CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda....

55
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE SILLEDA EXERCICIOS 2001-2002

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda....

Page 1: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE

SILLEDA

EXERCICIOS 2001-2002

Page 2: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

_________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE

Páxina

1. INTRODUCIÓN....................................................................................................................... 1 1.1. Obxectivos e alcance ..........................................................................................................1 1.2. Limitacións...........................................................................................................................1 1.3. Normativa reguladora ..........................................................................................................1 1.4. Trámite de alegacións .........................................................................................................3 1.5. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2002) .......................................................3

2. ASPECTOS XERAIS.............................................................................................................. 4

2.1 Información orzamentaria e indicadores .............................................................................4 2.2. Control interno .....................................................................................................................6 2.3. Aspectos contables .............................................................................................................7

3. TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS RECIBIDAS......................................................... 10

3.1. Transferencias e subvencións monetarias correntes........................................................10 3.2. Transferencias e subvencións monetarias de capital .......................................................15 3.3. Convenios..........................................................................................................................21

4. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS ........................................................................................ 29

4.1. Bases reguladoras da execución do Orzamento e bases específicas reguladoras das subvencións............................................................................................29

4.2. Análise de expedientes .....................................................................................................30 5. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................... 39

5.1. Transferencias recibidas ...................................................................................................39 5.2. Subvencións outorgadas ...................................................................................................41

6. RECOMENDACIÓNS........................................................................................................... 43

ANEXO I:..................................................................................................................................45 ANEXO II: TRANSFERENCIAS CORRENTES.......................................................................48 ANEXO III: TRANSFERENCIAS DE CAPITAL........................................................................50 ANEXO IV: CONVENIOS.........................................................................................................51 ANEXO V: SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS............................................................................52

Page 3: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

_________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Page 4: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

1 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

1. INTRODUCIÓN

1.1. Obxectivos e alcance

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2003, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2004, a fiscalización das transferencias e subvencións recibidas e concedidas nos exercicios 2001 e 2002 polo Concello de Silleda.

Os obxectivos de fiscalización consistiron en:

– Verificar o adecuado rexistro das transferencias e subvencións recibidas e concedidas na contabilidade financeira e orzamentaria do Ente fiscalizado.

– Analizar a existencia de subvencións en especie.

– Comprobar a correcta solicitude e xustificación das subvencións ante o órgano de financiamento.

– Verificar a aplicación de fondos (axudas monetarias) á súa finalidade.

O período temporal estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

1.2. Limitacións

As probas realizadas víronse condicionadas polas seguintes limitacións:

– O incumprimento dos artigos 193 e 204 da LRFL, respecto á aprobación e rendición da conta xeral dos exercicios 2001 e 2002, representou unha limitación ó traballo de fiscalización.

– Os expedientes de contratación revisados presentaban unha ordenación deficiente e ausencia de documentación. Este feito supuxo unha limitación ás comprobacións realizadas polo equipo auditor.

1.3. Normativa reguladora

A normativa reguladora das materias obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

Page 5: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

2 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

– Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

– Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

– Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

– Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

– Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

– Lei 5/1997, de 22 de xullo, de a Administración Local de Galicia (LALG).

– Lei 8/1999, de 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e de actuación administrativa de Galicia.

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

– Real Decreto Lexislativo 1091/1988, de 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO).

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.

– Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

– Real Decreto 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ós investimentos das Entidades Locais.

– Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

– Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. (RXLC).

– Decreto de 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

– Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (TRLRFP).

Page 6: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

3 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

– Decreto 287/2000, de 21 de novembro, da Consellería de Economía e Facenda, que desenvolve o DL 1/1999.

– Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda, de 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos orzamentos das Entidades Locais.

– Orde do Ministerio de Administracións Públicas, de 7 de maio de 1998, reguladora da cooperación económica do Estado ós investimentos das Entidades Locais.

– Ordes de convocatoria das subvencións recibidas.

– Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990.

1.4. Trámite de alegacións

En cumprimento do disposto no artigo 58.a) do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ó Alcalde no escrito núm. 1399 do 30 de novembro de 2004, concedéndolle un prazo ata o 29 de decembro de 2004, para que presentara as alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos. Transcorrido o dito prazo non se formularon alegacións ó Anteproxecto de Informe.

1.5. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2002)

O orzamento inicial do exercicio 2002 ascendeu a 3.320.293,67 euros en ingresos e a 2.990.300,90 euros en gastos. O superávit inicial de 329.992,77 euros é consecuencia dos axustes obrigatorios regulamentados no artigo 21 do RD 500/1990, derivados da aplicación da prórroga do orzamento do ano anterior. O último orzamento aprobado polo Concello, ó termo dos traballos de campo desta fiscalización (1 de outubro de 2004), é o correspondente ó exercicio 2001, prorrogándose tamén, polo tanto, para os anos 2003 e 2004.

O Concello confeccionou as liquidacións orzamentarias dos anos 2001 e 2002, pero non foron aprobadas. Incumpriuse o disposto no artigo 172.3 da LRFL. Non se enviaron copias á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, en

Page 7: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

4 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

contra do establecido nos artigos 174.5 da LRFL, 91 do RD 500/1990 e na regra 445 da ICAL. O resume por capítulos da liquidación do orzamento do exercicio 2002, inclúese como Anexo I.

As contas xerais dos exercicios 2001 e 2002 foron formadas pola Intervención. Na actualidade (outubro, 2004), non foron sometidas a informe da Comisión Especial de Contas e, polo tanto, atópanse pendentes de aprobar. Tampouco se renderon ó Consello de Contas. Vulnerouse o establecido nos artigos 193 e 204 da LRFL. Este feito pode dar lugar á esixencia de responsabilidades e á aplicación das medidas previstas na Lei 6/1985, do Consello de Contas de Galicia, e no seu Regulamento de réxime interior.

2. ASPECTOS XERAIS

2.1. Información orzamentaria e indicadores

a) CADRO 1. Información orzamentaria agregada de dereitos e obrigas recoñecidas. Estas magnitudes extraéronse das liquidacións orzamentarias, pendentes de aprobar, dos exercicios 2001 e 2002.

INGRESOS MUNICIPAIS 2001-2002 DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS

GASTOS MUNICIPAIS 2001-2002 OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS

CONCEPTO 2001 2002 Diferenza CONCEPTO 2001 2002 Diferenza

Tributos propios 1.249.589,55 1.327.300,38 77.710,83 Consumo público 2.131.833,30 2.494.421,40 362.588,10

Transferencias 2.241.061,67 1.969.282,25 -271.779,42 Transferencias 222.671,87 220.140,64 -2.531,23

Endebedamento 0,00 0,00 0,00 Carga financeira 265.532,08 328.819,24 63.287,16

Outros dereitos 841,64 28.576,83 27.735,19 Investimentos reais 1.039.723,39 595.166,22 -444.557,17

Outras obrigas 0,00 0,00 0,00

TOTAL 3.491.492,86 3.325.159,46 -166.333,40 TOTAL 3.659.760,64 3.638.547,50 -21.213,14

No cadro 1, amósase a distribución dos dereitos recoñecidos netos dos anos 2001 e 2002 agrupados en tributos propios (que inclúen os capítulos I, II e III), transferencias (capítulos IV e VII), endebedamento (capítulo IX) e outros dereitos (capítulos V, VI e VIII). Tamén se ofrece información das obrigas recoñecidas rexistradas na liquidación do orzamento destes exercicios clasificándoas en consumo público (capítulos I e II), transferencias (IV e VII), carga financeira (capítulos III e IX), investimentos reais (capítulo VI) e outras obrigas (capítulo VIII).

Page 8: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

5 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

No concepto de transferencias integráronse as correntes e de capital. O volume de transferencias recibidas no exercicio 2001 (2.241.061,67 euros), representou o 64% do total dos dereitos recoñecidos na liquidación do orzamento. No ano 2002, os dereitos recoñecidos por transferencias foron 1.969.282,25 euros (271.779,42 euros menos respecto ás recibidas no exercicio anterior). A porcentaxe das transferencias recibidas neste exercicio sobre o total de dereitos foi do 59%.

As transferencias concedidas polo Concello no ano 2001 (222.671,87 euros), representaron o 6% das obrigas totais recoñecidas na liquidación. No ano 2002 (220.140,64 euros), significaron tamén o 6% das obrigas contabilizadas.

b) CADRO 2. Dereitos e obrigas dos exercicios 2001 e 2002 expresados en euros por habitante.

INGRESOS MUNICIPAIS 2001-2002 (en euros / habitante) GASTOS MUNICIPAIS 2001-2002 (en euros / habitante)

CONCEPTO 2001 Índice 2002 Índice CONCEPTO 2001 Índice 2002 Índice

Tributos propios 136,20 35,79 145,87 39,92 Consumo Público 232,35 58,25 274,14 61,22

Transferencias 244,26 64,19 216,43 59,22 Transferencias 24,27 6,08 24,19 5,40

Endebedamento 0,00 0,00 Carga financeira 28,94 7,26 36,14 8,07

Outros ingresos 0,09 0,02 3,14 0,86 Investimentos reais 113,32 28,41 113,32 25,31

Outras obrigas 0,00 0,00

TOTAL 380,55 100 365,44 100 TOTAL 398,88 100 447,79 100

GRÁFICO 1

0

50

100

150

200

250

300

Tributos propios Transferencias Outros ingresos

2001 2002 0

50

100

150

200

250

300

Consumo Público Transferencias Investimentos reais

2001 2002

Page 9: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

6 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

O volume de transferencias recibidas no ano 2001, é superior á presión fiscal, é dicir, ós tributos propios por habitante. No ano 2002, mantense a tendencia e as transferencias recibidas por habitante (216,43 euros) son tamén sensiblemente superiores (diferencial de 70,56 euros por habitante) ós tributos propios (145,87 euros). En ámbolos dous exercicios, existe unha forte dependencia do Concello respecto das transferencias recibidas doutras Administracións.

O peso relativo das transferencias outorgadas polo Concello nestes dous exercicios non é significativo respecto do conxunto de gastos (representan o 6% no ano 2001 e o 5% en 2002).

2.2. Control interno

a) Organización administrativa

Durante o ano 2001 e ata o primeiro de abril de 2002, a secretaría estivo desempeñada, en comisión de servizos, por un funcionario con habilitación de carácter nacional da subescala de Secretaría-Intervención. O día 1 de abril de 2002, nomeouse secretario accidental a un funcionario auxiliar administrativo que desempeñou o cargo hasta o 2 de abril de 2003, data na que tomou posesión, por medio de nomeamento provisional, unha funcionaria de habilitación nacional da subescala de secretaría, categoría de entrada. Na actualidade, outubro de 2004, está ocupado por outra funcionaria da subescala de Secretaría–Intervención, con nomeamento provisional.

O posto de traballo de interventor estivo desempeñado por un funcionario auxiliar administrativo nos anos 2001 e 2002. O día 13 de abril de 2004 tomou posesión do posto, con carácter definitivo, un funcionario con habilitación de carácter nacional da subescala de Intervención-Tesourería, categoría de entrada.

O posto de tesoureiro atribuíuse o día 17 de decembro de 1993 a un auxiliar administrativo, persoal laboral do Concello. Incumpriuse o disposto no artigo 92 LRBRL, que non reserva estas funcións a persoal contratado en réxime laboral. Con data do 17 de xuño de 1999, este traballador accedeu á condición de funcionario tras superar un concurso-oposición de auxiliar administrativo. O Concello non realizou nomeamento expreso asignándolle as funcións de tesourería.

Page 10: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

7 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

b) Segregación de funcións

Comprobouse que existe unha adecuada segregación de funcións entre quen tramitan as subvencións e os funcionarios que as rexistran contablemente. Porén, o rexistro de operacións presenta como debilidade que os ingresos e gastos son rexistrados na contabilidade municipal directamente polo tesoureiro, circunstancia que orixina a ausencia de separación de funcións e que non garante o control efectivo na entrada e saída de fondos.

c) Bases de execución

O Concello regulou nas bases de execución do orzamento do ano 2001 (prorrogadas para o exercicio 2002), unicamente o pago das subvencións concedidas. Na base de execución número 15 indícase que as subvencións requirirán, para o seu pago, que os perceptores acrediten o estar ó corrente de obrigas fiscais co Concello e que xustifiquen, no prazo de dous meses, a aplicación dos fondos recibidos.

2.3. Aspectos contables

Participación nos ingresos do estado (PIE)

Contabilízase na partida 420.00. A PIE para o exercicio 2002 ascende a un importe de 1.085.516,71 euros. Durante o exercicio 2002 recoñécense dereitos por un importe de 975.743,50 euros, que inclúen as entregas a conta da liquidación do exercicio 2002, excepto a de decembro, e a liquidación definitiva da PIE do exercicio 2001 que se producen no exercicio 2002 e que polo tanto deben contabilizarse neste exercicio. A liquidación da PIE do exercicio 2002 prodúcese no exercicio 2003, período no que se contabiliza. Polo tanto dáse cumprimento ó disposto no artigo 144,a) da LRFL. A PIE no exercicio 2001 ascendeu a 1.048.817,18 euros.

Fondo de cooperación local (FCL)

Este Fondo é rexistrado no subconcepto 455.00, excepto 40.000 euros correspondentes á entrega a conta do segundo e terceiro trimestre, que son contabilizados como unha transferencia de capital no subconcepto 755.00. Desde

Page 11: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

8 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

o exercicio 2002 o Fondo é unha transferencia incondicionada, podendo financiar con el calquera actividade e polo tanto debería figurar no capítulo 4 de ingresos na súa totalidade. Respecto á contabilización dos dereitos efectúanse tres apuntes contables ó longo do exercicio correspondente a entregas a conta da liquidación definitiva da participación municipal no Fondo. A mencionada liquidación prodúcese e contabilízase en decembro do exercicio 2002, polo que a contabilización é correcta de acordo co disposto no artigo 144.a) da LRFL. O importe total do Fondo durante o exercicio 2002 ascende a 173.122,36 euros.

Contabilización dos dereitos recoñecidos correspondentes ás subvencións recibidas

Con carácter xeral a contabilización dos dereitos recoñecidos, correspondentes ás subvencións analizadas nos epígrafes 3.1 e 3.2 deste informe, efectúase no momento en que se produce o ingreso na tesourería municipal (criterio de caixa). Porén, detectáronse incumprimentos do disposto na regra 156 da ICAL, que permite anticipar o recoñecemento do dereito no momento en que se consideren cumpridas as condicións esixidas pola convocatoria da axuda. Así, nos seguintes expedientes recoñeceuse o dereito con carácter previo ó envío da documentación xustificativa da subvención concedida por parte da Corporación ó órgano concedente:

Descrición Subvención Importe dereitos

recoñecidos

Exercicio de contabilización

dos dereitos

Exercicio en que deberían rexistrarse os

dereitos

Fonte en Glorieta, estrada N 625 36.061,00 2002 2003

Saneamento e abastecemento en O Foxo, PSA 2002 27.045,00 2002 2003

CIM 30.257,00 2002 2003

Peche perimetral de pistas e cancha en Cortegada, PID 2002 18.030,00 2003 2004

De acordo co reflectido no cadro anterior, os dereitos recoñecidos no exercicio 2002 deberían diminuírse en 93.363,00 euros e no exercicio 2003 incrementaríanse en 75.333,00 euros, polo que o remanente de tesourería e o resultado orzamentario de ámbolos dous exercicios veríanse afectados na mesma medida.

Page 12: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

9 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Seguimento dos gastos con financiamento afectado

O estado de remanente de tesourería non presenta ningún saldo afectado a gastos con financiamento afectado. O Concello non leva o estado de gastos con financiamento afectado esixido na regra 376 a 381 da ICAL. Este feito podería desvirtuar o remanente de tesourería para gastos xerais e resultado orzamentario calculados pola Corporación.

Pagos a xustificar contabilizados como transferencias

Verificouse a contabilización de diversos pagos a xustificar no subconcepto 489.00 do orzamento de gastos, cando pola natureza dos mesmos son gastos que deben rexistrarse no capítulo 2 do orzamento de gastos. Entre os diversos apuntes, incorrectamente contabilizados, analizáronse os seguintes:

Concepto Importe

Concelleiro de Cultura para a Romaría do Rapaz 18.592,00

Comisión organizadora do Festival Folk 10.818,22

Comisión Organizadora do Entroido de Silleda 3.006,07

Nos tres expedientes analizados preséntanse documentos xustificativos defectuosos que non reúnen os requisitos esixidos para unha factura, ó non constar o NIF ou CIF do expedidor ou incluso o seu propio nome ou razón social, noutros non se establece o obxecto da contraprestación ou ben non se desglosa o IVE. Así mesmo preséntanse como xustificantes tíckets, recibos, albarás e recibís que non aportan as garantías suficientes como xustificación dos fondos librados.

Tampouco consta no expediente o informe do Interventor municipal que debe acompañar a expedición do mandamento a xustificar, nin a aprobación da conta xustificativa por órgano competente previo informe da Intervención municipal, incumprindo o disposto na base 5ª de execución do Orzamento.

Non queda acreditado no expediente que os membros da Comisión organizadora do festival folk e da Comisión organizadora do Entroido de Silleda pertenzan á organización municipal, requisito indispensable para poder recibir un pago a xustificar.

Page 13: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

10 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Xeracións de crédito por compromisos de ingreso

Analizáronse os expedientes de xeración de crédito das subvencións e convenios analizados que non figuraban nos créditos iniciais do orzamento do exercicio. En total analizáronse 8 expedientes detectándose as seguintes incidencias:

– En cinco dos expedientes non se aportou o compromiso firme de achega esixido polo artigo 43 do RD 500/1900.

– Nun expediente non figura o Decreto de aprobación da modificación orzamentaria, mentres que noutros catro non figura a sinatura do Alcalde no mencionado Decreto.

3. TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS RECIBIDAS

De acordo co documento número 4 dos principios contables públicos da IGAE, os conceptos de transferencia e subvención supoñen un desprazamento patrimonial que ten por obxecto unha entrega diñeiraria ou en especie entre os distintos axentes das Administracións Públicas, entidades públicas ou privadas e particulares, todas elas sen contrapartida directa por parte dos entes beneficiarios. O elemento diferenciador de ámbolos dous conceptos é a afectación a uns fins, proxectos ou actividades concretas do mencionado desprazamento patrimonial no caso das subvencións, mentres que nas transferencias ditos fondos poden destinarse a financiar actividades ou operacións non singularizadas.

As transferencias e subvencións poden financiar operacións correntes (concretas e específicas no caso de subvencións e calquera no caso de transferencias) ou de capital se financian operacións deste tipo.

No presente apartado analízanse as subvencións contabilizadas polo Concello no exercicio 2002, sen prexuízo de que se describa o conxunto das transferencias e subvencións recibidas nos exercicios 2001 e 2002.

3.1. Transferencias e subvencións monetarias correntes

Estes desprazamentos patrimoniais rexístranse no capítulo 4 do orzamento de ingresos. No Anexo II reflíctense o conxunto de subvencións que foron concedidas á Corporación durante os exercicios 2001 e 2002, así como o importe da participación nos ingresos do Estado dos mencionados exercicios.

Page 14: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

11 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Desa relación seleccionouse a seguinte mostra, co obxecto de analizar o cumprimento dos requisitos esixidos polas diversas convocatorias, así como a correcta contabilización dos dereitos recoñecidos:

Órgano concedente Descrición Importe concedido

1) Consellería de Sanidade Mantemento de puntos de atención continuada e zonas de especiais urxencias

11.069,02

2) Consellería de Industria e Comercio

Equipamentos urbanísticos nas áreas comerciais dos núcleos de Silleda e Bandeira

7.688,70

3) Consellería de Asuntos Sociais

Axudas destinadas á prestación de servizos sociais polas Entidades Locais

59.715,08

4) Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Axudas destinadas a actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller

30.257,00

ANÁLISE DE EXPEDIENTES

1) Subvención mantemento de puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias

Órgano concedente: Consellería de Sanidade. Orde da convocatoria: 10 de maio de 2002, DOG Nº 98, de 23 de maio de 2002. Importe concedido: 11.069,02 euros.

O obxecto desta subvención consiste en financiar gastos de funcionamento de puntos de atención continuada ou zonas especiais de urxencias existentes en centros de saúde municipais. Son gastos subvencionables os de persoal non sanitario e os gastos correntes de auga, electricidade, teléfono, calefacción, limpeza, seguridade, etc.

Como resultado da análise da documentación facilitada detectáronse as seguintes incidencias:

a) Xustificación da subvención

No expediente consta a realización dos gastos de auga, electricidade, teléfono, calefacción e de persoal non sanitario que, xunto ós de limpeza, foron os subvencionados. Porén, o gasto de limpeza por importe 1.442,40 euros non está xustificado con soportes documentais que acrediten a súa realización.

Page 15: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

12 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

En consecuencia, efectuado o cálculo do coeficiente de financiamento da Xunta nun 39,5% (resultado de dividir a subvención concedida por importe de 11.069,02 euros, entre o orzamento total subvencionado que ascendeu a 28.014,13 euros), procedería un reintegro de 569,75 euros (39,5% de 1.442,40 euros), en virtude do disposto nos artigos 78.5 do TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000.

2) Equipamentos urbanísticos nas áreas comerciais dos núcleos de Silleda e Bandeira

Órgano concedente: Consellería de Industria e Comercio. Orde da convocatoria: 19 de abril de 2002, DOG Nº 90, de 10 de maio de 2002. Importe concedido: 7.688,70 euros.

O obxecto desta orde é a convocatoria, para o ano 2002, do programa de axudas e subvencións ó fomento de investimentos en mercados retallistas, en rúas e zonas peonís-comerciais e noutros equipamentos comerciais de carácter social. A contía será como máximo do 70% do investimento subvencionable, non podendo á súa vez superar o tope do 90% o conxunto de axudas para o mesmo proxecto.

Como resultado da análise deste expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Xustificación da subvención

O último parágrafo do artigo 8.1.d) da orde de convocatoria destas axudas, establece a obriga de aportar un certificado no que se faga constar o cumprimento da finalidade e a aplicación dos fondos recibidos. Esta certificación, debe ser expedida polo “órgano que teña atribuídas as facultades de control”. Porén, certificouse o cumprimento da finalidade e do destino dos fondos polo secretario accidental.

b) Incidencia contable

Na orde de convocatoria especifícase que os créditos para este programa imputaranse á aplicación orzamentaria da Xunta 08.04.521-A.761.1. “Transferencias de capital. Corporacións locais”. O Concello, contabilizou esta subvención incorrectamente, como transferencias correntes, no subconcepto 455.00 “Subvencións Xunta”.

Page 16: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

13 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

3) Axudas destinadas á prestación de servizos sociais (plan concertado).

Órgano concedente: Consellería de Asuntos Sociais. Orde da convocatoria: 4 de abril 2002, DOG de 16 de abril de 2002. Importe concedido: 59.715,08 euros.

Esta convocatoria de axudas ten por obxecto financiar total ou parcialmente os servizos sociais de atención primaria ou especializada. Subvenciónanse o mantemento de programas, a realización de programas novos e os investimentos relacionadas cos servizos sociais. No exercicio 2002 a Consellería concede ó Concello unha subvención para financiar o persoal de atención primaria (asistente social, técnico grado medio, técnico de grado superior, auxiliar administrativo) e para os programas de axuda a domicilio e de prevención e inserción social. A cantidade total concedida ascende a 59.715,08 euros.

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude da subvención

– Non queda acreditado no expediente que a Corporación teña aprobado o regulamento municipal esixido na Orde de 22 de xullo de 1996 que regule o servizo de axuda a domicilio.

– Non figura no expediente a ficha de avaliación do plan concertado correspondente ó exercicio 2001, esixida polo artigo 5 da orde de convocatoria.

b) Xustificación da subvención

– Entre o persoal que se subvenciona inclúese un técnico de grado superior, cando na memoria dos distintos programas subvencionados non figura entre o persoal necesario para o desenvolvemento dos mesmos, ningún técnico desta categoría. Solicitouse a nómina deste técnico e na mesma figura como posto “Axente de desenvolvemento Local”, entre cuxas funcións non se inclúen os servizos sociais. A subvención concedida pola Consellería para este técnico ascende a 16.341,69 euros, polo que procedería o reintegro desta cantidade ó imputar unha subvención para servizos sociais a un técnico que desempeña outras funcións na Corporación.

– As retribucións que percibe o técnico de grado medio foron imputadas, con anterioridade, como gasto á subvención para actividades realizadas por

Page 17: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

14 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

entidades destinadas á promoción da muller, que se analiza no apartado seguinte. Polo tanto, non procede a súa imputación á presente subvención e deberíase reintegrar a cantidade percibida por este concepto, que ascende a 6.740,76 euros.

– No programa de axuda a domicilio certifícase un gasto pola Comisión de Goberno de 78.847,45 euros, o mesmo que na solicitude. Posteriormente rectifícase polo alcalde, nun informe, reducindo este programa hasta a cantidade de 17.847,45 euros que é o que finalmente se xustifica. A certificación do Secretario da Corporación relativa ó acordo da Comisión de Goberno inclúe o erro cometido por esta ó aprobalo, sen que se rectifique o certificado no sentido do informe do Alcalde.

4) Axudas destinadas a actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller

Órgano concedente: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Orde da convocatoria: 28 de decembro de 2001, DOG de 5 de xaneiro de 2002. Importe concedido: 30.257 euros.

Con esta liña de axuda cofináncianse programas e actividades que faciliten a incorporación da muller á vida política, económica, cultural, social e laboral, foméntanse asociacións de mulleres e préstase apoio económico a entidades e centros que presten servizos de atención á muller. No exercicio 2002 o Concello recibe unha subvención de 30.257 euros, mediante dúas resolucións de concesión, unha con data de 28 de novembro de 2002 por importe de 28.257 euros e outra con data de 4 de novembro de 2002 por importe de 2.000 euros.

a) Solicitude da subvención

– Non se detectou ningunha incidencia na solicitude de a subvención.

b) Xustificación da subvención

– O secretario da Corporación certifica a realización de gastos por 30.975,86 euros cando o gasto previsto na solicitude e confirmado na ficha de avaliación anual é de 44.252,17 euros. Porén, analizados os xustificantes observouse que o gasto realizado ascende á totalidade do presupostado, excepto a parte correspondente ás conferencias, que ascende a 1.502,53. Para as mesmas só

Page 18: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

15 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

se aportou a xustificación correspondente a dúas delas por 373,47 euros e 380,81 euros respectivamente. Non procede a petición de reintegro xa que o importe xustificado como gasto supera á cantidade percibida como subvención.

3.2. Transferencias e subvencións monetarias de capital

Rexístranse no capítulo 7 do Orzamento de ingresos. No anexo III reflíctense os dereitos recoñecidos durante os exercicios 2001 e 2002 polas transferencias e subvencións recibidas.

Da anterior relación seleccionouse a seguinte mostra de expedientes de subvencións, co obxecto de analizar o cumprimento dos requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, o expediente de contratación, así como a súa correcta contabilización:

Órgano concedente Descrición Importe concedido 1) Deputación Provincial Fonte en Glorieta, CN 625, PAM 2002 36.061,00 2) Deputación Provincial Peche perimetral de pistas e cancha en Cortegada,

PID 2002 18.030,00

3) Deputación Provincial Aproveitamento de augas para uso doméstico en O Foxo, PID 2002 27.045,00

4) Deputación Provincial Auditorio de Bandeira, PAM 2002 115.600,00

5) Deputación Provincial Centro Social de Maduas, PAM 2002 36.019,47

1) Programa de acción municipal para 2002

Proxecto: Fonte en glorieta da estrada nacional 525 (Silleda). Órgano concedente: Deputación de Pontevedra. Bases reguladoras: BOP Nº 49, de 11 de marzo de 2002. Importe concedido: 36.061,00 euros.

Os obxectivos deste programa establécense no punto terceiro das bases reguladoras e perseguen asegurar a prestación integral e adecuada, na totalidade do territorio provincial, de servizos de competencia municipal.

O Concello, solicitou unha subvención de 36.060,73 euros, con cargo a este programa, para financiar a obra fonte en glorieta, estrada nacional 525. A Deputación, por resolución de Presidencia, concedeu 36.061,00 euros.

Como resultado da análise deste expediente detectáronse as incidencias seguintes:

Page 19: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

16 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

a) Xustificación da subvención

Non consta certificado, expedido por funcionario competente, no que se indique si se obtivo ou se solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e a súa contía, incumprindo o establecido no apartado 10.A) das bases reguladoras do Programa de acción municipal para o exercicio 2002. O Concello remitiu, no seu defecto, un informe asinado polo Alcalde-Presidente da Corporación.

b) Tramitación do expediente de contratación

O contrato adxudicouse por procedemento negociado. Non constan no expediente os seguintes documentos:

– A Acta de planeamento previo da obra, incumprindo o disposto no artigo 129 do TRLCAP.

– Prego de cláusulas administrativas particulares, regulado no artigo 49 do TRLCAP e 67 do RXLC.

– Garantía definitiva, establecida no artigo 36 do TRLCAP.

– Acta de comprobación do planeamento da obra, esixida no artigo 142 do TRLCAP.

2) Programa de construción e mellora de instalacións deportivas, (PID 2002)

Órgano concedente: Deputación de Pontevedra. Proxecto: Peche perimetral de pistas e cancha en Cortegada. Convocatoria: BOP de 11 de marzo de 2002. Importe concedido: 18.030,00 euros.

O obxecto desta liña de axudas consiste na colaboración cos concellos para que dispoñan dunha infraestrutura adecuada de instalacións deportivas básicas. Mediante Resolución do Presidente da Deputación de Pontevedra de 30 de decembro de 2002 concédese unha axuda de 18.030,00 euros para un investimento de 24.040,48 euros.

a) Solicitude da subvención

– Non se detecta ningunha incidencia significativa excepto que o informe do Alcalde no que consta que non se obtivo outra axuda para a mesma actividade carece da sinatura.

Page 20: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

17 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

b) Xustificación da subvención

– A obra debe estar concluída antes do 31 de outubro de 2003 de acordo co disposto na base 11ª da convocatoria. A esa data a obra non está executada e solicítase unha prórroga por parte da Corporación, alegando razóns financeiras para a demora na tramitación do expediente, mentres que na mencionada base unicamente se permite a prórroga por razóns excepcionais de forza maior debidamente acreditadas polo Concello.

– Entre os documentos xustificativos esixidos pola convocatoria non figuran no expediente a acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais coa Deputación de Pontevedra, así como coa AEAT e a Tesourería Xeral da Seguridade Social (Base 8ª). Así mesmo tampouco consta no expediente a factura que acompaña a certificación de obra (base 9ª).

c) Tramitación do expediente de contratación

– O tratarse dun investimento de 24.040,48 euros pode tramitarse o expediente como un contrato menor sendo como requisitos necesarios, de acordo co disposto nos artigos 56 e 121 do TRLCAP, a incorporación ó expediente da aprobación do gasto, a factura e o orzamento da obra. No expediente non consta a factura, como se sinalou no apartado anterior.

3) Programa de obras de saneamento e abastecemento en pequenos núcleos rurais, (PSA 2002)

Órgano concedente: Deputación de Pontevedra. Proxecto: Aproveitamento de augas para uso domestico en O Foxo. Convocatoria: BOP de 11 de marzo de 2002. Importe concedido: 27.045,00 euros.

O obxecto de esta liña de axudas consiste no cofinanciamento (50%) das obras de abastecemento e saneamento en redes secundarias ou complementarias partindo das existentes, así como actuacións particularizadas integrais. Mediante Resolución do Presidente da Deputación de Pontevedra de 26 de decembro de 2002 concedeuse unha axuda de 27.045,00 euros para un investimento de 54.091,09 euros.

a) Solicitude da subvención

– Non se detecta ningunha incidencia significativa excepto que a solicitude e o

Page 21: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

18 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

informe do Alcalde no que consta que non se obtivo outra axuda para a mesma actividade carecen da sinatura.

b) Xustificación da subvención

– Non figuran no expediente a acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais coa Deputación de Pontevedra, así como coa AEAT e a Tesourería Xeral da Seguridade Social. Así mesmo tampouco consta no expediente a factura que acompaña a certificación de obra. Ámbolos dous documentos esíxense na base 6ª da convocatoria.

c) Tramitación do expediente de contratación

O expediente de contratación do proxecto subvencionado adxudícase mediante procedemento negociado sen publicidade, ó ser orzamento de licitación inferior a 60.101,21 euros de acordo co disposto no artigo 141 do TRLCAP. Numerosos documentos esixidos polo procedemento previsto no TRLACP e en RXLC non figuran no expediente destacando pola súa importancia os seguintes:

– A Acta de planeamento previo da obra, incumprindo o disposto no artigo 129 do TRLCAP.

– Certificado de existencia de crédito da achega municipal e compromiso de plena dispoñibilidade de fondos das demais achegas (artigo 70.2 do TRLCAP).

– O prego de cláusulas administrativas particulares que inclúa os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato (artigo 49 do TRLCAP e 67 do RXLC).

– Resolución do órgano de contratación aprobatoria do expediente (artigo 69 do TRLCAP).

– A fiscalización do gasto pola Intervención. (art. 67.2 do TRLCAP).

– A notificación do acordo de adxudicación a todos os participantes na licitación (artigo 93 el TRLCAP).

– A Acta de comprobación do planeamento da obra, esixida polo artigo 142 do TRLCAP.

– A Resolución do órgano de contratación aprobatoria da liquidación da obra (artigo 110 e 147 do TRLCAP e 169 do RXLC).

Page 22: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

19 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

4) Programa de acción municipal, (PAM 2002)

Órgano concedente: Deputación de Pontevedra. Proxecto: Obra de construción do auditorio de Bandeira. Convocatoria: BOP de 11 de marzo de 2002. Importe concedido: 115.900,80 euros.

Esta liña de axudas pretende asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio dos servizos de competencia municipal establecidos na LRBRL. Neste sentido finánciase (100%) a construción do auditorio de Bandeira. Mediante Resolución do Presidente da Deputación de Pontevedra de 28 de maio de 2002 concédese unha axuda de 115.900,80 euros que financia o total do investimento.

a) Solicitude da subvención

– O informe do Alcalde no que consta que non se obtivo outra axuda para a mesma actividade carece da sinatura.

– Non consta no expediente o proxecto ou memoria descritiva valorada que esixe a base cuarta da convocatoria.

b) Xustificación da subvención

– Á data de elaboración deste informe (outubro 2004) aínda non foi xustificada a subvención ó non estar terminada a obra. A base duodécima da convocatoria esixe que as obras deben estar executadas e o investimento xustificado antes do 31 de outubro de 2003, excepto que se solicite unha prórroga por razóns excepcionais debidamente motivadas. O Concello solicita dúas prórrogas (16 de setembro de 2003 e 25 de marzo de 2004) na execución da obra, por razóns financeiras na primeira e debido a unha baixa do arquitecto municipal que retrasa a execución do proxecto na segunda. En ámbolos dous casos a motivación non parece excepcional e suficiente para xustificar a prórroga.

c) Tramitación do expediente de contratación

O expediente de contratación do proxecto subvencionado adxudícase mediante concurso, sen que se motive nin no acordo de iniciación do expediente, nin no prego de cláusulas administrativas particulares a concorrencia dos supostos previstos no artigo 85 do TRLCAP, que permiten a elección do concurso como forma de adxudicación. Esencialmente dáse cumprimento ó procedemento

Page 23: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

20 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

previsto no TRLCAP e en RXLC. Porén, destaca a ausencia no expediente dos seguintes documentos:

– A Acta de planeamento previo da obra, incumprindo o disposto no artigo 129 do TRLCAP.

– A declaración de urxencia debidamente motivada efectuada polo órgano de contratación, tal e como esixe o artigo 71 do TRLCAP para poder tramitar o expediente con carácter de urxente.

– Resolución do órgano de contratación aprobatoria do expediente (artigo 69 do TRLCAP).

– A publicidade da adxudicación no BOP prodúcese o 4 de agosto de 2004, unha vez transcorrido o prazo de 48 días desde a data de adxudicación do contrato (20 de maio de 2004), de acordo co establecido no artigo 93 do TRLCAP.

5) Programa de acción municipal (PAM 2002)

Órgano concedente: Deputación de Pontevedra. Proxecto: Obra de construción do centro social de Maduas. Convocatoria: BOP de 11 de marzo de 2002. Importe concedido: 36.060,73 euros.

Esta liña de axudas pretende asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio dos servizos de competencia municipal establecidos na LRBRL. Neste sentido finánciase (100%) a construción do centro social de Maduas. Mediante Resolución do Presidente da Deputación de Pontevedra de 22 de xullo de 2002 concédese unha axuda de 36.060,73 euros que financia o total do investimento.

a) Solicitude da subvención

– O informe do Alcalde no que consta que non se obtivo outra axuda para a mesma actividade carece da sinatura. Tamén faltan as sinaturas do Alcalde na solicitude da subvención e no certificado do secretario relativo ó acordo da Comisión de Goberno no que se determina a realización da obra e se solicita a subvención.

Page 24: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

21 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

b) Xustificación da subvención

– Remítese a xustificación á Deputación de Pontevedra o 18 de xuño de 2003. Entre os documentos xustificativos non se inclúen a factura que debe acompañar á certificación de obra e o certificado de funcionario competente no que conste que non se obtivo ou solicitou calquera outra subvención para a mesma obra.

c) Tramitación do expediente de contratación

O expediente de contratación do proxecto subvencionado adxudícase mediante procedemento negociado sen publicidade, ó ser o orzamento de licitación inferior a 60.101,21 euros de acordo co disposto no artigo 141 do TRLCAP. Numerosos documentos esixidos polo procedemento previsto no TRLCAP e en RXLC non figuran no expediente destacando pola súa importancia os seguintes:

– A Acta de planeamento previo da obra, incumprindo o disposto no artigo 129 do TRLCAP.

– Certificado de existencia de crédito da achega municipal e compromiso de plena dispoñibilidade de fondos das demais achegas (artigo 70.2 do TRLCAP).

– O prego de cláusulas administrativas particulares que inclúa os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato ( artigo 49 do TRLCAP e 67 do RXLC).

– A fiscalización do gasto pola Intervención. (art. 67.2 do TRLCAP).

– O documento xustificativo da constitución da garantía definitiva esixida polo artigo 36 do TRLCAP que debe efectuarse dentro dos 15 días seguintes á notificación da adxudicación do contrato.

– A Acta de comprobación do planeamento da obra, que de acordo co artigo 142 do TRLCAP debe estenderse dentro do mes seguinte á sinatura do contrato.

– A Resolución do órgano de contratación aprobatoria da liquidación da obra (artigo 110 e 147 do TRLCAP e 169 do RXLC).

3.3. Convenios

No Anexo V deste informe relaciónanse os convenios subscritos con outras administracións durante os exercicios 2001 e 2002. Desa relación

Page 25: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

22 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

seleccionáronse os seguintes convenios con obxecto de analizar a natureza dos mesmos, as contraprestacións de ámbalas dúas partes e a existencia de acto de entrega das obras:

Entidade coa que se subscribe Obxecto Achega Entidade coa que se subscribe (euros)

Consellería de Asuntos Sociais Acondicionamento centros de usos múltiples e de servizos sociais 18.030,36

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Construción do centro cultural de usos múltiples 60.000,00

Consellería de Medio Ambiente Prevención incendios forestais (cuadrilla de prevención) 19.232,00

ANÁLISE DE EXPEDIENTES

1) Convenio de cooperación entre a Consellería de Asuntos Sociais e o Concello de Silleda para a Instalación da calefacción no centro de usos múltiples e servizos sociais.

Obxecto: Acondicionamento do centro de usos múltiples e servizos sociais. Data: 9 de decembro de 2002. Importe convenio: Achega Consellería 18.030,36 euros; achega Concello 3.005,06 euros.

a) Obxecto do Convenio e concorrencia de competencias e interese común

O obxecto do Convenio consiste no cofinanciamento por parte da Consellería das obras de acondicionamento do centro de usos múltiples e servizos sociais. Existe concorrencia de competencias entre a Consellería e o Concello para satisfacer un interese común e polo tanto esta actuación podería ser obxecto dun convenio de colaboración.

b) Contraprestacións das partes

A Consellería obrígase a aportar 18.030,36 euros para cofinanciar as obras, pola súa parte o Concello comprométese a executar a obra, a aportar 3.005,06 euros ó financiamento da mesma e a facilitar a utilización das instalacións do centro á Consellería, dentro das dispoñibilidades existentes, para a realización de actividades organizadas pola mesma no ámbito das súas competencias.

O financiamento da obra efectúase por parte do Concello con cargo ó capítulo 2 do orzamento de gastos (partida 451.212.00), cando debería financiarse con cargo ó capítulo 6 ó tratarse dun investimento.

Page 26: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

23 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Do contido dos compromisos das partes establecido nas cláusulas deste convenio podería non haber unha auténtica colaboración entre Administracións, xa que, pese a que ámbalas dúas participan do financiamento dunha competencia común, non consta no expediente da aprobación e publicación, previa á sinatura deste convenio, dun acordo marco que permita a posibilidade de establecer un convenio similar con outros municipios da comunidade autónoma. Este acordo marco garantiría a non discriminación na obtención de axudas a través da figura do convenio.

c) Cumprimento dos requisitos previstos na LALG e LRXAP e PAC

Non consta no expediente a memoria onde se sinalen os antecedentes, razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos coa súa formalización tal e como esixe o artigo 199,h) da LALG.

d) Publicidade do Convenio

O Convenio formalizado entre a Consellería e o Concello non foi publicado, incumprindo o previsto no artigo 8 da LRXAP e PAC de aplicación supletoria ás administracións locais. Neste sentido debería ser obxecto de publicación no DOG e no BOP.

e) Expediente de contratación

Ó tratarse dunha obra de 21.035,42 euros pode executarse a mesma a través dun contrato menor, esixindo o TRLCAP unicamente a aprobación do gasto e a incorporación da factura ó expediente. Estes documentos figuran no expediente facilitado polo Concello.

2) Convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Concello de Silleda

Obxecto: Construción do centro cultural de usos múltiples. Data: 4 de xullo de 2002. Importe convenio: Achega Consellería 60.000 en dúas anualidades.

a) Obxecto do Convenio e concorrencia de competencias e interese común

O obxecto do Convenio consiste na contribución por parte da Consellería de Cultura ás obras de construción do centro cultural de usos múltiples. Existe un interese común entre a Consellería e o Concello para satisfacer determinadas

Page 27: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

24 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

necesidades e polo tanto esta actuación podería ser obxecto dun Convenio de colaboración. No texto do Convenio non se reflicte dun modo expreso a concorrencia de competencias.

b) Contraprestacións das partes

A contraprestación da Consellería configúrase como unha contribución financeira á construción do centro cultural de usos múltiples (60.000 euros en dúas anualidades). O Concello comprométese a elaborar e aprobar o proxecto técnico e a executar as obras, así como abonar os gastos dos facultativos que redacten o proxecto.

Se este proceso non está incluído nun acordo marco de colaboración, o convenio asinado estaría encubrindo unha subvención. Os convenios de colaboración non son fórmulas de conceder subvencións, senón instrumentos a través dos cales, tras outorgar as mesmas polo procedemento legalmente previsto, regúlanse de forma pormenorizada os dereitos e obrigas das partes. De non facelo así, vulneraríanse os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade que deben presidir o procedemento de concesión de subvencións.

c) Cumprimento dos requisitos previstos na LALG e LRXAP e PAC

Non consta no texto do Convenio dun modo expreso as competencias que exerce cada Administración, incumprindo o sinalado nos artigos 199,b) da LRFL e 6,b) da LRXAP e PAC. Tampouco figura unha memoria onde se sinalen os antecedentes, razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos coa súa formalización tal e como esixe o artigo 199,h) da LALG.

d) Publicidade do Convenio

O convenio non se publica no DOG nin no BOP. A publicidade dos convenios esíxese no artigo 8 da LRXAP e PAC, de aplicación supletoria á Administración Local.

e) Expediente de contratación e xustificación

Solicitouse verbalmente e por escrito (rexistro de entrada núm. 3946, de 29 de setembro de 2004) o expediente de contratación da obra construción do centro

Page 28: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

25 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

cultural de usos múltiples que financia este convenio, sen que se facilitara o mesmo. Porén, no expediente do convenio figuran como xustificación das certificacións de obra, de 30 de outubro de 2002 e de 28 de outubro de 2003, por importe de 30.000 euros cada unha. A obra que sirve de base para a emisión destas certificacións é a adxudicada na Comisión de Goberno de 28 de setembro de 2001 a Construcciones Agustín Chaira, SL. por 94.959,91 euros. Esta obra, denominada construción do Centro cultural de usos múltiples, biblioteca de Bandeira, está cofinanciada polo MAP (40%), a Deputación de Pontevedra (30%) e o Concello (30%) dentro do Plan Provincial de Cooperación para o ano 2001 (PPC 2001). No expediente do PPC 2001 figura unha certificación de obra de 30 de decembro de 2002 por 94.959,91 euros, que supón a totalidade da obra. Deste feito dedúcese que a obra incluída no PPC 2001 e a financiada pola Consellería, atendendo á data de adxudicación e o seu importe, é a mesma.

As certificacións xustificativas do investimento financiado pola Consellería mediante este convenio corresponderían, pois, á obra que xa ten financiamento alleo nun 70% (PPC 2001) e para a que xa existe unha certificación polo importe total da mesma. Pretendeuse un financiamento alleo por encima do 100% do custe da obra mediante a emisión e aprobación de certificacións de obra (as utilizadas como xustificación neste convenio) que non responden á realidade dunha obra nova, senón que se modificaron as medicións doutra certificación de obra (a do PPC 2001) e se suprimiu o termo biblioteca de Bandeira na denominación da obra. Deste feito poderían derivarse as responsabilidades establecidas no artigo 79 do TRLRFP, na súa nova redacción dada polo artigo 7 da Lei 8/1999, de 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, para o suposto de obtención dunha subvención falseando as condicións requiridas para a súa concesión ou ocultando as que a impediran ou limitaran.

O feito de aportar como xustificación dúas certificacións de obra que falsean as condicións requiridas para a obtención da axuda, motivaría a petición do reintegro das cantidades indebidamente percibidas, de acordo co disposto no artigo 78.5 da Lei 1/1999 e no artigo 19 do Decreto 287/2000. Procedería, pois, o reintegro da cantidade de 60.000 euros, sen prexuízo das responsabilidades que deste feito se deriven.

Page 29: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

26 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

f) Contabilización de dereitos e corrente financeira de cobros e pagos correspondentes á obra

Examinada a documentación relativa á contabilización de dereitos e obrigas, así como os extractos bancarios de cobros e pagos, prodúcese a situación que se describe no cadro seguinte: Concepto Importe Orzamento licitación da obra (centro cultural de usos múltiples, biblioteca de Bandeira) 97.129,57

Baixa 2.169,66

Importe adxudicación 94.959,91

Total dereitos recoñecidos (PPC 2001 e convenio Xunta) 126.471,93

Total ingresos 126.471,93

Total obrigas recoñecidas (certificación PPC 2001 e certificacións convenio Xunta) 154.959,91

Total pagos realizados (parte certificación PPC 2001 e primeira certificación do convenio Xunta) 96.471,93

Total pagos pendentes (resto certificación PPC 2001 e segunda certificación convenio Xunta) 58.487,98

Como incidencia mais significativa destaca o feito de que se recoñeceran obrigas a favor de Construcciones Agustín Chaira, SL. por 154.959,91 euros cando o custe total da obra ascende a 94.959,91 euros e efectuáronse pagos ó mencionado contratista por 96.471,93 euros, figurando pendente de pago en contabilidade 58.487,98 euros. Polo tanto, á data de realización do traballo de campo, efectuáronse pagos (1.512,02 euros) sen que se producira unha contraprestación real. Deste feito poderían derivarse responsabilidades para o ordenador de pagos e o interventor municipal de acordo co disposto no artigo 169 da LRFL.

3) Convenio de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello para a participación da Entidade Local en materia de prevención de incendios forestais mediante a actuación de cuadrillas de prevención

Data do Convenio: 15 de xullo de 2002. Obxecto: realización de traballos preventivos para evitar incendios forestais. Achega Consellería: 19.232 euros.

a) Obxecto do Convenio e concorrencia de competencias e interese común

O obxecto deste Convenio é a realización de traballos preventivos para evitar incendios forestais. Existe concorrencia de competencias e de intereses comúns polo que, en principio, se podería articular esta cooperación a través da figura do Convenio.

Page 30: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

27 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

b) Contraprestacións das partes

A Consellería obrígase a financiar, con 19.232,00 euros, os traballos dunha brigada de prevención de incendios forestais (7.212,00 euros/mes); o custe dun curso básico de incendios forestais (601,00 euros), e a adquisición de equipamento de protección individual dos compoñentes desta brigada (601,00 euros).

O Concello comprométese a crear unha cuadrilla de prevención de incendios forestais, composta por cinco membros. A garantir a colaboración, coordinación e integración da brigada no despregue de medios do Distrito Forestal. Dotala dun vehículo todo terreo. Proporcionarlle ferramentas e equipos de protección necesarios para realizar as súas funcións. O Concello obrígase, tamén, a cumprir coa normativa de prevención de riscos laborais e a realizar un curso teórico-práctico, para os compoñentes da brigada, sobre prevención de incendios forestais de, polo menos, 18 horas.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra aprobou, en Comisión de Goberno do 26 de setembro de 2002, unha achega económica ó convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e os concellos da provincia para a loita contra os incendios forestais. A axuda concedida ó Concello de Silleda foi de 3.654,00 euros.

Segundo consta en certificado asinado polo interventor municipal, de data 16 de outubro de 2002, o Concello executou gastos pola totalidade das achegas recibidas (22.886,00 euros). Porén, solicitouse a documentación xustificativa dos gastos efectuados e non foi facilitada na súa totalidade.

Así, respecto da axuda concedida pola Consellería de Medio Ambiente, aportouse documentación acreditativa de gastos da cuadrilla de prevención de incendios forestais por importe de 11.412,44 euros, en vez de 18.030 euros, que foi a achega entregada. Non se xustificou a diferenza por importe de 6.617,56 euros. Na adquisición de equipamento de protección individual dos compoñentes da brigada xustificáronse gastos por 1.283,41 euros (cantidade superior en 682,41 euros ó importe subvencionado, xa que a axuda foi de 601,00 euros). Tamén consta a xustificación da realización do curso básico de incendios forestais, que ascendeu ó importe exacto da cantidade subvencionada (601,00 euros).

Page 31: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

28 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

En relación coa achega económica da Deputación, o Concello tan só xustificou documentalmente a realización de gastos por importe de 2.311,79 euros. Como a Deputación achegou a este convenio 3.654,00 euros, a cantidade pendente de xustificar é de 1.629,38 euros. No obstante, tendo en conta o exceso de gastos xustificados á Consellería de Medio Ambiente na adquisición de equipamento de protección individual dos compoñentes da brigada de prevención de incendios por 682,41 euros, a cantidade de gastos realizados non xustificada polo Concello é de 1.342,21 euros.

Por todo o anterior, o Concello non xustificou documentalmente a realización de gastos por importe de 6.617,56 euros, correspondentes á cuadrilla de prevención de incendios forestais, subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente. Tampouco facilitou, ó equipo auditor, a documentación xustificativa dos gastos pola cantidade de 1.342,21 euros, financiados coa achega económica da Deputación a este convenio. En consecuencia, deberíase solicitar o reintegro destas cantidades, en virtude do disposto no artigo 81.9,a) do TRLXO, e artigos 78.5 TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000.

Unha vez analizados os documentos xustificativos da subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, evidenciáronse que na adquisición de equipamento de protección individual para os compoñentes da brigada figuran dúas facturas, por importe conxunto de 1.107,92 euros, que non estaban recoñecidas na contabilidade municipal do exercicio 2002. Tampouco se recoñeceu, na contabilidade do ano 2002, a factura do curso básico de incendios forestais. Segundo informaron técnicos municipais, os motivos foron a inexistencia de consignación no Orzamento de 2001 prorrogado para o ano 2002. Neste sentido, o artigo 154.5 da LRFL determina que non poderán adquirirse compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados nos estados de gastos, sendo nulos de pleno dereito os acordos, resolucións e actos administrativos que infrinxan a expresada norma, sen prexuízo das responsabilidades a que haxa lugar.

c) Cumprimento de requisitos previstos na LALG e LRXAP e PAC

Verificouse que o contido das cláusulas establecidas no convenio, especifican os requisitos previstos nos artigo 199 de a LALG e 6 da LRXAP e PAC. Porén, o convenio non se acompaña dunha memoria na que consten os antecedentes,

Page 32: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

29 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos coa súa formulación, que esixe o apartado h) do artigo 199 da LALG.

d) Publicidade do Convenio

Este convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello non foi publicado. Incumpriuse o previsto no artigo 8 da LRXAP e PAC de aplicación supletoria ás administracións locais. Neste sentido debería ser obxecto de publicación no DOG e no BOP.

4. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS

4.1. Bases reguladoras da execución do Orzamento e bases específicas reguladoras das subvencións

O réxime de concesión de subvencións polo Concello establécese nas Bases de execución do orzamento para o exercicio 2001 e nas Bases específicas que regulan a concesión de subvencións a entidades sen fin de lucro. Ámbalas dúas deben axustarse á legalidade vixente (fundamentalmente o TRLXO). Para verificar este extremo realizouse a seguinte análise das mesmas.

Bases de execución do orzamento do exercicio 2001 (Base nº 15)

Regulan a necesidade de estar ó corrente das obrigas fiscais coa entidade concedente e o prazo para a xustificación (dous meses). Non se regula a esixencia de aprobación de bases de convocatoria específicas para a concesión de subvencións, polo que non se da cumprimento ós principios de publicidade, obxectividade e concorrencia consagrados na CE e recollidos no artigo 81.6 do TRLXO, así como no 294.1 da LALG, que ademais recolle o de igualdade.

Non se establece o modo de xustificación das subvencións.

Para o exercicio 2002 prorrógase o orzamento aprobado para o exercicio 2001, polo que permanece vixente a mencionada base número 15.

Bases específicas reguladoras de subvencións (exercicio 2001)

Apróbanse por Comisión de Goberno de 19 de abril de 2001, cando de acordo coas bases de execución o órgano competente é o Alcalde-Presidente. Non consta

Page 33: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

30 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

no expediente o acordo de delegación da competencia a favor da Comisión de Goberno.

Nestas bases regúlanse as axudas concedidas a entidades sen ánimo de lucro para actividades que promovan o fomento da cultura, o deporte e os intereses xerais o sectoriais dos veciños de Silleda.

Publícase un anuncio no BOP indicativo de que as Bases están a disposición do público nas dependencias da Corporación, cando o artigo 81.6 do TRLXO esixe a publicación do contido das Bases.

Na análise de legalidade das Bases específicas de subvencións aprobadas para o exercicio 2001 detectáronse as seguintes incidencias:

− Non consta no expediente o informe do servizo xurídico sobre as Bases esixido polo artigo 81.6 TRLXO, nin a fiscalización previa das mesmas, de conformidade co establecido polo artigo 195 da LRFL.

− Entre os destinatarios destas axudas, determinados no punto Segundo das Bases, figuran aquelas Entidades, Asociacións e Agrupacións sen fin de lucro que estean inscritas no Rexistro Municipal, cando de acordo co Artigo 236 do ROF só poderán inscribirse no mencionado Rexistro, as Asociacións legalmente constituídas, nunca as Agrupacións non recoñecidas pola lexislación vixente, unha vez cumpridos determinados requisitos. Coa redacción dada a esta base incórrese no risco de permitir a concesión de subvencións a meros entes ficticios que non encubrirían senón unha agrupación de persoas físicas sen personalidade xurídica, nin natureza asociativa.

− No punto Sexto das Bases establécense os criterios para a adxudicación das axudas, pero non se pondera explicitamente a importancia relativa dos mesmos, nin a forma de valoración e xustificación que permita respectar integramente o principio de obxectividade e evitar supostos de arbitrariedade.

4.2. Análise de expedientes

O Concello de Silleda concedeu as subvencións que se presentan no Anexo V. Nese cadro detállanse as subvencións concedidas a través de Acordos de Comisión de Goberno, así como as concedidas con suxeición a convocatoria

Page 34: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

31 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

pública nos exercicios 2001 e 2002. Porén, a Corporación concedeu numerosas subvencións sen que medie convocatoria pública e incluso sen acordo de concesión por órgano competente. A mostra seleccionada inclúe, ademais das subvencións relacionadas no Anexo V, aquelas, que seleccionadas da contabilidade municipal (subconceptos 489.00 e 489.01), concédense coa simple aprobación do gasto sen que medie acordo motivado de órgano competente e que polo seu elevado número non se incluíron en anexo a este informe.

Como resultado do traballo efectuado sobre a mostra que se indica a continuación, detectáronse as seguintes incidencias:

Beneficiario da subvención Descrición e exercicio Importe

recoñecido 1. Comisión de Festas de Silleda Subvención festas, exercicio 2001 7.914,03

2. Banda de Música de Silleda Funcionamento da Banda, exercicio 2002 11.539,44

3. Asociación Musical de Bandeira Funcionamento da Asociación, exercicio 2002 10.097,04

4. Asociación Amigos do Lacón Organización “festa do lacón”, exercicio 2002 4.808,09

5. Asociación Amigos da Empanada Organización “festa da empanada”, exercicio 2002

2.103,54

6. Centro Silleda en Bos Aires Axuda situación de Arxentina, Exercicio 2002 4.780,00

7. Sociedade Deportiva FC Silleda Financiamento gastos do club, exercicio 2001 7,512,65

8. Asociación cultural “Xirandola” Financiamento clases de baile 3.005,06

1. Comisión de Festas de Silleda, exercicio 2001

A Comisión de Festas de Silleda está legalmente constituída e inscrita como Asociación, desde o 16 de xuño de 1997, no Rexistro que ó efecto forma a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais con denominación de “Achégate”. Porén, non figura entre as entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións requisito esixido polo artigo 236 do ROF e tamén polas bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación. No exercicio 2002 esta Asociación percibe unha subvención correspondente pola organización das festas de Silleda do exercicio 2001, por importe de 7.914,03 euros. Da análise do expediente destácanse as seguintes incidencias:

− Esta subvención para organizar as festas de Silleda debería de ter sido obxecto de inclusión no orzamento do exercicio como unha subvención nominativa xustificando na memoria do orzamento o interese xeral dentro da

Page 35: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

32 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

competencia municipal para a súa inclusión no mesmo ou no seu defecto deberíase xustificar no expediente que esta subvención non é obxecto de concorrencia o que motivaría a súa concesión directa.

2. Banda de música de Silleda, exercicio 2002

A Banda de música de Silleda está legalmente constituída e inscrita como Asociación no Rexistro Municipal de Asociacións desde o 29 de marzo de 2001, requisito esixido polo artigo 236 do ROF e polas propias bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro, para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación. Durante o exercicio 2002 percibe unha subvención de 11.539,44 euros (961,62 euros mensuais) para o funcionamento da Banda de Música.

3. Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira, exercicio 2002

A Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira está legalmente constituída e inscrita como Asociación no Rexistro Municipal de Asociacións desde o 28 de novembro de 1997, requisito esixido polo artigo 236 do ROF e polas propias bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro, para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación. Durante o exercicio 2002 percibe unha subvención de 10.097,04 euros (841,42 euros mensuais) para o funcionamento da Asociación.

4. Asociación amigos do lacón, exercicio 2002

A Asociación amigos do lacón está legalmente constituída e inscrita como Asociación no Rexistro Municipal de Asociacións desde o 4 de febreiro de 2000, requisito esixido polo artigo 236 do ROF e polas propias bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro, para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación. No exercicio 2002 percibe unha subvención de 4.808,09 euros para a organización da IV festa do lacón.

5. Asociación amigos da empanada, exercicio 2002

A Asociación amigos da empanada está legalmente constituída e inscrita como Asociación no Rexistro Municipal de Asociacións 26 de xullo de 1996, requisito

Page 36: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

33 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

esixido polo artigo 236 do ROF e polas propias bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro, para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación. Durante o exercicio 2002 percibe unha subvención de 2.103,54 euros para a organización da festa da empanada 2002.

Incidencias comúns:

Da análise dos expedientes relacionados nos apartados 2,3,4 e 5 extráense as seguintes incidencias comúns ós mesmos:

− Non consta no expediente a solicitude da subvención por parte do beneficiario.

− A concesión da subvención realízase sen suxeición ás bases reguladoras para concesión de subvencións ás entidades sen fin de lucro, aprobadas pola Corporación. Polo tanto non se da cumprimento ós principios de publicidade, obxectividade e concorrencia consagrados na CE e recollidos no artigo 81.6 do TRLXO así como no 294.1 de a LALG, que ademais recolle o de igualdade. Así mesmo, non se trata dunha subvención nominativa ó non figurar no orzamento da Corporación para o exercicio 2001 que se prorroga para o exercicio 2002.

− Non consta no expediente o Acordo de concesión da subvención debidamente motivado. Unicamente se aproba o gasto e ordenase o pago, mediante Resolución de Alcaldía, pola cantidade que vai recibir o beneficiario. Este feito, unido á ausencia de solicitude por parte do beneficiario, introduce elementos non regrados suficientes que converten a esta forma de conceder de subvencións a través de Decretos de aprobación do gasto, sen a motivación esixida polo artigo 54.1,f) da Lei 30/1992 de RXAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, en actos que poden incorrer en arbitrariedade. Así mesmo, a Resolución de aprobación e ordenación do gasto no figura no libro de Resolucións de Alcaldía que ó efecto leva a Corporación, incumprindo o artigo 200 do ROF que, en concordancia co artigo 42 do mesmo texto legal, podería supoñer unha limitación ó dereito de información de todos os concelleiros que integran o Pleno da Corporación, diminuíndo as facultades de control dos órganos de goberno municipais.

− Non se xustifica a aplicación da cantidade recibida ós fins para os que foron concedidas, incumprindo o disposto nos artigos 170.2 e 195.2,d) da LRFL,

Page 37: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

34 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

59.3 do RD 500/1990, 81.2 do TRLXO e 294.3 da LALG. A xustificación da aplicación dos fondos esíxese tamén base de execución número 15 do orzamento. Esta falta de xustificación pode motivar o reintegro das cantidades recibidas por os beneficiarios.

6. Centro de Silleda en Bos Aires, exercicio 2002

O Centro de Silleda en Bos Aires non figura entre as entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, requisito esixido polo artigo 236 do ROF e polas propias bases de concesión de subvencións a Asociacións sen fin de lucro, para poder ser beneficiario de subvencións outorgadas pola Corporación.

No exercicio 2002 o Alcalde entrega unha cantidade de 6.010 euros ó Centro de Silleda en Bos Aires, consistente nunha achega municipal de 4.780 euros e da recadación do festival de música benéfico pro-Arxentina polo resto. En Comisión de goberno de 17 de setembro de 2002, o Alcalde da conta á mesma de que efectuará a súa entrega nun próximo viaxe institucional a Arxentina. Da análise do expediente destácanse as seguintes incidencias:

− Non consta no expediente a solicitude da subvención por parte do beneficiario.

− A concesión da subvención realízase sen suxeición ás bases reguladoras de subvencións aprobadas pola Corporación. Así mesmo, tampouco se trata de unha subvención nominativa ó non figurar no orzamento da Corporación para o exercicio 2001, prorrogado para o exercicio 2002.

− Non consta no expediente o acordo de concesión da axuda debidamente motivado. Unicamente consta que o alcalde da conta á Comisión de goberno desa entrega e a Resolución da Alcaldía aprobando o gasto e ordenando o pago pola cantidade que vai recibir o beneficiario. Ó igual que nos expediente anteriores, prodúcense circunstancias que poden dar lugar a arbitrariedade e falta de transparencia na concesión das subvencións.

− No expediente figura a solicitude por parte do Concello e entrega por parte dunha entidade bancaria de divisas (dólares americanos) que o Alcalde leva persoalmente a Arxentina por importe de 6.250,68 dólares. Este procedemento de entrega de axudas non está previsto na lexislación vixente.

Page 38: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

35 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

− Respecto á xustificación aportada polo Centro de Silleda en Bos Aires figura no expediente un listado de beneficiarios de axudas individuais que distribúe o propio Centro, sen que se xustifique a finalidade para a que foi concedida, nin a totalidade do importe entregado, incumprindo o disposto nos artigos 170.2 e 195.2,d) da LRFL, 59.3 do RD 500/1990, 81.2 do TRLXO e 294.3 da LALG. As base número 15 de execución do orzamento esixe a xustificación da aplicación dos fondos no prazo de dous meses.

7) Asociación cultural Xirandola (exercicio 2001)

O Concello, por acordo de Comisión de Goberno do 19 de abril de 2001, aprobou as bases para a concesión de axudas e subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2001. A Comisión de Goberno, con suxeición a estas bases, en sesión do día 16 de novembro de 2001, acordou outorgar unha subvención de 3.005,06 euros a esta asociación. Non foi facilitado o documento acreditativo de figurar inscrita no Rexistro de asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Non obstante, consta a súa inscrición, o día 25 de novembro de 1999, co número 15, no Rexistro municipal de asociacións.

A continuación detállanse as incidencias detectadas na análise do expediente, derivadas de incumprimentos establecidos en bases de execución e nas bases de concesión de axudas e subvencións.

a) Solicitude da subvención

− Non consta no expediente a acreditación de estar ó corrente de obrigas tributarias co Concello, regulada na base de execución do orzamento número 15 e no punto 2 das bases de convocatoria.

− A solicitude da axuda no se presentou en modelo normalizado, como esixe o parágrafo primeiro da base 5 da convocatoria.

− Non consta certificación do representante da entidade de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións ou axudas da Administración Pública, e de aceptación do regulamento das bases e da convocatoria específica. Aspectos regulamentados no apartado 5.5 das bases de convocatoria.

Page 39: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

36 _______________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

− A memoria explicativa da actividade que se vai realizar, indicando as persoas beneficiadas directa ou indirectamente pola axuda e o calendario previsto do desenvolvemento da actividade, establecida na base de convocatoria 5.7, tampouco consta no expediente.

− Non figura na documentación aportada un orzamento detallado da actividade a realizar, con expresión dos gastos e ingresos previstos, esixencia do apartado 8 da base 5 de convocatoria.

− Non consta o cumprimento da base de convocatoria número 5.9 que esixe presentar unha declaración xurada, do solicitante, na que se indique as subvencións recibidas así como as solicitadas a outras entidades ou institucións públicas ou privadas.

b) Xustificación da subvención

- A xustificación documental do gasto aportado por esta asociación consiste nun documento no que o profesor de baile acredita a percepción de 300,50 euros mensuais por impartir as clases. Xúntase tamén as ordes de transferencia polo importe sinalado.

- Non consta no expediente certificación do representante da asociación de ter cumprida a finalidade da axuda, mediante realización da actividade. Esixencia prevista no punto 8.2 das bases de convocatoria.

- A presentación da xustificación ten data do 13 de febreiro de 2002. Incumpriuse o disposto no punto 8.3 das bases, que especifican como prazo de xustificación o 31 de outubro de cada exercicio, ou no seu caso, no suposto de conceder unha prórroga, de 30 días naturais máis. Porén, a convocatoria anunciouse no BOP número 197, do 11 de outubro de 2001, e a concesión da axuda aprobouse o día 16 de novembro de 2001, polo que, dificilmente púidose cumprir esta obriga.

- A base 8.4 impón que se xunte unha declaración xurada sobre subvencións recibidas doutras administracións ou entidades privadas, ou no seu caso, de non ter outras subvencións públicas ou privadas para a mesma finalidade. Esta declaración non consta no expediente.

Page 40: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

37__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

c) Outras cuestiones

- O acordo da Comisión de Goberno outorgando a subvención non está motivado. Incúmprese o disposto no artigo 54.1,f) da LRX e PAC.

- O Concello recoñeceu a fase ADO de execución do orzamento o día 31 de decembro de 2002. A xustificación efectuouse o 13 de febreiro de 2002, momento no que debería recoñecerse a obriga.

8) Sociedade deportiva F.C. Silleda

A Comisión de Goberno, con suxeición ás bases aprobadas o día 19 de abril de 2001, acordou conceder, o día 16 de novembro de 2001, unha subvención de 7.512,65 euros a esta Sociedade deportiva. Verificouse que está legalmente constituída e que foi inscrita, o 4 de febreiro de 2000, co número 19, no Rexistro municipal de asociacións.

As incidencias detectadas na análise do expediente, derivadas de incumprimentos establecidos en bases de execución e nas bases de concesión de axudas e subvencións, son as que a continuación se detallan.

a) Solicitude da subvención

- A base de execución do orzamento número 15 e o punto 2 das bases de convocatoria establecen a esixencia de estar ó corrente de obrigas tributarias co Concello. Non consta no expediente dita xustificación.

- A solicitude da subvención non se presentou no modelo normalizado que esixe o parágrafo primeiro da base 5 da convocatoria.

- Non consta certificación do representante da entidade de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións ou axudas da Administración Pública, e de aceptación do regulamento das bases e da convocatoria específica. Aspectos regulamentados no apartado 5.5 das bases de convocatoria.

- A memoria, establecida na base 5.7 de convocatoria, explicativa da actividade que se vai realizar e onde se indique os beneficiarios da axuda e o calendario previsto do desenvolvemento da actividade, tampouco consta no expediente.

Page 41: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

38__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

- Non figura entre a documentación facilitada un orzamento detallado da actividade a realizar, con expresión dos gastos e ingresos previstos, que establece o apartado 8 da base 5 de convocatoria.

- No consta o cumprimento da base de convocatoria número 5.9 que esixe presentar unha declaración xurada, indicando as subvencións recibidas así como as solicitadas a outras entidades ou institucións públicas ou privadas.

b) Xustificación da subvención

- As fotocopias de gastos realizados, que foron aportados para xustificar a subvención, non están compulsadas. Incumpriuse o punto 8.2 das bases de convocatoria. Ademais, dous xustificantes non respectan os requisitos formais que deben reunir as facturas. Entre outros aspectos, non consta o NIF o CIF, nome ou razón social do provedor, obxecto de contraprestación e desglose do IVE. Este feito podería dar lugar ó reintegro da subvención.

- Non consta no expediente certificación, asinada polo representante da Sociedade deportiva, de ter cumprida a finalidade da axuda, mediante realización da actividade. Esixencia prevista no punto 8.2 das bases de convocatoria.

- A base 8.4 determina que debe xuntar unha declaración xurada sobre subvencións recibidas, ou no seu caso, de non ter outras subvencións públicas ou privadas para a mesma finalidade. Esta declaración non consta no expediente.

c) Outras cuestiones

- O acordo da Comisión de Goberno outorgando a subvención non está motivado, incumprindo o artigo 54.1,f) da LRXAP e PAC.

- O Concello recoñeceu incorrectamente a fase ADO de execución do orzamento o día 31 de decembro de 2002. A xustificación de gastos efectuouse o 17 de abril de 2002, cando debería recoñecerse a obriga.

Page 42: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

39__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

5. CONCLUSIÓNS

5.1. Transferencias recibidas

1. Os expedientes aparecen incompletos e en xeral non están arquivados na orde cronolóxica. Así mesmo, existen diversos incumprimentos formais na presentación das solicitudes, como erros materiais ou a falta dalgún documento, sen que conste no expediente a subsanación dos mesmos.

2. En diversos expedientes a documentación xustificativa non se axusta á esixida pola Orde de convocatoria, ou ben está incompleta, sen que conste no expediente a subsanación destes defectos.

Subvencións correntes

a. No expediente de mantemento de puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias non se xustificou o gasto de limpeza por importe de 1.442,40 euros. En consecuencia, e tendo en conta o coeficiente calculado (39,5%), o órgano xestor da axuda debería pedir o reintegro de 569,75 euros en virtude do disposto nos artigos 78.5 do TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000.

b. Na subvención para o mantemento de servizos sociais (plan concertado) xustifícase como gasto realizado as retribucións percibidas durante o exercicio 2002 por un técnico de grado superior (ADL), cando esta persoa realiza funcións distintas ás previstas nos programas sociais subvencionados. Así mesmo, impútanse como gasto as retribucións dun técnico de grado medio que xa foran imputadas previamente a outra subvención no exercicio 2002. Procedería, en virtude dos artigos 78.5 do TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000, o reintegro de 22.812,45 euros correspondente ás cantidades percibidas da Consellería de Asuntos Sociais por estes traballadores.

Subvencións de capital

1. Nos expedientes do peche perimetral de pistas e cancha en Cortegada e do auditorio de Bandeira supérase o prazo previsto para a finalización das obras, sen que as prórrogas solicitadas se amparen en razóns excepcionais de forza maior tal e como esixen as bases de convocatoria.

Page 43: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

40__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

2. Os expedientes de contratación das obras subvencionadas, atópanse con carácter xeral incompletos e o arquivo non segue unha orde cronolóxica. Entre as incidencias detectadas, destaca a ausencia no expediente dos seguintes documentos:

− A Acta de planeamento previo da obra, incumprindo o disposto no artigo 29 do TRLCAP.

− Certificado de existencia de crédito da achega municipal e compromiso de plena dispoñibilidade de fondos das demais achegas (artigo 70.2 do TRLCAP).

− Prego de cláusulas administrativas particulares, regulado no artigo 49 do TRLCAP e 67 do RXLC.

− Resolución do órgano de contratación aprobatoria do expediente (artigo 69 do TRLCAP).

− A declaración de urxencia debidamente motivada efectuada polo órgano de contratación, tal e como esixe o artigo 71 do TRLCAP para poder tramitar o expediente con carácter de urxente.

− A fiscalización do gasto pola Intervención. (art. 67.2 do TRLCAP).

− Garantía definitiva, establecida no artigo 36 do TRLCAP.

− Acta de comprobación do planeamento da obra, esixida no artigo 142 do TRLCAP.

− A Resolución do órgano de contratación aprobatoria da liquidación da obra (artigo 110 e 147 do TRLCAP e 169 do RXLC).

Convenios

1. O Concello presentou dúas certificacións de obra que non responden á realidade dunha obra nova senón a outra obra financiada polo PPC 2001, para xustificar a obtención da axuda (60.000 euros) que, a través do convenio de colaboración formalizado coa Xunta de Galicia para a construción do centro cultural de usos múltiples, percibiu no exercicio 2002. Deste feito poderían derivarse as responsabilidades establecidas no artigo 79 do TRLRFP, na súa nova redacción dada polo artigo 7 da Lei 8/1999, de 30 de decembro, de

Page 44: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

41__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa. Así mesmo procedería o reintegro das cantidades indebidamente percibidas de acordo co artigo 78.5 do TRLRFP e 19 do 287/2000.

2. Así mesmo, efectuáronse pagos ó contratista da obra financiada polo PPC 2001 por encima do custe da mesma, como consecuencia da emisión das certificacións (polo mesmo contratista) que se presentaron como xustificación do gasto establecido no convenio asinado coa Xunta de Galicia. Deste feito poderían derivarse responsabilidades para o ordenador de pagos e o interventor municipal de acordo co disposto no artigo 169 da LRFL.

3. No expediente do convenio de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello en materia de prevención de incendios forestais, non se xustificou a realización de gastos por importe de 6.617,56 euros. Tampouco se xustificaron gastos por 1.342,21 euros, da achega económica da Deputación a este convenio. En consecuencia, deberíase solicitar o reintegro destas cantidades, en virtude do disposto no artigo 81.9,a) do TRLXO, e artigos 78.5 do TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000.

Ademais, na documentación xustificativa figuran facturas non recoñecidas na contabilidade do exercicio 2002 por falta de consignación orzamentaria, segundo informaron técnicos municipais. Vulnerouse o disposto no artigo 154.5 da LRFL.

4. Nos convenios analizados non se acompañan da memoria esixida polo artigo 199,h) da LALG, onde consten os antecedentes, razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos coa súa formalización.

5. Ningún dos convenios analizados foi obxecto de publicación, incumprindo o previsto no artigo 8 da LRXAP e PAC de aplicación supletoria ás administracións locais. Neste sentido, debería ser obxecto de publicación no DOG e no BOP.

5.2. Subvencións outorgadas

1. A regulación do procedemento de concesión de subvencións nas bases de execución do orzamento do exercicio 2001 é practicamente inexistente. Limítanse a establecer o prazo de xustificación (2 meses) e a necesidade de

Page 45: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

42__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

estar ó corrente das obrigas fiscais coa entidade concedente. No exercicio 2002 prorrógase o orzamento do exercicio 2001 ó non aprobarse o mesmo, polo que se manteñen vixentes as mencionadas bases.

2. Nas bases reguladoras das axudas concedidas a entidades sen ánimo de lucro, aprobadas por Comisión de Goberno de 19 de abril de 2001 ábrese a posibilidade de concesión de subvencións a agrupacións sen fin de lucro, cando de acordo co artigo 236 do ROF permítese a concesión de subvencións a aquelas asociacións legalmente constituídas, unha vez que cumpran determinados requisitos para a súa inscrición no Rexistro Municipal, é dicir, esíxese que teñan personalidade xurídica da que carecen as meras agrupacións.

3. Nas mencionadas bases reguladoras establécense os criterios para a adxudicación das axudas, pero non se pondera explicitamente a importancia relativa das mesmas, nin a forma de valoración e xustificación que permita respectar o principio de obxectividade e evitar supostos de arbitrariedade.

4. Analizados varios expedientes de subvencións outorgadas ó amparo das bases de convocatoria, constatouse que existen diversos incumprimentos das mesmas.

5. Abónanse a varias asociacións subvencións sen que se presentara solicitude da mesma e sen a existencia dunha convocatoria pública. Polo tanto, non se da cumprimento ós principios de publicidade, obxectividade e concorrencia consagrados na CE e recollidos no artigo 81.6 do TRLXO así como no 294.1 da LALG, que ademais recolle o de igualdade. Así mesmo outórganse as subvencións sen que medie un acordo de concesión, simplemente apróbase o gasto e abónase a mesma. Este modo de conceder subvencións a través de Decretos de aprobación do gasto, que non figuran, no libro de Resolucións de alcaldía pode dar lugar a supostos de arbitrariedade sancionada polo artigo 9.3 da CE e afecta á transparencia na xestión dos fondos públicos.

6. Con carácter xeral, non se xustifica a aplicación das cantidades recibidas ós fins para os que foron concedidas, incumprindo o disposto nos artigos 170.2 e 195.2,d) da LRFL, 59.3 do RD 500/1990, 81.2 do TRLXO e 294.3 da LALG e na base de execución número 15 do orzamento do exercicio 2001. A falta de xustificación esixe o reintegro das cantidades recibidas polos beneficiarios.

Page 46: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

43__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

7. Na subvención á Sociedade Deportiva F.C. Silleda, as fotocopias de gastos realizados non están compulsadas. Incumpriuse o punto 8.2 das bases de convocatoria. Ademais, dos xustificantes non respectan os requisitos formais que deben reunir las facturas. Entre outros aspectos, no consta el NIF o CIF, nome ou razón social do provedor, obxecto de contraprestación e desglose do IVE. Este feito podería dar lugar ó reintegro da subvención.

6. RECOMENDACIÓNS

En función das incidencias detectadas, no Concello establécense as seguintes recomendacións:

1. Manter completos, actualizados e arquivados adecuadamente os expedientes de subvencións e de contratos administrativos.

2. Presentar a solicitude de todas as subvencións acompañada a documentación esixida polas distintas ordes de convocatoria e no prazo establecido.

3. Xuntar toda a documentación xustificativa necesaria para o cobro das subvencións evitando o posible reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto nos artigos 78.5 do TRLRFP e 19 do Decreto 287/2000.

4. Axustar a súa actuación en materia de xustificación de subvencións, estritamente á lexislación vixente co fin de evitar, en futuras actuacións, as responsabilidades que se deriven do incumprimento da mesma.

5. Axustar os procedementos de contratación das obras subvencionadas ós requisitos esixidos polo TRLCAP e RXLC, para dar cumprimento ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade que deben presidir a contratación administrativa.

6. Regular convenientemente o procedemento de concesión de subvencións evitando que entes que non estean legalmente constituídos e, por tanto, non teñan personalidade xurídica, poidan ser beneficiarios das mesmas.

Page 47: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

44__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

7. Conceder todas as subvencións, excepto as nominativas e aquelas que non poidan ser obxecto de concorrencia, respectando os principios establecidos nos artigos 81.6 do TRLXO e 294.1 da LALG, mediante convocatoria pública e acordos de concesión das mesmas debidamente motivados de acordo co disposto no artigo 54.1,f) da LRXAP e PAC.

8. Elaborar e aprobar todos os anos bases reguladoras de concesión de subvencións, establecendo explicitamente a ponderación dos criterios para a adxudicación das axudas, así como a súa forma de valoración e xustificación, para impedir a posible arbitrariedade na concesión das mesmas.

9. Esixir a xustificación da aplicación das cantidades outorgadas ós fins para as que foron concedidas.

10. Esixir ós beneficiarios que incumpran calquera dos extremos previstos no artigo 81.9 do TRLXO, o reintegro das cantidades que percibiran indebidamente.

Page 48: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

45__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXOS

Page 49: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

46__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Page 50: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

47__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento do exercicio 2002 presentan as magnitudes que a continuación se detallan:

Estado de gastos

Capítulo Créditos iniciais

Modifica-cións

Créditos definitivos

Obrigas recoñecidas

Grado execución

Pagos ordenados

Pagos realizados

P.R/O.R. %

1. Gastos persoal 1.166.544,66 112.179,23 1.278.723,89 1.278.723,89 100 1.256.477,61 1.256.477,61 98,3

2. Gastos bens e servizos 1.345.237,46 -123.426,65 1.221.810,81 1.215.697,51 99,4 885.208,26 885.208,26 72,8

3. Gastos financeiros 192.323,87 -29.482,21 162.841,66 162.841,66 100 127.784,31 127.784,31 78,5

4. Transferencias correntes 205.080,84 15.079,80 220.140,64 220.140,64 100 212.795,27 212.795,27 96,7

6. Investimentos reais 1.417,80 834.077,96 835.495,76 595.166,22 71,2 74.401,94 74.401,94 12,5

7. Transferencias de capital 0 0 0 0 0 0

8. Activos financeiros 0 0 0 0 0 0

9. Pasivos financeiros 79.716,27 86.261,31 165.977,58 165.977,58 71.293,21 71.293,21 42,9

TOTAL 2.990.300,90 894.689,44 3.884.990,34 3.638.547,50 93,6 2.627.960,60 2.627.960,60 72,2

Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial

Modifica-cións

Previsión definitiva

Dereitos recoñecidos

Grado execución Recadación Grado

recadación Dereitos

pendentes

1. Impostos directos 948.440,83 0 948.440,83 1.046.347,56 110,3 822.121,69 78,60 224.225,87

2. Impostos indirectos 129.217,60 0 129.217,60 201.376,74 155,8 201.376,74 100 0

3. Taxas e outros ingresos 382.865,70 0 382.865,70 79.576,08 20,8 79.576,08 100 0

4. Transferencias correntes 1.859.469,03 213.917,04 2.073.386,07 1.486.681,92 71,7 1.419.023,04 95,45 67.658,88

5. Ingresos patrimoniais 300,51 0 300,51 918,24 305,6 918,24 100 0

6. Alleamento investimentos reais 0 27.658,59 27.658,59 27.658,59 100 27.658,59 100 0

7. Transferencias de capital 0 653.113,81 653.113,81 482.600,33 73,9 144.939,91 30,03 337.660,42

8. Activos financeiros 0 0 0 0 0 0

9. Pasivos financeiros 0 0 0 0 0 0

TOTAL 3.320.293,67 894.689,40 4.214.983,11 3.325.159,46 78,9 2.695.614,29 81,07 629.545,17

Page 51: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

48__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO II: TRANSFERENCIAS CORRENTES

Órgano concedente Descrición Importe concedido Exercicio 2001

Importe concedido Exercicio 2002

Estado PIE 1.048.817,18 1.085.516,71 Instituto Galego de Consumo Actividades de Información 1.081,82 4.011,60

Consellería de Industria e Comercio Melloras e Infraestruturas nos parques empresariais 5.577,39 1.743,00

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Promoción de Información Xuvenil 5.409,11 Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas"

Becas de estudios prácticas en Oficina Turismo 3.005,06 2.253,81

Deputación Provincial de Pontevedra Instalación e adaptación de xogos infantís en parques e xardíns 6.010,12 4.958,00

Servizo Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte Escolas deportivas 1.202,02 Delegación Provincial Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Programa de Educación Familiar 5.108,60

Deputación Provincial de Pontevedra Torneo de Tenis 136,43

Deputación Provincial de Pontevedra Organización Cursos de Mantemento 3ª Idade 132,22

Deputación Provincial de Pontevedra Organización Liga Local de Fútbol Sala 248,74 460,00 Deputación Provincial de Pontevedra Organización Cursos de Natación 248,74 206,00

Deputación Provincial de Pontevedra Organización II Torneo Interparroquial de Fútbol 7 340,37

Deputación Provincial de Pontevedra Escola Deportiva de Xadrez 165,67 554,00 Deputación Provincial de Pontevedra Escola Deportiva Municipal de Ciclismo 460,00 Deputación Provincial de Pontevedra Escola Deportiva Municipal de Fútbol 581,71 Deputación Provincial de Pontevedra Organización "Semana do Humor" 1.757,96 708,00

Deputación Provincial de Pontevedra Organización I Certame de Baile Tradicional 439,49

Deputación Provincial de Pontevedra Organización Cabalgata de Reis 439,49 354,00 Deputación Provincial de Pontevedra Organización Entroido en el Municipio 848,93 708,00

Consellería de Sanidade e Servizos Socias

Mantemento, realización de programas e investimentos para Servizos Sociais polas CC.LL. e á accesibilidade e eliminación de varreras 58.071,14 59.715,08

Consellería Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Redacción do PXOM e cartografía dixital 95.358,73

Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" Realización de material turístico 3.455,82 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Contratación Técnico Local de Emprego 15.025,30 22.000,00 Consellería de Sanidade e Servizos Socias Axuda a domicilio 716,91 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Escolarización niños curso académico 2001/2002 2.764,66

Servizo Galego de Igualdade Actividades para promoción da muller 18.883,80 30.257,00 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Promoción Información Xuvenil 5.409,11 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Realización actividades xuvenís 901,52 1.500,00

Page 52: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

49__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

...//...

Órgano concedente Descrición Importe concedido Exercicio 2001

Importe concedido Exercicio 2002

Deputación Provincial de Pontevedra Emerxencia Social de 2001 4.766,37

Consellería de Sanidade e Servizos Socias

Mantemento, realización de programas e investimentos para Servizos Sociais por las CC.LL. e á accesibilidade e eliminación de varreras 1.893,19

Consellería de Industria e Comercio Orde 18 de xaneiro de 2001 6.010,12

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Contratación de 3 traballadores para "Servizo Municipal de Deporte, Cultura e Ocio" 15.507,81 8.451,24

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Custes salariais e cotizacións á S.S. por contratación de 12 traballadores "Grupo Municipal de Intervención Rápida" 107.784,26 78.448,95

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Contratación 2 traballadores "Servizo de Xestión Turística de Carboeiro" 12.641,63 5.035,69

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Contratación 10 traballadores "Equipo de Reparación danos temporal" 25.036,24

Deputación Provincial de Pontevedra Organización Copa Intercomarcal de Fútbol Sala 345,00

Deputación Provincial de Pontevedra Actividades Escola Municipal de Bádminton 449,00

Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" Páxina Web e material turístico 2.468,73 Secretaria Xeral para o Deporte Actividades Deportivas 786,00 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Axudas a familia para escolarización niños curso 2002/2003 3.005,06

Deputación Provincial de Pontevedra Axudas a familias para libros de texto, curso 2002/2003 1.405,00

Deputación Provincial de Pontevedra Axuda de Emerxencia Social 2002 8.324,23 Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude Programa Educación Familiar 3.426,36

Consellería de Sanidade e Servizos Socias

Programas e investimentos destinados á prestación Servizos Sociais polas CC.LL. 1.300,00

Deputación Provincial de Pontevedra Organización Romaría do Chaval 706,00 Consellería de Presidencia Escolas Deportivas 786,00 Consellería de Industria e Comercio Eficiencia enerxética 5.159,22

Consellería de Industria e Comercio Inversión e promoción mercados retallista, zonas peonís-comerciais e outros 7.688,70

Consellería de Sanidade e Servizos Socias

Puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias 11.069,02

Deputación Provincial de Pontevedra XXVIII Edición de a Festa de a Empanada de Bandeira 3.005,00

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Contratación de 3 traballadores para "Restauración Centros Culturais e Sociais" 12.836,01

TOTAL 1.332.945,59 1.369.640,41

Page 53: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

50__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO III: TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

Órgano concedente Descrición Importe concedido Exercicio 2001

Importe concedido Exercicio 2002

Consellería de Xustiza. Interior e Relacións Laborais Rehabilitación casa consistorial 48.080,97 6.010,12 Deputación Provincial de Pontevedra Mellora do campo de fútbol de Lamela 15.025,30

Consellería de Cultura , Comunicación Social e Turismo

Dotación de equipos para desenvolvemento dos medios de comunicación municipais 3.606,07

Consellería de Industria e Comercio Equipamentos Urbanísticos Áreas Comerciais 11.219,13

Deputación Provincial de Pontevedra Obras de Saneamento e Abastecemento de Augas en pequenos núcleos urbanos 30.050,61

Consellería de Industria e Comercio Uso racional da enerxía 6.010,12

Deputación Provincial de Pontevedra Pavimentación Vías Públicas en Silleda, Siador, Refoxos e Escuadro 46.451,38

Deputación Provincial de Pontevedra Pavimentación Vías Públicas en Oleiros, Cortegada e Breixa 53.329,07

Deputación Provincial de Pontevedra Pavimentación Vías Públicas en Moalde e Saidres 42.046,01

Deputación Provincial de Pontevedra Pavimentación Vías Públicas en Grava, Chapa e Margaride 49.763,55

POL (MAP, Deputación) Saneamento Rúa Moalde en Bandeira 44.782,10

POL (MAP, Deputación) Pq.Infraestruturas Hídricas Laro-Lamela-Silleda 17.826,02

PPC (MAP, Deputación) Selado de Vertedoiros Municipais 16.831,93

PPC (MAP, Deputación) Centro Cultural Usos Múltiples.Biblioteca.Bandeira 67.990,70

Deputación Provincial de Pontevedra Dotación de Mobiliario e Equipamento da Escola de Música de Silleda 18.030,36

Deputación Provincial de Pontevedra Obras de Saneamento e Abastecemento de Augas en pequenos núcleos rurais 29.727,57 78.130,00

Deputación Provincial de Pontevedra Centro Social de Manduas 36.060,73 Deputación Provincial de Pontevedra Obra en el Pavillón de Lamela 30.050,61 Deputación Provincial de Pontevedra Obra Fonte en Glorieta-CN525 36.063,00

Deputación Provincial de Pontevedra Peche Perimetral de Pistas e Canchas Polideportivas en Cortegada 18.030,00

PPC (MAP, Deputación) Alumeado público rúa Pintor Colemiro 21.373,47 PPC (MAP, Deputación) Biblioteca Pública de Silleda 21.373,47 PPC (MAP, Deputación) Centro Cultural de Laro 42.070,84 POL (MAP, Deputación) Sumidoiro e Saneamento de Outeiro 57.741,32 POL (MAP, Deputación) Mercado de Bandeira 86.522,90 Deputación Provincial de Pontevedra Auditorio de Bandeira 115.900,80 TOTAL 489.551,76 405.063,04

Page 54: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

51__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO IV: CONVENIOS

Entidade coa que se subscribe Obxecto Achega Entidade coa que se subscribe ano

2001

Achega Entidade ca que se subscribe

ano 2002 Consellería de Medio Ambiente Loita contra incendios forestais 12.621,25 Consellería de Medio Ambiente Prevención incendios forestais

(vehículo motobomba) 9.916,70

Consellería de Medio Ambiente Prevención incendios forestais (cuadrilla de prevención)

22.838,46

Deputación Provincial de Pontevedra Loita contra incendios forestais 4.913,27 Consellería de Asuntos Sociais Acondicionamento centros de usos

múltiples e de servizos sociais 18.030,36

Consellería de Asuntos Sociais Acondicionamento do Centro Social e da Xuventude

36.060,73

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Construción do centro cultural de usos múltiples

60.000,00

Consellería de Medio Ambiente Prevención incendios forestais (cuadrilla de prevención)

19.232,00

Deputación Provincial de Pontevedra Loita contra incendios forestais 3.654,00

TOTAL 50.289,68 136.977,09

Page 55: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA€¦ · Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002 6 _____ Consello de Contas de Galicia O volume de transferencias

Proxecto de Informe de Fiscalización Concello de Silleda. Exercicios 2001-2002

52__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO V: SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

Importe concedido Importe concedido Beneficiario Exercicio 2001 Exercicio 2002

Escudaría Lalín.Deza. Rali do Cocido 901,52 Fogar Hermanitas dos Anciáns Desamparados 300,51 300,00 Asoc. Socio-Cultural ADELLIS 1.502,53 1.502,53 Asoc. San Miguel de Lamela 601,01 601,01 Asoc. Amigos da Tortilla de Laro 601,01 601,01 Asoc. Mulleres do Municipio de Silleda 1.502,53 1.502,53 Asoc. Banda de Música Municipal de Silleda 1.202,02 1.202,02 Asoc. Veciños Olaia de Silleda 1.803,04 1.803,04 Asoc. Santa María de Grava 601,01 601,01 Dame Lume 601,01 601,01 Asoc. Veciños San Martín de Dornelas 601,01 601,01 Asoc.de Baile Xuvenil Fortín da Pomba 1.803,04 1.803,04 Asoc. Musical, Recreativa e Cultural de Bandeira 1.202,02 1.202,02 Mulleres Rurais do Candán 601,01 601,01 Vista Alegre de Bandeira 3.005,06 3.005,06 Amigos do Grupo de Gaitas Carqueixas de Lamela 601,01 601,01 Xirandola 3.005,06 3.005,06 Asc. Xuvenil Ultreias 601,01 601,01 Club Hípico Fervenzas do Toxa 601,01 601,01 Sociedade de Caza e Pesca de Silleda 1.502,53 1.502,53 Club Petanca Bandeira 1.202,02 1.202,02 Sociedade Deportiva F.C. Silleda 7.512,65 7.512,65 Club de Fútbol Laro 2.404,05 2.404,05 Club de Fútbol Lamela 1.803,04 1.803,04 Sociedade Deportiva Bandeira 3.005,06 3.005,06 Centro de Silleda en Bos Aires 6.010,00 Asc. Benéfica Fillos de Lalín de Venezuela 600,00

Total 39.065,77 44.773,74