Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas...

9

Transcript of Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas...

Page 1: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club
Page 2: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

sábado 10

Club Clavicémbalo23:30 h Pablo Castaño, despois de recibir unha bolsa de estu-dos e obter o BFA en Jazz Performance na New School University , estivo residindo como músico freelance na cidade de New York. Neste período traballou de side-man en concertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, Eyal Vilner, Wade Burnes, Bobby Sanabria e Woogie Lee entre outros moitos artistas destacados da escena neoiorquina. Smalls, Minton’s Playhouse, Fat Cat, Iridium, Jazz Garage, Carnegie Club, Swing 46 ou Jazz Lincoln Center eran escenarios habituais nos que Pablo Castaño desenvolveu a súa carreira profesional.

Con esta banda fai unha incursión na forma orquestral da música jazz, cunha presentación pouco común e mediante temas orixinais e versións de pezas standard.

· Pablo Castaño: saxo alto, saxo soprano, composición, arranxos e dirección· Toño Otero: saxo tenor, saxo barítono· Manuel Paino: trompeta· Luis Miranda: trombón· Manolo Gutiérrez: piano· José Manuel Díaz: contrabaixo· Ton Risco: batería.

Pablo Castaño SeptetCírculo das ArtesLast Minute Experience

12 de novembro | 21:30 h

Pilc-Moutin-Honeig13 de novembro | 21:30 h

Bill Evans Soulgrass Band14 de novembro | 20:30 h

The New John Abercrombie Quartet

15 de novembro | 21:30 h

Kike Perdomo Quintet16 de novembro | 20:30 h

Wallace Roney Group 17 de novembro | 20:30 h

Casa do Saber da USC Pazo de Montenegro

Kind of Cai12 de novembro | 20:00 h

Club Clavicémbalo

Pablo Castaño Septet10 de novembro | 23:30 h

Alberto Vilas Quintet12 de novembro | 23:30 h

Max Gómez Cuarteto13 de novembro | 23:30 h

Ton Risco Quinteto 14 de novembro | 23.30 h

Martin Leiton Trío e invitados15 de novembro | 23.30 h

Nani García TríoTana Santana Project16 de novembro | 23:30 h

Kike Mora Jazz ProjectTana Santana Project 17 de novembro | 23:30 h

Auditorio de NovaCaixaGalicia

Martín Blanes13 de novembro | 20:00 h

Page 3: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

luns 12

Círculo das Artes21:30 h

Low Cost Generation é o terceiro disco de The Last Minute Experience e presentase oficialmente no Fes-tival de Jazz de Lugo.

Esta formación internacional conta con intérpretes xoves de jazz entre os mellores da Península, ademais de con MC Stormy, músico dunha grande influencia na escena musical londiniense, e Escandaloso Xposito, colaborador asiduo de Kase’O Jazz Magnetism e unha das voces máis frescas do hip hop nacional. Para o seu último proxecto, Last Minute tivo a DJ Panko, o habitual de Ojos de Brujo e representativo da Barcelona mestiza, como colaborador.

As actuacións da banda cativan tanto os seguidores do jazz como ao público ávido de novas experiencias. A inclusión de sintes, programacións e efectos sonoros fan do seu directo un cóctel explosivo no que prima a improvisación.

The Last Minute Experience é unha proposta innovadora e única en España que fusiona xéneros como o drum’n’bass, chillout, rock ou funk co jazz de vangarda.

· MC Stormy : voz · Voro García: trompeta · Escandaloso Xpósito: voz · Hugo Astudillo: saxo· Óscar da Graça: piano e teclados · Carlos López: batería.· David González: baixo eléctrico

Invitado especial: DJ Panko.

The Last Minute Experience

Casa do Saber da USC Pazo de Montenegro Club Clavicémbalo

Alberto Vilas Quintet 23:30 h Un jazz con fortes pegadas do son americano dos anos 40, 50 e 60. Altas doses de improvisación con músicos chegados de xéneros como o blues, o tango ou a música clásica que se agrupan arredor de quen dá nome ao proxecto. Experianza, o primeiro álbum de Alberto Vilas Quintet, chegou ás tendas este ano da man do selo Azos Jazz.

· Fernando Sánchez: saxo· Felipe Villar: guitarra· José Manuel Díaz: contrabaixo· Javier Barral: batería· Alberto Vilas: piano.

Kind of Cai20:00 h KIND OF CAI créase con motivo do 50 aniversario de Kind of Blue de Miles Davis ofrecendo unha versión flamenca revisada deste mítico álbum que reuniu a Davis con John Coltrane, Cannonball Adderley, Bill Evans, Paul Chambers e Jimmy Cobb.

KIND OF CAI destaca a maioría dos arranxos que se rexistraron durante as sesións de Miles e, ao mesmo tempo, baséase nalgúns dos principais paus flamen-cos cos seus remates, llamadas, falsetas…

A formación, composta por músicos de jazz e de fla-menco, manifesta a conexión entre o jazz e o flamen-co a través da música de Miles e sobresae como unha valiosa contribución da música española ao fluxo dos distintos xéneros que conviven en Europa. · Carlos Villoslada: saxo tenor· Luis Balaguer: guitarra· David León: percusión.

Page 4: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

martes 13

Círculo das Artes21:30 h

Jean-Michel Pilc trasladouse a Nova York no ano 1995 e pouco despois puxo a roda-lo seu primeiro trío co seu compatriota François Moutin ao contrabaixo e un xove Ari Hoenig á batería. O impacto na escena do jazz mundial foi inmediato. Este trío realizou innumerables concertos e gravacións nos oito anos que durou. A partir do 2003 cada integrante seguiu o seu camiño: Pilc formaba un novo trío e colaboraba cos mellores músicos de jazz europeos e americanos como Roy Haynes, Michael Brecker, Kenny Garrett, Richard Bona ou Daniel Humair. François Moutin que, como membro do lendario trío de Martial Solal, xa era con-siderado un dos mellores contrabaixistas de Europa cando residía en Francia, pasa en Nova York a ser un dos máis solicitados. As súas colaboracións en directo

e en estudio son innumerables: Dave Liebman, John Abercrombie, Archie Shepp, Franck Wess, Jimmy Heath, Monty Alexander, Mike Stern, Lew Soloff, Ste-ve Kuhn, Billy Hart, Victor Lewis, Billy Drummond, Oli-ver Lake ou Harry Belafonte. Tamén colabora co seu irmán Louis no Moutin Reunion Quartet.

Ari Hoenig converteuse para moitos no batería máis creativo e innovador do jazz neoiorquino actual. É coñecido pola súa intensa aproximación á polirritmia máis complexa e pola mestría na técnica denominada melodic drumming. Ademáis de co seu cuarteto ac-tuou cunha gran variedade de grupos, incluíndo Ken-ny Werner Trio, Chris Potter Underground, Kurt Rosen-winkel Group, Joshua Redman Elastic Band e bandas lideradas por Mike Stern, Richard Bona, Pat Martino ou Dave Leibman. Compartiu escenario con artistas como Herbie Hancock, Wynton Marsalis, Dave Ho-lland, Joe Lovano, Pat Metheny ou Gerry Mulligan.

Nove anos despois Pilc, Moutin e Honeig -supertrío ao que Hoenig, humoristicamente, denomina the three headed monster- reencóntranse para poñer en pé a gravación Threedom, que estará sen dúbida entre os Discos do Ano, e ofrecer unha nova xira de concertos.

· Jean-Michel Pilc: piano · François Moutin: contrabaixo· Ari Hoenig: batería.

Pilc-Moutin-Hoenig

Martín Blanes20:00 h

Martín Blanes é un guitarrista acústico contemporá-neo cun incrible estilo virtuoso. É capaz de crear cun-ha soa guitarra liñas de baixo, percusións e melodías brillantes ao mesmo tempo, combinando estilos que van dende o jazz ata o tango, pasando polo pop e o rock, mesturados con música galega.

A súa énfase mantense na composición e o seu ma-terial orixinal bebe de fontes diversas, dende a música galega ata Radiohead. Toca habitualmente en toda Europa e Estados Unidos, en festivais de California a Grecia, de Polonia a Utah, dando máis de cen concer-tos ao ano e contando cun gran grupo de seguidores.

É recoñecido polos expertos como un dos guitarristas máis innovadores e con talento da súa xeración. Neste momento é citado como influencia por moitos outros guitarristas e ten alumnos nos cinco continentes. Os seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas.

· Martín Blanes: guitarra.

Auditorio de Novacaixagalicia Club Clavicémbalo

Max Gómez Cuarteto 23:30 h Max Gómez Cuarteto é una formación pouco usual. Dúas baterías, un contrabaixo e un saxo son as ferra-mentas, o jazz e a improvisación son a linguaxe e os temas orixinais e standard son o escenario.

Integrada por músicos de brillante traxectoria como Paco Charlín, Iago Fernández e o portugués João Mor-tagua, explora a parte máis rítmica da improvisación, recordando por momentos a Greg Osby, Branford Mar-salis ou Ornette Coleman.

· Max Gómez: batería· Iago Fernández: batería· Paco Charlín: contrabaixo· Joao Mortagua: saxo.

Page 5: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

mércores 14

Círculo das Artes20:30 h

O saxofonista Bill Evans explorou ao longo de máis de trinta anos de carreira múltiples xéneros musicais, in-cluíndo hip hop, fusión, reggae, soul, bluegrass e funk.

En 1980, con 22, Bill Evans entrou a formar parte do grupo de Miles Davis co que estivo xirando arredor do mundo durante catro anos. Despois gravou tres discos con John McLaughlin e a Mahavishnu Orchestra e máis adiante tocou con Herbie Hancock, Lee Ritenour, Dave Grusin, Steps Ahead e Mick Jagger entre outros.

Con quince discos en solitario, Evans xa recibiu dúas nominacións aos Premios Grammy, unha polo disco Soul Insider (2002) e outra por Soulgrass (2006).

Músico sen complexos, o seu estilo varía en función do concepto musical que aplica a cada un dos seus dis-cos. Non lle gusta definir ou etiqueta-la súa música e

sempre sorprende con discos e concertos nos que con-tinuamente actualiza o seu estilo. Nestes últimos anos, o “mix” de Bill Evans baséase na fusión de jazz, blue-grass e soul. Para iso, xuntouse con catro sensacionais músicos que adquiren un protagonismo notable nos seus concertos, coa mención especial do xove batería e cantante Josh Dion, un dos músicos con máis futuro no panorama do jazz contemporáneo estadounidense.

A este respecto, Evans puntualiza: «A miña intención foi que todo quedara equilibrado, que o banjo, a man-dolina ou a guitarra soaran a bluegrass, o saxo a jazz e o baixo a funk». Só así, na súa opinión, logrou plasma-la paleta artística que é Soulgrass.

· Bill Evans: saxos· Ryan Cavanaugh: banjo· Mitch Stein: guitarras· Frank Gravis: baixo· Josh Dion: batería e voz.

Bill Evans Soulgrass Band

Club Clavicémbalo

Ton Risco Quintet 23:30 h Ton Risco, percusionista ourensán formado entre Gali-cia e Holanda, aposta polo vibráfono para un quinteto que leva o seu nome e no que os temas de composición propia conviven con versións, tamén moi persoais, de standards do jazz. A singularidade tímbrica do vibrá-fono, xunto á variedade dinámica do repertorio, tece un fío de concerto que se move entre a tradición e a modernidade.

· Ton Risco: vibráfono· Marcos Pin: guitarra· Javier “GDJazz” Pereiro: trompeta e fliscorno· Juan Cañada: contrabaixo· Max Gómez: batería.

Page 6: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

xoves 15

A principios dos anos 70 coñeceu a Manfred Eicher, quen o invitou a gravar co selo discográfico ECM o seu primeiro álbum en solitario Timeless. Con este selo mantén unha relación de máis de 30 anos de duración que crearía cimas do “novo” jazz nos 70 e os 80.

O seu traballo máis recente é Within a Song. Manfred Eicher solicitoulle a John Abercrombie un álbum ho-menaxe a un músico da súa elección e a resposta do guitarrista foi o dedicado ás súas influencias formati-vas e ao espírito de descubrimento que iluminou o jazz dos anos 60. Dito álbum contén temas de Miles Davis,

Bill Evans, John Coltrane, Ornette Coleman e un que se apunta como guía de todos eles, “The Bridge”, de Sonny Rollins, con Jim Hall. “A música deste disco”, di Abercrombie, ”está dedicada a todos eses músicos que me deron un novo lugar onde vivir”.

· John Abercrombie: guitarra· Billy Drewes: saxo· Drew Gress: contrabaixo· Joey Baron: batería.

Club Clavicémbalo

Martín Leiton Trío+ invitados 23:30 h Inicia a súa carreira profesional como músico á idade temperá de 17 anos.

No 1999 é contratado por La Barbería del Sur para participar na xira Una Noche en el Séptimo, e no ano 2000 emprende xira co cantante José el Francés. Du-rante o 2002 incorpórase ao elenco de Niña Pastori do que seguirá formando parte ata o 2006. Partici-pa no espectáculo Un ramito de locura con Carmen Linares. Paralelamente foi participando en diversas formacións xunto a músicos do talle de Jorge Pardo, Jeff Ballard, Eric Marienthal, Antonio Serrano, Santia-go Auserón, Chano Domínguez, Guillermo Mc Gill... Na actualidade forma parte do grupo de José Manuel León (Tonga), do grupo de Jorge Pardo (Huellas), do trío D´Free Qi e de Seward.

· Martin Leiton: baixo eléctrico· David Quevedo: piano, teclados· David Gómez: batería· Audun Waage : trompeta, samplers · Kike Perdomo: saxos.

Círculo das Artes21:30 h

Cunha carreira de máis de 40 anos e case 50 álbums, John Abercrombie é un dos grandes mestres da guita-rra de jazz. Un investigador incansable cun son pouco usual que se mantén traballando na tradición do jazz e á vez empurrando os límites da métrica e a harmonía.

Inflúe constantemente nos seus colegas desde a edi-ción de Timeless (ECM, 1974) e forma diversas agru-pacións: duetos co guitarrista Ralph Towner, con John Scofield ou con Joe Beck, tríos ou cuartetos, dun al-tísimo nivel xunto a Dave Holland e Jack DeJohnette, Marc Johnson, Michael Brecker e Peter Erskine, Mark Feldman, Marc Johnson e Joey Baron…

Nacido no 1944 en Port Chester, Nova York, comezou a toca-la guitarra aos 14 anos. Como moitos adolescentes da época, comezou imitando a Chuck Berry pero foi a música blues de Barney Kessel a que o atraeu ao jazz. Durante o seu período de estudante, uniuse cos Brec-ker Brothers e pasou a formar parte do soño dese grupo que se converteu nunha das máis destacadas bandas de jazz rock de finais dos anos 60 e principios dos 70.

Despois de graduarse en Berklee, trasladouse a Nova York onde empeza a gravar con artistas do talle de Gil Evans, Gato Barbieri, Barry Miles, Chico Hamilton… pero foi cando coa banda de Billy Cobham que comezou a destacar.

The New John Abercrombie Quartet

Page 7: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

venres 16

Círculo das Artes20:30 h

Kike Perdomo é o paradigma do creador implicado en tódalas facetas da súa arte, as de saxofonista, compo-sitor, enxeñeiro de son, produtor musical, docente... Na súa inesgotable dedicación á música destacan máis de trinta gravacións en calidade de sideman e iniciativas como a de poñer a anda-la Big Band de Canarias xunto a Yul Ballesteros.

Formado en diversas escolas (incluíndo a Berklee School of Music na que gozou dunha beca) e moi solicitado músico de sesión, despois de vivir durante algúns anos e distintas ocasións na Península Ibérica

percorreu, alá polos anos 90, a escena de clubs e fes-tivais de jazz -con Madera, Decoy Quintet, Big Band del Foro...- e mailos circuítos do rock -con cantantes como Luz Casal, Miguel Ríos e Joaquín Sabina-.

Perdomo reservou, por fortuna, un espazo para ac-tuar de líder. Catro gravacións ao seu nome, nas que contou con invitados de grande altura como Bill Evans ou Chano Domínguez, son o testemuño da solvencia deste saxofonista intenso e entregado.

· Kike Perdomo: saxos· Martin Leiton: baixo eléctrico· David Quevedo: piano, teclados· Audun Waage : trompeta, samplers· David Gómez: batería.

Kike Perdomo Quintet

Club Clavicémbalo

Tana Santana Project 00:30 h Presenta, en formato de sexteto, un repertorio que se manifesta desde perspectivas tan dispares como as do rock, hip hop, drum´n´bass, funk, reggae... e que ten por obxectivo principal o de “sacudir” ao público con contundencia, enerxía, frescura e groove, moito groove.

· Roberto Nievas: saxo alto· Óskar Lakunza: saxo tenor· Satxa Soriazu: teclado· Juanma Urriza: batería· Wilfried Wilde: guitarra· Tanausú Santana: baixo.

Club Clavicémbalo

Nani García Trío 23:30 h Nani García Trío tivo os seus comezos no ano 1986.

Nese momento un novísimo Alfonso Morán ao con-trabaixo e Carlos Castro á batería formaban o grupo xunto ao pianista Nani García.

Pouco tempo despois, Fernando Llorca substituíu a Carlos Castro na batería. Durante os anos 90 mantí-vose esta formación, que foi a encargada de inaugura-los concertos do Ciclo de Jazz da Fundación Barrié alá polo1996, e a banda tivo unha actividade frenética por toda a Península, chegando a ser premiada polo pro-grama de jazz máis lonxevo da televisión en España Jazz entre amigos. Sen embargo os seus integrantes nunca chegaron a gravar xuntos.

Agora Nani García regresa cun novo trío xunto a Si-món García e Miguel Cabana. O seu primeiro álbum, Renaissance (2012), composto por Nani García, pre-tende ser unha reflexión en clave positiva a cerca da importancia de reinventarse día a día.

· Nani García: piano· Miguel Cabana: batería· Simón García: contrabaixo.

Page 8: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

Círculo das Artes20:30 h

Herbie Hancock, Ron Carter, Tony Williams e Wayne Shorter non podían elixir outro trompetista que Wallace Roney para embarcarse nunha xira internacional de ho-menaxe a Miles Davis. O disco resultante daquela expe-riencia, A Tribute to Miles, recolleu con toda xustiza un premio Grammy.

Miles Davis fora mentor de Wallace desde que se coñe-ceron no 1983 ocupándose persoalmente da evolución da súa carreira. Davis nada menos caeu rendido aos pés do seu discípulo pouco antes de morrer cando, no 1991, compartían, Roney como invitado, escenario no Festival de Montreux. O vello guerreiro armaba cabaleiro o seu protexido nunha simbólica entrega de armas.

Wallace Roney (Philadelphia, 1960) saltou aos escena-rios ao mesmo tempo que o seu contemporáneo Wynton Marsalis e os seus comezos foron da man do gran Sonny Stitt. Substituíu a Terence Blanchard nos Jazz Messen-gers e experimentou tal progresión que pronto foi con-siderado un dos grandes trompetistas do jazz actual. Ao longo de varios anos traballou co quinteto do batería Tony Williams e formou parte de bandas con Ornette Coleman, Art Blakey, Elvin Jones, Philly Joe Jones, Walter Davis Jr., Herbie Hancock, David Murray, McCoy Tyner, Sonny Ro-llins, Curtis Fuller, Carole King ou Joni Mitchell por citar uns cantos nomes.

sábado 17

Outros trompetistas claves na historia do jazz como Dizzy Gillespie ou Clark Terry tamén influíron na senda de Wallace Roney, pero foi a sombra daquel Miles dos sesenta a que presidiu a carreira do trompetista de Phila-delphia ata que no 2000 viu a luz No Room for Argument.

Naquela gravación Roney apostaba por unha clara aper-tura xenérica e estilística: funk, free jazz, proclamas so-ciais, chiscadelas ao John Coltrane de A Love Supreme e jazz de vangarda. Desde entón esgrimiu o estandarte do eclecticismo e a innovación para desenvolve-lo seu fraseo de altísimo voo, libre xa do acubillo do seu ídolo.

Home (2012), a súa última gravación, reúne swing enér-xico, baladas e sobre todo post bop para un quinteto de xoves intérpretes acostumados a tocar no límite, alí onde Wallace Roney quere que habite a súa música.

· Wallace Roney: trompeta · Ben Solomon: saxo · Victor Gould: piano · Kush Aberdey: batería.· Rashaan Carter: contrabaixo

Wallace Roney Group

Club Clavicémbalo

Kike Mora Jazz Project 23:30 h Kike Mora é un músico cunha dilatada traxectoria pro-fesional, de máis de dez anos, tanto na faceta de intér-prete como na de produtor e docente. Está Licenciado en Baixo Eléctrico de Jazz polo MUSIKENE.

Ademais de baixista, contrabaixista, guitarrista, compo-sitor, produtor e arranxista, foi colaborador en proxec-tos destacables como Beer Mosh, Urgabe, Kepa Junke-ra (colaborador no Dobre CD en directo K, galardoado cun Grammy Latino al Mejor Álbum Folk), Korrontzi, Mubajito, Evidence Quartet, Jimmy Barnatán...

· Kike Mora: baixo· Kike Guzmán: saxos· Juan Ortiz: piano· Kepa Calvo: batería.

Tana Santana Project 00:30 h

· Roberto Nievas: saxo alto · Óskar Lakunza: saxo tenor· Satxa Soriazu: teclado · Juanma Urriza: batería· Wilfried Wilde: guitarra · Tanausú Santana: baixo.

Page 9: Círculo das Artes Pablo Castaño Septet sábado 10 · seus vídeos en youtube contan con decenas de miles de visitas. · Martín Blanes: guitarra. Auditorio de Novacaixagalicia Club

ORGANIZA:

[email protected]