Cultura e arte na Europa feudal

4
CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL. O CAMIÑO DE SANTIAGO 1.- MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES Na Idade Media os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes/as. Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba a vida dos monxes, baseada na oración e no traballo (ora et labora). A orde dos bieitos tivo dúas reformas: A primeira foi a cluniacense porque xurdiu no mosteiro de Cluny (Francia) no século X. A segunda foi a cisterciense e iniciouse no mosteiro de Cîteaux (Francia) no século XII, destacando como gran impulsor o monxe San Bernardo de Claraval. Foi moi importante o traballo dos copistas e ilustradores de libros, a maioría monxes, que dedicaban parte da súa xornada diaria a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou científicos que despois decoraban os miniaturistas. A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”. A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego, castelán, catalán, italiano ou francés. Nestas novas linguas comezaron a escribirse os cantares de xesta (Cantar de mio Cid) e poesías que difundían os trobadores. No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e os dominicos (san Domingos de Guzmán): estes frades instalaron os seus conventos nas cidades e dedicaban parte da súa actividade á predicación e á ensinanza, facían voto de pobreza e vivían das esmolas (ordes mendicantes) Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo das universidades. As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres a partir de escolas xa existentes ou de nova creación fundadas polo Papa ou os reis. Destacan as de Bolonia, París, Oxford, Palencia ou Salamanca. Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames. As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música. A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou enormemente a difusión da cultura.

Transcript of Cultura e arte na Europa feudal

Page 1: Cultura e arte na Europa feudal

CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL.

O CAMIÑO DE SANTIAGO

1.- MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES

Na Idade Media os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes/as.

Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba a vida dos monxes, baseada na oración e no traballo (ora et labora).

A orde dos bieitos tivo dúas reformas:

A primeira foi a cluniacense porque xurdiu no mosteiro de Cluny (Francia) no século X.

A segunda foi a cisterciense e iniciouse no mosteiro de Cîteaux (Francia) no século XII, destacando como gran impulsor o monxe San Bernardo de Claraval.

Foi moi importante o traballo dos copistas e ilustradores de libros, a maioría monxes, que dedicaban parte da súa xornada diaria a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou científicos que despois decoraban os miniaturistas.

A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”.

A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego, castelán, catalán, italiano ou francés. Nestas novas linguas comezaron a escribirse os cantares de xesta (Cantar de mio Cid) e poesías que difundían os trobadores.

No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e os dominicos (san Domingos de Guzmán): estes frades instalaron os seus conventos nas cidades e dedicaban parte da súa actividade á predicación e á ensinanza, facían voto de pobreza e vivían das esmolas (ordes mendicantes)

Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo das universidades.

As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres a partir de escolas xa existentes ou de nova creación fundadas polo Papa ou os reis. Destacan as de Bolonia, París, Oxford, Palencia ou Salamanca.

Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames.

As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música.

A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou enormemente a difusión da cultura.

Page 2: Cultura e arte na Europa feudal

2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO

O Camiño de Santiago foi, na Idade Media, unha ruta de peregrinación que, desde o interior de Francia, conducía a Santiago de Compostela.

Alfonso II de Asturias, ordenou a construción dunha igrexa (futura catedral) no lugar onde, segundo a tradición, se atopaba a tumba do apóstolo Santiago, que se converteu nun lugar de culto e peregrinación.

A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da Reconquista cristiá, foise creando a mítica figura de Santiago matamouros que, montado nun cabalo branco, se aparecía aos cristiáns para infundirlles ánimo na loita contra os musulmáns.

A maioría dos peregrinos chegaban a Compostela a través de dúas rutas:

A vía terrestre principal era o camiño seguido polos peregrinos que, procedentes de toda Europa, confluían en Puente la Reina (Navarra) para seguir por unha ruta que atravesaba a Meseta Norte ata chegar a Compostela. A afluencia de franceses fixo que fose coñecido como Camiño francés ou, simplemente, Camiño de Santiago.

A vía marítima foi a seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses que desembarcaban na costa galega e camiñaban logo ata Santiago: Camiño inglés.

O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou as peregrinacións, estendéndose o culto a Santiago coa concesión do Ano Santo por parte do Papa Calixto II no 1122.

O Camiño de Santiago actuou como a vía máis importante de penetración de novas ideas culturais e estéticas, como o Románico que alcanzou o seu máximo expoñente na catedral compostelá, e orixinou unha intensa actividade comercial e crecemento urbano das localidades polas que pasaba.

3.- A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO

O Románico foi o estilo dominante en Europa occidental durante os séculos XI e XII, impulsado polos cluniacenses. Recibe este nome porque presenta algúns elementos construtivos semellantes aos da arte romana.

O Gótico naceu na zona de París e espallouse durante os séculos XIII, XIV e XV pola Europa occidental.

Tanto o Románico como o Gótico foron estilos ao servizo da relixión católica.

As diferenzas entre os dous estilos aprécianse na seguinte táboa:

ROMÁNICO GÓTICO

- Dominio do mundo rural: construción de mosteiros e castelos. - As artes están relacionadas, case exclusivamente, coa relixión. Grande uniformidade nas obras de arte. Escasa renovación técnica. Os artistas eran considerados artesáns, non asinaban as obras. - Mentalidade dominada pola imaxe do Deus-xuíz, todopoderoso e xusticeiro. - Esculturas e pinturas que buscan máis o sentido simbólico e didáctico que a beleza, a proporción ou o realismo das figuras. - Predominio da arquitectura.

- Renacer do mundo urbano: catedrais, palacios e edificios civís. - Moitos temas relixiosos, pero crecente interese polos temas profanos. Maior variedade nas formas. Valoración do artista individual e investigación de novas técnicas. - Esténdese a idea de Deus misericordioso e compasivo. Humanización da figura de Deus e representación da virxe María. - Naturalismo e maior realismo dos temas e figuras. - Busca da beleza e da proporción. - Crecente importancia da escultura e da pintura.

Page 3: Cultura e arte na Europa feudal

4.- O ROMÁNICO

4.1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA

Os edificios relixiosos máis representativos son as igrexas.

Plantas: Cruz latina de 1 ou 3 naves e ábsidas. Podían ter deambulatorio.

Elementos construtivos:

Muros de pedra, moi grosos con poucos vans. Reforzados no exterior por contrafortes para soportar o peso das cubertas.

Arco de medio punto.

Piares, simples ou compostos, con columnas ou semicolumnas arrimadas.

Capiteis, lisos ou decorados con motivos vexetais ou animados (historiados).

Cubertas interiores formadas por bóvedas de canón sobre arcos faixóns. No exterior tellados a unha ou dúas augas.

Cruceiro cuberto cun ciborio.

Domina o sentido de horizontalidade.

Portada con arquivoltas (arcos que diminúen de tamaño), tímpano, onde se concentra a decoración escultórica, lintel e xambas.

Torres flanqueando as portadas, serven de campanarios.

Claustros: Patio rodeado por una galería de arcos, frecuentes nos mosteiros.

4.2. A ESCULTURA ROMÁNICA

A escultura románica foi un complemento da arquitectura.

Materiais: Pedra e madeira. Menos frecuentes o marfil e os metais.

Colocación espacial: capiteis, tímpanos, arquivoltas, estatuas-columnas.

Temas representados: temática relixiosa con escenas da Biblia e vida dos santos; a figura de Cristo ten unha presenza constante.

Finalidade: ilustrar aos fieis, función didáctica (evanxeo en pedra) e simbólica.

Tratamento anatómico e dos rostros: figuras ríxidas, frontais, de rostros inexpresivos, adaptadas ao marco e pouco proporcionadas. Isocefalia: Disposición das cabezas a unha mesma altura.

4.3. A PINTURA ROMÁNICA

Técnica: A maioría das pinturas estaban realizadas coa técnica do fresco: sobre unha capa húmida de cal que se aplica sobre o muro e con cores diluídas en auga de cal. Tamén se realizaron pinturas sobre táboa.

Temática de carácter relixioso: vida de Cristo e dos santos, temas bíblicos,...

Características:

As figuras están perfiladas con liñas negras e dispostas sobre fondos planos, de modo que non existe profundidade.

As cores son planas, sen matices, non hai sombras.

Dominan as figuras representadas de fronte, ríxidas.

Page 4: Cultura e arte na Europa feudal

5.- O GÓTICO

5.1. A ARQUITECTURA GÓTICA

O edificio que mellor representa o gótico é a catedral, símbolo das cidades medievais.

Planta: a máis utilizada seguiu sendo a de cruz latina, con gran desenvolvemento da cabeceira.

Elementos construtivos:

Muros: altos e esveltos, con grandes vans cubertos con vidreiras de cores. Rosetóns de forma redondeada. Contrafortes e arcobotantes exteriores, que poden rematar en pináculos, para reforzar o muro.

O arco característico é o apuntado ou oxival.

Piares simples ou compostos, con columnas arrimadas.

Cubertas interiores formadas por bóvedas de cruzaría.

Domina a verticalidade do edificio.

Portada: enmarcada por arquivoltas apuntadas, decoradas como o tímpano. Na parte alta ábrese o rosetón.

Torres que enmarcan a fachada, algunhas coroadas por frechas.

5.2. A ESCULTURA GÓTICA

A escultura foi liberándose do marco da arquitectura.

Materiais: pedra, madeira e mármore.

Colocación espacial: a escultura arquitectónica sitúase nos mesmos lugares que no Románico. Importancia crecente da escultura exenta, de vulto redondo.

Temas representados: relixiosos, con maior presenza das representacións da Virxe. Importancia da escultura funeraria (sepulcros).

Función didáctica.

Tratamento anatómico e dos rostros: maior perfección nas proporcións do canon, maior naturalismo e realismo, rostros máis expresivos, aumento do movemento e da xestualidade, do volume e da calidade técnica da obra. Sentido narrativo das figuras, comezan a relacionarse entre sí.

5.3. A PINTURA GÓTICA

Técnica: sobre lenzo e sobre táboa empregouse a nova técnica do óleo que consiste en mezclar as cores cun aglutinante a base de aceite. A vidreira, formada por fragmentos de vidros de cores unidos por chumbo, substitúe ao muro.

Temática: a máis abundante é a relixiosa, pero tamén son frecuentes os temas profanos.

Características:

As figuras transmiten sentimentos e móvense nun espazo máis real no que pode aparecer a paisaxe. Busca da perspectiva para dar profundidade á escena. Efectos de luz creando claroscuro.

A obra é asinada polo autor: Destaca Giotto e o Bosco. Luís Dalmau.

Na técnica do óleo destacou o detallismo e a minuciosidade dos pintores de Flandres (primitivos flamengos): irmáns Van Eyck, Van der Weyden.