CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O...

16
ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR EDUCACIÓN LITERARIA A novela 1. Concepto de novela 2. Novela de aventuras 3. Novela policial, histórica e de aprendizaxe 4. Novela artúrica, de terror e de ciencia-ficción FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x, ll, i CONTIDOS DA UNIDADE

Transcript of CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O...

Page 1: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

�ESCOITAR E FALAR.LER E ESCRIBIR

�EDUCACIÓN LITERARIA

A novela1. Concepto de novela2. Novela de aventuras3. Novela policial, histórica

e de aprendizaxe4. Novela artúrica, de terror

e de ciencia-ficción

�FUNCIONAMENTO DA LINGUA

A oración simple (III)1. O atributo2. O complemento predicativo3. O complemento de réximeORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x, ll, i

CO

NT

IDO

S D

A U

NID

AD

E

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 120

Page 2: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

1. � Escoita atentamente o fragmento Shrek coñece o Burro e contesta asseguintes preguntas:

� Que capacidade extraordinaria ten o Burro?

� Por que non quere amosala?

� Que outro poder experimentou temporalmente?

� Quen deu a orde de apresar todas as criaturas fantásticas?

a) Lord Farcuat. c) Sir Farcuat.

b) Lord Torcuat. d) Lord Pascuat.

2. Escolle a opción correcta para cada unha das afirmacións:

� A narración é…

a) Fantástica. b) Realista. c) Histórica. d) De ciencia-ficción.

� Os personaxes protagonistas son…

a) Un xoguete e un burro. c) Un ogro e un capitán.

b) Un burro e un ogro. d) Un burro e a súa dona.

� Que outro personaxe fantástico aparece no fragmento?

a) Pinocho. b) Campaíña. c) Unha fada. d) Unha bruxa.

3. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións.

O exército vai levar os capturados a un reasentamento asignado. �

O exército merca os seres para facer unha colección. �

O capitán queda abraiado cando ve que o burro fala. �

O burro foxe para atoparse cos seus amigos. �

O exército asústase e foxe ao ver o ogro. �

O ogro non lle dá medo ao Burro. �

Shrek está contento de atopar o Burro. �

4. Sinala cal dos fotogramas non corresponde ao texto da audición.

5. Cales dos adxectivos do recadro lle aplicarías a cada personaxe?

a) Shrek. b) Dona. c) Burro. d) Capitán.

6. O teu mellor amigo / a. Durante cinco minutos vas falar do teu melloramigo ou amiga. Deberás describilo indicando que é o que máis che gustadel e explicar canto hai que sodes amigos e en que circunstancias voscoñecestes.

solitario leriante extravertido interesado introvertido medorento

E S C O I T A R E F A L A R

121

4S2LLLA_2011.08 3/2/12 11:52 Página 121

Page 3: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8122

Un alto no camiño

Unha ducia de xinetes galegos vai cara á Terra deForis, coidando de coller os atallos e pasar por camiñosde antes. Polo xeito de gobernar as bestas ben se veque non todos son cabaleiros e un par deles polo menosson estudantes, pois van sentados do revés […].

É durísimo este inverno de 1090. Grallan os corvosao paso da comitiva e no seu voo parecen escribir cotizón negros agoiros sobre a neve.

—Esta paxarada ponme nervioso —dixo un dosestudantes, ese que chaman Nuno.

—Hai lobos famentos por estes rústicos conf íns—dixo Rodrigo, recente licenciado en Retórica.

—O que hai é moito cu con medo —dixo Brigos,que era ferreiro de oficio. De ir todo ben, sería el ochamado a liberar as cadeas do rei dos galegos.

—Hai tamén troitas de trinta libras! —berrousorridente Francisco, un barbeiro que tiña sona defantasioso e que sinalaba o Sil á vista.

Completaban o grupo un cego cantor, chamadoMiro, un canteiro de Poio, un fibeleiro de Crunia, unlabrador de Celas, un panadeiro de Cea, un capadorde Betanzos, un mouro galego de Celanova e unxudeu galego de Ribadavia. A idea era ir abeirandoo río ata a terra galega do Bierzo e logo encamiñarse aoCastelo de Luna, entrar na fortaleza facéndose pasarpor monxes francos necesitados de pousada, para queo Sisto se provera de suficientes hábitos, e chegaronda o rei.

«Saúde e Terra, meu señor! Chegaron os galegos!»,tiña pensado dicir Sisto cando entrase no caldeiro real.

Metido nestas cavilacións que o facían feliz, non sedecatou Sisto nin a comitiva de que eran vixiados eseguidos de preto. Nun recanto do sendeiro, […] osconxurados víronse trabados por unha morea de xen-tes de a pé e de a cabalo. De entrada, Sisto decatouse deque non eran tropa. Falou un ao que levaba o bordadodunha caveira e a lenda de AC & DC.

—A guita, tíos!—Só levamos o ar que respiramos! —adiantouse

a dicir o licenciado Rodrigo.Aquilo desconcertou tanto a amigos como a inimi-

gos. A piques estiveron de botarse a rir.—Sodes galegos? —preguntou Sisto.—De Monforte, tío —dixo o da caveira—. Menos

aquel pequecho, que é de Escairón.O pequeno riuse cunha boca sen dentes.—Ben —dixo Sisto, poñéndose moi dereito sobre

o de acibeche—, escoitade. Non podedes asaltarnos.Levamos unha misión para salvar Galicia.

—E logo que lle pasa a Galicia? —dixo o da caveira.—O noso rei está a morrer encadeado no castelo

de Luna. Dezaseis anos que leva con grillóns. Cadaminuto que nos facedes perder cae do reloxo de Galicia!

—Dezaseis anos dis? —preguntou o xefe da partida.—Vai para dezasete.—Pois tarde acordastes del! Saiba vostede, señor

cabaleiro, que nós non temos rei. Nada por riba dasnosas cacholas! —Os colegas bandidos aplaudiron.

—Abride paso á honra de Galicia! —bramou Sisto.—Era boa!Como lóstrego, Sisto botou man do ferro ao tempo

que o de acibeche daba un rincho de poderío. Salváran-se el e catro máis: o cego cantor, o mouro de Celanova,o xudeu de Ribadavia e mais o ferreiro. Este saíra vivopero malencarado da contenda. Foi como se lle entraseun meigallo no corpo e Sisto, alertado polas continuasmaldicións do ferreiro, decatouse de que se lle puxeraunha penca negra na meixela. Pasa ás veces cando secruza de mal xeito cara á Terra de Foris. Sabía Sisto oque iso significaba: era o sinal da traizón.

Manuel RIVASO último rei dos galegos, Xunta de Galicia (Adaptación)

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 122

Page 4: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

Comprensión do texto� Escoita atentamente e le o fragmento do conto O último rei dos galegos,

do escritor coruñés Manuel Rivas.

Responde as seguintes cuestións sobre o texto:

� En que lugar e época ocorren os feitos narrados?

� Quen formaba parte da comitiva galega?

� Cal era o seu cometido?

� Como tiñan pensado entrar no castelo?

� Que lles aconteceu durante o camiño?

Indica cal das seguintes ilustracións reflicte mellor o escenario dos feitos.

Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras (V) ou falsas (F), e xustificaas túas respostas con pasaxes do texto.

Todos os xinetes galegos eran cabaleiros. �

Os xinetes galegos ían á terra leonesa do Bierzo. �

Os asaltantes ían a pé e a cabalo. �

O rei galego levaba dezaseis anos encadeado. �

O rei dos bandidos levaba o bordado dunha caveira. �

Sisto tiña sona de fantasioso. �

No texto aparecen varios símbolos que presaxian un desenlace fatal paraos galegos. Localízaos e cópiaos no teu caderno. Que agoiran?

Completa a táboa con todos os datos que ofrece a lectura sobre os personaxes.

Cres que todos os personaxes do conto pertencen a unha mesma épocahistórica? Que pasaxes do texto che permitiron deducilo?

Explica a proposta de Sisto aos seus opoñentes. Como reaccionan estes?

Cantos quedaron con vida despois do enfrontamento? Escolle a respostacorrecta.

a) Catro: o cego, o mouro, o xudeu e mais o ferreiro.

b) Catro: o cego, o mouro, o xudeu e mais Sisto.

c) Cinco: o cego, o mouro, o xudeu, o ferreiro e mais Sisto.

d) Cinco: o cego, o mouro, o xudeu, o ferreiro e mais Rodrigo.

Redacta un resumo do contido do texto de Manuel Rivas.10 T

9

8

7

6

5

4

3

2

1

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8 123

Personaxe Localidade Oficio

Indaga a que rei fai refe -ren cia o conto de Rivas e con -testa:

� Que reino herdou?

� Quen o encarcerou?

Busca información so -bre o Castelo de Luna e indicaque papel xogou na historiado reino de Galicia.

Pescuda que territorioactual se corresponde coaTerra de Foris.

TII

TII

TI

I nvest igac ión

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 123

Page 5: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

VocabularioSegundo o barbeiro, no río Sil había «troitas de trinta libras». Busca no

dicionario a palabra libra e copia o significado co que aparece no texto.

Os galegos pretendían entrar na fortaleza reclamando pousada. Completa osenunciados cos termos do recadro, segundo corresponda.

a) Durante a nosa viaxe estivemos aloxados nun de cinco estrelas.

b) Non querían afastarse da estrada principal, por iso durmiron nun

c) Buscaremos un , é máis barato que un hotel.

d) Na soe haber hóspedes que viven alí de forma permanente.

e) O intercambio entre mozos de distintos países produciuse nun

f) Buscaba aloxamento e algo de comer nunha barata.

g) Algúns castelos acondicionáronse como

O obxectivo final da comitiva galega era entrar no Castelo de Luna. Relacionaas seguintes partes do castelo cos números que lles correspondan na ilustración.

Ante a petición de Sisto para que os bandidos abran paso, a resposta é rotun-da: «Era boa!». Une cada expresión co seu significado.

a) Con bo humor. c) Non. e) Voluntariamente.

b) Case conseguido. d) De repente. f) Xa hai tempo.

A metonimia consiste en designar unha cousa co nome doutra, servíndosedalgunha relación entrambas. Fíxate no exemplo e identifica unha metonimiano texto do recadro.

Exemplo � Almorza todos os días un cacao. � un vaso de leite con cacao.

O ferreiro saíra vivo, pero malencarado da contenda. Ordena no teu cadernode menor a maior intensidade as palabras de cada serie.

a) contenda, discusión, liorta, guerra

b) pelexa, combate, controversia, conflagración

Expresión Conseguiron os galegos liberar o seu rei? Inventa un final para o conto de

Manuel Rivas tendo en conta os seguintes aspectos:

� O desenlace é fatal debido a unha traizón. Quen os traizoou?

� Que lle aconteceu ao rei?

� E ao resto dos personaxes?

pináculo

foxo

era boa de boas polas boas vaiche boa de boas a primeiras a boas

adarvetorretapatio de armas

barbacáameatorre da homenaxe

ponte levadiza

Como lóstrego, Sisto botou man do ferro ao tempo que o de acibeche daba unrincho de poderío.

pensión hotel fonda hostal motel parador albergue

17

16

15

14

12

T13

T11

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8124

1

2

3

45

98 7

6

4S2LLLA_2011.08 3/2/12 13:37 Página 124

Page 6: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

A novela

Concepto de novela

Unha novela é unha narración extensa en prosa de acontecementosextraordinarios.

Fronte a outros xéneros narrativos como o conto, a novela desenvolve unargumento complexo que pode incluír unha historia principal e variashistorias secundarias. A súa maior extensión per mítelle ao autor profundarna caracterización dos personaxes e incluír descricións detalladas doespazo e do tempo nos que se desenvolve o relato.

As novelas clasif ícanse en diferentes tipos que se denominan subxénerosnovelísticos: aventuras, terror, ciencia-ficción…

Novela de aventuras

Nas novelas de aventuras, o principal elemento argumental son as viaxes,o misterio e o risco.

Nelas o protagonista enfróntase a unha serie de obstáculos ou feitosinesperados que adoitan suceder a un ritmo vertixinoso.

Actividades

Localiza os elementos da narración no seguinte texto de Marilar Aleixandre.

A partidaHoubo unha sacudida e o barco comezou a moverse. Sentín o siseo das cal-

deiras de vapor que a goleta1 empregaba para saír do porto e chegar a maraberto, onde o vento permitiría navegar a vela. O lugar onde me agochaba nondeixaba ver nada do que sucedía no exterior e, a duras penas, respirar. Era esteescondedoiro un gran caixón destinado ás mantas, na parte inferior das liteirasno camarote de Andrés, meu irmán; Andrés debía compartilo con ClaudioFernández, o outro zoólogo da expedición, especialista en invertebrados, peroClaudio, debido a unhas inoportunas febres terciás2, non comparecera á mañáno peirao de Cádiz, e foi esa ausencia providencial a que me fixo concibir a ideade converterme no oitavo integrante da Expedición Científica do Pacífico, comosegundo zoólogo (tal vez fose máis apropiado dicir zoóloga). Acaso non recoñecíao propio Andrés que eu sabía moito máis sobre insectos? […] Non era evidenteque os exemplares mellor montados da súa colección eran os debidos á miñaman? […] Durante ese tempo meditara decote na inxustiza que supoñía paramin que, por contar pouco máis de doce anos (dez menos que Andrés), e sobretodo por ser muller, non tería a oportunidade de participar nesa marabillosa viaxe.

Marilar ALEIXANDRE

A expedición ao Pacífico, Xerais

a) Narrador. b) Personaxes. c) Tempo. d) Espazo.

A cal dos subxéneros novelísticos estudados pertence este fragmento? Xusti-fica a túa resposta.

Investiga se esta novela está baseada en feitos reais ou imaxinarios.3 T

2

1

2

1

UNIDADE 8 125

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

Tipos de novelas de aventuras

Dentro deste subxénero nove-lístico podemos distinguir:

� Novelas de aventuras mari-ñas (A illa do tesouro, de RobertL. Stevenson; O corsario negro,de Emilio Salgari; A liña de som-bra, de Joseph Conrad; Capitánsintrépidos, de Rudyard Kipling).

� Novelas ambientadas enlugares exóticos ou afastados(As minas do rei Salomón, deHenry Rider Haggard; A voltaao mundo en oitenta días ouMiguel Strogoff, de Jules Verne).

� Novelas que transcorren enespazos imaxinarios (O prisonei-ro de Zenda, de Anthony Hope).

� A chamada fantasía épica, naque se crean mundos ficticios(O hobbit ou O señor dos aneis,de J. R. R. Tolkien; a triloxía deNarnia, de C. S. Lewis).

1goleta: embarcación lixeira a vela,de dous ou tres mastros e bordas de pouca altura.

2febres terciás: febres intermitentesque se repiten cada tres días.

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 125

Page 7: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

Novela policial, histórica e de aprendizaxeNalgunhas novelas, os acontecementos narrados son ficticios pero

verosímiles, é dicir, non ocorreron na realidade pero podían ter sucedido. Pertencen a este grupo os seguintes subxéneros novelísticos:� A novela policial, na cal se contan as indagacións da policía ou dun

investigador privado sobre un crime.� A novela histórica, na cal uns personaxes imaxinados desenvolven

a súa vida nunha época histórica concreta.� A novela de aprendizaxe, na que o protagonista adoita ser un neno ou

un adolescente cuxa personalidade se vai formando ao longo do relato.

Actividades

Le atentamente o seguinte texto e explica que feitos presencia Robin.

O enterroRobin continuou cos seus paseos pola cidade e á noitiña deixouse caer polo

porto. Coma un lóstrego chegou a nova de que feriran a sir John Moore. Aoparecer unha bala de canón leváralle o ombreiro. Robin acertou a ver uncarromato cheo de feridos rodeados de soldados e no medio ía un home envoltonunha manta, era sir John Moore. Preto do Cantón Grande baixárono na súamanta e metérono nunha casa; o carromato cos outros feridos seguía cara ástendas-hospital improvisadas á beira dos barcos.

Robin sentou co seu can debaixo dos soportais. Oficiais de diferentes gra -duacións subían e baixaban correndo. Algúns tiñan pequenas feridas con vendase todos os traxes levaban as marcas da dura campaña.

—¿Que fas aí? Anda, vaite —díxolle un soldado que gardaba a porta da casa.

Robin fixo que se movía mais non quería marchar. El ben sabía a quen subiraná casa e tamén vira entrar a varios cirurxiáns que viñeran das tendas do porto.Seguiu merodeando, […] en espera de coñecer o que pasaba. A ferida de sir Johnnon facía máis que aumentar a confusión que sentía na súa cabeza.

De súpeto viu un tumulto de xente na porta e achegouse ata os soportais.Unha comitiva de soldados vestindo capas saíron da casa levando un corpoenvolto nunha manta. Uns soldados con fachos guiaban a comitiva na direcciónda cidade vella. Robin foi detrás chamando por Ron para que o seguise. Candochegaron a un xardín, os soldados escavaron unha tumba no escuro da noite.Cando remataron, un soldado fixo un redobre de tambor mentres uns oficiaisestenderon unha bandeira para envolver o corpo.

Xelis DE TORO

The Corunna boats, Xerais

Que tipo de narrador podemos identificar neste fragmento? Xustifica a túaresposta subliñando os elementos gramaticais que che permiten responder.

Cal dos personaxes que se mencionan cres que é o protagonista da historia?

Localiza os elementos que che axudan a identificar o tempo e o espazo dorelato.

A cal dos subxéneros novelísticos explicados nesta páxina pertence esterelato? Xustifica a túa resposta.

No fragmento menciónase a sir John Moore. Procura información sobreeste personaxe e as circunstancias da súa morte.9 T

8

7

6

5

4

3

UNIDADE 8126

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

Escrito en galego

� A primeira novela policialescrita en galego foi Crime enCompostela, de Carlos G. Rei -gosa.

� Son novelas de aprendi za -xe Memorias dun neno la bre go,de Xosé Neira Vilas, ou Arnoia,Arnoia, de Xosé Luís MéndezFerrín.

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 126

Page 8: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

Novela artúrica, de terror e de ciencia-ficciónNoutras novelas, os acontecementos narrados son inverosímiles ou

marabillosos, é dicir, non sucederon nin poderían suceder no mundo real. Pertencen a este grupo estoutros subxéneros:� A novela artúrica, baseada nas lendas medievais do rei Arturo e os

seus cabaleiros da Mesa Redonda.� A novela de terror, na cal aparecen seres fantásticos ou sucesos

sobrenaturais que provocan medo e angustia nos personaxes e nolector.

� A novela de ciencia-ficción, normalmente ambientada nun mundofuturo onde a ciencia e a tecnoloxía están moi desenvoltas. Este tipode novelas pretende provocar a reflexión do lector sobre o presente.

Actividades

� Escoita atentamente o texto e explica, coas túas propias palabras, calesson os sentimentos de Lanzarote ao volver a Caerleon.

Regreso a CaerleonCando Lanzarote do Lago chegou ó outeiro cuberto de toxais onde o rego Usk

vira cara ó leste, comprendeu que estaba a menos de cinco horas de marcha deCaerleon, a cidade á que o rei Artur trasladara a súa corte co gallo da festividadede Pentecostes1. Desde o cume […], de súpeto vencida toda urxencia, recreouseemocionado na contemplación da largada floresta que, coma unha alfombrade mestos verdores, se estendía ata os propios límites da vila cortesá. […]

Sobre a marxe dereita enxergou, recheo de brillos e reflexos, o cursoenrevesgado do río, que se descolgaba brincador pola ladeira […]. No medio,sementando de atallos os longos meandros, estirábase a estreita congostra2 quelevaba á corte do rei Artur, o máis desexado dos camiños, o destino máisquerido. […] Todo era talmente como o vira a última vez, cando ía de despedida,no comezo dunha viaxe que agora, de volta, daba por terminada.

Lanzarote do Lago, coñecido xa daquela —ós vinte e dous anos— como omellor cabaleiro do mundo, regresaba do seu primeiro ano de aventuras, encum primento estrito dos mandamentos do rei Artur e dos principios da TáboaRedonda […]. Achegábase Pentecostes e, como era costume todos os anos, oscaba leiros volvían á corte para celebraren xuntos estas festas e daren conta polomiúdo das súas fazañas e dos seus servizos, a cambio dos que recibían o tributoda admiración mutua e a homenaxe e a gratitude rexias. Detrás quedabanIongos meses de fatigas, canseiras e desvelos, no nobre empeño de espallar polomundo o imperio da xustiza e impoñer os ideais da razón sobre os da forza bruta.

Carlos G. REIGOSA

Irmán Rei Artur, Xerais

Localiza no fragmento os elementos da narración.

a) Narrador. b) Personaxes. c) Tempo. d) Espazo.

A cal dos subxéneros estudados pertence esta obra de Carlos G. Reigosa?Razoa a túa resposta.

Que elementos inverosímiles atopas no fragmento?

Compara os protagonistas dos tres textos que liches (A partida, O enterroe Regreso a Caerlon). Que semellanzas e que diferenzas atopas entre eles?14

13

12

11

10

4

UNIDADE 8 127

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

1Pentecostes: festa relixiosa dos cris- tiáns en memoria do día en queo Espírito Santo baixou sobre acabeza dos apóstolos.

2congostra: camiño de carros estreitoe profundo.

O heroe e o antiheroe

Os protagonistas das primeirasnarracións extensas (mitos,poe mas épicos…) eran deusese heroes (personaxes dotadosde calidades extraordinarias)que lle servían de modelo ácomunidade.

Fronte a estes, os protagonistasdas novelas modernas non sonheroes, senón personaxes co-múns, ou mesmo antiheroes.

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 127

Page 9: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

AsasinatoAccederon directamente a un salón amplo coa totalidade

da parede frontal ocupada por unha fiestra enorme, sen cortinas.A luz irisada do solpor inundaba a estancia de orixinais maticesvermellos. A perspectiva que se admiraba era abraiante: asillas Cíes dominaban a fronte, á esquerda estendíase a costadunha beira da ría, e á dereita a da outra, a península doMorrazo, que entraba no mar coma unha gárgola pétrea.

Rafael Estévez arrimouse […] ao miradoiro para contemplarmellor o panorama. Caldas, non.

A zona de estar comprendía dous sofás e unha mesa baixade vidro. No canto de televisión, o espazo fronte aos sofás ocu-pábao un moderno equipo de música. Leo Caldas recoñeceuvarios altofalantes nas pequenas caixas metálicas distribuídaspolos recantos da sala. Uns andeis de obra ateigados de discoscompactos enchían a parede posterior.

[…] A mesa de xantar situábase na parte máis afastada daventá. Na parede oposta á libraría colgaban dous gravados.Un deles representaba un vaso grego decorado con escenasamorosas, e o outro o friso dalgunha construción clásica. Xuntoás litografías, […] aliñábanse seis saxofóns.

Clara Barcia, unha das axentes da UIDC, estaba a recoller asimpresións dixitais dunhas copas abandonadas sobre a mesado salón.

—Boas tardes, Clara —saudouna, achegándose a ela.

—Boas, inspector Caldas —contestou a moza erguéndose—.Estou a rematar co rexistro das pegadas.

—Déixate estar —Caldas acompañou a frase cun aceno daman, e mirou derredor. Que temos?

—Asasinato, inspector —informoulle ela—. Bastante feo.

Caldas asentiu.

—Ti como vas?

Estou a recoller mostras bastantes —dixo, sinalando unhasbolsiñas transparentes colocadas en orde ao pé da parede—,mais nunca se sabe.

—Estás ti soa?

—Non, viñemos os catro —contestou, referíndose ao equipocompleto da UIDC—, pero xa hai un cacho que estamos o doutorBarrio e mais eu sós. El segue na planta de abaixo, no dormitorio.

Domingo VILLAR

Ollos de auga, Galaxia

Le o fragmento Asasinato e responde as seguintescuestións:

� Que se ve desde os grandes ventanais do salón?

� Que está facendo Clara Barcia cando Estévez e Caldasentran na sala?

� Onde coloca a axente as probas que procesou?

1

Que tipo de narrador presenta este fragmento?

Cantos personaxes aparecen? Que sabemos deles?

Procura toda a información referente ao tempo noque suceden os feitos narrados.

Seguindo todas as indicacións do texto, debuxa asala onde ten lugar a acción.

A que subxénero novelístico pertence o relato?

Copia e completa o esquema sobre os subxénerosnovelísticos.

2

T7

T5

6

4

3

Actividades de repasoE D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 8128

� Continúa ti agora o relato que vés de ler nesta páxinacoverténdoo en literatura de ciencia-ficción. Para isointroduce personaxes e elementos inverosímiles (porexemplo un robot, unha máquina do tempo…) rela -cionados coa ciencia e a tecnoloxía.

Obradoiro de escritura

Acontecementosverosímiles

Novela

Novela histórica

Novela

*Acontecementosinverosímiles

Novela

Novela

Novela

*Novela de aventuras*

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 128

Page 10: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

A oración simple (III)

O atributo

O atributo (At) é un sintagma nominal ou adxectival que acompaña osverbos copulativos (ser, estar, parecer e semellar) e cuxo núcleo concordaen xénero e número co núcleo do suxeito.

Repara na concordancia entre o atributo e o núcleo do suxeito:

O substantivo suxestión concorda co adxectivo atrevida (feminino, sin -gular); e alumnos concorda con contentos (masculino, plural).

O atributo pódese conmutar polo pronome o (lo, no): A súa suxestiónfoino; Os alumnos estábano.

Ademais do sintagma nominal e adxectival, poden funcionar comoatributo as construcións preposicionais: Jean é de Francia (� Jean éfrancés).

ActividadesO CREBACABEZAS. Ordena as pezas e obterás catro oracións.

Transforma o número das formas verbais das oracións da actividade 1 e realizaas mudanzas precisas. Repara no exemplo.

Exemplo: Aquela grampadora é azul. � Aquelas grampadoras son azuis.

Subliña agora as palabras que funcionan como atributo.

Xustifica se os sintagmas subliñados son atributo ou complemento directo.

a) Os carballos do parque botánico son centenarios.

b) Aínda non conseguiron novos socios.

c) Mónica era a rapaza máis activa do grupo.

d) A actuación daquel cómico semellaba unha improvisación.

Realiza a análise sintáctica completa das seguintes oracións.

a) O exame deste venres parece moi complicado.

b) O seu primeiro libro publicado foi unha novela curta.

c) As ideas desa seita son perigosas.

d) Están vendidas todas as entradas.

a boxeadora somos equivocada unha fera engaioladaparecíanós

5

os convidadosesa decisión

4

3

2

aquela grampadora azul foi é

1

1

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8 129

A súa suxestión foi moi atrevida. Os alumnos estaban contentos.M (Adv) N (Adx Cual) D (Art) N (Subs) N (V) At (Adx Cual)

D D (Adx N (Subs) N (V) At (S Adx) S (SN) P (SV)(Art) Pos)

S (SN) P (SV)

A N Á L I S E

Predicado nominal e predicado verbal

� O predicado nominal cons-trúese cos verbos copulativosser, estar, parecer ou semellar eun atributo.

A miña nai é pandeireteira.

� O predicado verbal cons-trúese cos verbos predicativos(os que non son ser, estar, pare-cer e semellar), os cales podenir acompañados de diferentescomplementos:

Realizamos o descenso onte.

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 129

Page 11: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

O complemento predicativo

O complemento predicativo (C Pvo) é un sintagma adxectival que acompañasempre verbos non copulativos e cuxo núcleo concorda en xénero e númeroco núcleo do suxeito.

Olla nos seguintes exemplos a concordancia entre suxeito e comple -mento predicativo.

Actividades

Le o seguinte texto e explica o que lle acontece ao protagonista.

Penso nun tigre…Avanzo descalzo e en pixama polos corredores silenciosos e baleiros do hospital,

desexando que ninguén me vexa, camiño do xardín. […] Sinto como o ventoinvernal sacode as xanelas, e como as árbores recuperan a súa vida […].

É este o día definitivo e todo está preparado para reunirme con ela, coa amiga,no encontro supremo que agardamos os dous desde hai semanas. A imaxe dotigre dentro da miña mente dáme ánimo e forzas de titán. […]

Procuro un lugar tranquilo onde esperar no medio da tormenta, pero non éfácil orientarse […]; o vento báteme en todo o corpo, violentamente, coma sequixese disuadirme do meu propósito, pero a miña decisión é firme e nútrese daimaxe do gran tigre que me percorre impaciente por dentro. Deixo caer ao chana roupa mollada, e noto o cabelo cuberto de neve cando dou cun dos bancos demadeira en que sento, libre e nu, agardando por Pandora.

O meu corpo espera absolutamente inmóbil, sen repousar, a chegada dosmédicos que corten a súa leña e socaven obstinados1 os seus solos indagando acausa da miña morte pero, entre tanto, a miña alma acordada bole2, naufraga,agardando o encontro supremo, o encontro tan ansiado.

Luís Xosé PEREIRA

A vida vexetal, Baía (Adaptación)

Repara nos sintagmas adxectivais subliñados e realiza as actividades:

� Identifica os verbos aos que acompañan e especifica se son ou non copulativos.

� Localiza o suxeito de cada un dos verbos anteriores.

� Que función cumpren os sintagmas adxectivais? Xustifica a túa resposta.

Completa as seguintes oracións cos sintagmas adxectivais do recadro.Despois, analízaas sintacticamente.

a) Os avós parecían

b) O guía explicaba a ruta turística.

c) A filla do doutor era

d) O frío da montaña deixou a expedición.

2

8

7

6

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8130

A galiña corría asustada. As galiñas corrían asustadas.N (Adx Cual) N (Adx Cual)

D (Art) N (Subs) N (V) C Pvo (S Adx) D (Art) N (Subs) N (V) C Pvo (S Adx)

S (SN) P (SV) S (SN) P (SV)

A N Á L I S E

convincentemoi simpáticaconmovidos

exhausta

Atributo e predicativo

� Tanto o atributo como ocomplemento predicativo con- cordan co núcleo do suxeito.

� O atributo diferénciase dopredicativo en que só aparececon verbos copulativos e podesubstituírse polo pronome o(lo, no), conmutación que nonse permite no predicativo.

A galiña estaba asustada.At

A galiña corría asustada. C Pvo

1obstinados: que se aferran conenerxía a unha idea ou a unha ma-neira de actuar. Teimudos.

2bole: móvese de maneira axitada.

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 130

Page 12: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

O complemento de réxime

O complemento de réxime (C Réx) ou suplemento é unha construciónpreposicional encabezada por unha preposición que vén esixida polo verbo.

Verbos de uso frecuente, como aspirar (a), depender (de), falar (de /sobre), tratar (de), confiar (en)… constrúense con complemento de réxime.

Non contaron coa reacción dos estudantes. André lía no libro.Os labregos sachaban nas patacas. Desconfiaron das nosas explicacións.

Actividades

Copia no teu caderno as seguintes oracións e complétaas cos complementosde réxime que aparecen na ilustración.

a) Contabamos para o certame poético.

b) Xa non podemos agardar máis tempo

c) O meu curmán casa este verán

d) Vou chamar desde aquela cabina.

e) Falaban no seu centenario.

f) Ninguén se preocupou

Selecciona o verbo adecuado para completares as oracións (conxúgaos enpresente de indicativo e en terceira persoa —singular ou plural—). Despois,sinala os complementos de réxime.

a) O noso adestrador moito de tácticas.

b) Non nunca das súas calidades atléticas.

c) Xaime cegamente en calquera persoa.

d) Ana sempre co seu irmán pequeno polo mellor lugar do sofá.

Realiza a análise sintáctica completa das seguintes oracións.

a) Avisaron a Fuco da publicación do seu poemario.

b) Ledicia acordábase daquela visita sorprendente.

c) Os xuvenís mallaron no equipo cadete do colexio.

d) Todo depende do noso esforzo.

Identifica dous complementos de réxime no extracto da noticia reproducidana marxe.

entender rifar dubidar acreditar

12

11

10

9

3

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8 131

Alicia pensaba nas súas vacacións.en� as

D (Art)D (Adx Pos) N (Subs)

N (Subs) N (V) R (Prep) T (SN)

S (SN) P (SV)

A N Á L I S E

da organización do concertopola túa decisión

coa participación de Uxíapor teléfono

sobre Celso Emilio Ferreirocoa súa moza da xuventude

O conselleiro de Presidencia,Alfonso Rueda, participou—xunto ao delegado do Go-berno en Galicia, Miguel Cor-tizo—, na festividade da Virxedo Pilar no acuartelamento daGarda Civil na Coruña.

Galicia Hoxe12 de outubro de 2011

As autoridades asisten aos actos

festivos celebrados pola

Garda Civil

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 131

Page 13: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

Actividades de repasoF U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

O primeiro día de instituto—Levas todo o verán preparándote para seres unha estirada.

Dunha persoa que se chama Liberty eu esperaría que viviseá altura do seu nome, mais ti estaste a converter nunha escravada moda coma o resto. […]

—Non me deas a lata —berrei decidida a cascarlle seseguía coa mesma—. Eu non quero que este instituto sexa undesastre coma os outros. E ti tamén deberías preocuparte. É oprimeiro día, Ian, e deberías…

—Intentar empezar co pé dereito —rematou el por min.

—Iso é. […]

—E que, se non?

—Dígolle a todo o mundo o teu segundo nome —díxenlleeu decidida, e con iso calou.

Ian e mais eu sufriamos cos nosos segundos nomes. InclusoLiberty me daba moita vergoña cando era máis nova. Osnenos sempre pensaban que viña da Estatua da Liberdade.E o meu segundo nome aínda era peor.

Mais todo iso ía cambiar. Este era un instituto novo, un novocomezo. Paréceme que nolo mereciamos. Eu xa estaba cansade que me tratasen coma unha tola nada máis empezar porquea miña familia é un pouquiño especial. Eu non son especial. Iané raro. Meu pai é raro. Eu non.

O instituto apareceu diante de nós: era o único edificiomoderno na zona. Era como un búnker de cemento, sen ventás,gris; parecía un forte militar. Eu xa estivera dentro a semanaanterior para recoller os libros e pensei que a falta de ventásdaba medo. Quizais son claustrófoba. Pero xa atoparei a formade superalo. Iso é o que me digo constantemente. Vou encontrara maneira de adaptarme a isto.

Paul KROPP

Moonkid e Liberty, Galaxia

Contesta as seguintes preguntas sobre o relato dePaul Kropp:

� Que parentesco pode existir entre Liberty e Ian?

� Que lle preocupaba especialmente a Liberty no seuprimeiro día no novo instituto?

� Que sensacións provocaba en Liberty o edificio docentro?

� É a primeira vez que Ian e Liberty «estrean» instituto?

Liberty padece claustrofobia, o medo aos lugarespechados. Investiga de que lingua (ou linguas) procedeesa denominación e procura o nome para o seu termocontrario, isto é, o medo aos lugares abertos.

Clasifica os sintagmas subliñados no texto segundosexan nominais ou adxectivais.3

T2

1

Especifica a función sintáctica que cumpre cada undos sintagmas sinalados na actividade 3.

Volve escribir as seguintes oracións poñendo o verboen plural. Realiza as mudanzas necesarias.

a) Eu xa estaba cansa dos rumores.

b) Este era un novo comezo.

c) O instituto apareceu impoñente.

d) A familia de Liberty é un pouquiño especial.

Indica que función cumpren os sintagmas subliñadosnas oracións da actividade 5. Xustifica a túa resposta.

Os seguintes verbos rexen preposición. Procúraos notexto e achega a preposición que precisa cada un deles.

a) adaptarse b) converterse

Que complemento introduce cada preposición nosverbos da actividade 7?

Realiza a análise sintáctica das seguintes oracións.

a) O instituto era o único edificio moderno da zona.

b) Os nenos pensaban na Estatua da Liberdade.

c) Liberty berroulle decidida ao seu irmán.

Copia e completa o seguinte esquema.

Complementos do predicado

1. Atributo

1.1. Categoría: sintagma adxectival, ou

1.2. Verbos con que aparece:

1.2. Concorda en e co

2. Complemento

2.1. Categoría:

2.2. Verbos con que aparece:

2.3. Concorda en xénero e número co

3.3.1. Categoría:

T10

4

5

6

7

8

9

UNIDADE 8132

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:09 Página 132

Page 14: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

Uso das letras s, x, ll, i O xe (x) adoita aparecer nos casos que en castelán se escriben con iota (j),

por exemplo: personaxe, xirafa. Mais existen moitas outras palabras en quenon existe correspondencia entre castelán e galego.

� Escríbense con x e non con s: taxa, graxa, xastre…� Escríbense con x e non con y: xeso, proxectil, xugular…� Escríbense con x e non con ch: bolxevique, xilaba, clixé…Ademais, debes recordar que non se escriben con x as siguientes palabras:� Escríbense con s e non con x palabras como esaxerar, espremer, estra-

ñar…� Escríbense con ll e non con x palabras como coello, baralla, antollo…

O R T O G R A F Í A

Completa con s ou x as seguintes palabras:

a) o í eno g) e trañeza

b) e traditar h) e tende

c) e tenso i) me quiño

d) e tremidade l) e cedente

e) e cavar m) bi coito

f) gra oso n) e plendor

Completa agora con x, ll ou i os seguintes termos.

a) acer e) ogur i) o eiras

b) ma úscula f) pro ecto l) te a

c) xo eiro g) vasi a m) en esar

d) burbu a h) esca ola n) so a

Completa con x ou ch as palabras da listaxe.

a) á d) pa á g) elín

b) afariz e) ha ís h) acibe e

c) bol evismo f) apa e i) pa e

Pon o nome correspondente a cada ilustración.

Completa estas oracións coas palabras da actividade 4.

a) , comida de vellas!

b) Encántame mollar o pan na

c) Hai un atracado no pantalán.

d) Os bois levaban un para arar.

e) Os do circo fanme rir a gargalladas.

f) Subín ao para revisar a antena.

g) Lavei a louza co .

AS ADIVIÑAS. Adiviña que animais se ocultan tras asdefinicións. (Pista: todas as palabras conteñen x ou ll.)

a) Que animal son que vou pola vida cos pés na cabeza?

b) De cela en cela vou mais presa non estou.

c) En dúas castañolas vou encerrado, se me sacas domar, póñome colorado.

d) Vaia frío ou calor sempre levo un cobertor.

e) Orellas moi longas e rabo curtiño, salto polo monte,vou moi lixeiriño.

Completa as seguintes oracións cos animais das adi-viñas.

a) A poboación mundial de está descendendo.

b) Vou cociñar ao vapor para a cea.

c) A galega é de la branca e de pequeno tamaño.

d) Ten de mascota un que o segue sempre.

e) Os son insectos parasitos sen ás.

� Escoita atentamente e copia o texto do ditado.

Completa a táboa coas palabras do ditado.9

5

6

7

8

4

3

2

1

Actividades

S X I LL S

L e m b r a

Diferenciándose do castelán:

� Escríbense con s e non con z:biscoito, esquerda, lapis…

� Levan i e non y: iate, boia, saia…

� Pérdese o i en palabras comoonomatopea, epopea…

UNIDADE 8 133

4S2LLLA_2011.08 3/2/12 11:53 Página 133

Page 15: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

UNIDADE 8134

Desenvolvemento de competencias básicas

Le con atención a descrición do peixe Babel quefai a guía do autoestopista galáctico e responde ascuestións que se fan a continuación:

� Como é o peixe Babel?

a) Grande e amarelo.

b) Pequeno e azul.

c) Pequeno e amarelo.

d) Mediano e amarelo.

� A que animal recorda o seu aspecto?

� De que se alimenta?

a) Das ondas cerebrais de quen o leva.

b) Dos sensores cerebrais de quen o leva.

c) Das ondas cerebrais dos que o rodean.

d) Da matriz telepática dos que o rodean.

� Que acontece se un peixe Babel entra no oído dunser humano?

� Que significado teñen no texto as seguintespala bras?

a) frecuencia b) matriz

Observa agora a ilustración e responde estou trascuestións:

� Cantos sensores ten o peixe Babel? Para que servecada un deles?

� Que órganos do peixe Babel hai tamén nospeixes normais? Axúdate da enciclopedia se onecesitas.

Indica se son verdadeiras (V) ou son falsas (F) asseguintes afirmacións.

O peixe Babel é unha especie común na galaxia. �

O peixe Babel é carnívoro. �

O peixe Babel é vexetariano. �

O peixe Babel non ten sentido da vista nin do olfacto. �

Imaxina un ser semellante ao peixe Babel quesirva para solucionar discusións. Debuxa un diagramae escribe unha pequena descrición como a anterior(aspecto, órganos que interveñen no proceso, modode uso, vantaxes que ofrece). Despois explí callelo envoz alta aos compañeiros da clase.

T

T

2

3

4

1

O peixe Babel —dixo en voz baixa a guía do auto estopistagaláctico— é pequeno, amarelo, parece unha samesuga eé seguramente a criatura máis rara do universo. Aliméntaseda enerxía das ondas cerebrais que recibe, non de quen oleva, senón dos que están ao seu arredor. Absorbe todas asfrecuencias mentais inconscientes da dita enerxía das ondascerebrais para nutrirse delas. Entón, excreta na mente doque o leva unha matriz telepática formada pola combi -nación das frecuencias do pensamento consciente con sinais

nerviosos obtidos dos centros da linguaxe do cerebro que assubministrou.

O resultado práctico de todo isto, é que se un se intro duceun peixe Babel no oído, pode entender ao instante todo oque se diga en calquera linguaxe. As formas lin güísticas quese oen en realidade descifran a matriz da onda cerebralintroducida na mente polo peixe Babel.

Douglas ADAMS

Guía do autoestopista galáctico, Anagrama (Tradución)

O peixe Babel

4S2LLLA_2011.08 31/1/12 16:10 Página 134

Page 16: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE...FUNCIONAMENTO DA LINGUA A oración simple (III) 1. O atributo 2. O complemento predicativo 3. O complemento de réxime ORTOGRAFÍA. Uso das letras s, x,

UNIDADE 8 135

Busca no texto sobre o peixe Babel termos perten -centes ao campo semántico da «dixestión».

Le agora o texto de Mika Waltari da dereita eresponde as cuestións:

� Cal é o motivo polo que escribe o protagonista?

� Cal era a súa terra de orixe?

� Por que foi castigado? En que consiste o castigo?

� Quen deu esa orde?

Busca no dicionario as seguintes palabras. Deonde proceden estes materiais? Que obxectos ousubstancias adoitan crearse con eles?

a) ébano b) mirra c) marfil

Tanto Sinuhé como Horemheb son personaxeshistóricos. Investiga sobre eles e escribe dúas brevesbiografías.

Compara os dous textos que liches nestas dúaspáxinas e indica en que espazo e en que tempo tenlugar cada unha das historias narradas.

Imaxina que es Sinuhé, escríbelle unha carta aoteu amigo Horemheb explicándolle os teus sentimen-tos e desculpándote polo teu comportamento anterior.

T10

T8

T7

9

6

5

A cales dos subxéneros narrativos estudados pertencen os textos anteriores? Xustifica a túa resposta.

Escribe un microrrelato, en trinta palabras como máximo, seguindo este modelo de Augusto Monterroso.

Indica que tipo de complementos son os destacados nestas oracións dos textos.

a) O peixe aliméntase da enerxía das ondas cerebrais. b) Os meus pasos quedaron limitados.

Localiza no texto O peixe Babel un atributo co verbo ser e outro co verbo parecer, cámbiaos a femininoe despois a plural. Que outros elementos da oración varían tamén?

Realiza a análise sintáctica completa das seguintes oracións.

a) Sinuhé escribiulle canso unha carta ao faraón. b) O perdón de Sinuhé dependía do faraón.

Linguaxe escríbese con x. Completa con x, ll ou i os seguintes termos.

a) eso c) estropa o e) arope g) bara a

b) pro ectil d) tra ecto f) en alzar h) pele o

Elabora dous mapas conceptuais —un da parte de Educación literaria e outro da de Funcionamentoda lingua— nos que reflictas os principais contidos da unidade.

T7

6

5

4

3

2

1

Avaliación de coñecementos

Dinosauro

Cando espertou, o dinosauro aínda estaba alí.

As memorias de SinuhéPor isto escribo eu, Sinuhé, que non sei que facer das

riquezas nin das copas de ouro, do ébano, da mirra e domarfil. Porque posúo todos estes bens e de nada fundespoxado. Os meus escravos seguen temendo o meubastón e os gardiáns baixan a cabeza e poñen as manssobre os xeonllos cando eu paso. Mais os meus pasosquedaron limitados e xamais un navío abordará naresaca. Por iso eu, Sinuhé, non volverei respirar xamaiso perfume da terra negra na primavera e por iso escribo.

E, porén, o meu nome estivo un día escrito no librode ouro do faraón, e habitaba o palacio dourado ádereita do rei. A miña palabra tiña máis peso que a dospoderosos do país de Kemi; os nobres enviábanmeagasallos e colares de ouro adornaban o meu pescozo.Tiña canto un home pode desexar, mais eu desexabamáis do que un home pode obter. Por iso estou nestelugar. Fun desterrado de Tebas no sexto ano do reinadode Horemheb, coa ameaza de ser matado como un canse ousaba volver, ser aplastado como unha ra entredúas pedras se xamais puña o pé fóra da terra que mefoi fixada como residencia. Tal é a orde do rei, do faraónque foi un día o meu amigo.

Mika WALTARI

Sinuhé, o exipcio, Plaza & Janés (Tradución dos autores)

4S2LLLA_2011.08 3/2/12 11:53 Página 135