CONTIDOS FILOSOFÍA 1º BACH. CURSO 2012/2013 3ª …A I 2012-13 - TEMARIO EXTRA... · Estes...
Transcript of CONTIDOS FILOSOFÍA 1º BACH. CURSO 2012/2013 3ª …A I 2012-13 - TEMARIO EXTRA... · Estes...
1
CONTIDOS FILOSOFÍA 1º BACH. CURSO 2012/2013
3ª AVALIACIÓN
TEMA 3: FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA II. 3.7. DEREITO E XUSTIZA
3.8. PRINCIPAIS TEORÍAS SOBRE A ORIXE DA SOCIEDADE E DO ESTADO
3.9. FILOSOFÍA COMO RACIONALIDADE PRÁCTICA:
3.9.1. COSTUMES, MORAL, ÉTICA;
3.9.2 CONCEPTOS BÁSICOS DA ÉTICA; BREVE HISTORIA DA ÉTICA.
TEMA 4: DEMOCRACIA E CIDADANÍA. 4.1. O ESTADO SOCIAL E DEMOCRÁTICO DE DEREITO
4.2. A CIDADANÍA DEMOCRÁTICA E OS RETOS DE FUTURO
[[TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE I
5.1. O SISTEMA NERVIOSO
A) PARTES DO SISTEMA NERVIOSO; B) A NEURONA
5.2. O APARATO ENDOCRINO
5.3. OS SENTIDOS. A SENSACIÓN
5.3.1. DEFINICIÓN DE SENSACIÓN
5.3.2. TEORÍAS DOS LIMIARES
5.3.3. MODALIDADES DA SENSACIÓN
5.4. A PERCEPCIÓN
5.4.1. DEFINICIÓN DE PERCEPCIÓN
5.4.2. PERCEPCIÓN DA FIGURA E DO FONDO
5.4.3. ANOMALÍAS DA PERCEPCIÓN
5.4.4. PERCEPCIÓN E PERSONALIDADE
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE II
5.5. A IMAXINACIÓN: DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS
5.5.1. IMAXINACIÓN REPRODUCTORA E IMAXINACIÓN CREADORA (FANTASÍA)
5.5.2. FORMAS DE FANTASÍA
5.5.3. PATOLOXÍA DA IMAXINACIÓN
5.6. A MEMORIA
5.6.1. DEFINICIÓN DE MEMORIA
5.6.2. TIPOS DE MEMORIA
5.6.3. O ESQUECEMENTO
5.6.4. ENFERMIDADES DA MEMORIA
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE III
5.7. A INTELIXENCIA HUMANA
5.7.1. SENTIDO DA CONDUCTA INTELIXENTE
5.7.2. CARACTERÍSTICAS DA INTELIXENCIA HUMANA
5.7.3. A MEDIDA DA INTELIXENCIA
5.7.4. UNIDADES DE MEDIDA DA INTELIXENCIA]]
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE IV 5.8. A VERDADE
5.9. A LÓXICA
2
TEMA 6: A REALIDADE COMO TEORÍA
[[6.1. O MUNDO FÍSICO E A CIENCIA. AS COSMOVISIÓNS CIENTÍFICAS
6.2. O COÑECEMENTO CIENTÍFICO: ORIXES, MÉTODO E LÍMITES.
6.3. METAFÍSICAS ESPIRITUALISTAS E MATERIALISTAS
6.4. OS GRANDES PROBLEMAS DA METAFÍSICA OCCIDENTAL
TEMA 6: A REALIDADE COMO PRAXE. A ACCIÓN HUMANA.
[[6.5. OS MOTIVOS DO SER HUMANO
6.6. CLASIFICACIÓN DOS MOTIVOS
6.7. DINÁMICA DA MOTIVACIÓN
6.7.1. MOTIVACIÓN E AFECTIVIDADE
6.7.2. MOTIVACIÓN E INCENTIVOS
6.7.3. O CASTIGO
6.7.4. A FRUSTRACIÓN
6.7.4.1. DEFINICIÓN DE FRUSTRACIÓN
6.7.4.2. CAUSAS DA FRUSTRACIÓN
6.7.4.3. CONSECUENCIAS E OBXECTO DA FRUSTRACIÓN
6.7.4.4. DEFENSAS ANTE AS CONSECUENCIAS DA FRUSTRACIÓN
6.8. A VONTADE
6.8.1. O PROBLEMA DA VONTADE
6.8.2. VONTADE E INTELIXENCIA
6.8.3. FASES DO ACTO VOLUNTARIO 6.8.4. PATOLOXÍA DA VONTADE]]
3
TEMA 3: FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA I
3.7.- DEREITO E XUSTIZA.-
Sentidos do dereito
A palabra «dereito» úsase en castelán en dous sentidos: para referirse ao dereito obxectivo e para
referirse ao dereito subxectivo.
a) DEREITO OBXECTIVO
O dereito obxectivo é o conxunto de normas xurídicas vixentes nunha sociedade, e ten por
finalidade regular a relación entre os seus membros, e entre estes e o Estado. As normas do dereito
obxectivo prescriben e prohiben condutas con carácter obrigatorio para tódolos cidadáns, e estipulan
penas para quen as incumpran. As normas xurídicas deben ser promulgadas polo órgano
lexitimado para isto (no caso español deben ser aprobadas polo Congreso e o Senado,
sancionadas polo Rei e publicadas no B. O. E.), e son a expresión dunha racionalidade obxectiva e
impersoal. O dereito obxectivo aséntase nos usos e costumes sociais, e as súas normas emanan dos
principios morais, relixiosos e políticos asumidos polo conxunto da sociedade.
b) DEREITO SUBXECTIVO
O dereito subxectivo é a potestade de obrar e esixir que cada cal reivindica para si fronte a
outros individuos e fronte ao Estado. O dereito subxectivo está recoñecido e protexido polo dereito
obxectivo, o cal se encarga tamén de coordinar a correlación e reciprocidade dos dereitos subxectivos
entre os distintos suxeitos (o dereito a opinar libremente debe coordinarse co dereito á intimidade).
Orixe e fundamento do dereito
As dúas principais posturas acerca da orixe e fundamento do dereito son o iusnaturalismo e o
positivismo xurídico.
a) IUSNATURALISMO
O iusnaturalismo sostén que existen uns principios universais de conduta ou dereito natural,
que son anteriores e están por riba de calquera ordenamento xurídico establecido ou dereito positivo.
Estes principios do dereito natural derivarían da propia natureza humana ou da autoridade de
Deus, e constituirían o criterio para determinar a xustiza ou inxustiza das normas positivas. O
principal inconveniente do iusnaturalismo radica na imposibilidade de establecer unanimemente cales
4
son estes principios naturais, o que o fai vulnerable a manipulacións ideolóxicas, e na dificultade de
concretalos en normas positivas. Entre os principais teóricos do iusnaturalismo destacan os estoicos
(séculos IV-II a.C.), Cicerón (106-43 a.C.), san Tomé de Aquino (1225-1274), Hugo Grocio (1583-
1645), Samuel Pufendorf (1632-1694) e Cristian Wolff (1679-1754).
b) POSITIVISMO XURÍDICO
O positivismo xurídico rexeita que exista un ámbito xurídico alleo ao dereito positivo, como é o
dereito natural, que sirva para lexitimalo. Para o positivismo xurídico o dereito esgótase no dereito
positivo, e tanto os procedementos da súa lexitimación como o seu contido están vencellados a
unha determinada realidade social, económica, política e histórica. Os principais representantes
do positivismo xurídico son Hans Kelsen (1981-1973), H. L. A. Hart (1907-1922) e Norberto Bobbio
(1909).
O ideal de xustiza no dereito
A xustiza é un dos valores sociais mais importantes que se aspira a ver plasmado no dereito.
Unha sociedade non é xusta se as leis polas que se rexe non son xustas. A xustiza aparece así como
un ideal ao que debe tender como a súa meta todo dereito obxectivo. En xeral admítese que calquera
dereito, para ser considerado xusto, debe cumprir os requisitos da igualdade, a proporcionalidade e a
imparcialidade.
Chaïm Perelman establece como principio formal da xustiza o tratar igual a tódolos
individuos pertencentes á mesma categoría. Este principio de trato igualitario pode ser entendido,
non obstante, de seis maneiras diferentes, algunhas das cales poderían servir incluso para xustificar a
desigualdade e a inxustiza. Pode entenderse como dar a cada un o mesmo, como dar a cada un o
atribuído pola lei, como dar a cada un segundo o seu rango, como dar a cada un segundo os seus
méritos e capacidades, como dar a cada un segundo o seu traballo ou como dar a cada un segundo as
súas necesidades.
John Rawls (1921) fundamenta unha concepción democrática da xustiza a partir dun estado
inicial e hipotético de igualdade, no que os individuos estarían cubertos por un «veo de ignorancia»
acerca do seu status social e das súas aptitudes persoais. Desde esta igualdade inicial, os individuos
deben establecer, razoablemente e por acordo, os principios básicos da xustiza, a partir dos cales se
poidan elaborar as leis e asignar aos cidadáns dereitos e deberes. Estes principios básicos de xustiza
consistirían nun reparto igualitario da liberdade e dos bens económicos e sociais. As desigualdades só
se considerarían xustas se producisen maiores beneficios para todos que a igualdade, e en especial
para os membros menos favorecidos da sociedade.
5
Xustiza e dereitos humanos
Os dereitos humanos son aqueles dereitos subxectivos que calquera ser humano pode esixir
con carácter universal e absoluto. A diferenza doutro tipo de dereitos, os dereitos humanos son
ademais imprescritibles, inalienables e irrenunciables. Para o pensamento liberal da segunda metade
do século XVIII, a finalidade, límite e lexitimación das leis do Estado radicaría no recoñecemento e
salvagarda destes dereitos fundamentais.
OS DEREITOS HUMANOS INDIVIDUAIS CLASIFÍCANSE EN CATRO CATEGORÍAS: 1)
OS DEREITOS CIVÍS (DEREITO Á VIDA, Á PROPIEDADE, Á INTIMIDADE), 2) OS
DEREITOS POLÍTICOS (DEREITO AO SUFRAXIO, A DESEMPEÑAREN UN CARGO
PÚBLICO, Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN, Á LIBERDADE DE ASOCIACIÓN), 3) OS
DEREITOS SOCIAIS E ECONÓMICOS (DEREITO AO TRABALLO, A UNHA
REMUNERACIÓN DIGNA, Á FOLGA, AO DESCANSO) E 4) OS DEREITOS CULTURAIS
(DEREITO A EDUCACIÓN, Á INVESTIGACIÓN, A PARTICIPAREN NA VIDA
CULTURAL).
Desde unha postura positivista, para que un dereito sexa considerado fundamental basta con
que estea recollido e recoñecido por unha norma. Desde unha postura iusnaturalista, polo contrario,
esíxese que estea fundamentado na natureza humana.
Actualmente existe un amplo consenso mundial en considerar os dereitos humanos como o núcleo
central da xustiza, e o criterio regulador e valor fundamental de todo dereito positivo.
A determinación histórica dos dereitos humanos e o seu recoñecemento polo dereito positivo tivo
lugar durante a idade moderna. A este respecto, os momentos máis significativos foron: a
promulgación do Edicto de Nantes (1649), polo que se autorizaba en Francia a liberdade de culto
relixioso; a promulgación da Lei de Habeas Corpus (1679), pola que se dispoñía que ningún cidadán
inglés podía ser detido sen orde expresa e escrita, debendo ser conducido ante os xuíces no prazo
máximo de tres días; a aprobación do texto constitucional inglés Bill of rights (1689) que limitaba o
6
poder absoluto do rei; a Declaración de independencia dos Estados Unidos (1776); e a Declaración
dos dereitos do home e do cidadán (1789), aprobada pola Asemblea Nacional francesa.
En 1948, a O. N. U. aprobou, co voto a favor de 48 Estados membros e 8 abstencións, a
Declaración universal dos dereitos humanos. España adheriuse á Declaración en 1976 (!!??), e a
Constitución de 1978 recoñece e protexe os dereitos humanos.
=========================================================
3.8.- PRINCIPAIS TEORÍAS SOBRE A ORIXE DA SOCIEDADE E DO ESTADO.-
Teorías contractualistas clásicas
- HOBBES
Para Thomas Hobbes (1588-1679), os homes en estado de natureza son libres, iguais en
poder e egoístas. Por iso, este estado de natureza é tamén un estado de guerra permanente no que os
homes viven co temor constante a perder a súa vida.
Como remedio a esta situación, os homes deciden, mediante un pacto que todos subscriben,
renunciar á súa liberdade e poder naturais a cambio da súa seguridade. O destinatario de todo o poder
que os homes posúen por natureza é o Estado, concretamente o monarca, quen pode exercelo dunha
maneira absoluta sobre os seus súbditos. Na explicación de Hobbes, o monarca non subscribe o pacto,
sendo o único individuo que permanece en estado de natureza e á marxe das leis.
“O HOME É UN LOBO PARA O HOME”; “O HOME É EGOÍSTA POR NATUREZA”
7
- LOCKE
Para John Locke (1632-1704), os homes en estado de natureza son libres e iguais, e non están
suxeitos a ningún poder por riba deles. A súa liberdade só está limitada por unha lei natural inscrita
na razón humana por Deus e que obriga a todos. Esta lei natural, racional e universal, establece os
dereitos naturais dos homes, como son o dereito á vida, á saúde, á propiedade e á liberdade.
Pero o estado de natureza produce inseguridade e medo, xa que calquera individuo, actuando coa
forza suficiente e á marxe da lei natural, pode poñerse en estado de guerra contra outro para intentar
sometelo á súa autoridade e despoxalo dos seus bens. É por iso polo que os individuos subscriben un
pacto polo que renuncian a exercer o poder que posúen por natureza en beneficio do Estado. Como
contrapartida, o Estado tenlles que respectar e garantir o goce dos seus dereitos naturais, que seguen
conservando.
Na explicación de Locke, a comunidade de individuos non renuncia ao poder, senón so ao seu
exercicio. A sociedade confíalle o poder ao Estado para que o xestione no seu nome (principio de
soberanía popular).
“MONARQUÍA CONSTITUCIONAL”; “O SER HUMANO NON É MALO POR
NATUREZA”; “DEREITO Á REBELIÓN”, “SEPARACIÓN DE PODERES” → MONTESQUIEU:
“LEXISLATIVO, EXECUTIVO, XUDICIAL”.
- SPINOZA
Para Baruch Spinoza (1632-1677), o ser humano posúe un dereito natural, que consiste en
obrar de acordo co poder de que dispón segundo a súa propia natureza. No estado de natureza, os
límites do poder de cada home son os límites do seu dereito.
Este estado natural, no que os homes son inimigos entre si, constitúe un perigo para a propia
supervivencia, ao impedir a colaboración mutua, e é un obstáculo para o ideal de vida tranquila e
segura á que todo ser humano aspira. Por iso se fai necesario un pacto entre todos, xustificado só pola
súa utilidade, mediante o cal cada un cede ao Estado o poder que posúe por natureza. Nese momento o
poder pasa ao Estado, que ten toda a autoridade para impoñelo aos individuos.
Para Spinoza, o fin do Estado é manter a seguridade e a liberdade, e favorecer as boas
relacións entre os individuos que o compoñen. Por iso, a lei do Estado ten que basearse na razón. E
a forma máis racional de Estado é para Spinoza a democracia, na que os homes manteñen a igualdade
e a liberdade que posuían no estado de natureza, pero coas vantaxes da vida organizada.
“O PACTO É UNHA NECESIDADE”; “A DEMOCRACIA É A FORMA MÁIS RACIONAL
DE ESTADO”.
- ROUSSEAU
Jean Jacques Rousseau (1712-1778) rexeita que se poida fundamentar na forza, e, por tanto na
natureza, o dereito do Estado a exercer o poder e o deber dos cidadáns a obedecer. Segundo
8
Rousseau, a natureza non produce ningún dereito. A orde política e as leis que o sustentan só
poden ser produto de acordos racionais entre os homes. Para Rousseau, os homes en estado de natureza son libres, e non lles guía máis lei que a da súa
propia conservación. É precisamente a necesidade de conservar a súa vida a que lles leva a establecer
un pacto ou contrato polo que se asocian nunha entidade superior (o corpo social e político) á que
entregan sen reservas a súa persoa e os seus bens. A cambio gañan a liberdade e igualdade civil, a
propiedade, e, en xeral, unha vida segundo a razón e a xustiza en lugar da forza e o instinto.
Tralo pacto, o individuo convértese nunha parte inseparable do todo. Este exerce un dominio
absoluto sobre o individuo, obrigándoo a someter a súa vontade e interese particular á vontade xeral e
ao interese común (entregándose a todos, dirá Rousseau, non se entrega a ninguén). A vontade xeral
exprésase nas leis e o seu depositario é o pobo, o único soberano. Aínda que a vontade xeral
coincide coa vontade da maioría, non é unha mera suma de vontades particulares, do mesmo modo
que o interese común non é a suma de intereses particulares.
“O HOME É BO POR NATUREZA”; “A SOCIEDADE É QUEN CORROMPE AO HOME”.
Teorías neocontractualistas actuais
- As teorías neocontractualistas nacen como reacción aos movementos contraculturais dos anos
sesenta e cobran gran auxe coa crise do Estado de benestar. Os principais representantes das mesmas
son Buchanan, Nozick e Rawls.
- BUCHANAN
Buchanan trata de readaptar a teoría de Hobbes aos principios liberal-democráticos. Así,
rexeita o presuposto da igualdade inicial para substituílo polo das "desigualdades múltiples", nacidas
do diferente éxito de cada individuo na busca de satisfacción das súas necesidades. Por outra parte,
Buchanan afirma que o contrato social se impón racionalmente, non porque exista unha guerra de
todos contra todos, senón porque resultaría moi custosa a autodefensa do conquistado no estado de
natureza. O contrato vén a instituír, así, un poder que consagra dereitos e deberes desiguais, pero ese
poder instituído non ten por qué ser ilimitado e absoluto.
“TODA PERSOA SE MOVE POR INTERESES EGOÍSTAS”; “A AUTORIDADE
ESTATAL NON TEN POR QUÉ SER ABSOLUTA”.
- NOZICK
Nozick afirma que no estado de natureza existen uns dereitos naturais básicos, pero sobre
todo existe o dereito á autodefensa dos mesmos. Agora ben, o exercicio da autodefensa resulta
pouco efectivo, de aí que xurda espontaneamente ("man invisible") un poder coactivo único, estatal. O
Estado proposto por Nozick haberá de reducirse, pois, ao mínimo (xendarme da orde social),
radicalizando así o liberalismo de Locke e deslexitimando o Estado social de benestar.
“BUSCO O LIBERALISMO EXTREMO”; “DEFENSA ILIMITADA DA PROPIEDADE
PRIVADA E DA AUTODEFENSA”.
9
- RAWLS Rawls retoma a idea de Rousseau de que un contrato social xusto só sería posible dende unha
situación na que os intereses particulares estivesen neutralizados. Pero lonxe do radicalismo de Kant
que pretendía eliminalos, propón que o contrato se estableza de acordo á lóxica do "veo da
ignorancia" nunha "situación orixinaria": os individuos haberán de decidir as regras básicas da
sociedade antes de saber a posición que ocuparán nela. Rawls trata de fundir, así, os postulados
básicos do liberalismo (dereitos e liberdades individuais) coa idea da igualación social e
democrática.
“O VEO DA IGNORANCIA É UN ARTIFICIO MENTAL ENXEÑOSO”; “TI DECIDES AS
REGRAS CON OUTROS SEN SABER QUÉ LUGAR OCUPARÁS NA SOCIEDADE”.
=========================================================
10
3.9. FILOSOFÍA COMO RACIONALIDADE PRÁCTICA:
3.9.1.- COSTUMES, MORAL, ÉTICA;
A ÉTICA
- COSTUMES, MORAL, ÉTICA.- Tres conceptos afíns, pero non idénticos.
- Costumes.- Hábitos de obrar do home, que non fan referencia á bondade ou maldade. Ex:
"Hai clases de ética os luns e os martes"
- Moral.- Conxunto de comportamentos, normas, principios e valores vixentes nunha
sociedade, considerados segundo a súa bondade ou maldade. Ex : "A moral ordena dici-la verdade : bo para a
convivencia social"
- Ética.- Disciplina filosófica que estuda e valora a Moral (O comportamento moral do home)
A ética estuda a moral. A moral dá os códigos morais á estudar e a ética sinala : bo-malo, xusto-inxusto.
- FEITO MORAL.- Todo acto realizado polo home, CONSCIENTE, LIBRE E VOLUNTARIAMENTE, en canto
INDIVIDUO SOCIAL, e CUALIFICABLE MORALMENTE (bo-malo; xusto-inxusto; honesto-deshonesto)
- NORMA MORAL.- Regra de conduta que determina o que hai que facer ou non facer para actuar
moralmente. ("debes dici-la verdade")
- LEI MORAL.- Regra de conduta que nos di como lograr un comportamento moral (É universal. A
norma é máis particular)
- CÓDIGO MORAL.- Sistema de normas, principios e leis morais xerais que rexen nunha sociedade.
11
- RESPONSABILIDADE MORAL.- ¿Obrigación? de responder acerca dos propios actos morais.
=================
3.10. BREVE HISTORIA DA ÉTICA.-
BREVE HISTORIA DA ÉTICA
A.- ÉTICA PRESOCRÁTICA.- 3 períodos :
---- FLORECEMENTO FILOSOFÍA
HOMERO (HESÍODO) valores morais:
LIÑAXE
ÉXITO
FAMA
---- NACEMENTO FILOSOFÍA
HERÁCLITO : Tranquilidade de espírito, por riba dos INSTINTOS. (Relativismo. Todo
flúe : "Entramos e non entramos no mesmo río : somos e non somos". Loita de contrarios)
DEMÓCRITO : Vivir para a felicidade; non en bens terreais, senón na ALMA. (Crenza
nos átomos : partículas indivisibles. Almas = nubeciñas de átomos dispersables.)
12
---- APARICIÓN SOFISTAS
PROTÁGORAS : Negación da existencia de calquera verdade obxectiva e permanente.
NON HAI LEI MORAL VÁLIDA PARA TODOS. (Leis convencionais, tanto morais como socio-políticas)
CALICLES - TRASÍMACO : A moral actual é antinatural. Para atopa-la verdadeira moral
hai que fixarse nos nenos : principio de pracer e nos animais : agresividade, a lei do máis forte.
B.- EUDEMONISMO.- (eudaimonía= felicidade) SÓCRATES -PLATÓN- ARISTÓTELES.- Á fin do home é
ALCANZA-LA FELICIDADE.
C.- HEDONISMO.- (hedoné = pracer). Pracer } ben máximo ó que pode aspira-lo home. > ARISTIPO DE
CIRENE : Goce sensual e momentáneo Nada é bo nin malo en si mesmo.
EPICURO : Busca do pracer. Fuxida da dor. A maior cantidade de pracer : pracer da alma e
pracer do corpo. Eliminar tres medos : ós deuses; á morte ; ó destino.
D.- ESTOICISMO.- ZENÓN - SÉNECA - MARCO AURELIO.- Moralidade actos humanos depende do
axuste á Natureza e á razón do home Ás veces abnegación, sacrificio, obediencia, sacrificio. Nada de
paixóns. Conciencia persoal.
E.- ESCEPTICISMO.- Postura correcta ante a vida : DUBIDAR DE TODO. Dubidar produce dor. Polo
tanto hai que chegar a un estado que se chama a IMPERTURBABILIDADE.
F.- ÉTICA XUDEA- CRISTIÁ.- Orixe : Os dez mandamentos (Sinaí). Perfeccionados no Sermón da
Montaña e no Mandamento do Amor. CRISTO : Igualdade entre os homes.
S. XIII.- SANTO TOMÁS.- Procura da felicidade. Contemplación de Deus. Face-lo ben e evita-lo
mal. Amor ó próximo. Leis naturais :
- Deber moral de conserva-la propia existencia.
- Deber moral de ter parella e procrear. Educación cristiá para os fillos.
- Deber moral de busca-la verdade e loitar pola xustiza.
G.- O FORMALISMO ÉTICO.- 2ª metade S. XVIII : Crise valores.
EMMANUEL KANT.- O deber polo deber. Imperativo categórico : "Obra de tal xeito que o
motivo da túa propia acción se poida converter en lei universal" } Liberdade propia en harmonía coa liberdade
de cada un dos demais. Santo é o que cumpre sempre co seu deber.
H.- O UTILITARISMO.- Inicios S. XIX .- Gran Bretaña Doutrina ética que identifica o ben co útil e o
mal con todo aquilo que non dea ningunha utilidade para a vida:
JEREMY BENTHAM : Utilitarismo social de carácter egoísta > A felicidade social implica a
felicidade persoal.
13
JOHN STUART MILL : Utilitarismo de carácter altruísta > Debe realizarse todo aquilo que é útil
para a sociedade, á marxe da propia utilidade.
Máxima norma do utilitarismo en xeral : "Á fin xustifica os medios"
I.- O HUMANISMO MARXISTA.- 2ª metade S. XIX.- KARL MARX:
A moral das sociedades capitalistas = opresión que unha clase social ("burguesía") exerce
sobre outra ("proletariado"). Moral inmoral que está ó servizo da inxustiza.
Fronte á moral burguesa ten que haber unha moral proletaria que transforme a humillación e o
abandono en que se atopa o home. Alienación laboral, política, relixiosa. "A relixión é o opio do pobo".
ENGELS : Igualdade de dereitos para a muller. Rexeitamento da teoría das tres K : Nenos, Igrexa, Cociña.
LENIN : Formulación do paso da sociedade capitalista á comunista.
L.- O VITALISMO BIOLÓXICO.- Alemaña. 2ª metade S. XIX.- FRIEDRICH NIETZSCHE } O valor supremo
do home é a vida, e a este valor débense someter tódolos restantes valores. A vontade de vivir é a primeira
norma de moralidade.
Moral primitiva e orixinaria : -bo = o que resulta útil e proveitoso para o home.
-malo = todo o que produce dor ou prexudica.
Nietzsche > Moral dos escravos fronte a moral dos señores. O superhome. Rexeitamento dos
conceptos de pecado e de tódalas perspectivas do cristianismo. Deus morreu. Non hai normas morais. A
vontade de poder. Camelo- León- Neno, etc.
M.- A ÉTICA DOS VALORES.- Finais S. XIX - Comezos S. XX. Alemaña.
AXIOLOXÍA ou FILOSOFÍA DOS VALORES } MAX SCHELER - NICOLAI HARTMANN : O home non
debe obrar por pracer, nin buscando utilidade individual ou social, nin por un imperativo categórico senón
buscando os valores eticamente bos e evitando os moralmente malos.
Xerarquía (Escala) de Valores :
1º) Valores relixiosos.
2º) Valores morais.
3ª) Valores materiais ou sensibles.
================
14
- Coñecementos básicos sobre o concepto e diversos tipos de democracia.
- Coñecementos básicos sobre a problemática e evolución da democracia contemporánea
Os seres humanos precisamos relacionarnos con outros semellantes para o noso desenvolvemento. Por iso,
non só establecemos relacións particulares de familia e amigos, senón que vivimos en sociedades
organizadas.
Ao longo da nosa historia, as sociedades, coa fin de mellorar a eficacia do seu funcionamento,
se organizaron atribuíndo poder a algún dos seus membros.
O poder é a capacidade de facer algo. Nunha sociedade alguén ten poder cando outros lle obedecen: é dicir,
ter poder implica ter autoridade. A autoridade, polo tanto, é o exercicio do poder sobre outros membros
dunha sociedade.
Pero, como se distribúe esa autoridade? A resposta é: a través da "función política". A política é o xeito en
que unha sociedade establece a “autoridade” que logo vai determinar como se organizan os membros desa
sociedade. O desinterese pola política, polo tanto, implica aceptar que outros organicen aspectos
fundamentais da nosa vida sen que iso nos importe.
15
Nas sociedades complexas coma a nosa, a autoridade exércese a través dun conxunto de institucións que
chamamos Estado. O Estado establece unha forma de autoridade política e un sistema económico sobre un
territorio definido e unha poboación determinada. O Estado ademais ten soberanía, é dicir, ningunha outra
institución manda sobre el.
Ao longo da historia existiron diversos tipos de Estado en función do número de persoas que exercen a
autoridade:
Consonte os motivos polos que recoñecemos poder nos que mandan, pódese falar dos seguintes tipos de
autoridade:
Autoridade carismática: se quen manda o fai porque é capaz de seducir os mandados coas súas dotes (por
exemplo, Napoleón).
Autoridade tradicional: se quen manda o fai porque así o dita a tradición (por exemplo, os reis na Idade
Media).
Autoridade legal-racional: se quen manda o fai porque os demais delegan democraticamente nesa persoa
a xestión dos seus intereses. Chámaselle así porque se atén a leis racionais (coma acontece na democracia).
16
A democracia contemporánea é froito dunha longuísima historia, chea de avances e retrocesos, e os seus
comezos son moi antigos. A cidade grega de Atenas tivo o primeiro goberno democrático coñecido (510 - 322
a.C.). Por primeira vez na historia existía unha democracia directa na cal os cidadáns, iguais ante a lei,
decidían as cuestións de goberno e se reunían en asemblea para votar sobre asllntos da cidade. Non obstante,
só podían facelo (e só tiñan a consideración de cidadáns) os varóns atenienses maiores de 18 anos e libres.
Quedaban excluídas as mulleres, os escravos e os estranxeiros, é dicir, o 90% da poboación. Aparte deste
breve intento ateniense, os réximes políticos ao longo da historia foron, na súa maioría. monarquías e
oligarquías que, en ocasións. incluían nas súas institucións algúns representantes do pobo.
A idea de participación do pobo no goberno non se reivindicou ata o liberalismo po1ítico do século XVIII . Na
actualidade a democracia dos estados democráticos contemporáneos é representativa e inseparable de dúas
ideas fundamentais que xa estaban presentes no liberalismo político:
O pobo deixa de ser súbdito dun monarca para converterse en cidadán dun Estado.
As diversas formas de pensar da sociedade exprésanse na pluralidade de partidos políticos.
17
Asumir que todas as persoas teñen dignidade implica asumir que todas elas teñen liberdade para decidir
sobre como queren conducir as súas vidas: todos temos autoridade sobre as nosas vidas, e por iso non
aceptamos que outros nos obriguen a vivir coma eles queiran. E se todos temos autoridade, polo que respecta
á nosa vida en común, en sociedade, esa autoridade debemos exercela todos, é dicir, todo o pobo. Por iso, a
autoridade política lexítima é a democrática, a que nace do goberno do pobo.
A democracia é a forma de poder político na cal a soberanía reside en todos e en cada un de nós, é dicir, no
pobo (soberanía popular). O pobo é o soberano e exerce a súa autoridade a través dos órganos
constitucionais que o representan.
Agora ben, resultaría bastante difícil que todo o pobo á vez tomase todas as decisións que afectan á nosa vida
en comunidade. Logo, como expresa o pobo a autoridade que ten?: votando nun sistema en que todo o
mundo ten dereito a votar (sufraxio universal). Polo tanto, mediante sufraxio universal establécese a
autoridade á que denominamos legal-racional. E como toda autoridade que cada un ten sobre a súa propia
vida é a mesma para todos, todos os votos contan por igual: unha persoa, un voto.
18
Calquera Estado democrático debe recoller os principios básicos da súa organización nunha lei fundamental
(non hai ningunha lei superior) que estableza o modo de goberno, os dereitos dos cidadáns e o tipo de
economía e de sociedade que a comunidade quere. Esta lei é a Constitución do Estado.
A constitución dun Estado democrático debe recoñecer os dereitos humanos dos seus cidadáns e promover as
medidas precisas para a súa protección -que ninguén poida arrebatar eses dereitos-; a esta esixencia
chámaselle constitucionalismo dos dereitos humanos.
O Estado debe establecer as medidas precisas para que os cidadáns exerzan o seu dereito ao voto con todas
as garantías posibles, que aparecen a continuación.
Recoñecemento e protección das liberdades civís: liberdade de pensamento, de expresión, de reunión e de
asociación, de xeito que todos poidan coñecer as ofertas electorais.
Regra das maiorías: o acordo maioritario determinará as decisións políticas e as eleccións dos
representantes.
Respecto ás minorías: as decisións da maioría nunca poden ir contra os dereitos das minorías.
Ademais, o Estado debe garantir que todos os cidadáns poidan ser candidatos aos cargos públicos e que o
voto sexa secreto, para que ninguén poida coaccionar os votantes.
O Estado é o conxunto de institucións que garanten os dereitos e liberdades dos cidadáns. Mais como esas
institucións teñen poder sobre os cidadáns, hai que evitar que o Estado se converta nun mecanismo de
opresión. Para conseguilo, cada un dos poderes debe estar encarnado nun organismo independente.
19
O Estado ten tres poderes que deben exercerse de maneira autónoma:
O poder lexislativo é o encargado de elaborar as leis, tarefa a que se dedica fundamentalmente o
Parlamento.
O poder executivo leva a cabo as medidas políticas, sociais e económicas que sexan precisas para
desenvolver os proxectos que incorporan as leis; este é o labor principal do goberno. O goberno é tamén
responsable do mantemento da orde pública a través das forzas de seguridade do Estado (en España: a Garda
Civil, a Policía Nacional e as Policías Autonómicas).
O poder xudicial encárgase de xulgar –e corrixir-, a través da figura dos xuíces e fiscais, os cidadáns,
organismos e institucións que incumpran a lei.
Esta separación de poderes presenta dúas vantaxes para garantir o funcionamento democrático do Estado:
Evita a concentración de todos os poderes nunha soa institución (se todos os poderes estivesen reunidos
nunha mesma institución, sería dificilísimo o seu control).
Evita que un poder do Estado interfira nos outros poderes para o seu propio beneficio.
O Parlamento é o representante da soberanía nacional. Por iso, os parlamentarios, elixidos mediante sufraxio
universal, gozan de inmunidade procesual: salvo delito flagrante, un xuíz non pode deter ou procesar un
parlamentario sen autorización do Parlamento. Por qué? Imaxina que os xuíces fosen maioritariamente
contrarios a unha lei determinada: para obstaculizar a súa aprobación, o único que terían que facer o día da
súa votación no Parlamento sería chamar a declarar a algúns dos parlamentarios favorables á lei que tivesen
xuízos pendentes.
O Parlamento elixe o xefe do Goberno, quen, á súa vez elixe libremente os seus ministros e leva a cabo o
labor executivo. Por exemplo, a lei establece que a vivenda é un dereito fundamental dos cidadáns, así que o
goberno ha de instituír as medidas necesarias para que os cidadáns poidan gozar desde dereito: construír a
menor custo, facilitar axudas para a compra ou aluguer, etc.
o poder xudicial tamén ten a función de vixiar que os outros dous poderes leven a cabo o seu labor
respectando as leis. Por exemplo, ás veces, o Parlamento, sen sabelo, aproba leis ou o goberno dita medidas
que son contrarias ao que establece a Constitución; logo, o poder xudicial -a través do Tribunal
Constitucional- intervén para cumprir a Constitución.
20
Se un Estado cumpre todos os requisitos anteriores, falamos dun Estado democrático de dereito. Se ademais
ten, como debe, unha fonda preocupación por cumprir os dereitos sociais, falarnos dun Estado social e
democrático de dereito -por exemplo, o Estado español-.
Un Estado democrático ten que desenvolver as institucións precisas para garantir o goce dos dereitos
humanos aos seus cidadáns.
Para garantir o dereito básico de elixir os representantes da soberanía e o goberno son necesarias algunhas
condicións:
Deben existir tantas opcións políticas como queiran ofertar os cidadáns á sociedade, e isto implica:
Diversos partidos políticos, con persoas que dediquen o seu tempo a concretar propostas, informar delas á
sociedade e asumir os cargos políticos resultantes das eleccións.
Medios de comunicación, independentes e abertos ao público, nos que os diversos partidos políticos
poidan expoñer as súas propostas: televisión e radios públicas. paneis municipais...
Para garantir o dereito ao voto, téñense que confeccionar e publicar listas electorais (censos) para
determinar quen pode exercelo, papeletas de todas as opcións, colexios electorais con cabinas para o voto
secreto, comités electorais que controlen o voto e conten as papeletas, policía para evitar coaccións e
disturbios, xuntas electorais que vixíen a legalidade do proceso...
Os representantes da soberanía popular deben ter unha sede onde reunirse para falar, o Parlamento, cuns
despachos para traballar nas súas comisións con todos os medios materiais precisos (secretarios, vixilantes,
servizo de limpeza, etc).
21
Polo que se refire aos dereitos sociais, precísanse tamén algunhas condicións.
Os cidadáns teñen dereito a un traballo digno. E isto require:
Sindicatos que defendan os intereses dos traballadores, con persoal para concretar propostas de
negociación, asistir a asembleas informativas, a reunións de negociación... E o mesmo no que se refire aos
intereses da patronal (os empresarios, é dicir, os que dan o emprego).
Cobertura de desemprego para cando o traballador queda sen traballo. E pensións para os que
sofren unha discapacidade, padecen unha enfermidade que lles impide traballar ou que alcanzaron xa a idade
de xubilación.
Todos os cidadáns sen excepción e durante toda a súa vida, teñen dereito a atención sanitaria.
Isto require medidas preventivas -campañas de vacinación, de información sobre consumo- e curativas, con
ambulatorios e unha enorme rede de hospitais con médicos, ATS e toda a infraestrutura para atender os
pacientes.
Os cidadáns teñen dereito á educación, e isto esixe unha rede de educación universal, pública e
gratuíta en todo o seu tramo obrigatorio (Primaria e ESO) , con centros educativos, profesores e toda a
infraestrutura precisa. E na ensinanza posobrigatoria, institutos e universidades, con becas que permitan
estudar a quen o mereza e non teña recursos económicos.
E para gozar destes dereitos políticos e sociais, os cidadáns precisan que se cumpra a lei, e para iso son
precisos xuíces, fiscais, policía, cárceres, etc.
22
Para que as institucións funcionen, o Estado debe empregar unha cantidade enorme de traballadores nas
distintas administracións públicas.
O Estado intervén directa ou indirectamente en todas as realidades relacionadas cos dereitos dos cidadáns
(rúas, ferrocarrís, museos, bibliotecas, protección civil, bombeiros, etc). Ademais, como os dereitos son de
todos, e non só dos cidadáns do propio Estado, o Estado democrático participa na promoción de políticas de
solidariedade e xustiza internacional. Como todo isto custa diñeiro, é precisa unha Facenda pública que, a
través dos impostos, consiga os recursos necesarios para satisfacer as esixencias de dereitos dos cidadáns.
Por iso, os cidadáns debemos ser conscientes de que:
Os servizos públicos non son gratuítos: os dereitos que gozamos custan diñeiro.
Quen goza dun dereito está recibindo unha prestación económica.
O grao de goce dos nosos dereitos está directamente relacionado cos orzamentos do Estado e coas
políticas tributarias dos gobernos, é dicir, de recadación de impostos, xa que se precisan fondos públicos para
poder garantilos.
No noso pasado máis recente a democracia non foi un sistema maioritario no mundo, ata o punto que
podemos chamar o século XX “o século das ditaduras".
Os principais réximes totalitarios son os seguintes:
O fascismo (que inclúe, entre outros, o nazismo alemán e o franquismo español), cuxas características
fundamentais son: hai un ditador que suspende o Estado de dereito e converte a súa vontade en lei,
concentra os poderes lexislativo e executivo e controla o poder xudicial; suprímense as liberdades civís, os
partidos políticos e os sindicatos, e extermínase o opositor. Con frecuencia, adoita aliarse cos que loitan
contra os movementos obreiros.
O comunismo "real” (que inclúe o stalinismo soviético, o maoísmo chino...) impón a planificación
política da economía (o Estado, propietario de fábricas e campos, decide aquilo que se produce así como o
seu prezo) , suprime as eleccións e os partidos, persegue os disidentes e instaura o "culto" ao ditador (Stalin,
Mao).
23
As ditaduras militares foron moi frecuentes nos estados americanos e africanos. Nelas, os máximos
dirixentes militares, despois dun golpe de estado, fanse co control do goberno, o Parlamento e os tribunais
de xustiza.
Todo isto pon en evidencia que a democracia non é nunca unha conquista definitiva dos cidadáns, polo que
hai que valorala e defendela continuamente.
24
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE I.-
5.1.- O SISTEMA NERVIOSO.-
A) PARTES DO SISTEMA NERVIOSO.-
A actividade psíquica dende as manifestacións máis elementais ata as máis complexas ten un
fundamento biolóxico constituído polas propiedades e funcións do sistema nervioso.
O desenvolvemento da neurofisioloxía (neuroloxía) contribúe ao desenvolvemento da ciencia
da conducta, pero sen esquecer que o ser humano ademais da súa dimensión somática ten unha
dimensión de subxectividade que escapa ao dominio da neurofisioloxía-neuroloxía.
O sistema nervioso humano adoita dividirse en:
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL OU NEUROEIXE. (SISTEMA DA VIDA DE
RELACIÓN).
Denominado S.N.C., é o que preside as relacións co mundo exterior.
Está constituído pola médula espiñal (nervios raquídeos) e o encéfalo (nervios craniais).
MÉDULA ESPIÑAL :Sitúase no interior da columna vertebral.
Se facemos unha sección transversal, observariamos o seguinte:
A Materia gris está formada polos corpos celulares das neuronas.
A Substancia branca son fibras de transmisión.
As Raíces dorsais é por onde entran os impulsos sensoriais.
25
ENCÉFALO : Está situado na cavidade cranial.
É a parte máis voluminosa do neuroeixe. Indo dos segmentos inferiores aos superiores
atopamos:
- o ROMBENCÉFALO, constituído por dúas formacións en continuidade coa médula espiñal,
que son:
- O BULBO RAQUÍDEO
- O CEREBELO,
e por outra formación chamada a PROTUBERANCIA ANULAR.
A protuberancia anular continúa cun breve segmento:
- O MESENCÉFALO.
O Rombencéfalo máis o Mesencéfalo forman un cordón denominado:
- TRONCO DO ENCÉFALO.
Por último, teremos o:
- CEREBRO, que comprende:
- O DIENCÉFALO, que ten dous TÁLAMOS e un HIPOTÁLAMO.
- O TELENCÉFALO, que está moi desenvolvido, e no ser humano divídese en
DOUS HEMISFERIOS CEREBRAIS.
SISTEMA NERVIOSO DA VIDA VEXETATIVA.
É a sección do sistema nervioso que regula e coordina o funcionamento dos diversos órganos e
aparatos do organismo.
26
É relativamente autónomo, aínda que está en conexión co S.N.C.
Ten dúas seccións:
O SIMPÁTICO : Ten os seus centros propios na médula espiñal. Tende
a poñer o organismo en condicións de defensa ou agresión (ataque) ante situacións desfavorables.
O PARASIMPÁTICO : Formado por neuronas “efectoras” colocadas no tronco do encéfalo
e na porción sacra da médula. Ocúpase de procesos de conservación e aforro no funcionamento dos
órganos.
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO.
Comprende os nervios sensoriais, que levan os estímulos dende a periferia (sentidos) ata o
S.N.C. e os nervios motores, que transportan a resposta dende o S.N.C. ata a zona estimulada.
27
B) A NEURONA.-
O tecido nervioso está esencialmente constituído por células nerviosas e fibras nerviosas.
As células nerviosas denomínanse NEURONAS.
A neurona está formada, esquematicamente, por un NÚCLEO, un CITOPLASMA e unha
MEMBRANA.
O citoplasma ten numerosas ramificacións breves chamadas DENDRITAS. E unha
ramificación bastante longa chamada NEURITA.
Para formar a fibra nerviosa, a neurita revístese dunha especie de “manguito” cunha substancia
illante (mielina) e así temos o CILINDRO-EIXE OU AXÓN.
Podemos observar isto mellor nos seguintes debuxos dun dos posibles tipos de neuronas:
DENDRITAS
NÚCLEO
NEURITA
(CILINDRO- EIXE) AXÓN
RAMIFICACIÓNS
TERMINAIS
ou GRT
NEURONA = O CORPO CELULAR + DENDRITAS + NEURITAS
+ FIBRA NERVIOSA + RAMIFICACIÓNS
28
A neurona é a verdadeira unidade anatómico-funcional do sistema nervioso.
As propiedades do tecido nervioso son a EXCITABILIDADE e a CONDUCTIBILIDADE.
Para a fibra nerviosa é válida a LEI DE TODO OU NADA. Respóndese ao estímulo dun
xeito máximo, unívoco, sexa cal sexa a súa intensidade. (Non se debilita o sinal, se é que pasa).
TIPOS DE NEURONA.-
Un dos temas fundamentais dentro do apartado da Neurona é:
A SINAPSE.-
A sinapse é a contigüidade ou “contacto” entre as ramificacións terminais dunha neurona
e as dendritas doutra. Prodúcese gracias a MEDIADORES QUÍMICOS. Non hai continuidade
directa (“contacto”) entre dúas neuronas. A transmisión do impulso nervioso na sinapse ten lugar nun
sentido único.
Vexamos un esquema do impulso nervioso na fase eléctrica:
29
REPOUSO IMPULSO
+ + + + + + + + - - + +
- - - - - - - - + + - -
- - - - - - - - + + - -
+ + + + + + + + - - + +
Pode haber sinapse excitadora e sinapse inhibidora.
5.2.- O APARATO ENDOCRINO.-
Constituído por glándulas endocrinas que segregan unhas substancias denominadas
HORMONAS.
As principais glándulas endocrinas son:
- HIPÓFISE
- TIROIDE
- PARATIROIDE
- SUPRARRENAIS
- OVARIOS
- TESTÍCULOS
- GÓNADAS
30
O aparato endocrino inflúe:
- Nas funcións nerviosas.
- No desenvolvemento dos caracteres sexuais.
- Na conducta emocional.
- Nos procesos biolóxicos, como o crecemento e o metabolismo.
5.3.- OS SENTIDOS. A SENSACIÓN.-
5.3.1.- DEFINICIÓN DE SENSACIÓN.-
A sensación pódese definir coma un fenómeno psíquico orixinado pola excitación dun órgano
sensorial. Esta excitación é producida por un estímulo.
Podemos distinguir tres fases na sensación:
1) Fase física: emisión dun estímulo, ben do mundo exterior ou do noso organismo.
2) Fase fisiolóxica: alteración que produce o estímulo nun dos nosos sentidos e os
posteriores fenómenos neurofisiolóxicos que provoca.
3) Fase psíquica: coñecemento da cualidade sentida: cor, olor, audición…
31
5.3.2.- TEORÍAS DOS LIMIARES.-
Só é estímulo aquel factor que ten capacidade para producir a excitación dun órgano
sensorial.
Esta capacidade depende dunhas características cuantitativas. Segundo estas características
temos os chamados limiares.
Limiar mínimo: É a menor cantidade de estímulo necesaria para provocar unha sensación
consciente. (p. ex: menos de 16 vibracións sonoras p/s non son perceptibles para o ser humano; p. ex:
non é perceptible unha lonxitude de onda de cor violeta de 380 ou menos milimicras).
- Limiares mínimos do ser humano segundo E. Galanter (Psicofísico actual):
Vista: Nunha noite escura e espellada é posible ver a chama dunha vela a máis de 45 Kms.
Oído: Cun silencio axeitado o tictac dun reloxo de pulseira pode oírse a máis de seis metros de
distancia.
Gusto: É posible detectar o sabor do azucre tras disolver unha culleradiña deste en sete litros e
medio de auga.
Olfacto: É posible detectar o olor dunha pinga de perfume nun piso de tres habitacións.
Tacto: Pódese sentir a á dunha abella que caera sobre a meixela dende 1 cm. de distancia.
Limiar máximo: É aquela intensidade de estímulo máis alá da cal non percibimos sensación.
(P. ex: a partir de 20.000 vibracións sonoras p/s xa non oímos ou en todo caso, sentimos dor;
p.ex: máis alá de 780 milimicras de lonxitude de onda de cor vermella a percepción sería invisible.)
Resulta interesante reseñar o caso das “bolboretas nocturnas”. Estas bolboretas son capaces de
captar sons de elevada frecuencia porque a selección natural fixo que sobreviviran as bolboretas
dotadas con este equipo sensorial, xa que, gracias a el, poden escapar aos morcegos que lanzan berros
agudísimos para detectar coa súa especie de “radar” os obstáculos, neste caso, os posibles obxectos
alimenticios.)
Limiar diferencial: É aquela cantidade de estímulo necesaria para que o suxeito experimente
unha VARIACIÓN na súa sensación.
(Estes limiares non son iguais en todos os seres humanos. Ex: soldados que non escoitan as
bombas e si escoitan a voz do oficial).
O limiar diferencial é o máis interesante dos limiares.
A determinación deste limiar fíxose por diversos procedementos:
1º Procedemento: Método das pequenas diferencias perceptibles.-
Consiste en:
a) Vaise aumentando progresivamente o estímulo ata que o suxeito ten un aumento de
sensación: á cantidade aumentada chamámoslle n.
b) Logo diminuímos o estímulo ata que o suxeito experimente diminución de sensación (á
cantidade diminuída chamámoslle n´)
Limiar Diferencial = media aritmética das dúas cantidades, é dicir:
n +n´
2
32
Pero os filósofos e psicólogos tentaron conseguir unha lei realmente precisa que regulase o
limiar diferencial para cada tipo de sensación, xa que esta do primeiro método non o era.
2º Procedemento: Procedemento de Weber.-
Weber, no século XIX, observou que para notar un cambio na sensación é necesario un
aumento determinado na magnitude do estímulo. A cantidade aumentada garda unha
PROPORCIÓN CONSTANTE.
De aquí sacou a fórmula:
M
L.D. = = K
M
L.D. = Limiar Diferencial.
M = Incremento da magnitude necesario para unha diferencia.
M = Magnitude do estímulo.
K = CONSTANTE DE Weber.
Tampouco esta fórmula resultou plenamente convincente e chegouse a unha terceira
posibilidade.
3º Procedemento: Procedemento de FECHNER.-
Con posterioridade a Weber, Fechner quixo dar unha formulación aínda máis precisa. Chegou
á conclusión de que todos os limiares diferencias eran subxectivamente equivalentes.
A súa fórmula:
S = K. log E
A intensidade da sensación é proporcional ao logaritmo do estímulo multiplicado por unha
constante (K de Weber).
5.3.3.- MODALIDADES DA SENSACIÓN.-
33
I) SENSACIÓN VISUAL
O estímulo está constituído por ondas electromagnéticas (o que adoitamos chamar “luz”) que
inciden na retina do ollo, onde están situados uns receptores chamados “bastonciños” e conos, que
son células nerviosas excitables pola luz.
Os “bastonciños” só son sensibles á luz débil e utilízanse na visión nocturna.
Os conos serven para a visión diúrna e só eles son sensibles á cor.
Hai dúas teorías sobre a visión da cor:
TEORÍA TRICROMÁTICA: Afirma que temos tres tipos de conos sensibles cada un
a cada unha das tres cores fundamentais (Vermello, Amarelo e Azul). Da mestura saen todas as cores.
TEORÍA TETRACROMÁTICA: Di que existen catro clases de conos. (Vermello,
Amarelo, azul, Verde). Os receptores están complementando dous a dous ás cores: VERMELLO-
VERDE; AMARELO-AZUL.
¡¡Atención: dicimos que son complementarios porque dan branco en canto mestura de
ondas, non coma botes de pintura!!
PERTURBACIÓNS DA VISIÓN DA COR:
ACROMATOPSIA: Incapacidade de percibir calquera cor, excepto branco, negro e gris.
(Ven o mundo como nunha televisión en branco e negro).
DEUTERONOPÍA (DALTONISMO): Non distinción entre vermello e verde.
TRITONOPÍA: Non distinción entre azul e verde.
II) SENSACIÓN AUDITIVA
O estímulo son as ondas sonoras recibidas polo oído externo, que a través do oído medio
chegan ao interno onde está situado o órgano de Corti, que ten unhas células ciliadas facilmente
excitables polas ondas. Percibimos entón os sons.
As cualidades propias do son son:
- intensidade: depende da AMPLITUDE da onda sonora.
34
- ton: orixinado pola FRECUENCIA das ondas. (alta agudo; baixa grave).
- timbre: depende dos SONS HARMÓNICOS que acompañan ao son principal.
III) SENSACIÓN GUSTATIVA
O estímulo son as sustancias en estado líquido. O órgano encargado de recibilas son unhas
células chamadas papilas gustativas que recobren a superficie da lingua. Así captamos os sabores:
Hai catro sabores básicos:
- DOCE
- SALGADO
- ÁCIDO
- AMARGO.
IV) SENSACIÓN OLFACTIVA
O estímulo son as sustancias volatilizadas que excitan os receptores olfatorios situados na parte
superior das fosas nasais.
Mediante esta sensación captamos os olores.
[Os olores son indefinidos en número. De todos os xeitos fixéronse clasificacións moi
discutibles.
As máis interesantes son:
O PRISMA DE HENNING (6 olores básicos. Da mestura saen todos os demais.)
pútrido
fragrante etéreo
queimado
aromático resinoso
A DIVISIÓN DE VON SKRAMLICK.- Distingue entre
- olores puros (só sensación de olor):
etéreo: o limón
fragrante: a rosa
resinoso: a trementina (resina semilíquida do terebinto e outras árbores).
cadineno: o xenebreiro (arbusto de froito rosáceo e madeira encarnada e olorosa.
aromático: a canela.
pútrido: os olores fecais.
- olores impuros ( van acompañados doutra sensación)
olor a cloroformo: acompañado da sensación doce.
olor a mentol: unido a sensación de frío.
olor a amoníaco: unido a sensación de dor.
olor a vinagre: unido a sensación de ácido.
olor a coñac: unido á sensación da calor.]
35
V) SENSACIÓN TÉRMICA
Na pel hai uns puntos sensibles á calor e uns puntos sensibles ao frío, polo
que se fala do sentido da calor e do frío.
Aínda non está clarexado cáles son os verdadeiros órganos receptores destas sensacións. As
principais teorías son as de BAZETT (biopsias) e JENKINS.
O que si se comprobou é que os receptores da calor están a máis profundidade que os do frío.
VI) SENSACIÓN TÁCTIL
Sensación pouco coñecida. Captamos con ela o duro e o brando, o liso e o rugoso, é dicir, o
contacto dos obxectos.
Non se coñece ben o órgano receptor, aínda que parecen ser os CORPÚSCULOS DE
MEISSNER situados na epiderme e os de VATER-PACINI, situados na derme.
VII) SENSACIÓN ALXÉSICA
Mediante ela sentimos a dor. O órgano receptor semellan ser unhas terminacións libres
nerviosas da “pel”.
(En principio, calquera estimulación, ao alcanzar unha elevada intensidade podería producir
dor).
VIII) SENTIDO DO EQUILIBRIO
O seu órgano receptor parece que son os tres canais semicirculares e o órgano vestibular,
todo isto dentro do oído interno. Mediante este sentido captamos a posición do noso corpo.
IX) SENTIDO CINESTÉSICO OU MUSCULAR
Mediante el coordinamos a actuación dos nosos músculos dun xeito automático. Os
órganos receptores son unhas terminacións nerviosas situadas nos tendóns e nas xuntas articulares.
Anomalía ARRITMIA: falta de coordinación nos movementos.
X) SENTIDO CENESTÉSICO
Gracias a el coñecemos o estado xeral do noso organismo: sensación de fame, sede, saúde,
etc. Pode que inflúa moito o HIPOTÁLAMO.
36
5.4.- A PERCEPCIÓN
5.4.1.- DEFINICIÓN DE PERCEPCIÓN
Parece ser que o suxeito consegue estructurar a información sensorial nun proceso activo e
creador que vai máis alá das sensacións.
Podemos dicir entón que a percepción consiste na estructuración dos datos sensoriais mediante
a que o suxeito realiza unha síntese creadora e captadora dos obxectos.
5.4.2.- PERCEPCIÓN DA FIGURA E DO FONDO
A percepción máis simple é a dunha figura sobre un fondo. Tanto unha coma outro teñen unhas
características sinaladas por RUBIN en 1.921.
a) Características figura e fondo.
As da figura son:
1) Posúe unha forma precisa, cos seus caracteres e límites ben deliñados.
2) Percíbese máis próxima ao suxeito co fondo.
3) Ten unha estructura perfectamente captada.
4) O seu tamaño é menor co do fondo, no que queda encadrada.
As propiedades do fondo son opostas á figura.
b) Principios explicativos de por que a figura se capta coma figura e o
fondo coma fondo e non á inversa.
Estes principios son os seguintes:
- Principio do tamaño.- A superficie máis pequena constrúese coma figura e a maior
coma fondo.
- Principio da simplicidade.- A percepción da figura e do fondo realízase sempre de
maneira que resulte o máis sinxela posible.
- Principio do envolvente e do envolto.- A superficie envolvente cáptase coma fondo e
a envolta coma figura.
37
- Principio da reversibilidade.- En ocasións a percepción figura-fondo é reversible: o
que era fondo pasa a ser figura e o que era figura pasa a ser fondo.
c) Percepción da figura.
A estructuración da figura non se fai ao chou senón que se regula por unha serie de normas. As
principais son:
1) Lei de proximidade.- Os obxectos próximos entre si tenden a seren integrados nunha
mesma figura.
2) Lei de semellanza.- Os obxectos que son similares ou parecidos tenden a seren
integrados nunha mesma figura.
3) Lei de continuidade.- Os obxectos que aparecen nunha sucesión de continuidade
tenden a seren integrados nunha mesma figura.
4) Lei de clausura.- Téndese na percepción a clausurar, é dicir, a pechar a figura, a
completar a figura que semella incompleta.
5) Lei da boa forma ou lei de pregnancia.- A percepción realízase no sentido da figura
mellor, máis sinxela. Co menor gasto de enerxía: "principio de economía da información" (Unido ao
principio da simplicidade).
6) Lei do contraste.- Un mesmo elemento segundo a súa relación cos demais
compoñentes da figura pode ser percibido como maior ou menor.
5.4.3.- ANOMALÍAS DA PERCEPCIÓN
A percepción, ademais de factores moi próximos á fisioloxía, depende doutros aspectos como:
- A ATENCIÓN
- O ESTADO AFECTIVO DO INDIVIDUO
- OS SEUS HÁBITOS E CRENZAS.
Precisamente, debido a que estas condicións poden estar alteradas, é preciso admitir a
existencia de posibles anomalías da percepción.
Podemos distinguir tres grupos de erros perceptivos:
1.- Referentes ao obxecto mesmo:
- en canto percibimos cualidades que non ten (ERRO DOS SENTIDOS).
- en canto lle atribuamos ao obxecto cualidades que pertencen a outro (ILUSIÓN).
A ilusión adoita ter a súa orixe:
a) nunha defectuosa concentración da atención.
b) nunha profunda influencia da emotividade.
2.- Cando falta o obxecto externo. (ALUCINACIÓN).-
É unha percepción sen obxecto. As máis frecuentes son as ópticas e as acústicas. (Aínda que é
moi coñecida a alucinación do brazo ou perna fantasma, que despois de ser amputado, se sinte como
se se tivese).
38
3.- Cando o obxecto é percibido baixo uns atributos anteriores que xa non posúe
(ILUSIÓN DO XA VISTO).
5.4.4.- PERCEPCIÓN E PERSONALIDADE
Vimos como a percepción cobre cunha dimensión subxectivista ao coñecemento sensorial e
ten, polo tanto, un fondo significado psicolóxico.
En primeiro lugar, se penetrara na nosa mente toda a información, que en forma de enerxía
estimulante, chega constantemente aos nosos sentidos, viviriamos nun caos de impresións carentes de
significado.
En virtude de complicados procesos nos que se poñen en xogo os sistemas de alerta e
activación troncoencefálicos, a nosa sensibilidade non se limita a reflectir o que ocorre ao noso redor.
Os mecanismos atencionais encárganse de filtrar a información que nos chega, reforzando algún dos
seus aspectos ou ignorando ou minimizando outros.
39
Tal vez deberamos afirmar que, incluso tratándose de obxectos físicos, ¡¡NON PERCIBIMOS
SÓ O QUE TEMOS ENFRONTE, SENÓN QUE PERCIBIMOS TAMÉN O QUE LEVAMOS
DENTRO!! (Aquí radica o fundamento dos test proxectivos da personalidade).
(Poderemos citar múltiples exemplos de influencias persoais na percepción: ilusións óptico-
xeométricas: ZÖLLNER, MÜLLER-LYER, etc., ilusións subxectivas: influencia da fame, do valor
dos obxectos; tema da SUXESTIÓN).
========================================================
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE II.-
5.5.- A IMAXINACIÓN: DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.-
Podemos definir a imaxinación como a facultade de evocar imaxes libres que non
dependen ou non teñen por que depender de ningún estímulo externo.
A nosa imaxinación non funciona sempre de modo voluntario. Temos así imaxes:
Hipnagóxicas.- Preceden ao soño ou están nas primeiras fases superficiais do
mesmo (oír voces, sensación de caer da cama).
40
Oníricas.- Durante o soño. Son totalmente incontroladas e semellan absurdas. A
psicanálise de Freud e o seu discípulo Jung cre que os soños son a expresión “simbólica” dos nosos
impulsos secretos, reprimidos durante o estado de vixilia, pero que afloran dende o inconsciente en
forma de imaxes oníricas enmascaradas.
Ensoñacións.- Durante a vixilia. Creamos situacións novas que nos serven para
escapar da realidade. É unha forma típica de evasión (estar na clase e pensar nas vacacións, na fin de
semana ou nas vacas pastando no monte, vai ti saber).
Alucinacións.- Durante a vixilia. Son imaxes que non pode controlar o suxeito, que
se lle “impoñen” (“delirium tremens”, “subida de ácido”…).
41
Por outra banda as imaxes levan ou poden levar consigo unha certa carga de afectividade ou
carga afectiva (angustia despois pesadelos, imaxe luns – imaxe venres…) e tamén teñen o chamado
poder dinamoxénico, é dicir, que teñen a capacidade de producir en nós unha resposta motora (rir
pensando en imaxes de feitos cómicos, mover os pés e mans imaxinando unha melodía…).
Por último sinalar que as imaxes máis fieis á realidade son as ICÓNICAS, que son imaxes
normais e logo as EIDÉTICAS, que son imaxes inmediatamente consecutivas a unha percepción
(obxecto retirado, longa exposición luz bombilla…).
5.5.1.- IMAXINACIÓN REPRODUCTORA E IMAXINACIÓN CREADORA
(FANTASÍA).-
A imaxinación reproductora limítase a recordar o xa percibido, e neste sentido é máis
memorística.
Na imaxinación creadora ou fantasía prodúcense imaxes novas ou dalgún xeito establecemos
situacións novas nas que as imaxes coñecidas se combinan dun modo novo.
Estrictamente falando, todas as imaxes por novas que sexan teñen o seu fundamento noutras
previas, polo que poderiamos falar de imaxinación COMBINADORA.
O proceso de formación de imaxes “novas” ou “creadoras” a partir das icónicas faise mediante
varias opcións:
1) Combinación de dúas ou máis imaxes: esfinxe = ser humano+muller.
2) Aumento: xigante.
42
3) Diminución: ananiños.
4) Adición de certas características: unicornio.
5) Supresión de certas características: cíclope.
6) Pequenas variacións ou alteracións: Cyrano de Bergerac.
Todos estes procedementos adóitanse combinar entre eles.
A imaxinación creadora ou fantasía ten unha importante función na producción literaria,
artística, científica… É considerada intelixencia.
Ao analizar os factores que inflúen na “invención” ou “creación” podemos distinguir tres
grandes grupos de factores:
a) Fisiolóxicos: estado cerebral, temperamento, herdanza…
b) Psicolóxicos: concentración, inspiración, inconsciente, factores afectivos.
c) Sociais: formas e técnicas.
5.5.2.- FORMAS DE FANTASÍA.-
Sinalaremos as seguintes:
43
1) Fantasía lúdica.- Ten un sentido finalista. O neno anticipa o seu propio desenvolvemento
mediante a adopción imaxinativa dos distintos “roles” sociais ( Exs.:“Xogar a ser papás e
mamás”, “xogar aos médicos”, “policías e ladróns”, etc.).
2) Fantasía desiderativa.- Consiste en lograr dun modo imaxinativo aquilo que a vida real
nos nega. (Ex: Imaxinar Barça basket campión de Europa)
3) Fantasía de temores.- Consiste en representarse imaxinativamente posibles fracasos,
desgracias ou penas.
Temos aquí tres opcións
a) Ante un futuro ameazador o suxeito representa de antemán unha situación adversa que lle
permite dominar a situación. (Ex: chamada director “pensei que sería peor”).
b) Pódese utilizar para evadir unha determinada acción. (Ex: “non hai nada que facer”, “é moi
difícil”, “é moito”, “non vou aprobar” “Xa non estudio”).
c) Permite previr unha desgracia. (Ex: pais, nais: “Non corras”, “chega antes de que sexa de
noite”, “mira ben ao cruzar”, etc.).
4) Fantasía planeadora.- Consiste en anticipar imaxinativamente o futuro para insertar a
acción na marcha xeral dos acontecementos. Esixe control do pensamento crítico e
reflexión. (Ex: facer “planes” para unha viaxe = planificar ou planear).
5) Fantasía creadora.- É propia doa artistas, científicos… Busca atopar u oculto das cousas.
(Exs: calquera libro, disco, pintura, descubrimento…)
5.5.3.- PATOLOXÍA DA IMAXINACIÓN.-
Sinalaremos tres patoloxías fundamentais:
1) Delirios: Avultamento, esaxeración de soños normais.
2) Fabulación: Contar historias reais para chamar a atención ou para conmover ou interesar.
Utilízase normalmente para compensar deficiencias propias.
3) Mitomanía: Tendencia patolóxica á mentira ou simulación.
44
5.6.- A MEMORIA
5.6.1.- DEFINICIÓN DE MEMORIA.-
O primeiro que temos que sinalar é que hai unha gran conexión entre a imaxinación
reproductora e a memoria.
Podemos definir a memoria como a capacidade de reproducir as imaxes do pasado.
De acordo con esta definición, acéptase a existencia de dous procesos distintos na memoria:
a) proceso de adquisición
b) proceso de conservación.
5.6.2.- TIPOS DE MEMORIA.-
Podemos clasificar a memoria dende distintos puntos de vista:
45
A Polo tempo que duran os recordos:
- MEMORIA A CURTO PRAZO (M.C.P.) OU INMEDIATA (M.I.)
- MEMORIA A LONGO PRAZO (M.L.P.)
M.C.P. ou M.I. retén unha aprendizaxe durante un período de pouco tempo (segundos,
minutos, como moito horas)
M.L.P. pode reter durante días, meses, anos… (A M.L.P. almacena incluso de forma
inconsciente polo que facilita a reaprendizaxe )
B Pola maneira de gravar os recordos (Polo obxecto representado):
- MEMORIA MECÁNICA OU PERCEPTIVA
- MEMORIA DE SENTIDO OU SIGNIFICADO
Memoria mecánica Recorda sobre todo: caras, nomes, datas… É unha
aprendizaxe memorística
Memoria de sentido ou significado Produce unha aprendizaxe que busca
COMPRENDER PARA APRENDER . Busca o significado, a ESTRUCTURA DAS COUSAS.
5.6.3.- O ESQUECEMENTO.-
Podemos definir o esquecemento como a imposibilidade de reproducir percepcións pasadas
que foron fixadas e a pesar do esforzo realizado polo suxeito para lembralas.
É un fenómeno normal no psiquismo humano. Incluso necesario. Así, xunto á
MNEMOTECNIA = TÉCNICAS PARA FACILITAR O RECORDO, temos a LETHOTECNIA =
TÉCNICAS PARA ESQUECER O QUE NON É INTERESANTE.
46
As causas do esquecemento son fundamentalmente:
a) Unha fixación deficiente da imaxe = mala aprendizaxe.
b) A interferencia do aprendido con novas aprendizaxes.
c) A represión. Segundo a Psicanálise tendemos a esquecer aquilo que nos desagrada.
5.6.4.- ENFERMIDADES DA MEMORIA.-
Poden ser enfermidades por defecto ou por exceso.
AMNESIAS
AFASIAS
Perda ou diminución da memoria.
a) Amnesia anterógrada.- Imposibilidade de adquirir recordos a partir do momento no que
se ten a enfermidade. Falla a fixación de imaxes.
b) Amnesia retrógrada.- Non se poden evocar as imaxes de acontecementos pasados que xa
foran fixados.
Tipos:
- Amnesias “lacunares”: período determinado do pasado, datas determinadas.
- Amnesias electivas: imaxes dun suceso ou persoa.
- Amnesias progresivas: vaise estendendo o grao de acción.
Por
defecto
Por defecto
47
Amnesias moi “especializadas”.
a) Apraxias: Perturbacións das imaxes motoras reguladoras dos movementos.
- Apraxia verbal = esquecemento da articulación das palabras.
- Agrafia = esquecemento das imaxes motoras da escritura.
b) Agnosias: Perturbacións conxuntas da memoria e da percepción. Imposibilidade de
recoñecer obxectos.
- Agnosia visual ou cegueira psíquica = alexia
- Agnosia auditiva = xordeira psíquica.
A) HIPERMNESIA
B) ECMNESIA
C) PARAMNESIA
A) Exceso de recordo. (Febre, somnambulismo, hipnose, perigo de morte??)
B) Alucinación do pasado. O pasado volve ser vivido (non lembrado) de novo. É un estado
durante o que o suxeito revive escenas completas do seu pasado como se fosen presentes. (epilepsia,
histeria, onirismo??)
C) Ilusión do xa vivido. O presente é tomado como algo pasado. Temos conciencia de
que o que estamos a vivir xa o viviramos nun momento do pasado. Sería algo máis que o “deja vu”.
(suplir mediante fabulacións lagoas da memoria, reencarnación…??)
=========================================================
AFASIAS
Por exceso
Por exceso
48
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE III.-
5.7.- A INTELIXENCIA HUMANA.-
Tanto o ser humano como o animal viven inmersos nun ambiente
que, se para o animal é sobre todo físico e biolóxico, para o ser humano é ademais social e espiritual.
Unha primeira definición xeral da intelixencia sería a que di que: intelixencia é a facultade
que nos permite poñernos en contacto coas cousas dun xeito racional.
Por isto: A MELLOR DEFINICIÓN DE INTELIXENCIA É QUE A INTELIXENCIA É A
CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN ANTE NOVAS SITUACIÓNS.
5.7.1- SENTIDO DA CONDUCTA INTELIXENTE.-
Mentres as relacións entre o individuo e o mundo que o rodea se manteñan no que chama
STERN: AUTOEVIDENCIA, é dicir, mentres non se produzan problemas, o suxeito non necesita
actuar intelixentemente. Pero isto ocorre poucas veces, no que se refire ao ser humano, xa que o que
caracteriza as relacións ser humano-ambiente é a súa INESTABILIDADE e a súa COMPLEXIDADE
CRECENTE. En tales circunstancias, vémonos obrigados a realizar un proceso intelectivo para dar á
situación unha resposta axeitada.
49
Esta capacidade de solucionar situacións atopámola nalgúns animais moi evolucionados, e
sobre todo, no ser humano. Pero este comportamento intelixente implica tres factores fundamentais no
suxeito:
a) COMPRENDER A SITUACIÓN
b) INVENTAR A SOLUCIÓN
c) ACTUAR EN CONSECUENCIA.
5.7.2- CARACTERÍSTICAS DA INTELIXENCIA HUMANA.-
Durante séculos, o que sucedeu, é que filósofos e psicólogos non recoñeceron outra forma de
intelixencia que non fose a humana, conceptual e lóxica, expresada a través da linguaxe.
Na actualidade, a partir dos experimentos de KÖHLER, BITTERMAN e o matrimonio
KELLOG, feitos con animais, estúdiase unha forma de intelixencia máis primitiva ca humana, pero
que se distingue claramente do instinto, aínda que non sexa abstracta (segue en feitos concretos) e
estea unida ás necesidades biolóxicas.
A esta forma “primitiva” de “intelixencia animal” adóitaselle chamar
INTELIXENCIA PRÁCTICA,
deixando para a “intelixencia do ser humano” as denominacións de
ENTENDEMENTO e RAZÓN.
A orixe do que denominamos INTELIXENCIA PRÁCTICA atópase no que BERGSON
chamou “A EVOLUCIÓN CREADORA”.
50
Segundo Bergson, primeiro apareceu a INTELIXENCIA ARTESÁ PRÁCTICA do homo
faber = homo hábilis e posteriormente xurdiu a INTELIXENCIA do homo sapiens
INTELIXENCIA RACIONAL E LÓXICA = ENTENDEMENTO ou RAZÓN.
Esta última intelixencia vai máis alá do concreto, do biolóxico, das necesidades inmediatas e
chega ata o abstracto, o non necesario bioloxicamente.
(Citar estudios KÖHLER, VATSURO, RUSSELL).
5.7.3.- A MEDIDA DA INTELIXENCIA.-
A intelixencia non se pode medir con toda precisión, como se podería, por exemplo medir a
lonxitude dunha mesa.
O que realmente se mide non é a intelixencia, senón determinados resultados da actividade da
intelixencia. É dicir, hai que recorrer ás manifestacións da intelixencia para lograr unha medida que
dalgún modo sexa indicativa da capacidade ou aptitude do individuo. Esta medida indirecta da
intelixencia realízase a través dos test mentais. Ben feitos, dan un valor de certa probabilidade sobre o
grao de intelixencia dun suxeito.
As tres cualidades básicas dun test son:
- Fidelidade: Un test aplicado dúas veces a un mesmo suxeito dá resultados idénticos.
- Sensibilidade ou finura discriminativa: Cantas máis escalas teña o test para a clasificación
dos suxeitos máis sensible é. (Se só distingue (discrimina) entre persoas “listas” e “parvas”
sería un test pouco sensible, un test malo).
- Validez: Un test é valido se mide o que debera medir. (Se é de intelixencia non ten por que
medir moralidade, ou sexa, non virían a conto polo medio preguntas tales como: “¿é
vostede bo coas demais persoas?”, etc.).
5.7.4.- UNIDADES DE MEDIDA DA INTELIXENCIA.-
1) A IDADE MENTAL.- Creada por BINET en 1908. Pensaba que a cada idade cronolóxica
do suxeito lle correspondía un nivel mental ou grao de intelixencia, ao que chamou idade mental.
Viuse que era unha unidade moi imprecisa. Foi substituída por:
2) O COCIENTE (COEFICIENTE) INDIVIDUAL.- Desenvolvido por WILHELM
STERN. Stern decatouse de que un adianto dun ano na idade mental sobre a cronolóxica non tiña o
mesmo significado aos 4 anos que aos 12, por exemplo, e supoñía un avance moito maior na primeira
idade. A súa fórmula:
51
IM
CI = ------ . 100
IC
CI= Cociente (coeficiente) individual
IM = Idade Mental
IC = Idade cronolóxica
Por exemplo, apliquemos a fórmula a un neno de 4 anos que tela unha idade mental de 5 e a
outro de 12 que teña unha idade mental de 13 e vexamos as claras diferencias:
5
CI = ------ x 100 = 125
4
13
CI = ------ x 100 = 108
12
A partir destes traballos fixo un listado dos coeficientes intelectuais segundo os resultados
acadados nos test. Así temos:
- 0 a 24: idiotas
- 25 a 49: imbéciles
- 50 a 69: débiles mentais
- 70 a 79: “borderlines” ou fronteirizos
- 80 a 89: normais mediocres
- 90 a 109: normais medios
- 110 a 119: normais superiores
- 120 a 129: superiores
- 130 ou máis: moi superiores ou xenios.
52
4) A DESVIACIÓN TÍPICA.- Aínda que a unidade de medida máis estendida é o
coeficiente intelectual, a desviación típica considérase hoxe en día a mellor de todas as
unidades de medida.
É un método complexo baseado en mostras, medias aritméticas de grupos de individuos
concretos, etc.
Por exemplo: Se a media aritmética dunha mostra de individuos é 55 e concluímos
despois de análises, test, probas, que a desviación típica (sinalada coa letra minúscula sigma
grega: ) é de 14, entón un suxeito que conseguira 83 puntos estaría +2 da zona de
normalidade. E se outro suxeito ten 41 puntos estaría a -1. Entre +1 e -1 atopariamos o
intervalo de zona de “normalidade”. Por debaixo: débiles mentais, imbéciles... e por arriba
superiores e mos superiores.
5.7.5- A INTELIXENCIA EMOCIONAL.-
====================================================
53
TEMA 5: O COÑECEMENTO. PARTE IV.-
5.8.- A VERDADE.-
A busca da verdade nace da necesidade que ten o ser humano de encontrar asas firmes que
dean sentido e orientación á súa vida.
Significados do termo verdade
O termo 'verdade' pódese utilizar en contextos diferentes con significados distintos. Así, por exemplo:
- Na orde lóxica, a verdade é a coherencia, a falsidade é a contradicción.
- Na orde epistemolóxica, a verdade é a concordancia do coñecemento cos feitos, a falsidade é a
desconformidade.
- Na orde ontolóxica, a verdade é o que é, a falsidade o que non é. A verdade é a presencia ou
manifestación do que é en realidade.
- Na orde ética, a verdade é dicir o que se pensa, a falsidade dicir o contrario do que se pensa con
ánimo de enganar.
Desde o punto de vista gnoseolóxico ou epistemolóxico pódese inferir que:
A verdade é unha relación de igualdade entre dous extremos, suxeito cognoscente e
obxecto coñecido.
Se falta un dos dous extremos, a verdade tórnase inintelixible. O suxeito que coñece emite un
xuízo sobre algo que existe independentemente do propio acto de coñecer. En si mesma considerada a
verdade é unha relación de igualdade na que interveñen tres elementos: un suxeito que é o
entendemento en acto de coñecer, un obxecto, que é o coñecido, e a igualdade que é a adecuación do
enunciado co feito que enuncia. Non se trata dunha igualdade física entre o suxeito e o obxecto senón
dunha igualdade que consiste en dicir que existe o que existe e que non existe o que non existe.
Estados da mente con respecto á verdade
• Ignorancia, estado da mente no que se descoñece totalmente o contido dun ou varios xuízos. O
recoñecemento da ignorancia desempeña un papel positivo no proceso do coñecemento, xa que serve
54
de detonante para desencadear o proceso cognoscitivo. O que ignora que é ignorante non sente a
necesidade de saber.
• Erro, falsa certeza que consiste en atribuír a un suxeito un predicado que non lle convén. Afírmase
como verdadeiro o que é falso ou como falso o que é verdadeiro.
• Dúbida, estado subxectivo de incerteza ou indecisión entre un enunciado e o seu contrario. Nin se
afirma nin se nega a verdade dun xuízo, porque as razóns a favor e en contra teñen un peso
semellante. Cando a dúbida se apodera da mente como resultado final dun proceso de decisión
convértese en dúbida escéptica. E cando se utiliza como recurso metodolóxico para conseguir unha
meta determinada chámase dúbida metódica.
• Opinión, estado no que a mente acepta un xuízo como verdadeiro, aínda que admite a posibilidade
de erro.
• Certeza, estado no que a mente se adhire á verdade dun xuízo con total seguridade. É unha
cualidade do coñecemento verdadeiro, non unha cualidade do obxecto cognoscible. Na certeza, a
mente séntese firme, segura e inamovible. Segundo o fundamento no que se basee, a certeza pode ser:
- Metafísica, cando se basea na mesma esencia ou natureza dos obxectos. O seu valor fundaméntase
en algo absolutamente necesario. A negación do xuízo que a posúe é falsa e contradictoria. Por
exemplo: o ser é, o non ser non é; todo o que é feito, é feito por outro; penso, logo existo.
- Física, cando se basea en causas físicas. A certeza física fundaméntase en leis físicas e refírese a
enunciados sobre feitos concretos rexidos por leis que o suxeito coñece. Estamos seguros de que un
anaco de ferro que se deixa caer desde un ático cae cara a abaixo, porque coñecemos a lei da
gravidade.
- Moral, cando se basea en principios ou leis morais. A certeza moral baséase en principios que
expresan a maneira ordinaria de proceder as persoas normais. Por exemplo: as nais non odian a seus
fillos; os xustos son solidarios.
====================================================
55
TEMA 6: A REALIDADE COMO TEORÍA.-
6.1.- A) O MUNDO FÍSICO E A CIENCIA.-
A concepción científica do mundo
A ciencia é un conxunto de teorías elaboradas polo home co fin de describir e explicar o
mundo físico. Por mundo físico enténdese a totalidade de fenómenos que suceden obxectivamente no
universo e poden ser percibidos por calquera suxeito.
Segundo a natureza destes fenómenos e os métodos empregados para o seu estudio e
investigación, a ciencia divídese en varias ramas. A síntese de tódolos coñecementos aportados polas
distintas ciencias particulares constitúe a concepción do mundo ou cosmovisión baseada na ciencia, a
cal é inseparable dos valores e crenzas relixiosas, estéticas, filosóficas, etc. que constitúen no seu
conxunto a cosmovisión dunha cultura e dunha época histórica.
Un dos principais defensores da concepción científica do mundo, en aberta oposición á
concepción relixiosa, foi o filósofo positivista Auguste Comte (1798-1857). O positivismo
caracterízase polo rexeitamento a calquera tipo de realidade que non sexa o feito empírico e a calquera
tipo de saber que non sexa o científico. Durante o século XX, e desde diversos campos, esta actitude
cientificista do positivismo foi sometida a fortes críticas que lle fixeron moderar as súas formulacións.
Principais ciencias teóricas AS PRINCIPAIS CIENCIAS TEÓRICAS que investigan, interdisciplinarmente e desde
diversas perspectivas, o mundo físico SON A ASTRONOMÍA, A FÍSICA, A QUÍMICA E A
BIOLOXÍA.
A astronomía estudia o conxunto de tódolos corpos e fenómenos celestes, a
súa descrición, posicións, movementos, composición, orixe e evolución.
A física estudia as propiedades xerais dos corpos materiais, os fenómenos que
lles afectan (fusión, vaporización, velocidade, radiación etc.) e as leis polas que se rexen.
56
A química estudia a composición, estructura e propiedades fundamentais dos
corpos materiais, así como as leis que rexen as reaccións entre eles e a súa transformación noutros
substancialmente distintos.
A bioloxía estudia os fenómenos referentes os seres vivos, tales como a orixe
e evolución das especies, a formación e desenvolvemento do ser vivo, a composición e organización
da materia viva, e as funcións vitais de relación, nutrición e reproducción.
Aínda que cultivadas desde a antigüidade, moi rudimentariamente e con fins prácticos e
relixiosos, as súas bases científicas actuais foron establecidas a raíz da revolución científica levada a
cabo entre os séculos XVI e XVIII no marco da cultura europea. A este respecto ALGÚNS DOS
FITOS MÁIS IMPORTANTES NA HISTORIA DA CIENCIA SON:
A formulación das leis do movemento por Galileo Galilei (1564-1642);
A teoría ondulatoria da luz por Cristiaan Huygens (1629-1695);
A lei da gravitación universal por Isaac Newton (1642-1727);
A teoría atómica por John Dalton (1766-1844);
As investigacións levadas a cabo por James P. Joule (1818-1889) sobre a relación
entre a calor, a potencia e o traballo;
A formulación da teoría da selección natural por Charles Darwin (1809-1882);
O descubrimento das leis da herdanza por Johann G. Mendel (1822-1884);
O descubrimento dos microorganismos por Louis Pasteur (1822-1895);
A formulación das leis da termodinámica por William Tohmson (1824-1907);
A formulación das leis electromagnéticas por James C. Maxwell (1831-1879);
A formulación da teoría cuántica por Max Planck (1858-1947);
A formulación da teoría da relatividade por Albert Einstein (1879-1955);
O descubrimento dos raios X por Wilheim C. Roentgen (1845-1923);
O descubrimento da radioactividade por Henri Becquerel (1852-1908) e os
esposos Fierre Curie (1859-1906) e Marie Curie (1867-1934);
A determinación da composición e estructura do átomo por Ernest Rutherford (1871-1937) e Miéis Bohr (1885-1962);
A elaboración da mecánica cuántica por Werner Heisenberg (1901 -1976) e
Erwin Schródinger (1887-1961);
O descubrimento da fisión nuclear por Otto Hahn (1873-1968) e Fritz
Strassmann (1902);
O descubrimento da estructura do ADN por James D. Watson (1928) e Francis
Crick (1916).
====================================================
57
6.1.- B) AS COSMOVISIÓNS CIENTÍFICAS.-
Cosmovisión antiga e cosmovisión moderna
Aristóteles Xeocentrismo
Xeocentrismo Tese Epiciclos e deferentes
Tolomeo Esfera das estrelas fixas
Movemento de rotación
Copérnico - Terra
Movemento de translación
Kepler - as súas tres leis
Método hipotético deductivo
Movemento uniforme
Achegas físicas Movemento uniformemente acelerado
O termómetro
Satélites de Xúpiter
Galileo Aneis de Saturno
Achegas siderais Descubrimentos manchas solares
Heliocentrismo Vía Láctea
A superficie da Lúa
Masa
Peso
Conceptos físicos Impulso
Forza
Da acción e a reacción
Leis da mecánica Da forza
Newton Da aceleración
Lei da gravitación universal
58
Cosmovisións do século XX
Tan pronto como a ciencia experimental e a tecnoloxía se aplicaron á investigación, os novos
coñecementos, tanto na dirección do Universo macrocósmico coma na do microcosmos atómico,
presentáronnos unha imaxe do Universo moi diferente. Nesta variación, desempeñou unha función
importantísima os descubrimentos do telescopio e do microscopio.
O macrocosmos do Universo
Galileo iniciou o camiño da astrofísica moderna cando se construíu un telescopio.
Diferentes científicos, como Huygens, Newton, L. Foucault, a familia Herschel, Hubble, B. Schmidt,
perfeccionárono gradualmente, ata chegar os grandes telescopios actuais, que xa non constitúen o
froito do traballo individual dunha persoa xenial, senón o producto da «Gran Ciencia», é dicir, de
programas de investigación colectiva. Tal é o caso do NTT (New Technology Telescope), o Keck,
ou o gran telescopio europeo VLT, que consiste máis ben nunha rede de telescopios que se axustan
entre si. Nos anos oitenta, co fin de evitar as perturbacións da atmosfera terrestre, recorreuse a
instalalos en satélites artificiais. Telescopios deste tipo son o IRAS e o Hubble. Así mesmo, tamén
resultan importantísimas as investigacións que se levan a cabo desde as estacións espaciais, como
a MIR rusa (que estivo en órbita desde 1986 ata 2001) e a Alfa Internacional, que é o froito da
cooperación científica entre varios Estados (os EEUU, Rusia, Europa, Canadá e outros), posta
en órbita no ano 2000.
En paralelo con este proceso, foron ampliándose as dimensións coñecidas e sospeitadas do
Universo. Galileo recoñeceu a natureza da Vía Láctea; Kant pensou que esta non era o único
sistema existente, senón que había outros mundos, aos que chamou “universos illas”. Cara ao ano
1825, J.S. Herschel, “que viu máis lonxe no Universo que ningún dos seus predecesores”, comezou a
redactar un catálogo de 2.306 nebulosas. Cara o 1924, o americano Hubble comprobou a
existencia de diferentes galaxias máis alá da nosa. Na última década, o IRAS detectou case
250.000 grandes masas cósmicas, moitas das cales eran descoñecidas ata entón. A inmensidade do
orbe celeste resulta, pois, inimaxinable e incalculable, xa que, como dixemos antes, coñecemos a
existencia de varios centos de miles de galaxias, e o diámetro de cada unha, por termo medio, adoita
calcularse nuns 100.000 anos luz.
O microcosmos atómico
59
Se o telescopio nos proporcionou a idea dun mundo inmenso, o microscopio, en sentido
inverso, descubriunos a imaxe dun contido tremendamente complexo, intricado e inesgotable no
mundo das estructuras últimas da vida e da materia (ou a enerxía). A mediados do século XIX
críase que a materia estaba constituída por átomos, compactos e macizos, que constituían o último
reducto da estructura material. A finais deste século, o ruso Mendeléiev parecía lograr reducir o
conxunto da natureza a algo menos dunha centena de elementos básicos (ordenados na súa
táboa periódica). Pero, por esta mesma época (1879), o británico Thomson descubriu o electrón, o
cal poñía de manifesto que o átomo posuía unha estructura oca e complexa. Anos despois
Rutherford amosábanos que o átomo, lonxe de constituír unha concentración densa de materia,
encontrábase esencialmente baleiro; algo así como se se tratase dun minúsculo sistema solar
(modelo de Rutherford).
Os progresos no ámbito do electromagnetismo e no da radioactividade significaron unha maior
penetración no microcosmos e, deste xeito, Plank, Einsten, Bohr, Opperheimer, Heisenberg,
Schródinger e outros moitos contribuíron a poñer de relevo que resultaba case imposible
alcanzar os límites básicos da constitución material, pois todas as partículas (protón, neutrón,
electrón, mesón) e subpartículas (quarks, antiquark, partóns) que se van descubrindo, deixan
adiviñar unha estructura complexa. En resumo, parece que tampouco por este camiño resulta
posible chegar ao final.
A teoría da relatividade
A teoría da relatividade fundaméntase na constancia da velocidade da luz e preséntanos un
mundo finito e, ó mesmo tempo, carente de límites. Os progresos en óptica (levados a cabo desde
finais do século pasado por Fizeau, Foucault e Maxwell, entre outros), permitiron establecer a
velocidade da luz no baleiro (30.000 km/s), e, ao mesmo tempo, a súa constancia con independencia
do sistema de referencia, é dicir, con independencia da situación do foco emisor. A velocidade da luz
é a máxima do universo e constitúese en principio de referencia único e universal. Polo tanto, ningún
corpo en movemento poderá supérala. Agora ben, como a velocidade da luz é finita, o espacio e o
tempo tamén han de selo, pois todo movemento ten que encontrarse dentro da súa medida (ou o que é
o mesmo, non pode existir ningunha velocidade superior a ela). Non obstante, nada impide que o
mundo varíe constantemente os seus límites, xa que todos os seus constituíntes se atopan en continuo
movemento e variación.
A teoría da relatividade restrinxida
Einstein formulou, en primeiro lugar (1906), a teoría da relatividade restrinxida. Para iso,
partiu do feito do movemento e chegou á conclusión de que a velocidade condiciona e altera o
espacio e o tempo. Sucede que tanto a distancia entre dous puntos como o intervalo temporal entre
dous sucesos constitúen magnitudes que gardan relación coa situación que ocupa o observador. Por
exemplo, se dous laboratorios marchan á mesma velocidade e na mesma dirección e o mesmo sentido,
tanto a súa velocidade respectiva como a diferencia de percorrido entrambos será nula (0), mais se
60
marchan en dirección e sentido contrarios as súas velocidades (sempre que a adición de ambas non
supere a velocidade da luz) sumaranse, dando, pois, un resultado completamente diferente. Neste
caso:
d = 2 v • t onde: d = distancia entrambos, v = velocidade,
t = tempo transcorrido.
Por outra parte, figurémonos dous lampos sucesivos (un onte e outro hoxe) ocorridos nun
determinado punto da Terra, por exemplo, no deserto do Sahara. Para os habitantes de Hawai, de
Ruanda, de Beijing ou de Santiago ambos os dous sucesos acontecerán no mesmo lugar; sen embargo,
imaxinemos unha persoa situada no Sol, outra na constelación de Andrómeda e unha terceira en Alfa
Centauro, para cada unha estes lampos ocorrerán en lugares diferentes (e a disonancia sinalada para o
espacio pode ser válida tamén para o tempo). ¿Por que? Porque dado que os residentes en Hawai,
Ruanda, Beijing ou Santiago se atopan no mesmo sistema de referencia có Sahara, percibirán tales
lampos practicamente no momento mesmo de se producir, en idéntica orde e con igual intervalo de
separación entre un e outro. Agora ben, como o Sol se atopa a 150000 millóns de quilómetros da
Terra, a constelación de Andrómeda a 2000000 anos luz e Alfa Centauro a 4500000 anos luz, o
residente no Sol veraos 8,33 minutos despois de se producir, o inquilino da constelación de
Andrómeda 19 trillóns de anos despois e o situado en Alfa Centauro moitísimo máis tarde, e durante
estes intervalos todos os sistemas de referencia cambiarán reiteradamente de lugar!!!
En consecuencia, para estes últimos, ambos lampos ocorrerán en diferentes lugares e pode
suceder que o que para os individuos situados na Terra ocorrese antes, para o da constelación de
Andrómeda ou Alfa Centauro sucedese despois. Por conseguinte, non hai nin tempo nin espacio
real e absoluto, senón que tanto un coma outro son relativos e varían coa velocidade. En
consecuencia, quedan invalidadas as interpretacións newtonianas ao respecto. E a mesma
explicación podemos aplicar á enerxía e á masa dunha partícula ou dun corpo calquera
(m= masa en repouso; c= velocidade da luz).
Isto significa que a enerxía aumenta coa velocidade e que se unha partícula alcanzase a velocidade da
luz a súa enerxía sería infinita e, no mesmo sentido, posto que a masa aumenta igualmente coa
velocidade, se un corpo ou unha partícula adquirisen a velocidade da luz, a súa masa tamén sería
infinita.
A teoría da relatividade xeneralizada A teoría especial da relatividade ten en conta todos os fenómenos físicos, salvo o da
gravitación. En cambio, a teoría xeral da relatividade, formulada cara a 1915, procura ter en conta
todas as forzas que actúan no Universo, as cales son orixinadas polas diferentes masas que se
encontran nel. Segundo isto, a materia, a enerxía e o movemento dos diferentes sistemas cósmicos son
a causa da estructura curva que adopta o Universo.
Como todos sabemos, un corpo en movemento continúa en liña recta e cunha velocidade
uniforme mentres que non actúa sobre el ningunha outra forza (lei de inercia). Agora ben, no seo do
Universo actúa unha ampla multitude de masas ('forzas') que inciden sobre os diferentes corpos,
E = m · c²
61
desviándoos da súa traxectoria. En consecuencia, a estructura do Universo estará determinada polas
masas, as enerxías e o movemento que nel operan; e, polo tanto, será curvo, xa que as forzas
gravitatorias (das masas) repercutirán sobre as traxectorias rectilíneas dos diferentes corpos (por
suposto, todos eles en movemento). Esta curvatura poderá ser comprobada atendendo a
diferentes fenómenos físicos, como, por exemplo, as vibracións electromagnéticas ou á
desviación dos fotóns ('partículas de luz') nas proximidades dunha masa. En último termo, pois,
espacio e tempo serán relativos, pero reais.
Os microcosmos humanos
Non podemos finalizar sen nos referir, aínda que só sexa superficialmente, á complexidade
do ser humano. Desde o punto de vista morfolóxico e orgánico, o ser humano, como boa parte dos
seres vivos, componse de millóns e millóns de células. Cada célula consta de dúas partes
fundamentais o citoplasma e o núcleo. O citoplasma está formado, case na súa totalidade por augas,
sales, proteínas e lípidos. O núcleo, en cambio, conten 46 cromosomas (23 pares) e entre 50.000 e
100.000 xenes e cada xen é un anaco de ADN (ácido desoxirribonucleico).
O coñecemento destas estructuras comezou cara o ano 1925 gracias os traballos do americano
Thomas Hunt Morgan sobre os cromosomas da mosca drosophila melanogaster (ou 'mosca do
vinagre'). En 1944, o médico canadense Oswald T. Avery demostrou que o ADN constituía o soporte
da herdanza Uns dez anos despois, o británico F. Crick e o americano J.D. Watson descubriron a
estructura do ADN. A partir da década dos oitenta deuse un forte avance no coñecemento dos
aminoácidos e na relación dos xenes con diferentes enfermidades. Agora ben, o maior esforzo no
coñecemento do ser humano represéntao o Proxecto Xenoma Humano. Mediante el preténdese
identificar, definir e localizar a totalidade dos xenes humanos.
Na actualidade, este proceso encontrase practicamente realizado, o que supuxo un paso de
xigante no coñecemento xenético e morfolóxico do ser humano que sen dúbida, achegará grandes
avantaxes e utilidades (corrección de afeccións dexenerativas, prevención de enfermidades
psíquicas,...). Pero, ¿ata que punto isto significará un auténtico coñecemento da persoa?
Desde o punto de vista morfolóxico, O XENOMA HUMANO COMPONSE DUNS 3.000
MILLÓNS DE ELEMENTOS, DOS CALES SÓ O 2,5 % CORRESPONDE OS XENES.
QUEDA POIS MOITO CAMIÑO POR PERCORRER AÍNDA. SEN EMBARGO, A PERSOA,
É DICIR, O QUE REALMENTE SOMOS, ¿NON SE ATOPARÁ SEMPRE MÁIS ALA DAS
ESTRUCTURAS E ELEMENTOS MENCIONADOS?
===================================================
62
6.2.- O COÑECEMENTO CIENTÍFICO: ORIXES, MÉTODO, LÍMITES.-
A) ORIXES, MÉTODOS
63
B) LÍMITES
Segundo unha tendencia moi xeneralizada, os únicos valores que interesan no campo da
ciencia son os valores como a verdade, a coherencia e a capacidade de predicción. Esta tendencia
basease na convicción de que a ciencia se ocupa do ser, de cómo é o mundo e non do deber ser,
que é obxecto da ética. Nembargantes esta opinión é pouco sostible se se entende a ciencia non só
como actividade contemplativa, senón tamén como actividade transformadora da realidade para
conseguir uns fins determinados. Neste sentido a actividade científica, en canto persegue fins e
metas, cae de cheo no campo da ética.
EXISTE UNHA INTERACCIÓN MOI FORTE ENTRE O PODER POLÍTICO E A
TECNOCIENCIA. Sen a financiación política, a investigación tecnocientífica do último século non
sería posible. Pero os Estados non financian gratis a investigación científica e tecnolóxica. O fan
para aumentar o seu poder de benestar, económico ou militar, controlando os productos da
investigación. A guerra sempre foi e segue sendo un compoñente moi importante no
desenvolvemento e uso da tecnoloxía. As revolucións militares dos séculos XV e XVI contribuíron
decisivamente á constitución das primeiras monarquías absolutas e a industrialización da guerra
coincide con procesos de colonización e intervencionismo dos Estados Occidentais en Asia, África e
América. Durante todo o século XX a guerra ou o medo á guerra moveu grandes sumas de
diñeiro en programas de investigación científica e tecnolóxica.
HABERÁ QUE ESTAR SEMPRE ALERTA PARA QUE A CIENCIA, A
TECNOLOXÍA, ESTEAN AO SERVICIO DO SER HUMANO, DA HUMANIDADE EN
CANTO BUSCA DUN MUNDO DIGNO, MELLOR, MÁIS XUSTO E SOLIDARIO. E
TENTAR CONSEGUIR QUE OS MOTORES DESTA CIENCIA E TECNOLOXÍA NON
SEXAN NECESARIAMENTE A GUERRA, OS CARTOS OU O MEDO.
6.3.- METAFÍSICAS ESPIRITUALISTAS E MATERIALISTAS.-
A METAFÍSICA É UN SABER RACIONAL QUE VERSA SOBRE A TOTALIDADE DO
REAL, A SÚA ESENCIA E PRIMEIRAS CAUSAS, E SOBRE CUESTIÓNS QUE ESTÁN MAIS
ALÓ DO SABER CIENTÍFICO. ACERCA DA ESENCIA DA REALIDADE, AS DÚAS
PRINCIPÁIS POSTURAS DADAS AO LONGO DA HISTORIA DO PENSAMENTO
FILOSÓFICO SON O MATERIALISMO E O ESPIRITUALISMO.
O MATERIALISMO sostén que só son reais as entidades materiais; que a materia constitúe
a esencia da realidade, e que o espiritual é só unha manifestación da materia. O materialismo non
nega a existencia de entidades inmateriais, só que poidan existir á marxe da materia. Para o
materialismo, o espiritual só se explica desde o material.
O ESPIRITUALISMO OU IDEALISMO METAFÍSICO sostén, polo contrario, que o
autenticamente real é o espiritual ou ideal, que o espírito constitúe a esencia da realidade, e que
tódalas entidades materiais non son máis que manifestacións dunha realidade espiritual,
superior e independente da materia.
Podemos esquematizalo do seguinte xeito:
64
6.4.- OS GRANDES PROBLEMAS DA METAFÍSICA OCIDENTAL.-
O problema ontolóxico
Un dos primeiros temas de reflexión da metafísica, e a dicir de moitos o fundamental, é o
do ser. Este concepto é o máis universal e, polo mesmo, o máis difícil de definir e o máis
problemático .A palabra «ser» ten gramaticalmente tres sentidos distintos: pode usarse como
substantivo, e neste caso é sinónimo de «ente»; pode usarse como verbo intransitivo, e neste caso
significa «existir», e pode usarse como verbo copulativo, e neste caso utilízase para atribuír cualidades
aos entes e expresar a súa esencia. En canto que toda a pluralidade e diversidade de entes son, o ser
expresa o común a todos eles.
Outro xeito de achegarnos ao significado de «ser» é mediante unha serie e contraposicións. En
contraposición á nada, o ser é algo; en contraposición ao devir, o ser é o permanente; e en
contraposición ao parecer, o ser é o real e subxacente. A pregunta metafísica polo ser é así a
pregunta polo que de real e permanente teñen os entes, e que dá razón de por qué son (a súa
existencia) e de por que son como son (a súa esencia).
Pero, aínda que tódolos entes son, non todos son da mesma maneira. Estes distintos modos de ser
dos entes permite ordenalos nunha escala xerárquica en función da maior ou menor perfección do seu
xeito de ser.
Por último, os entes non están absolutamente incomunicados na realidade, senón que manteñen
relacións de causa e efecto. Só a través das súas causas se pode dar razón dos entes.
O problema cosmolóxico
A metafísica ten reflexionado tamén sobre certas cuestións referentes ao universo, formulando
coas mesmas numerosos problemas que van máis aló das comprobacións científicas. Algunhas destas
cuestións son: ¿É o universo espacialmente finito ou e infinito? ¿Tivo o universo un principio no
tempo ou é eterno? ¿A existencia do universo permite afirmar a existencia dunha primeira
causa non material da que depende? ¿Pode a materia dividirse ata o infinito ou hai un punto no
que se ten que deter a división? ¿Tódolos acontecementos do universo están rixidamente
determinados ou existe a indeterminación? ¿Hai finalidade ou azar na natureza? Ao longo da
ESPÍRITO MATERIA
MATERIA ESPÍRITO
METAFÍSICAS
MATERIALISTAS
METAFÍSICAS
ESPIRITUALISTAS OU
IDEALISTAS
65
historia, os metafísicos teñen defendido e argumentado solucións distintas respecto destas
cuestións.
O problema antropolóxico
Un terceiro tipo de problemas metafísicos retírense a qué tipo de ente é o ser humano e qué
lugar ocupa entre o conxunto de entes da realidade Se o ser humano é o único ente que é capaz de
pensar e falar sobre o ente: ¿Como ten que ser este pensamento e este discurso para que se axuste ao
que as cousas son en realidade?
Outra das cuestións polas que se interesa a metafísica acerca do home é a de saber se,
ademais dun corpo material e mortal, posúe unha alma espiritual e inmortal, cales son a
natureza e funcións do alma, cal é a súa orixe e destino, e se é libre de elixir e obrar.
O problema teolóxico
O problema teolóxico fundamental consiste en poder determinar mediante argumentacións
racionais se Deus existe e cal é a natureza divina. Respecto da existencia de Deus, os principais
argumentos metafísicos son: o ontolóxico, o cosmolóxico e o teleolóxico.
• O argumento ontolóxico deriva a existencia de Deus da esencia divina, e da consideración de
que a existencia é unha perfección do ser. Parte este argumento da idea de Deus como un ser
perfectísimo. Se ten tódalas perfeccións.ten que ter a existencia, pois do contrario non sería
perfectísimo. Segundo este argumento, dicir «Deus non existe» é unha contradicción lóxica.
• O argumento cosmolóxico demostra a existencia de Deus a partir de feitos do mundo físico. Esta
proba baséase no principio de causalidade, segundo o cal todo o que existe ten unha causa da súa
existencia. E como non é posible remontarse nunha cadea infinita de seres intermedios que dan e
reciben a existencia, porque existe un último na serie, é necesario concluír que existe un primeiro ser
necesario, Deus, que é a primeira causa incausada de todo o que existe na natureza.
• O argumento teleolóxico, partindo do feito de que existe orde no universo, conclúe a existencia
dun ser intelixentísimo, Deus, que o goberna.
Respecto da natureza divina, a metafísica atribúelle (pola triple vía afirmativa, negativa e da
eminencia) unha serie de atributos como a subsistencia, a unidade, a simplicidade, a inmutabilidade, a
infinidade, a inmensidade, a omnipresencia, a inmaterialidade, a omnipotencia, a omnisciencia, a
liberdade, a bondade, a creación e a providencia.
Outro tipo de cuestións polas que se interesou tradicionalmente a metafísica é a de
coñecer CAL É A ORIXE DO MAL NO MUNDO E A DE SE DEUS É RESPONSABLE DO
MESMO. É dicir, se Deus é sumamente bo e Deus creou o mundo e no mundo existe o mal, ¿é
Deus responsable do mal no mundo?
Por último, a teoloxía trata de resolver o problema de se é compatible a liberdade humana
coa existencia dun Deus omnisciente e providente. É dicir, se Deus o coñece todo e o goberna
todo, sabe de antemán o que o individuo vai facer, e este ten que obrar segundo o coñecemento e
o plan de Deus.
O problema do sentido
Moitos metafísicos teñen indagado tamén sobre O SENTIDO DA VIDA HUMANA, considerada
tanto individual como historicamente. Os metafísicos cristiáns non dubidan en afirmar que Deus é
o sentido da vida, e que tódolos acontecementos históricos se axustan a un plan deseñado por El.
Desde este punto de vista, negar a Deus desembocaría no nihilismo ou ausencia total de sentido.
Desde a modernidade, non obstante, inténtase BUSCAR O SENTIDO NO HOME
MESMO, FACÉNDOLLE ASUMIR A RESPONSABILIDADE DE CONSTRUÍR E DOTAR
DE SENTIDO O PROXECTO DA SÚA PROPIA VIDA E O DA HUMANIDADE.
====================================================
66
TEMA 6: A REALIDADE COMO PRAXE. A ACCIÓN HUMANA.-
6.5.- OS MOTIVOS DO SER HUMANO.-
Ata o de agora consideramos soamente o coñecemento humano, tanto no seu aspecto sensorial
e perceptual como intelectual. Pero é obvio que o ser humano non se limita a coñecer. O coñecemento
desempeña unha importante función, pero non a única, nin tan sequera a principal. Mediante o
coñecemento, o ser humano ponse en contacto co mundo, ten "noticia" del. Pero isto determina a
posta en marcha dunha serie de "tendencias" ou "impulsos" que constitúen a parte esencialmente
dinámica do comportamento: A ACCIÓN HUMANA.
¿Por que actúan os seres humanos? ¿Cales son as determinantes da súa conducta? A acción
pódese explicar, en principio, de tres maneiras diferentes:
a) Como resposta a un estímulo externo. Aquí non habería tendencias e falariamos de "reflexos".
b) Pódese explica-la acción como proposta. Todo dependerá aquí das tendencias interiores do ser
humano.
67
c) Posición intermedia, que explique a conducta, en parte por estímulos externos e en parte por esas
estructuras internas (tendencias). É a explicación máis coherente.
Se admitimos, entón, que existe nos organismos un sistema "tendencial", haberá que tratar de
ver cales son os principais MOTIVOS HUMANOS.
O termo motivo deriva do latín "motus"= movemento. O motivo é o que move á acción,
aquilo polo que se actúa, que no ser humano adoita ter un matiz finalista ("Fago isto para conseguir tal
cousa"). Os motivos do ser humano, en xeral, están constituídos por todo aquelo que se desexa. O
desexo é o motor da acción.
Nun sentido amplo convén distingui-los motivos racionais voluntarios daqueles simplemente
biolóxicos. Hai moitas cousas que desexamos dun xeito consciente e voluntario pero tamén hai en nós
desexos que a nosa vontade non acepta (ben sexa porque se consideran perigosos ou moralmente
malos, etc.). Temos así desexos reprimidos e desexos instintivos, que aínda que non reprimamos non
son puramente voluntarios (comer, frío...)
O ser humano comparte moitos desexos básicos cos animais. Nun sentido concreto, teriamos
que dicir que os motivos son aquilo que o ser humano se propón coma fin, ou aquilo que
racionalmente lle impulsa á acción. O problema é se o ser humano pode propoñerse fins. Pero este xa
é o problema da liberdade.
6.6.- CLASIFICACIÓN DOS MOTIVOS.-
O intento de clasificar os motivos é un traballo con moitas dificultades e con dubidoso sentido
científico. Como dicía o gran psicólogo español José Luís Pinillos: “As necesidades humanas son
inclasificables, porque o ser humano é capaz de necesitalo todo, incluso o que non existe máis que
na súa imaxinación”
Os psicólogos fixeron repertorios ou listas das necesidades ou motivos básicos do ser humano.
Algunhas listas son breves, outras enormes. De todas maneiras, o importante é o criterio que se utilice
par facer estas clasificacións. O criterio que debe prevalecer é o da UNIVERSALIDADE, é dicir, que
sexan motivos de todo ser humano, alomenos cunha ampla marxe de probabilidade.
Unha primeira clasificación sería a distinción entre MOTIVOS PRIMARIOS e MOTIVOS
SECUNDARIOS.
Os primarios serían necesidades fundamentalmente biolóxicas, case sempre inevitables, que
actúan en todos os seres humanos.
Os secundarios non teñen ese carácter de ineludibles. Adoitan ter un matiz social ou cultural e
poden variar segundo as épocas, culturas, razas...
68
Podemos facer o seguinte cadro de motivos seguindo esta distinción básica:
- NECESIDADE DE OSÍXENO
A) PRIMARIOS - NECESIDADE DE COMIDA
(biolóxicos) - NECESIDADE DE BEBIDA
- NECESIDADE DE REFUXIO
- NECESIDADE DE COMPLEMENTO SEXUAL SAÚDE
MOTIVOS - SAÚDE
- SEGURIDADE
POSESIÓN - ECONOMÍA
LOGRO - PERTENZA A UN
GRUPO
- APROBACIÓN
PODER SOCIAL, PRESTIXIO
- SUPERIORIDADE
B) SECUNDARIOS SOBRE OUTROS
(sociais, culturais)
- INFORMACIÓN
COÑECER - COMPRENSIÓN
- AUTOCOÑECEMENTO
E AUTORREALIZACIÓN
Outras clasificacións dos motivos salientables son:
O único motivo das accións humanas é o EGOÍSMO
ou INTERESE PROPIO: HOBBES
TEORÍAS UNILATERAIS
O único motivo das accións humanas é a
SEXUALIDADE: FREUD
69
TEORÍA BILATERAL Os dous únicos motivos das acción humanas son:
O INSTINTO DE CONSERVACIÓN
O INSTINTO DE REPRODUCCIÓN
6.7.- DINÁMICA DA MOTIVACIÓN.-
6.7.1.- MOTIVACIÓN E AFECTIVIDADE.-
Toda a motivación humana está tinguida, recuberta por algunha afectividade, que pode ir
dende a emoción intensa ata o sentimento máis apracible, tranquilo.
A afectividade caracterízase fundamentalmente por ser unha EXPERIENCIA
ALXEDÓNICA (sentido alxésico), é dicir, unha EXPERIENCIA DE DOR E PRACER, de agrado
ou desagrado.
Os psicólogos estudiaron este complexo mundo das emocións e hai MÚLTIPLES TEORÍAS
para explicar a súa orixe.
Destas teorías o que nos interesa é que en xeral establecen que:
CONSECUCIÓN DE MOTIVOS leva emparellada VIVENCIA HEDÓNICA = PRACER
OU AGRADO.
NON CONSECUCIÓN DE MOTIVOS leva emparellada VIVENCIA DE DOR OU
DESAGRADO.
70
(Dor e pracer entendidos non só en sentido físico, senón nun sentido amplo).
Neste complicadísimo campo da afectividade, faise unha distinción básica entre
EMOCIÓNS e SENTIMENTOS, aínda que poderiamos dividir a vida afectiva en tres aspectos:
a) A emoción.- Estado afectivo intenso, pero breve. Acompañado case sempre dunha forte
conmoción somática: aumento pulsacións, suoración, rubor. Ex: torrente.
b) A paixón.- Estado afectivo intenso, aínda que menos ca emoción, pero máis duradeiro. Ex:
río.
c) O sentimento.- Estado afectivo máis duradeiro que a emoción e menos intenso que a
paixón. Ex: mar.
Exemplos psicolóxicos: Emoción medo, ira
Paixón amor (“paixón amorosa”)
Sentimento amizade.
6.7.2.- MOTIVACIÓN E INCENTIVOS.-
O feito de que o pracer e a dor sexan estados afectivos unidos á consecución ou non
consecución dos motivos, fai que se poida estudiar a dinámica da motivación dende dous ángulos
distintos:
a) O resultado de reforzar unha conducta mediante INCENTIVOS de tipo HEDÓNICO.
b) O resultado de aplicar correctivos ou CASTIGOS para modificar a conducta ou facer que
non se realice.
O primeiro ángulo é o dos incentivos ou reforzos. Reforzo sería todo o que aumenta a
probabilidade de que un suxeito realice unha acción. Estudiado sobre todo por SKINNER.
Podemos distinguir dúas clases:
- Reforzo positivo: É aquel reforzo que incrementa a probabilidade dunha conducta mediante
a presencia ou logro dun estímulo agradable. (Ex: domadores azucre cabalos).
- Reforzo negativo.- É aquel reforzo que incrementa a probabilidade dunha conducta mediante
a supresión dun estímulo desagradable. (Ex: reducción de pena (est. desagradable) a delincuente
por bo comportamento).
71
6.7.3.- O CASTIGO.-
Non debemos confundir entre reforzo negativo e castigo.
¡¡Mentres que o reforzo, sexa positivo ou negativo, aumenta a probabilidade de que se
realice determinada conducta, o castigo tende a diminuír esta probabilidade!!
O castigo pode ser tamén positivo ou negativo.
- Castigo positivo: Actúa por imposición ou presencia de algo que desagrada. (Ex: non
estudias copias 5.000 veces…; maltrato: pegar, golpear…).
- Castigo negativo: Actúa quitando algo que agrada ou retendo unha recompensa
esperada (Ex: non estudias non vas ao cine).
O problema do castigo e a súa eficacia é un asunto de gran interese para a investigación
psicolóxica.
Vexamos algúns razoamentos e conclusións destas investigacións:
O castigo, tanto positivo como negativo, pódese aplicar por dúas razóns fundamentais:
1.- Porque se fixo algo mal, algo malo Búscase co castigo un EFECTO INHIBIDOR, que
non se volva facer.
2.- Porque non se fixo algo ben Búscase un EFECTO “REFORZADOR”, que se chegue
a facer ben.
Por exemplo:
1.- Azoutes a un neno por romper pratos o que se quere é que non volva romper pratos.
72
2.- Azoutes a un neno por non saber a lección o que se quere é que estudie.
En calquera dos casos, o castigo ten como principal fin EVITAR UN
COMPORTAMENTO NON DESEXADO. ¡Pero, o malo, é que O CASTIGO NON
ENSINA A SELECCIONAR A CONDUCTA ACEPTABLE. O NENO QUE ESTUDIA POR
MEDO AO CASTIGO PODE NON SABER CÓMO DEBE ESTUDIAR. O único que se consegue
¡¡se cadra!! é que o neno deixe de ter unha actitude de NON-ESTUDIO!!
A MOTIVACIÓN POR MEDO pode ter certa eficacia só para NON-FACER, non
para facer algo no seu lugar, e menos para facelo ben.
Viuse en estudios con animais que para que o castigo fora eficaz (en canto a conseguir
cambio de comportamento) tiña que ser intenso. Aplicado isto ao ser humano ocorre o seguinte
(común cos animais):
1º) lesións físicas
2º) Un castigo irracional ou excesivamente duro (sobre todo se ao suxeito non se lle
ofrecen liñas alternativas de conducta) ENXENDRA FRUSTRACIÓN E AGRESIVIDADE.
6.7.4.- A FRUSTRACIÓN.-
6.7.4.1.- DEFINICIÓN DE FRUSTRACIÓN.-
É o tema máis tratado na psicoloxía.
Os seres humanos non conseguimos sempre os nosos desexos. Máis ben sucede ao contrario. E
sempre que o nosos desexos se ven insatisfeitos, sentimos en maior ou menor grao unha frustración.
A frustración é un estado psíquico no que se atopa un suxeito ao verse privado da
satisfacción lexítima - ou que el cre lexítima - dun desexo ou necesidade.
Neste estado psíquico hai sempre reaccións afectivas negativas:
- dor
73
- tristeza
- sentimento de fracaso…
6.7.4.2.- CAUSAS DA FRUSTRACIÓN.-
As causas productoras da frustración son, sobre todo, as seguintes:
a) Os obstáculos ou barreiras.- Obstáculo é todo aquilo que se interpón na
satisfacción das nosas necesidades.
Poden ser:
- físicos: (Ex: non poder chegar a un cumio por culpa dunha rocha, dunha pendente,
etc…; vou xogar ao xadrez e resulta que o taboleiro está estragado….)
- sociais: (Ex: normas de urbanidade: non comer cos dedos, etc.)
- morais: (Ex: leis morais. A chamada “falsa moralidade”).
b) As deficiencias.- Consisten en limitacións, ben físicas, ben psíquicas, que impiden
ao suxeito obter os seus propósitos e satisfacer os seus desexos.
¡Se son defectos propios, o lóxico sería que non se producira frustración, xa que esta se
orixina se o suxeito se cre indebidamente privado da satisfacción dun desexo. Pero o problema é que
resulta moi difícil recoñecer as propias limitacións!
(Ex: nivel de vida: buscar metas desproporcionadas ou inalcanzables)
c) Os conflictos.- Un conflicto prodúcese cando o suxeito persegue obxectivos que son
incompatibles; ou sexa, a satisfacción dunha necesidade exclúe a outra.
(Ex. Quedar na casa a estudiar ir a unha festa con colegas;
Comer conservar a liña;
Satisfacción sexual, agresiva respectar moral, conservar dignidade.)
74
Estas tres causas (obstáculos, deficiencias, conflictos) actúan normalmente interrelacionadas.
6.7.4.3.- CONSECUENCIAS E OBXECTO DA FRUSTRACIÓN.-
A frustración orixina reaccións afectivas negativas como a dor, a tristeza e o sentimento de
fracaso. Pero hai que sinalar que a consecuencia máis profunda da frustración é a AGRESIVIDADE.
A agresividade que orixina a frustración non é aquela na que o ser se autoafirma e para isto
non foxe da loita, senón aquela na que se dá un COMPORTAMENTO HOSTIL E DESTRUCTOR.
A agresividade (agresión) pode ser física ou verbal, pero o característico é que a resposta hostil
é sempre desproporcionada respecto ao estimulo.
(Ex: conductor “frustrado” pequena colisión insulta gravemente e incluso golpea).
K. LORENZ (importantísimo etólogo, premio Novel), no seu libro “Sobre a agresión” sacou
a conclusión de que a agresividade entendida como conducta hostil, chea de odio é típica da especie
humana, é dicir, practicamente ¡¡non se dá entre os animais!!
O OBXECTO cara ao que se dirixe a agresividade pode ser variado.
a) Xeralmente, ese obxecto é aquilo que non nos deixou satisfacer o desexo (Ex: alumno
suspendido obxecto agresividade mestre, profesor).
b) Cando ese obstáculo que nos impediu o desexo é tan poderoso, ¡¡ou non resulta tan
poderoso!! que non o podemos agredir, prodúcese entón o fenómeno denominado TRANSFER o
desprazamento da nosa agresividade a outro obxecto que si está “ao noso alcance” (Ex:
empregado non se “pode” enfrontar ao xefe “págano” muller e fillos.)
75
c) Outras veces o desprazamento da agresividade realízase cara ao propio suxeito, que se fai
obxecto dela. Séntese inútil, culpable dos seus fracasos. Isto lévao a un SENTIMENTO DE
INFERIORIDADE + DEPRESIÓN QUE PODE CONDUCIR AO SUICIDIO.
6.7.4.4.- DEFENSAS ANTE AS CONSECUENCIAS DA FRUSTRACIÓN
É evidente a perigosidade que ten para o noso psiquismo a frustración, o que fai que o noso
organismo teña unha serie de mecanismos psíquico de AUTODEFENSA contra ela. Os máis
importantes son:
a) A racionalización.- Con ela preténdese xustificar unha conducta frustrante. (P.Ex: Sería o
caso dunha persoa, un xuíz que despois de tomar unha resolución inxusta, ben por medo ou por unha
recompensa logo racionaliza a súa conducta dicindo que o prexudicado era “malo” ou “indigno”,
etc. Tenta xustificar, racionalizar a súa conducta transformando a súa resolución inxusta (que o
frustra) porque no fondo é innobre, en xusta (“tiña malos antecedentes”, “mala pinta”, etc...)
b) A proxección.- Consiste en atribuír aos demais características da nosa conducta e do noso
carácter que consideramos indesexables. Propio de personalidades paranoides. “Pensa o ladrón...”.
c) A identificación.- Consiste en atribuírnos cualidades desexables que posúen os demais.
Adoita ir unida á proxección. Produce no suxeito a chamada MENTALIDADE MANIQUEA OU
DE “FAR-WEST” (“bos-malos”; “indios-vaqueiros”). Normalmente dáse en grupos.
d) A reacción.- O suxeito acentúa na súa conducta aqueles aspectos da súa personalidade nos
que se sente deficiente.
(P.Ex: Tímido que semella ser o máis “enrollado”; Ignorante que tenta aparentar saber moito,
etc.).
e) A represión.- Importantísima na Teoría Psicanalítica. Consiste nunca ocultación
inconsciente dos impulsos desagradables.
76
Segundo a Psicanálise (Freud, Jung), a Represión pode producir GRAVES TRASTORNOS
PSÍQUICOS, como:
- NEUROSE
- PSICOSE.
f) A substitución por sublimación.- Consiste en substituír impulsos e desexos que
consideramos “baixos” ou “rexeitables” por outros considerados “superiores”.
Para a Psicanálise, gran parte das creacións artísticas, morais ou relixiosas teñen a súa orixe na
sublimación do instinto sexual (Exs: Dalí , Jim Morrison , Kafka
, Hitchock ...)
g) A substitución por compensación.- Substitúese unha deficiencia polo triunfo noutra
actividade. (P.Ex: Feo, torpe, esmirrado intelectual para compensar deficiencias físicas; Ex:
“chapón” pouco agraciado; Ex: “Cachas”, bo xogador, musculoso Mal estudiante).
h) A substitución por supercompensación.- Consiste en superar unha deficiencia ata chegar a
eliminala, e incluso destacar no campo no que se era deficiente. (Exs: Demóstenes
tatexo, tartamudo gran orador Grecia; Ken Carlsonn poliomielite gran xogador tenis sueco).
77
6.8.- A VONTADE.-
6.8.1.- O PROBLEMA DA VONTADE.-
Todo o tema dos desexos humanos colócanos ante un problema especificamente filosófico: o
da VONTADE.
Xa sabemos que pode haber desexos practicamente involuntarios, pero tamén existen desexos
que propón o ser humano dun xeito RACIONAL E CONSCIENTE.
Un dos centros fundamentais de conflicto en todo o pensamento filosófico e psicolóxico será o
de sinalar ata que punto estes desexos realizados de forma voluntaria (racional + consciente), son
tamén realizados libremente.
6.8.2.- VONTADE E INTELIXENCIA.-
Podemos observar de cotío que non se debe confundir "forza de vontade" con capacidade para
comprende-los problemas con claridade.
Así podémonos atopar cunha persoa de intelixencia esperta e brillante pero de vontade débil,
do mesmo xeito que nos podemos atopar cunha persoa non excesivamente intelixente pero con gran
vontade.
Dende esta perspectiva "pre-filosófica" semella que se poden distinguir sen problemas vontade
e intelixencia.
78
Pero a un amplo nivel, pódese afirmar que sen intelixencia é difícil falar de conducta
voluntaria, en canto conducta que intenta comprender uns obxectivos afastados e difíciles.
6.8.3.- FASES DO ACTO VOLUNTARIO.-
O acto voluntario, aínda que sexa unitario no tempo, require unha serie de fases, que o
diferencian do simple impulso animal, do conseguir irracionalmente unha cousa, sexa como sexa.
COUSIN estableceu tres fases:
1ª) Predeterminación do acto a realizar.
2ª) A deliberación dos motivos pros e contras para realizalo.
3ª) A decisión.
Posteriormente, WILLIAM JAMES perfeccionou este esquema, e fixo o seguinte, baseado en
4 fases, que aínda hoxe é admisible:
1ª) A representación dun fin a alcanzar. ("nada é querido se antes non é
coñecido")
2ª) Deliberación.
3ª) Decisión.
4ª) Execución.
Tódalas fases danse necesariamente no acto voluntario (ás veces moi rápido, outras non). A
execución tamén ten que se dar, non sendo nos casos de auténtica imposibilidade. Unha conclusión de
moitos psicólogos é: "Soamente se quere aquilo que se executa". Polo tanto, se querer é decidir, a
verdadeira decisión consiste en executar. (Ex: "Eu quero facelo, pero logo non sei o que me pasa que
non o fago" En realidade, non o queres facer).
Nos últimos anos discutiuse a validez do esquema de W. JAMES, sobre todo por parte de
BERGSON, SARTRE e os psicanalistas.
A súa crítica céntrase, sobre todo, na fase de deliberación. Din que a decisión é anterior á
deliberación. Pensan que, se realmente somos sinceros con nós mesmos decatámonos de que antes de
deliberar xa decidiramos. A deliberación sería unha xustificación, unha racionalización do xa
decidido.
79
6.8.4.- PATOLOXÍA DA VONTADE.-
En xeral, calquera enfermidade da vontade denomínase ABULIA (verbo grego: "boúlomai" =
querer + "a" privativa). Abulia = carencia de querer.
En cada unha das fases do acto voluntario teriamos uns tipos de abulia.
a) Deliberación:
-ABULIA DOS IMPULSIVOS: Obran sen pensar, sen deliberar.
-ABULIA DOS INTELECTUAIS: Pensan demasiado, non rematan nunca a deliberación.
b) Decisión:
-ABULIA DOS VELEIDOSOS: Non acaban de decidirse aínda que vexan claro o que
deberían facer.
c) Execución:
-ABULIA DOS DÉBILES: Póñense a si mesmos constantes trabas para non facer o que teñen
que facer.
-ABULIA DOS OBSESOS: Réxense por unha idea fixa, e realizan as cousas aínda que non
estean de acordo.
-ABULIA DOS OBCECADOS: Exaltación de si mesmos. Levan a contraria.
===============================================================