CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións...

58
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN SELECTIVA DO CONCELLO DE CULLEREDO EXERCICIOS 2000-2001

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións...

Page 1: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN

SELECTIVA DO CONCELLO DE CULLEREDO

EXERCICIOS 2000-2001

Page 2: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 3: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE Páxina

1. INTRODUCCIÓN....................................................................................................................1 1.1. Obxectivos e alcance ....................................................................................................... 1 1.2. Limitacións........................................................................................................................ 1 1.3. Normativa reguladora....................................................................................................... 2 1.4. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2001) .................................................... 3

2. ASPECTOS XERAIS..............................................................................................................5 2.1. Indicadores....................................................................................................................... 5 2.2. Análise orzamentario e contable...................................................................................... 6

3. CADRO DE PERSOAL, RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ............................................................................................................9

3.1. Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo ..................................................... 10 3.2. Oferta de emprego público nos exercicios 2000 e 2001................................................ 11

4. PERSOAL Ó SERVICIO DA ENTIDADE LOCAL ...............................................................13 4.1. Persoal eventual............................................................................................................. 13 4.2. Persoal funcionario......................................................................................................... 14 4.3. Persoal laboral ............................................................................................................... 16 4.4. Anticipos, gratificacións, productividade e indemnización por razón de servicio .......... 19 4.5. Incidencias tributarias e de seguridade social ............................................................... 21

5. CARGOS ELECTOS ............................................................................................................23 5.1. Retribucións.................................................................................................................... 23 5.2. Indemnizacións dos cargos electos ............................................................................... 24

6. PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.....................................................................................27 6.1. Funcionarios................................................................................................................... 28 6.2. Persoal Laboral Temporal .............................................................................................. 31

7. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS............................................................................35 Conclusións............................................................................................................................. 35 Recomendacións .................................................................................................................... 37

ANEXO .......................................................................................................................................39

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO................................................................43 RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS.....................................................................................................51

Page 4: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 5: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 1

1. INTRODUCCIÓN

1.1. Obxectivos e alcance

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución, en sesión realizada o 16 de decembro de 2002, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2003, a fiscalización da área de gastos de persoal correspondente ós exercicios 2000 e 2001 do Concello de Culleredo (A Coruña).

Os obxectivos de fiscalización consistiron en:

– Verificar que os gastos de persoal corresponden a persoal ó servicio da Entidade e que foron correctamente contabilizados.

– Analizar a correcta tramitación da oferta de emprego público e o cumprimento dos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade nos procesos selectivos realizados polo Concello.

– Comprobar que as retribucións, indemnizacións por razón de servicio e demais gastos en materia de persoal axustáronse á normativa de aplicación.

O período temporal estendeuse aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

1.2. Limitacións

As probas realizadas víronse condicionadas polas seguintes limitacións:

– Os expedientes de persoal analizados atopábanse incompletos. Este feito supuxo unha limitación ás comprobacións realizadas.

– A verificación do cumprimento dos límites establecidos no artigo 7 do RD 861/1986 realizouse tomando como base o importe do complemento específico da relación de postos de traballo, debido á inexistencia dun detalle dos créditos iniciais.

Page 6: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 2

1.3. Normativa reguladora

A normativa reguladora das materias obxecto de fiscalización, inclúese fundamentalmente nas seguintes disposicións:

– Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP).

– Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

– Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

– Lei 40/1998, do 9 de decembro, do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

– Lei 13/2000, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio 2001 (LOXE).

– Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

– Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia (LFPG).

– Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

– Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO).

– Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios da Administración Local.

Page 7: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 3

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

– Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, de Réxime Xurídico dos Funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional (RXFHN).

– Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

– Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos para axustar o procedemento de selección de funcionarios da Administración Local.

– Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado.

– Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada.

– Real Decreto-Lei 2608/1929, do 16 de decembro de 1929, anticipo sobre haber líquido dunha ou dúas mensualidades.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estructura dos orzamentos das Entidades Locais.

– Instrucción de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990.

1.4. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2001)

O orzamento inicial do Concello de Culleredo para o exercicio 2001 ascendeu a 2.448.368.623 pesetas. O remanente de tesourería para gastos xerais

Page 8: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 4

aprobado foi de 67.179.923 pesetas. O resultado orzamentario axustado aprobouse con superávit de 26.053.421 pesetas. Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento inclúense como Anexo I.

O orzamento de 2001 foi aprobado definitivamente fóra do prazo establecido no artigo 150.2 da LRFL. A liquidación do orzamento aprobouse tamén fóra de prazo e remitiuse á Administración do Estado con posterioridade ó prazo límite establecido nos artigos 174.5 da LRFL, 91 do RD 500/1990 e regra 445 da ICAL. Non consta no expediente a remisión á Comunidade Autónoma incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente.

Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003) a conta xeral do 2001 no foi aprobada polo Pleno da Corporación e tampouco se remitiu ó Consello de Contas de Galicia, incumprindo os artigos 193 e 204 da LRFL.

Page 9: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 5

2. ASPECTOS XERAIS

2.1. Indicadores

Coa finalidade de proporcionar unha información resumida da situación do persoal do Concello, preséntanse os seguintes ratios e indicadores correspondentes ó exercicio 2001.

a) Gasto de persoal: 761.811.298 pesetas, equivalente a 34.508 pesetas/habitante. No exercicio 2000 o gasto de persoal situouse en 35.446 pesetas/habitante, 9 puntos por debaixo da media española para os municipios deste tramo poboacional (20.000 a 50.000 habitantes) e 27 puntos por enriba da media galega.

b) Índice de persoal funcionario e laboral fixo por mil habitantes: 6,25.

c) Cualificación profesional: Os postos de traballo de funcionarios que requiren titulación universitaria representan o 32,5%. A porcentaxe para o persoal laboral fixo á do 38,9%.

d) Grao de equipamento tecnolóxico: resúmese no seguinte cadro.

Ano 2001(*) Ordenadores Acceso a Internet

34 Funcionarios 34 34

9 Laborais 9 9

43 Traballadores 43 43

(*) Usuarios de oficinas xerais.

e) Taxa de absentismo laboral:

O número de xornadas laborais non realizadas polo persoal e relacionadas cos permiso-licencias contemplados nos artigos 68 e 70 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia presentase no seguinte cadro:

Page 10: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 6

Ano 2001 Permiso/Licencias

Embarazo e maternidade 162 días

Enfermidade 1.423 días

Nacemento fillo, enfermidade grave ou morte de familiar 58 días

Asuntos persoais sen xustificación 616 días

f) Número de folgas no ano 2001: non consta o rexistro de folgas durante este ano na sección de persoal.

g) Control horario: non existe un control horario que permita coñecer con exactitude a entrada e saída dos traballadores das oficinas municipais.

h) Organización administrativa: o Concello dispón de instalacións adecuadas para a prestación de servicios administrativos. Durante o exercicio 2001 os postos de traballo de Secretaría e Intervención non foron ocupados por funcionarios con habilitación de carácter nacional. A tesourería desempeñouse durante tres meses por funcionario desta Escala. Existe un “Gabinete de Alcaldía” que ten adscritos postos de traballo que deberían figurar na Secretaría Xeral polas funcións que realizan.

2.2. Análise orzamentario e contable

As magnitudes correspondentes a créditos iniciais do estado de gastos dos exercicios 2000 e 2001 exprésanse no cadro seguinte. Os créditos consignados no capítulo I “Gastos de persoal” representan, sobre o importe total do orzamento, unha porcentaxe do 31,9% no exercicio 2000 e un 31,7% no 2001.

Créditos Iniciais Índice % Créditos Iniciais Índice

% CAP. DESCRICIÓN 2000 2001

1 Gastos de persoal 657.060.512 32 778.133.487 32 2 G. en bens ctes. e servicios 822.072.654 40 867.322.370 35 3 Gastos financeiros 50.508.686 2 61.999.404 2 4 Transferencias correntes 25.847.216 1 113.772.216 5 6 Investimentos reais 409.141.079 20 548.341.969 22 7 Transferencias de capital 23.625.673 1 0 0 8 Activos financeiros 2.500.000 1 2.550.000 1 9 Pasivos financeiros 63.655.774 3 76.249.177 3

TOTAL 2.054.411.594 100 2.448.368.623 100

Page 11: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 7

A estructura do capítulo un do orzamento de gastos, a nivel de artigo, do exercicio 2001 é a seguinte:

Artigo Créditos iniciais

Modificac. Créditos

definitivos Obrigas

recoñecidas Pagos

ordenados Pagos líquidos Ordes Pdtes.

10. Altos Cargos 42.373.115 0 42.373.115 39.862.736 39.862.736 39.862.736 0

11. Persoal Gabinetes 2.200.000 -2.200.000 0 3.357.312 3.357.312 3.357.312 0

12. Persoal funcionar 392.783.907 1.715.156 394.499.063 332.885.439 332.885.439 332.885.439 0

13. Persoal laboral 142.333.822 93.256.750 235.590.572 213.569.238 213.569.238 213.569.238 0

14. Outro persoal 0 0 0 0 0 0 0

15. Incentivo rendmto.. 4.026.485 91.667 4.118.152 3.696.828 3.696.828 3.696.828 0

16. Cotas sociais 194.416.158 29.119.465 223.535.623 168.439.745 167.879.745 167.879.745 0

TOTAIS 778.133.487 121.983.038 900.116.525 761.811.298 761.251.298 761.251.298 0

− As modificacións orzamentarias a nivel de artigo representan o 16% dos créditos iniciais do capítulo 1. As modificacións totais supoñen o 29% do orzamento aprobado. O grao de execución do capítulo I (OR/CD) foi do 84,6%.

− Non se detectaron diferencias significativas nos traballos de conciliación entre contabilidade financeira e orzamentaria.

− No expediente do orzamento para o exercicio 2001 non consta un anexo de persoal no que se relacionen e valoren os postos de traballo existentes na Entidade Local, tal e como esixe o artigo 18.1,c) do RD 500/1990, do 20 de abril. O dito incumprimento impediu comprobar a adecuada correlación dos créditos para persoal incluídos no capítulo I do orzamento.

Con obxecto de verificar o cumprimento dos límites establecidos no artigo 7 do RD 861/1986, realizouse o cálculo tomando como base os créditos iniciais incluídos no Orzamento, agás nos complementos de destino e específico, que debido á inexistencia do seu detalle, utilizouse o importe que figura na relación de postos de traballo.

Page 12: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 8

Descrición Importe Porcentaxe Límite artigo 7 do RD 861/1986

Masa retributiva global (agás persoal laboral) 402.525.392

Retribucións básicas (-) 203.173.101

Complemento de destino (-) 59.055.856

Axudas familiares (-) 5.715.000

Total 134.581.435

Complemento específico 130.554.950 97,01 75%

Productividade 1.011.485 0,75 30%

Gratificacións 3.015.000 2,31 10%

A cantidade asignada ó complemento específico, supera o límite establecido no artigo 7.2,a) do RD 861/1986.

Page 13: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 9

3. CADRO DE PERSOAL, RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

O persoal ó servicio da Corporación durante os exercicios 2000 e 2001 reflíctese no cadro seguinte:

Exercicio 2000 Exercicio 2001 Persoal no Cadro de persoal aprobado a principios de ano

Persoal no Cadro de persoal aprobado a principios de ano Descrición

Nº postos vacantes

Persoal que figura en nómina decembro Nº postos vacantes

Persoal que figura en nómina decembro

Cargos electos con dedicación exclusiva 4 4

Persoal eventual de confianza 1 1 1 1

Persoal funcionario 125 43 84 120 35 90

Persoal laboral fixo 8 1 7 18 11 2

Persoal laboral temporal 116 149

TOTAL 134 44 212 139 46 246

Existen ademais 13 cargos electos sen dedicación exclusiva, polo que o total de efectivos no mes de decembro de 2000 ascende a 225 (212+13) e no mes de decembro de 2001 ascende a 259 (246+13), polo que se incrementou nun 16% o persoal incluído en nómina a finais de 2001 respecto a finais de 2000. Este incremento prodúcese fundamentalmente en persoal laboral temporal (28%).

O persoal laboral temporal que figura en nómina a 31 de decembro do exercicio 2000 supón o 54,7% do total. Esta situación repítese no exercicio 2001 onde a porcentaxe acada o 60,5%. A maioría dos traballadores manteñen a relación contractual ó longo do tempo, mediante contratos de obra ou servicio ata fin de servicio ou mediante sucesivos contratos, o que evidencia a non eventualidade dos mesmos, propia dos contratos laborais temporais. Este feito, unido ó excesivo volume de contratos deste tipo, aconsella a reestructuración do Cadro de persoal cubrindo eses postos de traballo mediante persoal laboral fixo ou funcionarios, a través dos pertinentes procesos selectivos que garanten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Page 14: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 10

3.1. Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo

Exercicio 2000

O Cadro de persoal deste exercicio, aprobado polo Pleno da Corporación, comprende tódolos postos de traballo reservados a funcionarios, persoal laboral e eventual, de acordo co establecido nos artigos 90.1 da LRBRL e 126.1 do TRRL. Publícase o día 19 de abril de 2000 no BOP xunto coa aprobación definitiva do orzamento. O número de prazas en Cadro de persoal ascende a 134 das cales 44 están vacantes. Os postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal deberían ser obxecto de reconversión e ser incluídos en Cadro de persoal como prazas de persoal laboral fixo ou persoal funcionario, dada a súa permanencia no tempo.

O Concello confeccionou a relación de postos de traballo prevista nos artigos 90.2 da LRBRL e 126.4 do TRRL, que non se axusta ó disposto no artigo 16 da Lei 30/1984, ó non describir as características esenciais dos postos de traballo, así como os requisitos esixidos para o seu desempeño, e incluír, nalgúns casos, na denominación dos postos de traballo a correspondente ás prazas do Cadro de persoal sen especificar o posto en concreto. Confúndese tamén o xeito de provisión do posto de traballo coa forma de acceso á función pública. Así mesmo, non se inclúen tódolos postos existentes na entidade (artigo 90.2), xa que no Cadro de persoal figuran 125 prazas de funcionarios mentres na RPT figuran 124. Na documentación facilitada non consta a publicación da RPT no BOP, incumprindo o disposto no artigo 16 da Lei 30/1984 e 127 do TRRL.

Exercicio 2001

O Cadro de persoal deste exercicio, aprobado polo Pleno da Corporación, tamén comprende tódolos postos de traballo reservados a funcionarios, persoal laboral e eventual, de acordo co establecido nos artigos 90.1 da LRBRL e 126.1 do TRRL. A publicación da mesma prodúcese o día 12 de maio de 2001 no BOP, xunto coa aprobación definitiva do orzamento. O número de prazas en Cadro de persoal ascende a 139 das cales 46 están vacantes. Ó igual que no exercicio 2000, os postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal mantéñense ó longo do tempo polas mesmas persoas, polo que deberían ser obxecto de reconversión e ser incluídos en Cadro de persoal como

Page 15: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 11

prazas de persoal laboral fixo ou persoal funcionario, dada a súa permanencia no tempo.

O Concello confeccionou a relación de postos de traballo prevista nos artigos 90.2 da LRBRL e 126.4 do TRRL, que non se axusta ó disposto no artigo 16 da Lei 30/1984, ó non describir as características esenciais dos postos de traballo, así como os requisitos esixidos para o seu desempeño, e incluír, nalgúns casos, na denominación dos postos de traballo a correspondente ás prazas do Cadro de persoal sen especificar o posto en concreto. Confúndese tamén o xeito de provisión do posto de traballo coa forma de acceso á función pública. Na documentación facilitada non consta a publicación da RPT no BOP, incumprindo o disposto no artigo 16 da Lei 30/1984 e 127 do TRRL.

Constatouse a existencia de numerosos postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal, incluídos nas Relacións de Postos de Traballo do 2000 e 2001, que non cumpren co disposto no artigo 235.2,a) da LALG, dado que son desempeñados polas mesmas persoas durante varios anos, o que evidencia o carácter permanente dos mesmos.

3.2. Oferta de emprego público nos exercicios 2000 e 2001

Exercicio 2000

A oferta de emprego público deste exercicio aprobouse por acordo da Comisión de Goberno en sesión do 29 de xuño de 2000, unha vez superado o prazo dun mes dende a aprobación definitiva do orzamento (4 de abril de 2000), incumprindo o disposto no artigo 128.1 do TRRL.

O total das prazas ofertadas ascende a 13, todas de funcionarios. Non se inclúen tódalas prazas vacantes que están dotadas orzamentariamente, incumprindo o disposto nos artigos 18.4 da Lei 30/1984 e 29.2 da Lei 4/1988.

O 3 de outubro de 2000 publicouse no BOE, dando cumprimento ós artigos 128 do TRRL e 5 do RD 896/1981.

Page 16: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 12

A convocatoria das prazas ofertadas no exercicio 2000 prodúcese por Resolución de Alcaldía do 4 de outubro de 2001 e publícase o 30 de outubro do mesmo ano1.

Exercicio 2001

A oferta de emprego público do exercicio 2001 aprobouse por acordo da Comisión de Goberno en sesión do 19 de xullo de 2001, unha vez superado o prazo dun mes dende a aprobación definitiva do orzamento (13 de marzo de 2000), incumprindo o disposto no artigo 128.1 do TRRL.

O total das prazas ofertadas ascende a 16 (5 de funcionarios e 11 de persoal laboral fixo). Non se inclúen na oferta tódalas prazas vacantes que están dotadas orzamentariamente incumprindo o disposto nos artigos 18.4 da Lei 30/1984 e 29.2 da Lei 4/1988. Entre as prazas de persoal laboral fixo ofertadas inclúese unha (mestre) que non figura no Cadro de persoal do exercicio 2001.

O 12 de setembro de 2001 publicouse no BOE, dando cumprimento ós artigos 128 do TRRL e 5 do RD 896/1981.

A convocatoria das prazas ofertadas no exercicio 2001 prodúcese por Resolución de Alcaldía do 8 de xaneiro de 2003 e publicase o 23 de xaneiro do mesmo ano2.

1 Parágrafo modificado no trámite de alegacións. 2 Parágrafo modificado no trámite de alegacións.

Page 17: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 13

4. PERSOAL Ó SERVICIO DA ENTIDADE LOCAL

Neste apartado faixe unha mostraxe os expedientes do persoal ó servicio do Concello, para analizar a forma de acceso ó posto de traballo, as retribucións que por tódolos conceptos se percibiron nos exercicios 2000 e 2001, así como a correcta detracción das cantidades correspondentes á Seguridade Social e IRPF.

O persoal que figura ó servicio da Corporación durante o exercicio 2001 se reflicte no cadro da páxina 9. Por servicios, a distribución do persoal funcionario e laboral fixo a 31 de decembro de 2001 é a seguinte:

En función dos distintos servicios da Corporación

Secretaría Xeral Seguridade Urbanismo Gabinete de

Alcaldía Servicios

económicos Outros Categoría

P V P V P V P V P V P V

Persoal funcionario 9 2 28 5 10 4 18 5 9 3 46 16

Persoal laboral fixo 1 1 1 0 16 10

TOTAL 9 2 29 6 11 4 18 5 9 3 62 26

P: Postos

V: Vacantes

4.1. Persoal eventual

Por Resolución da Alcaldía do 14 de xullo de 1999 acordouse modificar a denominación do posto de traballo de persoal eventual que figuraba na RPT (aprobada polo Pleno do 30 de decembro de 1998) co nome de “asesor medio de comunicación”, pasando a denominarse “asesor en materia de urbanismo”. Designouse a unha persoa para ocupar este posto establecendo unha retribución bruta mensual de 230.496 pesetas. Desta resolución deuse conta ó Pleno en sesión do día 15 de xullo de 1999 e publicouse o nomeamento no BOP.

A competencia para determinar o número, características e retribucións do persoal eventual corresponde ó Pleno da Corporación segundo establece o artigo 104.1 da LRBRL, polo que este acordo podería incorrer en nulidade de pleno dereito.

Page 18: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 14

Verificouse a través da nómina de decembro dos anos 2000 e 2001 que este asesor percibiu pagas extraordinarias. Non consta informe de reparo da Intervención ó tratarse dunha retribución indebida, non aprobada expresamente, que podería dar lugar a responsabilidades.

4.2. Persoal funcionario

Seleccionouse unha mostraxe de 10 funcionarios que están en nómina a 31 de decembro de 2000 e a 31 de decembro de 2001, en función dos distintos grupos de clasificación e de acordo coas retribucións dos mesmos. Como feito máis significativo verificouse a percepción en decembro de 2000 e 2001 de pagas extraordinarias que inclúen as retribucións complementarias, incumprindo o disposto no artigo 2.2 do RD 861/1986 e artigo 23.2.c) da Lei 30/1984.

Verificouse que os demais conceptos retributivos percibidos polos funcionarios analizados axústanse ó disposto nos artigos 1 do RD 861/1986 e 23 da Lei 30/1984, agás no caso do posto por “desempeño de praza” e outro por “consorcio de As Mariñas”, conculcando a normativa anteriormente sinalada.

Os importes retidos á conta da liquidación do IRPF adecúanse á normativa establecida na materia. As cotizacións sociais detraídas das nóminas correspóndense tamén coas cantidades que proceden.

Realizouse unha análise sobre 15 funcionarios ó servicio da Corporación para verificar o disposto nos artigos 21, 23 e 27 da LOXE para o exercicio 2001, que sinalan un incremento retributivo do 2% para o persoal funcionario ó servicio do sector público. Como resultado deste traballo ponse de manifesto que as retribucións totais efectivamente percibidas aumentaron, para a mostraxe seleccionada, un 6,23%. Con independencia do efecto, que sobre o incremento medio, teñan os incrementos derivados do cumprimento de trienios, observouse un incremento xeneralizado das cantidades percibidas en concepto de complemento de destino e complemento especifico por enriba do 2% previsto na LOXE. Non se facilitou ningún acordo individualizado, debidamente motivado, no que se valore tecnicamente cada posto de traballo, tal e como esixe o artigo 4.2 do RD 861/1986, e no que se determine o incremento do complemento específico por enriba do 2%. No seu defecto, acordase, con carácter global, a adecuación dos complementos de destino por

Page 19: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 15

cambio de nivel e incrementos no complemento específico, no Acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios do Concello. Polo tanto, os incrementos producidos no exercicio 2001, deveñen inaplicables de acordo co artigo 21.4 da LOXE para o exercicio 2001 e poden incorrer en nulidade de pleno dereito.

Da mostraxe anterior e coa finalidade de coñecer a forma de acceso á función pública, seleccionáronse catro expedientes persoais. Da súa análise deducíronse as seguintes incidencias que se concentraron nos postos de xefe de gabinete e asesor xurídico:

Xefe de gabinete

No expediente consta a concesión dun “premio especial de antigüidade” que se contempla no artigo 18 do Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario do Concello, e que consiste no aproveitamento dunha semana adicional de vacacións. Este premio vulnera o disposto no artigo 69 da LFPG.

O nivel 30 de complemento de destino que percibe este funcionario é superior ó determinado pola LOXE. O Concello o incrementou ata igualalo ó valor do complemento de destino fixado para os Directores Xerais da Administración do Estado, en aplicación do artigo 33.2 da LOXE para 1991. Esta aplicación resulta incorrecta xa que o citado artigo 33.2 é aplicable só os funcionarios que desempeñasen postos de altos cargos na Administración do Estado ou da Seguridade Social, non en Comunidades Autónomas como sucedeu neste caso.

Asesor xurídico

Accedeu á condición de funcionario de carreira o día 17 de decembro de 1999 por medio dun concurso de méritos. O día 3 de maio de 1995, foi nomeada secretaria interina do Concello por resolución do Conselleiro de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia. Recoñeceuse compatibilidade, por acordo do Pleno do día 26 de xullo dese ano, para exercer a profesión de avogado.

No expediente persoal consta unha resolución de Alcaldía (4 de xullo de 1995) pola que se concede unha compensación económica anual en concepto de

Page 20: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 16

productividade por importe de 960.000 pesetas, co obxecto de resarcir as funcións de representación e defensa procesal do Concello. Esta cantidade foi revisada e actualizada no ano 1999. Con data do 13 de febreiro de 2001 dictouse outra resolución de Alcaldía para actualizar a productividade que ven percibindo esta funcionaria, fixando unha contía de 1.100.000 pesetas anuais.

Respecto ó acceso á función pública local por medio de concurso, o artigo 2 do RD 896/1991, establece que con carácter xeral realizarase a través do sistema de oposición, agás que, pola natureza das prazas ou das funcións a desempeñar, sexa máis adecuada a utilización do sistema de concurso-oposición ou concurso. Neste sentido, o artigo 4 do RD 364/1995 determina que a oposición será o sistema normal de ingreso e cualifica como excepcional o concurso. Non se xustifica a excepcionalidade no expediente. Tampouco se producen circunstancias que pola natureza da praza ou das funcións a desempeñar, sexa máis adecuado o sistema de concurso.

Por outra parte, estase retribuíndo indebidamente as funcións de representación e defensa procesal do Concello, ó realizalo a través do complemento de productividade. Este complemento está destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeña o seu traballo, segundo o disposto nos artigos 23 da Lei 30/1984 e 5 do RDL 861/1986.

4.3. Persoal laboral

Seleccionouse unha mostraxe de persoal laboral fixo e temporal que está en nómina a 31 de decembro de 2000 e a 31 de decembro de 2001 e baseándonos na mesma analizáronse as retribucións percibidas polos mesmos.

O Concello formalizou un convenio colectivo co persoal laboral, regulador das condicións de traballo o 28 de outubro de 1996 e no que a súa vixencia se estende ata o 31 de decembro de 1999. Nembargantes, aplícase nos exercicios 2000 e 2001, dado que non se acordaron os termos do novo Convenio colectivo. Nesta materia pretendese equiparar as retribucións do persoal laboral ás do persoal funcionario durante a vixencia do mesmo.

Para a mostraxe seleccionada do persoal laboral fixo constatouse que as retribucións que percibiron ó longo dos exercicios 2000 e 2001, axústanse ás

Page 21: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 17

disposicións do Convenio. En canto ó persoal laboral temporal ó servicio da Corporación verificouse, para a mostraxe seleccionada, que non perciben retribucións distintas ás establecidas no Convenio e as pactadas nos contratos asinados.

Non se detectaron incidencias significativas nas detraccións para cumprir coas obrigas coa Seguridade Social e nas retencións do IRPF.

Analizouse o incremento retributivo experimentado por unha mostraxe do persoal laboral ó servicio da Corporación con obxecto de comprobar o respecto ó disposto nos artigos 21 e 24 da LOXE para o exercicio 2001, que sinalan un incremento retributivo do 2%. Na análise realizada obsérvanse incrementos das retribucións totais brutas do exercicio 2001 superiores ó 2% respecto ás retribucións do exercicio 2000. Estas diferencias explícanse por contratos que contemplan unha xornada laboral máis ampla e polo tanto con maior remuneración, non supón un incumprimento da LOXE para o exercicio 2001.

Seleccionouse 1 expediente de persoal laboral fixo e 6 de persoal laboral temporal, examinando a súa situación laboral e contractual no Concello. Da análise dos mesmos extraéronse as seguintes incidencias:

Persoal laboral fixo:

A cobertura da praza que estaba ocupando o traballador seleccionado cun contrato de interinidade asinado o 11 de maio de 1998, realizase por concurso-oposición. O contrato como persoal laboral fixo asinarase o 13 de agosto de 1999. Previamente á obtención deste posto de traballo, este traballador, prestou servicios na Corporación con diversos contratos laborais que se prorrogaron sucesivamente, entre os que hai varios de obra ou servicio determinado, incumprindo o disposto o RD 2720/1998 que non prevé prórrogas para este tipo de contratos. O 19 de xuño de 2003 toma posesión como funcionario de carreira nun posto de técnico de xestión económica, tras superar un concurso-oposición.

Persoal laboral temporal:

En numerosos expedientes non consta documentación relativa á superación de procesos selectivos con carácter previo á formalización dos sucesivos

Page 22: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 18

contratos laborais temporais. Non queda polo tanto acreditado o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade desenvolvidos nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL. Son polo tanto, contratacións irregulares que vulneran o procedemento legalmente establecido para a selección do persoal ó servicio das Corporacións Locais.

A modalidade do contrato laboral utilizada é a de obra ou servicio determinado e a súa duración ata fin de servicio supeditada á existencia de crédito orzamentario. Na totalidade dos expedientes seleccionados o traballador continúa prestando servicio no mesmo posto de traballo á data de elaboración do informe, polo que é evidente a non eventualidade do mesmo, requisito indispensable para optar pola modalidade de contrato de obra ou servicio, previsto no artigo 15.1 do Estatuto dos Traballadores e no RD 2720/1998 que desenvolve o mencionado artigo 15. Polo tanto, na práctica estase convertido en indefinido o contrato temporal de obra ou servicio, ata fin de servicio, que se prorroga anualmente. O artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia prohibe expresamente a conversión en indefinidos dos contratos laborais temporais, feito que na práctica ocorre. Trátanse de postos de traballo para o desenvolvemento de actividades de natureza permanente, nos que a súa provisión debese realizar mediante persoal laboral fixo ou funcionario a través dos procedementos previstos legalmente.

Os contratos de obra ou servicio determinado, correspondentes ós expedientes seleccionados, prorróganse anualmente, cando a prórroga deste tipo de contratos non esta contemplada, pola súa propia natureza, no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores e no artigo 2 do RD 2720/1998 que desenvolve o mesmo.

En ningún caso motivouse a urxencia ou necesidade que aconsellen a contratación temporal e que esixe o artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia.

Page 23: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 19

4.4. Anticipos, gratificacións, productividade e indemnización por razón de servicio

Anticipos

Realizouse unha análise dos anticipos reintegrables pagados no ano 2001 ó persoal do Concello, e a súa mostraxe representa un alcance do 68,6% das obrigas recoñecidas en contabilidade.

Como resultado das probas realizadas detectáronse as seguintes incidencias:

O artigo 33 do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario, establece que se poderán conceder anticipos ó persoal por importe máximo de tres mensualidades do salario bruto, non podendo superar a cantidade de 750.000 pesetas a reintegrar nun máximo de 24 mensualidades para os grupos A e B e de 36 mensualidades para o resto dos grupos.

A normativa vixente contida no Real Decreto Lei 2608/1929, do 16 de decembro, establece que a contía dos anticipos reintegrables será do importe dunha ou dúas pagas do seu haber líquido, cando se necesiten para atender necesidades urxentes (artigo 1) e non comprenderá retribucións complementarias (artigo 2). O reintegro, sen interese, débese producir nos seguintes 10 meses cando se trate dunha paga, ou de catorce cando se trate de dúas mensualidades. Polo anterior, o acordo regulador incumpre as normas contidas na lexislación aplicable respecto á necesidade e urxencia, así como ó importe máximo e prazo de devolución dos anticipos.

En tódolos expedientes analizados existe informe de Intervención sen reparo de legalidade, incumprindo a función interventora regulada no artigo 195 da LRFL, que ten como finalidade acadar que a xestión se axuste ás disposicións aplicables en cada caso.

Gratificacións

Analizáronse as obrigas recoñecidas netas rexistradas na partida 121.151.00, que supón un 97,7% do total rexistrado no concepto 151. Unha vez examinada a documentación soporte xustificativa da mesma detectáronse as seguintes incidencias:

Page 24: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 20

– Concédense, por resolucións de Alcaldía do 12 de xullo de 2001 e 13 de xullo de 2001, gratificacións por servicios extraordinarios a funcionarios e persoal laboral indefinido en contías fixas para distintos grupos de traballadores e sen que se acredite a realización dos mencionados servicios extraordinarios, incumprindo o disposto no artigo 23.3,d) da Lei 30/1984 e 6 do RD 861/1986. En todo caso, o persoal laboral indefinido non ten dereito á percepción de gratificacións por servicios extraordinarios previstas no artigo 23.3,d) da Lei 30/1984 para funcionarios. No seu defecto poden percibir remuneracións por horas extraordinarias cos límites sinalados na lexislación laboral.

– Concédense por resolucións de Alcaldía do 2 de outubro de 2001 e 14 de novembro de 2001 gratificacións por servicios extraordinarios, sen que quede acreditado no expediente a realización de tales servicios, incumprindo o disposto nos artigos 23.3,d) da Lei 30/1984 e 6 do RD 861/1986.

Productividade

Analizouse unha mostraxe das obrigas recoñecidas netas rexistradas no subconcepto 150.00 durante o exercicio 2001, o que supón o 100% do total. Unha vez examinada a documentación soporte xustificativa detectáronse as seguintes incidencias:

– Constatouse a percepción por parte da Asesora Xurídica da cantidade de 1.100.000 pesetas en concepto de productividade, durante o exercicio 2001, con obxecto de resarcir as funcións de representación e defensa procesal do Concello. Este feito analízase no epígrafe 4.2.

Indemnización por razón de servicio

Seleccionouse unha mostraxe de 5 perceptores de dietas e gastos de locomoción do exercicio 2001 e de 2 que asistiron a tribunais de oposición. Como resultado do traballo efectuado detectáronse as seguintes incidencias:

Impútanse á aplicación orzamentaria de dietas, gastos por indemnización de quilometraxe (documentos ADO números 2681 e 21781) e verificouse a existencia de gastos de dietas en partidas de gastos de locomoción

Page 25: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 21

(documentos ADO números 00678 e 00982). O Concello debe contabilizar o importe de cada tipo de gasto nas súas correspondentes partidas (dietas no concepto da clasificación económica 230 e locomoción en 231).

Dous perceptores presentaron liquidacións de dietas (27.040 pesetas) e indemnización por quilometraxe (3.024 pesetas) nos meses de febreiro e marzo de 2001 por gastos efectuados no ano 2000. Vulnerase o principio de devengo e o de anualidade orzamentaria ó recoñecer as obrigas en abril do exercicio 2001.

4.5. Incidencias tributarias e de seguridade social

Circularizouse á Axencia Tributaria e á Tesourería Xeral da Seguridade Social, ós efectos de verificar as obrigas de índole fiscal e social.

A resposta da AEAT non se recibiu directamente, senón que se obtivo da entidade fiscalizada. Non queda garantida, polo tanto, a entrega de toda a información enviada polo ente circularizado. A Axencia Tributaria informou que non existen débedas pendentes de cobro en voluntaria nin executiva. Tampouco consta a existencia de actas incoadas polo IRPF nos exercicios 2000 e 2001.

Segundo informa a Tesourería Xeral, o Concello non ten pendente de ingreso ningunha reclamación por débedas xa vencidas coa Seguridade Social polos códigos de conta de cotización principais e secundarios ó seu nome.

Page 26: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 22

Page 27: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 23

5. CARGOS ELECTOS

A Corporación constitúese o 3 de xullo de 1999 tralas eleccións municipais de 13 de xuño do mesmo ano. Consta de 17 concelleiros, dos que ostentan dedicación exclusiva o Alcalde, o concelleiro delegado de urbanismo e obras, o concelleiro de cultura e o concelleiro de educación.

O réxime de delegacións non se axusta ó disposto no artigo 23.4 da LRBRL e 43 do ROF, de acordo cos cales o Alcalde pode delegar o exercicio de determinadas atribucións (delegacións xenéricas), nos membros da Comisión de Goberno, mentres que de acordo co punto sexto da sesión plenaria do 15 de xullo de 1991, efectúanse delegacións xenéricas nos seguintes concelleiros que non son membros da mencionada Comisión:

– Cultura e patrimonio histórico.

– Deportes.

– Persoal, réxime interior e seguridade cidadán.

Así mesmo, e en virtude do disposto no artigo 43.4 do ROF, efectúanse delegacións especiais nos concelleiros de xuventude e de participación cidadán. As materias obxecto de delegación son xuventude e participación cidadán e festas populares respectivamente, polo que non se cumpre o disposto no artigo 43.5 do ROF que establece que as delegacións especiais podan ser de tres tipos: relativas a un proxecto ou asunto determinado, relativas a un servicio determinado ou relativas a un distrito ou barrio determinado. En sesión plenaria do 27 de xullo de 1999 suprímese o termo “especial” para estas delegacións.

Polo tanto, tódolos concelleiros do equipo de goberno ostentan delegación xenérica de competencias, previstas exclusivamente para os concelleiros membros da Comisión de Goberno, de acordo co disposto nos artigos 23.4 da LRBRL e 43 do ROF.

5.1. Retribucións

En acordo plenario do 15 de xullo de 1999 determinase o réxime de retribucións dos cargos electos con dedicación exclusiva, co seguinte desglose:

Page 28: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 24

Cargo Retribucións segundo o acordo do Pleno Nº mensualidades

Importe bruto mensual

Alcalde As correspondentes a un funcionario do Grupo A, nivel 30, cun específico de 3.670.908 pesetas. 14 602.696

Concelleiro de urbanismo e obras

As correspondentes a un funcionario do Grupo B, nivel 26, cun específico de 1.559.067 pesetas. 14 364.055

Concelleiro de cultura, patrimonio histórico, formación ocupacional e comunicación

As correspondentes a un funcionario do Grupo B, nivel 26, cun específico de 1.351.191 pesetas.

14 346.732

Concelleiro de educación, desenvolvemento local e plan de emprego

As correspondentes a un funcionario do Grupo B, nivel 26, cun específico de 1.351.191 pesetas. 14 346.732

TOTAL 1.660.215

O incremento retributivo experimentado durante os exercicios 2000 e 2001 foi un 2% anual. Comprobouse que, durante os exercicios fiscalizados, as retribucións percibidas polos membros da Corporación con dedicación exclusiva axústanse no disposto no acordo do Pleno.

Do cruce da información obtida do libro maior da conta 6100 “Altos Cargos” coas obrigas recoñecidas imputadas no artigo 10 que figuran na liquidación do orzamento do exercicio 2001, non se detectou ningunha incidencia.

Na información facilitada polo Concello, non consta o cumprimento do requisito de publicación no BOP e taboleiro de anuncios das retribucións dos cargos con dedicación exclusiva, así como as indemnizacións e asistencias, tal e como dispón o artigo 75.5 da LRBRL modificado pola Lei 14/2000, do 29 de decembro.

5.2. Indemnizacións dos cargos electos

As indemnizacións percibidas polos membros corporativos rexístranse no artigo 10 “Altos Cargos”, mentres que de acordo coa Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 20 setembro de 1989 débese imputar ó artigo 23 “Indemnizacións por razón do servicio”.

As indemnizacións por asistencias a órganos colexiados apróbanse polo Pleno en sesión do 15 de xullo de 1999. O seu resumo é o seguinte:

Page 29: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 25

Órgano colexiado Importe por asistencia

Importe por presidir unha Comisión informativa ou

unha Xunta de Coordinación

Importe por ser concelleiro delegado

Importe para concelleiros

sen delegación

Pleno 25.000

Comisión de Goberno 10.000

Comisión Informativa 25.000 25.000 15.000

Xuntas de Coordinación 25.000 25.000

Consellos sectoriais 5.000

No Pleno do 13 de xaneiro de 2001 establécense as sesións da xunta de portavoces e determinase que a asistencia a cada sesión será remunerada con 25.000 pesetas. Nese mesmo Pleno actualízanse os importes descritos no cadro anterior.

Analizáronse as cantidades percibidas por asistencias a órganos colexiados durante o exercicio 2001, detectándose as seguintes incidencias:

– Os concelleiros que ostentan delegación de competencias indebidas, de acordo co disposto nos artigos 23.4 da LRBRL e 43 do ROF, perciben importes por asistencias a Comisións Informativas e Xuntas de Coordinación superiores ós que lles corresponderían de non ostentar a mencionada delegación de competencias.

– As sesións das Comisións Informativas, Xuntas de Coordinación e Xuntas de Portavoces no son convocadas previamente á súa realización, incumprindo o artigo 134 del ROF, nin se realizan coa asistencia do secretario ou dun funcionario público que dea fe das mesmas. Así mesmo, non consta a existencia do dictame previsto no artigo 126.1 do ROF. Finalmente, non existe certificación do secretario que acredite a asistencia ás sesións das Comisións Informativas, Xuntas de Coordinación ou Xuntas de Portavoces, que habilite o pago destas retribucións. Por todo isto, as retribucións por asistencias a estas sesións poderian ser indebidamente percibidas, o que daria lugar o reintegro das mesmas, sen prexuízo das responsabilidades correspondentes. No seguinte cadro resúmense as cantidades percibidas no exercicio 2001:

Page 30: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 26

Órgano Cantidades percibidas durante o exercicio 2001

Comisións informativas 6.153.600

Xuntas de Coordinación 3.350.000

Xuntas de Portavoces 350.000

TOTAL 9.853.600

O Concello non practica retencións do IRPF nas retribucións percibidas por asistencia a órganos colexiados, que de acordo co artigo 16.2,b) da Lei 40/1998 do IRPF, son rendementos íntegros do traballo e polo tanto suxeitos a retención. Durante o exercicio 2001 o importe das indemnizacións por asistencias a órganos colexiados ascende a 16.104.038 pesetas. A non existencia de retencións pode xerar continxencias fiscais.

En canto ás dietas e gastos de locomoción dos cargos electos non se establece en bases de execución a forma de xustificación das mesmas. Nembargantes, na xustificación das dietas faise referencia ó “grupo 1”, establecido no Decreto 236/1988 para funcionarios. Na mostraxe seleccionada non se detectaron incidencias destacables.

Page 31: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 27

6. PROCEDEMENTOS SELECTIVOS As ofertas de emprego público dos exercicios 2000 e 2001, publicadas respectivamente no BOE o 3 de outubro de 2000 e o 12 de setembro de 2001, ofertan un total de 29 prazas, das que foron convocadas 27, de acordo co seguinte desglose:

Oferta do exercicio 2000 Prazas convocadas Oferta do exercicio 2001 Prazas convocadas

Funcionarios PLF Funcionarios PLF Funcionarios PLF Funcionarios PLF

13 0 12 0 5 11 5 10

PLF: persoal laboral fixo

Seleccionouse unha mostraxe dos procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público do ano 2000 (os derivados da oferta de 2001 non finalizaron), con obxecto de analizar as bases da convocatoria, así como o desenvolvemento do proceso selectivo. As prazas analizadas foron as seguintes:

Descrición da praza Prazas convocadas Categoría Oferta de emprego

público Técnico de informática 1 Funcionario 2000 Encargado de obras 1 Funcionario 2000

Técnico de xestión económica 1 Funcionario 2000

Tamén é obxecto de análise a convocatoria de postos afectados polo artigo 15 da Lei 30/1984, así como as prazas cubertas por promoción interna e a provisión de postos de traballo por concurso de méritos.

Así mesmo, se analizan varias altas de persoal laboral temporal que non son obxecto de inclusión na oferta de emprego público que se resumen no seguinte cadro:

Descrición Número de prazas convocadas Categoría

Traballadora familiar do servicio de axuda a domicilio 1 PLT Administrativo 1 PLT Auxiliar administrativo 1 PLT Asesor xurídico-social 1 PLT Auxiliar de información 1 PLT Técnico área de deportes 1 PLT

Page 32: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 28

6.1. Funcionarios

Técnico de informática

Esta praza convocouse polo sistema de concurso-oposición, cando de conformidade co establecido no artigo 2 do RD 896/1991, o sistema xeral de acceso á función pública local é a oposición. As bases da convocatoria aprobáronse por Comisión de Goberno en sesión do 23 de agosto de 2001 e publicáronse no BOP do día 14 de setembro de 2001. Non consta a publicación no DOG, incumprindo o disposto no artigo 6.1 do RD 896/1991.

A convocatoria aprobouse por resolución de alcaldía do 18 de setembro de 2001. Non consta a súa publicación no BOP, vulnerando o establecido no apartado 1 do artigo 6 do RD 896/1991. Verificouse a publicación dos anuncios da convocatoria no BOE e no DOG.

Incumpriuse o establecido no artigo 4.c) do RD 896/1991, ó figurar exames que non deben ser lidos ante o tribunal identificados co seu nome. Non quedou garantida a obxectividade e o anonimato que debe rexer na fase de oposición deste proceso selectivo.

Este concurso-oposición quedou deserto por non superar o terceiro exercicio algún dos aspirantes.

Comprobouse que na actualidade existe unha persoa contratada como técnico de informática a través dun contrato de duración determinada, realizado ó abeiro do artigo 15 do Estatuto dos Traballadores. Esta persoa iniciou o contrato no ano 1998 para a realización de obra ou servicio determinado. O obxecto do contrato foi a prestación de servicios durante o desenvolvemento dun proxecto de prevención con menores en risco de exclusión social. Firmou o finiquito o día 8 de marzo de 1999. O día 10 de marzo de 1999 fírmase un novo contrato no que o seu obxecto é a prestación de servicios para a implantación do programa de informatización municipal. No ano 2001 formalízase outro contrato declarando a cláusula única que seguirá vixente ata que se produza o cese do servicio, pola provisión da praza polo procedemento establecido regulamentariamente ou polo esgotado da correspondente partida orzamentaria do exercicio 2002. O día 31 de decembro de 2002 e con motivo da prórroga do orzamento para o ano 2003, o Concello e a persoa contratada volven a subscribir contrato coa mesma cláusula

Page 33: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 29

establecida no anterior. Neste sentido, estase producindo de feito, unha prórroga que, pola natureza destes contratos non contempla o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, nin o artigo 2 do RD 2720/1998 que o desenvolve.

Encargado de obras

O sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición, mentres que de acordo co artigo 2 do RD 896/1991, o ingreso na función pública local farase con carácter xeral a través de oposición. Non se motiva no expediente a elección deste sistema pola natureza da praza ou polas funcións a realizar.

As bases da convocatoria das probas selectivas do concurso-oposición aprobáronse en Comisión de Goberno do 23 de agosto de 2001 e publicáronse no BOP do día 14 de setembro de 2001. Non consta a publicación no DOG, incumprindo o disposto no artigo 6.1 do RD 896/1991.

A convocatoria aprobouse por resolución de alcaldía do 18 de setembro de 2001. Non consta publicación no BOP en contra do establecido no apartado 1 do artigo 6 del RD 896/1991. Verificouse a publicación dos anuncios da convocatoria no BOE e DOG.

Os exercicios que non deben ser lidos ante o tribunal figuran identificados. Non queda garantida a obxectividade e o anonimato que debe rexer este tipo de probas, incumprindo o disposto no artigo 4.c) do RD 896/1991.

Técnico de xestión económica

O sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición, pero non se motiva no expediente a elección deste sistema. De acordo co artigo 2 do RD 896/1991, o ingreso na función pública local farase con carácter xeral a través de oposición. Ó igual que nas dúas prazas anteriores, as bases da convocatoria aprobáronse o 23 de agosto de 2001 por Comisión de Goberno. A súa publicación realizouse no BOP do día 14 de setembro de 2001. Non consta a publicación no DOG incumprindo o disposto no artigo 6.1 do RD 896/1991.

A convocatoria aprobouse o día 18 de setembro de 2001 por resolución de alcaldía. Non consta publicación no BOP, en contra do establecido no apartado 1 do artigo 6 do RD 896/1991. Verificouse a publicación dos anuncios da convocatoria no BOE e DOG.

Page 34: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 30

Nos exercicios non lidos ante o tribunal figuran os aspirantes identificados. Non se garante a obxectividade e o anonimato nestas probas, vulnerando o establecido no artigo 4.c) do RD 896/1991.

Convocatoria de postos afectados polo artigo 15 da LMRPF

O Concello, en cumprimento do establecido no artigo 15 e na Disposición Transitoria 15ª da LMRFP, acordou convocar probas selectivas para cubrir determinadas prazas de funcionarios co seu persoal laboral. Seleccionouse un dos catro expedientes afectados por este proceso de funcionarización.

Auxiliar de delineación

As bases da convocatoria das probas selectivas do concurso-oposición publicáronse no BOP número 238 do día 17 de outubro de 2000. Aprobáronse o 3 de agosto de 2000 pola Comisión de Goberno. Non consta a publicación no DOG, incumprindo o disposto no artigo 6.1 do RD 896/1991. Consta publicación dos anuncios da convocatoria no BOP, DOG e BOE.

O artigo 245.6 da LALG dispón que nos sistemas de selección para o acceso a prazas da Administración Local terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega. Non se cumpriu este requisito. No tribunal non se designa representante da Comunidade Autónoma, vulnerando o disposto no apartado f) do artigo 4 do RD 896/1991.

Verificouse que a valoración de méritos representa un 47% do total da puntuación máxima alcanzable no concurso-oposición. Incúmprese o establecido no artigo 9.5 do Acordo do Consello de Ministros do 27 de marzo de 1991, publicado por Orde da mesma data (BOE número 78, do 1 de abril), que o establece no 45%.

Convocatoria de probas para a promoción interna

A Comisión de Goberno do 3 de agosto de 2000 aprobou as bases da convocatoria de probas selectivas para promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, de dúas prazas de Administrativo de Administración Xeral e dunha de Auxiliar Administrativo. Estas bases publicáronse no BOP número 238 do día 17 de outubro de 2000. Seleccionouse unha praza de Administrativo e outra de Auxiliar, detectando as seguintes incidencias:

Page 35: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 31

Administrativo

Incumpriuse o establecido no artigo 6.1 do RD 896/1991, que dispón a publicación no DOG das bases da convocatoria. O Concello non realizou oferta de emprego público, incumprindo o disposto no apartado 2 do artigo 91 LRBRL. De acordo coa Sentencia do Tribunal Supremo do 5 de marzo de 1998, este é un requisito legal básico no proceso da convocatoria de prazas de funcionarios. Non se realizaron probas que permitan acreditar o coñecemento da lingua galega, infrinxindo o sinalado no artigo 245.6 da LALG.

Auxiliar Administrativo

Non se realizou oferta de emprego público, vulnerando o establecido no artigo 91.2 LRBRL. A Sentencia do Tribunal Supremo do 5 de marzo de 1998, sinala que este é un requisito legal básico no proceso da convocatoria. Como na praza anterior, non se realizaron probas de lingua galega en contra do artigo 245.6 da LALG.

Convocatoria de provisión de postos de traballo por concurso de méritos

A Comisión de Goberno do 13 de xuño de 2000 aprobou a convocatoria para prover tres postos de traballo vacantes por concurso de méritos. Seleccionouse a provisión do seguinte posto de traballo que figura adscrito á área de “Sanidade e asuntos sociais”:

Xefe de sección de atención especializada.

Verificouse que no concurso se teñen en conta unicamente os méritos esixidos na correspondente convocatoria. Non obstante, non se incluíron os requisitos indispensables para o desempeño do posto de traballo que esixe o apartado 1 do artigo 20 da LMRFP.

6.2. Persoal Laboral Temporal

Traballadora familiar do servicio de axuda a domicilio

O proceso selectivo consistiu nun concurso-oposición (currículo, proba teórico-práctica e entrevista), entre os candidatos propostos polo Servicio Galego de Colocación (SGC), tras presentar o Concello unha oferta xenérica no

Page 36: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 32

mesmo. Na fase de concurso inclúense “outros méritos a valorar polo tribunal”, sen concretar méritos e valoración, que impide unha resolución motivada e fundada por parte do tribunal de selección, o que pode dar lugar a arbitrariedade sancionada polo artigo 9.3 da CE.

A traballadora seleccionada entra ó servicio da Corporación o 17 de xullo de 2000 cun contrato de obra ou servicio determinado que se supedita á subvención concedida pola Consellería de Familia. O contrato dura ata 16 de marzo de 2001.

Administrativo

O proceso selectivo consistiu nun concurso de méritos entre os candidatos propostos polo Servicio Galego de Colocación (SCG), tras presentar o Concello unha oferta xenérica no mesmo. Non consta no expediente o baremo de méritos polos que se elixe este traballador, o que pode dar lugar a arbitrariedade sancionada polo artigo 9.3 da CE, na selección da persoa que ocupa a praza.

O contrato asinado o 3 de xullo de 2000 é de obra ou servicio determinado ata

fin de servicio supeditado á subvención outorgada pola Consellería de Familia,

finalizando o contrato o 2 de marzo de 2001.

Rematado o contrato anterior, por Resolución de Alcaldía proponse unha nova

contratación para continuar co desenvolvemento do Plan Estratéxico Global,

sen que medie ningún procedemento selectivo, incumprindo os artigos 91 e

103 da LRBRL e 177 do TRRL. O 19 de marzo de 2001 asigna un contrato de

obra ou servicio determinado ata fin de servicio supeditado á existencia de

crédito orzamentario.

Auxiliar administrativo

Este traballador contratase ó igual que o anterior para o desenvolvemento do Plan Estratéxico Global e se tramitan conxuntamente os expedientes, polo que as incidencias detectadas son as mesmas que no caso anterior. Unha vez finalizada a súa relación laboral, vólvese a contratar sen mediar procedemento selectivo (Resolución de alcaldía), incumprindo os artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL.

Page 37: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 33

Asesor xurídico-social

A praza de asesor xurídico-social é cuberta a través dun concurso-oposición entre as persoas propostas polo SGC, previa solicitude do Concello. Na fase de concurso, os méritos esixidos no baremo axústanse ó currículo presentado polo candidato seleccionado, que obtén a puntuación máxima establecida para esta fase (10 puntos). Na proba práctica están identificados os aspirantes, o que non garante a obxectividade e anonimato que deben presidir este tipo de probas. O 15 de xuño de 2001 asigna o contrato de obra ou servicio determinado ata fin de servicio como asesor xurídico-social, que se prorroga anualmente en contra do establecido no artigo 2 do RD 2720/1998.

Este traballador presta servicios na Corporación dende o 1 de xullo de 1997, con contrato de 6 meses como asesor xurídico. O 9 de marzo de 1998 vólveselle a contratar como auxiliar socio-laboral, tras presentar oferta xenérica no SGC. Este contrato renóvase anualmente. Non consta no expediente documentación relativa a procedementos selectivos previos á sinatura do primeiro contrato e ás prórrogas do segundo. Por tanto non se dá cumprimento ó establecido nos artigos 91 e 103 de la LRBRL e 177 TRRL.

Auxiliar de información

O procedemento selectivo utilizado para cubrir esta praza foi o concurso de méritos entre os candidatos propostos polo SGC a petición do Concello. A persoa seleccionada asigna un contrato como auxiliar de información o 3 de setembro de 2001. Á conclusión do mesmo, mediante Resolución de Alcaldía, proponse unha nova contratación do traballador para o posto de traballo que estaba desempeñando sen que medie procedemento selectivo, incumprindo o disposto nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 TRRL. O 4 de marzo de 2002 asigna un contrato de obra ou servicio determinado, como auxiliar de información, supeditado á existencia de crédito orzamentario ou ata que se cubra a praza regulamentariamente. Á data de elaboración do informe, o traballador continua desempeñando o mesmo posto de traballo.

Técnico da área de deportes

Asina tres contratos co Concello: o 1 de outubro de 2001 (técnico área de cultura e deportes), o 14 de outubro de 2002 (animador de barrio) e o 21 abril de 2003 (animador socio-cultural). Os contratos foron precedidos de procesos

Page 38: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 34

selectivos (concurso de méritos). Non se detectaron incidencias significativas na análise deste expediente.

Incidencias en tódolos expedientes seleccionados:

– Constatouse a existencia de diversos contratos laborais e prórrogas dos mesmos, que non están precedidos da realización de procesos selectivos, polo que non se garante o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, consagrados nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL.

– Non se motiva na maioría dos expedientes as razóns de urxencia ou necesidade que aconsellan a contratación do traballador con carácter temporal e non permanente, incumprindo o disposto no artigo 9.3 da Lei 4/1988 da función pública de Galicia.

– Na totalidade dos expedientes analizados a selección do persoal realizouse tras presentar unha oferta xenérica no SGC. Con este procedemento non se dá cumprimento ó principio constitucional de igualdade de oportunidades, nin se garante totalmente o principio de publicidade, desenvolvidos nos artigos 91 e 103 da LRBRL, xa que soamente poden participar nestes procesos selectivos aquelas persoas inscritas no SGC como desempregadas.

– A modalidade contractual elixida, con carácter habitual, é o contrato para obra ou servicio determinado ata fin de servicio, supeditado á existencia de crédito orzamentario. Para as funcións a desempeñar en determinados postos de traballo, esta modalidade contractual non é a idónea dado que o carácter permanente das mesmas non se axusta á eventualidade destes contratos. Á data de emisión deste informe, a maioría dos traballadores que foron obxecto de análise continúan desempeñando o mesmo posto de traballo, o que evidencia que baixo a modalidade contractual adoptada se encubre unha contratación indefinida, prohibida expresamente polo artigo 9.3 da Lei 4/1988 da función pública de Galicia.

Page 39: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 35

7. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS

Como consecuencia dos traballos de fiscalización tendentes a verificar o cumprimento da normativa vixente en materia de persoal, observouse incumprimentos diversos, entre os que destacan os seguintes:

Conclusións

1. Non se acompaña ó Orzamento de 2001 o anexo de persoal que relaciona e valora os postos de traballo existentes na entidade, como esixe o artigo 18.1,c) do RD 500/1990.

2. Os procedementos de selección do persoal analizados evidencian importantes deficiencias e irregularidades que afectan ós seguintes aspectos: a) incumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, desenvolvidos no artigo 91 e 103 da LRBRL; b) o sistema de acceso utilizado é o de concurso-oposición, mentres que de acordo co artigo 2 do RD 896/1991, o sistema xeral é o da oposición; c) deficiente composición dos tribunais de selección en determinados procesos selectivos; d) en determinados expedientes non se concretan os méritos e a súa valoración na fases de concurso, contravindo o establecido no artigo 9.3 da CE; e) identificación dos aspirantes nos exames, o que non garante a obxectividade e anonimato que debe presidir este tipo de probas.

3. A asesora xurídica accede á función pública local por medio dun concurso de méritos, cando o sistema normal de acceso é o de oposición. Non se xustifica no expediente a excepcionalidade que permitiría a utilización deste sistema de selección, nin tampouco a natureza da praza aconsella a utilización do mesmo.

4. Convocáronse probas selectivas para promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, sen que previamente se incluísen na oferta de emprego público, incumprindo o disposto no artigo 91.2 da LRBRL. De acordo coa Sentencia do Tribunal Supremo do 5 de marzo de 1998, este é un requisito legal básico no proceso da convocatoria, polo que o procedemento podería dar lugar a un vicio de anulabilidade.

Page 40: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 36

5. A Corporación mantén un excesivo volume de contratos laborais temporais. A súa contía representa o 60,5% do persoal ó servicio da entidade en decembro de 2001.

6. Nos expedientes de persoal laboral temporal analizados non se motivan as razóns de urxencia ou necesidade, esixidas polo artigo 9.3 da Lei 4/1988, que aconsellan a contratación con carácter temporal.

7. Na totalidade dos expedientes analizados a selección do persoal laboral temporal, realizouse tras presentar unha oferta xenérica no SGC. Este procedemento ofrece dúbidas razoables para o cumprimento do principio constitucional de igualdade de oportunidades, así como para garantir o principio de publicidade.

8. A modalidade contractual elixida, con carácter habitual, é o contrato para obra ou servicio determinado ata fin de servicio, supeditado á existencia de crédito orzamentario. Esta modalidade contractual non é a idónea para certos postos de traballo dado o carácter permanente das funcións realizadas nos mesmos. Constatouse a prórroga habitual dos contratos de obra ou servicio determinado, cando esta non está contemplada, pola súa propia natureza, no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores e no artigo 2 do RD 2720/1998 que desenvolve o mesmo. Este feito, unido a que a maioría dos traballadores analizados, continúan desempeñando o mesmo posto de traballo, evidencia que baixo a modalidade contractual adoptada se encubre unha contratación indefinida, prohibida expresamente polo artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia.

9. Existen delegacións de competencias xenéricas en concelleiros que non son membros da Comisión de Goberno, o que incumpre o artigo 23.4 da LRBRL e 43 do ROF. O feito de pagar retribucións por asistencias a Comisións de Goberno e Xuntas de Coordinación en calidade de Concelleiros delegados, supón o realizar pagos por importe superior ós que corresponden.

10. As sesións das Comisións informativas, Xuntas de Coordinación e Xuntas de Portavoces non son convocadas previamente á súa realización, nin asiste ás mesmas o Secretario ou funcionario público que dea fe da realización das mesmas. Por tanto, non existe certificación do Secretario

Page 41: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 37

ou persoa que legalmente o substitúa que acredite a asistencia a estes órganos, o que afecta á legalidade das remuneracións percibidas.

11. As ofertas de emprego público dos exercicios 2000 e 2001 apróbanse fóra do prazo sinalado no artigo 128.1 do TRRL. Así mesmo, non se inclúen na oferta de cada ano a totalidade das prazas vacantes dotadas orzamentariamente, incumprindo o disposto no artigo 18.4 da Lei 30/19843.

12. Modificase, por Resolución de Alcaldía, a denominación de un posto de persoal eventual. Sen embargo, a competencia para determinar o número, características e retribucións deste tipo de persoal corresponde ó Pleno da Corporación (104.1 da LRBRL). A persoa que ocupa este posto percibe pagas extraordinarias non aprobadas expresamente.

13. No exercicio 2001 existen incrementos retributivos superiores ó 2% previsto na LOXE. Segundo o artigo 21.4 da dita Lei, os acordos, convenios ou pactos que fixan estes incremento deveñen inaplicables.

14. Percibíronse pagas extraordinarias que inclúen as retribucións complementarias, incumprindo o disposto no artigo 2.2 do RD 861/1986 e 23.2,c) da Lei 30/1984. Este feito pode supoñer unha infracción do artigo 141.1,d) da LXO, xerar as responsabilidades conseguintes e dar lugar á obriga de indemnizar á Facenda Pública establecida no artigo 140 da citada Lei.

Recomendacións

En función das incidencias detectadas, o Concello deberá considerar as seguintes recomendacións:

1. Seleccionar a todo o persoal ó servicio da Corporación dando cumprimento ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, a través dos oportunos procesos selectivos, previa oferta de emprego público. Utilizarase a oposición como sistema preferente de acceso á función pública, debendo xustificar no

3 Parágrafo modificado no trámite de alegacións

Page 42: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 38

acordo de convocatoria os motivos que aconsellen acudir a sistemas excepcionais (concurso-oposición ou concurso).

2. Reestructurar o cadro do persoal, reducindo progresivamente o persoal laboral temporal, cubrindo os postos de traballo nos que as súas actividades son de carácter permanente con persoal laboral fixo e no seu caso con persoal funcionario, a través dos oportunos procesos selectivos convocados para ó efecto.

3. O Concello deberá convocar previamente á súa realización, coa asistencia do Secretario ou persoa que legalmente o substitúa tódalas sesións de órganos colexiados da Corporación.

4. Tamén deberá regularizar o réxime de delegación de competencias, outorgando delegacións xenéricas só ós concelleiros membros de Comisión de Goberno, tal como sinalan os artigos 23.4 da LRBRL e 43 do ROF.

5. A Corporación deberá aprobar en prazo de un mes, dende a aprobación do orzamento, a oferta de emprego público, incluíndo a totalidade das prazas vacantes dotadas orzamentariamente.

6. O Concello debe arquivar toda a documentación relativa ó proceso de selección e carreira administrativa do traballador nun único expediente.

7. Na xestión dos gastos de persoal deberanse cumprir tódalas disposicións vixentes na materia.

8. Adecuar as retribucións ó disposto no RD 861/1986 e á Lei 30/1984.

Page 43: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

ANEXO

Page 44: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 45: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 41

Estado de gastos

Capítulo Créditos iniciais

Modifica-cións

Créditos definitivos

Obrigas recoñecidas

Grao execu-ción

Pagos ordenados

Pagos realizados

P.R/O.R. %

1. Gastos persoal 778.133.487 121.983.038 900.116.525 761.811.298 84,6 761.251.298 761.251.298 100

2. Gastos bens e servicios 867.322.370 127.575.876 994.898.246 866.351.437 87,0 716.770.713 716.763.213 82,7

3. Gastos financeiros 61.999.404 0 61.999.404 45.681.805 73,6 41.118.133 41.118.133 90,0

4. Transferencias correntes 113.772.216 -19.215.372 94.556.844 34.617.804 36,6 31.449.473 31.449.473 90,8

6. Investimentos reais 548.341.969 492.520.710 1.040.862.679 434.268.202 41,7 267.233.307 267.233.307 61,5

7. Transferencias de capital 0 0 0 0 0 0 0

8. Activos financeiros 2.550.000 0 2.550.000 2.550.000 100 2.550.000 2.550.000 100

9. Pasivos financeiros 76.249.177 0 76.249.177 76.095.288 99,8 74.548.376 74.548.376 97,9

TOTAL 2.448.368.623 722.864.252 3.171.232.875 2.221.375.834 70,0 1.894.921.300 1.894.913.800 85,3

Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial

Modifica-cións

Previsión definitiva

Dereitos recoñecidos

Grao execución Recadación Grao recadación Dereitos

pendentes

1. Impostos directos 628.634.121 0 628.634.121 641.445.988 102,4 641.445.988 100,0 0

2. Impostos indirectos 250.000.000 0 250.000.000 135.615.440 54,2 135.615.440 100,0 0

3. Taxas e outros ingresos 677.028.527 254.232.281 931.260.808 509.618.716 54,7 373.066.991 73,2 136.551.725

4. Transferencias correntes 543.300.000 193.874.275 737.174.275 587.447.697 79,6 579.118.317 98,6 8.329.380

5. Ingresos patrimoniais 28.275.749 0 28.275.749 16.085.039 56,8 16.085.039 100,0 0

6. Alleamento inves. reais 50.066.394 0 50.066.394 0 0 0 0

7. Transferencias de capital 17.563.832 97.640.204 115.204.036 79.179.622 68,7 79.179.622 100 0

8. Activos financeiros 2.500.000 177.117.492 179.617.492 1.651.831 0,9 1.651.831 100 0

9. Pasivos financeiros 251.000.000 0 251.000.000 109.527.495 43,6 109.527.495 100 0

TOTAL 2.448.368.623 722.864.252 3.171.232.875 2.080.571.828 65,6 1.935.690.723 93,0 144.881.105

Page 46: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 47: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO E RÉPLICA ÁS MESMAS

Page 48: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 49: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 50: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 51: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 52: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 53: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 54: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)
Page 55: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia

51

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE CULLEREDO En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento do Consello de

Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidos ó

Alcalde do Concello de Culleredo en escrito de 29 de decembro de 2003,

concedéndolle un prazo ata o 30 de xaneiro de 2004 para que presentara as

alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos.

O 4 de febreiro 2004 presentáronse as alegacións que acompañan ó presente

informe. En relación ó contido e con independencia das aclaracións e

puntualizacións que en cada caso figuran na réplica, é necesario sinalar con

carácter xeral o seguinte:

a) Se como consecuencia das alegacións se modificara total ou

parcialmente o contido do anteproxecto de informe, esta

modificación sinalarase en nota ó pe de páxina.

b) Agás en casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas

non valorará as alegacións que:

• Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no

anteproxecto de informe.

• Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou

normativo.

• Non rebaten o contido do anteproxecto de informe,

proporcionando só explicacións ou xustificacións da

actividade municipal.

1. Alegacións estimadas: ningunha

Page 56: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia

52

2. Alegacións non estimadas

a) Organización administrativa

Descoñécese normativa algunha que estableza a obrigatoriedade ou conveniencia de que algúns dos postos de traballo adscritos ó Gabinete da Alcaldía teñan que figurar como di o anteproxecto na Secretaría Xeral (...).

As funcións atribuídas á Secretaría son as de fe pública e asesoramento legal

preceptivo (art. 1 RD 1174/1987). Existen postos de traballo como xefe de

servicios xurídicos, xefe de negociado de asuntos xerais e contratación, por

exemplo, con adscrición funcional ó Gabinete de Alcaldía, cuxos traballos,

deberían ser de apoio ás funcións asignadas legalmente á Secretaría Xeral.

b) Inexistencia de Anexo de persoal no exercicio 2001

Existe un anexo de persoal aprobado polo Pleno Corporativo xunto cos orzamentos e publicado no BOP 108 (...).

No Anteproxecto afírmase que “non consta un anexo de persoal no que se

relacionen e valoren os postos de traballo” (art. 18.1.c) RD 500/1990). Non se

cuestiona a existencia do anexo de persoal, senón que no mesmo non se

relacionan e valoran os postos de traballo.

c) Complemento de destino “Xefe de Gabinete”.

É necesario puntualizar que o complemento de destino de Director Xeral, que ostenta o titular de ese posto, o ten formalizado por Orde Ministerial do Ministerio de Fomento (Departamento ó que está adscrito o corpo de funcionarios do Estado ó que pertence o titular do posto) (...).

Page 57: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia

53

Durante o transcurso do traballo de campo da fiscalización solicitouse

documentación que xustificara a percepción deste complemento de destino. O

Concello non aportou dita documentación nese momento, nin agora, no

trámite de alegacións.

d) Contabilización indemnizacións dos cargos electos.

A mencionada Orde sinala, respecto ós gastos de persoal, que “se aplicarán a este capítulo os gastos seguintes: (...) todo tipo de retribucións e indemnizacións, en diñeiro e especie, a satisfacer polas Entidades Locais e os seus Organismos Autónomos ó persoal de toda orden por razón do traballo realizado por este”, e concretamente, ó artigo 10 aplicaranse “os seguintes conceptos retributivos dos cargos de carácter electivo: remuneracións básicas e outras remuneracións”, e o concepto 100, as retribucións básicas e outras remuneracións de cargos electos. Comprenden tódalas remuneracións que se satisfagan ós cargos electivos por calquera concepto”.... Non se practicou retencións do IRPF nas retribucións recibidas por asistencias a órganos colexiados, de conformidade co disposto no Real Decreto 214/1999, no que se establece o límite cuantitativo excluínte da obriga de reter.

A Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 20 de setembro de 1989,

sinala que dentro do artigo 23 “Indemnizacións por razón do servicio”,

incluiranse “as indemnizacións que para resarcir gastos derivados de

comisións de servicio e de acordo coa lexislación vixente deban satisfacerse a

cargos electivos, funcionarios, persoal laboral, eventual, contratado e varios.

Imputaranse a este concepto as indemnizacións regulamentarias por

asistencias a tribunais e órganos colexiados e, en xeral, por concorrencia

persoal a reunións, consellos, comisións, etc.”

Inclúense, por tanto, explicitamente dentro deste artigo as indemnizacións de

cargos electos por asistencias a órganos colexiados, polo que a súa imputación

o artigo 10 é incorrecta.

Page 58: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · incumprindo o deber de remisión establecido nas disposicións citadas anteriormente. Á data de terminación dos traballos de campo (outubro, 2003)

Informe de Fiscalización Selectiva do Concello de Culleredo. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia

54

O Concello non retivo ningunha cantidade por asistencia a órganos colexiados

e non aportou nas súas alegacións a documentación que xustifique a

exclusión da obriga de reter, ós perceptores desas cantidades, de acordo cos

límites establecidos no artigo 76 do RD 214/1999, polo que se mantén o texto

do Anteproxecto de informe.

e) O resto de alegacións non se valoran