Copia de Juan Pechuán CV ESP - csmgalicia.com · Juan Pechuán MESTRE DE ÓBOE Durante a súa...

1
Juan Pechuán MESTRE DE ÓBOE Durante a súa época como estudante, ten as súas primeiras experiencias en orquestra sinfónica. En 2003 e durante 6 anos como membro da Joven Orquesta de la Generalitat Valenciana, de 2007 a 2009 na Orquesta Filarmonica de la Universidad de Valencia e en 2009 na Orquesta de RTVE. No 2011 consigue un Trial como Óboe Solista coa London Symphony Orchestra, coa que tivo oportunidade de traballar durante dous anos, tocar en salas recoñecidas como o Lyncoln Center de Nueva York, Barbican Center e Royal Albert Hall de Londres, entre outras; e gravando numerosos CDs e Bandas Sonoras nos estudos Abbey Road. Como primeiro óboe solista actuou na Konzerthausochester de Berlin (contrato dun ano e medio como 1er Óboe), Orquesta Mozart de Bologna, Deutsche Symphony Orchester Berlin, Royal Schotish National Orchestra, Opera del teatro Regio de Torino, Opera de Frankfurt, etc. tendo a oportunidade de traballar con directores como Sir Simon Rattle, Claudio Abbado, Zubin Metha, Sir Colin Davis, Bernard Haitink, Herbert Blomstedt, Donald Runnicles, Michael Tilson Thomas, Valery Gergiev ou Christian Thielemmann. Como concertista actuou con numerosas orquestras, salientando a actuación na Berliner Philharmoniker, acompañado pola Das Symphony Orchester Berlin, o Palau de les Arts de Valencia xunto á JOGV, ou a interpretación do concerto de Strauss xunto á Deutsche Oper de Berlin. Combina o seu traballo como Óboe Solista na orquestra da Deutsche Oper Berlin con recitais de música de cámara e colaboracións asiduas como primeiro óboe na Gewandhaus Orchester de Leipzig, a Berliner Philharmoniker, a Staatskapelle de Dresden e a Orquesta do festival de Bayreuth, así como de mestre na ESMAR de Valencia. Historial Académico Juan Pechuán Comeza os seus estudos en Valencia e continúa a súa formación na Karajan Academy Berliner Philharmoniker con Jonathan Kelly. Durante a súa traxectoriatocou con prestixiosas orquestras como a Berliner Philharmoniker, a Gewandhaus Orchester de Leipzig ou a London Symphony Orchestra É actualmente óboe solista na orquestra da Deutsche Oper Berlin e mestre na ESMAR de Valencia. Experiencia Nacido en Valencia, realiza alí os seus estudos con Miguel Morella e Francisco Salanova, obtendo o Premio Final de carreira e o premio Euterpe á Mellor Traxectoria Musical Valenciana. Posteriormente continúa a súa formación na Karajan Academy Berliner Philharmoniker con Jonathan Kelly e recibindo clases de todos os membros desta orquestra (Albrecht Mayer, Andreas Wittmann, Christoph Hartmann e Dominik Wollenweber). Esta academia ademais lle dou a oportunidade de tocar coa orquestra asiduamente e durante dous anos.

Transcript of Copia de Juan Pechuán CV ESP - csmgalicia.com · Juan Pechuán MESTRE DE ÓBOE Durante a súa...

Page 1: Copia de Juan Pechuán CV ESP - csmgalicia.com · Juan Pechuán MESTRE DE ÓBOE Durante a súa época como estudante, ten as súas primeiras experiencias en orquestra sinfónica.

JuanPechuán MESTRE DE ÓBOE

Durante a súa época como estudante, ten as súas primeiras experiencias

en orquestra sinfónica. En 2003 e durante 6 anos como membro da Joven

Orquesta de la Generalitat Valenciana, de 2007 a 2009 na Orquesta

Filarmonica de la Universidad de Valencia e en 2009 na Orquesta de

RTVE.

 

No 2011 consigue un Trial como Óboe Solista coa London Symphony

Orchestra, coa que tivo oportunidade de traballar durante dous anos,

tocar en salas recoñecidas como o Lyncoln Center de Nueva York,

Barbican Center e Royal Albert Hall de Londres, entre outras; e gravando

numerosos CDs e Bandas Sonoras nos estudos Abbey Road.

 

Como primeiro óboe solista actuou na Konzerthausochester de Berlin

(contrato dun ano e medio como 1er Óboe), Orquesta Mozart de Bologna,

Deutsche Symphony Orchester Berlin, Royal Schotish National

Orchestra, Opera del teatro Regio de Torino, Opera de Frankfurt, etc.

tendo a oportunidade de traballar con directores como Sir Simon Rattle,

Claudio Abbado, Zubin Metha, Sir Colin Davis, Bernard Haitink, Herbert

Blomstedt, Donald Runnicles, Michael Tilson Thomas, Valery Gergiev

ou Christian Thielemmann.

 

Como concertista actuou con numerosas orquestras, salientando a

actuación na Berliner Philharmoniker, acompañado pola Das Symphony

Orchester Berlin, o Palau de les Arts de Valencia xunto á JOGV, ou a

interpretación do concerto de Strauss xunto á Deutsche Oper de Berlin.

 

Combina o seu traballo como Óboe Solista na orquestra da Deutsche

Oper Berlin con recitais de música de cámara e colaboracións asiduas

como primeiro óboe na Gewandhaus Orchester de Leipzig, a Berliner

Philharmoniker, a Staatskapelle de Dresden e a Orquesta do festival de

Bayreuth, así como de mestre na ESMAR de Valencia.

Historial Académico

Juan PechuánComeza os seus estudos enValencia e continúa a súaformación na Karajan AcademyBerliner Philharmoniker conJonathan Kelly.

Durante a súa traxectoriatocoucon prestixiosas orquestrascomo a BerlinerPhilharmoniker, a GewandhausOrchester de Leipzig ou aLondon Symphony Orchestra

É actualmente óboe solista naorquestra da Deutsche OperBerlin e mestre na ESMAR deValencia.

Experiencia

Nacido en Valencia, realiza alí os seus estudos con Miguel Morella e Francisco

Salanova, obtendo o Premio Final de carreira e o premio Euterpe á Mellor

Traxectoria Musical Valenciana.

Posteriormente continúa a súa formación na Karajan Academy Berliner

Philharmoniker con Jonathan Kelly e recibindo clases de todos os membros

desta orquestra (Albrecht Mayer, Andreas Wittmann, Christoph Hartmann e

Dominik Wollenweber). Esta academia ademais lle dou a oportunidade de

tocar coa orquestra asiduamente e durante dous anos.