CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTO...

65
CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTO XMCR/atm Refª: 1507120001984.doc Asunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017 DECRETO NÚMERO 17008674 DO 04/10/2017 Ilma. Sra. Don Xosé Daniel Piñeiro Villares Tenente de Alcalde Delegadao da Area de Desenvolvemento Sostible e Persoal Instruído expediente relativo a: CONTRATACIÓN DA OBRA DA REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020. APROBACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO, PREGO DE CLÁUSULA TÉCNICAS E PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES ASÍ COMO DO GASTO E A ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN E TRAMITACIÓN URXENTE. EXPTE REF. 41- 2017. Examinado o expediente e visto: 1. Informe proposta do servicio de contratación do 2 de outubro do 2017 na parte expositiva da cal se fai consta-lo seguinte ANTECEDENTES I. Resolución da concesión de axuda para a realización de proxectos de redesde distribución de enerxía términa con equipamentos de xeración con biomasa cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Operativo FEDER-GALIZA 2014-2020 conforme a convovactoria realizada mediante Resolución de 11 de agosto de 2016. II. Anuncio no BOP de Lugo núm.191 de 21 de agosto de 2017 de aprobación definitiva do expediente de modificación orzamentaria mediante a modalidade de Crédito Extraordinario en sesión plenaria do 18 de agosto de 2017. III. Correo electrónico do INEGA de data 22 de setembro de comunicación de previsión de prórroga para a xustificación dos investimentos ata o 20 de novembro de 2017 IV. Proxecto “ Rede de calor xerada con biomasa no parque de a Milagrosa” redactado polo enxeñeiro municipal de montes. V. Informes do enxeñeiro municipal de montes de data 27 de setembro de 2017 relativo á designación de responsable, proposta de criterios de adxudicación, cuestións a ter en conta no prego de cláusulas administrativas así como prego de cláusulas técnicas particulares que complementan o proxecto “Rede de calor xerada con biomasa no parque de A Milagrosa” VI. Certificación de data 28.09.2017 da Tesourería de existencia de consignación na aplicación orzamentaria 17000.60900 (RC 97070 ; C.P. 17RT00017) do vixente Orzamento Xeral de 2017. 1 Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

Transcript of CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTO...

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

DECRETO NÚMERO 17008674 DO 04/10/2017

Ilma. Sra. Don Xosé Daniel Piñeiro Villares Tenente de Alcalde Delegadao da Area de Desenvolvemento Sostible e Persoal

Instruído expediente relativo a: CONTRATACIÓN DA OBRA DA REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020. APROBACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO, PREGO DE CLÁUSULA TÉCNICAS E PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES ASÍ COMO DO GASTO E A ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN E TRAMITACIÓN URXENTE. EXPTE REF. 41- 2017.

Examinado o expediente e visto:

1. Informe proposta do servicio de contratación do 2 de outubro do 2017 na parte expositiva da cal se fai consta-lo seguinte

ANTECEDENTES

I. Resolución da concesión de axuda para a realización de proxectos de redesde distribución de enerxía términa con equipamentos de xeración con biomasa cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Operativo FEDER-GALIZA 2014-2020 conforme a convovactoria realizada mediante Resolución de 11 de agosto de 2016.

II. Anuncio no BOP de Lugo núm.191 de 21 de agosto de 2017 de aprobación definitiva do expediente de modificación orzamentaria mediante a modalidade de Crédito Extraordinario en sesión plenaria do 18 de agosto de 2017.

III. Correo electrónico do INEGA de data 22 de setembro de comunicación de previsión de prórroga para a xustificación dos investimentos ata o 20 de novembro de 2017

IV. Proxecto “ Rede de calor xerada con biomasa no parque de a Milagrosa” redactado polo enxeñeiro municipal de montes.

V. Informes do enxeñeiro municipal de montes de data 27 de setembro de 2017 relativo á designación de responsable, proposta de criterios de adxudicación, cuestións a ter en conta no prego de cláusulas administrativas así como prego de cláusulas técnicas particulares que complementan o proxecto “Rede de calor xerada con biomasa no parque de A Milagrosa”

VI. Certificación de data 28.09.2017 da Tesourería de existencia de consignación na aplicación orzamentaria 17000.60900 (RC 97070 ; C.P. 17RT00017) do vixente Orzamento Xeral de 2017.

1

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

VII. Acta de replanteo previo das obras asinada polo enxeñeiro municipal de montes de data 28.09.2017.

VIII. Proposta do Concelleiro delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal de data 29 de setembro de tramitación urxente do procedemento de contratación.

IX. Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación das obras de referencia de redactado polo Servizo municipal de contratación, patrimonio e fomento en data 29 de setembro.

X. Proposta do Concelleiro delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal de data 2 de outubro complementaria da anterior proposta e xustificativa da tramitación urxente do procedemento de contratación.

XI. Novo informe do enxeñeiro municipal de montes de data 2 de outubro de 2017 de proposta de criterios de adxudicación así como prego de cláusulas técnicas particulares que complementan o proxecto “Rede de calor xerada con biomasa no parque de A Milagrosa”

LEXISLACIÓN APLICABLE

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL).- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto

refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL).- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (LALG).- Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto

Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.- Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).- Real Decreto 817/2009 do 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a lei

30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público.- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das

Administracións Públicas (LPACAP).- Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais (LPRL) e os

seus regulamentos.- Real decreto 39/97 do 17 de xaneiro sobre regulamentación dos servizos de

Prevención.- Real decreto 486/97 do 14 de abril sobre disposicións mínimas de seguridade e

saúde nos lugares de traballo.- Real Decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as

disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción.- Real Decreto 171/2004, de 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24

da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, en materia de Coordinación de actividades empresariais.

- Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

2

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- Real Decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

- Real Decreto 337/2010, de 19 de marzo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro; o Real Decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, e o Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro.

- Calquera outras disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación ás corporacións locais.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS

Primeira. Este contrato pode ser cualificado como un contrato de obras, recollido e regulado no artigo 6 do TRLCSP que serían aqueles “que teñen por obxecto a realización dunha obra ou a execución dalgún dos traballos enumerados no Anexo I ou a realización por calquera medio dunha obra que responda ás necesidades especificadas pola entidade do sector público contratante”. O obxecto deste contrato de obra é a execución do proxecto de OBRA DA REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA redactado polo enxeñeiro municipal de montes.

Segunda. O prego de condicións elaborado para disciplinar a licitación e o contrato recolle as esixencias legais sinaladas e adáptase á normativa aplicable. Contén, con carácter xeral, os aspectos que son de contido obrigatorio, segundo o disposto nos artigos TRLCSP e no RXLCAP, salvo os que non son procedentes tendo en conta a modalidade de contrato elixida.

O procedemento de adxudicación elixido é o aberto, de acordo co previsto nos artigos 157 e seguintes do TRLCSP.

No prego de cláusulas administrativas particulares determínanse os criterios e aspectos económicos e técnicos que serán obxecto de valoración, os cales respectan, a criterio deste servizo, os principios de obxectividade e proporcionalidade esixidos polo TRLCSP, xa que son todos criterios avaliables automáticamente.

Terceira.- O Instituto Enerxético de Galicia INEGA resolveu conceder ao Concello de Lugo unha axuda para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía términa con equipamentos de xeración con biomasa cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Operativo FEDER-GALIZA 2014-2020 conforme a convocatoria realizada mediante Resolución de 11 de agosto de 2016. O importe da axuda ascende a 776.255,47 euros e a cantidade restante ata o total do proxecto é financiada polo Concello de Lugo.

3

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Conforme a dita resolución o prazo para a execución e xustificación do investimento remata o 15 de outubro de 2017 se ben existe correo electrónico remitido dende o INEGA o 22 de setembro de 2017 que indican a posibilidade de prórroga ata o 20 de novembro de 2017.

Os que subscriben entenden que esta data – 20 de novembro – non permite ter adxudicado e formalizado o contrato e executado tendo en conta o prazo previsto de execución de 30 días. Non obstante existe un correo electrónico remitido polo Concelleiro Delegado no que indican que se solicitou unha ampliación do prazo ata o 15 de decembro; petición que de ser admitida podería supoñer a posibilidade de execución da obra en prazo.

O expediente de contratación da obra non se puido iniciar no momento da comunicación oficial da condición de beneficiario xa que a aportación municipal estaba supeditada á aprobación definitiva dun expediente de modificación orzamentaria mediante a modalidade de Crédito Extraordinario ao atoparse o Orzamento Municipal en situación de prórroga para o ano 2017 e polo tanto sen créditos no capítulo VI de Investimentos do Orzamento Municipal.

Consta no expediente propostas do Concelleiro Delegado da Área de datas 29 de setembro e 2 de outubro de 2017 explicativos desta circunstancia e das dificultades para dispoñer de crédito para facer fronte á aportación municipal.

Non foi ata o 18 de agosto de 2017 cando o Excmo. Pleno do Concello aprobou definitivamente o expediente de crédito extraordinario (publicado no BOP o 21 de agosto de 2017) polo que ata este momento non existía crédito para facer fronte ao gasto derivado desta contratación, sen que polo tanto a urxencia deste procedemento de contratación se deba a unha defectuosa planificación ou relaxación por parte dos servizos municipais na tramitación do expediente de contratación desta obra.

O artigo 112.1 do TRLCSP establece que “Poderán ser obxecto de tramitación urxente os expedientes correspondentes aos contratos cuxa celebración responda a unha necesidade inaprazable ou cuxa adxudicación sexa preciso acelerar por razóns de interese público. A tales efectos o expediente deberá conter a declaración de urxencia feita polo órgano de contratación debidamente motivada”

Polo exposto é preciso acelerar o expediente e aplicar a tramitación de urxencia porque permite reducir o prazo de licitación de 26 días a 13 días naturais procurando así que a adxudicación e formalización se realice á maior brevidade; caso contrario perderíase a subvención agás que concedese unha prórroga que a día de hoxe non está concedida formalmente polo que estaríamos ante unha mera hipótese non sendo conveniente esperar ata ese momento, debendo iniciar os trámites á maior brevidade en aras a cumprir as esixencias da convocatoria.

4

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Cuarta.- En canto ó órgano municipal competente para aprobar o expediente da contratación de referencia, por acordo da Xunta de Goberno Local num. 2/589 de 2 de outubro de 2017 delegouse esta competencia no Tenente de Alcalde Delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal

2º.- Informe de Asesoría Xurídica de data 3 de outubro de 2017.

3º.- Informe de fiscalización da Intervención Municipal Ref 616/2017 de data 4 de outubro de 2017 que establece:

“2.Resultado de la Fiscalización Previa Limitada:

Procede a continuidade do expediente condicionado á efectiva formalización da concesión da prórroga que permita a efectiva execución nos prazos nela sinalados para o cumprimento dos requisitos de xustificación, e sen prexuízo das seguintes consideracións

CONDICIONAMENTOS

A EFECTIVIDADE DO CRÉDITO SE SUPEDITA e queda condicionada en efectividade e executividade Á EFECTIVA CONCESIÓN DA PRÓRROGA POR PARTE DO AXENTE FINANCIADOR, NON PROCEDIENDO A ADXUDICACIÓN NIN FORMALIZACION DO CONTRATO ATA A EFECTIVA ACREDITACIÓN DOCUMENTAL FORMAL DE CONCESIÓN DA PRÓRROGA E VERIFICACIÓN TÉCNICA FAVORABLE Á VIABILIDADE DA EXECUCIÓN NAS CONDICIÓNS OFERTADA EN RELACIÓN Ó CONTIDO E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA PRÓRROGA QUE EVENTUALMENTE SE CONCEDA

OBSERVACIONS

Primeira. Durante a elaboración do presente informe ,se incopora informe do Enxeñeiro Municipal de Montes de data 04/10/2017 relativo ás seguintes cuestións requeridas por estqa Intervención, nun primeiro análise somero: a)Verificación técnica da viabilidade de execución no prazo de 30 días -enténdese naturais, tendo en conta as previsións dos pregos-b)Garantía de concurrencia efectiva por mor tanto dos prazos de execución como os de viabilidade de subministro de maquinaria e instalaciónsc) Observacións informe Asesoría Xurídica -existencia no expediente de dous pregos técnicos : “O prego de PPT particulares non contradice en modo algún o prpxecto técnico, senón que o complementa, precisamente para engadir garantías para a boa execución do proxecto, mediante a aportación expresa dos licitadores das características técnicas dos medios a aportar”.d) “A garantía definitiva (…) é suficiente poara cubrir o custo daqueles incumprimentos contractuais que pudieran ocurrir e que non forma obxecto de certificación de obra ejecutada, con respecto ás obrigas que se indican no punto 11 do PCTP”

Segunda.

A. Tramitación de urxencia: Consta no expediente propostas do Concelleiro Delegado da Área, aos efectos de xustificar a tramitación urxente do procedemento de contratación, pola necesidade de cumplir os prazos esixidos na Resolución do INEGA da concesión de axuda para a realización de proxectos de redes de

5

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con ciomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional, e pola circunstancia de que o expediente de crédito extraordinario aprobado polo Excmo. Concello Pleno, que otorgou cobertura ás obrigas que se desprenden da aportación municipal, non foi aprobado definitivamente ata o 18 de agosto de 2017, explicando os motivos e dificultades polos que non existía consignación orzamentaria no momento da comunicación ao Concello, da obtención da condición de beneficiario: … Tendo en conta o interese público que ten para a cidadanía a culminación deste proxecto, por supoñer un aforro energético para o Concello de Lugo, e a posibilidade de no futuro adaptar as redes de calor a máis usuarios, solicito que se declare a urgencia para a tramitación deste proxecto debido á imposibilidade de poder tramitalo antes, polas dificultades de aprobación en Pleno dos instrumentos necesarios para a consignación da partida que corresponde ao Concello”.

Non obstante,a responabilidade da administración na execución das actuacións necesarias para posibilitar a habilitación de crédito, consta informe do Asesor Xurídico Municipal, don Manuel Louzao Aldariz (,en relación ao artigo 112.1 do TRLCSP), no seguinte sentido: Non semella existir unha necesidade inaplazable de contratación, pero sí consta unha motivación que justifica a necesidade de acelerar o procedemento de adxudicación por razóns de interese público coa finalidade de poder realizar a obra, e ao mesmo tempo justificar en prazo a execución da mesma co obxecto de garantir o seu financiamento externo.”

B. Prazo de execuciónConforme ao prazo de execución e xustificación do investimento, ( punto 4) Condicións de

execución do proxecto, tanto a data límite de execución, como o prazo de xustificación é ata o 15 de outubro de 2017. A estos efectos, no informe proposta do Servizo de Contratación, ponse de manifesto que “ Conforme a dita resolución, o prazo para a execución e xustificación do investimento remata o 15 de outubro de 2017, se ben existe correo electrónico remitido dende o INEGA o 22 de setembro de 2017, que indican a posibilidade de prórroga ata o 20 de novembro de 2017. Os que suscriben entenden que esta data -20 de novembro- non permite ter adxudicado o contrato e executado, tendo en conta o prazo previsto de execución de 30 días. Non obstante existe un correo electrónico remitido polo Concelleiro Delegado no que indican que se solicitou unha ampliación do prazo ata o 15 de decembro; petición que de ser admitida podería supoñer a posibilidade de execución da obra en prazo”.

Neste mesmo sentido informa o Asesor Xurídico municipal, don Manuel Louzao Aldariz, con data 3/10/2017: “Tal prórroga non está oficialmente concedida, ou alo menos, non hai constancia delo no expediente de contratación. Así as cousas, e aínda no caso de ser concedida a citada prórroga, o necesario cumprimento da tramitación administrativa prevista legal e regulamentariamente para o procedemento de contratación, fai prácticamente imposible que a obra esté rematada para a xustificación da inversión o día 20 de novembro de 2017, co conseguinte risco de perda da cofinanciación externa, circunstancia que deberá ser valorada pola Intervención xeral á hora da fiscalización do expediente. E elo, a pesar da tramitación de urgencia do expediente de contratación, …Á vista de todo esto, a cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas particulares prevé que a adxudicación deste contrato estará condicionada á incorporación ao expediente administrativo da correspondente resolución con concesión de prórroga que permita ejecutar a obra no prazo de xustificación esixible, de xeito que de non dispoñer dela, o Concello podería renunciar á celebración deste contrato”Debe entenderse que en base a este parágrafo incluído na citada cláusula do prego de cláusulas administrativas particulares, o condicionamento é dobre:1. Que se produza unha resolución por parte do ente financiador coa concesión da prórroga do prazo de xusificación2. Que sexa viable a execución da obra contratada no prazo concedido na prórroga

6

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Por outra banda, á vista do criterio de reducción do prazo como criterios de valoración e tramitación de urxencia, resulta evidente garantir que a licitación do procedimento esixe a efectiva posibilidad de formulación de ofertas que, tendo en conta as caractrístivas normalizadas das instalacións esixidas, e os prazos de entrega dos subministros e instalación, permian a plasmación da efectiva concurrencia, sendo aplicaboles os criterios de reducción do prazo de xeito respetuosos cos principios de libre concurrencia

C. Garantía

Establécese na cláusula SÉTIMA do prego de cláusulas administrativas particulares, que “A garantía definitiva responderá do cumprimento do contrato na súa totalidade, inclusive o cumprimento das condicións esencias de execución establecidas na cláusula 18.2 e 18.3”

D. Pago

Establécese na cláusula VIXÉSIMO PRIMEIRA que “o pagamento efectuarase mediante factura única, unha vez presentada a correspondente certificación polo Director facultativo do contrato e conformada polo responsable municipal, así como polo concelleiro Delegado da Área de Educación e Infraestruturas Urbanas”

Pola súa banda, a Cláusula Décimo Oitava e 11 do prego de PPTP.- Gastos. Cartel Anunciador. Obrigas de difusión e divulgación, sinálase entre outras que “durante a execución das obras, será necesario instalar nun lugar ben visible para o público un cartel ou placa informativa que estará durante un prazo de tres meses dende a finalización do proxecto…..Realizar un anuncio en dous diarios de prensa escrita de difusión local unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 3 meses da data de certificación final…. Anuncio en revista especializada en bioenerxía (Bioenergy Internacional ou similar) unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 6 meses da data de certificación final…

Analizando ámbalas dúas cláusulas, e visto o prazo de xustificación ante o INEGA, ponse de manifesto que o Concello de Lugo efectuará o pagamento da obra con anterioridade do cumprimento das obrigas sinaladas na cláusula 18.2 e 18.3 do prego de cláusulas administrativas, e polo tanto, con anterioridade á posible verificación do cumprimento do contrato, polo que “ As obrigas desta cláusula teñen a consideración de condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á imposición de penalidades previstas nesete prego, así como á resolución do contrato de conformidade co artículo 223.h del TRLCSP”, debendo responder a garantía de tales incumprimentos ( a tal efecto se incorpora informe do enxeñeiro técnico en tal sentido), e sen prexuízo, da comprobación do eventual cumprimento dalgunhas de tales obrigas durante o prazo de execución da obra.

Do mesmo xeito, na cláusula décimo segunda PENALIDADES, sinálase que “en todo caso, se como consecuencia do incumprimento por parte do contratista das condicións de execución ou do prazo de execución ofertado, se perdese total ou parcialmente a subvención concedida polo INEGA para o financiamento desta actuación, o contratista indemnizará ó Concello de Lugo pola cantidade igual á perdida”

Este é o meu informe, que someto a calquera outro con mellor criterio fundado en Dereito. Non obstante, o órgano competente decidirá o que considere máis conveniente aos intereses xerais”

Por todo o anteriormente exposto e no uso das atribucións conferidas á Xunta de Goberno Local na disposición adicional segunda do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexistativo 3/2011 de 14

7

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

de novembro, e en virtude do acordo da Xunta de Goberno Local número 2/589 de 2 de outubro de 2017 polo que se delegan as competencias no Tenente de Alcalde Delegado de Desenvolvemento Sostible e Persoal para a resolución de tódolos actos de trámite e resolutivos dos expedientes administrativos desta contratación,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a contratación da “OBRA DA REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA” e aplicar a tramitación de urxencia do procedemento.

SEGUNDO.- Aprobar o proxecto técnico da obra de referencia elaborado polo enxeñeiro municipal de montes así como os pregos de claúsula técnicas de 2 de outubro de 2017 e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na licitación dos traballos sinalados no parágrafo anterior, sendo o teor literal deles o seguinte:

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DA OBRA DE “ REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017)

ÍNDICE

• CLÁUSULA PRIMEIRA. OBXECTO DO CONTRATO.• CLÁUSULA SEGUNDA. NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO.• CLÁUSULA TERCEIRA. PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.• CLÁUSULA CUARTA. PREZO DO CONTRATO. VALOR ESTIMADO.• CLÁUSULA QUINTA. PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN.

CAPACIDADE DE LICITAR. TRAMITACIÓN DE URXENCIA. HABILITACIÓN EMPRESARIAL. COMPROMISO DE ADSCRICIÓN DE MEDIOS PERSOAIS.

• CLÁUSULA SEXTA. CRITERIOS DE SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA. CRITERIOS DE SOLVENCIA TÉCNICA.

• CLÁUSULA SÉTIMA. GARANTÍAS.• CLÁUSULA OITAVA. ANUNCIO DE LICITACIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN

DE PROPOSICIÓNS.• CLÁUSULA NOVENA. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS.• CLÁUSULA DÉCIMA. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.• CLÁUSULA DÉCIMO PRIMEIRA. MESA DE CONTRATACIÓN E APERTURA DE

PROPOSICIÓNS.• CLÁUSULA DÉCIMO SEGUNDA. CRITERIOS DE VALORACIÓN. PREFERENCIA

NA ADXUDICACIÓN.• CLÁUSULA DÉCIMO TERCEIRA. ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.• CLÁUSULA DÉCIMO CUARTA. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.• CLÁUSULA DÉCIMO QUINTA. COMPROBACIÓN DO REPLANTEO.

8

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

• CLÁUSULA DÉCIMO SEXTA. EXECUCIÓN DO CONTRATO.• CLÁUSULA DÉCIMO SÉTIMA. SUBCONTRATACIÓN. CONDICIÓN ESENCIAL

DE EXECUCIÓN.• CLÁUSULA DÉCIMO OITAVA. GASTOS. CARTEL ANUNCIADOR. OBRIGAS DE

DIFUSIÓN E DIVULGACIÓN.• CLÁUSULA DÉCIMO NOVENA. CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS SOCIAIS E

LABORAIS. OBRIGAS CONTRACTUAIS ESENCIAIS. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN CON CARÁCTER DE OBRIGAS CONTRACTUAIS ESENCIAIS.

• CLÁUSULA VIXÉSIMA. RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.• CLÁUSULA VIXÉSIMO PRIMEIRA. RECEPCIÓN. PRAZO DE GARANTÍA.

PAGAMENTO• CLÁUSULA VIXÉSIMO SEGUNDA. PENALIDADES.• CLÁUSULA VIXÉSIMO TERCEIRA. EXTINCIÓN DO CONTRATO.• CLÁUSULA VIXÉSIMO CUARTA. RÉXIME DE RECURSOS.• ANEXO I. DOCUMENTACIÓN GABINETE DE PREVENCIÓN DE RISCOS

LABORAIS.• ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE DE VIXENCIA DOS DATOS

ANOTADOS NO REXISTRO DE LICITADORES DE PRESENTACIÓN OBRIGATORIA XUNTO COA CERTIFICACIÓN DE INSCRICIÓN REXISTRAL.

• ANEXO III. MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE (só para os casos de non acreditar os requisitos mediante certificado de inscrición en Rexistro de licitadores).

• ANEXO IV. DECLARACIÓN RESPONSABLE DE CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS LEGAIS E CONTRACTUALMENTE ESTABLECIDAS PARA PODER CONTRATAR CO CONCELLO DE LUGO.

• ANEXO V. MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE RELATIVA Á OBRIGA DE TER TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE EN PLANTILLA.

• ANEXO VI . COMPROMISO DE ADSCRICIÓN DE MEDIOS • ANEXO A. PRESENTACIÓN DE PLICAS.

PRIMEIRA. OBXECTO DO CONTRATO.

É obxecto deste contrato a realización da obra de REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA conforme o proxecto elaborado polo enxeñeiro de montes da Concellería de Desenvolvemento sostible e persoal.

CPV.- … 43328000-8 Instalacións hidráulicas. 45331110-0 Traballos de instalación de caldeiras.

Con este contrato trátase de satisfacer a necesidade de instalar combustibles non contaminantes para o sistema de calefacción das instalacións do Parque de A Milagrosa acadando ademais un aforro enerxético.

Esta obra está financiada polo INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) ó abeiro da orde para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo

9

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

SEGUNDA.- NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO.

Trátase dun contrato de obra recollido e regulado no artigo 6 do TRLCSP que ten por obxecto a realización da obra de REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA conforme o proxecto elaborado polo enxeñeiro de montes da Concellería de Desenvolvemento sostible e persoal.

Para a lexislación aplicable deberán terse en conta as seguintes disposicións:

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL).- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto

refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL).- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (LALG).- Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto

Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.- Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).- Real Decreto 817/2009 do 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a lei

30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público.- Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das

Administracións Públicas.- Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais (LPRL) e os

seus regulamentos.- Real decreto 39/97 do 17 de xaneiro sobre regulamentación dos servizos de

Prevención.- Real decreto 486/97 do 14 de abril sobre disposicións mínimas de seguridade e

saúde nos lugares de traballo.- Real Decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as

disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción.- Real Decreto 171/2004, de 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24

da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, en materia de Coordinación de actividades empresariais.

- Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

- Real Decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

- Real Decreto 337/2010, de 19 de marzo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro; o Real Decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, e o Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro.

10

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- Calquera outras disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación ás corporacións locais.

O órgano de contratación, conforme o disposto no artigo 210 do TRLCSP e dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados nese texto legal e no resto da lexislación vixente, ten as prerrogativas de interpretar o contrato administrativo, resolver as dúbidas que presente o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acadar a súa resolución e determinar os seus efectos.

Expresamente faise constar que no caso de existir algunha discrepancia entre os pregos de prescricións técnicas e o previsto neste prego de cláusulas administrativas, prevalecerá este último así como a normativa vixente en materia de contratación.

Ademais deste prego, terán carácter contractual os seguintes documentos:

- O prego de prescricións técnicas do proxecto e o prego de cláusulas técnicas particulares aparte do proxecto de obra que o complementa.

- Os planos.- A memoria do proxecto.- O programa de traballo incluído no proxecto.- Os cadros de prezos.- O documento no que se formalice o contrato.

De conformidade coa Disposición Adicional Segunda do TRLCSP a Xunta de Goberno local do Concello de Lugo é o órgano de contratación deste contrato sen prexuízo das delegacións que teña conferidas no Tenente de Alcalde Delegado de Área.

TERCEIRA. PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.

Esta obra executarase con suxeición ás cláusulas estipuladas neste prego e conforme ó proxecto técnico aprobado polo Concello e terá un prazo máximo de execución de TRINTA DÍAS NATURAIS contados a partires do día seguinte ao de sinatura da acta de comprobación do replanteo.

O contratista obrígase a entregar toda a documentación adicional necesaria para a xustificación da achega do INEGA coa antelación necesaria para a súa debida tramitación ante este organismo

Faise constar que as axudas contan coa data límite de xustificación o 15 de outubro de 2017, salvo prórroga deste prazo debidamente autorizada polo INEGA, existindo un compromiso- a día de hoxe non oficial – de prórroga ata o 20 de novembro de 2017.

11

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Dado o axustado dos prazos para a licitación, execución e xustificación da achega do INEGA, a contratación debe condicionarse á formalización dunha prórroga do prazo de execución e xustificación documental por parte do adxudicatario, tal que permita a execución do proxecto no período comprendido entre a sinatura do contrato e a data límite de xustificación da achega ante o INEGA.

As actuacións executaranse de acordo coas condicións desta concesión de axuda, estando xa adaptado á mesma o prego de prescricións técnicas. Unha vez rematada a execución, e certificada a mesma, o adxudicatario deberá remitir ó Excmo. Concello toda a documentación necesaria para a xustificación das axudas. Así mesmo deberá facilitar a comprobación das inversións asignando os medios humanos e materiais que resulten necesarios.

O cumprimento desta resolución de concesión de axuda será indispensable para este contrato.

CUARTA. PREZO DO CONTRATO. VALOR ESTIMADO.

4.1.- O valor estimado do contrato ascende a 855.377,92 euros IVE excluído.

4.2.- O prezo de licitación é:

Prezo sen IVE: 855.377,92 euros (gastos xerais e beneficio industrial incluído).IVE (21%): 179.629,36 euros.Prezo de licitación: 1.035.007,28 euros IVE incluído.

4.3.- Faise contar a existencia de crédito suficiente na aplicación orzamentaria 17000.60900 (RC 97070; C.P 17RT00017).

4.4.- Faise constar que en virtude do artigo 89 do TRLCSP este contrato non está suxeito a revisión de prezos.

Esta obra conta con financiamento do INEGA cun máximo de 776.255,47 €.

QUINTA. PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN. CAPACIDADE DE LICITAR. TRAMITACIÓN DE URXENCIA. HABILITACIÓN EMPRESARIAL E COMPROMISO DE ADSCRICIÓN DE MEDIOS PERSOAIS.

5.1.- Este contrato adxudicarase polo procedemento aberto, previsto e regulado polos artigos 138, 157 e seguintes do TRLCSP e mediante a tramitación de urxencia conforme o establecido no artigo 112.

Consta no expediente propostas do Concelleiro Delegado da Área xustificativos da tramitación urxente do procedemento de contratación pola necesidade de cumprir

12

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

os prazos esixidos na Resolución do INEGA da concesión de axuda para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 e na circunstancia de que o expediente de crédito extraordinario para facer fronte á aportación municipal non foi aprobado definitivamente ata o 18 de agosto de 2017 explicando os motivos e dificultades polos que non existía crédito no momento da comunicación da condición de beneficiario

Están facultados para tomar parte na licitación e contratar con este Excmo. Concello as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibición de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e profesional segundo o establecido nos artigos 54 e seguintes do TRLCSP.

Os empresarios deberán contar, así mesmo, coa habilitación empresarial ou profesional que, de ser o caso, sexa esixible para a realización da actividade ou prestación que constitúa o obxecto do contrato. En particular, os licitadores deberán estar rexistrados no Rexistro Integrado Industrial como empresa “Instaladora, Reparadora, Mantedora e Conservadora de Instalacións térmicas de Edificios”.

Ademais das condicións xerais esixidas pola Lei, a empresa adxudicataria deberá dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

5.2.- Poderán así mesmo, presentar proposicións as UNIÓNS DE EMPRESARIOS que se constitúan temporalmente de conformidade co artigo 59 do TRLCSP. Cada un dos empresarios que compoñen a agrupación, deberá acreditar a súa capacidade de obrar e a clasificación conforme o establecido no artigo 52 do RXLCAP coa presentación da documentación a que fan referencia as cláusulas seguintes, e deberán indicar en documento privado os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriban, a participación de cada un deles e a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, posuirá a plena representación ante a administración, e que asumen o compromiso de constituírse en unión temporal de empresas. O citado documento deberá estar asinado polos representantes de cada unha das empresas compoñentes da unión.

5.3.- De conformidade co artigo 64 do TRLCSP esíxese que os licitadores presenten o compromiso de adscribir á execución do contrato obrigatoriamente os MEDIOS PERSOAIS que se indican a continuación:

13

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- Un enxeñeiro superior industrial cun mínimo de dous anos de experiencia demostrable na participación e/ou redacción de proxectos de xeración de enerxía mediante biomasa.

- Un enxeñeiro superior de montes ou forestal cun mínimo de dous anos de experiencia demostrable na participación e/ou redacción de proxectos de xeración de enerxía mediante biomasa.

O COMPROMISO DE ADSCRICIÓN presentarase conforme o modelo do ANEXO VI.

Este compromiso configúrase como unha obriga contractual esencial do contrato aos efectos do artigo 223 do TRLCSP.

No caso de que fose preciso a substitución do persoal comprometido os novos traballadores deberán cumprir os mesmos requisitos esixidos nos pregos e a mesma experiencia obxecto de valoración conforme aos criterios establecidos neste prego.

SEXTA. CRITERIOS DE SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA. CRITERIOS DE SOLVENCIA TÉCNICA.

6.1.- A xustificación da solvencia económica e financeira deberá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes:

- Co volume anual de negocios (cifra de negocios por importe neto que se reflicta na conta de perdas e ganancias da conta anual) referido ao ano de maior volume de negocio dos últimos tres anos anteriores á licitación deste contrato por importe igual ou superior a 1.200.000 euros, IVE excluído.

Para a acreditación deste volume anual de negocios achegaranse as contas anuais do ano de maior volume de negocio aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil ou oficial que corresponda mediante a certificación, nota simple ou información análoga expedida polo Rexistro e que conteña as contas anuais, sempre que estea vencido o prazo de presentación e se atopen depositadas; se o último exercicio se atopase pendente de depósito, deben achegarse acompañadas da certificación da súa aprobación polo órgano competente para isto é da súa presentación no Rexistro.

Os empresarios individuais non inscritos acreditarán o volume anual de negocio por medio dos libros de inventarios e contas anuais legalizadas polo Rexistro Mercantil.

- Co Patrimonio neto positivo ou ben ratio entre activos e pasivos por importe superior á unidade que se reflicta no balance de contas anuais do último exercicio económico para o que estea vencida a obriga de aprobación de contas anuais.

14

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

6.2 A solvencia técnica e profesional deberá ser xustificada mediante a acreditación de experiencia na realización de instalacións térmicas de biomasa as que son obxecto deste contrato por un importe anual acumulado no ano de maior execución durante os derradeiros dez anos que sexa igual ou superior a 600.000 euros IVE excluído.

Para a súa acreditación achegarán unha relación asinada polo licitador e comprensiva dos servizos realizados, descrición de cada un dos contratos, destinatario, importe e data de realización.

Xunto con esta relación achegarán certificado expedido ou visado polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público e cando o destinatario sexa un comprador privado mediante un certificado expedido por este, copia do contrato, informe da empresa contratante ou mediante a declaración do empresario de xeito que se permita comprobar o seu cumprimento.

Non obstante o exposto e de conformidade co artigo 11 do Real Decreto 1098/2001 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, na redacción dada por Real Decreto 773/2015 de 28 de agosto, a documentación acreditativa da solvencia económica e financeira así como a solvencia técnica e profesional poderá substituírse pola correspondente clasificación no grupo e subgrupo que corresponda en función do obxecto do contrato e coa categoría que proceda en función do valor anual medio.

SÉTIMA. GARANTÍAS.

De conformidade co artigo 103 do TRLCSP non resulta esixible a constitución de garantía provisional.

O licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa estará obrigado a constituír unha garantía definitiva dun 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que recíbese o requirimento a que se refire o artigo 151.2 do TRLCSP. De non cumprirse este requisito en prazo entenderase que o licitador retirou a súa oferta procedéndose neste caso a recabar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas.

As garantías poderán prestarse nalgunha das formas sinaladas no artigo 96 do TRLCSP, isto é:

a) En efectivo ou en valores de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas no TRLCSP e normas de desenvolvemento.b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento do TRLCSP, por algún dos bancos, caixas de aforro,

15

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberán depositarse nos establecementos sinalados no artigo 96 do TRLCSP.c) Mediante contrato de seguro de caución celebrado cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado de seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados no artigo 96 do TRLCSP.

A garantía definitiva responderá do cumprimento do contrato na súa totalidade, inclusive o cumprimento das condicións esenciais de execución establecidas na cláusula 18.2 e 18.3.

OITAVA. ANUNCIO DE LICITACIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS.

O Concello de Lugo publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo así como no perfil do contratante do Concello (www.lugo.gal).

O prazo de presentación de proposicións será de TRECE días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

NOVENA. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS.

As empresas presentarán a súa proposición mediante unha instancia ou escrito conforme ao anexo A “PRESENTACIÓN DE PLICAS” acompañada de DOUS sobres pechados, asinados polo propoñente ou polo seu representante, facendo constar o título do procedemento, nome do licitador, dirección, teléfono, correo electrónico e fax para os efectos de notificacións. Os ditos sobres denominaranse coas letras A- DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA-, e letra B – OFERTA ECONÓMICA E RELATIVA A CRITERIOS AVALIABLES AUTOMATICAMENTE.

En tódolos sobres indicarase a referencia do expediente: EXP. REF. 41-2017

Os sobres de que consta a proposición presentaranse, durante o prazo indicado na cláusula oitava, antes sinalada, no Rexistro Xeral do Excmo. Concello de Lugo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres ou enviadas por correo. No suposto que o último día de presentación das proposicións coincidise en inhábil prorrogarase ó seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo sinalado no anuncio.

16

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Transcorridos, non obstante, 5 días naturais seguintes á dita data sen se recibir a proposición, esta non será admitida en ningún caso.

DÉCIMA.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

O sobre A - DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA - conterá, como mínimo, os seguintes documentos:

1.- Acreditativos da personalidade e capacidade do licitador, que serán:

a) Se se trata de empresario individual (persoa física), copia autentica do DNI.b) Os restantes empresarios (persoas xurídicas):

-Escritura de constitución ou modificación se é o caso debidamente inscrita no seu correspondente rexistro mercantil cando este requisito fose esixible conforme á lexislación que lle sexa aplicable.Se é o caso, mediante a presentación de escritura ou documento de constitución ou modificación dos estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial.-Copia do DNI da persoa representante asinante da proposición.

2.- Acreditativos da extensión das facultades do representante ou apoderado:Cando o licitador actúe mediante representante ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica deberá realizar o Bastanteo do Poder para o que presentará documento fidedigno acreditativo da existencia da representación e do ámbito das súas facultades para licitar inscrito no Rexistro Mercantil.

O bastanteo realizarase por funcionarios/as do servizo municipal de contratación do Concello habilitados ó efecto con anterioridade ó remate do prazo establecido para a presentación da documentación e ofertas.

3.- Declaración responsable (conforme o modelo do Anexo III) do licitador outorgada ante o Concello de Lugo, notario ou organismo profesional cualificado na que se faga constar que non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para contratar co Concello de Lugo previstas no artigo 60 do TRLCSP e de que se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias -incluídas tamén co Concello de Lugo- e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Nesta declaración farase constar así mesmo que o licitador esta dado de alta no IAE no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato non habendo causado baixa neste.

Non obstante, os licitadores deberán ter en conta que, no caso de ser seleccionados para ser adxudicatarios, deberán acreditar debidamente estas circunstancias no prazo e coas formalidades previstas na Lei e neste prego.

17

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Advírteselles aos licitadores que a comprobación de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias co Concello de Lugo – referido ao momento de presentación de ofertas - realizarase de oficio polo que, de acreditarse a existencia de débedas co Concello, esta circunstancia suporá unha falsidade na súa declaración responsable que impedirá realizar a adxudicación ao seu favor por atoparse en prohibición para contratar.

Cando se trate de empresas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo económico europeo e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá tamén substituírse por declaración responsable ante unha autoridade xudicial.

O cumprimento das obrigas tributarias pode substituírse por certificacións expedidas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria segundo se trate de tributos estatais e das obrigas de Seguridade Social mediante certificación expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

4.- Presentación da alta e, no seu caso, do derradeiro recibo do Imposto sobre Actividades Económicas completado cunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do dito imposto.

Sen prexuízo da obriga de acreditar a alta no dito imposto, no suposto de atoparse nalgunha das exencións reguladas no artigo 82.1. do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, deberá xustificarse mediante unha resolución expresa da concesión da exención da Administración competente ou unha declaración responsable de ter unha cifra de negocios inferior a un millón de euros.

Os suxeitos pasivos aos que se refire o artigo 82.1.a), d), g) e h) do Real Decreto lexislativo 2/2004 non estarán obrigados a presentar declaración de alta na matrícula do imposto.

Quedarán dispensados de presentar a documentación referida nos catro apartados anteriores os licitadores inscritos no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia agás para o cumprimento do requisito de atoparse ó corrente coas obrigas tributarias co Concello de Lugo por non ser de obrigada inscrición nos ditos Rexistros. Para a acreditación deste último requisito, na declaración responsable do ANEXO II deste prego de cláusulas administrativas que deberá achegar coa certificación que se menciona nos parágrafos seguintes, inclúese un apartado a estes efectos.

A efectos desta dispensa os licitadores deberán achegar no sobre A o número de inscrición e incluír a correspondente certificación onde se reflicta a información a que se refiren os parágrafos anteriores. Esta dispensa terá validez sempre e cando

18

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

a información que facilite o dito certificado estea vixente na data límite do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

Conforme o establecido no artigo 146 do TRLCSP deberá achegar unha declaración responsable (conforme modelo ANEXO II) no que se manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. A dita declaración reiterarase no caso de resultar seleccionado e no documento no que se formalice o contrato.

5.- Acreditación da solvencia económica e financeira así como solvencia técnica e profesional polos medios indicados na cláusula sexta deste prego de cláusulas.

Os licitadores con inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar -no caso de non reflectirse esta información no correspondente certificado- a documentación acreditativa da solvencia económica e financeira así como a solvencia técnica e profesional agás nos casos que de conformidade cos artigos 62.2 e 74.2 do TRLCSP a xustificación da solvencia poda substituírse pola correspondente clasificación.

6.- No caso de que as propostas fosen presentadas por estranxeiros, ademais da anterior documentación, terán que aportar a seguinte: a) Os licitadores estranxeiros de estados membros da Unión Europea ou asinantes do acordo sobre o espazo económico europeo acreditarán a súa capacidade de obrar mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se sinalan no Anexo I do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro. b) Os licitadores de estados non membros da Comunidade Europea e dos non asinantes do acordo sobre o espazo económico europeo ademais de acreditar a súa capacidade para contratar e obrigarse conforme á lexislación do seu estado e a súa solvencia económica, financeira, deberán presentar os seguintes documentos:

- Informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar de domicilio da empresa no que se faga constar, previa demostración pola empresa, que figura inscrita no Rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local.

- Informe de reciprocidade da Misión Diplomática Permanente de España na que faga constar que o estado de procedencia da empresa admite pola súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa administración en forma substancialmente análoga. Exceptúase deste requisito os casos de contratos suxeitos a regulación harmonizada en relación coas empresas de Estados signatarios do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial do Comercio (artigo 55 do TRLCSP).

19

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

En todo caso, as empresas estranxeiras deberán asinar unha declaración de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para a resolución de calquera das cuestións litixiosas que puideran xurdir durante a formalización e execución do contrato.

Os licitadores estranxeiros presentarán os documentos que teñan que aportar traducidos de forma oficial en calquera dos idiomas galego ou castelán.

Os documentos a que se refire esta cláusula poderán ser orixinais ou presentarse mediante copia autenticada por notario ou polo/a funcionario/a encargado/a do Rexistro deste Excmo. Concello.

7.- Autorización como empresa “Instaladora, reparadora, mantedora e conservadora de instalacións térmicas de Edificios”

DE CONFORMIDADE CO ARTIGO 146.4 DO TRLCSP, OS LICITADORES PODERÁN SUBSTITUÍR A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN RELACIONADA ANTERIORMENTE (apartados 1 á 7) DENTRO DO SOBRE A UNICAMENTE POR UNHA DECLARACIÓN RESPONSABLE INDICANDO QUE CUMPRE TÓDALAS CONDICIÓNS ESTABLECIDAS LEGALMENTE PARA CONTRATAR COA ADMINISTRACIÓN CONFORME O MODELO DO ANEXO IV DESTES PREGOS.

8.- Os licitadores virán obrigados a informar o convenio colectivo que será de aplicación aos traballadores vinculados ao contrato no caso de resultar adxudicatarios, así como a obriga de facilitar canta información sexa requirida sobre as condicións de traballo aplicadas efectivamente aos mesmos (incluído no modelo do ANEXO IV). 9.- Declaración responsable (conforme modelo do ANEXO V ou dentro do Anexo IV) pola que, de resultar adxudicatarios -e para o caso de que o número de traballadores en plantilla iguale ou supere a cifra de 50- obríganse a cumprir e acreditar, ante o órgano de contratación, o cumprimento da obriga sinalada no artigo 42 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

Nesta declaración farase constar que se asume o compromiso de acreditar o dito cumprimento durante toda a vixencia do contrato cando sexa requirido polo responsable do contrato.

A obriga establecida neste parágrafo configúrase como condición especial de execución á que se lle atribúe carácter de obriga contractual esencial de

20

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

conformidade co artigo 118 cuxo incumprimento poderá dar lugar á resolución do contrato ou á imposición de penalidades.

No caso de ter optado polo cumprimento das medidas alternativas deberán achegarxunto con esta declaración responsable unha copia da declaración de excepcionalidade e unha declaración do licitador das medidas concretas aplicadas a tal efecto.

A inclusión errónea de documentación que deba estar incluída no sobre B dentro do sobre A implicará automaticamente o rexeitamento da proposición por supoñer unha vulneración dos principios de igualdade de trato e non discriminación.

O sobre B, Oferta económica e relativa a criterios avaliables automaticamente , conterá o seguinte modelo, debidamente cuberto.

Don ..........................., con domicilio en ................... e DNI número ..................., expedido o ................, en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de ........................., con DNI ou NIF número .....................) fai constar:

a) Que solicita tomar parte no procedemento convocado para a contratación da OBRA DE “ REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” ” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017)

b) Que se compromete á execución da obra conforme a seguinte oferta económica:

Prezo sen IVE:…………………. euros. IVE (21%): …………………….euros. Prezo total IVE incluído:………. euros.

c) Que oferta un prazo de execución de ...... días naturais.

d) Comunico que a empresa que represento SI/NON (sinalar o que proceda) ten previsto subcontratar a realización parcial deste contrato por un importe de ........... euros á/as empresa/s ......................................... sen prexuízo da comunicación que se realizará no caso de realizar outras subcontratacións durante a execución da obra de conformidade co artigo 227 do TRLCSP.

e) Acepta incondicionalmente cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares e das condicións técnicas, como licitador e como adxudicatario, se é o caso.

21

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

f) Que acepto que tódalas notificacións e comunicacións relacionadas con esta contratación, tanto no procedemento de licitación como durante a execución do contrato no caso de resultar adxudicatario, se realicen no seguinte enderezo de correo electrónico: __________________________________

g) Reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración.

(Lugar, data e sinatura)

Dentro do sobre B e para aseguramento de que o licitador cumpre as condicións mínimas establecidas deberá incluírse a documentación sinalada na cláusula décima do prego de condicións técnicas anexas ao proxecto da obra , e que se reitera a continuación:

1.- Documento de execución dos traballos, onde se detallen os traballos precisos para acadar as prescricións e condicións mínimas contidas neste prego. As características deste documento serán:

- Estará asinado por técnico competente, sendo un dos referidos no prego de cláusulas administrativas.

- Deberá detallar e xustificar todos os deseños e cálculos realizados.- Terá unha extensión máxima de 50 páxinas en formato A4 (texto) e 10 en

formato A3 (documentación gráfica: programas, planos, esquemas, …), todas elas a unha soa cara, tamaño de letra mínimo 11 e interliñado 1,5.

- Será entregado en formato papel e dixital (arquivo pdf) sen protexer.

O adxudicatario empregará este documento para redactar o proxecto de execución, tendo en conta que deberá contar coa autorización previa do responsable do contrato para a súa execución, especialmente no caso de que ofertase melloras, ampliacións, actualizacións, reformas e modificacións en equipos, instalacións e edificios adicionais ás definidas no alcance mínimo do presente prego.

2.- A seguinte lista cuberta e asinada, onde faga referencia ás características, marcas e modelos dos principais elementos, e que deben cumprir cos requirimentos mínimos do presente prego:

EQUIPO CARACTERÍSTICA

CALDEIRA 1:MARCA: MODELO:POTENCIA TERMICA NOMINAL CON ESTELAS DE MADEIRA (kW)RENDEMENTO (%):Tª FUMES A CARGA NOMINAL:

22

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

CAPACIDADE CALDEIRA (l):PRESIÓN DE TRABALLO (bar):Nº PASOS DE FUMES:GRELLA MÓVIL (SI/NON)INTERCAMBIADOR VERTICAL (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA CÁMARA COMBUSTIÓN (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA INTERCAMBIADORES (SI/NON):CÁMARA COMBUSTIÓN REFRIXERADA POR AUGA (SI/NON)VENTILADOR EXTRACTOR DE FUMES CON VARIADOR DE FRECUENCIA (SI/NON):TIPO DE SISTEMA DE ALIMENTACIÓN:DIMENSIÓNS SISTEMA ALIMENTACIÓN:DIAMETRO SINFÍN SILO-CALDERA:LARGO SINFÍN SILO-CALDERA:CALDEIRA 2:MARCA: MODELO:POTENCIA TERMICA NOMINAL CON ESTELAS DE MADEIRA (kW)RENDEMENTO (%):Tª FUMES A CARGA NOMINAL:CAPACIDADE CALDERIA (l):PRESIÓN DE TRABALLO (bar):Nº PASOS DE FUMES:GRELLA MÓVIL (SI/NON)INTERCAMBIADOR VERTICAL (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA CÁMARA COMBUSTIÓN (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA INTERCAMBIADORES (SI/NON):CÁMARA COMBUSTIÓN REFRIXERADA POR AUGA (SI/NON)VENTILADOR EXTRACTOR DE FUMES CON VARIADOR DE FRECUENCIA (SI/NON):ALMACEN INTERMEDIO DE ASTILLA (SI/NON):VASO/S DE EXPANSION:MARCA:MODELO:LITROS (l):RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC):TIPO DE MEMBRANA:DEPOSITO DE INERCIA 2 UNIDADES:MARCA:MODELO:PRESIÓN DE TRABALLO (bar):CAPACIDADE (l):Nº SONDAS:ILLAMENTO (SI/NO):TIPO DE ILLAMENTO:

23

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

GRUPO HIDRÁULICOS CIRCUITO PRIMARIO CALDEIRA 1:MARCA:MODELO:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:CAUDAL NOMINAL:GRUPO HIDRÁULICOS CIRCUITO PRIMARIO CALDEIRA 2:MARCA:MODELO:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:CAUDAL NOMINAL:GRUPOS HIDRÁULICOS REDE DISTRIBUCIÓN:MARCA:MODELO/SERIE:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:SILO BIOMASATIPO DE SILO:DIMENSIÓNS DE SILO (m):VOLUME TOTAL DO SILO (m3):VOLUME ÚTIL DO SILO (m3):SISTEMA ENCHIDO SILO DE BIOMASA:MARCA:MODELO:DIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS TOLVADIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS TRANSFERENCIADIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS VERTICALES CAPACIDADE DE ENCHIDO (m3/h):CONEXIÓN ELECTRICA (V, Hz):CHEMINEA CALDEIRA 1MARCA:MODELO:MATERIALDIAMETRO EXTERIOR/INTERIOR (mm/mm):LONXITUDE (m):DOBLE PAREDE (SI/NO):CHEMINEA CALDEIRA 2MARCAMODELOMATERIALDIAMETRO EXTERIOR/INTERIOR (mm/mm):LONXITUDE (m):DOBLE PAREDE (SI/NO):SUBESTACIÓNS DE INTERCAMBIO TÉRMICO

24

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

INTERCAMBIADOR DE CALOR CON PLACAS DE ACEIRO INOXIDABLE SOLDADAS (SI/NO):VÁLVULA CON ACTUADOR ELÉCTRICO CON PASO DE CAUDAL MÁXIMO AXUSTADO PARA EQUILIBRADO HIDRÁULICO (SI/NO):VÁLVULA ANTIRETORNO (SI/NO):VÁLVULA DE CORTE (SI/NO):CONTADOR TÉRMICO HOMOLOGADO. MARCA E MODELO:VÁLVULA DE SEGURIDADE DE DIAFRAGMA (SI/NO):FILTRO DE SUCIDADE E LODOS (SI/NO):TERMÓMETROS (SI/NO):TUBAXES DA REDE DE DISTRIBUCIÓNMARCA:MODELO:MATERIAL TUBAXE SERVIZO:BAREIRA Ó OSÍXENO (SI/NON):RESISTENCIA Á TENSION SEGUNDO DIN 53455 (N/mm2 a 20ºC/80ºC):MÓDULO DE ELASTICIDADE SEGUNDO DIN 53457 (N/mm2 a 20ºC/80ºC):MATERIAL ILLAMENTO:MATERIAL ILLAMENTO LIBRE DE CFC´s (SI/NON):CONDUTIVIDADE TÉRMICA DO ILLAMENTO SEGUNDO DIN 52612 (W/MºK):MATERIAL ENVOLVENTE:

Esta táboa deberá ser acompañada das fichas técnicas dos elementos ofertados. No caso das caldeiras tamén se deberá presentar certificado de homologación. O licitador tamén poderá presentar os catálogos e/ou outras documentación que estime oportuna para a correcta definición dos equipos ofertados.

Esta documentación deberá ser entregada en formato papel e dixital (arquivo pdf) sen protexer e sen límite de extensión.

A falta de presentación desta documentación dentro do sobre B será motivo de exclusión do procedemento. Do mesmo xeito quedará excluído se da súa comprobación se concluíse que non cumpre o prego técnico e o proxecto.

DÉCIMO PRIMEIRA. MESA DE CONTRATACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.

De conformidade co previsto no artigo 320 e na Disposición Adicional Segunda do TRLCSP o órgano de contratación estará asistido por unha Mesa de Contratación que será o competente para a valoración das ofertas.

Esta Mesa estará constituída por:

25

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Presidente: Xefe do servizo de contratación ou persoal que o substitúa.

Secretario: Técnico do servizo de contratación ou persoal que o substitúa.

Vogais:- Titular da Asesoría Xurídica ou persoal que o substitúa.- Interventor xeral ou persoal que o substitúa.- Titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local (Vicesecretaria) ou persoal que o substitúa.- O Secretario Xeral do Pleno ou persoal que o substitúa.- Enxeñeiro municipal de montes ou persoal que o substitúa.

O acto de apertura da documentación incluída no sobre B celebrarase ó primeiro día hábil contado a partires do remate do prazo de presentación de proposicións, procedéndose previamente á apertura e cualificación da documentación administrativa (sobre A). O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo.

No caso de que a apertura do sobre B se realice en día distinto ó sinalado así como nos casos de celebración pola Mesa de Contratación de sesións que deban realizarse en acto público, os licitadores serán convocados mediante inserción da convocatoria no perfil do contratante do Concello de Lugo cunha antelación mínima de 48 horas respecto á data da celebración da sesión.

DÉCIMO SEGUNDA.- CRITERIOS DE VALORACIÓN. PREFERENCIA NA ADXUDICACIÓN.

Os criterios de adxudicación serán os seguintes:

1. OFERTA ECONÓMICA: Ata 25 puntos.

Obterá 25 puntos a proposición da empresa que oferte o prezo máis baixo. Obterán 0 puntos as proposicións das empresas que oferten o prezo de licitación e as restantes valoraranse de xeito directamente proporcional en función da baixa ofertada. A estes efectos, considerarase o prezo ofertado sen ter en conta os valores decimais, que se redondearán ao número enteiro máis próximo. No caso de resultar 0,5 o redondeo efectuarase á cifra superior.

Ningunha oferta se cualificará con valores anormais ou desproporcionados no sentido do recollido no artigo 152 do TRLCSP.

2. -REDUCCIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN. Ata 25 puntos.

26

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

O prazo de execución deste proxecto é de TRINTA (30) días. Obterá 25 puntos a proposición da empresa que oferte o prazo máis baixo, debendo ofertar un número de días para a execución da obra. Obterán 0 puntos as empresas que non oferten reducción de prazo, e as restantes valoraranse de xeito directamente proporcional ao prazo ofertado.

Preferencia na adxudicación en caso de empate:

En aplicación do establecido na disposición adicional cuarta do TRLCSP, establécese a preferencia na adxudicación deste contrato para as proposicións presentadas por empresas públicas ou privadas que no momento de acreditar a súa solvencia técnica teñan na súa plantilla un número de traballadores con discapacidade superior ao 2%, sempre que as ditas proposicións igualen nos seus termos ás máis vantaxosas dende o punto de vista dos criterios que sirvan de base para a adxudicación. Se varias empresas licitadoras das que tivesen empatado en canto á proposición mais vantaxosa acreditan ter relación laboral con persoas con discapacidade nunha porcentaxe superior ao 2 %, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador que dispoña da maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade na súa plantilla.

Así mesmo e de manterse a igualdade terán preferencia na adxudicación deste contrato, en igualdade de condicións coas que sexan economicamente máis vantaxosas, as proposicións presentadas por empresas dedicadas especificamente á promoción e inserción laboral de persoas en situación de exclusión social. Igualmente, resultarán aplicables os criterios establecidos na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

DÉCIMO TERCEIRA. ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.

A adxudicación do contrato será realizada polo órgano competente, a proposta da mesa de contratación. Unha vez seleccionada a oferta economicamente mais vantaxosa segundo os criterios de adxudicación establecidos neste prego, requirirase ao licitador que presentase esta oferta para que, dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel no que recibira o requirimento, presente os correspondentes certificados de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social e de ter constituída a garantía definitiva que sexa procedente.

De conformidade co artigo 146.4 do TRLCSP, o órgano de contratación requirirá ó licitador seleccionado para que, con anterioridade á adopción da proposta de adxudicación e para o caso de que non se presentase a documentación administrativa (apartados 1 a 7 da cláusula décima) dentro do

27

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

sobre A, achegue a documentación acreditativa do cumprimento das condicións esixidas para ser adxudicatario do contrato.

Asimesmo e dentro deste prazo de cinco días hábiles deberá presentar a documentación xustificativa que permita acreditar a disposición efectiva dos medios persoais que se comprometeu a adscribir para a execución do contrato e, particular deberá achegar:

1º.- Escrito asinado polo licitador de disposición efectiva de traballadores coa experiencia esixida nestes pregos para a execución do contrato conforme o seguinte modelo:

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa.........................................................,en calidade de ..................................., coa finalidade de ser adxudicatario do contrato da OBRA DE “ REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) dispoño efectivamente para a execución do contrato dos traballadores que a continuación se indican e declaro baixo a miña responsabilidade que os datos que nesta relación se reflicten son certos e veraces:

RELACIÓN DE TRABALLADORES

Enxeñeiro Superior Industrial: NOME E APELIDOS:

Descrición traballos que acrediten experiencia esixida

Enxeñeiro Superior de montes ou forestal: NOME E APELIDOS:

Descrición traballos que acrediten experiencia esixida

2º.- Copia da titulacións dos técnicos sinalados que acrediten as cualificacións técnicas esixidas na cláusula quinta deste prego de cláusulas administrativas e cirruculum vitae de cada un.

3º.- Compromiso de dispoñibilidade para a execución do contrato asinado polos tódolos traballadores relacionados no documento anterior.

O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar co Concello de Lugo será o de finalización do prazo de presentación das proposicións.

28

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

De non cumprimentarse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a súa oferta, procedéndose nese caso a recabar a mesma documentación ao licitador seguinte, pola orde na que quedaran clasificadas as ofertas.

O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos tres días hábiles seguintes á recepción da documentación.

Unha vez acordada a adxudicación do contrato, notificarase aos candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante.

Na notificación así como no perfil do contratante indicarase o prazo no que debe procederse á formalización do contrato.

Non obstante todo o anterior, a adxudicación deste contrato estará condicionada á incorporación ó expediente administrativo da correspondente resolución con concesión de prórroga que permita executar a obra no prazo de xustificación esixible; de xeito que de non dispoñer dela o Concello podería renunciar á celebración deste contrato. Neste caso os gastos aos que se refire o artigo 155.2 do TRLCSP serán exclusivamente os de preparación material da documentación necesaria para licitar.

DÉCIMO CUARTA. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

A formalización do contrato en documento administrativo efectuarase dentro do prazo máximo de oito días hábiles a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. No caso de que o contrato fora adxudicado a unha agrupación de empresas, deberán estas acreditar a constitución da mesma, en escritura pública, dentro do prazo outorgado para a formalización do contrato.

Previamente á formalización do contrato o adxudicatario deberá achegar o xustificante de aboamento dos gastos dos anuncios e do importe dos impostos, dereitos, taxas, prezos públicos e demais que orixine a licitación e formalización do contrato.

DÉCIMO QUINTA. COMPROBACIÓN DO REPLANTEO.

Dentro do prazo que se consigne no contrato, que non poderá ser superior a QUINCE DÍAS HÁBILES dende a data da súa formalización, o director das obras procederá, en presenza do contratista, a efectuar a comprobación do replanteo feito

29

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

previamente á licitación estendéndose acta do resultado, que será asinada por ámbalas dúas partes interesadas, remitíndose un exemplar da mesma ó órgano que celebrou o contrato.

No poderá iniciarse a obra sen a previa aprobación do Plan de Seguridade e Saúde en virtude do real Decreto 1627/1997 de 24 de outubro polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.A tal efecto e no prazo máximo de quince días naturais dende a formalización do contrato o contratista presentará ante o Concello de Lugo o plan de seguridade e saúde que se pasará a informe do coordinador durante un prazo de sete días naturais. En todo caso o prazo máximo para a aprobación do plan será de un mes dende a sinatura do contrato.

DÉCIMO SEXTA. EXECUCIÓN DO CONTRATO.

1. Os traballos executaranse con estrita suxeición ás cláusulas estipuladas neste prego e no proxecto técnico aprobado polo Concello e conforme as instrucións que, en interpretación técnica deste dera ó contratista a Dirección facultativa ou o responsable do contrato (enxeñeiro/a municipal de montes), que así mesmo terá as facultades de responsable do contrato conforme ao sinalado no artigo 52 do TRLCSP.

O responsable municipal do contrato deberá corrixir inmediatamente calquera incidencia ou desviación na execución que poida supoñer infracción das anteditas regras propoñendo e instruíndo, se fose o caso, o oportuno expediente, por incumprimento contractual, de imposición de penalidades ou de resolución do contrato.

Cando as instrucións fosen de carácter verbal, deberán ser ratificadas por escrito, o máis axiña posible, para que sexan vinculantes ás partes.

2. A modificación deste contrato suxeitarase ó disposto no artigo 219 así como polo disposto no título V do Libro I (artigos 105 a 108), do TRLCSP.

3. Os dereitos e obrigacións dimanantes do contrato poderán ser cedidos a un terceiro sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 226 do TRLCSP e que as calidades técnicas ou persoais do cedente non foran razón determinante da adxudicación do contrato.

4. Faise constar expresamente que a contratación polo adxudicatario da realización parcial do contrato con terceiros estará suxeita ós requisitos establecidos no artigo 227 do TRCSP, así como o pagamento a subcontratistas e subministradores deberá axustarse ó disposto no artigo 228 do TRLCSP.

30

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

DÉCIMO SÉTIMA.- SUBCONTRATACIÓN. CONDICIÓN ESENCIAL DE EXECUCIÓN.

De conformidade co artigo 227 do TRLCSP a empresa contratista non poderá subcontratar prestacións parciais con terceiros que superen o 60% do importe de adxudicación IVE incluído.

O licitador deberá indicar na súa oferta a parte do contrato que teñan previsto contratar, sinalando o importe, o nome e perfil empresarial definido por referencia ás súas condicións de solvencia profesional ou técnicas.

En todo caso o contratista deberá comunicar anticipadamente e por escrito ó Concello de Lugo a súa intención de celebrar subcontratos o seu importe e identidade do subcontratista.

A falta de comunicación da celebración de subcontratos así como a infracción dos requisitos establecidos no artigo 227.2 do TRLCSP dará lugar á imposición de penalidade de ata o 50% do importe do subcontrato.

Aos efectos do artigo 223.h) del TRLCSP faise constar que a falta de pagamento a provedores e subcontratistas para a execución desta obra poderá dar lugar á resolución deste contrato.

De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP o Concello de Lugo poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos do contratista cos seus subcontratistas e subministradores. En consecuencia o contratista está obrigado a pagar ós subcontratistas e/ou subministradores os prezos pactados nos prazos legalmente establecidos e xustificar esta circunstancia ó Concello de Lugo cando así se requira. Esta obriga ten a consideración de condición esencial de execución e o seu incumprimento dará lugar á imposición de penalidades previstas neste prego así como á resolución do contrato de conformidade co articulo 223.h) del TRLCSP.

A subcontratación de prestacións obxecto do contrato por parte do contratista non poderá ser causa para eludir o cumprimento por parte deste último das condicións especiais de execución nin de ningunha obriga establecida nos pregos reguladores da contratación.

O contratista principal asumirá a total responsabilidade da execución do contrato fronte ao Concello, conforme ao estipulado nos pregos e nos termos do contrato, e neste sentido e respecto das subcontratacións que puideran concertarse será o responsable último do cumprimento polos subcontratistas das obrigas impostas nas disposicións vixentes en materia laboral en particular o pagamento dos salarios e cotizacións a que veña obrigado, así como a cumprir as obrigas en materia de

31

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

seguridade social e de seguridade e Hixiene no traballo impostas nas disposicións vixentes. As obrigas establecidas neste parágrafo configúranse como condicións especiais de execución ás que se lles atribúe carácter de obrigas contractuais esenciais de conformidade co artigo 118, podendo dar lugar o seu incumprimento á resolución do contrato ou á imposición de penalidades.

Así mesmo, en relación cos contratos de obras lémbrase ao contratista o necesario cumprimento da Lei 32/2006 de 18 de outubro reguladora da subcontratación no Sector da Construcción.

DÉCIMO OITAVA.- GASTOS. CARTEL ANUNCIADOR. OBRIGAS DE DIFUSIÓN E DIVULGACIÓN.

18.1.- Os gastos de anuncios de licitación serán por conta do contratista (o importe indícase no propio anuncio) . O contratista estará así mesmo obrigado ó pagamento de tódolos xéneros de tributos estatais, locais e autonómicos e a solicitar a concesión das autorizacións e licenzas que lle fosen necesarias das administracións ou organismos públicos ou privados, e serán da súa conta as xestións e gastos que se ocasionen.

Malia o exposto anteriormente o adxudicatario non estará suxeito ao pagamento da taxa por ocupación da vía pública municipal que sexa estritamente necesaria para a execución da obra contratada e que corresponda ao espazo recollido no plan de seguridade e saúde presentado polo adxudicatario e aprobado polo Concello o que leva implícita a autorización para a súa ocupación.

18.2.- Durante a execución das obras será necesario instalar nun lugar ben visible para o público un cartel ou placa informativa que estará durante un prazo de tres meses dende a finalización do proxecto e indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Prepararase de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión de conformidade co artigo 115 punto 4 do Regulamento 1303/2013 e conforme ás indicacións que dea o responsable do contrato.

18.3.- O adxudicatario deberá colaborar co Concello de Lugo na difusión do proxecto e asumirá as seguintes obrigas:

- Realizar un anuncio en dous diarios de prensa escrita de difusión local unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 3 meses da data de certificación final. O tamaño mínimo do anuncio debera ser media páxina en páxina par, cun deseño co visto e prace do responsable do contrato.

- Anuncio en revista especializada en bioenerxía (Bioenergy International ou similar) unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 6 meses da data de certificación final. Poderá ser un anuncio a media páxina ou ben un artigo cunha

32

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

extensión mínima dunha páxina, ambos cun deseño co visto e prace e co-autoría do Responsable do contrato.

- Instalación de panel LED contabilizador en tempo real de emisións de CO2 evitadas, conectado ó sistema de monitorización instalado, e no lugar indicado polo Responsable do contrato. O tamaño do panel LED será tal que poida ser perfectamente lexible dende unha distancia de 50 metros.

- Divulgación do proxecto mediante medios gráficos (carteis, presentación multimedia, maquetas, etc) en stand na primeira edición tras a execución do proxecto de dúas feiras, unha a nivel galego (Feira Semana Verde de Silleda ou Feira da Enerxía de Galicia) e unha a nivel nacional (Feira Internacional Expobiomasa de Valladolid). O material gráfico contará cun deseño co visto e prace do Responsable do contrato. (2 puntos)

- Xestión documental para a inclusión da instalación no proxecto Clima e/ou similares, para a bonificación de emisións de CO2, sempre de acordo co Responsable do contrato.

As obrigas desta cláusula (18.2 e 18.3) teñen a consideración de condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á imposición de penalidades previstas neste prego así como á resolución do contrato de conformidade co articulo 223.h) del TRLCSP.

DÉCIMO NOVENA. CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS SOCIAIS E LABORAIS. OBRIGAS CONTRACTUAIS ESENCIAIS. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN CON CARÁCTER DE OBRIGAS CONTRACTUAIS ESENCIAIS.

19.1.- O/os contratista/s están obrigados a cumprir as obrigas impostas nas disposicións vixentes en materia laboral, en particular o pagamento dos salarios e cotizacións a que veña obrigado, así como a cumprir as obrigas en materia de seguridade social e de seguridade e Hixiene no traballo impostas nas disposicións vixentes. As obrigas establecidas neste parágrafo configúranse como condicións especiais de execución ás que se lles atribúe carácter de obrigas contractuais esenciais de conformidade co artigo 118, podendo dar lugar o seu incumprimento á resolución do contrato ou á imposición de penalidades.

Para o cumprimento desta obriga deberá manter actualizado en todo momento ao longo da vida do contrato os correspondentes certificados de atoparse ao corrente coa Seguridade Social e coa Administración Tributaria estatal que se presentarán, cando sexa procedente, xunto coas correspondentes facturas para a súa tramitación polo responsable do contrato.

33

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Asimesmo poderá esixirse calquera documentación que o Concello estime oportuna para a comprobación do cumprimento das obrigas laborais e demais sinaladas.

A autorización para acceder ós datos de carácter persoal que consten na Seguridade Social así como na Axencia Estatal da Administración Tributaria que se achegará polo contratista previamente á formalización do contrato non escusará da obriga de presentar os certificados anteriormente sinalados.

19.2.- A Lei 31/95, de prevención de riscos laborais, o R.D. 39/97 que aproba o Regulamento dos servizos de prevención, a normativa concordante e complementaria que a desenvolve e especificamente o R.D. 1627/97, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, obrigan á contrata como empresa a elaborar e conservar a disposición da autoridade laboral, a seguinte documentación:

- Avaliación dos riscos para a seguridade e saúde no traballo e planificación da acción preventiva.

- Medidas de protección e de prevención que se van adoptar e material de protección que deba empregarse.

- Resultado dos controis periódicos das condicións de traballo e da actividade dos traballadores, de acordo co disposto no terceiro parágrafo da alínea 1, do artigo 16 da Lei 31/95.

- Práctica dos controis do estado de saúde dos traballadores previstos no artigo 22 da Lei 31/95 e conclusións obtidas nestes, nos termos recollidos no último parágrafo da alínea 4 do citado artigo.

- Relación dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais que lle causaran ó traballador unha incapacidade laboral superior a un día de traballo.

Deberá, ademais do sinalado anteriormente:- Redactar o Plan de seguridade e saúde, de acordo co R.d. 1627/97, que será

aprobado polo coordinador en materia de seguridade e saúde na fase de execución ou pola dirección facultativa, en ausencia deste.

- Manter unha organización de prevención, mediante calquera das modalidades indicadas no R.d. 39/97, contando obrigatoriamente (salvo que concerte cun servizo de prevención alleo, e neste caso sería só recomendable) cun traballador designado cunha formación mínima de 50 horas (nivel básico), (o criterio, no escrito, ata a data de redacción deste texto, é que un traballador con formación de nivel básico non pode facer avaliacións de riscos en empresas do Anexo I do R.D. 39/97, polo que habería que concertar cun servizo de prevención alleo ou contratar a un técnico de nivel superior ou intermedio), ó que o coordinador en materia de seguridade e saúde na fase de execución da obra ou a dirección facultativa, en ausencia deste, transmitirá por escrito, a través do Libro de ordes, do Libro de incidencias ou, en ausencia deste, de

34

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

calquera outro medio que acredite de xeito fidedigno a comunicación realizada, toda deficiencia que sexa detectada en materia de seguridade e saúde, aínda cando a responsabilidade directa deste control recaia sobre a organización de prevención da empresa contratista.

- A empresa contratista deberá contar cun plan de emerxencia, de acordo co artigo 20 da Lei 31/95, no que se analizarán as posibles situacións de emerxencia e se adoptarán as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación do persoal ó seu servizo. Para isto designará o persoal encargado de poñer en práctica estas medidas coa formación axeitada, suficiente en número, dispoñendo de material axeitado e comprobando periodicamente o correcto funcionamento das medidas adoptadas. Ademais, o empresario contratista deberá organizar as relacións que sexan necesarias con servizos externos á empresa, en particular en materia de primeiros auxilios, asistencia médica de urxencia, salvamento e loita contra incendios, de xeito que quede garantida a rapidez e eficacia das destas, no suposto en que os medios propios non sexan suficientes.

♦ Coordinación de actividades empresariais.No suposto de realización de actividades mediante subcontratas:

− O empresario principal deberá vixiar o cumprimento da normativa de Prevención de Riscos Laborais.

− O empresario principal deberá informar sobre a utilización, manipulación, riscos e medidas de protección e prevención ós contratistas e subcontratistas cando estes operen con maquinaria, equipos, produtos, materias primas ou útiles proporcionados pola empresa principal, pero fóra do seu centro de traballo.

♦ Ademais, a empresa contratista, con relación ó artigo 18 da Lei 31/95, deberá redactar unha normativa interna, que distribuirá ós seus traballadores e que conterá as informacións necesarias relacionadas con:

− Os riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores no traballo, tanto aquilo que afecta á empresa no seu conxunto como a cada tipo de posto de traballo ou función.

− As medidas e actividades de protección e prevención aplicables ós riscos sinalados no parágrafo anterior.

− As medidas adoptadas de conformidade co disposto no artigo 20 (medidas de emerxencia) da Lei 31/95.

♦ Antes do comezo da obra, a empresa contratista achegará a documentación sinalada nos parágrafos anteriores, que será comprobada polo Coordinador en materia de seguridade e saúde na fase de execución da obra ou pola dirección

35

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

facultativa, en ausencia do Coordinador, o cal emitirá un informe que, posteriormente, por referirse a obras da Administración pública será aprobado polo órgano competente, como nos indica o R.D. 1627/97 no seu artigo 7, alínea 2.

♦ De igual xeito, comprobarase a alta dos traballadores no réxime da Seguridade Social e que a empresa está o corrente do pago das cotas, e informarase da posible existencia de traballadores procedentes de empresas de traballo temporal, actualmente prohibidos en obras de construción, ou autónomos.

♦ Sinalarase a forma do aboamento das partidas do orzamento do Plan de seguridade e saúde que será incluído expresamente nos pagos que realicen por certificación de obra.

Xúntase ANEXO I ó presente prego para que sexa cuberto pola empresa e enviado ó Concello.

O incumprimento das obrigas sinalada nesta cláusula ou calquera outra que lle veña imposta polo carácter de empregador ou a infracción das disposicións sobre seguridade por parte do persoal técnico designado por él non implicará responsabilidade ningunha para a Administración contratante. En calquera caso, o contratista indemnizará ó Concello de Lugo por toda cantidade que se vira obrigada a pagar por incumprimento das obrigas establecidas nesta cláusula xa se impoña por resolución xudicial ou administrativa.

19.3.- O/os contratista/s adxudicatario deberá acreditar, cando sexa requirido polo responsable do contrato, o cumprimento da obriga sinalada no artigo 42 do Real Decreto Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social que esixe ás empresas con 50 ou máis traballadores ao cumprimento da obriga de ter empregados, durante a vixencia do contrato, traballadores con discapacidade nun 2%, polo menos, da plantilla da empresa.

En caso de ser requirido, a empresa achegará un certificado no que conste o número de traballadores en plantilla e a porcentaxe de traballadores con discapacidade podendo ser requirido para a presentación doutra documental a maiores que se estime necesaria para comprobar o cumprimento desta obriga.

A obriga establecida neste parágrafo configúrase como condición especial de execución á que se lle atribúe carácter de obriga contractual esencial de conformidade co artigo 118 cuxo incumprimento poderá dar lugar á resolución do contrato ou á imposición de penalidades.

19.4.- O contratista non poderá modificar as condicións salariais -nin á baixa nin á alza- dos traballadores por decisión unilateral da empresa, agás que esta

36

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

modificación sexa consecuencia dun proceso de negociación colectiva coas consecuencias sobre o prezo do contrato que de seguido se establecen. No caso de que a aprobación dun novo convenio sectorial supuxese unha diminución dos custos salariais, o Concello procederá á redución do prezo do contrato, tras a elaboración do oportuno estudio económico. Terá a consideración igualmente de causa que pode dar lugar a unha modificación prevista do contrato o feito de que durante a execución deste contrato fose negociado e aprobado un novo convenio colectivo na empresa contratista que supuxese unha diminución do custo do persoal adscrito á execución do contrato respecto ó convenio colectivo de aplicación pola empresa no momento da licitación do contrato. Neste caso, o Concello procederá á redución do prezo do contrato, tras a elaboración do oportuno estudio económico.

A obriga establecida neste apartado configúrase como unha condición especial de execución de conformidade co artigo 118 do TRLCSP e ó que se lle atribúa carácterde obriga contractual esencial dando lugar o seu incumprimento á resolución do contrato (artigo 223.f) ou ben á imposición de penalidades (artigo 212).

Ademais das condicións especiais de execución anteriormente sinaladas, aos efectos do establecido no artigo 223.f) do TRLCSP as restantes obrigas establecidas nesta cláusula teñen o carácter de obrigas contractuais esenciais e o seu incumprimento dará lugar a resolución.

Asimesmo poderá esixirse calquera documentación que o Concello estime oportuna para a comprobación do cumprimento das obrigas laborais e demais sinaladas.

VIXÉSIMA. RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.

O adxudicatario asumirá a total responsabilidade da execución do contrato fronte ó Excmo. Concello de Lugo, axustándose estritamente a este prego, á memoria técnica e demais aspectos contractuais, así como o previsto no TRLCSP e nestes pregos en relación coa subcontratación de calquera tipo de servizos, obras ou actividades propias desta.

O persoal propio da empresa adxudicataria non terá vinculación laboral, administrativa nin de calquera outra modalidade co Excmo. Concello de Lugo.

Para os efectos da responsabilidade que puidese derivarse para o adxudicatario por danos fronte a terceiros, por causa imputable á empresa ou a calquera dos seus elementos adscritos ó contrato, presentarase, previamente á formalización do contrato administrativo, seguro de responsabilidade civil para a cobertura dos riscos que puidesen derivarse da relación contractual co Excmo. Concello de Lugo.

Malia o anterior, o contratista non será responsable dos danos e perdas ocasionados cando sexan consecuencia dunha orde directa da Administración.

37

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

O contratista adxudicatario estará obrigado a gardar sixilo sobre o contido do contrato e a non facer uso dos datos que coñeza ou dos que dispoña, para outras finalidades distintas do obxecto da contratación.

VIXÉSIMO PRIMEIRA. RECEPCIÓN. PRAZO DE GARANTÍA. PAGAMENTO.

Ó remate das obras subscribirase a oportuna acta de recepción, sendo o período de garantía, como mínimo de UN ANO (doce meses) contados a partires da data da sinalada acta.

Ó tempo da recepción comprobarase en particular o cumprimento polo contratista das seguintes obrigas:

- O despexe final das obras, debendo o contratista restituír á súa situación inicial as zonas afectadas polas obras e non ocupadas por elas.

- O cumprimento non defectuoso do contrato.- O cumprimento das condicións especiais de execución.

O pagamento efectuarase mediante certificación e factura única unha vez presentadas as correspondentes certificacións polo Director facultativo do contrato, e conformadas polo responsable municipal se o houbese e se nomease, así como polo concelleiro delegado da Área de Educación e Infraestructuras Urbanas.

No caso de ser requirida a presentación de determinada documentación, conforme ao estipulado na cláusula décimo sexta e décimo oitava, para a comprobación do cumprimento de obrigas contractuais, ésta deberá ser aportada no prazo sinalado no requirimento, non entendéndose debidamente presentadas as facturas posteriores ao remate deste prazo, que por conseguinte serán devoltas sen tramitar, sen prexuízo doutras accións que poidan corresponder.

As facturas presentaranse en formato electrónico a través do Punto Xeral de Entrada das Facturas Electrónicas dirixidas a este Excmo. Concello de Lugo configurado na plataforma electrónica ”FACe: Punto General de Entrada de Facturas electrónicas”, da Secretaría de Estado das Administracións Públicas, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Os códigos asinados ó Concello de Lugo e que deberán terse en conta para a emisión da factura son os seguintes:

Oficina Contable: L01270288 Excmo. Concello de Lugo.Órgano Xestor: LA0005488. Desenvolvemento Sostible e Persoal.Unidade Tramitadora: LA0005571 Medio Ambiente.

38

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Ós efectos sinalados no artigo 218 do TRLCSP, entenderase cumprida a notificación fehaciente do acordo de cesión relativa á transmisión do dereito de cobro, previa solicitude expresa do interesado, pola toma de razón dos responsables municipais no documento xustificativo do gasto debidamente aprobado polo órgano competente.

VIXÉSIMO SEGUNDA.- PENALIDADES.

Impoñeranse penalidades ó contratista cando incorra nalgunha das causas previstas a continuación:

a) Por incumprimentos contractuais ou cumprimento defectuoso.

Poderanse impoñer penalidades polos incumprimentos das condicións esenciais de execución así como das obrigas contractuais esenciais establecidas nas cláusula décimo sétima , décimo oitava e décimo novena destes pregos, polo incumprimento das condicións establecidas na memoria técnica de execución da obra así como pola reiterada obstrución ou falla de colaboración para facer efectivas as facultades de dirección, inspección e supervisión da obra recoñecidas a esta Administración previamente advertidas por escrito.

- Como regra xeral, a súa contía será un 1% do importe de adxudicación do contrato (IVE incluído), agás que, motivadamente, o órgano de contratación estime que o incumprimento é grave ou moi grave, podendo neste caso acadar ata un 5% ou ata o máximo legal do 10%, respectivamente. A reiteración no incumprimento poderá terse en conta para valorar a gravidade.

En todo caso, a imposición das penalidades non eximirá ó contratista da obriga que legalmente lle incumbe en canto á reparación dos defectos. b) Por incumprir as obrigas, condicións e demais requisitos para a subcontratación establecidos no artigo 227 do TRLCSP.

O importe da penalidade será de ata o 50% do importe do subcontrato.

c) Por demora. Cando o contratista, por causas que lle foran imputables incorrese en demora en relación co prazo total de execución estarase ó disposto no artigo 212 do TRLCSP en canto á imposición destas penalidades se ben o importe das penalidades diarias será en proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato.

En todo caso, se como consecuencia do incumprimento por parte do contratista das condicións de execución ou do prazo de execución ofertado se perdese total ou parcialmente a subvención concedida polo INEGA para o

39

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

financiamento desta actuación, o contratista indemnizará ó Concello de Lugo pola cantidade igual á perdida.

En todo caso, a imposición das penalidades non eximirá ó contratista da obriga que legalmente lle incumbe en canto á reparación dos defectos.

As penalidades faranse efectivas mediante dedución das cantidades que deban aboarse ó contratista ou sobre a garantía definitiva cando non podan deducirse das certificacións correspondentes.

VIXÉSIMO TERCEIRA. EXTINCIÓN DO CONTRATO.

Ademais de polo seu cumprimento, o contrato poderá extinguirse polas causas previstas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP, así como polo incumprimento por parte do adxudicatario das estipulacións contidas no prego de cláusulas administrativas, no prego de prescricións técnicas do proxecto e nos documentos que teñen carácter contractual que se sinalan na cláusula segunda, incluído o incumprimento do prazo total ou dos prazos parciais do proxecto.

Ós efectos do artigo 223.f), considéranse obrigas contractuais esenciais, podendo dar lugar o seu incumprimento á resolución do contrato, as obrigas e condicións sinaladas na cláusula décimo sétima , décimo oitava e décimo novena deste prego. Así mesmo poderá dar lugar á resolución do contrato a reiterada obstrución ou falla de colaboración para facer efectivas as facultades de dirección, inspección e supervisión da obra recoñecidas a esta Administración previamente advertidas por escrito.

A los efectos del articulo 223.h) del TRLCSP faise constar que a falta de pagamento a provedores e subcontratistas para a execución desta obra poderá dar lugar á resolución deste contrato.

A Administración estará facultada para proceder á resolución do contrato polas causas sinaladas no parágrafo anterior e cos efectos previstos nos artigos 224, 225 e 239 do TRLCSP.

Para os efectos de resolución do contrato incoarase un procedemento contraditorio no que se lle outorgue audiencia ó contratista para os efectos de formulación de alegacións e presentación de cantos documentos estime conveniente en defensa dos seus dereitos.

A resolución do contrato por incumprimento do contratista implicará a incautación da garantía definitiva sen prexuízo da indemnización, no seu caso, polos danos e prexuízos causados, no que excedan do importe da garantía definitiva.

VIXÉSIMO CUARTA.- RÉXIME DE RECURSOS.

40

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Contra os actos que se relacionan no artigo 40 do TRLCSP relativos a contratos que non sexan susceptibles de recurso especial en materia de contratación por non atoparse nos supostos descritos no dito artigo, e de conformidade co establecido nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, caberá a interposición do recurso potestativo de reposición, no prazo de un mes, contado a partir do seguinte ó da notificación ou publicación do acto ante a Xunta de Goberno Local, ou ser impugnados directamente ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.

ANEXO I

DOCUMENTACIÓN GABINETE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

DATOS:

EMPRESA:

ENDEREZO:

LOCALIDADE: PROVINCIA:

PERSOA DE CONTACTO:

TELÉFONO: FAX:

MODALIDADE DE ACTIVIDADE PREVENTIVA

1º CONCERTO CON SERVIZO DE PREVENCIÓN ALLEO OU MUTUA

NOME:

ENDEREZO:

LOCALIDADE: PROVINCIA:

PERSOA DE CONTACTO:

TELÉFONO: FAX:

ESPECIALIDADES CONTRATADAS:

PERÍODO DE VIXENCIA DO CONCERTO:

41

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

* XUNTAR O CERTIFICADO DE QUE SE REALIZOU A AVALIACIÓN E O PLAN DE ACCIÓN ASÍ COMO A INFORMACIÓN E FORMACIÓN DOS TRABALLADORES.

2º COMO MEMBRO DO SERVIZO MANCOMUNADO * Xuntar a acta de constitución.

3º TRABALLADOR DESIGNADO Nome e apelidos: Cargo:

NOME EMPRESARIO: SELO DA EMPRESADNI:SINATURA:DATA:

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE VIXENCIA DOS DATOS ANOTADOS NO REXISTRO DE LICITADORES DE PRESENTACIÓN OBRIGATORIA XUNTO COA CERTIFICACIÓN DE INSCRICIÓN REXISTRAL.

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa........................................................., inscrita no Rexistro de Licitadores de ……………………. (indicar o Rexistro) co n.º ..................................., en calidade de ..................................., co obxecto de participar na CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) declara baixo a súa responsabilidade:

1º.- Que as circunstancias e datos desta empresa que constan no Rexistro de Licitadores ………………………………. (indicar cal é o rexistro) non experimentaron variación en ningunha das súas circunstancias e que se corresponden coa certificación do Rexistro que se achega a esta declaración.

2º.- Que os datos desta empresa que constan no Rexistro de Licitadores referentes a:1. ………………………………………………………………………….2. ………………………………………………………………………….3. ………………………………………………………………………….sufriron alteración segundo se acredita mediante os documentos que se achegan a esta declaración e que estas circunstancias foron comunicadas ó Rexistro con data ............................................, manténdose o resto dos datos sen alteración algunha respecto do contido da certificación do Rexistro.

42

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

3º.- Que a empresa que represento atópase ó corrente coas obrigas tributarias co Excmo. Concello de Lugo.

4º.- Así mesmo autorizo ó órgano de contratación a recabar os datos que obren en poder da Administración que fosen necesarios para comprobar a veracidade das declaracións realizadas.

En ................................., a ....... de .............................. de 2016.

Asdo.:

Nota: As opcións 1º e 2º son incompatibles entre si, sinale soamente a que corresponda.

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE (só para os casos de non acreditar os requisitos mediante certificado de inscrición en Rexistro de licitadores).

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa.........................................................,en calidade de ..................................., co obxecto de participar na CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) declaro baixo a miña responsabilidade:

Que o asinante desta declaración como a compañía mercantil á que represento es os administradores e representantes da mesma teñen plena capacidade de obrar e non se atopan comprendidos en ningunha das causas de prohibición para contratar co Concello de Lugo, enumeradas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Que a empresa se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias (coa Administración do Estado, co Concello de Lugo, así como de alta no Imposto de Actividades Económicas, e ó corrente do seu pagamento, no seu caso), e coa Seguridade Social establecidas polas disposicións vixentes. Todo elo sen prexuízo de que en caso de ser seleccionado a xustificación fehaciente de tales requisitos se presentará antes da adxudicación no prazo concedido para esto.

Asimesmo, declara que non está incurso en ningunha das causas ás que se refiren a Lei 12/1995, do 11 de maio, a Lei 9/1996, do 18 de outubro, sobre incompatibilidades de altos cargos, lei 5/2006, de 10 de abril, de regulación dos

43

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

conflictos de interese dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, a Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, a lei 5/1985, do 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, nos termos establecidos nas mesmas, ou en calquera outra norma de aplicación na materia.

En último termo, declara que coñece o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o de Prescricións Técnicas que serven de base ao presente procedemento de contratación, e que os acepta total e incondicionalmente, así como que é coñecedor das responsabilidades nas que incorrería no caso de falsidade do anteriormente manifestado.

Así mesmo autorizo ó órgano de contratación a recabar os datos que obren en poder da Administración que fosen necesarios para comprobar a veracidade das declaracións realizadas.................................,......... de.............................. de................(Lugar, data e sinatura do licitador)

ANEXO IV

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS LEGAL E CONTRACTUALMENTE ESTABLECIDAS PARA PODER CONTRATAR CO CONCELLO DE LUGO.

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa........................................................., co obxecto de participar na CONTRATACIÓN DA OBRA DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) declaro baixo a miña responsabilidade:

1º.- Que o asínante desta declaración como representante da empresa así como a compañía mercantil á que represento reúne tódolos requisitos legalmente establecidos para poder contratar co Concello de Lugo o servizo de referencia, en particular o cumprimento dos requisitos de capacidade e solvencia económica e técnica esixibles na Lei* e no prego de cláusulas administrativas para poder ser adxudicatario do contrato de referencia. Dispoñendo así mesmo da correspondente autorización como empresa “Instaladora, reparadora, mantedora e conservadora de instalacións térmicas de Edificios”.

* En caso de basearse a solvencia en capacidade doutras empresas (integración da solvencia por medios externos) deberá identificar a dita entidade.

44

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

2º.- Que o asinante desta declaración como a compañía mercantil á que represento e os administradores e representantes da mesma teñen plena capacidade de obrar e non se atopan comprendidos en ningunha das causas de prohibición para contratar co Concello de Lugo, enumeradas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

3º.- Que a empresa se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias (coa Administración do Estado, co Concello de Lugo, así como de alta no Imposto de Actividades Económicas, e ó corrente do seu pagamento, no seu caso), e coa Seguridade Social establecidas polas disposicións vixentes.

4º.- Que non está incurso en ningunha das causas ás que se refiren a Lei 12/1995, do 11 de maio, a Lei 9/1996, do 18 de outubro, sobre incompatibilidades de altos cargos, Lei 5/2006, de 10 de abril, de regulación dos conflictos de interese dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, a Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Lei 5/1985, do 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, nos termos establecidos nas mesmas, ou en calquera outra norma de aplicación na materia.

5º.- Que o asinante desta declaración, a compañía mercantil á que represento e os administradores e representantes da mesma non interviñeron en negociación e/ou acordo algún para falsear a competencia e que non ten coñecemento da existencia dun posible conflicto de intereses debido a súa participación neste procedemento de contratación.

6º.- Que o convenio colectivo que será de aplicación aos traballadores vinculados ao contrato no caso de resultar adxudicatario será o seguinte: ............................................................................................................., así mesmo, comprométese a facilitar canta información sexa requirida sobre as condicións de traballo aplicadas efectivamente aos mesmos.

7º- Que asumo durante a vixencia do contrato a obriga de ter empregados traballadores discapacitados nun 2 por 100 polo menos da plantilla da empresa, se ésta acada un número de 50 ou máis traballadores, de acordo co artigo 38.1 da Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración Social de Minusválidos ou a obriga de adoptar as medidas alternativas establecidas no R.D. 364/2005, de 8 de abril.(No caso de ter optado polo cumprimento das medidas alternativas deberán achegar xunto con esta declaración responsable unha copia da declaración de excepcionalidade e unha declaración do licitador das medidas concretas aplicadas a tal efecto.) e que acreditarei o cumprimento da dita obriga cando sexa requirido para elo e en calquera momento durante a vixencia do contrato, mesmo antes da devolución da garantía definitiva.

45

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

En último termo, declara que coñece o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o de Prescricións Técnicas que serven de base ao presente procedemento de contratación, e que os acepta total e incondicionalmente, así como que é coñecedor das responsabilidades nas que incorrería no caso de falsidade do anteriormente manifestado.

Así mesmo autorizo ó órgano de contratación a recabar os datos que obren en poder da Administración que fosen necesarios para comprobar a veracidade das declaracións realizadas.

Todo elo sen prexuízo de que en caso de ser seleccionado a xustificación fehaciente de tales requisitos se presentará antes da adxudicación no prazo concedido para isto.

...............................,......... de.............................. de................(Lugar, data e sinatura do licitador)

ANEXO V

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE RELATIVA Á OBRIGA DE TER TRABALLADORES/AS CON DISCAPACIDADE EN PLANTILLA.

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa........................................................., inscrita no Rexistro de Licitadores co n.º ..................................., en calidade de ..................................., co obxecto de participar na CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) baixo a miña responsabilidade:

1º.- Que asumo durante a vixencia do contrato a obriga de ter empregados traballadores discapacitados nun 2 por 100 polo menos da plantilla da empresa, se ésta acada un número de 50 ou máis traballadores, de acordo co artigo 42 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, ou a obriga de adoptar as medidas alternativas correspondentes.*

* No caso de ter optado polo cumprimento das medidas alternativas deberán achegar xunto con esta declaración responsable unha copia da declaración de excepcionalidade e unha declaración do licitador das medidas concretas aplicadas a tal efecto

46

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

2º.- Que acreditarei o cumprimento da dita obriga cando sexa requirido para elo e en calquera momento durante a vixencia do contrato, mesmo antes da devolución da garantía definitiva.

...............................,......... de.............................. de................(Lugar, data e sinatura do licitador)

ANEXO VICOMPROMISO DE ADSCRICIÓN DE MEDIOS PERSOAIS

D./D.ª ...........................co D.N.I. n.º: ........................................, en nome propio ou en representación da empresa.........................................................,en calidade de ..................................., co obxecto de participar na CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020 (EXPTE REF. 41- 2017) comprométome a adscribir á execución do contrato os enxeñeiros coas titulacións e experiencia esixidas na cláusula quinta do prego de cláusulas administrativas

En ............................ a ....... de .............................. de 2017

Asdo.:

ANEXO A“PRESENTACIÓN DE PLICAS”

DATOS DO LICITADOR

NOME DA EMPRESA (Se é empresario individual indicar nome e apelidos)

ENDEREZO:

TELÉFONO: CORREO ELECTRÓNICO: DOCUMENTO DE IDENTIDADE:

DNI/NIF TARXETA PASAPORTE NIE

NÚMERO LETRA

Autorízolle ao Concello de Lugo para que me informe mediante SMS ou correo electrónico do estado desta solicitude así como doutro tipo de avisos relacionados que me poidan resultar de interese. O enderezo para os efectos de notificación será o consignado na solicitude como actual.

47

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

REPRESENTANTE LEGAL (só no caso de que a persoa interesada actúe por medio de representación legal):

NOME: 1º APELIDO: 2º APELIDO:

DOC. IDENTIDADE: TELÉFONO: CORREO ELECTRÓNICO:

DOCUMENTO QUE ACREDITA A REPRESENTACIÓN:

PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN AO CAL CONCORRE

EXPTE. REF.: 41-2017

DENOMINACIÓN: CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DE A MILAGROSA” COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALIZA 2014-2020

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA:

SOBRE A: documentación administrativa.SOBRE B: oferta económica e suxeita a criterios avaliables automaticamente

Lugo, _________de ___________deA PERSOA INTERESADA OU REPRESENTANTE

En cumprimento do disposto pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o Concello de Lugo infórmaa/o de que os datos persoais obtidos deste documento serán incorporados a un ficheiro, do que é responsable o Concello de Lugo, coa única finalidade de levar a cabo as actuacións administrativas que, de ser o caso, se deriven da súa solicitude ou para realizar comunicacións do seu interese para os efectos informativos. Se o desexa, pode acceder aos datos facilitados, así como solicitar, se é o caso, a rectificación, oposición ou cancelación, nos termos establecidos na lei indicada, comunicándollo a este Concello.”

“PREGO DE CLAÚSULAS TÉCNICAS PARTICULARES DO PROXECTO “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA”.

INDICE1.-OBXECTO DO CONTRATO................................................................................492.-RELACIÓN DE ACTUACIÓNS QUE SE ENGLOBAN DENTRO DO PRESENTE PREGO...................................................................................................503.-DURACIÓN...........................................................................................................514.-TRABALLOS QUE COMPRENDE O PREGO. INSTALACIÓN.......................51

4.1.-Deseño e execución dos traballos propostos...................................................524.2.-Central térmica................................................................................................524.3.-Equipos de xeración térmica...........................................................................534.4.-Sistema de enchido de silos............................................................................54

48

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

4.5.-Equipos hidráulicos.........................................................................................544.6.-Rede de distribución.......................................................................................554.7.-Equipos de intercambio de calor.....................................................................554.8.-Equipos de medida e control...........................................................................564.9.-Sistema de monitorización e xestión..............................................................56

5.-MEDIOS MATERIAIS E HUMÁNS QUE DEBERÁ DISPOÑER O CONTRATISTA-ADXUDICATARIO......................................................................596.-HORARIO E ORGANIZACIÓN DOS TRABALLOS.........................................597.-SUPERVISIÓN E CONTROL DOS TRABALLOS.............................................598.-BASE ECONÓMICA DO CONTRATO...............................................................599.-VALORACIÓN E PAGO DOS TRABALLOS.....................................................6010.-DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR.................................................................60

10.1.-OFERTA DE EXECUCIÓN........................................................................6010.2.-CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPOS.......................................................60

11.-Medidas de DIFUSIÓN E divulgación das prestacións contratadas....................6412.-Anexo I.................................................................................................................64

1.- OBXECTO DO CONTRATO.É obxecto deste contrato a execución do proxecto “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA”.Con esta actuación preténdense acadar os seguintes OBXECTIVOS:

- Empregar un sistema de calefacción e AQS innovador de alto nivel técnico e excelente en termos de sustentabilidade.

- Substituír os combustibles fósiles actualmente empregados (gas natural e gasóleo) nos edificios municipais do Parque da Milagrosa, por un combustible non contaminante, acadando unha redución de emisións de CO2, xa que a biomasa está considerada coma un combustible neutro en emisións de CO2 xa que procede de fontes renovables.

- Eliminar riscos por combustibles fósiles inflamable nos edificios municipais do Parque da Milagrosa, eliminando tamén (ruídos polo funcionamento de equipos) e olores (almacenamento de gasóleo).

- Acadar un aforro enerxético, xa que a distribución centralizada de enerxía térmica con tubaxes de alta eficiencia, xunto co grao simultaneidade dos edificios conectados, permite obter un maior rendemento dos xeradores de calor.

- Empregar un combustible local, o que repercute na xeración de emprego local e fai diminuír o déficit exterior na mesma medida na que substitúa ós combustibles fósiles (gas natural ou gasóleo), que son na súa totalidade importados.

- Evitar facer hasta 7 inversións individuais para a modernización das instalacións existentes, que nalgúns casos xa acadaron a súa vida útil. Este aspecto é especialmente importante, xa varios edificios, pola súa pauta de

49

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

consumo enerxético, necesitan unhas instalacións térmicas de elevada potencia en proporción cos seus consumos.

- Acadar un aforro económico pola redución dos custes finais, xa que unha única central de produción térmica con biomasa, no lugar de 7 instalacións individuais, implica:

o Menores custes de amortización de equipos, no suposto de renovación das instalacións.

o Menores custes de combustible.o Menores custes de xestión.o Menores custes de mantemento.o Menores custes de avarías.

- Unificación de contratos da administración local, xa que se pasará de 7 subministracións de combustible e 7 contratos de mantemento a un único subministrador.

O presente contrato contén a seguinte codificación:Código CPV: 45331110-0: Trabajos de instalaciones de calderas.2.- RELACIÓN DE ACTUACIÓNS QUE SE ENGLOBAN DENTRO DO

PRESENTE PREGO.A rede de calor obxecto do presente prego sitúase nas instalacións municipais do parque da Milagrosa, todas elas de titularidade do Concello de Lugo, e que son as seguintes:

EDIFICIO USO COMBUSTIBLEPOTENCIA (kW)

CONSUMO ANUAL(kWh)

1 PISCINA FRIGSA Gas350,0 + 350,0 = 700,0

1.269.665,10

2CASA DAS ASOCIACIÓNS

Gas 123,2 66.631,63

3CASA CLARA CAMPOAMOR

Gas 32,0 29.370,00

4CAMPO DE FUTBOL LUIS GORGOSO

Gasóleo 35,0 14.600,00

5PISTAS DE TENIS DE MESA

Gas 53,0 5.131,74

6

MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO (MIHL)

Biomasa (pellet)Electricidade

70,0272,0

78.450,0060.150,00

7AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

Gas348,5 + 257,3 = 605,8

287.995,10

50

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EDIFICIO USO COMBUSTIBLEPOTENCIA (kW)

CONSUMO ANUAL(kWh)

8BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

Gasóleo 130,0 60.840,00

TOTAL 2.021,0 1.872.833,57

O contrato, inclúe a execución das instalacións da rede de calor e obras auxiliares que a proposta do Concello, se especifican no Prego de Condicións Técnicas. Adicionalmente, o adxudicatario deberá propor e executar as adaptacións de instalacións e edificios, indicadas no apartado correspondente deste prego, e aquelas outras que considere necesarias para mellorar as prestacións e rendementos enerxéticos dos centros para a correcta execución do contrato, así como as que fomenten o uso de enerxías eficientes, sostibles co medio ambiente e tendentes á redución de emisións de CO2, todo elo conforme ás prescricións e condicións mínimas contidas neste prego.3.- DURACIÓN.A duración do contrato, a contar dende a data da acta de inicio do servizo que se levantará nun prazo máximo de un mes dende a formalización do contrato administrativo, será a seguinte:

- TRINTA (30) DÍAS NATURAIS para a execución do proxecto, e a entrega da documentación adicional necesaria para a xustificación da achega do INEGA, coa antelación necesaria para a súa debida tramitación antes este organismo.

Se por demora imputable ao contratista non se puidese xustificar en prazo a achega concedida polo INEGA, o contratista deberá indemnizar ao Concello de Lugo en contía igual á pérdida da subvención concedida.4.- TRABALLOS QUE COMPRENDE O PREGO. INSTALACIÓNConsiste na execución das instalacións da rede de calor e obras auxiliares que a continuación se detallan. Axúntase ao presente prego o proxecto de execución redactado por técnico municipal, que se considerará como prescricións e condicións mínimas do presente prego.

O cumprimento da resolución de concesión de axuda do INEGA será indispensable para este contrato, primando en todo momento os aspectos técnicos aos económicos. Varias experiencias recentes de contratos doutras administracións públicas en Galicia inciden neste aspecto, xa que pequenas indefinicións das características técnicas ou proxectos mal executados provocaron un funcionamiento deficiente da instalación de biomasa, con graves limitacións na fase de operación ou a instalación de equipos que non se corresponden coas calidades desexadas. Por iso, o proxecto presentado ó INEGA será a base (mínimos) da licitación. Se a resolución do INEGA entrase en condicionantes técnicos, tamén deberá ser axuntada ó prego.

51

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

4.1.- DESEÑO E EXECUCIÓN DOS TRABALLOS PROPOSTOS. O licitador deberá propor os traballos precisos para acadar as prescricións e condicións mínimas contidas neste prego, o cal deberá detallar na súa oferta.

Todas as melloras, ampliacións, actualizacións, reformas e modificacións en equipos, instalacións e edificios adicionais ás definidas no presente prego, deberán contar coa autorización previa do responsable do contrato para a súa execución. Con tal motivo, o licitador, de ser o adxudicatario do contrato, reformulará o proxecto da instalación nun proxecto final, asinado por técnico competente e con orzamento o prezo de adxudicación, autorizado polo responsable do contrato, que será a base se execución.

Ademais, o adxudicatario deberá garantir a execución das modificacións propostas sen interferir no funcionamento normal dos edificios afectados, así como facerse cargo da xestión dos residuos, equipos e materiais empregados.4.2.- CENTRAL TÉRMICA. Subministro e implantación dun sistema de xeración de auga quente en base á combustión de biomasa tipo estelas de madeira (compatible con outras biomasas) e formado polo menos dúas (2) caldeiras de auga quente cos seus correspondentes queimadores, cunha potencia térmica útil nominal conxunta de polo menos 1.300 kW, incluso sistema de ventilación da sala, vasos de expansión pechados e conexións hidráulicas e eléctricas, conforme a RITE, CTE y demais normativa de aplicación.

Adaptacións e/ou ampliacións de local e instalacións necesaria para a localización e integración dos novos equipos e os seus accesorios, tanto de reformas interiores como de dotación de novos locais anexos aptos para tal fin.

Subministro, instalación e posta en servizo do sistema dun silo para almacenamento de biomasa, con polo menos dous (2) sistemas de alimentación hasta as caldeiras. O sistema construtivo dos silos deberá evitar a entrada de humidade cara a biomasa, e dispor de capacidade portante e de resistencia ó lume conforme á normativa de aplicación. Disporá de acceso fácil para vixilancia e mantenimiento e deberá dispor de sistemas de detección de incendios adecuado. Teranse en conta as prescricións particulares citadas en parágrafos seguintes.

Subministro e instalación dun sistema de circuítos hidráulicos primarios en base a tubaxes de aceiro ó carbono, coas súas bombas electrónicas con caudal variable, para cada caldeira de biomasa, conexión con depósitos de inercia, así como valvulería, tubaxes de aceiro negro, bridas, manguitos, illamentos de espesores segundo RITE incluso recubrimento de illamento con chapa de aluminio e tornillería inox, conexionado hidráulico, eléctrico e de control, de sistema de detección de incendios, subestacións de intercambio de calor, separadores de circuítos se procede, etc.

52

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Demolición dos elementos sobrantes da instalación e da edificación, inertización e traslado a vertedoiro autorizado, conforme a normativa, limpeza e pintado de sala de caldeiras existente.

Subministro e instalación de cadros eléctricos para dar servizo ós novos equipos e integración dos existentes e os seus accesorios, instalación completa de forza e alumeado, lámpadas e mecanismos, conforme a REBT.4.3.- EQUIPOS DE XERACIÓN TÉRMICA. O equipo xerador de calor en base á combustión de biomasa (caldeiras, queimadores e accesorios), deberá cumprir os seguintes requisitos mínimos:

- Instalaranse dúas caldeiras de auga quente cos seus correspondentes queimadores, cunha potencia térmica útil nominal conxunta de polo menos 1.300 kW.

- Ambas caldeiras estarán conectadas en cascada, con funcionamento automático.

- Caldeira de dous corpos, corpo de combustión e corpo de intercambio- Rendemento instantáneo medido superior ó 95%, para potencias superiores

a 600 kW, e maior do 92% para potencias menores de 600 kw. Estes rendementos considéranse sempre a potencia nominal e con combustible estelas de madeira.

- Cámara de combustión refrixerada por auga, con grella móbil e sistema automático de limpeza de cinzas.

- Intercambiadores térmicos de tubaxes verticais con turbuladores integrados e con mecanismo de limpeza automática.

- Sistema de evacuación de fumes con extractor de fumes con ventilador con variador de frecuencia.

- Chemineas de aceiro inoxidable AISI-316- Multiciclón para eliminación de partículas en fumes para potencias

superiores a 600 kW, e en todo caso eliminación das partículas de hasta 5-10 micras dos gases de combustión.

- Control de depresión na cámara de combustión.- Baixa temperatura dos fumes de escape (≤160ºC a potencia nominal).- Presión de traballo mínima de 5 bares.- Sistema de seguridade composto por comporta anti-retroceso da lapa.- Sistema de seguridade composto por equipo autónomo de extinción,

dispositivo con aspersor e tanque de auga.- Sistema de seguridade de refrixeración para evitar sobrequecemento da

caldeira.- Sistema de seguridade con termómetro de fumes instalado na saída da

caldeira á cheminea, con corte do aporte de combustible no caso de que a temperatura de fumes supere os máximos admitidos.

- Ventilador de aire de combustión con control de velocidade- Acendido automático

53

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- Regulación automática de potencia de modulación desde polo menos o 30% da potencia nominal

- Sonda Lambda de regulación de combustión- Extración de cinzas independente: unha para zona de combustión, outra

para a zona de intercambio nos seus respectivos caixóns de cinzas.- Sistema de seguridade con control de temperatura do silo (TUV)- Linguaxe de comunicacións Modbus TCP/IP- Modulación lineal dende o mínimo de potencia ata ó máximo (non por

escalons)- Caldeiras clase 5- Declaración de conformidade - marcado CE.

4.4.- SISTEMA DE ENCHIDO DE SILOS Instalarase un sistema automático de enchido de silo de carga vertical dobre mediante lanzadores ou discos de propulsión coas seguintes características mínimas

- Sistema compatible con estelas clase A1, A2 e B1 segundo norma EN 14961-4

- Dimensións da tolva: 4000 mm de largo, 700 mm de alto e 1400 mm de profundidade

- 2 parafusos tolva: diámetro 350mm, paso 300mm, potencia 7,5 Kw- 2 parafusos de transferencia: diámetro 350mm, paso 300mm, potencia 3 Kw- 2 parafusos verticais: diámetro 420 mm, paso 250mm, potencia 15 Kw- 2 lanzadores ou disco de propulsión: altura 300 mm, boca descarga max.

1300 mm- Capacidade de descarga do conxunto: >200 m3/h- Conexión eléctrica: 3x400V 50 Hz

4.5.- EQUIPOS HIDRÁULICOS. Realizarase o subministro e instalación dun sistema de circuítos hidráulicos primarios en base a tubaxes de aceiro ó carbono, coas súas bombas electrónicas con caudal variable, para cada caldeira de biomasa, conexión con depósitos de inercia, así como valvulería, tubaxes de aceiro negro, bridas, manguitos, illamentos de espesores segundo RITE, conexionado hidráulico, eléctrico e de control, de sistema de detección de incendios, subestacións de intercambio de calor, separadores de circuítos se procede, etc.

Os requisitos mínimos son os seguintes:- Dous depósitos de inercia de 10.000 litros cada un (20.000 litros en total), de

aceiro ó carbono e calorifugados con espuma ríxida de poliuretano inxectado (mínimo λ=0,022 W/mºC, ρ=45 a 50 kg/m3) libre de HCFC, presión de traballo ≥6 bar, tubuladuras embridadas necesarias segundo esquema de principio, boca de rexistro DN-400 e acabado en PVC ou poliéster semirríxido.

54

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- As bombas que se instalen teñen que ser electrónicas de caudal variable e, salvo no circuíto primario de cada caldeira, deberán ser bombas dobres ou xemelgas.

- Ademais se instalarán os elementos de corte e medición necesarios, segundo esquema hidráulico de principio aprobado polo responsable do contrato. (válvulas anti retorno, chaves de corte, manómetros, manómetro para lectura diferencial en cada bomba circuladora, termómetros, ...)

- A alimentación de auga ós circuítos térmicos proxéctase manual, e de tal maneira que se impida o retorno da auga á rede de alimentación. Antes do dispositivo de retención, disporase dunha válvula de peche, un filtro e un contador, neste mesmo orde. Tamén un presostato con comunicación co sistema de control para poder xerar alarmas e parar os equipos.

- O baleirado da instalación canalizarase a unha arqueta de desaugadoiro da sala de caldeira.

- Dispositivo/s de expansión de tipo pechado que permita absorber o volume de dilatación do fluído, sen dar lugar a esforzos mecánicos, segundo os criterios das normas UNE 100155. Instalarase os depósitos de expansión necesarios, de material estanco e resistente ós esforzos que teña que soportar. A capacidade do/s depósito/s de expansión será suficiente para absorber a variación do volume da auga da instalación ó pasar de 4 ºC, á temperatura de réxime. Non deberá existir ningún elemento de corte entre o xerador e o/s vaso/s de expansión. O/s vaso/s de expansión será de tipo pechado e cunha membrana elástica de separación física entre a auga e o colchón de aire. Deberá resistir unha presión hidráulica superior a vez e media a da instalación, e cun mínimo de 300 KPa.

4.6.- REDE DE DISTRIBUCIÓN. Rede de tubaxes (ida e retorno) para auga quente con tubaxes de polietileno de alta densidade (PEAD) reticulado (PEX) pre-illadas, desde o colector xeral do local de caldeiras de biomasa ata as subestacións dos edificios incluídos na rede, incluída apertura e tapado de gabias con reposición de pavimento existente.

Deberán presentar barreira ó osixeno e cumprir os requirimentos da norma EN/ISO 15875.

O illamento deberá ser dun material libre de CFC’S e cunha condutividade térmica λ (50ºC) ≤ 0,023 W/mK.4.7.- EQUIPOS DE INTERCAMBIO DE CALOR. A rede principal intercambiará o calor con cada edificio en subestacións monitorizadas que permitan controlar o funcionamento global do sistema, independizando cada edificio da rede, de forma que problemas puntuais non afecten ó funcionamento xeral. Contarán con tódolos elementos de corte, control e seguridade necesarios:

- No primario de conexión coa rede: o Intercambiador de calor con placas de aceiro inoxidable soldadas.

55

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

o Regulador de caudal (potencia térmica) mediante válvula con actuador eléctrico con paso de caudal máximo axustado para equilibrado hidráulico.

o Filtro de sucidade e lodos.o Válvula antiretorno.o Válvula de corte.o Contador térmico.o Termómetroso Sondas.

- No secundario:o Válvula de seguridade de diafragma.o Filtro de sucidade e lodos.o Termómetros.o Sondas.

- Equipo electrónico de regulación:o Control do aporte térmico mediante actuación sobre o regulador de

caudal do primario.o Conectividade plena con sistema de monitorizacion e xestión xeral.

4.8.- EQUIPOS DE MEDIDA E CONTROL. Instalaranse os equipos de medida e control para verificar, tanto as prestacións garantidas e a calidade do subministro esixidas no presente prego, como as propostas na oferta do licitador. Estes equipos de medida de enerxía térmica serán a base no futuro para facturar mensualmente o subministro enerxético en unidades de kilovatio-hora térmico (kWht), e tamén servirán para o control de rendementos e eficiencia enerxética.

Particularmente, estes equipos de medida de enerxía térmica deberán está debidamente homologados, precintados e calibrados, e a súa instalación deberá cumprir as debidas condicións hidráulicas e electromagnéticas que aseguren a fiabilidade das medidas. Estes equipos estarán localizados no circuíto primario da sala de xeración de calor, antes dos depósitos de inercia, e nas subestacións de intercambio térmico de cada edificio da rede de calor, sendo estes últimos os que sirvan para a facturación do futurosubministro enerxético.

Tamén deberán instalarse os equipos de medida de consumo eléctrico (KWHe) que permitan medir, de forma independente, a enerxía eléctrica consumida na central térmica obxecto deste contrato e que abarcará os consumos eléctricos dos equipos xestionados polo adxudicatario (ventiladores, caldeiras, alimentación de biomasa, bombas de circuítos primarios, bombas de distribución, alumeado de salas de caldeiras, etc.)4.9.- SISTEMA DE MONITORIZACIÓN E XESTIÓN. O sistema de monitorización e xestión que se poña a disposición do Excmo. Concello de Lugo deberá permitir o acceso a todos os parámetros monitorizados nas instalaciones e especialmente no sistema de prestacións a monitorizar,

56

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

segundo o previsto neste prego e as melloras propostas polo adxudicatario. Os parámetros mínimos a monitorizar serán:

- CALDEIRAS.o Temperatura acumulación inferior.o Temperatura acumulación superior.o Carga nominal.o Carga parcial.o Temperatura consigna.o Consigna O2.o Consigna retorno.o Modo funcionamento.o Erro.o Modulación.o Aire primario.o O2 real.o Potencia actual.o Temperatura actual impulsión.o Temperatura canal alimentador.o Temperatura cámara combustión.o Temperatura de fumes.o Temperatura retorno.o Tiro inducido.

- BOMBASo Estado bomba.o Axuste actual.o Horas DP.o Diferenza de presión.o Caudal.o Consumo eléctrico.o Potencia eléctrica.o Horas funcionamento.o Velocidade.o Erro.

- CONTADORESo Data.o Caudal.o Caudal acumulado.o Caudal máximo.o Diferenza temperatura.o Enerxía acumulada.o Erro caudalímetro.

57

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

o Erro sensor temperatura 1.o Erro sensor temperatura 2.o Erro ebullición sistema.o Erro alimentación.o Erro fluxo inverso caudalímetro.o Erro fuga auga sistema.o Horas funcionamento.o Numero contador.o Potencia calorífica.o Potencia calorífica máxima.o Temperatura impulsión.o Temperatura retorno.

- REDE DISTRIBUCIÓN:o Temperaturas impulsión e retorno en central térmica de cada ramal.

- SUBESTACIÓNS.o Temperaturas entradas e saídas primario e secundario.o Consignas.o Apertura válvulas.o Ramplas de regulación / Lóxicas PID.

Así mesmo, deberá permitir o acceso ás alarmas e avarías, así como á xestión informatizada do servizo da prestación de mantenimiento realizada polo adxudicatario.

O sistema de xestión debe ser capaz de permitir ós usuarios e xestores das instalaciones e equipos modificar as prestacións descritas no presente prego para adaptalas ás necesidades de uso requiridas en cada momento.

Estará formado por autómatas programables, e un sistema SCADA, que realizará polo menos as seguintes funcións:

- Recollida de información de todos os dispositivos conectados, almacenando esta información para o seu análise posterior (históricos).

- Presentación da información en tempo real no navegador de forma numérica e gráfica, mediante gráficos activos desde os cales tamén se poda acceder a detalles das variables presentadas, ou a outras pantallas da instalación. A navegación ás distintas pantallas de la instalación deberá ser sinxelo e intuitiva, mediante menús e enlaces.

- Presentación da información almacenada (históricos) coa opción de descarga dos datos para o análise en ferramentas específicas.

- Xeración de eventos (alertas/alarmas) para as situacións programadas con obxecto de notificar posibles comportamentos anómalos. Os eventos serán dirixidos a correos electrónicos.

58

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

- Alteración de parámetros dos dispositivos para modificar o seu comportamento.

- Proporcionar unha interface de usuario (web) a través da cal se presenta e solicita toda a información ó usuario.

- Permitir establecer un control de acceso a distintos usuarios.- Todas as comunicacións, protocolos e formatos de arquivos utilizados serán

de dominio público e/ou de ampla difusión. Desta forma será posible alterar os contidos (esquemas, aspecto, etc.) por parte de adecuados profesionais, no reposando así a solución sobre ninguna tecnoloxía ou formato protexido polo adxudicatario.

O sistema deberá contar cunha conexión á rede de comunicación propia, e acceso a través de interface web. O Responsable do Contrato deberá tener acceso a todo o sistema, co obxectivo de poder recabar todos os datos necesarios para o bo funcionamento e control do sistema.

Este sistema non poderá ser substituído polo sistema de monitorización propio do fabricante, nin por visores remotos dos cadros de control dos equipos instalados.5.- MEDIOS MATERIAIS E HUMÁNS QUE DEBERÁ DISPOÑER O

CONTRATISTA-ADXUDICATARIO.Non se estipulan mínimos en canto ós medios materiais e humanos que deberá dispoñer o contratista adxudicatario, agás os establecidos nos CRITERIOS DE SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA e dos CRITERIOS DE SOLVENCIA TÉCNICA esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares do presente procedemento de contratación.

De tódolos xeitos, o Responsable do contrato poderá esixir ó adxudicatario a incorporación dos medios ou a dedicación do persoal necesario para o correcto desenvolvemento das prestacións contratadas, de xeito xustificado e ante posibles incumprimentos das obrigas do adxudicatario.6.- HORARIO E ORGANIZACIÓN DOS TRABALLOS.O horario de execución dos traballos deberá cumprir coa normativa vixente, mais será tal que permita a execución do proxecto nos prazos previstos. A organización dos traballos programados deberá contar co visto bo previo do Director de Obra.7.- SUPERVISIÓN E CONTROL DOS TRABALLOS.A Responsabilidade do contrato será dun Técnico Municipal, que poderá estar asistido para a Dirección de Obra e/ou Coordinación de Seguridade e Saúde por unha asistencia técnica contratada ao efecto, a quen lle corresponderá ditar as instrucións necesarias ao adxudicatario para a normal e eficaz execución das prestacións contratadas, supervisar os traballos e proceder a súa recepción e a facturación da execución efectiva.8.- BASE ECONÓMICA DO CONTRATO.A cantidade que servirá de base para a contratación do PROXECTO “REDE DE CALOR XERADA CON BIOMASA NO PARQUE DA MILAGROSA”, ascende á cantidade de 855.377,92 euros, polo que tendo en conta o IVE (21%)

59

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

(179.629,36euros), o prezo máximo do contrato será de 1.035.007,28 euros, IVE incluído.9.- VALORACIÓN E PAGO DOS TRABALLOS.O pagamento será efectuado polo Excmo. Concello de Lugo, contra factura final e certificación conformada polo Responsable do Contrato e co visto e prace do Concelleiro-Delegado de Desenvolvemento Sostible e Persoal, en base o contrato de adxudicación.10.- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR.Dentro do SOBRE B, e para asegurar que a oferta cumpre coas condicións mínimas das prestacións obxecto do presente contrato, o licitador presentará un documento redactado segundo os pregos de cláusulas administrativas particulares e das condicións técnicas.

Este documento estará composto polos seguintes apartados, que se achegarán na orde e numeración indicada:10.1.-OFERTA DE EXECUCIÓN. O licitador deberá presentar un documento de execución dos traballos, onde se detallen os traballos precisos para acadar as prescricións e condicións mínimas contidas neste prego. As características deste documento serán:

- Estará asinado por técnico competente, sendo un dos referidos no prego de cláusulas administrativas.

- Deberá detallar e xustificar todos os deseños e cálculos realizados.- Terá unha extensión máxima de 50 páxinas en formato A4 (texto) e 10 en

formato A3 (documentación gráfica: programas, planos, esquemas, …), todas elas a unha soa cara, tamaño de letra mínimo 11 e interliñado 1,5.

- Será entregado en formato papel e dixital (arquivo pdf) sen protexer.

O adxudicatario empregará este documento para redactar o proxecto de execución, tendo en conta que deberá contar coa autorización previa do responsable do contrato para a súa execución, especialmente no caso de que ofertase melloras, ampliacións, actualizacións, reformas e modificacións en equipos, instalacións e edificios adicionais ás definidas no alcance mínimo do presente prego.

A empresa adxudicataria virá obrigada a redactar un Plan de Seguridade e Saúde, conforme o proxecto de execución presentado e a normativa vixente.10.2.-CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPOS. O licitador deberá presentar a seguinte lista cuberta e asinada, onde faga referencia ás características, marcas e modelos dos principais elementos, e que deben cumprir cos requirimentos mínimos do presente prego:

EQUIPO CARACTERÍSTICA

CALDEIRA 1:MARCA: MODELO:

60

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

POTENCIA TERMICA NOMINAL CON ESTELAS DE MADEIRA (kW)RENDEMENTO (%):Tª FUMES A CARGA NOMINAL:CAPACIDADE CALDEIRA (l):PRESIÓN DE TRABALLO (bar):Nº PASOS DE FUMES:GRELLA MÓVIL (SI/NON)INTERCAMBIADOR VERTICAL (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA CÁMARA COMBUSTIÓN (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA INTERCAMBIADORES (SI/NON):CÁMARA COMBUSTIÓN REFRIXERADA POR AUGA (SI/NON)VENTILADOR EXTRACTOR DE FUMES CON VARIADOR DE FRECUENCIA (SI/NON):TIPO DE SISTEMA DE ALIMENTACIÓN:DIMENSIÓNS SISTEMA ALIMENTACIÓN:DIAMETRO SINFÍN SILO-CALDERA:LARGO SINFÍN SILO-CALDERA:CALDEIRA 2:MARCA: MODELO:POTENCIA TERMICA NOMINAL CON ESTELAS DE MADEIRA (kW)RENDEMENTO (%):Tª FUMES A CARGA NOMINAL:CAPACIDADE CALDERIA (l):PRESIÓN DE TRABALLO (bar):Nº PASOS DE FUMES:GRELLA MÓVIL (SI/NON)INTERCAMBIADOR VERTICAL (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA CÁMARA COMBUSTIÓN (SI/NON):LIMPEZA AUTOMATICA INTERCAMBIADORES (SI/NON):CÁMARA COMBUSTIÓN REFRIXERADA POR AUGA (SI/NON)VENTILADOR EXTRACTOR DE FUMES CON VARIADOR DE FRECUENCIA (SI/NON):ALMACEN INTERMEDIO DE ASTILLA (SI/NON):VASO/S DE EXPANSION:MARCA:

61

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

MODELO:LITROS (l):RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC):TIPO DE MEMBRANA:DEPOSITO DE INERCIA 2 UNIDADES:MARCA:MODELO:PRESIÓN DE TRABALLO (bar):CAPACIDADE (l):Nº SONDAS:ILLAMENTO (SI/NO):TIPO DE ILLAMENTO:GRUPO HIDRÁULICOS CIRCUITO PRIMARIO CALDEIRA 1:MARCA:MODELO:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:CAUDAL NOMINAL:GRUPO HIDRÁULICOS CIRCUITO PRIMARIO CALDEIRA 2:MARCA:MODELO:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:CAUDAL NOMINAL:GRUPOS HIDRÁULICOS REDE DISTRIBUCIÓN:MARCA:MODELO/SERIE:RANGO DE TEMPERATURA DE TRABALLO (ºC)TENSION E TIPO DE ALIMENTACION:SILO BIOMASATIPO DE SILO:DIMENSIÓNS DE SILO (m):VOLUME TOTAL DO SILO (m3):VOLUME ÚTIL DO SILO (m3):SISTEMA ENCHIDO SILO DE BIOMASA:MARCA:MODELO:DIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS TOLVADIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS TRANSFERENCIADIAMETRO, PASO E POTENCIA PARAFUSOS VERTICALES

62

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

CAPACIDADE DE ENCHIDO (m3/h):CONEXIÓN ELECTRICA (V, Hz):CHEMINEA CALDEIRA 1MARCA:MODELO:MATERIALDIAMETRO EXTERIOR/INTERIOR (mm/mm):LONXITUDE (m):DOBLE PAREDE (SI/NO):CHEMINEA CALDEIRA 2MARCAMODELOMATERIALDIAMETRO EXTERIOR/INTERIOR (mm/mm):LONXITUDE (m):DOBLE PAREDE (SI/NO):SUBESTACIÓNS DE INTERCAMBIO TÉRMICOINTERCAMBIADOR DE CALOR CON PLACAS DE ACEIRO INOXIDABLE SOLDADAS (SI/NO):VÁLVULA CON ACTUADOR ELÉCTRICO CON PASO DE CAUDAL MÁXIMO AXUSTADO PARA EQUILIBRADO HIDRÁULICO (SI/NO):VÁLVULA ANTIRETORNO (SI/NO):VÁLVULA DE CORTE (SI/NO):CONTADOR TÉRMICO HOMOLOGADO. MARCA E MODELO:VÁLVULA DE SEGURIDADE DE DIAFRAGMA (SI/NO):FILTRO DE SUCIDADE E LODOS (SI/NO):TERMÓMETROS (SI/NO):TUBAXES DA REDE DE DISTRIBUCIÓNMARCA:MODELO:MATERIAL TUBAXE SERVIZO:BAREIRA Ó OSÍXENO (SI/NON):RESISTENCIA Á TENSION SEGUNDO DIN 53455 (N/mm2 a 20ºC/80ºC):MÓDULO DE ELASTICIDADE SEGUNDO DIN 53457 (N/mm2 a 20ºC/80ºC):MATERIAL ILLAMENTO:MATERIAL ILLAMENTO LIBRE DE CFC´s (SI/NON):CONDUTIVIDADE TÉRMICA DO ILLAMENTO SEGUNDO DIN 52612 (W/MºK):

63

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

EQUIPO CARACTERÍSTICA

MATERIAL ENVOLVENTE:

Esta táboa deberá ser acompañada das fichas técnicas dos elementos ofertados. No caso das caldeiras tamén se deberá presentar certificado de homologación. O licitador tamén poderá presentar os catálogos e/ou outras documentación que estime oportuna para a correcta definición dos equipos ofertados.

Esta documentación deberá ser entregada en formato papel e dixital (arquivo pdf) sen protexer e sen límite de extensión.11.- MEDIDAS DE DIFUSIÓN E DIVULGACIÓN DAS PRESTACIÓNS

CONTRATADAS.O adxudicatario deberá colaborar co Concello de Lugo na difusión do proxecto, que consistirán no desenvolvemento das seguintes actuacións:

- Realizar un anuncio en dous diarios de prensa escrita de difusión local unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 3 meses da data de certificación final. O tamaño mínimo do anuncio debera ser media páxina en páxina par, cun deseño co visto e prace do Responsable do contrato.

- Anuncio en revista especializada en bioenerxía (Bioenergy International ou similar) unha vez executado o proxecto, e antes de transcorridos 6 meses da data de certificación final. Poderá ser un anuncio a media páxina ou ben un artigo cunha extensión mínima dunha páxina, ambos cun deseño co visto e prace e co-autoría do Responsable do contrato.

- Instalación de panel LED contabilizador en tempo real de emisións de CO2 evitadas, conectado ó sistema de monitorización instalado, e no lugar indicado polo Responsable do contrato. O tamaño co panel LED será tal que poida ser perfectamente lexible dende unha distancia de 50 metros.

- Divulgación do proxecto mediante medios gráficos (carteis, presentación multimedia, maquetas, etc) en stand na primeira edición tras a execución do proxecto de dúas feiras, unha a nivel galego (Feira Semana Verde de Silleda ou Feira da Enerxía de Galicia) e unha a nivel nacional (Feira Internacional Expobiomasa de Valladolid). O material gráfico contará cun deseño co visto e prace do Responsable do contrato.

- Xestión documental para a inclusión da instalación no proxecto Clima e/ou similares, para a bonificación de emisións de CO2, sempre de acordo co Responsable do contrato.12.- ANEXO I.Factores de emisión específicos obtidos do Greenhouse Gas Protocol tool for mobile combustion (2008, Versión 2.2) do World Resources Institute:

64

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==

CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTOXMCR/atmRefª: 1507120001984.docAsunto: PROPOSTA CONTRATACION OBRA BIOMASA 41-2017

Tipo de transporteFactor de Emisión (tCO2/1.000 km e t biomasa)

Camión lixeiro (<1.305 kg) – Gasolina 1 Camión lixeiro (1.305 - 1.740 kg) – Gasolina 0,821 Camión lixeiro (1.740 – 3.500 kg) – Gasolina 0,497 Camión lixeiro (<1.305 kg) – Diésel 0,950 Camión lixeiro (1.305 - 1.740 kg) – Diésel 0,875 Camión lixeiro (1.740 – 3.500 kg) – Diésel 0,523 Camión lixeiro (≤ 3.500 kg) – GLP (gas licuado do petróleo) ou GNC (gas natural comprimido)

0,618

Camión ríxido (3.500 - 7.500 kg) – Todos os combustibles

0,660

Camión ríxido (7.500 – 17.000 kg) – Todos os combustibles

0,413

Camión ríxido (> 17.000 kg) – Todos os combustibles

0,201

Camión articulado (3.500 - 33.000 kg) – Todos os combustibles

0,153

Camión articulado (> 33.000 kg) – Todos os combustibles

0,087

Tren 0,029

TERCEIRO.- Aprobar o gasto de 1.035.007,28 euros con cargo á aplicación orzamentaria 17000.60900 (RC 97070;C.P 17RT00017) do Orzamento Xeral de 2017.

CUARTO.- Publicar o anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo así como no perfil do contratante do Concello de Lugo.

Cúmprase

65

Código Seguro de Verificación: dDAhULn2ogE1Tv1IHiI6jA==