la cumbre sur de 2138 m y con-tinuamos dirección Pico la Loma de 2062 m, descendiendo dirección al Arroyo de la Maserota. Una ruta para disfrutar ya que si la nieve lo permite

y dado que las palas son muy amplias y mantiene bien la nieve, si tenemos suerte con muestro polvo blanco en-traremos en Torrestio con los esquís puestos

acceso Torrestío dirección Puerto de la Ventana, desviarse hacia Torrestíopunto de salida: Torrestío 29T 740621 4770157altitud de salida: 1.350maltitud máxima: Morro Negro 2.151m 29T 738674 4767371desnivel ascenso acumulado: 820 mtiempo estimado sin paradas: 2h30min. subir, 1h15min. bajarcartografía: I.G.N. 1,25.000, hoja 77-IIIdificultad: EM.

Mapa track de Morro Negro Perfil de Morro Negro

Page 34: Cumes

34

O bosque de ribeira

Bosque de ribeira no río Alén

Texto e fotos: Henrique López

· O

FU

RA

FOL

LA

S ·

Page 35: Cumes

35

Nesta ocasión, movidos pola innata curiosidade do noso amigo O Furafollas adentrarémonos na espesura dun dos bosques máis característicos da paisaxe galega:o bosque de ribeira.

En efecto, debido ó seu accidentado re-levo e a súas elevadas precipitacións, Ga-licia atesoura un milleiro de fontes, ríos e regatos pequenos, coma cantaba Rosa-lía. Estas masas e cursos de augas conti-nentais van a estar sempre acompañados deste tipo de bosque, que vai discorrer en paralelo ao río, a rente das súas augas, como si quixese protexer ao río e no que nel acontece de olladas indiscretas, e des-ta característica vaise derivar un dos ou-tros nomes para este tipo de formacións boscosas: o bosque de galería, amén de moitos outros, como ripisilva, bosque húmido, bosque higrófilo… todos os nomes facendo mención do factor con-dicionante deste ecosistema: a auga.

Loxicamente e por motivos de espazo, neste pequeno artigo só imos botarlle unha ollada ás árbores mais importantes que conforman este tipo de ecosistemas, deixando o resto, para posteriores excursións, onde deterémonos máis polo miúdo nas plantas e animais, vertebrados e invertebrados.

Os bosques de ribeira, son caducifolios, co cal no verán, serán moi umbríos e frescos e no inverno as árbores ficarán totalmente espidas. A árbore dominante e que vai caracterizar este tipo de espazos non é outra que o amieiro, Alnus glutinosa, seguida de cerca polo salgueiro común, Salix atrocinerea, se ben existe unha gran variedade de salgueiros, entre árbores e arbustos, que tenden a hibridar entre eles, o que fai moi dificultosa a súa identificación.

Estas dúas árbores (os amieiros e os salgueiros) son quen de poder vivir en terreos totalmente enchoupados e son moi importantes para o ecosistema “río-bosque de ribeira”, xa que no verán, coa súa frondosidade, regulan a temperatura das augas, coas súas raiceiras suxeitan o terreo, sobre todo nas marxes da canle impedindo o seu arrastre nas épocas de chuvias e de enchentas. Ademais destas características, tamén fan a función de filtrar as augas que escorregan ata as canles, purificándoas, e entre as súas raiceiras poden atopar un bo acocho tanto os peixes, coma os anfibios, por non falar de insectos acuáticos, así coma zonas axeitadas para a súa reprodución.

Loxicamente, hai máis dun tipo de bosque ribeireño, dependendo das zonas climáticas onde se asente, así, poderiamos dividir Galicia unha zona de clima atlántico, con moitas chuvias e elevada humidade ambiental e outra mais seca, con certa seca estival o que lle vai conferir certa mediterraneidade. Pois ben, no primeiro caso a árbore acompañante ao amieiro sería o freixo, Fraxinus excelsior e no segundo, máis mediterráneo outras árbores máis adaptadas a este tipo de clima, como os chopos; Populus nigra, a freixa; Fraxinus angustifolia. Nas nosas andainas por Pontevedra ou Ourense seremos quen de ollar estas formacións boscosas.

Lamentablemente, estes bosque antes bastante extensos, teñen visto reducida a súa extensión considerablemente, xa que adoitan ocupar as chairas de inundación dos ríos, e foron tallados sistematicamente polo home para obter boas terras de cultivo, ou por ser zonas de chairas para instalar polígonos industriais

Bosque de ribeira no río Alén

Page 36: Cumes

36

coma por exemplo o que lle aconteceu ao que era un dos maiores bosques de ribeira do noroeste peninsular, as coñecidas Gandaras de Budiño no concello de O Porriño. Outra ameaza, sobre todo nos cursos altos son as minicentrais, que tamén adoitan instalarse onde o río é mais agreste e consecuentemente onde o bosque estaría mellor conservado. Outra grave ameaza son as chamadas “limpezas” que se fan nas canles e nas beiras dos ríos co conseguinte estrago na vexetación, e que conseguen o efecto contrario do que se pretende evitar, as riadas. En efecto, o bosque de ribeira, vai diminuír a velocidade das augas, e ao ter ben suxeita a terra vai impedir que esta se deslice augas abaixo co conseguinte perigo que isto conlevaría, ademais da capacidade de remansar as augas nas zonas de inundación, evitando así as temibles riadas. Pensamos que

o problema non é que a auga chegue as casas, senón máis ben que as casas chegan ao río, ao bosque de ribeira, e nos esquecemos que si estaba aí era por algo.

Composición do bosque ripícola

As árbores non van nacer en calquera parte deste complexo ecosistema, senón que se van a dispoñer de acordo coa súa tolerancia á presenza de auga e ó enchoupamento do terreo. Normalmente os mais pegados á beira do río van ser as árbores do xénero Salix coma o salgueiro, Salix atrocinerea. Para facermos unha idea do antigo da vinculación desta árbore co medio acuático baste comentar que Salix ten unha orixe celta e significaría “próximo a auga.”.

Os nosos devanceiros coñecíana ben

e ata non fai moito empregábase en cestería,concretamente a famosa vimbieira, Salix viminalis, e tamén para atar as viñas, usándose para elo o Salgueiro irto, Salix fragilis e xa no século V a.c., Hipócrates escribía sobre as súas propiedades medicinais, xa que efectivamente, a partir da súa codia extráese a salicina da cal a súa vez obtense o ácido salicílico, o precursor da famosa aspirina. De tódolos xeitos, os salgueiros raramente van acadar portes considerables, e van ficar maiormente

Chaira de inundación do bosque de riberia

Salix Atrocinerea. Detalle das follas

Amieiro, Alnus glutinosa

Page 37: Cumes

37Amieiro, Alnus glutinosa, detalle das follas Xema de F. excelsior, de cor negra

Polas de abeleira, Corylus avellana

nun tamaño arbustivo.

Tamén é destacable que é unha planta que podemos atopar por toda a Península Ibérica, e aquí en Galicia pode atoparse ata a 1700 m de altitude. Tamén é frecuente atopalo formando amplas masas en terreos agrícolas abandonados. Ten unha gran capacidade de rebrote.

Xunto aos salgueiros, o Amieiro, Alnus glutinosa, (que por certo é parente das bidueiras, outra árbore que pode aparecer no bosque de ribeira) vaise situar entre os salgueiros no borde do río e tamén máis atrás, non tan en contacto coa auga. Esta árbore é a realmente responsable da existencia do bosque de ribeira podendo acadar os 20-30 m de altura, e ao igual que os salgueiros o seu nome deriva dunha raíz celta que significaría “o que medra nos bordes dos ríos”. Podémolo atopar dende practicamente a beira do mar ata mais de 1000 m de altitude, sempre nos bosques riparios. É unha árbore que atura moi ben o enchoupamento do solo, aínda que non vai ter un sistema radical moi fondo, aínda que é quen de fixar o nitróxeno atmosférico, xa que nas súas raíces viven en simbiose uns fungos que se van ocupar diso. É unha árbore moi interesante, a súa madeira mentres está somerxida non apodrece ou tarda moito e ao igual co salgueiro,

con moitos usos tradicionais, coma a construción das zocas, incluso segundo certos autores o seu carbón emprégase fundamentalmente para a fabricación da pólvora, e tamén tería un uso medicinal, concretamente a súa casca, que se emprega para baixar o colesterol ou para combater as anxinas e a farinxite.

Outras árbores acompañantes

Para rematar citar de xeito máis breve outras especies de árbores que van a estar presentes no fantástico bosque de ribeira, e que tamén son moi importantes, coma por exemplo a abeleira, Corylus avellana, arboriño que raramente vai superar os 8 m de altura, moi ramacento, xa dende a base e que florece antes de botar as follas entre xaneiro e marzo. É unha arboriña que pode ser atopada en solos fértiles, formando rodais nas vagoadas umbrias ou en pés soltos dentro dos bosques caducifolios, podendo chegar ata os 1600 m de altura, coma nos Ancares, onde se sitúa en vales e ladeiras de notable pendente,con forte humidade ambiental ou nos bordes dos regatos.

Tamén imos atopar freixos, da familia das oliveiras, dos que en Galicia imos ter dúas especies, o Fraxinus excelsior

e Fraxinus angustifolia. O primeiro vaise dar sobre todo na metade norte do país, xa que é unha planta eminentemente de clima atlántico, que necesita humidade incluso no verán e vai escalar ata os 1400 m de altura. De madeira dura, flexible e resistente, ten numerosos usos: ebanistería, para mangos das ferramentas, para o eixo dos carros e antigamente para a fabricación de arcos, lanzas …

A outra especio de freixo, o Fraxinus angustifolia, é un pouco máis pequena ca o seu parente,e de distribución mediterránea, pero tamén en clima atlántico onde hai certa seca estival, coma na provincia de Pontevedra e Ourense, remontando o río Miño e o Sil. É doado distinguilos, xa que o F. excelsior ten as xemas negras e no F. angustifolia son de cor marrón escuro.

Non podemos rematar a nosa excursión polo bosque de ribeira sen mencionar ademais outras árbores que aínda que menos abondosas tamén van a aparecer nel. Trátase das bidueiras, Betula celtiberica; o pradairo, Acer pseudoplatanus e varias especies de chopos, Populus spp., se ben o máis frecuente é o chopo negro, Populus nigra, e sen esquecernos do hoxe en día moi escaso lamagueiro, Ulmus glabra.

Page 38: Cumes

38

¡Hola compañeras y compañeros de las andainas!

Para mí una reflexión es: pensar en algo, creer en ello, desearlo y hacerlo realidad.

Empecé a pensar en las andainas cuando dos compañeros de la Federación Galle-ga de Montañismo me transmitieron la inquietud de participar en dichos even-tos deportivos, contándome sus expe-riencias y sus logros físicos alcanzados. Ellos supieron sembrar en mi la semilla autentica del caminante en contacto con la naturaleza.

Este año tuve la oportunidad de estre-narme en dichas caminatas. Llevo ya cin-co: la primera el 14 de Abril en Entrimo, la segunda el 21, la de Bisbarra do Sar, la tercera, La Ruta del Colesterol el 28 de Abril, la cuarta, el 5 de Mayo, la andaina dos 50 Km de Santiago y la quinta la de Salceda de Caselas, el 2 de Junio.

Cuando resta por disputarse una única prueba de la Copa Gallega 2012 de Andainas de 50 km, Eduardo Barrosa reflexiona en este artículo sobre las sensaciones que esta actividad física le reporta y que se plantea como un reto personal y no como una competición. Las andainas que este año comenzaron en el mes de abril en O Entrimo y continuaron por la comarca do Sar, Boqueixón, Santiago, Allariz, Salceda de Caselas y San Andrés de Teixido,

finalizarán el 1 de septiembre en el Concello de Riveira con la celebración de la 10a edición de su andaina popular.

Reflexiones de las andainas gallegas de 50 km

La Copa galega 2012 de Andainas 50 km incluye ocho pruebas por toda la geografía gallega

Texto: Eduardo Barrosa - Fotos: Organizacións das andainas

· A

ND

AIN

AS

·

Page 39: Cumes

39

Todas ellas de 50 Km. En todas he ex-perimentado sensaciones diversas. En lo referente a lo físico, lo he hecho como un reto personal a la resistencia y al es-fuerzo, no como una competencia. Ex-perimenté el valor y el esfuerzo y me doy cuenta que mi integridad tanto fí-sica, como mental se van fortaleciendo a la vez que voy realizando mas andai-nas. Diferencio el esfuerzo del sacrificio, pues sería sacrificio si lo hiciera compi-tiendo contra los demás participantes, pero por suerte ese no es mi caso. Otras sensaciones que despiertan mis sentidos, que ya creía dormidos, son el visual, pues tengo que agudizar y fijarme en todo el paisaje por el cual pasamos, para darme cuenta lo maravillosa y hermosa que es esta tierra donde nacimos, en su auten-tico estado natural, sin la manipulación a veces errónea del ser humano. Al mis-mo tiempo que me explayo en el paisaje, tengo que agudizar el ojo para no despis-tarme con las señales y no tener al rato que darme cuenta de que me he perdido

y volver sobre mis pasos hasta la última señal observada, como ya me aconteció en más de una ocasión. Lo fabuloso es que siempre encuentro el camino, “se parece a la vida, ¿no?”.

Otro de los sentidos que he reencon-trando es el del oído, ya que poco a poco estoy redescubriendo los trinos de los pájaros que de niño conocía y que había olvidado por el largo tiempo que no los escuchaba. Con estas anadinas empiezo a identificarlos, a ponerles nombre por su cantico característico, aunque a veces aún los confundo, cuando de pequeñosi-dentificaba a la mayoría que había en el entorno en el que me crie, pero cada vez afino mas el oído; y es por eso que aun-que no los vea los imagino en el baúl de mi infancia con todo su exuberante plu-maje, por ejemplo el pardillo macho en época de cría con ese canto tan peculiar y su colorido plumaje. También tuve la oportunidad de escuchar el cuco con su monótono cu...cu..., cu...cu...y así mis-mo poder observar a menos de quince metros a una majestuosa abubilla con su imponente cresta, abierta de par en par.

No quiero por ultimo dejar en el tinte-ro el sentido del olfato, todos esos olores que se perciben a lo largo del camino, por ejemplo, cuando empiezan a caer las primeras gotas de una lluvia que se prevé persistente, emana de la tierra seca al contacto con el agua ese olor carac-terístico tan penetrante evocando unas sensaciones tan agradables que parece fundirnos con el entorno, y como no, el olor a pino, el del eucalipto, el loureiro...la hierba recién cortada, el barro del ca-mino, incluso hasta si me apuráis hasta la bosta del ganado llega a tener unas con-notaciones placenteras.

¡Ah! se me olvidaba, en la cima del mon-te, en esa soledad que todo lo cubre, experimentas el magnífico sonido del silencio.

Aprovecho estas líneas para agradecer a todas y todos los que se implican y ha-cen posible que estas andainas se hagan realidad. A esa gente que con espíritu de servicio hacen posible que a todos noso-tros los participantes nos sea mucho más fácil y agradable poder hacerlas. A esos servidores que muchas veces ni siquiera vemos y si algunas criticamos, yo os doy las gracias y en vez de criticar vuestra la-bor debería de decir: ¿qué puedo yo ha-cer para colaborar con vosotros?. Gracias por vuestra labor a veces tan ingrata, anó-nima y sin ánimo de prestigio.

Aquí me despido, no sin antes decir que gracias por hacerme sentir vivo.

Page 40: Cumes

40

Un aloxamento estratéxico no acceso ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

· R

EFU

XIO

S D

A F

GM

·

Texto: Mª del Carmen Echevarría - Fotos: Arquivo FGM

Page 41: Cumes

41

En 2005 foi inaugurado o Refuxio de Albite, situado na aldea do mesmo nome a 11 quilómetros do concello de Muiños (Ourense). A instalación da FGM localízase nun enclave privilexiado de acceso ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, punto de encontro e disfrute de numerosos practicantes dos deportes

de montaña. Liteiras corridas; auga corrente; servi-zos; ducha con auga quente; luz eléc-trica; calefacción; lugar para cociñar; cheminea e botiquín, son os servizos e equipamento do que dispón o Refuxio de Albite. Con capacidade para 50 per-soas a instalación da FGM entrou en servizo o ano 2005, converténdose des-de entón en lugar de referencia para os amantes dos deportes de montaña que atopan nel o espazo ideal para aloxar-se, repoñer forzas e pernoctar. Por tan só 3 euros todos os federados e federa-das poderán facer uso das dotacións do refuxio de Albite, mentres que aquelas que non dispoñan da correspondente licenza e que terán que ir acompañadas dun fe-derado, deberan abonar 10 euros.

Para facer uso desta ins-talación radicada na al-dea de Albite, a 11 qui-lómetros do concello ourensán de Muiños, as persoas interesadas deberán solicitalas nas oficinas ou chaman-do á FGM ao teléfono 986 208 758. Cómpre lembrar que a reserva é imprescindible para, en primeiro lugar, co-ñecer a dispoñibilidade das instalacións e en se-

gundo lugar para a persoa encargada do refuxio teña aviso e permita a entrada aos federados. Unha vez instalados só falta comezar a disfrutar das actividades que a zona nos permite desenvolver: montañismo, escalada, sendeirismo, barranquismo, mountain bike o sim-plemente facer turismo nunha contorna privilexiada como é o do Parque Natu-ral de Peneda Gerés.

Espazos naturais, flora e fauna, pa-trimonio … un agasallo para os sen-tidos

A superficie que ocupa o Parque asén-tase na zona coñecida como Galicia-

Tras-os-Montes, encadrada dentro do Macizo Hespérico español. Esta rexión está dominada por estruturas graníticas compostas, principalmente, por cuar-zos, feldespatos e micas. A Baixa Limia constitúe un rebordo da ampla depre-sión da Limia, caracterizado por tres unidades morfolóxicas: as superficies aplanadas, os vales fluviais e as serras. Desta forma, en contacto coa grande ex-planada da Limia atopan as altas terras do Salgas en Calvos de Randín, e as do Cadós en Bande, materializadas por un-has superficies aplanadas duns 800-900 m de cota. Atravesando este nivel apa-rece o río Limia e separadas da Limia

polos aplanamentos ele-vados descritos con an-terioridade, situaríanse unha serie de aliñacións montañosas: Serra de Larouco, Serra de San-ta Eufemia e a Serra do Xurés ao Sur do río Li-mia, e polos Montes do Quinxo, Serra de Que-guas e Serra de Leborei-ro ao oeste.

O Parque Natural ató-pase nunha zona de transición entre os cli-mas atlántico e medi-terráneo cunha tempe-ratura media anual que oscila entre os 14º C

Page 42: Cumes

42

e os 10º C. Os valores máis elevados alcánzanse nos meses de xullo e agos-to, chegando a temperaturas extremas de 35º C; mentres que os máis baixos adoitan alcanzar os -5º C durante o pe-ríodo invernal (decembro, xaneiro). As chuvias máis abundantes prodúcense en outono e inverno, sendo escasas no período estival. O interese botánico do Parque, queda posto de manifesto polo grande número de taxons presentes., mentres que no referido aos recursos faunísticos o Parque é hábitat de nu-merosas especies piscícolas, así como de

aves, anfibios e mamíferos. Así, se che-gan a contabilizar no territorio un total de 229 especies de vertebrados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos), e 82 de invertebrados.

No que se refire ao patrimonio cultural é abundante e moi importante. O legado máis singular é o trazado da “Vía Nova” romana, que en tempos da Gallaecia ro-mana comunicaba as cidades de Braga e Astorga. Vinculados a esta “Vía Nova” é posible atopar unha serie de elementos de gran valor, como os Miliarios en Por-tela d´Home, ou o Mansio Aquis Origi-nis, no cal as escavacións levadas a cabo puxeron de manifesto restos de edificios asociados a cociñas e un espazo termal con sistema de calefacción (hypocaus-tum) que amosa o establecemento dos baños termais da época.

Cómpre destacar, así mesmo, os nume-rosos castros que son claros indicadores da existencia dunha poboación estable-cida.

Rutas e ascensións

Fontefría (1454 m); Gralleiras (1432 m); Nevosa (1539 m);Quinxo ((1166 m) e Santa Eufemia (1094 m), son al-gunhas das ascensións ás que os aman-tes da montaña poderán facer fronte na contorna do Refuxio de Albite. Pola súa banda os afeccionados ao sendeirismo poderán percorrer as rutas de Fontefría, a do pobo de Salgueiro ou de Carrís.

Page 43: Cumes

43

Page 44: Cumes

44

A planificación xa a temos dende o mo-mento que esteamos a pensar nunha montaña en concreto que desexamos as-cender. Pero claro, non basta con decidir unha montaña, hai que pensar un pouco sobre iso, planificar: onde está situada, e dicir, identificar as vías de acceso. A cli-matoloxía da zona. A presenza de neve ou non. A altitude xa que por riba dos 2.500 m comeza o corpo a poñer en fun-cionamento os mecanismos de adapta-ción a altura. O tempo que me vai levar xa que cómpre ter unha estimación so-bre o tempo total da ascensión, subida e baixada. Se teño refuxios preto ou teño que vivaquear. Unha estimación da can-tidade de comida, na que está incluída a cantidade de auga, posto que xa coñece-mos todos que a hidratación en montaña é fundamental e unha pequena deshidra-tación baixa o rendemento incremen-tándose o perigo de lesión. Recollida de documentación, mapas e croquis do as-censo, identificando nestes documentos

os pasos ou lugares de maior dificultade e perigo.

Este é o traballo previo que podemos facer na casa botando man de internet, pero ollo porque é preciso filtrar a infor-mación que collemos por este medio, ou ben achegándonos librerías onde teñan guías e mapas.

Por que coñecementos de orientación? Por unha simple razón, todos os macizos

montañosos están topografiados e nas reseñas a información dáse deste xeito, “comezamos a ascensión cara o Norte e despois de estar camiñando durante unha hora, teremos que coller un cami-ño mal marcado en dirección leste …” Se non somos capaces de ler no mapa os puntos cardinais, identificar os signos de camiños, interpretar a información que nos dan as curvas de nivel sobre como é o relevo montañoso, será moi compli-cado camiñar seguindo o camiño máis cómodo ou o previsto. E claro, temos que acompañar o mapa co compás e al-tímetro, este último moi importante na montaña xa que nos ofrece referencias de grande valor para chegar a outeiros, cumes ou refuxios. Hoxe en día os GPS axudan moito na orientación, ademais de dicirnos o camiño que estamos a seguir, e algúns a altura na que nos atopamos, moitos modelos teñen a posibilidade de amosarnos os datos con mapas de fondo con curvas de nivel ou relevo, aumen-

Camiñando cara aos 3000 metros

Texto e fotos: José Manuel Pérez

· T

ÉC

NIC

A ·

Seguimos a camiñar pero imos cambiar de lugar. No verán aproveitamos eses días para ir un pouco máis lonxe das nosas montañas, a lugares coma os Picos de Euro-pa e Pirineos. Entramos xa noutras dimensións nas que a montaña vainos demandar planificación da actividade, coñecementos de orientación, condición física aceptable e

material axeitado. Imos analiza cada afirmación.

Page 45: Cumes

45

tando a calidade da información. Non esquecer as pilas de recambio para o GPS e recordar que a baixas temperaturas a duración das pilas diminúe moito.

Outro punto ao que non lle prestamos moita atención é a condición física. Non é preciso ser una deportista de alto nivel ou dedicarse á competición, pero para calquera que desexe camiñar con segu-ridade polas montañas de certa altura, Pirineos e Picos de Europa, en percorri-dos sen camiños, a condición física debe coidarse un mínimo. Cal é o mínimo? Iso é unha valoración persoal. De xeito xenérico temos que alcanzar un mínimo de forza e estabilidade das articulacións. A forza suficiente para trasladar o noso peso máis o do equipo polas pendentes de montaña durante catro ou cinco ho-ras e estabilidade nas articulacións ao ca-miñar sobre terreos con abundancia de pedras, ocos, arbustos e outros factores que dificultan un camiñar natural. Para

obter un bo nivel, nada mellor que saír ao monte cada fin de semana e durante a semana correr ou camiñar apurado du-rante uns trinta ou corenta minutos. Se optamos por camiñar, unha boa opción é empregar bastóns de marcha para apro-veitar e facer un pouco de forza cos bra-zos. Esta práctica constante axuda a man-ter un bo ton muscular e a adaptación dos ligamentos, aumentando o seu gro-sor e resistencia. Manter actividade diaria tamén axudaranos a non gañar peso que

logo hai que mover monte arriba.

Por último o material e equipamento. Sempre temos que facer o repaso do que imos levar en función da actividade e as previsións meteorolóxicas. Se decidimos facer unha actividade de marcha, non será preciso gran cantidade material, pero a calidade do que levemos temos que tela asegurada. Entre o noso equipamento non esqueceremos o anorak transpirable, o forro polar e as camisetas térmicas. Xa de todos é coñecido que as camisetas de algodón as empregaremos para as saídas a cafetería. Na parte de equipamento, o calzado é unha das máis importantes. Camiñar pola montaña esixe un calzado robusto e con boa adherencia tanto en seco como mollado, sen esquecer a pro-tección dos nocellos, é dicir, que o calza-do non sexa baixo. Non excluamos a po-sibilidade de que se produzan tormentas que nos mollen en abundancia da cabeza ata os pés. Simplemente lembrar que se imos pisar neveiros ou glaciares teremos que levar os nosos crampóns e o piolet. En ocasións o piolet o podemos substi-tuir por bastóns, pero iso supón que as pendentes de neve serán suaves.

Entre o equipo a non esquecer nunca está o de protección contra os axentes ambientais coma os raios de sol. Coa al-titude diminúe o espesor da atmosfera e temos menos filtro para os raios UV. É imprescindible o uso de cremas solares de protección específicas para a monta-ña e gafas de sol homologadas. O com-plemento dese material o temos nunha gorra ou gorro.

Agora só queda disfrutar da montaña con sol ou sen el.

Page 46: Cumes

46

70 anos. Cando un escoita que alguén anda polos 70 anos de vida o primeiro pensamento que nos vén á cabeza e di-cir “persoa maior, con moita experiencia, que viviu e viu pasar moitos acontece-mentos da súa propia vida, da súa histo-ria, da historia de todos”. E sen embargo quen os ten, ten a sensación de que o tempo pasou moi rápido.

Montañeiros Celtas xa fixo 70 anos; se-tenta marabillosos anos. Pero o noso club non ten engurras porque sigue renova-do cos socios presentes e enriquecido coa experiencia dos socios pasados. Esta mestura do saber que dá a experiencia e da sabia nova é o que nos permitiu che-gar ata hoxe co entusiasmo de sempre.

Os tempos cambiaron moito dende aquel ano de 1942 en que Antonio Na-varro Lax xunto con 42 socios máis, deci-diron fundar Montañeiros Celtas como Sección de Montaña dentro do “Real Club Celta de Vigo”.

Dende entón o noso Club viu pasar moitos presidentes, directivas, socios.... Honrando a todos eles este ano Monta-

ñeiros Celtas quere celebrar por todo o alto unha data tan significativa para todos nós, cuxos actos centrais se celebrarán durante o vindeiro mes de setembro.

Durante estas sete décadas moitos socios, sen máis pretensión que a de compartir unha forma de divertimento e de ocio, descubriron cerca do noso entorno unha fervenza, un bosque animado, unha cova, ou tal vez cultivaron amizades que foron ou son para sempre. Outros aportaron

importantes éxitos deportivos. Tamén, e lamentablemente, durante este tempo montañeiros entrañables quedaron no camiño no intento de acadar o seu soño e se despediron de nós para sempre.

Lembrar os acontecementos máis salien-tables destes 70 anos non é fácil porque sempre quedará algo no tinteiro. De se-guro que na mente dos máis veteranos están eses bos momentos de reunións, de charla e faladoiro na primeira sede social de Marqués de Valadares, alí onde se fraguaron numerosas saídas aos mon-tes, por aquel entón tan lonxe de Vigo, como Bembrive, Budiño, Domaio, Gali-ñeiro. Logo virían Ancares, O Caurel, e así pouco a pouco, os montañeiros máis inquedos irían ampliando un pouco máis as distancias para achegarse a Picos de Europa, Serra de Madrid, de Gredos, Pirineos, Serra Nevada. Logo, da man de montañeiros destacados que se atreve-ron a traspasar fronteiras coñeceríamos as súas experiencias por Europa, Asia, África, América ou Oceanía. En tempos máis recentes, novas expedicións e novos socios levaron o nome de club moi alto

70Club Montañeiros Celtas

1966. Diante do bus para unha saida.Foto Cristina Steinbruggen

anos deandadura de

O club vigués suma sete décadas de actividade desde que o fundara Antonio Navarro Lax

Texto: Marisa Núñez - Fotos: Club Montañeiros Celtas

Page 47: Cumes

47

e aprenderiamos con todos eles como cambiaron as formas de facer montaña ao longo dos anos, as roupas, o material técnico, pero non o espírito que sigue sendo o mesmo.

Alá polo ano 1954 a expedición á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, foi todo un aconte-cemento tanto deportivo como social, do que a prensa se fixo importante eco, e no ano 1968 arrincaba a xa tradicional Operación Benxamín, nunha aposta por dedicarlle tempo aos máis pe-quenos e ensinarlles outra forma de divertimen-to. Dende aquela celebráronse xa 45 edicións, das que o club se sinte especialmente orgulloso.

Seccións deportivas como a de xadrez, ou de a ping–pong que nos primeiros anos tiveron moi-tos seguidores, pouco a pouco foron dando paso a outras como mergullo, esquí, escalada, bici. E como non falar dos refuxios levantados co esforzo de todos, Vixiador, Domaio, Galiñeiro, Aloia....

A compra do novo local social na Avenida de Ca-melias alá polo ano 2001 supuxo un importante cambio e tamén unha aposta de modernización. Palabras como ordenador, internet, wifi, páxina web foron meténdose pouco a pouco no noso vo-cabulario e nas nosas vidas modificando hábitos

Presidentes de Club Montañeiros Celtas dende o seu inicioAntonio Navarro Lax 1942-1943Angel Sánchez Toscano 1943-1944Luis Iglesias Fernández 1944 (Comisión Xestora)Carlos Botana Freire 1944-1947Camilo Córdoba Piñón 1947-1950 / 1956-1962Rafael Martin Philippot 1951Miguel Regueira Martinez 1951-1968Antonio Veiga Gonzalez 1968-1980(Fundador da Escola Galega de Alta Montaña)Enrique Besada 1981-1984Antonio Fernández Pena 1984 (Comisión Xestora)Alejandro Cabaleiro 1985-1997Juana Rodriguez Nuño 1997-1998 (Comisión Xestora)Albino Quinteiro 1998-1999Enrique Soto Campos 1999-2002Sechu López Pérez 2002-2006Fernando Fernández Rey 2006 (Comisión Xestora) 2007-2011Víctor Revenga Lama 2011Lourdes Castiñeira Souto 2011- Presidenta Actual

XUNTA DIRECTIVA ACTUALPresidenta: Lourdes CastiñeiraVicepresidenta 1: Cristal Fernández Vicepresidenta 2: Marisa Núñez Secretaria: Rosa Soliño Tesoureiro: Alberto FontenlaVogal Montañismo: Carmen Pérez Vogal Sendeirismo: Olivia Vidal Voga Espeleoloxía: Carolina RodríguezVogal Escalada: Iago Rodríguez Vogal Subacuáticas: Óscar QuiñonesVogal Esquí: Marcos RodríguezVogal Infantil: Penélope ArandaVogal Xuvenil: Alberto Fontenla Vogal Bici: Pedro Rodríguez / Carlos Arca Vogal Biblioteca: Vicepresidencia e PresidenciaVogal Refuxios: Rosa SoliñoVogal Actividades Sociais: Concepción NúñezVogal Material: Miguel Caramés / Iago Rodríguez Colaborador Páxina Web: Miguel Caramés

Club Montañeiros Celtas

1954. Club Montañeiros Celtas participou na primeria expedición á cova do Rei Cintolo en Mondoñedo.

Foto Angel Llanos

Page 48: Cumes

e xeitos de comunicación, polo que agora toca adaptarse aos novos tempos.

Montañeiros Celtas ten actualmente 1103 socios. Todos, cada un na súa medida, fo-mos quen de facer historia, e queremos seguir escribindo novas páxinas, queremos seguir vivindo a natureza e deixarnos sor-prender polas súas cores, polos seus sons, polas súas formas, queremos seguir com-partindo un xeito de entender o ocio e o tempo libre, facer da montaña a nosa aven-tura de vida e seguir mantendo ese espírito montañeiro que comezou cos primeiros socios, aínda que agora marquemos as rutas con gps.

Dende estas páxinas queremos render unha sentida home-naxe a todos os SOCIOS que fixeron posible que hoxe sexa-mos un club con Historia. A todos eles, aos que colabora-ron coa achega de ideas, co seu traballo e esforzo, coas súas cuotas sociais, GRAZAS, e a todos os presidentes e xuntas directivas, nos bos momentos e nos de dificultades, tamén GRAZAS, porque sen eles calquera proxecto quedaría balei-ro de contido. A homenaxe a todos os socios queda reflecti-da e representada na lista de todos os presidentes que tivo o noso club dende a súa fundación.

48

DATOS DO CLUBDenominación:Club Montañeiros Celtas

Nº de socios: 1.150

Sede Social:Avda. Camelias 78 oficina K, 36211 – Vigo

Contacto: Teléfono: 986 438 505 Fax: 986912220 Web: www.celtas.net Facebook: Club Montañeiros Celtas

Horario atención público:Luns a venres: 19:00 a 21:30 horas

Page 49: Cumes

49

Page 50: Cumes

50

As carreiras por montaña son unha com-petición na natureza, unha loita, un desa-fío fronte ás condicións do terreo e máis do clima. Aínda que se repita o percorri-do, cada edición é diferente e esa é unha das emocións que teñen estas probas, o que invita á participación como un reto persoal para superar as propias marcas

De tres carreiras disputadas o ano pa-sado, este 2012 son seis as que integran o calendario federativo: as catro que conforman a Copa Galega (III Travesia do Xalo de Culleredo; II Chandrexa de Queixa; II Montes de Viveiro e I Terra Galaica en Gondomar); o Campionato Galego Quilómetro Vertical o e Campio-nato Galego e de España Individual e por seleccións autonómicas.

O 11 de marzo disputouse o I Quiló-metro Galego Quilómetro Vertical na Serra do Courel, organizado pola FGM e a Sección de Montaña do CAR Ma-risqueiro. Con 160 inscritos a proba discorreu por un itinerario que salvaba o desnivel entre o Folgoso do Courel e o cumio do Pía Paxaro. Elpidio Gómez Sousa, do Clube de Montaña Ribeira Sacra e membro da Selección Galega

Javier Pacios durante unha carreira

O tirón das carreiras por montaña na nosa terra

O calendario deste ano inclúe seis probas

Texto: Xosé Antón Vázquez Fotos: Organización das carreiras

· C

AR

RE

IRA

S P

OR

MO

NT

A ·

Page 51: Cumes

51

de Carreiras por Montaña proclamouse campión galego, aínda que a proba foi gañada polo pentacampeón de España e recentemente subcampión do mundo de Quilómetro Vertical, Raúl García Cas-tán que entrou na meta cinco segundos antes que Elpidio. Completaron o podio masculino Roberto Riobó (Xesteira) e Fernando Arca (Xesteira), mentres que Chelo Figueroa (CAR Marisqueiro) e Lupe Lodeiro (Xesteira), foron primeira e segunda respectivamente en categoría feminina.

Pola súa banda a Copa Galega quedaba encabezada despois de disputarse o 22 de abril a primeira das catro probas, a III Travesia do Xalo, por Fernando Arca, se-guido de Roberto Riobó e Javier Pacios (Ribeira Sacra). En categoría feminina Chelo Figueroa sitúase á cabeza, seguida por Lupe Lodeiro e Begoña Pérez (Alpi-no Ourensán).

No que respecta ao Campionato Galego e Nacional VI Canón do Sil que contou con organización do Clube de Montaña Ribeira Sacra, o Concello de Parada do Sil a FGM e a FEDME, Roberto Riobó

situouse primeiro na clasificación ga-lega, seguido de Javier Pacios e Elpidio Gómez. Na proba disputada o 6 de maio e na que participaron preto de 300 co-rredores, Iván Ortiz e Oihana Kortazar proclamáronse novos campións de Espa-ña de Carreiras por Montaña. En canto á participación da Selección Galega cóm-pre destacar o quinto posto acadado en-tre 14 seleccións participantes.

Xa para rematar, dar conta do bo papel desenvolvido pola selección galega na se-gunda proba da Copa de España, Haria Extreme, disputada a mediados de xuño en Lanzarote e na que Elpidio foi 8º, Rio-bó 10º e Pacios 16º. Nesta carreira que non é moi esixente, moito menos desde logo que a do Canón do Sil , fixeron un control á saída e á chegada do peso dos corredores é saíu unha media de 3,6 kgs de perda de peso. Concretamente os 3 corredores da Selección Galega perderon 3,4 ; 3,6 e 4 quilos o que deixa ás claras a dureza das carreiras por montaña.

Travesía do Xalo

Chelo Figueroa en plena carreira

Page 52: Cumes

Porta da Vila, 1, 15300 .BetanzosA Coruña

Paseo de Calvo Sotelo, 31. 36700. Tui

Valle Inclan 18, 32004. Ourense.

Pi y Margall, 53. 36202. VigoInés de Castro, 7. A Coruña

Pza. América, (C. Cial. Camelias, Loc. B-19) 36211. Vigo

fai click aqui

montañas de vantaxesfedérate xa!

e coñece tamén o que te ofrece a fedme

Praza Maior, 18 - 27850 ViveiroLugo

Rúa Zaragoza 62 baixo - 36211 Vigo