Conto Por Que Noe Elixiu A Pomba

12
CUENTO “POR QUE NOÉ ELIXIU A POMBA”

Transcript of Conto Por Que Noe Elixiu A Pomba

CUENTO “POR QUE NOÉ ELIXIU A POMBA”

Un día, Deus decidiu castigar aos homes e enviar á terra o diluvio universal. Pero antes, chamou a Noé, un home xusto, e mandoulle construír un arca para agocharse coa súa familia cando subisen as augas. Tamén lle ordenou levar con el algúns animais

Os animais escoitaran que Noé acollería na arca só ás mellores criaturas viventes. Por iso, todos acudiron rapidamente xunto a Noé e empezaron a presumir das súas virtudes.

- Eu son o animal máis fero e nobre ?dixo o león-. Deberías salvarme.

O elefante interveu:

- Non hai ninguén tan grande como eu. Mira que trompa teño, por non falar das miñas orellas. Se es sabio, levarasme contigo.

Que importa o tamaño?- replicou o raposo-. A miña intelixencia é superior á vosa.

Pero ningún de vós é capaz de subir ás árbores- dixo o mono.

¡Que che criches ti iso! ?protestou o esquio - e eu que?.

A fila de animais era cada vez máis longa. Todos discutían porque querían subir á arca.

Eu son tan fero como o león e moito máis guapo!- dixo o tigre.

E a ovella, que parecía medio durmida, balou:

Vós non facedes nada útil. Eu si que son importante: doulle ao home leite e la.

- Pero sen min non habería mel ?dixo a abella.

A xirafa, que mordisqueaba distraídamente a copa dunha árbore, falou de lonxe:

¡Bah! Comparados comigo, sodes uns bichos insignificantes e ananos.

E todos os animais seguían falando sen parar.

Noé fixouse nun animal que estaba soa nunha rama e que non dicía nada: a pomba.

E ti pomba, por que estás tan calada? Non tes nada do que presumir?- preguntoulle.

A pomba ruborizouse porque era moi tímida e respondeu en voz baixa:

- É que? bo, eu non son nin mellor nin peor que o resto dos animais. Cada un de nós ten algo que os demais non teñen.

Noé quedou asombrado da súa sabedoría.

Tes razón- dixo-. Levarei na arca criaturas de todas as especies. ¡Subide todos a bordo!

Os animais puxéronse moi contentos, esqueceron as súas disputas e subiron á arca.

Ao cabo dun tempo, comezou a chover. E choveu e choveu durante corenta días e corenta noites. A Terra anegouse e só se salvaron as criaturas que Noé recollera.

Tras a última noite de choiva, Noé enviou á pomba a terra en busca de noticias. Pouco despois, a pomba regresou cunha rama de oliveira no pico. ¡Era o sinal esperado: as augas baixaran e as árbores quedaban ao descuberto!

Por fín, cando a Terra secou, Noé e todos os animais puideron saír da arca. E, dende entón, a pomba é considerada por todos o símbolo da paz.

Co seu voo invítanos a imaxinar. Imaxinar un mundo en perfecta paz.