CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Contesta as seguintes preguntas sobre o texto: Que personaxes...

18
ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR FUNCIONAMENTO DA LINGUA O texto (I) 1. Concepto de texto 2. Adecuación e coherencia 3. Cohesión: deíxe e elipse 4. Cohesión: substitución e outros recursos ORTOGRAFÍA. Os neoloxismos EDUCACIÓN LITERARIA A Nova Narrativa Galega 1. Características formais 2. Autores e obras 3. Xosé Luís Méndez Ferrín 4. Carlos Casares COMENTARIO DE TEXTO. O Suso CONTIDOS DA UNIDADE

Transcript of CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Contesta as seguintes preguntas sobre o texto: Que personaxes...

�ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR

�FUNCIONAMENTO DA LINGUA

O texto (I)1. Concepto de texto2. Adecuación e coherencia3. Cohesión: deíxe e elipse4. Cohesión: substitución e outros

recursosORTOGRAFÍA. Os neoloxismos

�EDUCACIÓN LITERARIA

A Nova Narrativa Galega1. Características formais2. Autores e obras3. Xosé Luís Méndez Ferrín4. Carlos CasaresCOMENTARIO DE TEXTO. O Suso

CO

NT

IDO

S D

A U

NID

AD

E

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:05 Página 136

137

E S C O I T A R E F A L A R

1. � Escoita o tema Meniños-bomba, do cantautor Fucoxabier, e responde aspreguntas que se fan a continuación:

� Que buscan os meniños-bomba?

� Como avanzan?

� Como queren loitar contra o inimigo?

� Quen gaña finalmente este combate?

� Como se sente o perdedor?

� Que aprende?

2. Indica cal das seguintes definicións se corresponde co adxectivo dialéctico.

a) Que segue a filosofía ou doutrina de Aristóteles.

b) Conxunto de recursos utilizados para argumentar, discutir, refutar, etc.,e maneira de utilizalos.

c) Que admite unicamente o método experimental como medio para coñecere contrastar a realidade.

d) Que carece de honra, creto e estimación.

3. Explica agora o significado dos seguintes versos, tirados da canción.

4. No texto da canción aparece unha frase feita para dar a entender a traizón.Indica cal é.

Lei do Talión. � Bico de Xudas. � Criar corvos. � Morrer matando. �

5. Une cada unha das expresións da actividade anterior co seu significado.

a) Criar con agarimo un ser rebelde ou malvado sen saber que os seus instintosserán máis fortes que a nosa educación.

b) Expresión procedente do Novo Testamento que denota a traizón dunhapersoa a outra.

c) Intentar que os demais saian igual de prexudicados ca nós nunha situaciónadversa.

d) Sentenza que propugna un castigo idéntico (tale) a outro anterior, «ollopor ollo e dente por dente».

6. O seu autor, Fucoxabier, di desta canción: «Fala dese momento no que porvez primeira son os fillos os que vencen aos pais».

� Cales cres que son as causas do conflito entre pais e fillos?

� Consideras que o conflito entre distintas xeracións é inevitable?

� Que cres que podes aprender da xeración dos teus pais? E da dos teus avós?

7. Debate. A resolución dos conflitos. Facede un debate sobre o modo en quecreamos e resolvemos conflitos en todos os ámbitos da vida cotiá. Podedesformular os seguintes puntos:

� Que é o que causa maior número de conflitos ao noso redor (na casa,na escola…)?

� En que medida somos nós responsables?

� Que podemos facer para evitalo?

� Que estariamos realmente dispostos a facer ou pactar para acadar unhaconvivencia pacífica cos que nos rodean?

Verás a ira nos ollos máis amados, caerás por fin, por fin, derrotado.

Levan anos acubillando palabras, acoutando un dialéctico arsenal.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:05 Página 137

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8138

Miúra

Fixo un esforzo. Intentou refrear os nervios e medircoa calma posible a situación.

Estaba, pois, acurralado, impedido de dar un paso,á espera de que lle chegase a vez! Un ser libre e natural,un touro nado e criado na varcia ribatexana, nunha gaiolacomo un paxariño, condenado a divertir a multitude!

Irreprimible, unha onda de calor tapoulle o entende-mento. O corpo, inchado de rabia, empurrou as paredesdo cubículo, nun desespero de Sansón.

Nada. Os muros eran resistentes, á proba de cantaforza e canta xusta indignación puidese haber. Os homes,só así: ou montados en cabalos veloces e defendidospor arame farpado, ou con sebes de cemento armadoentre eles e a razón dos máis. Palmas e música alá fóra.O Mallado dáballes gozo ás señorías…

Un barullo de revolta arrepioulle o pelo. De alí a nada,el. El, Miúra, o rei da campiña!

A multitude calou. Comezou a oírse, sedante, nostál-xico, o son groso e pacífico das chocas.

A planicie…! O descampado infinito, louro de sol etrigo… O ilimitado curro das noites de luar, con bocasmudas, limpas, a rumiar o tempo… A calor escaldante,sedenta, que o estrondo das cigarras levaba ata o rubor.

Novamente o silencio. Despois, ao lado, pasos incertosde quen entra vencido e humillado no primeiro burato…

Refrescou as ventas coa lingua húmida e tentouregresar ao paraíso perdido. A planicie…

Un son fino de corneta. Estremeceu. Sería agora?Tería chegado, por fin, a súa vez?

Non chegara. Foi a porta da esquerda a que se abriu,e o ruxido pavoroso que veu a seguir era do Bronco.

Sen querer, investiu outra vez canto puido contraas paredes estreitas do cárcere. Mais a indignación e osmúsculos deran en pedra fría.

A planicie… O bebedoiro da Terra Vella, fresco, coaauga tan limpa que reflectía os ollos…

Asubíos.O Bronco non facía ben o papel…

Un toque estraño, triste, calou a praza e tornoumenos denso o curro.

Rápida e vaga, a sombra do compañeiro pasoullepola vista turbia. Apertóuselle o corazón. Que sería?

Palmas, música, berros.Un longo espazo así, co mundo enteiro a vibrar para

alén da prisión. Algún tempo despois, novamente osilencio e novamente as notas lúgubres do clarín.

Todo enteiro a escoitar o redobre a finados, abrasadode non sabía que lume, Miúra tentaba en van encontrarno instinto confuso o destino do amigo.

Subitamente, abríuselle sobre o dorso un postigo,e unha ferroada fina, fonda, entroulle na carne viva.Apertou os dentes, e arqueouse, nun ímpeto.

Desgraciadamente, non podía nada. O señor homesabía ben cando e como as facía. Mais por que razón oespetaba daquela maneira?

Tres pancadas secas na porta, un rumor de trancaque cede, unha fiestra que se alongou, déranlle nunrelanzo a explicación do enigma da agresión: chegara asúa vez.

Nova picada no lombo.—Miúra! Cornudo!Dun salto todo muscular, case de voo, estaba na area.A tremer como unha vara verde, de cólera e de

angustia, ollou arredor. Un muro redondo e, do ladode alá, xente, xente, sen acabar.

Coa pata nerviosa escarvou na area do chan.Que papel ía representar? Que se pedía do seu odio?Vacilante, un tipo magro, dourado, entrou no círculo.

Miguel TORGABichos, Coímbra (Tradución e adaptación dos autores)

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:05 Página 138

Comprensión do texto� Escoita atentamente e le o fragmento de «Miúra», un conto do libro de relatos

Bichos, do escritor portugués Miguel Torga.

Contesta as seguintes preguntas sobre o texto:

� Que personaxes aparecen no relato?

� Pertencen todos á mesma natureza?

� Que relación existe entre os personaxes Miúra, Mallado e Bronco?

� En que lugar transcorre a acción?

� En que situación se atopa o protagonista ao comezo da lectura?

� Por que o home alimenta o odio do animal?

� Cal era o seu destino final?

Indica que tipo de narrador aparece no relato e cal é o punto de vista adoptadopolo autor.

Con que personaxe se identifica no conto a Miúra? Que calidade os une? Escollea resposta correcta.

a) covardía b) cordura c) forza d) demencia

Que bota de menos Miúra nos momentos previos á súa saída á praza? Por que?

Indica cal das ilustracións reflicte mellor o lugar onde Miúra se criou.

Indica se son verdadeiras (V) ou son falsas (F) as seguintes afirmacións sobreo relato.

Miúra era un touro nado e criado en catividade. �

Miúra intentaba derrubar as paredes do seu cárcere. �

Bronco esperaba a súa quenda á esquerda de Miúra. �

Bronco facía o seu papel mellor ca Mallado. �

Miúra tremía cando saíu á praza. �

O nome do protagonista fai referencia a unha raza específica de touros. Seleccionaas súas características tendo en conta os trazos de Miúra.

a) indómito b) inxenuo c) resolto d) nervioso e) submiso

Cal cres que era o obxectivo do autor cando compuxo o conto?

a) Facer evidente a actitude dos humanos cara aos animais.

b) Reflectir as consecuencias do odio.

c) Reflexionar sobre a falta de liberdade.

d) Demostrar que os homes e os animais comparten virtudes.

Redacta un resumo do fragmento de «Miúra» que vés de ler.10 T

9

8

7

6

5

4

3

2

1

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8 139

Indaga sobre a tauro ma -quia. En que época se datanas primeiras prácticas?

Investiga en que comu -ni dades autónomas se pro -mul gou a Lei Antitaurina.

Coñeces algunha festapopular que teña como eixecentral os animais? Busca in -for mación sobre ela.

TIII

TII

TI

I nvest igac ión

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:05 Página 139

VocabularioO touro «refrescou as ventas coa lingua húmida e tentou regresar ao paraíso

perdido». Explica a diferenza entre as seguintes parellas de palabras nas que o acentovaría o seu significado e escribe un enunciado con cada unha.

a) ventas / ventás c) louza / louzá e) vacua / vacúa g) canon / canón

b) maza / mazá d) carne / carné f) area / área h) cabala / cábala

O touro fora nado e criado na varcia ribatexana. Relaciona cada tipo de terreocoa súa definición. Se o precisas, consulta o dicionario.

a) Terreo con herba para que o gando paste.

b) Terra de labor cercada, polo xeral de pouca extensión e situada preto da casa.

c) Campo sementado de trigo ou doutros cereais.

d) Terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces…

e) Terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza.

f) Terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo.

g) Terreo chan e fértil das marxes dun río, frecuentemente anegado por este.

No lugar onde está Miúra «comezou a oírse, sedante, nostálxico, o son groso epacífico das chocas». Relaciona os seguintes termos coa ilustración da marxe quelles corresponda.

«A indignación e os músculos de Miúra deran en pedra fría». Relaciona as expre-sións que conteñen a palabra pedra da columna da esquerda co seu significadoá dereita.

a) Quedar abraiado.

b) Ser o primeiro en facer unha acusación.

c) Non ter sensibilidade.

d) Causar dano e tratar de ocultalo.

e) Ser insensible.

f) Realizar un grande esforzo.

g) Inaugurar.

h) Durmir profundamente.

O destino final de Miúra era a morte. Localiza o significado dos seguintestermos formados co sufixo -cidio.

a) uxoricidio d) biocidio g) filicidio

b) xenocidio e) magnicidio h) fratricidio

c) feticidio f) parricidio i) suicidio

Expresión Redacta un texto no que expoñas a túa opinión crítica sobre as touradas. Ten en

conta os seguintes aspectos:

� Consideras que vulneran os dereitos dos animais ou forman parte do patrimoniocultural?

� Teñen que ver coa nosa historia ou a nosa cultura?

castañolascrótalos afoxétimbalcarracaaxóuxerechoca

varcia gándara bouza braña pastoriza seara chousa

16

14

13

11

T15

T12

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 8140

arrincar as pedras cos dentes

durmir como unha pedra

non ser de pedra

poñer a primeira pedra

quedar de pedra

ser de pedra

tirar a pedra e agochar a man

tirar a primeira pedra

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:05 Página 140

O texto (I)

Concepto de texto

Un texto é unha unidade superior á oración (supraoracional), que está dotadade autonomía gramatical e de sentido completo.

Un texto debe cumprir tres características básicas, expostas a seguir. De nonse cumprir algunha delas, non poderemos falar de texto, senón de enunciado.

� Adecuación. O texto adáptase a cada situación comunicativa: debemosescoller unha variedade de lingua segundo o receptor, o lugar e a canlede comunicación (oral ou escrita) que utilizarmos.

� Coherencia. As ideas dun texto organízanse en enunciados que gardanrelación entre si (os parágrafos) e presentan, xa que logo, unidade.

� Cohesión. Mediante certos procedementos lingüísticos, as ideas duntexto relaciónanse para que resulten coherentes por medio de marca -dores do discurso, ademais doutros mecanismos de cohesión textual.

Actividades

Cal é a extensión mínima e máxima que pode ter un texto? Razoa a túa resposta.

Le o seguinte fragmento e anota as ideas que, na túa opinión, se tratan nel.

Pensar coa lingua que nos degradaA dificultade inicial da escrita feminista preséntase claramente na lingua na

que temos que pensar e razoar. Cunha lingua patriarcal1, que, en tantos as pectos,nos inferioriza e nos degrada, debemos concibir un pensamento liberador. No usoda lingua masculina, as mulleres escritoras non teñen identidade.

Porén, cómpre recoñecer que moitas feministas se mostran reticentes apromoveren cambios na lingua e son máis prudentes na transformación dalingua que noutras prácticas sociais. Unhas porque non se decatan da enormeimportancia da lingua, que non só é un instrumento de comunicación, senónque é a que estrutura o pensamento e consideran que non é relevante o xéneroque utilicen e cren que están falando en xeral cando están falando en masculino.

Outras, mesmo distinguindo a trampa que nos tende a lingua, consideranque é inamovible. A lingua non se pode cambiar.

É forzoso desacralizar a lingua e non ter medo en usala e modificala ao nosoconvir para botar por terra esa falacia de que non importa o xénero, que seutiliza un xénero universal (que serve igual para as mulleres e homes). Falso. Odiscurso é masculino e o referente do discurso é o home. E se dubidaren, poñaneses textos tan «universais» en feminino e verán como as súas conciencias (sobretodo se son masculinas) non toleran a proba.

María Xosé QUEIZÁN

Escrita da certeza, Espiral Maior (Adaptación)

Ponlle outro título ao texto anterior co que identifiques o tema que trata.

Que función cumpren as «engrenaxes lingüísticas» resaltadas no texto? Razóao.

En que situacións comunicativas resultaría adecuado o texto da actividade 2?

a) Nun xornal. c) Nun telexornal. e) Nun conto literario.

b) Nunha conferencia. d) Nun ensaio. f) Nun debate.

5

4

3

2

1

1

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8 141

L e m b r a

Un enunciado é unha secuenciade palabras —ás veces, inclusounha soa palabra (Ola!; Ben…)—situada nor mal mente entre dúaspausas, que transmite unha men -saxe comple ta.

1patriarcal: relativo ao patriarcado,forma de organización social enque o home exerce o poder en to-dos os terreos e goza dunha posi-ción dominante na familia.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 141

Adecuación e coherencia

Un texto resulta adecuado cando ten en conta o destinatario a que se dirixe,a situación comunicativa en que se produce e o medio polo cal se transmite.

Xa que logo, o texto debe cumprir dúas condicións:� Presentación. Debe estar distribuído de maneira axeitada (disposición

das marxes e dos parágrafos), empregar recursos tipográficos (letragrosa, cursiva…) e respectar a normativa (estándar lingüístico).

� Rexistro. Un texto é adecuado se o seu rexistro (formal ou informal)se axustar á situación comunicativa en que se produce: a canle queemprega (oral ou escrita), o destinatario a que vai dirixido e a intencióndo emisor (persuadir, deleitar, informar, etcétera).

Un texto é coherente se as ideas que expón están relacionadas entre si e pre-senta unidade temática.

Desta maneira, un texto coherente ten de presentar dúas características:� Unidade de sentido. As ideas deben estar relacionadas co tema tratado e

ser compatibles entre si, isto é, non se poden contradicir unhas a outras.� Organización. As ideas débense expor nunha orde lóxica, tanto interna

(feitos e consecuencias; presentación, nó e desenlace…), como exter -namente (oracións, parágrafos, alíneas, capítulos…).

Actividades

Indica cal dos dous textos seguintes che parece máis adecuado e por que.

Explica que contextos cómpre ter en conta para entender as viñetas da marxe.

Realiza as mudanzas precisas para que o seguinte texto teña coherencia.

O díaVeu o autobús. Entrou no restaurante. Púxose na cola do autobús, na que

había dúas persoas. Cando Anselmo subía nel, principiaba a chover. Era undiñeiro co que non contara. Pensou na débeda que lle ía pagar Luís Antonio.Baixou na Gran Vía. Caía unha chuvia desganada, case un orballo.

Camilo GONSAR

Como calquera outro día, Galaxia (Adaptación)

8

7

6

2

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8142

Texto IInmóbil na mesiña baixa do fondo

eu espreitaba, nas paredes do Amé -rica abríanse fendas sumamentesutís.

Un balbordo opaco soaba a som -bras e a derrota. […] En realidadeaquel mundo do Amé ri ca era unhasopa.

Pareceumo desde o primeiro intreen que me introducín nel.

Texto IIInmóbil na mesiña baixa do fondo,

eu espreitaba. Nas paredes do Américaabríanse fendas sumamente sutís. Unbalbordo opaco soaba a sombras e aderrota. […]

En realidade aquel mundo do Amé ri -ca era unha sopa. Pareceumo desde oprimeiro intre en que me introducín nel.

Xosé Luís MÉNDEZ FERRÍN

No ventre do silencio, Xerais

O contexto

Un texto debe ser pertinenteco contexto en que se produce:

� Contexto de situación. Con -diciona o tema e as escollaslingüísticas do emisor (así, falarde filosofía nun xardín de infan -cia resultaría inadecuado).

� Contexto cultural. Ás veces,as tradicións e as caracterís ticasculturais dotan de cohe ren ciaun texto. O seu descoñece men-to pode impedir des cifralo.

� Contexto cognitivo. Conxun -to de coñe ce mentos que com -parten emi sor e receptor, e fancrible a información.

Xosé LOIS, 400 carrabouxos máis.Deputación Provincial de Ourense.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 142

Cohesión: deíxe e elipse

Un texto está cohesionado cando os enunciados que o forman están benenlazados e lle dan sentido e coherencia interna.

As relacións que se establecen entre os enunciados poden ser de tres tipos:gramaticais, léxicas ou semánticas:

� Deíxe. Tamén denominada referencia ou anáfora, é o fenómeno por queunha palabra remite a unha parte anterior ou posterior do discurso.Adoita realizarse, ben por medio de pronomes persoais e posesivos(deíxe persoal: Brais e Felisa viven xuntos. Eles saen desde hai variosanos); ben con pronomes demostrativos ou adver bios de lugar (deíxedemostrativa: Henrique pasou cinco anos en Burela. Alí foi moi feliz).En ocasións, o pronome non fai alusión a unha soa palabra ou sintagma,senón a todo un enunciado: Só che digo isto: deixa de amolar os teusirmáns.

� Elipse (nominal, verbal ou oracional). É a omisión dun elementolexical nun enunciado cando xa apareceu con anterioridade no texto oucando se pode deducir facilmente polo contexto:

—Teu pai está na casa? // —[Ø] Está. [Ø] [Meu pai está na casa.]

Actividades

Le o seguinte fragmento e explica coas túas palabras que valor lle dá o especialuso da puntuación e a ligazón continuada de enunciados coa conxunción e.

Coma lobosAgora pasou e non hai paraugueiro que o arranxe e é mellor calar por se

acaso, por se volven e te untan e che din veña vostede connosco, que cho podendicir, e te levan, que te poden levar, e métente alí naquel cuartiño e pregún -tanche: onde estaba vostede o sábado ás dúas da mañá?, iso por che preguntarenalgo, e ti non sabes que dicir e sóltanche unha viaxe e aguantas […] porqueaínda que non queiras, aguantas, Eduardo, aguantas ou pérdeste, aguantascomo aguantan todos, aínda que despois os amigos che digan ti non tes o queten que ter un home, porque se mo fan a min mórdolles o corazón, que todo omundo é moi valente, todo o mundo […], pero xa se viu que cando entraron nataberna e preguntaron polo Roxo, ninguén se atreveu a defendelo e iso quetodos eran amigos del, pero cando lle dixeron Roxo, veña vostede connosco,ninguén protestou. E agora o Roxo está podrecendo e o mal foi del, que morreupor se meter onde non debía, que o tiñamos ben avisado, que lle tiñamos bendito «mira, Roxo, mira que vas por mal camiño», pero el era teimudo e non fixo caso.

Carlos CASARES

Vento ferido, Galaxia (Adaptación)

Explica que procedemento de cohesión introducen os elementos subliñados notexto da actividade 9. A que parte do texto se refire cada un deles?

Os dous corchetes resaltados en cor no fragmento indican a presenza dunhaelipse. Que elementos están omitidos e por que?

Muda as palabras subliñadas nas seguintes oracións por outras que as representen.

a) Os pais de Xano son moi simpáticos, mais os teus pais non os coñecen.

b) A cuestión é que mentiron. Con todo, esa cuestión agora non importa.

12

11

10

9

3

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8 143

A secuenciación

A cohesión secuencial (ou se -cuenciación) constitúe unhamo dalidade de cohesión adoitoes quecida. Xunto dos marca do -res do discurso, permite esta ble-cer relacións semánticas entreas partes do texto.

Desta maneira, o paralelismosintáctico (Este é o día, este é omomento, esta é a oportuni da deideal), a paráfrase (o pobo non sepode render, isto é, o pobo tenque mobilizarse) ou a contigüi -dade semántica (pala bras dunmesmo campo asocia tivo) con -tribúen para a cohesión textual.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 143

Cohesión: substitución e outros recursos

A relación léxica entre as palabras dun enunciado permite a substitución dunelemento por outro equivalente, co que mantén unha relación de significado.

Poden distinguirse dous tipos de substitución:� Substitución por sinónimos. Cómpre lembrar que os sinónimos

perfectos, intercambiables en todos os contextos, son pouco frecuentesna nosa lingua: Xulio non é un rapaz con sorte. O pobre mozo nonencontra traballo.

� Substitución por hiperónimos: Eu pedín un flan moi saboroso. Porén,elas non tomaron nada de sobremesa.

Noutras ocasións, a semántica permite pór en relación varias palabras duntexto. Os mecanismos de cohesión que fan isto posible son os seguintes:

� Reiteración léxica. Consiste na repetición dunha ou varias palabras endistintas partes do texto: En canto o avogado gañou o caso sóuboo. Ía sero caso que o faría famoso.

� Uso dunha familia léxica común. É a presenza de palabras da mesmafamilia léxica en enunciados diferentes: Tiña coñecementos sobre cociña.Pero non era un cociñeiro convencional.

Actividades

Le o seguinte fragmento e indica os mecanismos de cohesión que se utilizan nel,daqueles que estudaches nesta páxina.

Vivir nun pazoOs coartos dos pazos, istos coartos antergos, teñen algo de misterio e soedade.

Son coartos que invitan a pensar. Amplos, pisados con táboas de castañovedreiro, que polo moito servicio prestado xa se atopan unhas máis baixas queoutras e renxen así como se van pisando. O seu renxer paresce palabras de séculospasados. Os leitos, de freixo, de carballo ou de amieiro, quérense facer intocábeiscoa súa altura: na maioría das veces hai que usar un tallo para subir a eles.Despois a luz, que non nos dá alumeado por completo, deixa, en cada corruncho,virxen a escuridade. En cada corruncho destos podería agacharse unha pantasma.Si te asomas ao andámeo, cunha luz na man, sentiraste sobrecollido por unsilenzo arrepiante; quizais somentes oias o tic-tac dun reloxio antigo… Si teachegas á xanela e a abres, toparaste talvez co canto da coruxa, co ouvear docan que fai eco no Outeiriño, ou co miar dos gatos polos tellados dos cubertos…

Son coartos que invitan á cavilación. Ao estar neles sentes anceios de meterteno leito, taparte ben, apagar a luz dun sopro e pensar, pensar en algo denantesde dormirte.

Gonzalo R. MOURULLO

Nasce un árbore, Xerais

Substitúe as palabras subliñadas no texto da actividade 13 por outras sinónimas.

Repara nas dúas veces que se destaca no texto a palabra luz. Se tiveres quesubstituíla por un sinónimo, escollerías en ambos os casos a mesma palabra? Haberíaalgunha que non utilizarías nalgún dos dous contextos? Razoa a túa resposta.

Corrixe os desvíos da norma que hai no texto para adecualo ao estándar doidioma.16

15

14

13

4

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 8144

Hiperónimos e hipónimos

� Denomínase hiperónimo apalabra de significado xeralque lle dá nome a un campose mán tico. Por exemplo, froitaé o hiperóni mo de cereixa, pera,ameixa, laranxa, kiwi…

� Cada unha das palabras docampo semántico recibe o nomede hipónimo: laranxa, ameixae pera son hipónimos de froita.

A orquídea vermella, por JosephineTrotter.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 144

Os neoloxismos

Un neoloxismo é unha palabra ou expresión de creación recente nunha linguaou collida prestada, desde hai pouco, doutra lingua.

As formas de expresión evolucionan e cambian segundo as novas necesidadesexpresivas. Un dos procedementos de renovación da lingua é a creación deneoloxismos, xa sexan palabras incorporadas para designar novas realidades(software) ou termos xa existentes na lingua que incorporan unha nova acepción(xanela: abertura nunha parede; espazo na pantalla dun ordenador).

As palabras ou expresións que unha lingua toma doutro idioma reciben o nomede préstamos.

Os préstamos incorpóranse á lingua por diferentes procedementos. Así, cabedistinguir os seguintes:

� Préstamo adaptado. A palabra prestada adapta a súa pronuncia e a súaortograf ía ás da lingua que se incorpora: tortilla, bocadillo (castelán);xersei, líder (inglés); chalé, rúa (francés); espaguetes, concerto (italiano);espía, brinde (alemán)…

� Calco semántico. Tradución, literal ou non, da palabra ou expresiónestranxeira á lingua receptora: supermarket � supermercado; skyscra-per � rañaceos; serial killer � asasino en serie…

� Estranxeirismo. A palabra ou expresión impórtase doutra lingua senadaptación ningunha ás regras da lingua receptora: web, walkman, rockand roll… En ocasións, empréganse de maneira innecesaria, provocando odesprazamento do termo galego: show, «espectáculo»; dossier, «informe»…

O R T O G R A F Í A

Copia no teu caderno outras acepcións das seguintespalabras.

Clasifica as seguintes palabras segundo estean adapta-das á ortografía e fonética galegas ou non.

a) casete d) bisté g) croissant

b) balonmán e) clown h) hácker

c) estándar f) compact disc i) bacon

Escribe unha oración con cada unha das palabras daactividade anterior.

Substitúe os estranxeirismos dos seguintes enunciadospor voces galegas.

a) Nos spots de cueiros saen uns bebés moi tenros.

b) Merquei o libro no stand aquel.

c) O equipo de fútbol busca spónsor.

d) Sen o tícket de compra non se fan devolucións.

e) Avarióuseme o grill do forno.

f) O uso de sprays destrúe a capa de ozono.

g) O estrés é unha enfermidade contemporánea.

h) Espérote ás dez en punto no hall do hotel.

Rodea a opción correcta dos seguintes pares léxicos einventa un enunciado que inclúa o termo elixido.

a) xampú / champú d) bisutaría / bixutaría

b) chalé / chalet e) parquet / parqué

c) xutar / chutar f) clixé / cliché

� Escoita atentamente e copia no teu caderno o textodo ditado.6

4

3

2

1

5

Actividades

UNIDADE 8 145

� colgar. 1. Suspender, poñer algo ou a alguén senque chegue ao chan. 2.

� rato. 1. Pequeno mamífero roedor. 2.

� rede. 1. Tecido formado por mallas de diversostamaños e materiais. 2.

� virus. 1. Microorganismo invisible, que actúa comoaxente infeccioso. 2.

O DRAG na Rede

Os neoloxismos deben escribir-se e pronunciarse tal e comoaparecen recollidos pola RealAcademia Galega (RAG).

Se non dispós da última edicióndo Dicionario da Real AcademiaGalega, podes consultar a ver-sión electrónica na páxina webwww.edu.xunta.es/diccionarios/

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 145

A C T I V I D A D E S

Todo ten o seu valorDesde que lle tocara a lotería de Nadal por un décimo que

lle mandara un fillo que tiña casado en Madrid, o señor Pepede Pousadela medía todo por cartos. Un supoñer, dicía alguén:«Téñolle que cambiar as rodas ao coche» e alá saltaba o señorPepe: «Pois vai preparando cinco mil pesos». Saía outro calqueracon que ía levar a muller a un médico de pago e, antes de quedixese máis nada, ceibaba o señor Pepe: «Tres mil pesos. Se noncoñecese eu como abren a boca eses lampantíns!». E así portodo. Falase do que falase, o señor Pepe da Pousadela tiñadecote unha cifra na boca. «E sempre en pesos1, pola antiga!»,corrixiume o sancristán un día que me sentiu.

Moitos fuxían del porque a nova teima de medir todo encartos descubríalles cousas que querían acochar. «Parece quefode que che estean dicindo sempre o que valen as cousas»,comentou un día na taberna Ricardo, o zapateiro, cando oseñor Pepe lle espetou que o prato do casamento da súa fillaandaría polos setecentos pesos.

Sobro de tempo como andaba, o señor Pepe de Pousadelaía moito pola barbería de Moncho. Alí parrafeaba, lembrabaas súas correrías de cando servira nas illas Chafarinas2 e darelación que mantivera coa filla do capitán. «Amores platóni-cos», dicía el, coidando que así os facía máis intensos. Precisa-mente aquí, na barbería, cando lle sentiu a un cliente que tiñaque acompañar a uns parentes a visitar a catedral de Santiago,o señor Pepe non dubidou un intre e exclamou:

—E que pode valer? Vinte millóns de pesos!

Todos ficamos con ollos abertos.

—Si, si, a catedral de Santiago por aí valerá coma catrocasas xuntas.

Ninguén o contrariou porque todos sabiamos o xorne quegastaba o señor Pepe cando alguén poñía en dúbida o que eldicía. Non respectaba máis que á xente da súa paria e sobretodo ao señor Cañete, que se coñecían moito porque mocea-ran no mesmo lugar e facían a pé o camiño xuntos. Precisa-mente aquel día estaba na barbería o señor Cañete, cousarara porque era a filla quen o rapaba na casa. E foi el quen seatreveu a falar.

—Pase que o edificio da catedral de Santiago valla iso queti dis, pero canto valerá o botafumeiro?

O señor Pepe de Pousadela, sorprendido por algo que noncalculara nunca, baixou a vista e coa desculpa de que se llebotaba a noite enriba, marchou para a casa. Uns días despoisfinou. O día do enterro disque dixo a filla: «Seguramente sabíacando ía morrer. Ultimamente o pobre non facía máis ca botarcontas».

Pepe CARBALLUDE

http://bvg.udc.es

1peso: moeda de cinco pesetas.2Chafarinas: arquipélago español do mar Mediterráneo, situado

fronte ás costas de Marrocos.

Le atentamente o texto e contesta as preguntas que sepropoñen:

� Cando comezou o protagonista coa teima de medilotodo en pesos?

� Como reaccionaban os veciños?

� Por que á xente non lle gusta saber o valor económicodas cousas?

� Por que só o señor Cañete se atrevía a levarlle a con tra -ria a Pepe de Pousadela?

� De que morreu o señor Pousadela?

Completa os seguintes enunciados coa opción correctade cada par.

� O personaxe de Pepe de Pousadela é…

a) fantástico / real

b) principal / secundario

� O narrador é…

a) interno / externo

b) omnisciente / testemuña

c) en primeira persoa / en terceira persoa

Xustifica o título do conto de Pepe Carballude.

Cantos parágrafos hai no texto? Enuncia nunha oracióno contido de cada un.

Relaciona os parágrafos do conto coa estrutura clásicade introdución, nó e desenlace.

Dirías que o texto resulta adecuado? Xustifica a túaresposta.6

5

4

3

2

1

UNIDADE 8146

Repaso e desenvolvemento de competencias básicas

Introdución Dende ata

Nó Dende ata

Desenlace Dende ata

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 146

Une cada unha das propiedades textuais coa súa defi -nición.

a) Relación lóxica dunhas ideas con outras dentro dotexto.

b) Unidade de todos os elementos do texto mediantecertos procedementos lingüísticos.

c) Adaptación dos contidos, nivel e rexistro á situacióncomunicativa e ao interlocutor.

Busca no texto exemplos dos métodos de cohesiónmencionados na táboa.

Localiza no texto de Pepe Carballude os referentes daspalabras que aparecen destacadas en cor. Que elementode cohesión constitúe o uso destas palabras?

Indica cal é o suxeito elidido das oracións subliñadas.Por que non aparecen de xeito explícito?

Le o fragmento «As curiosidades da Lotaría do Nadal»e contesta as preguntas que aparecen a continuación:

� Con que obxectivo naceu a lotaría?

� Que periodicidade ten este sorteo?

� A que hora se constitúe a mesa?

� Onde ten lugar?

� Por que cambiou de sede?

� Cantos anos fai en 2012?

� Como seleccionan os nenos para cantar as bólas?

Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintesafirmacións sobre o texto publicado en El País.

Guzmán el Bueno foi o promotor desta lotaría.

Aprobouse por unanimidade nas Cortes de Cádiz.

As bólas son de madeira de carballo.

Unhas 40 persoas listan á man os números agraciados.

Os nenos son seleccionados polo seu volume de voz.

En que parágrafo do artigo da dereita se desenvolvenas seguintes ideas?

Descrición das bólas.

Organización da xornada.

Orixe do sorteo.

Presentación do premio.

Seleccion dos rapaces.

Descrición do traballo.

Localización do sorteo.

adecuación coherencia cohesión

7

8

9

10

11

12

13 Localiza no DRAG a definición de timbre e contesta:

� Con que significado aparece no texto?

� Dirías que é unha palabra homónima ou polisémica?

� Escribe un exemplo para cada acepción.

E ti, que farías se che tocase a lotaría? Pensas que oscartos cambiarían a túa forma de ser? Redacta un brevetexto e coméntao en voz alta cos teus compañeiros.

Elabora un mapa conceptual dos principais conti-dos do bloque de Funcionamento da lingua desta unidade.

T14

T16

15

UNIDADE 8 147

A C T I V I D A D E S

Deíxe

Elipse

Substitución

As curiosidades da Lotaría do NadalRecompilamos algúns dos detalles máis rechamantes.

Raquel SECO | Madrid. O próximo 22 de decembro, o Pala- cio de Congresos de Madrid acollerá por segundo ano osorteo extraordinario da Lotaría do Nadal. O premio, queten case 200 anos de historia, é o máis popular de todosos que se reparten en España.

O sorteo do Nadal naceu o 18 de decembro de 1812.Ciriaco González Carvajal, ministro do Consello e Cámarade Indias, buscaba un medio de «aumentar os ingresosdo erario público sen quebranto dos contribuíntes».A proposta foi aprobada polas Cortes de Cádiz no ano1811 sen ningún voto en contra.

O sorteo ten lugar cada 22 de decembro. A xornadaempeza ás 8 da mañá, cando se permite a entrada aosalón dos espectadores ata completar aforo. Ás 8.30constitúese a mesa e as bólas transpórtanse mecanica -mente á tolva (o recipiente transparente) ata o bombo.

A Lotaría estreou sede o ano pasado. Abandonou atradicional sala de Guzmán el Bueno polo Palacio deCongresos de Madrid, cun aforo moi superior.

Unhas 40 persoas forman o equipo que lista, cunhaferramenta informática, os premios e as poboaciónsagraciadas. Aos 45 minutos da fin do sorteo, o ficheiroenvíase á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, encargadade imprimir a lista oficial.

Os nenos do Colexio de San Ildefonso son seleccio -nados polo seu «bo timbre de voz e pronun ciación clara».Practican a lectura dos números e o manexo das bólas.

As bólas están fabricadas en madeira de buxo. Miden18,8 milímetros de diámetro e pesan tres gramos. Osnúmeros e letras están gravados con láser.

www.elpais.com, 15 de novembro de 2011 (Tradución dos autores)

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:06 Página 147

A Nova Narrativa Galega

Características formais

Nas décadas de 1950-1960 prodúcese unha renovación na nosa narrativa debidaa un grupo de escritores que incorporan técnicas e temáticas das correntesliterarias máis innovadoras da época.

Nas súas obras, a existencia aparece como algo absurdo, os personaxes sonseres desarraigados, fráxiles, desorientados e inseguros. Entre as característicasdesta narrativa podemos sinalar, ademais, as seguintes:

� Multiperspectivismo, é dicir, presenza de varios narradores nun mesmorelato que ás veces se superpoñen.

� Monólogo interior, que permite coñecer os pensamentos máis íntimosdo personaxe e que introduce como técnica narrativa o estilo indirectolibre (incorporación de diálogos sen verbos introdutorios).

� Espazos urbanos claustrofóbicos, cerrados, que acentúan a angustia.Ten moita importancia, tamén, o espazo simbólico.

� Ruptura coa orde cronolóxica do relato e coa súa estrutura clásica.� Intimismo e obxectalismo (protagonismo excesivo dos obxectos que

apa recen descritos polo miúdo).� Minimalismo estilístico (frases curtas, escasa adxectivación…) para

facer máis directo e impactante o relato. � Técnica cinematográfica que distancia o narrador do contado.� Renovación da linguaxe por medio da incorporación de termos científicos,

empréstimos doutras linguas, etcétera.

Actividades

� Escoita atentamente, le o texto e responde as cuestións que se propoñen.

MonólogoSe se cabrea, que se cabree. Ás doce e media non me meto eu na casa. Non me

meto non, ou qué. Vou estar de oito a oito dando clases e logo nada, non, home,non. Veña, que se cabree. Ai, meus filliños, ai, ai, que estou canso. Porque unhome pódese cansar e despois, boh, é mellor calar porque me estou cansando deter alí, no primeiro banco, ao fillo do Chevrolet, con cara de touciño, porque meestou cansando e un día ponse de xeonllos sen mais porque me dá a gana, por-que estou canso de ver a cara de parvo que ten, que parece un apalominado,[…] que burro, ai, que burro, que lIe vou dicir ao Chevrolet que o poña a cavar ouque o meta nun comercio, que o raparigo non serve, que é tatexo e non me sabedividir por decimais, cara de touciño, cara de non sei que que ten o porco ese. E sese cabrea, tamén me cabreo eu, que xa está ben de apandar ou qué, que non vaiser sempre día de santo Entroido.

Carlos CASARES

Vento ferido, Galaxia

� Que profesión pensas que ten o narrador?

� Que tipo de sentimentos mostra neste fragmento?

Fíxate na linguaxe empregada polo autor. Que tipo de oracións usa? Que rexistrolingüístico utiliza?2

1

1

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 8148

Orixes da Nova Narrativa

A Nova Narrativa xurdiu comoreacción contra o costumismoliterario, que identificaba omun do rural coa lingua e a cul -tura galegas. A súa deno mina -ción é un calco do NouveauRoman Français, aínda que pre -senta tamén influencias deautores anteriores como FranzKafka, William Faulkner, JamesJoyce ou John Dos Passos.

Home ante a porta, por RobertoGonzález, colección NOVACAIXAGALICIA.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:07 Página 148

Autores e obrasOs autores deste grupo naceron entre os anos 1930 e 1940. Comparten

unha orixe social parecida —as clases medias urbanas— e son todos universi-tarios que viaxaron ao estranxeiro, onde coñeceron a literatura que se facíanoutros lugares. Participaron activamente en política e nos movementosculturais da época, como a fundación da colección Illa Nova, da editorialGalaxia. Todos eles manteñen, ademais, un compromiso total coa nosa lingua.

Algúns dos seus autores e obras máis importantes da Nova Narrativa son osseguintes:

� Gonzalo Rodríguez Mourullo (Calo, 1935): Nasce un árbore, Memoria deTains.

� Xohán Casal (A Coruña, 1935-1960): O camiño de abaixo.� Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931-Vigo, 2008), quen publi-

cou baixo o pseudónimo de Camilo Gonsar: Lonxe de nós e dentro,Como calquer outro día e Cara a Times Square.

� Lois Diéguez (Monforte, 1944): A torre de Babel.A esta listaxe súmanse os nomes de Xosé Luís Méndez Ferrín e de Carlos

Casares, dos que falaremos na páxina seguinte.

Actividades

Le o seguinte fragmento e explica que sentimentos che transmite.

De súpeto…De súpeto abriu os ollos e ficou esculcando nas tebras cheo de arrepío.

Espertárase dun pulo, coma se o sono escorrentase para sempre do seu espírito.

Algo, alguén, camiñaba preto. Pasaba pola herba, sobre as pedras, polas cinzasmortas do lume.

Ergueu a testa e escoitou.

Era o vento que batía nas secas e nos toxos. Sentiunos axitarse.

Era un vento xeado e ferinte, que lle fendía a carne.

Notouno nos ósos e na alma.

Un fondo medo medrou no seu corazón, sentiu arelas de berrar… a noiteimpenetrable acochaba a alguén que tiña os ollos fitos nel, alguén que o fitabadende a escuridade.

Sentíase irto e aterrecido, tremendo. O seu tremor tamén lle daba medo.Espertara de súpeto na noite, quizais para comprender, para se decatar comaun can arrepiado que ela estaba alí. Sobre dos corpos deitados no chan, sobreda partida, sobre de si, coma se fora o mesmo sono, ou a noite. Ela os cubría emergullaba na terra, afundíndoos nela, soterrándoos irremisiblemente.

Xohán CASAL

O camiño de abaixo, n´A nova narrativa. Antoloxía, A Nosa Terra

Cal consideras que é o tema do texto da actividade 3?

Indica onde pensas que se atopa o narrador e por que.

Que cres que ameaza o protagonista deste relato?

O minimalismo estilístico é unha das características da Nova Narrativa. Sinala osaspectos do texto que mostren esta característica.

6

7

5

4

3

2

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 8 149

As autoras da Nova Narrativa

Na Nova Narrativa Galega apa -rece por vez primeira a novelamoderna escrita por mulleres.

Autoras como a viguesa MaríaXosé Queizán (A orella no bura-co) ou a compostelá XohanaTorres (Adiós, María), ademaisde incorporar as técnicas etemá ticas sinaladas, achegannas súas obras a visión dosmo vementos de reivindicaciónfe minista da época.

María Xosé Queizán.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:07 Página 149

Xosé Luís Méndez Ferrín Como xa indicamos ao falar da poesía da xeración dos 50, Méndez Ferrín

(Ourense, 1938) é un autor fundamental da nosa literatura. Cultivou todos osxéneros literarios, aínda que nos imos centrar no seu labor como narrador.

Méndez Ferrín une as técnicas narrativas máis novidosas coa tradiciónliteraria galega. Constrúe así un mundo mítico propio, cuxos personaxes eespazos —como Tagen Ata ou a Terra Ancha— aparecen de forma recorrentenos seus relatos.

Carlos CasaresCarlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) foi narrador, autor teatral e

deputado no primeiro Parlamento de Galicia, onde colaborou na redacciónda Lei de Normalización Lingüística (1983). Posteriormente, abandonou apolítica e centrouse no labor cultural, presidindo o Consello da Cultura Galegae dirixindo a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.

A súa escrita é clara e sinxela, aínda que nas súas obras aparecen diferentesestilos: directo, indirecto e indirecto libre.

Actividades

Le o fragmento de Percival e outras historias, e responde as cuestións.

Coma o ventoDecorría para Anceps unha noite de axitación interna. Fatigado, a idea fixa

que tiña na mente era esta: descansar. Estaba derreado, desfeito de cismarnaquela decisión, que non se lle daba conformado na vontade. Endereitou oautomóbil cara o pavillón do bosque. Internouse no bosque: aos lados da estra-da fungaban os castiñeiros con rouca voz, baixo a impresión salvaxe e ceibe dovento. Anceps pensou na súa liberdade.

—Esta noite —dixo para si— aínda son tan dono dos meus actos coma ovento, aínda son tan libre coma o vento…, coma o vento.

Chegou ao pavillón. Renxeu a pechadura. Acendeu a luz. Os libros estabancoma os deixara había dous anos. Nada se tiña movido alí nese tempo. Puxo enhora o péndulo e comezou, de novo, a marchar o tempo naquel cuarto. OllouAnceps, riba da mesa de traballo, un lapis e unha presada de cuartillas. E lem-brou que había dous anos, antes de coñecela a ela, era un novelista. Farto depensar no seu problema, sentouse, soproulle o po aos papeis e fixo sorrindo unsgarabatos sen senso. Logo decidiuse a escribir. Non sabía ben o que ía a escribir.Apenas tiña unha idea: facer unha historia. Igual que noutro tempo, antes decoñecela a ela.

Xosé Luís MÉNDEZ FERRÍN

Percival e outras historias, Galaxia

� Que sentimentos presenta o personaxe de Anceps?

� Que pensas que lle puido pasar dous anos antes?

� Que é o que máis valora na actualidade?

Recoñece no texto de Méndez Ferrín algunhas das características da Nova Narra-tiva Galega.

No título do libro menciónase un personaxe lendario, Percival. Procura infor-mación sobre el e indaga o título doutras obras onde apareza.

T

9

10

8

4

3

E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A

UNIDADE 8150

Obra narrativa de Méndez Ferrín

As principais obras narrativasescritas por Méndez Ferrín son:Percival e outras historias (o seuprimeiro libro de relatos, 1958),O crepúsculo e as formigas, Re -torno a Tagen Ata, Elipsis e outrassombras, Antón e os inocentes,e, xa nos anos oitenta, Crónicade nós, Amor de Artur e Arnoia,Arnoia.

Obra narrativa de Carlos Casares

Biógrafo, ensaísta e tradutor,Casares destacou especialmen -te no terreo da narrativa, conobras como Vento ferido, Cambioen tres, Xoguetes para un tempoprohibido —retrato da súa xera-ción publicado en 1975—, Osescuros soños de Clío, Ilustrísimae Os mortos daquel verán.

4S4LLLA_2011.08 23/2/12 15:38 Página 150

A C T I V I D A D E S

UNIDADE 8 151

Le o seguinte fragmento da escritora viguesa MaríaXosé Queizán e responde as cuestións.

O espertarA superficie está lañada xustamente por onde falta a

pintura. Anteriormente tiña sido verde agora era moura,denegrida, marrón, arrubiscada. As estilas eran máis claras.O respaldo continuaba sendo verde e contrastaba co negroenferruxado das patas de ferro. Nalgunhas partes, sobre detodo nas extremidades, había pequenos buracos.

Esperto con dor. Teño unha orella metida nun dos buracosmáis grandes. As miñas mans penden a ambas as bandas datáboa lañada, engadíndolle dúas patas ao banco, dúas patascurvas e redondas cunha base sobresaíndo contra fóra comoun sillón estilo Luís XV.

No banco, no extremo oposto de onde se atopa a miñacabeza, sobresaen as punteiras rompidas dos meus zapatos.Ergo un brazo con coidado, comprobando que este des pra -zamento non afecta en absoluto á estabilidade do banco.Apoiando un brazo no respaldo, e cun pequeno pulo, podopor fin tirar a miña orella do buraco, mentres coa outra manvaleira apalpo a orella. A miña man arrédase instintivamentecomo se recibira unha descarga eléctrica. Un pouco estra ñadovolvo a intentar o achegamento. Esta ves de vagar, e com -probo que a miña orella está quente. Tócome a outra e estámoi fría, igual que as miñas mans, como todo o meu corpo.Decátome de que teño frío, e o meu corpo comeza a tara belear,a tremer. Volvo a achegar a miña man á orella. Poderíaintentar quentala. É agradábel. Agora podo pensar.

María Xosé QUEIZÁN

A orella no buraco, Galaxia

� Quen é o protagonista deste texto? Que lle sucede?

� Como cres que chegou a esta situación?

� Como imaxinas o espazo onde se desenvolve este texto?

1 Sinala as características da Nova Narrativa Galega quepoidas identificar no fragmento O espertar.

Le agora o seguinte fragmento de Xohana Torres eresponde as preguntas que se propoñen.

Búscase…Eu tiña que ir cedo de recadeira ao bar polos diarios para

estar ao tanto dos anuncios por se aparecía algún choio ea verdade, molestia ningunha, daba un gusto aquel aire sen -deiro abaixo, igual cheiraba a arume que a maré, segundoo vento. Ao fondo estaba o mar que mesmo semellaba unespello. Primeira doncela referencias primeira con bo soldo,gratificación vinte e cinco mil pesetas cada dous anos deservizo, saídas xoves e domingos, interesadas poden escribirenderezo concertar entrevista apartado 563 (Catalina queben vives e o chope do teu señor tamén de primeira, nonfaltaría máis, como está a vida, con esas condicións, quen seatreve). Apartamentos zonas praias marabillosas paisaxesvisiten sen compromiso quedan moi poucos. AxenciaAmarelo. Alugo pisos de luxo seis habitacións cuarto-salóntres baños antena colectiva recolledor de lixo dende oito mil.Boxers lexítimos, pedigree, Ap. 25. Limpamos lámpadascristal de rocha a domicilio, especializados. Perdida pulseiramontura antiga diamantes, zafiros baguette gratificarase,regalo de familia. Pero que barbaridade, é que non meexplico o mal repartido que está o mundo, a onde vai parara xente con tanto detalle, logo vén unha guerra e a chorar todoo día o perdido. Moderemos que a cousa está que arde.

Ollo a este, dixo o meu pai: Necesitamos persoal próximaapertura hotel García Morato 10 pregunten por Benigno.Miremos o asunto, por que non?, as cousas novas poden darresultado, molla ben o tupé e pónteme de garabata, xa sabesque a primeira impresión é a que decide, a ver que pasa…Saímos daquela ata o fondal das mimosas a despedilo a fami -lia Briz en pleno, o cariño que non falle, é tamén importante.

Xohana TORRES

Adiós, María, Galaxia

� Quen está a procurar emprego?

� Que tipos de anuncios aparecen no xornal?

� Como aparece descrita a familia da protagonista?

Que estilo narrativo atopamos neste fragmento danovela Adiós, María?

Que tipo de narrador presentan ambos os dous textosdesta páxina?

a) O espertar� b) Búscase…�

Localiza na Internet as biografías de María XoséQueizán e de Xohana Torres. Que outras actividades desem-peñaron estas autoras, ademais da creación literaria?

Elabora un mapa conceptual dos principais contidosdo bloque de Educación literaria desta unidade.

2

3

T7

T6

5

4

Repaso e desenvolvemento de competencias básicas

Esquecido, por Willian de Lefwich Dodge.

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:07 Página 151

C O M E N T A R I O D E T E X T O

UNIDADE 8152

O Suso

A voz de Suso chegou a min fortemente, como unhacorneta que rechinase:

—Manolito. Baixa. Baixa.Eu obedecín. Todos os rapaces da Barbaña obedecia-

mos ao Suso. El era sorprendente. Tiña uns ollos escuros,ollos de animal de baixoterra, opacos, fixos. Non eraposible deixar de cumprir os seus desexos. El non man-daba, sim plemente desexaba. Estivera tirando pedriñascontra os vidros da miña habitación. Eu abrira a fiestrae el berroume duro:

—Manolito. Baixa. Baixa.Baixei. […]—Hai un rapaz no río —díxome o Suso. […]Detívose e preguntoume pregando o entrecello: —Tes medo?Ía eu permitir que o Suso supuxera aquilo? En verdade

tiña medo. […] Díxenlle:—Non. Non teño medo. E logo?Puxémonos a andar á beira do río.A néboa era lixeira, como un cristal algo suxo. Ía frío.

[…] Daba eu un paso e un medo novo botábame unhapoutada igual que un gato bravo, irritado. Ergueuse ventoe tiven máis frío. Pero, sobre todo, molestoume o granderumor dos canavais, axitados como unha cabeleira erectaque berrase. Fixeime no Suso. O Suso sempre tranqui-lizaba coa cara morena e fina que el tiña e os xestos segu-ros. E a punto estiven de berrar: o Suso ía coa cabezabaixa camiñando con pasos inseguros, todo denotandonel inseguridade. Fiquei perplexo e pareime, cos ollosmoi abertos. El non fixo nada máis que isto: olloume fixa- mente, fixamente… Como só el sabía ollar. Eu recupereia calma no acto.

Saquei dous pitos que lle roubara ao meu pai. O Susodixo que non coa cachola. Eu acendín un. Pareime. OSuso seguía a andar. Deime de conta de que as pegadasdo Suso non erguían absolutamente ningún bruído e por

segunda vez estiven a punto de berrar… Pero mordíno labio inferior e seguín; notando que un delgado sangueme escoaba polo queixo. O Suso parouse. Estaba algolonxe de min, enriba dunha cañería de formigón armado.Pareceume alto e lonxe. E moito. Berroume comoadoitaba berrar, como unha corneta:

—Manolito. Xa chegamos. Está na beira, ti busca poralí. Eu vou por alá.

As últimas palabras removéronme e puxéronme carnede galiña. Tatexei:

—Non… Non…E el repetiu:—Eu vou por alá.Vin desaparecer os seus ollos opacos e poderosos.E eu púxenme a buscar o rapaz afogado ao resplandor

escasísimo que viña do barrio do Couto. […] E atopei orapaz afogado na beira, a flor de auga. […] Deille a voltamoi asustado, pero sen medo. Deille a volta. O rapazafogado tiña os ollos de animal de baixoterra.

Tiña os ollos do Suso.Tiña a admirada cara do Suso.O rapaz afogado era o Suso.Botei un berro liso e longo como unha lombriga. A

néboa espesárase. O vento quería fender os canavais.Voltei a berrar e o berro foi outra vez longo e repulsivo.Caín. Erguime. Iniciei unha caída cega.

Ao final da miña fuxida de pequena besta horrorizadaestaba na miña casa. E metínme na cama acorado emolladísimo.

Pasou o que quedaba de noite nun estado de semi-in consciencia.

E toda a rapazallada do barrio comezou a berrar baixoa miña fiestra.

—Manolito, Manolito. O Suso afogou onte no río.O Suso afogou onte no río.

Erguinme e mirei o río. Era día grande. Non habíanéboa.

Xosé Luís MÉNDEZ FERRÍNO crepúsculo e as formigas, Galaxia

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:07 Página 152

Análise do contido

� Escoita atentamente e le o fragmento da novela O crepúsculo e as formigas,escrita por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Contesta as seguintes preguntas sobre o texto:

� Cal é o motivo de que Manolito baixe cando o Suso o vai chamar?

� Por que non quere que o Suso saiba que ten medo?

� Que provocou que Manolito fixese sangue no beizo?

� Por que comeza Manolito a tatexar?

� Como reacciona ao ver que o afogado era o Suso?

O Suso aparece descrito dunha forma fantasmagórica. Busca os adxectivos quese lles aplican aos seguintes trazos.

Que temáticas características da Nova Narrativa Galega aparecen desenvolvidasno texto? Divídeas en tema principal e temas secundarios e organízaas mediante unesquema.

Escribe un resumo do argumento do fragmento O Suso.

Análise da formaA memoria fai que lembremos certas cousas con intensidade e esquezamos

outras. No texto aparecen repetidos algúns elementos de maneira obsesiva. Buscaexemplos e indica por que constitúen palabras clave na historia de Manolito.

a) ollos (ollar) b) berro (berrar) c) (ter) medo

No momento álxido da narración, as vivencias de Manolito aparecen reflecti-das case de forma lírica mediante o uso de oracións curtas, anáforas e repeticións.Localiza exemplos no texto.

Comenta o simbolismo que a meteoroloxía ten no relato e relaciónao coas sen-sacións do protagonista cando chega á casa.

Como inflúe sobre a percepción que Manolito ten dos feitos narrados? Ponos encontrapunto co parágrafo que cerra o relato.

O texto ten un narrador en primeira persoa: Manolito. En que medida a idade doprotagonista marca a linguaxe do relato? Analiza os seguintes aspectos.

a) Léxico e expresións. b) Sintaxe. c) Rexistro.

Valoración e relación co contextoPescuda o significado da expresión viaxe iniciática. En que medida podemos

afirmar que o relato O Suso narra unha experiencia iniciática?

O mundo infantil e xuvenil dos romances iniciáticos tivo gran presenza nanosa narrativa. Pescuda información sobre as seguintes obras e indica cales podemosadscribir a ese subxénero literario e quen son os seus autores.

a) Memorias dun neno labrego d) Amor de Artur

b) Xoguetes para un tempo prohibido e) Cara a Times Square

c) Xente ao lonxe f) Memoria de Tains

9

T

T

T

T12

11

10

8

7

6

5

4

3

2

1

C O M E N T A R I O D E T E X T O

UNIDADE 8 153

voz ollos cara xestos pegadas

4S4LLLA_2011.08 22/2/12 11:07 Página 153