Crónica entroido 2016

9
ENTROIDO 2016 Son moitas as promocións de alumnos/as que xa saíron do noso centro, e todos e cada un deles conservan moitas e variadas lembranzas da súa etapa estudantil. Mais todos/as coinciden en que a celebración de Antroiodo queda sempre gravada na súa memoria, acompañada por infinidade de imaxes e instantáneas cheas de colorido e alegría. Un ano máis chega o esperado Antroido, cos doces típicos e unhas merecidas e desexadas vacacións, pero non sen antes celebrar un espectacular desfile de disfraces. Culturas do Mundoé a temática elixida nesta ocasión, cun achegamento no que predomina o continente americano. Música, bailes, actuacións en directo, aplausos e moitas risas. Infantil da o inicio ao festival co seu número Que veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor, seguidos dos Vaqueiros de primaria(1º 2 º EP), os Indios taínos(3º e 4º EP) e finalizando cunha divertidísima regueifa mexicana dos rapaces/zas de 5º e 6º de EI titulada Rifa de Namorados. Acto seguido dan paso as actuacións de secundaria introducidas polo xa coñecido Desfile do Dragón(1º ESO), un interesante e educativo desfile que fai un minucioso repaso desde os albores da civilización ata o nosos días bautizado Comecemos desde o principio(2º da ESO), a obra teatral Mandarinado alumnado de 3º da ESO, que vén sendo unha segunda parte da divertida saga familiar Noiteboainterpretada no pasado festival de Nadal. O broche final o pon o alumnado de 4º da ESO co seu número circense cheo de malabarismos e cabrioletas O circo ía e viña. Chegan os premios, moitos e variados, e para deixarnos a todos un bo sabor de boca rematamos coa esperada degustación de chocolate quente, churros, rosquillas e outros doces típicos do Antroido. PREMIOS ENTROIDO 2016 Educación Infantil Premio pola actuación ás dúas aulas de infantil. Educación Primaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupos de 5º e 6º. Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupos de 3º e 4º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupos de 1º e 2º. Educación Secundaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupo de 1º . Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupo de 2º. Premio aos máis divertidos outorgado a: Grupo de 3º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupo de 4º.

Transcript of Crónica entroido 2016

Page 1: Crónica entroido 2016

ENTROIDO 2016

Son moitas as promocións de alumnos/as que xa saíron do noso centro, e todos e cada un deles

conservan moitas e variadas lembranzas da súa etapa estudantil. Mais todos/as coinciden en que a

celebración de Antroiodo queda sempre gravada na súa memoria, acompañada por infinidade de

imaxes e instantáneas cheas de colorido e alegría.

Un ano máis chega o esperado Antroido, cos doces típicos e unhas merecidas e desexadas

vacacións, pero non sen antes celebrar un espectacular desfile de disfraces. “Culturas do Mundo” é a

temática elixida nesta ocasión, cun achegamento no que predomina o continente americano. Música,

bailes, actuacións en directo, aplausos e moitas risas. Infantil da o inicio ao festival co seu número “Que

veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor”, seguidos dos “Vaqueiros de primaria” (1º

2 º EP), os “Indios taínos” (3º e 4º EP) e finalizando cunha divertidísima regueifa mexicana dos

rapaces/zas de 5º e 6º de EI titulada “Rifa de Namorados”.

Acto seguido dan paso as actuacións de secundaria introducidas polo xa coñecido “Desfile do

Dragón” (1º ESO), un interesante e educativo desfile que fai un minucioso repaso desde os albores da

civilización ata o nosos días bautizado “Comecemos desde o principio” (2º da ESO), a obra teatral

“Mandarina” do alumnado de 3º da ESO, que vén sendo unha segunda parte da divertida saga familiar

“Noiteboa” interpretada no pasado festival de Nadal. O broche final o pon o alumnado de 4º da ESO co

seu número circense cheo de malabarismos e cabrioletas “O circo ía e viña”.

Chegan os premios, moitos e variados, e para deixarnos a todos un bo sabor de boca

rematamos coa esperada degustación de chocolate quente, churros, rosquillas e outros doces típicos do

Antroido.

PREMIOS ENTROIDO 2016

Educación Infantil Premio pola actuación ás dúas aulas de infantil.

Educación Primaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupos de 5º e 6º.

Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupos de 3º e 4º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupos de 1º e 2º.

Educación Secundaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupo de 1º .

Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupo de 2º. Premio aos máis divertidos outorgado a: Grupo de 3º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupo de 4º.

Page 2: Crónica entroido 2016

Infantil: Que veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor

1º e 2º EP: Os vaqueiros de primaria

Page 3: Crónica entroido 2016

3º e 4º EP: Indios tainos

“Rifa de namorados”, 5º e 6º EP

Page 4: Crónica entroido 2016

5º e 6º EP: Mexicano “Rifa de namorados”

1º ESO: O dragón do Xestal

Page 5: Crónica entroido 2016

2º ESO: Comecemos desde o principio

3º ESO, “Mandarina Teatro”

Page 6: Crónica entroido 2016

3º ESO: Mandarina

4º ESO: O circo ía e viña

Page 7: Crónica entroido 2016
Page 8: Crónica entroido 2016
Page 9: Crónica entroido 2016