CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · Contas de Galicia, o Pleno desta Institución acordou incluír no...

52
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE CARBALLIÑO EXERCICIO 2000

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · Contas de Galicia, o Pleno desta Institución acordou incluír no...

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO

CONCELLO DE CARBALLIÑO

EXERCICIO 2000

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE Páxina

I. INTRODUCCIÓN......................................................................................................................................... 1 1. OBXECTIVOS.......................................................................................................................................... 1 2. LIMITACIÓNS .......................................................................................................................................... 1 3. MARCO LEGAL ....................................................................................................................................... 2 4. TRÁMITE DE ALEGACIÓNS. .................................................................................................................. 3

II. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL...................................................................................... 3 1. ORZAMENTO .......................................................................................................................................... 3 2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO............................................................................................................ 3 3. CONTA XERAL........................................................................................................................................ 5

III. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. ........................................................................... 5 IV. REMANENTE DE TESOURERÍA................................................................................................................ 7

1. DEBEDORES PENDENTES DE COBRO................................................................................................ 7 2. ACREDORES PENDENTES DE PAGO ................................................................................................ 22 3. FONDOS LÍQUIDOS DE TESOURERÍA................................................................................................ 28 4. REMANENTE DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTO DE FINANCIAMENTO AFECTADO ............ 29 5. CUANTIFICACIÓN DO ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA ............................................... 31

V. ENDEBEDAMENTO.................................................................................................................................. 32 1. OPERACIÓNS A LONGO PRAZO......................................................................................................... 32 2. OPERACIÓNS DE TESOURERÍA ......................................................................................................... 34 3. AFORRO NETO..................................................................................................................................... 35

VI. CONCLUSIÓNS ........................................................................................................................................ 36 1. DEBER DE COLABORACIÓN ............................................................................................................... 36 2. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL ................................................................................. 36 3. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS ....................................................................... 36 4. REMANENTE DE TESOURERÍA .......................................................................................................... 36 5. ENDEBEDAMENTO .............................................................................................................................. 37 6. SITUACIÓN ECONÓMICA-FINANCEIRA.............................................................................................. 37

ANEXOS 1 ó 9 ...................................................................................................................................................39 ANEXO 10: ALEGACIÓNS FORMULDAS POLO CONCELLO........................................................................47

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 1

Consello de Contas de Galicia

I. INTRODUCCIÓN 1. OBXECTIVOS

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2002, aprobado o 20 de decembro de 2001, a fiscalización da actividade económico financeira realizada polo Concello de O Carballiño durante o exercicio 2000, limitada ós seguintes obxectivos: – Verifica-la consistencia e razoabilidade dos conceptos que integran o

remanente de tesourería a 31 de decembro de 2000 e, no seu caso, comprobar que se adoptaron as actuacións legalmente procedentes para compensa-los remanentes de tesourería negativos.

– Comprobar que o endebedamento da entidade a 31 de decembro de 2000 cumpre os límites fixados na LRFL, analizando así mesmo o aforro neto da entidade a esa data.

2. LIMITACIÓNS

As actuacións realizadas víronse condicionadas por numerosas limitacións, carencia de documentos, e atrasos inxustificados na súa entrega, que puxeron de manifesto a escasa colaboración por parte do Presidente da entidade e de determinado persoal do Concello: – Dilatouse sistematicamente o envío e acceso á documentación requirida, o que

supón o incumprimento do deber de colaboración que se esixe ás Corporacións Locais e, por ende, ás súas autoridades e funcionarios, no artigo 23 da Lei 6/1985 e 7 da LOTC, onde se establece a obriga de subministrar datos, estados, documentos, antecedentes ou informes que se soliciten. Isto dificultou, e nalgúns aspectos imposibilitou, a realización dos traballos de fiscalización.

– A entrega de documentos, expedientes e libros de contabilidade por parte da intervención do Concello realizouse cun considerable atraso e, nalgúns casos, de forma incompleta. Todo isto ralentizou, sen causa, o exercicio da función fiscalizadora.

– O Presidente da Corporación non permitiu a remisión de cartas de confirmación de saldos ós acredores e ás entidades financeiras seleccionadas, impedindo deste modo comproba-la razoabilidade dos estados contables do Concello.

– A análise dos saldos relativos ós debedores pendentes de cobro vese condicionada polo feito de non estar aprobar as contas de recadación, dado que non se pode garanti-la inalterabilidade dos listados informáticos facilitados polo servicio de recadación.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

2 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

– Os libros de contabilidade non foron encadernados e dilixenciados nos termos establecidos na regra 61.2 da ICAL. Dito incumprimento determina que non está garantida a inalterabilidade da información facilitada.

– O Estado de gastos con financiamento afectado presenta diversas deficiencias nos cálculos das desviacións de financiamento do exercicio.

3. MARCO LEGAL

A normativa que regula a actividade económico financeira do Concello, no referente ás materias obxecto de fiscalización inclúense fundamentalmente nas seguintes disposicións: – Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL). – Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local

(TRRL), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril. – Lei 39/1988 de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL). – Instrucción de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada por

Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. – Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 20 de setembro de 1989, sobre

estructura dos presupostos das Entidades Locais. – Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de

presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, reguladora das Facendas Locais.

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.

– Decreto de 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.

– Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 1684/1990, de 20 de decembro (RXR).

– Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG). – Lei 230/1963 Xeral Tributaria. – Lei 1/1998 de dereitos e garantías dos contribuíntes. – Real decreto Lexislativo 1091/1988 de 23 de setembro polo que se aproba o

Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO). – Lei 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas (LOTC). – Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia. – Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, de 17 de

xullo de 1992. – Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado

por Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño (TRLCAP).

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 3

Consello de Contas de Galicia

4. TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

En cumprimento do disposto no artigo 58 do regulamento do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas remitíronse ó Alcalde do Concello en escrito (RS nº344) de 23 de maio de 2003, concedéndolle un prazo ata o 18 de xuño do mesmo ano para que presentaran as alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos. En relación coas alegacións presentadas, que se incorporan como Anexo ó presente informe, convén precisar o seguinte: a) Se como consecuencia das alegacións se modificara, total ou parcialmente, o

contido do informe ou ben resultara necesario realizar algunha matización, sinalarase en nota a pé de páxina.

b) O Consello de Contas de Galicia non valora as alegacións que:

− confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no informe;

− ofrecen criterios ou opinións sen soporte documento ou normativo;

− non rebatan o contido do informe, proporcionando só explicacións ou xustificacións da actividade municipal.

II. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL 1. ORZAMENTO

O orzamento de 2000 aprobouse inicialmente por acordo do Pleno de 21 de xaneiro do 2000. Apróbase definitivamente por acordo do Pleno, unha vez transcorrido o prazo de exposición pública e consideradas as alegacións presentadas, o 23 de marzo de 2000, incumprindo o disposto no artigo 150.2 da LRFL. En aplicación do artigo 150.6 de LRFL prorrogouse automaticamente o orzamento de 1999 ata a entrada en vigor do orzamento do exercicio, tra-la súa publicación o 13 de abril de 2000. Non consta que na aplicación da prórroga se realizaran os axustes nos créditos iniciais do Orzamento do exercicio anterior nos termos do artigo 21 do RD 500/1990.

2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO

A liquidación do orzamento de 2000 aprobouse por Decreto da Alcaldía de 26 de maio de 2001. Da liquidación aprobada deuse conta ó Pleno de 28 de xuño de 2001. O 13 de xuño de 2001 remitiuse á Comunidade Autónoma de Galicia, incumprindo o disposto no artigo 174.5 da LRFL. Non consta no expediente a remisión da liquidación do orzamento á Administración Xeral do Estado, incumprindo o disposto nos artigos 174.5 da LRFL, 91 do R.D. 500/1990 e a regra 445 da ICAL.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

4 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

A liquidación do orzamento presenta as magnitudes que a continuación se detallan: Estado de gastos Capítulo Créditos

iniciais Modifica-

cións Créditos

definitivos Obrigas

recoñecidas Grao

execución Pagos

ordeados Pagos

realizados P.R/O.R.

%

1. Gastos persoal 405.507.483 17.742.070 423.249.553 384.899.401 90,94% 384.899.401 384.081.401 99,79%

2. Gtos. bens ctes. e servicios 285.087.662 31.715.115 316.802.777 304.534.988 96,13% 176.023.857 151.894.817 49,88%

3. Gastos financeiros 32.176.584 0 32.176.584 32.176.584 100% 32.176.584 27.316.983 84,90%

4. Transferencias correntes 69.450.000 3.960.000 65.490.000 62.245.621 95,04% 60.579.863 59.262.791 95,21%

6. Investimentos reais 150.160.000 126.224.059 276.384.059 94.044.871 34,03% 59.125.198 57.485.444 61,12%

9. Pasivos financeiros 74.160.576 -15.353.102 58.807.474 41.349.222 70,31% 41.349.222 37.244.989 90,07%

TOTAL 1.016.542.305 156.368.142 1.172.910.447 919.250.687 78,37% 754.154.125 717.286.425 78,03%

As modificacións orzamentarias representan o 15,38% do orzamento aprobado, e cuantitativamente os capítulos de investimentos reais, gastos en bens correntes e servicios e gastos de persoal son os mais relevantes. O grado de execución do orzamento de gastos (obrigas recoñecidas netas/créditos definitivos) sitúase no 78,37%. O índice de execución de pagos (pagos realizados /obrigas recoñecidas) foi de 78,03%. Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial

Modifica-cións

Previsión definitiva

Dereitos recoñecidos

Grao execución Recadación Grao

recadación Dereitos

pendentes

1. Impostos directos 317.957.809 0 317.957.809 281.712.678 88,60% 239.575.630 85,04% 42.137.048

3. Taxas e outros ingresos 218.135.886 0 218.135.886 200.489.247 91,91% 93.341.187 46,55% 107.148.060

4. Transferencias correntes 359.689.871 41.485.344 401.175.215 335.077.670 83,52% 309.247.104 92,29% 25.830.566

5. Ingresos patrimoniais 8.650.000 1.734.750 10.384.750 3.627.606 34,93% 3.301.606 91,01% 326.000

6. Alleamento de investimentos reais 95.590.340 0 95.590.340 0 0% 0 0% 0

7. Transferencias de capital 3 72.535.231 72.535.234 29.634.255 40,85% 13.500.355 45,55% 16.133.900

8. Activos financeiros 1 40.612.817 40.612.818 0 0% 0 0% 0

9. Pasivos financeiros 81.551.775 0 81.551.775 15.000.000 18,39% 15.000.000 100% 0

TOTAL 1.081.575.685 156.368.142 1.237.943.827 865.541.456 69,91% 673.965.882 77,86% 191.575.574

O grao de execución do orzamento de ingresos (dereitos recoñecidos/previsións definitivas) foi do 69,91%. O índice de execución da recadación líquida (ingresos líquidos/dereitos recoñecidos) sitúase no 77,86%. O orzamento aprobouse cun superávit de 65.033.380 pesetas para cubri-lo déficit xerado polo remanente de tesourería negativo do exercicio 1998. Cúmprese, polo tanto, o disposto no artigo 174.3 LRFL.

Resultado orzamentario O resultado orzamentario calculado pola Corporación e o calculado polo equipo auditor é o seguinte:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 5

Consello de Contas de Galicia

CONSELLO DE CONTAS Resultado orzamentario

Segundo cálculos do

Concello Modificacións

realizadas Resultado

orzamentario 1. Dereitos Recoñecidos Netos 865.541.456 -25.881.390 839.660.066 2. Obrigas Recoñecidas Netas 919.250.687 109.469.509 1.028.720.196 3. Resultado orzamentario (1 – 2) -53.709.231 -189.060.130 4. Desviacións positivas de financiamento 21.800.540 -12.687.799 9.112.741 5. Desviacións negativas de financiamento 412.879.056 -387.917.254 24.961.802 6. Gastos financiados c/remanente líquido de tesourería 40.612.817 0 40.612.817

7. Resultado orzamentario axustado (3-4+5+6) 377.982.102 -510.580.354 -132.598.252

No cálculo do resultado orzamentario comprobouse que os dereitos e obrigas recoñecidas netas deducidas da contabilidade financeira e da liquidación coinciden cos importes que figuran rexistrados no resultado orzamentario. As modificacións ó resultado orzamentario calculado polo Concello, xorden como consecuencia das incidencias detectadas nos apartados 1, 2 e 4 do epígrafe IV do presente informe, provocando un resultado de -132.598.252 pesetas.

3. CONTA XERAL

A conta xeral do exercicio de 2000 foi dictaminada pola Comisión Especial de Contas o día 29 de xuño de 2001 fóra do prazo establecido no artigo 193.2 da LRFL. Aprobouse polo Pleno o 4 de outubro de 2001, e remitiuse ó Consello de Contas o 25 de outubro 2001, incumprindo o disposto nos artigos 193.4 e 204 da LRFL.

III. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS O Concello realiza durante os anos 1999, 2000 e 2001 recoñecementos extraxudiciais de crédito de forma reiterada e continua ó longo dos sucesivos exercicios, convertendo en xeral un instrumento que goza de evidente excepcionalidade. Os importes totais correspondentes a facturas de exercicios anteriores detállanse na seguinte táboa, especificándose as datas da aprobación no Anexo número 1 que se acompaña ó presente informe.

Exercicio no que se realiza Importe Total 1999 30.017.622 Total 2000 191.709.450 Total 2001 176.923.794

Tódolos recoñecementos extraxudiciais de crédito apróbanse pola Comisión Municipal de Goberno. Existe un acordo de delegación plenaria xenérica de competencias á Comisión de Goberno con data 17 de xullo de 1999. Do principio de especialidade temporal, establecido no artigo 157 LRFL, dedúcese a necesidade de que o coñecemento da realización de certos gastos efectuados fora do orzamento e procedentes de exercicios anteriores corresponda ó Pleno (segundo o artigo 60.2 do Real Decreto 500/1990 e 23 do Real Decreto Lexislativo

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

6 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

781/1986). Sen entrar a considerar esa delegación plenaria, na medida que se priva ó Pleno da posibilidade de coñece-la realidade de ditos gastos, se é requisito esencial, que non consta nos expedientes, o dictame da Comisión Informativa correspondente -composta por membros dos distintos grupos políticos da Corporación- cando a Comisión de Goberno actúa por delegación do Pleno (artigo 123 do ROF). A estes acordos non lles precede a tramitación de expediente específico que debe incluír:

− Memoria do órgano xestor que xustifique as razóns que deron lugar á realización do gasto sen se axustar ó procedemento legalmente establecido.

− Fiscalización pola intervención municipal do expediente e especificación das partidas orzamentarias que dean cobertura ós gastos recoñecidos, así como dos créditos do exercicio que se minoran para financialos.

− Sometemento do expediente á aprobación do Pleno da Corporación (ou Comisión Municipal de Goberno no caso de delegación).

O Concello non tramita estes acordos coas garantías procedimentais necesarias nin respecta a natureza excepcional desta figura. Por outra banda, o recoñecemento extraxudicial de crédito supón unha quebra do propio concepto de orzamento e dos principios orzamentarios de anualidade e de especialidade cualitativa e cuantitativa, ó imputarse gastos ó peche seguinte por non existir crédito no orzamento de orixe, co risco, nos casos onde existe un abuso sistemático e constante deste instrumento, de converter o Orzamento Municipal nunha ficción, tratando como un mero trámite formal e legal para logo desvirtualo totalmente. É unha solución normativa a unha situación irregular derivada da aplicación en vía administrativa doutro principio procedente do ámbito privado, o de enriquecemento sen causa que, sen embargo, pode xerar responsabilidades pola producción de actos administrativos nulos de pleno dereito (artigo 154.5 da LRFL). Ó remanente de tesourería e ó resultado orzamentario do exercicio 2000, aféctalle teoricamente o recoñecemento extraxudicial realizado no exercicio de 2001, xa que a este orzamento se imputan gastos que corresponden ós exercicios anteriores e que, de se ter respectado a normativa de execución do gasto, terían sido obrigas recoñecidas e polo tanto afectarían ó remanente incrementando ós acredores pendentes de pago a 31 de decembro de 2000 e ás obrigas recoñecidas netas do resultado orzamentario. Por isto, e ós efectos de coñece-la realidade económico-financeira da entidade no exercicio, increméntanse os acredores polo importe dos recoñecementos efectuados. A LRFL establece no artigo 154 que as obrigas de pago só serán esixibles da facenda local cando resulten da execución dos seus respectivos presupostos, cos límites sinalados no artigo anterior ou de sentencia xudicial firme, engadido no seu

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 7

Consello de Contas de Galicia

apartado 5 que non se puideran adquirir compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados nos estados de gastos, sendo nulos de pleno dereito os acordos, resolucións e actos administrativos que infrinxan a expresada norma, e sinala ademais no artigo 169 os ordenadores de gastos e de pagos, en todo caso, e os Interventores das entidades locais cando non advirtan por escrito a súa improcedencia, como responsables de todo gasto que autoricen e de toda obriga que recoñezan, liquiden ou paguen sen crédito suficiente. Á marxe do anterior é destacable a utilización recorrente deste mecanismo xa que se realiza durante os anos 1999, 2000 e 2001, xeneralizándose así un procedemento que a lei prevé como excepcional e para a protección de terceiros de boa fe. A práctica seguida no Concello de O Carballiño, cando acude ó recoñecemento extraxudicial de créditos, supón unha distorsión da previsión do artigo 157 da LRFL. IV. REMANENTE DE TESOURERÍA O artigo 93.2,d) do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, establece que como consecuencia da liquidación do Orzamento da entidade debérase determinar, entre outras magnitudes, o remanente de tesourería, o cal, de conformidade co artigo 172 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, calcularase sumando os fondos líquidos e os dereitos pendentes de cobro a 31 de decembro e restando a todo isto as obrigas recoñecidas e liquidadas non satisfeitas o último día do mesmo. Ademais se terá en conta os posibles ingresos afectados e minóranse, de acordo co que regulamentariamente se estableza, os dereitos pendentes de cobro considerados de difícil ou imposible recadación. Para precisar a situación económico-financeira do concello o remanente de tesourería calculado polo equipo auditor inclúe en “acreedores pendentes de pago” os gastos realizados no exercicio 2000 e anteriores non rexistrados na contabilidade municipal, pero que foron despois aprobados mediante recoñecemento extraxudicial de créditos1. Os resultados da análise sobre a composición de cada un dos conceptos integrantes de remanente de tesourería reflíctense nos seguintes epígrafes. 1. DEBEDORES PENDENTES DE COBRO

Os saldos que se reflictan no estado de remanente de tesourería presentan a seguinte composición:

Debedores pendentes de cobro a 31/12/2000 Importe Do orzamento de ingresos, exercicio corrente 191.575.574 Do orzamento de ingresos, exercicios pechados 495.222.911 Doutras operacións non orzamentarias 38.725.879 ( - ) Saldos de dubidoso cobro 0 ( - ) Ingresos pendentes de aplicación definitiva 355.100.835 Total 370.423.529

1 Parágrafo introducido en trámite de alegacións.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

8 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Como resultado do traballo efectuado, detectáronse as seguintes incidencias, que afectan á fiabilidade dos saldos rexistrados en debedores pendentes de cobro, e que se detallan nos epígrafes seguintes. 1.1. Do orzamento de ingresos, exercicio corrente

Verificouse a coincidencia de saldos de debedores pendentes de cobro de orzamento corrente coa información do balance de situación e coa liquidación do orzamento. A 31 de decembro de 2000 existen debedores pendentes de cobro por importe de 191.575.574 pesetas coa seguinte distribución:

Capítulo Descrición Pendente de cobro a 31/12/2000 1 Impostos directos 42.137.048 3 Taxas e outros ingresos 107.148.060 4 Transferencias correntes 25.830.566 5 Ingresos patrimoniais 326.000 7 Transferencias capital 16.133.900

Total 191.575.574

a) Impostos directos Os dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio ascenden a 42.137.048 pesetas. Con obxecto de verifica-la realidade dos mesmos, analizouse unha mostra que representa o 99,64% dos dereitos pendentes, coa seguinte distribución:

Subconcepto Descrición Dereitos Recoñecidos

Recadación Neta

Dereitos Pendentes de cobro

11201 IBI urbano 175.937.375 155.279.221 20.658.154

11300 IVTM 59.386.105 49.851.507 9.534.598

13000 IAE 46.101.799 34.307.198 11.794.601

TOTAL 281.425.279 239.437.926 41.987.353

O IBI urbano é xestionado directamente polo Concello. Durante o exercicio 2000 contabilizou como dereitos recoñecidos a cantidade de 175.937.375 pesetas, cando a suma do padrón aprobado e as altas, minoradas polas devolucións de recibos, ascende a 175.940.068 pesetas, cantidade pola que se debera ter recoñecido dereitos. A diferencia de 2.693 pesetas detectada é irrelevante. Así mesmo de acordo coa liquidación do orzamento os dereitos pendentes de cobro a 31 de decembro de 2000 ascenden a 20.658.154 pesetas, mentres que de acordo coa información facilitada polo servicio de recadación a cantidade pendente de cobro a 31 de decembro de 2000 ascende a 20.216.403 pesetas. Non se propón ningún axuste no estado de remanente de tesourería, nin no resultado orzamentario, xa que de acordo co disposto no apartado I.2 deste informe, o feito de non se ter aprobado as contas de recadación impide comproba- la veracidade dos datos aportados polo departamento de recadación o través de listados informáticos.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 9

Consello de Contas de Galicia

O IVTM tamén é xestionado directamente polo Concello, que contabilizou como dereitos recoñecidos a cantidade de 59.386.105 pesetas, cando a suma do padrón aprobado e as altas, minoradas polas devolucións de recibos, ascende a 61.839.884 pesetas. Así mesmo, de acordo coa liquidación do orzamento, os dereitos pendentes de cobro a 31 de decembro de 2000 ascenden a 9.534.598 pesetas, mentres que de acordo coa información facilitada polo servicio de recadación a cantidade pendente de cobro a 31 de decembro de 2000 ascende a 11.354.150 pesetas. O igual que ocorre co caso anterior, o feito de non aproba-las contas de recadación impide propoñer axustes no estado de remanente de tesourería e no resultado orzamentario. O IAE tamén se xestiona desde a Corporación, que contabilizou dereitos recoñecidos por importe de 46.101.799 pesetas durante o exercicio 2000. Este importe inclúe liquidacións do Ministerio de Facenda correspondentes ás asignacións das cotas nacionais e provinciais do IAE ás Corporacións Locais, correspondentes ó semestre 1 de xullo 30 de novembro, que se reciben no Concello no exercicio 2001, por importe conxunto de 2.035.126 pesetas. De acordo co artigo 144.a) da LRFL estas liquidacións deberíanse de ter imputado ó exercicio orzamentario 2001, procedendo polo tanto un axuste que minore tanto no resultado orzamentario como no remanente de tesourería por importe de 2.035.126 pesetas. De acordo co anterior os axustes a realizar no remanente de tesourería son os seguintes:

Subconcepto Descrición Axuste nos dereitos pendentes de cobro

13000 IAE -2.035.126

Total -2.035.126

b) Taxas e outros ingresos Os dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio ascenden a 107.148.060 pesetas. Con obxecto de verifica-la realidade dos mesmos, analizouse unha mostra que representa o 93,15% do total, coa seguinte distribución:

Sub-concepto Descrición Dereitos

recoñecidos Recadación

neta Dereitos pdtes.

de cobro 31201 Rede de sumidoiros 18.942.415 -28.172 18.970.587 34002 Subministro de auga 67.468.898 497.219 66.971.679 34101 Ocupación de subsolo, solo e voo 12.372.326 5.595.698 6.776.628

Total 98.783.639 6.064.745 92.718.894

Aquagest, S.A. explota o servicio municipal de auga potable, de acordo coa adxudicación de contrato de arrendamento do servicio realizada o 10 de decembro de 1990. Desde esa data e ata a actualidade asináronse sucesivos contratos que introducen, entre outras, as seguintes modificacións ó contrato inicial:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

10 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

– Amplíase o obxecto do contrato, conforme ó establecido na cláusula 25 do Prego de Condicións Económico-Administrativas, a conservación da rede de sumidoiros. Por este servicio Aquagest, S.A. percibirá a cantidade de 17.000.000 pesetas actualizables en función do IPC do ano anterior.

– O 4 de xullo de 1996, e en función da mencionada cláusula número 25, formalízase un contrato para o mantemento de servicios reactivos e químicos da Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R).

– O 7 de novembro de 1997 amplíase de novo o contrato de arrendamento de servicio de auga potable, rede de sumidoiros e E.D.A.R., ampliando o prazo da súa duración en 18 anos ata o 2021 coa contraprestación por parte de Aquagest, S.A. de extingui-las débedas que o Concello mantiña coa empresa e que a sinatura do contrato ascendían a 227.260.437 pesetas. Así mesmo, Aquagest,S.A., pasará a recada-las taxas pola rede de sumidoiros e depuración.

En consecuencia Aquagest, S.A. explota os servicios municipais de auga potable e rede de sumidoiros, realizando así mesmo a xestión do cobro, debendo ingresar, de acordo co establecido no artigo 22.d do prego de condicións económico-administrativas, na Depositaría Municipal, cantidades a conta da previsión de xestión ou explotación do servicio que se liquidará semestralmente. No exercicio 2000 Aquagest, S.A. presenta trimestralmente a conta de explotación do servicio, figurando no debe o prezo que cobra o contratista pola prestación do servicio (prezo unitario en función dos m3 facturados) e no haber as sumas liquidadas por Aquagest, S.A. ós aboados por conta do Concello. Debido á insuficiente información facilitada polos servicios municipais foi imposible determinar se efectivamente Aquagest, S.A. realiza o ingreso previsto no punto 22.d do prego ou se se realizan en formalización ingresos e gastos da mencionada conta de explotación do servicio. A taxa por rede de sumidoiros é recadada directamente por Aquagest, S.A. A Corporación non aproba os correspondentes padróns. O equipo auditor non puído constata-la existencia de fiscalización por parte da Intervención municipal, artigo 22.a) do Prego de condicións, sobre a elaboración dos listados e confección de recibos en base ós cales se efectúa a recadación. Contablemente os dereitos impútanse ó orzamento do exercicio cando as liquidacións presentadas por Aquagest, S.A., apróbanse pola Corporación no exercicio 2000, independentemente do período do que deriven. Esta práctica contable axústase ó disposto no 144.a) da LRFL polo que non procede ningún axuste nos dereitos recoñecidos. A 31 de decembro de 2000 figuran dereitos pendentes de cobro por 18.970.587 pesetas. Debido á insuficiente información facilitada polos servicios municipais resultou imposible determina-la realidade destes dereitos pendentes de cobro, polo que non se practica ningún axuste no estado de remanente de tesourería.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 11

Consello de Contas de Galicia

O cobro da taxa por abastecemento de auga (34002) tamén é realizado por Aquagest, S.A. Na análise da xestión e cobro desta taxa detectáronse as mesmas incidencias que na taxa por rede de sumidoiros, ó non se aprobar padróns pola Corporación nin ser fiscalizada a xestión do ingreso. Non se practica ningún axuste nos dereitos recoñecidos ó séguer a mesma práctica contable que na taxa por rede de sumidoiros. A 31 de decembro de 2000 figuran dereitos pendentes de cobro por 66.971.679 pesetas. Por igual motivo que os anteriores, non se puído determina-la realidade dos dereitos pendentes de cobro, non procedendo a práctica de ningún axuste no estado de remanente de tesourería. A imputación contable da taxa por abastecemento de auga ó subconcepto (34002) é incorrecta, xa que de acordo coa Orde de 20 de setembro de 1989 do Ministerio de Economía e Facenda débese imputar ó artigo 31 (taxas). Ocupación de subsolo, solo e voo (34101) cóbrase a dúas empresas: Telefónica e Unión Fenosa. Durante o exercicio 2000 Unión Fenosa presenta liquidacións por importe de 5.662.550 pesetas. O Concello recoñeceu dereitos por este importe dando cumprimento ó disposto no artigo 144,a) da LRFL. De acordo cos mandamentos de ingreso correspondentes ás mencionadas liquidacións permanecen pendentes de cobro 5.417.609 pesetas a 31 de decembro de 2000. Sen embargo, para Telefónica recoñécense dereitos por importe de 6.709.776 pesetas, que inclúe a liquidación correspondente ó cuarto trimestre do 2000 por 1.359.019 pesetas e que se produce no exercicio 2001. De acordo co disposto no artigo 144,a) da LRFL, este importe débese imputar ó exercicio orzamentario no que se liquida (2001) e polo tanto procede un axuste que minore o resultado orzamentario e o remanente de tesourería nesa cantidade. Por outra banda e tra-la reforma introducida pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, é incorrecta a imputación deste aproveitamento especial ou utilización do dominio publico ó artigo 34 (prezos públicos) ó tratarse na mencionada Lei como unha taxa (artigo 31). De acordo co anterior os axustes a realizar no remanente de tesourería son os seguintes:

Subconcepto Descrición Axuste nos dereitos pdtes. de cobro

34101 Ocupación de subsolo, solo e voo -1.359.019

Total -1.350.019

c) Transferencias correntes Os dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio ascenden a 30.449.193 pesetas. Con obxecto de verifica-la realidade dos mesmos, analizouse unha mostra que representa o 81,1% do total, coa seguinte distribución:

Subconcepto Descrición Dereitos pendentes de cobro

45500 Achega del 80% “ Escola Obradoiro Arenteiro” 19.847.071 Total 19.847.071

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

12 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

– Achega Xunta Galicia 3ª fase Escola Obradoiro O Concello contabiliza dereitos ó 31 de decembro por 19.847.071 pesetas, correspondentes ó 80% da achega da Xunta de Galicia á Escola Obradoiro Arenteiro e dita xustificación e ingreso non se produce ata o exercicio 2001, polo tanto, e para dar cumprimento á regra 156 da ICAL, deberíanse de contabiliza-los dereitos no exercicio 2001, procedendo un axuste que minore tanto o resultado orzamentario como o remanente de tesourería na cantidade de 19.847.071 pesetas 2. De acordo co anterior os axustes que se deben realizar no remanente de tesourería son os seguintes:

Subconcepto Descrición Axuste nos dereitos pendentes de cobro

45501 19.847.071 -19.847.071

TOTAL -19.847.071

d) Transferencias de capital Os dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio ascenden a 16.133.900 pesetas. Co obxecto de verifica-la realidade dos mesmos analizouse unha mostra que representa o 68,09% dos dereitos, coa seguinte distribución:

Subconcepto Descrición Dereitos pdtes. de cobro

761.00 Plano POL 1999, Rede de saneamento Cabanelas, Paciños, Varille 8.346.436

761.00 Construcción de edificios múltiples, POL 2000 2.640.174

TOTAL 10.986.610

– Plano POL 1999, Rede de sumidoiros Cabanelas, Paciños, Varille Da análise da documentación contable e o soporte documental do gasto realizado non se puxo de manifesto ningunha incidencia susceptible de producir ningún axuste no remanente de tesourería.

– Construcción de edificios múltiples, POL 2000 Contabilizáronse dereitos no exercicio 2000 por importe de 2.640.174 pesetas. A xustificación das condicións esixidas pola convocatoria para o cobro da axuda prodúcese no exercicio 2001, en contra do criterio previsto na regra 156 da ICAL, polo tanto débense minorar ó resultado orzamentario e ó remanente de tesourería na cantidade pendente de cobro. De acordo co anterior os axustes que se deben realizar no remanente de tesourería son os seguintes: 2 Non se estima a alegación cuarta, punto 1.1 apartado b) e c) ó presentarse xustificación da segunda fase da subvención da “Escola Obradoiro Arenteiro”, cando o axuste practicado refírese a fase terceira, achegándose, respecto a esta última, unha solicitude de anticipo presentada no ano 2000 que non debe figurar pendente de cobro ó tratarse dun ingreso sen contraido previo.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 13

Consello de Contas de Galicia

Subconcepto Descrición Axuste nos dereitos pendentes de cobro

761.00 Construcción de edificios múltiples, POL 2000 -2.640.174

Total -2.640.174

d) Resumo Como consecuencia da análise realizada nos dereitos pendentes de cobro do exercicio corrente, cos axustes propostos no estado de remanente de tesourería son os seguintes:

Capítulo Descrición Axuste dos dtos. pdtes. de cobro no estado de remanente de tesourería

1 Impostos directos -2.035.126

3 Taxas e outros ingresos -1.359.019

4 Transferencias correntes -19.847.071

7 Transferencias de capital -2.640.174

Total -25.881.390

1.2. Do orzamento de ingresos, exercicios pechados

Verificouse a coincidencia de saldos de debedores pendentes de cobro de presupostos pechados coa información do balance de situación e coa liquidación do orzamento. A 31 de decembro de 2000 existen debedores pendentes de cobro por importe de 495.222.911 pesetas coa seguinte distribución, en función do exercicio do seu recoñecemento:

Ano de recoñecemento de dereitos Dereitos pendentes de cobro

1991 96.584.822 1992 18.012.770 1993 21.643.065 1994 40.241.186 1995 35.521.885 1996 44.618.703 1997 31.911.351 1998 78.731.882 1999 127.957.247

TOTAL 495.222.911

a) Dereitos pendentes de cobro en período de prescrición e rectificación de saldos de dereitos recoñecidos

Os dereitos de natureza tributaria, a teor do disposto na nova redacción dada ó artigo 64 da Lei 230/1963, pola Lei 1/1998 de 26 de febreiro, prescriben ós catro anos. Así mesmo os dereitos que non teñen natureza tributaria prescriben ós cinco

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

14 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

anos. Neste sentido, tódolos dereitos de natureza tributaria anteriores a 1 de xaneiro de 1997 e os que non teñan esa natureza anteriores a 1 de xaneiro de 1996 débense considerar en período de prescrición, excepto que se teñan realizado accións encamiñadas ó cobro deses créditos ou dirixidas a interrompe-la prescrición. O Concello de O Carballiño aportou a documentación xustificativa de notificacións das providencias de apremio, correspondentes os dereitos de natureza tributaria pendentes de cobro dos anos sinalados. En consecuencia, estes dereitos non se deben considerar prescritos e dados de baixa. Sen embargo, e de acordo co principio de prudencia, débense dotar saldos de dubidoso cobro polo importe total destas cantidades, que aínda estando en período de prescrición, non prescribiron debido ás accións do Concello dirixidas ó cobro dos dereitos ou a interrompe-la prescrición. Pero sen prexuízo do exposto no paragrafo anterior, o Departamento de recadación facilitou listados informáticos comprensivos de dereitos pendentes de cobro dos mencionados anos que segundo o servicio están prescritos. Sen embargo, dado que as contas de recadación non foron aprobadas pola Corporación (apartado I.2 deste informe) e que o equipo auditor non puido comproba-la veracidade dos mencionados listados ante as sensibles diferencias encontradas coa información contida na liquidación do orzamento, proponse a dotación de saldos de dubidoso cobro a totalidade deses importes pendentes de cobro. Así mesmo, o Concello deberá aprobar o oportuno expediente de depuración de saldos unha vez se determine con exactitude que dereitos están efectivamente prescritos e cales non, establecendo as responsabilidades que, no seu caso, correspondan. Seleccionouse a seguinte mostra de transferencias pendentes de cobro e analizado a súa cobrabilidade a 31 de decembro de 2000:

Ano Subconcepto Descrición Dereitos pendentes de cobro

1993 46200 Outras transferencias Deputación 1.150.000 1994 46200 Outras transferencias Deputación 1.550.000 1994 75500 Da Administración Xeral da Comunidade Autónoma 9.065.136 1995 46200 Outras transferencias Deputación 1.450.000

TOTAL 13.215.136

O Concello aportou documentación xustificativa relativa de gastos vinculados ás transferencias dos subconceptos relacionados no cadro anterior. Sen embargo, non se puido constatar que entre a mesma se encontre a xustificación, ante o ente subvenciónante, relativa ás cantidades pendentes de cobro. Solicitada á Intervención información sobre a xustificación das mencionadas cantidades, non se facilitou documentación nin se xustificou a existencia desas cantidades pendentes de cobro a 31 de decembro de 2000. Polo tanto, procede a depuración

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 15

Consello de Contas de Galicia

dos mencionados saldos a través do oportuno expediente. Así mesmo, se deben diminuí-los debedores pendentes de cobro de exercicios pechados no estado de remanente de tesourería calculado polo equipo auditor. No seguinte cadro determínase por anos as cantidades que se dotan como saldos de dubidoso cobro ó 100% do seu importe e as cantidades que se propoñen para a depuración de saldos a través do oportuno expediente:

Exercicio Dereitos pendentes de cobro a 31/01/2000

Dotación saldos de dubidoso cobro Anulación saldos

1991 96.584.822 96.584.822 0 1992 18.012.770 18.012.770 0 1993 21.643.065 20.493.065 1.150.000 1994 40.241.186 29.626.050 10.615.136 1995 35.521.885 34.071.885 1.450.000 1996 43.643.663 43.643.663 0

TOTAL 255.647.391 242.432.255 13.215.136

b) Dotación de saldos de dubidoso cobro O Concello non restou do estado de remanente de tesourería os dereitos pendentes de cobro de difícil ou imposible recadación (artigo 103 do RD 500/1990). Para os exercicios que non se encontran en período de prescrición é preciso efectuar unha dotación de saldos axustada ó cobro real dos mesmos. En consecuencia, se determinou o porcentaxe de cobro no exercicio 2001 dos dereitos pendentes deses anos, realizando unha estimación de saldos a efectuar pola porcentaxe non recadada no 2001. Esta análise fíxose para tódolos artigos que teñen cantidades pendentes de cobro neses exercicios:

- Artigo 11 (Impostos sobre el capital) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Drtos. pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 18.157.033 1.602.298 8,82% 91,18% 16.554.735

1998 29.041.350 1.851.180 6,39% 93,61% 27.186.170

1999 22.243.567 3.266.998 14,69% 85,31% 18.976.569 TOTAL 69.441.950 6.724.476 9,68% 90,32% 62.717.474

- Artigo 13 (Impostos sobre actividades económicas) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

16 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 195.079 64.513 33,07% 66,93% 130.566

1998 9.647.939 59.085 0,61% 99,39% 9.588.854

1999 7.713.809 426.318 5,53% 94,47% 7.287.491

TOTAL 17.556.827 549.916 3,13% 96,87% 17.006.911

- Artigo 31(Taxas) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 1.843.150 135.450 7,35% 92,65% 1.707.700

1998 17.708.722 128.800 0,73% 99,27% 17.579.922

1999 25.250.593 442.125 1,75% 98,25% 24.808.468

TOTAL 44.802.465 706.375 1,58% 98,42% 44.096.090

- Artigo 34 (Prezos públicos por prestación de servicios) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1996 121.662 0 0,00% 100,00% 121.662

1997 116.856 5.800 4,96% 95,04% 111.056

1998 14.125.484 162.808 1,15% 98,85% 13.962.676

1999 46.960.598 100.000 0,21% 99,79% 46.860.598

TOTAL 61.324.600 268.608 0,44% 99,56% 61.055.992

- Artigo 35 (Prezos públicos por utilización privativa ou aproveitamento especial)

A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1996 294.820 21.800 7,39% 92,61% 273.020 1997 304.850 33.900 11,12% 88,88% 270.950 1998 366.300 37.900 10,35% 89,65% 328.400 1999 475.000 92.000 19,37% 80,63% 383.000

TOTAL 1.440.970 185.600 12,88% 87,12% 1.255.370

- Artigo 39 (Outros ingresos) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 17

Consello de Contas de Galicia

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 1.575 0 0,00% 100,00% 1.575

1998 795.783 0 0,00% 100,00% 795.783

1999 5.419.291 0 0,00% 100,00% 5.419.291

TOTAL 6.216.649 0 0,00% 100,00% 6.216.649

- Artigo 42 (Transferencias correntes do Estado) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. de cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 89.995 0 0,00% 100,00% 89.995

1998 4.069.846 0 0,00% 100,00% 4.069.846

1999 7.382.430 4.479.750 60,68% 39,32% 2.902.680

TOTAL 11.542.271 4.479.750 0,00% 61,19% 7.062.521

- Artigo 45 (Transferencias correntes de Comunidades Autónomas) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1996 558.558 0 0% 100% 558.558

1999 4.345.219 0 0% 100% 4.345.219

TOTAL 4.903.777 0 0% 100% 4.903.777

- Artigo 72 (Transferencias de capital do Estado) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. de cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 910.109 0 0% 100% 910.109

TOTAL 910.109 0 0% 100% 910.109

- Artigo 75 (Transferencias de capital de Comunidades Autónomas) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. de cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1998 500.000 0 0% 100% 500.000

TOTAL 500.000 0 0% 100% 500.000

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

18 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

- Artigo 76 (Transferencias de capital de Entidades Locais) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. de cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 10.000.000 0 0% 100,00% 10.000.000

1998 2.476.458 0 0% 100,00% 2.476.458

1999 8.166.740 6.970.500 85,35% 14,65% 1.196.240

TOTAL 20.643.198 6.070.500 33,77% 66,23% 13.672.698

- Artigo 91 (Transferencias de capital de Entidades Locais) A dotación de saldos de dubidoso cobro en función da parte non recadada no exercicio 2001 é a seguinte:

Exercicio Dereitos pdtes. de cobro a 31/12/2000

Recadación exercicio 2001

% de recadación

% de dotación de saldos

Importe de dotación de saldos

1997 292.704 0 0% 100,00% 292.704

TOTAL 292.704 0 0% 100,00% 292.704

c) Resumo A estimación de dotación de saldos de dubidoso cobro para os dereitos que non están en período de prescrición queda, en función da recadación efectiva do exercicio 2001, do seguinte modo:

Artigo Estimación da dotación de saldos de dubidoso cobro

11. (Impostos sobre o capital) 62.717.474 13. (Impostos sobre actividades económicas) 17.006.911 31. (Taxas) 44.096.090 34. (Prezos públicos por prestación de servicios) 61.055.992 35. (Prezos públicos por utilización privativa ou aproveitamento especial) 1.255.370 39. (Outros ingresos) 6.216.649 42. (Transferencias correntes do Estado) 7.062.521 45. (Transferencias correntes de Comunidades Autónomas) 4.903.777 72. (Transferencias de capital do Estado) 910.109 75. (Transferencias de capital de Comunidades Autónomas) 500.000 76. (Transferencias de capital de Entidades Locais) 13.672.698 91. (Pasivos financeiros) 292.704 TOTAL 219.690.295

Ás 219.690.295 pesetas calculadas como saldos de dubidoso cobro polo equipo auditor para o período 1997-1999, ten que sumar 242.432.255 pesetas correspondentes os dereitos pendentes de cobro que están en período de prescrición e que, dado que non se puido determinar que cantidade prescribiu

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 19

Consello de Contas de Galicia

efectivamente, optouse minoralos do remanente de tesourería na súa totalidade como saldos de difícil ou imposible recadación. Como o Concello non dotou saldos de dubidoso cobro no estado de remanente de tesourería, débese practicar un axuste por 462.122.550 pesetas. Os axustes propostos no estado de remanente de tesourería derivados da análise dos dereitos pendentes de cobro de exercicios pechados son os seguintes:

Exercicios Descrición Axustes

1993-1995 Anulación de dereitos de transferencias pendentes de cobro de exercicios pechados 13.215.136

1991-1996 Estimación da dotación de saldos de dubidoso cobro de dereitos que están en período de prescrición 242.432.255

1996-1999 Estimación da dotación de saldos de dubidoso cobro de dereitos que non están en período de prescrición 219.690.295

TOTAL 475.337.686

1.3 Doutras operacións non orzamentarias Analizáronse as seguintes contas representando a súa mostra ó 73.6% do total de saldos pendentes de cobro a fin de exercicio por operacións non orzamentarias.

Cta. PGCP Descrición Saldo final pdte. de cobro 47301 FP, IVE soportado 20.391.490

47401 FP, debedora por IVE 2.110.877

56801 Debedores por IVE 6.008.250

TOTAL 28.510.617

Como resultado das probas realizadas sobre a composición destes saldos detectáronse as seguintes incidencias:

- Conta 47301 “Facenda Pública, IVE Soportado” (20.391.490 pesetas) No Maior da conta 47301 “Facenda Pública, IVE Soportado”, rexístrase como saldo inicial 8.614.720 pesetas, e os movementos ó debe totalizan 11.776.770 pesetas. Non se rexistraron asentos acredores, polo que o saldo final é debedor por 20.391.490 pesetas. Non se facilitou información sobre a composición do saldo inicial desta conta. Comprobouse que os importes rexistrados no debe (11.776.770 pesetas) coinciden cos movementos acredores da súa contrapartida (conta 51801 “Acredores por IVE”). Verificando tamén que coincide co importe das liquidacións presentadas pola empresa Aquagest, S.A. durante o ano 2000. Sen embargo, o Concello declarou á Axencia Tributaria como IVE soportado 5.894.102 pesetas, segundo consta no Modelo 300. Non existe, polo tanto, relación entre o declarado á Administración Tributaria (5.894.102 pesetas) e as cantidades rexistradas no Maior desta conta (11.776.770 pesetas).

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

20 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

- Conta 47401 “Facenda Pública, debedora por IVE” (2.110.877 pesetas) A conta 47401 “Facenda Pública, debedora por IVE” presenta un saldo inicial de 2.110.877 pesetas do que non se obtivo información. Como non se rexistraron movementos durante o exercicio, este importe figura como saldo final. Segundo consta en declaracións trimestrais do Imposto sobre o Valor Engadido (Modelo 300), así como na declaración resumo anual (Modelo 390), o IVE soportado e deducido foi superior ó repercutido polo Concello no ano 2000 por importe de 2.737.710 pesetas. Verificouse que esta cantidade non se rexistrou no Maior.

- Conta 56801 “Debedores por IVE” (6.008.250 pesetas) Esta conta debe rexistrar as débedas de terceiros correspondentes ó IVE repercutido como consecuencia da venda de bens ou prestación de servicios. Cárgase con abono á conta 478 “Facenda Pública, IVE repercutido” e o seu saldo (debedor) recollerá o importe do IVE repercutido pendente de ingreso polos debedores. O saldo inicial é debedor por importe de 6.376.250 pesetas e rexístranse 368.000 pesetas no haber durante o exercicio. Non se puido determinar se o saldo inicial coincide co importe rexistrado como asento de peche no exercicio 1999 xa que non foi facilitado o Maior de contas dese ano. Ademais, non se realizaron probas sobre a composición do saldo ante a falta de colaboración da Intervención. O Concello rexistrou na conta 47801 “Facenda Pública, IVE repercutido” un apunte ó haber por 96.000 pesetas, importe que debería figurar no debe desta conta 56801 “Debedores por IVE”. Comprobouse que foi rexistrado incorrectamente no haber.

- Resumo Por todo o anterior, verifícase a incorrecta cuantificación dos saldos a fin de exercicio das contas 47301 “Facenda Pública, IVE Soportado”, 47401 “Facenda Pública, debedora por IVE” e 56801 “Debedores por IVE”. Non se propoñen modificacións ó remanente de tesourería, pero o Concello deberá realizar os traballos oportunos para que a contabilidade municipal represente a realidade das operacións declaradas á Administración Tributaria polo Imposto sobre o Valor Engadido.

1.4. Ingresos pendentes de aplicación

O saldo dos ingresos pendentes de aplicación a 31 de decembro de 2000 é de 355.100.835 de pesetas. Da composición deste saldo analizouse unha mostra que representa o 98,4% do total, de acordo co seguinte desglose:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 21

Consello de Contas de Galicia

Conta PXCP Concepto Descrición Saldo Inicial Ingresos Aplicacións Importe Pdte.

55421 330002 Ingresos en contas operativas pendentes. 190.035.881 224.043.717 174.035.275 240.044.323

55431 330003 Ingresos en contas restrinxidas recadación 24.270.773 369.190.381 376.564.799 16.896.355

55441 330007 Ingresos de recadación xestionados por O. 82.003.530 13.040.208 95.864 94.947.874

55421 330309 Canon saneamento Xunta 95.040 2.030 2.528.170 -2.431.100

TOTAL 349.457.452

Conta 55421 (concepto 330002): contabilízanse nesta conta as operacións de tesourería formalizadas no exercicio que deberían estar recollidas na conta 515. Analízase no apartado V deste informe. Conta 55431 (concepto 330003): os movementos desta conta ó longo do exercicio correspóndense, segundo o informe da interventora accidental de 10 de abril de 2003, cos ingresos efectuados pola tesourería municipal diariamente e os abonos de domiciliacións nas contas restrinxidas de recadación que o Concello ten abertas en varias entidades financeiras. A contabilización destes ingresos débese realizar de acordo co establecido nas regras 169 e seguintes da ICAL, pero non se facilitou información suficiente relativa á aplicación definitiva dos mesmos ó Orzamento de Ingresos. Tampouco se aportou explicación nin documentación referida ó saldo inicial da mencionada conta. Conta 55441 (concepto 330007): O informe antes mencionado sinala que esta conta recolle os importes de exercicios anteriores pendentes de liquidar e os movementos do exercicio aplicados pola tesourería municipal no exercicio correspondentes ó recargo provincial do IAE a favor da Deputación Provincial de Ourense. A realidade deste saldo descoñécese por non dispoñer de información adecuada pero, en todo caso, existe unha incorrecta contabilización desta cantidade porque, de ser efectivamente ingresos pendentes de liquidar doutros entes públicos, deberan figurar contabilizados na conta 463 de acordo coa regra 351 da ICAL. Conta 55421 (conta 330309): recolle esta conta o canon de saneamento ingresado polo Concello por conta da Xunta de Galicia. Segundo a ICAL esta é unha conta acredora que rexistra os ingresos que se producen na entidade local, o que non parece explicar o seu signo negativo. Non se aportou documentación suficiente para a análise deste saldo pendente pero, en todo caso, ó non se tratar de ingresos do Concello deberan figurar na correspondente conta acredora do subgrupo 51 de acredores non orzamentarios. Debido ás limitacións mencionadas non se propón ningunha modificación ó remanente de tesourería.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

22 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

2. ACREDORES PENDENTES DE PAGO

Os saldos que figuran na agrupación de acredores pendentes de pago do estado de remanente de tesourería, presentan a seguinte composición:

Acredores pendentes de pago a 31/12/2000 Importe pesetas

Do orzamento de gastos correntes

Do orzamento de gastos pechados Do orzamento de ingresos

Doutras operacións non orzamentarias

201.964.262

186.553.969 389.949

39.004.478

TOTAL 427.912.658

Como resultado do traballo efectuado, detectáronse unha serie de incidencias que afectan a fiabilidade dos mesmos e que se detallan nos epígrafes seguintes.

2.1. Do orzamento de gastos, orzamento corrente

a) Coherencia interna das cifras de acredores do orzamento de gastos, orzamento corrente. Verificouse a coincidencia dos saldos de acredores pendentes de pago de orzamento corrente coa información do balance de situación e coa liquidación do orzamento. b) Saldos non xustificados Non foi posible obte-la confirmación de saldos comunicada polos propios acredores ó Consello de Contas dada a negativa, por parte do Presidente da Corporación, a prestar a colaboración requirida durante os días de estancia do equipo auditor. c) Gastos realizados pendentes de recoñecemento no exercicio De acordo co principio de anualidade orzamentaria establecido no artigo 157 da LRFL, con cargo ós créditos do estado de gastos so se poderán contraer obrigas derivadas de adquisicións, obras, servicios e demais prestacións ou gastos en xeral que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario. Para verifica-la correcta imputación dos gastos do ano 2000 seleccionáronse as seguintes facturas que entran no Rexistro Xeral da Corporación durante o último trimestre do mencionado exercicio:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 23

Consello de Contas de Galicia

Data de entrada Número factura Terceiro Importe

02-out-00 32/2000 ALKIMIA 130 S.L. 649.600 02-out-00 60-G0998-108310 TELEFÓNICA 581.480 04-out-00 N.C000122334 CORREOS Y TELÉGRAFOS 389.504 09-out-00 127 POPULUS S. COOP. L. SERVICIOS MEDIOAMBIENTAIS 290.000 09-out-00 125 POPULUS S. COOP. L. SERVICIOS MEDIOAMBIENTAIS 290.772 10-out-00 2000/07 UNIREC S.L. 1.959.972 13-out-00 EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA SA 653.520 18-out-00 4362 CASA ARSENIO MAT. DE CONSTRUCCIÓN 869.120 18-out-00 10 MGM 333.760 19-out-00 4361 CASA ARSENIO MAT. DE CONSTRUCCIÓN 302.226 19-out-00 5727 GARAJE STOP M. BARCAL DE LA FUENTE 348.000 20-out-00 03/00-D LUIS FERNÁNDEZ PÉREZ 304.138 24-out-00 1263 VEICAR 1.366.770 27-out-00 006-2000 FERNANDO BLANCO GUERRA 510.205 02-nov-00 2986 PRECASA-PREFABRICADOS 1.233.527 07-nov-00 070-2000 SAN WINTILLA COOP. 969.115 07-nov-00 071-2000 SAN WINTILLA COOP. 479.476 08-nov-00 079-2000 SAN WINTILLA COOP. 851.409 09-nov-00 10/2000 MADERAS RUBEN ( RUBEN ESTEVEZ MUIÑOS) 962.800 14-nov-00 06617 BOTANA S.L. 314.981 27-nov-00 N.24 EXCAV. MANUEL VAZQUEZ CRESPO 996.730

04-dec-00 UNIREC, S.L. (revisión e actualización do padrón taxas e prezos públicos) 696.000

04-dec-00 UNIREC, S.L. (colaboración na recadación voluntaria) 857.430 11-dec-00 76 A PENIÑA, S.L. 1.037.040 11-dec-00 80 A PENIÑA, S.L. 1.004.560 12-dec-00 s/n JOSE MANUEL SOTO DOMINGUEZ 357.700 12-dec-00 029688 PRECASA-MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN 1.220.834

27-dec-00 1735 CADAVID S.L. 2.207.133

TOTAL 22.037.802

A Intervención Municipal soamente facilitou os documentos contables ADO de 18 facturas relacionadas no cadro. Analizados os mencionados documentos contables púxose de manifesto a existencia do recoñecemento de obrigas das seguintes facturas no exercicio 2001:

Data de entrada Número factura Terceiro

Data de recoñecemento Importe

04-out-00 N.C000122334 CORREOS E TELEGRAFOS 22/08/01 389.504

24-out-00 1263 VEICAR 08/05/01 1.366.770

09-nov-00 10/2000 MADERAS RUBEN ( RUBEN ESTEVEZ MUIÑOS) 6/03/01 962.800

11-dec-00 80 A PENIÑA, S.L. 6/03/01 1.004.560

TOTAL 3.723.634

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

24 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Trátase de servicios ou gastos que se realizaron no ano 2000, polo que a súa imputación ó Orzamento do 2001 vulnera o principio de devengo, anualidade orzamentaria e desvirtúa o cálculo do remanente de tesourería e o resultado orzamentario do exercicio. En consecuencia, de aplicar adecuadamente os principios contables públicos, os saldos orzamentarios pendentes de pago a fin de exercicio veríanse incrementados en, alomenos, este importe, procedendo o correspondente axuste no remanente de tesourería e no resultado orzamentario calculados polo equipo auditor.

2.2. Do orzamento de gastos, presupostos pechados A estructura que presentan os acredores pendentes de pago por presupostos pechados é a seguinte:

Exercicio Obrig. pdtes. orde de pago a 31/12/00

Ordes de pago pdtes. a 31/12/00

Total obrig. pdtes. de pago

1991 3.849.233 0 3.849.233

1992 0 107.569 107.569

1993 1.816.758 344.708 2.161.466

1994 6.631.084 0 6.631.084

1995 9.429.242 370.073 9.799.315

1996 491.818 115.600 607.418

1997 3.530.442 779.558 4.310.000

1998 54.260.672 961.968 55.222.640

1999 101.827.157 2.038.087 103.865.244 TOTAL 181.836.406 4.717.563 186.553.969

a) Coherencia interna das cifras de acredores do orzamento de gastos, presupostos pechados

As cifras contidas no estado de remanente de tesourería por acredores de presupostos pechados, coinciden coas reflectidas nos demais estados e anexos contables que compoñen a conta xeral. b) Saldos non xustificados O Presidente da Corporación non colaborou na remisión de cartas de confirmación de saldos a acredores. Este feito supuxo unha limitación que impediu verifica-la realidade de saldos pendentes de pago de exercicios pechados. c) Análise dos acredores por exercicios A efectos de determina-la esixibilidade das débedas con acredores, realizouse unha análise da composición dos saldos que figuran en exercicios pechados detectándose as seguintes incidencias: O período de prescrición de obrigas establécese en 5 anos segundo o artigo 46 TRLXO. Non se puido verificar se existen débedas prescritas, pero constan

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 25

Consello de Contas de Galicia

acredores con débeda pendente de ata 9 anos de antigüidade, vulnerando, o disposto no artigo 168 LRFL respecto á prioridade de pagos. Verificouse a través do “Estado de evolución e situación das obrigas recoñecidas”, da liquidación do orzamento de exercicios pechados, que existen obrigas do ano 1991 pendentes de ordenalo pago por importe de 3.849.233 pesetas. Segundo comunicou a Interventora Accidental, trátase de importes procedentes de resultas de exercicios pechados da anterior instrucción de contabilidade, na que non se distinguían as fases de execución do orzamento por autorizacións (fase A) e disposición ou compromiso do gasto (fase D), e que, ó adaptarse a contabilidade á instrucción vixente, os contraídos anteriores consideráronse obrigas recoñecidas. Proponse modificar en 3.849.233 pesetas o saldo de acredores pendentes de pago de presupostos pechados. O Concello deberá realiza-las actuacións necesarias para determina-la existencia de terceiros reais e no seu caso, incoar o oportuno expediente de depuración de obrigas por prescrición, conforme ó establecido no artigo 47 do TRLXO. Na relación de acredores figura rexistrado, como gastos financeiros, obrigas no ano 1994 por importe de 34.132 pesetas. O Concello proporcionou a documentación acreditativa deste saldo e comprobouse que son gastos por comisións de recibos de Caja Postal que procede dar de baixa, previa tramitación dun expediente, de acordo co establecido nos artigos 46 e 47 do TRLXO. d) Resumo Como resultado das incidencias sinaladas nos apartados anteriores, deberanse modifica-los saldos de acredores pendentes de pago de exercicios pechados nos importes que se presentan a continuación:

Obrigas Modificacións

Resultas de exercicios pechados da anterior instrucción de contabilidade. - 3.849.233

Obrigas recoñecidas no exercicio 1994 - 34.132

TOTAL - 3.883.365

O conxunto destas obrigas pode desvirtua-la realidade do saldo que a entidade ten con terceiros, polo que a efectos da cuantificación do remanente de tesourería se deberían ter en conta.

2.3. De orzamento de ingresos

O importe rexistrado no Estado de remanente de tesourería nesta rúbrica é de 389.949 pesetas. Comprobouse a coincidencia deste saldo coa información que figura no balance de situación e na liquidación do orzamento. Realizáronse probas sobre movementos do Maior da conta 420 “Acredores por devolución de ingresos”, sen que se detectasen incidencias significativas que afecten á cuantificación do remanente de tesourería.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

26 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

2.4. Doutras operacións non orzamentarias

Os acredores por operacións non orzamentarias presentan un saldo pendente de pago a 31 de decembro de 2000 de 39.004.478 de pesetas. O desglose destas operacións, é o seguinte:

Acredores por operacións non orzamentarias Conta Descrición Pendente a 31/12/2000

475 Facenda pública acredora por IRPF. 5.762.612

477 Seguridade Social acredora 296.358

478 Facenda pública, IVE repercutido 614.800

479 Facenda pública, acredora por IVE 2.042.338

51 Outros acredores non orzamentarios 30.288.370

TOTAL 39.004.478

Analizáronse un total de seis contas que representan un 81,9% sobre o total dos acredores non orzamentarios.

- Conta 475 “Facenda Pública. Acredores por IRPF” (5.762.612 pesetas). O saldo que rexistra a conta 475 por 5.762.612 pesetas, é resultado da agregación do saldo das dúas subcontas seguintes: 47501 “Facenda Pública acredora por IRPF” que ten un saldo de 5.787.612 pesetas; e 47502 “Facenda Pública acredora por outros conceptos” que presenta saldo negativo a fin de exercicio por importe de 25.000 pesetas. Como resultado das probas realizadas, comprobouse que non coincide o importe liquidado no Modelo 110 “retencións e ingresos a conta do IRPF”, correspondente ó último trimestre do ano 2000, que ascende a 6.055.591 pesetas, co saldo da conta 47501 “Facenda Pública acredora por IRPF”, (5.787.612 pesetas) existindo unha diferencia de 267.979 pesetas que non se propón como modificación ó remanente de tesourería. Tampouco se propón a modificación na conta 47502 “Facenda Pública acredora por outros conceptos” que presenta saldo negativo por 25.000 pesetas a fin de exercicio. Non obstante, o Concello deberá realiza-los traballos oportunos a fin de rexistra-lo saldo real coa Facenda Pública na súa contabilidade.

- Conta 477 Cota do traballador á Seguridade Social (296.358 pesetas). O saldo desta conta a fin de exercicio debera coincidir co importe da retención correspondente ós gastos da Seguridade Social. Examinadas as nóminas de decembro de 2000 a cantidade total retida é de 1.337.194 pesetas. Sen embargo, o saldo da conta 477 é de 296.358 pesetas, do que se deduce un defecto na contabilización destas retencións e supón que segundo os cálculos do equipo auditor o remanente de tesourería debera modificarse pola diferencia en 1.040.836 pesetas.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 27

Consello de Contas de Galicia

- Conta 478 “H. P. IVE Repercutido” (614.800 pesetas) O saldo inicial que presenta esta conta é acredor (de acordo coa súa natureza) por importe de 518.800 pesetas. Rexistráronse tres movementos no exercicio; un asento positivo ó haber por importe de 120.000 pesetas; a súa anulación, cun asento negativo polo mesmo importe tamén ó haber; e un apunte ó haber en concepto de IVE repercutido por 96.000 pesetas, realizado con data operación do día 19 de decembro de 2000. O saldo final é por importe de 614.800 pesetas. Comprobouse que o saldo inicial coincide co importe rexistrado como asento de peche no exercicio 1999, segundo se verificou a través do Maior de contas do ano 1999. Solicitouse detalle da composición deste saldo, sen que os técnicos municipais facilitaran información sobre o mesmo. Proporcionáronse os libros rexistro de facturas emitidas (libro de vendas e ingresos) dos anos 1999 e 2000, a través dos que se comprobou que o Concello repercutiu IVE por subministro de auga, pola súa depuración e por enerxía eléctrica da estación depuradora de augas residuais. Requiriuse a documentación orixinal de declaracións trimestrais de IVE (Modelo 300) e resumo anual (Modelo 390), onde consta que o Concello presentou as declaracións do segundo e cuarto trimestre sen actividade. O IVE repercutido declarado no primeiro trimestre foi de 360.591 pesetas e o do terceiro trimestre de 2.795.801 pesetas, que totalizan 3.156.392 pesetas. Verificouse que o Maior desta conta non ofrece información veraz sobre o IVE repercutido declarado polo Concello durante o ano 2000 á Administración Tributaria (3.156.392 pesetas), ó rexistrar un único movemento no exercicio (96.000 pesetas). O saldo final por importe de 614.800 pesetas, tampouco representa a realidade do IVE repercutido pendente de liquidar á Facenda Pública. Non se propoñen modificacións ó remanente de tesourería, pero indícase ó Concello a necesidade de rexistra-los movementos do exercicio no Maior desta conta e adecualo saldo final á realidade do IVE repercutido.

- Conta 47901 “Facenda Pública, acredora por IVE” (2.042.338 pesetas) Esta conta debe presenta-la posición acredora da Entidade Local fronte á Facenda Pública cando o IVE soportado e deducible sexa inferior ó IVE repercutido no período impositivo. Segundo os datos que figuran no Modelo 390, declaración resumo anual, do ano 2000, soportouse un maior importe que as cotas repercutidas no período, polo que non procede rexistrar operacións nesta conta. Comprobouse a través do Maior que non se rexistraron movementos durante o exercicio, polo que o saldo final da conta coincide co inicial. Este saldo non foi analizado, ó non dispoñer de información.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

28 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Non se propoñen modificacións ó remanente de tesourería pero o Concello deberá analiza-la composición do saldo por se procede a súa depuración.

- Conta 51801 “Acredores por IVE” (23.224.702 pesetas) Realizouse unha revisión dos movementos rexistrados no Maior desta conta verificando a correspondencia do asento de apertura do exercicio 2000 co de peche do exercicio 1999. Este importe é acredor por 11.447.932 pesetas, pero non foi posible realizar probas sobre a súa composición, xa que o Concello se limitou a aporta-lo Maior do ano 1999. Durante o exercicio fiscalizado rexistráronse nesta conta 4 apuntes ó haber, os tres primeiros por importes de 2.770.493 pesetas, 3.472.766 pesetas e 2.698.862 pesetas, que se corresponden con liquidacións de IVE da empresa Aquagest, S.A. do segundo, terceiro e cuarto trimestre de 1999, respectivamente. Comprobouse que o outro movemento por importe de 2.834.649 pesetas, é de IVE soportado do primeiro trimestre de 2000 pendente de pago a acredores. Verificouse que estas liquidacións foron as únicas aprobadas polo Concello no ano 2000. Non se propoñen modificacións ó remanente de tesourería.

2.5. Recoñecemento extraxudicial de créditos O recoñecemento extraxudicial de créditos, analizado no epígrafe III deste informe, afecta teoricamente ó remanente de tesourería na medida que se imputa ó exercicio no que se realiza (2001), gastos que corresponden ó exercicio de 2000 e anteriores que, de terse respectado a normativa de execución do gasto, deberan estar incluídos entre as obrigas pendentes de pago ó final do exercicio e que no suposto de ser aprobadas no ano 2000 elevarían o déficit do remanente de tesourería de forma significativa. Do total dos recoñecementos extraxudiciais aprobados no ano 2001 verificouse que, alomenos, 105.745.875 pesetas corresponden a facturas do ano 2000. Este importe debera incrementar teoricamente as obrigas recoñecidas netas do resultado orzamentario.

Axustes nos acredores pendentes de pago a 31/12/00 Importe

Do orzamento de gastos correntes 105.745.875

Do Orzamento de gastos pechados 71.628.699

TOTAL 177.374.574

3. FONDOS LÍQUIDOS DE TESOURERÍA

No estado de situación de existencias de Tesourería presenta os seguintes saldos a 31 de decembro de 2000:

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 29

Consello de Contas de Galicia

Cta. PXCP Caixa ou conta corrente Descrición Saldo a 31/12/2000

57000 Caja 71.448 57101 1232/1 Caixa Ourense 559.018 57102 2001/9 Caixa Ourense 0

57103 3/32014/17K Banco de Crédito Local de España 25.652.730

57104 18350/2 BBV 3.314.237 57105 3110000074 Caixa Galicia 30.488.923 57106 470040003369 Caixa Vigo 1.780.678 57111 010000104363 Banco Pastor 213.424 57112 410550005074 Caixa Vigo 1.080.557

57119 30/32015/30L Banco de Crédito Local de España 448.921

57310 505500006043 Caixa Galicia 6.699.293 57201 2445/9 Caixa Ourense 225 57204 18402/4 BBV 106.498 57207 513110000118 Caixa Galicia 162.304 57211 4040002448/3 Caixa Ourense 572.404 57212 460040003527 Caixa Vigo 2.053.862 57213 490040003969 Caixa Vigo 2.943.298

TOTAL 76.147.820

Verificouse a coincidencia da información contida no estado de existencias de tesourería coa información contida no Balance de situación e no estado de remanente de tesourería.

Non foi posible obter a confirmación de saldos bancarios comunicada polas propias entidades financeiras dada a negativa por parte das autoridades do Concello a realiza-las circularizacións correspondentes.

4. REMANENTE DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTO DE FINANCIAMENTO AFECTADO

O Estado do remanente de tesourería calculado polo Concello presenta un saldo de 18.658.691 pesetas. O ente local fiscalizado fixo coincidir, sen ter en conta o cálculo das diferentes desviacións de financiamento, o importe do saldo do estado de remanente con gastos con financiamento afectado co total, dando lugar a un remanente para gastos xerais de 0 pesetas. Si ben o Concello leva un estado de gastos de financiamento afectado adecuado ó modelo que fixa a ICAL, este estado presenta deficiencias nos cálculos das desviacións de financiamento. O feito de que non se efectuara un cálculo das desviacións de financiamento acumuladas positivas dos diferentes proxectos de gastos, e para cada unha das

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

30 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

aplicacións do orzamento de ingresos que os financian, supón unha infracción, por omisión na súa aplicación, das Regras 353 e 376 a 381 da ICAL. Procedeuse polo equipo auditor a realizar unha análise, sobre a base do estado de gastos con financiamento afectado, execución de gastos e ingresos dalgún dos proxectos de gastos, con obxecto de determinar unha mostra significativa das desviacións de financiamento positivas acumuladas do exercicio 2000, que constitúen, de acordo coa Regra 353 da ICAL, o remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado. Os datos necesarios para o cálculo das desviacións de financiamento positivo, por proxectos, anos e aplicacións orzamentarias de ingresos, detállanse no cadro que figura como ANEXO nº 2. Faise constar que esta análise se realizou desde a estricta óptica dos estados de execución orzamentaria de gastos e ingresos en relación ó cálculo das desviacións de financiamento, sen entrar a valora-la correcta contabilización, de acordo cos criterios da ICAL, dos dereitos e obrigas. De dito exame resultou que, alomenos, o remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado ascende a cantidade de 90.823.720 pesetas, incrementando o saldo do remanente para gastos con financiamento afectado, no cálculo que o equipo auditor fai do Estado de remanente de tesourería, en 72.165.029 pesetas. O importe de tal cantidade resulta das desviacións de financiamento acumuladas positivas do exercicio 2000 que se reflicten no seguinte cadro:

Código do Gasto Descrición Desviación de financiamento positiva acumulada do exercicio 00

0000000007 Indicor sc

990000012 POL 99

9920000040 Expropiación anexos veracruz

9920000023 Beirarruas Polígono Industrial

9920000020 Infraestructuras Públicas

9900000813 Proxecto guieiro 98

9920000030 Infraestructuras Planes.Provinciais

9920000010 Equipamento emisora local

9420000001 Expropiación terreos.igrexa Veracruz

9820000015 PIEL 98

1.167.200

135.640

33.000.000

819.994

19.334

1.059.333

4.217

1.000.000

48.303.138

5.314.864

TOTAL 90.823.720

A determinación inexacta do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado, de acordo cos estados de gastos con dita denominación, implica a conculcación do artigo 163.3 da LRFL e 47.5 do Real Decreto 500/90 que a desenvolve, cando dispoñen que “os créditos que amparen proxectos financiados con ingresos afectados deberanse incorporar obrigatoriamente sen que lles sexa de aplicación a regra de limitación no número de exercicios”, e o non

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 31

Consello de Contas de Galicia

facelo Concello un cálculo real do remanente de gastos afectados, en canto fonte de financiamento, impide a incorporación deses créditos orzamentarios nos seguintes exercicios. Recoméndase que, no sucesivo, se proceda ó cálculo correcto do remanente para gastos con financiamento afectado que permita a incorporación preceptiva dos créditos orzamentarios, evitando, desta forma, a perda dos ingresos afectados ou, como mínimo, á súa confusión en canto a súa afectación e finalidade3. Verificouse o 100% dos proxectos de gastos con financiamento afectado, desde a estricta análise, como se fixo co cálculo das desviacións de financiamento acumuladas positivas, dos estados de execución orzamentaria e desviacións de financiamento acumuladas dos diferentes exercicios, co obxecto de determina-las desviacións do exercicio 2000 que puideran afectar ós axustes do resultado orzamentario. Do cálculo efectuado polo equipo auditor resultaron unhas desviacións de financiamento do exercicio positivas de 9.112.741 pesetas e negativas de –24.961.802 pesetas. O detalle do cálculo efectuado exprésase nos cadros incorporados como ANEXOS nº 3 e 4, indicando que aqueles proxectos dos que resulten unhas desviacións do exercicio igual a 0 non foron consignados nos cadros alí expresados. Considerando as desviacións de financiamento do exercicio calculadas polo equipo auditor, os axustes a realizar no resultado orzamentario analizado polo Consello de Contas, detállanse no seguinte cadro:

Desviacións de financiamento do

exercicio 2000 Segundo cálculos do

Concello Segundo Consello de

Contas Axuste ó resultado

orzamentario

Positivas 21.800.540 9.112.741 12.687.799 Negativas 412.879.817 24.961.802 387.918.015

5. CUANTIFICACIÓN DO ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA

De acordo coas comprobacións efectuadas e cos resultados obtidos e descritos nos apartados 1,2,3 e 4 do epígrafe IV deste informe, o remanente de tesourería do Concello no exercicio fiscalizado, ascende, de acordo cos cálculos do equipo auditor a –755.163.149 pesetas, mentres que a liquidación do orzamento do exercicio 2000 é de cero pesetas4. A diferencia explícase polos axustes realizados e que se reflicten no seguinte cadro:

3 No que respecta as alegacións sobre gastos con financiamento afectado, o concello incumple as reglas 353 e 376 a 381 da ICAL, así como os artigos 163.3 da LRFL e 47.5 do RD 500/90. Por tanto o Consello de Contas non “inventa artificialmente” os feitos nin altera a situación financeira do concello a 31-12-00, que presenta un déficit real de 755,16 millóns de pesetas, equivalentes ó 87,2% dos ingresos liquidados no exercicio. 4 As diferencias principais entre o concello e o Consello de Contas no que respecta a cuantificación do remanente de tesourería, céntranse en dous apartados: un é a contía dos dereitos de difícil ou imposible cobro e outro é a contía dos acreedores pendentes de pago afectados por recoñecemento extraxudicial de créditos. No primeiro caso, o concello non contabiliza nada, mentras o Consello de Contas estima un total de 462,1 millóns de pesetas. No segundo caso, o Consello de Contas inclúe as facturas aprobadas no 2001 correspondentes a gastos do exercicio 2000 e anteriores (177,4 millóns de pesetas), ós efectos de coñecer mellor a realidade económica-financeira da entidade ó final do exercicio.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

32 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Estado de remanente de tesourería Remanente calculado polo Concello Axustes Remanente calculado

polo equipo auditor

1 Debedores pendentes de cobro a 31.12.00

Do orzamento de ingresos correntes

Do orzamento de ingresos pechados

De operacións comerciais

De recursos doutros entes públicos

Doutras operacións non orzamentarias

Saldos de dubidoso cobro (-)

Ingresos realizados pendentes de aplicación (-)

370.423.529

191.575.574

495.222.911

38.725.879

355.100.835

-277.219.076

-25.881.390

-13.215.136

0

462.122.550

-224.000.000

93.204.453

165.694.184

482.007.775

38.725.879

462.122.550

131.100.835

2 Acredores pendentes de pago a 31.12.00

Do orzamento de gastos correntes

Do orzamento de gastos pechados

Do orzamento de ingresos

De operacións comerciais

De recursos doutros entes públicos

Doutras operacións non orzamentarias

Pagos realizados pendentes de aplicación (-)

427.912.658

201.964.262

186.553.969

389.949

39.004.478

405.779.044

109.469.509

71.268.699

0

225.040.836

833.691.702

311.433.771

257.822.668

389.949

264.045.314

3 Fondos líquidos en Tesourería 76.147.820 0 76.147.820

4 Remanente de tesourería afectado a G.F.A. 18.658.691 72.165.029 90.823.720

5 Remanente de tesourería gastos xerais 0 -755.163.149 -755.163.149

Total remanente de tesourería 18.658.691 -682.998.120 -664.339.429

V. ENDEBEDAMENTO 1. OPERACIÓNS A LONGO PRAZO

Comprobouse que o Concello, durante o exercicio 2000, formalizou unha única operación de crédito a longo prazo por importe de 15 millóns de pesetas e que refinanciou tres operacións de endebedamento que tiña subscritas co Banco de Crédito Local. O desenvolvemento orzamentario do capítulo 9 do estado de gastos durante o exercicio 2000 responde ó amortizado nese exercicio, ascendendo, por este concepto, ó importe total de 41.349.222 pesetas, tendo o seu adecuado reflexo patrimonial no movemento da conta financeira 170, representativa dos préstamos a longo prazo fóra do sector público. Non se puido comproba-la razoabilidade da realidade do importe do Estado da débeda como consecuencia da limitación derivada de non proporcionar polas autoridades municipais as confirmacións de saldos por parte das entidades financeiras.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 33

Consello de Contas de Galicia

Na conta xeral non consta o preceptivo Estado da débeda como esixen as Regras 416 e 424 da ICAL. O Estado da débeda a longo prazo, deducida do balance de situación, saldo da conta 170, así como das diferentes pólizas de crédito proporcionadas ó equipo auditor, reflíctese na táboa incorporada como ANEXO nº 5 do presente informe. En relación á formalización da operación de refinanciamento de tres operacións de préstamo co BCL, aprobada no Pleno de 6 de xullo de 2000, por importe total de 321.696.040 pesetas, o aforro neto, segundo o cálculo efectuado polo equipo auditor e que se detalla no ANEXO nº 6, era positivo, á data da súa formalización, en 1.601.912 pesetas, e o importe total do capital vivo das operacións de crédito vixentes a curto e longo prazo non excedía do 110% dos ingresos correntes liquidados ou devengados no exercicio 1999. Non obstante, no expediente de subscrición da operación de préstamo a longo prazo por 15 millóns de pesetas, do cálculo efectuado polo equipo auditor, resulta un aforro neto negativo de 211.516 pesetas, deducido da diferencia entre o aforro bruto, que ascende a 61.150.209 pesetas, segundo a liquidación do orzamento do ano 1999, e a anualidade teórica de amortización das operacións vixentes e a proxectada a longo prazo, que ascende a 61.361.725 pesetas. No ANEXO nº 7 detállanse os parámetros utilizados para o cálculo das anualidades teóricas de amortización. De acordo coa información subministrada polos técnicos municipais ó equipo auditor, o ente fiscalizado, para o cálculo das anualidades teóricas de amortización, aplicou a tódolos índices de referencia dos diferentes préstamos un tipo fixo do 4% máis o diferencial pactado. Se se aplicara ese tipo fixo de interese o aforro neto positivo ascendería á cantidade de 1.934.683 pesetas, consecuencia dunha anualidade teórica acumulada de amortización de 59.215.526 pesetas, aínda lonxe dos 8.295.179 pesetas de aforro neto positivo calculado polo Concello no momento previo á formalización do préstamo de 15 millóns de pesetas. O cálculo das anualidades teóricas de amortización, tomando como referencia o tipo de interese fixo do 4%, detállanse no ANEXO nº 8. Dado que resulta un aforro neto negativo, de acordo co cálculo efectuado polo equipo auditor, na formalización do préstamo de 15 millóns o Concello debera solicita-la correspondente autorización ó órgano competente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no número 1 do artigo 54 da LRFL. Sen embargo, esta regra xeral estaba modificada pola disposición transitoria sétima da Lei 50/98, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, ó sinalar que, para o ano 2000, non era necesario a autorización antes indicada cando o aforro neto é negativo e non supera o 0,75% dos ingresos correntes liquidados. O aforro neto negativo á data da formalización da operación de 15 millóns non superaba o citado límite, non sendo polo tanto necesaria a solicitude da correspondente autorización á Xunta de Galicia.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

34 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

2. OPERACIÓNS DE TESOURERÍA

Para a contabilización das operacións de tesourería o Concello utilizou, de forma errónea e incorrecta, a conta 55421 de ingresos pendentes de aplicación, cando de acordo coa Regra 244 da ICAL se ten que contabilizar na conta 515 de “operacións de tesourería”, que reflectirá o estado da débeda a curto prazo a reembolsar á entidade de crédito prestamista. Este feito supón que no estado do remanente de tesourería, o saldo desta conta aparece restando os dereitos pendentes de cobro, cando o correcto atendendo a súa natureza e de acordo coa regra 244 en conexión coa 351 da ICAL é que se posicione dentro das contas de acredores non orzamentarios. Na análise que efectúa o Consello de Contas do remanente de tesourería realízase un cambio na situación do saldo da conta agora analizada, restando ó saldo de ingresos pendentes de aplicación para sumalo a acredores non orzamentarios, ó cal non implica unha modificación cuantitativa do remanente. Recoméndase a depuración do erro na utilización da conta sinalada. O saldo e movemento da conta 55421, representativa de “operacións de tesourería”, coas observacións indicadas no parágrafo precedente, é o que segue:

Saldo a 31-12-1999 Movementos debedores Movementos acredores Saldo a 31-12-2000

190.035.881 174.035.275 224.043.717 240.044.323

Entre o saldo da conta a 31 de decembro de 2000 e os importes reais dos préstamos examinados existe unha diferencia de 16.044.323 pesetas. Esta diferencia procede de exercicios anteriores, consecuencia, na maioría dos casos, da incorporación de saldos do antigo VIAP, recomendando a depuración dos mesmos que permita axusta-los estados contables ó principio de imaxe fiel. Verificouse que durante todo o exercicio 2000, o total acumulado das operacións de tesourería subscritas polo Concello e vixentes á mesma data non superou o límite do 30% dos dereitos recoñecidos liquidados no exercicio 1999 por operacións correntes (228.963.114 pesetas) previsto no artigo 52 da LRFL. O importe total acumulado das operacións de tesourería sitúase, a partir da formalización do préstamo a curto prazo de 50.000.000 pesetas, no 29,40%, moi próximo ó mencionado límite do 30% que aparece como máximo na LRFL, artigo 52, para a formalización de préstamos a curto prazo. As operacións de tesourería formalizadas no exercicio detállanse no seguinte cadro:

Entidade de Crédito Nº de Póliza Data formalización Data vencemento Importe concertado

Caixavigo e Ourense 00190/0236518 7-abril-00 7-abril-01 60.000.000 BCL 413217654 31-xull-00 31-xul-01 24.000.000 Caixa Galicia 2091-0406-604/3 7-xull-00 31-xul-01 50.000.000 Caixavigo e Ourense 01759990000727 20-set-00 20-set-01 90.000.000 TOTAL 224.000.000

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 35

Consello de Contas de Galicia

As operacións con Caixa Ourense e Caixavigo así como a subscrita co BCL, son, de acordo cos movementos contables da conta financeira sinalada, renovacións doutras anteriores, constando expresamente como tal no expediente administrativo das formalizadas co BCL e na de 90 millóns con Caixa Nova, o cal supón unha conculcación dos artigos 52, 180 da LRFL, e Regra 243 da ICAL. O carácter transitorio desta clase de operacións, cunha duración máxima dun ano, converte en estructural o que debe operar como transitorio ante situacións de liquidez. De acordo co disposto no artigo 53.2 da LRFL corresponderalle ó Pleno da Corporación a aprobación das operacións de tesourería cando o importe acumulado das operacións vivas desta natureza superen o 15% dos recursos correntes liquidados no exercicio anterior. Sendo o importe total acumulado por operacións de tesourería superior ó 15% antes sinalado, salvo a operación de 60 millóns, aprobada polo Pleno da Corporación, o resto dos préstamos a curto prazo foron autorizados pola Comisión Goberno no exercicio de atribucións delegadas polo órgano municipal antes sinalado, sen que conste no expediente informe ou estudio, da Comisión Informativa correspondente, de acordo co esixido no artigo 123 do ROF. 3. AFORRO NETO

O aforro neto da entidade, calculado de acordo co sinalado no artigo 54 da LRFL, a 31 de decembro de 2000 e acudindo a liquidación do exercicio 1999, é a seguinte:

Descrición Importe pesetas

Dereitos recoñecidos (Cap. 1 a 5) 763.210.381

Obrigas recoñecidas (Cap 1. 2, 4) 702.060.172

Aforro bruto 61.150.209

Anualidade Teórica de Amortización 62.579.672

Aforro neto -1.429.463

Para o cálculo das anualidades teóricas de amortización a 31 de decembro de 2002 utilizáronse os parámetros que se detallan no ANEXO nº 9, destacando que os tipos de interese de referencia a 31 de decembro de 2000 utilizados no cálculo son os que foron utilizados ó longo das sucesivas fiscalizacións das contas do ano 2000 polo Consello de Contas. O límite, como requisito para acudir ó endebedamento, do 110% dos dereitos correntes liquidados no exercicio anterior fixado no artigo 54.2 da LRFL, a 31 de decembro de 2000, non se atopa superado polo importe total da débeda a curto e longo prazo a esa data.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

36 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

VI. CONCLUSIÓNS 1. DEBER DE COLABORACIÓN

O Concello de O Carballiño incumpriu o deber de colaboración co Consello de Contas de Galicia no que respecta ó exercicio das súas funcións (artigos 23 da Lei 6/1985, 43 do Regulamento do Consello de Contas e 7 da LOTC), o que nalgúns aspectos imposibilitou a realización dos traballos de fiscalización. 2. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL

O Orzamento apróbase definitivamente o 23 de marzo de 2000, fóra do prazo establecido no artigo 150.2 da LRFL. A liquidación do orzamento remitiuse á Comunidade Autónoma de Galicia fóra do prazo establecido polo artigo 174.5 da LRFL. Non consta a remisión da mesma á Administración Xeral do Estado, incumprindo o establecido no artigo 174.5 da LRFL. A Conta Xeral do exercicio foi dictaminada pola Comisión Especial de Contas unha vez superado o prazo do artigo 193.2 da LRFL. Incúmprese o prazo establecido no artigo 193.4 da LRFL para a súa aprobación polo Pleno e remitiuse ó Consello de Contas despois do prazo sinalado no artigo 204 da LRFL. 3. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS

O recoñecemento extraxudicial de créditos é reflexo dunha xestión irregular que trata de dar solución á existencia de obrigas de pago sen crédito orzamentario. Está permitido pola Lei como medida de protección dos intereses de terceiros pero isto non evita as responsabilidades que correspondan (art. 154.5 da LRFL) e o seu carácter excepcional. Este mecanismo realízase sucesivamente durante os exercicios, 1999, 2001 e 2002, e denota unha deficiente xestión do gasto público encubrindo un déficit estructural. Neste sentido, é necesario reforza-los mecanismos de control desempeñando un papel fundamental o órgano interventor no exercicio das funcións de fiscalización atribuídas nos artigos 194 e seguintes da LRFL. 4. REMANENTE DE TESOURERÍA

O remanente de tesourería para gastos xerais do exercicio fiscalizado calculado polo equipo auditor é de –755.163.149 pesetas, mentres que na liquidación do orzamento se establece un remanente para o exercicio 2000 de cero pesetas. O remanente de tesourería no reflicte, pois, a situación financeira do Concello. A esta situación hai que engadir a dos exercicios precedentes. Así, na liquidación de 1998 o remanente para gastos xerais foi de –65.033.380 e o do exercicio 1999 de –94.019.302 pesetas, reflectindo unha situación deficitaria de carácter estructural que debe ser corrixida. O Concello aprobou o orzamento do ano 2000 cun superávit igual ó remanente de tesourería do exercicio 1998, de conformidade co establecido no artigo 174.3 da LRFL.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 37

Consello de Contas de Galicia

5. ENDEBEDAMENTO

De acordo cos cálculos efectuados polo equipo auditor, cando se formalizou no exercicio fiscalizado o préstamo de 15 millóns de pesetas, existía un aforro neto negativo de 211.515 pesetas, cifra que cumpre co límite fixado pola Disposición transitoria sétima da Lei 50/98, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais. A 31 de decembro de 2000 o aforro neto era negativo en 1.429.463 pesetas, obrigando ó artigo 54 da LRFL, en caso de apelar ó endebedamento, a solicita-la autorización e a adopta-las medidas de saneamento oportunas para recupera-lo saldo positivo desta magnitude económica. En relación ás operacións de tesourería a curto prazo subscritos polo Concello comprobouse que o seu importe acumulado á data non superou o límite do 30% dos dereitos recoñecidos liquidados no exercicio 1999, de acordo co preceptuado no artigo 52 da LRFL, ascendendo o importe total acumulado dos préstamos a curto prazo ó 29,40% dos referidos dereitos recoñecidos correntes. Non obstante ó anterior, agás na nova operación de tesourería con Caixa Galicia subscrita no ano 2000, o resto dos préstamos a curto prazo formalizados no exercicio 2000 son renovacións doutras anteriores, o que supón infrinxi-la propia natureza desta clase de crédito, convertendo en estructural algo que ten natureza transitoria ante situacións de liquidez. Este feito supón a vulneración dos artigos 52, 180 da LRFL, e Regra 243 da ICAL. Recoméndase a adopción de medidas oportunas que permitan recupera-la situación de liquidez e amortiza-las operacións formalizadas polo Concello, indebidamente renovadas. 6. SITUACIÓN ECONÓMICA-FINANCEIRA

De acordo co cálculo teórico realizado polo equipo auditor, o remanente de tesourería presenta un saldo negativo de –755.163.149 millóns de pesetas, supoñendo o 74,28% dos créditos iniciais do Orzamento para o exercicio 2000. Este saldo deficitario reflicte unha situación económico-financeira delicada toda vez que supón a ausencia, ou como mínimo unha limitación importante, da capacidade financeira para afronta-las débedas do Concello. Este feito unido a un resultado orzamentario do exercicio negativo, a un aforro neto negativo a 31 de decembro e a existencia recorrente de recoñecementos extraxudiciais de créditos, agrava a situación antes mencionada. Por todo isto, a Corporación municipal deberá corrixir as deficiencias mencionadas a través dun programa específico de saneamento, cumprir coa legalidade vixente e contabiliza-las súas operacións de acordo cos criterios que fixa a ICAL.

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 39

Consello de Contas de Galicia

ANEXOS 1 ó 9

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 41

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 1 RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE CRÉDITOS

Exercicio no que se realiza Acordo da Comisión de Goberno Importe 1999 07/05/99 3.517.074 1999 25/05/99 1.319.092 1999 02/06/99 2.256.028 1999 18/09/99 1.239.897 1999 03/12/99 21.685.531

Total 1999 30.017.622 2000 27/01/00 28.291.354 2000 09/02/00 3.786.167 2000 01/03/00 40.062.574 2000 16/03/00 72.140.095 2000 29/03/00 5.638.119 2000 14/04/00 7.357.490 2000 23/06/00 1.271.756 2000 07/07/00 4.476.671 2000 20/07/00 12.304.486 2000 03/08/00 4.900.769 2000 28/09/00 797.899 2000 06/10/00 7.492.129 2000 02/11/00 1.916.523 2000 15/11/00 404.167 2000 28/11/00 503.482 2000 04/12/00 204.284 2000 27/12/00 150.000

Total 2000 191.709.450 2001 10/01/01 25.688.953 2001 19/02/01 4.223.494 2001 31/01/01 8.670.794 2001 15/02/01 2.583.314 2001 22/02/01 1.642.556 2001 07/03/01 4.100.518 2001 20/03/01 5.357.520 2001 22/03/01 200.000 2001 29/03/01 35.102.080 2001 19/04/01 22.339.381 2001 08/05/01 1.551.416 2001 23/05/01 514.839 2001 01/06/01 27.464.115 2001 14/06/01 382.050 2001 27/06/01 5.205.595 2001 10/07/01 900.000 2001 23/07/01 5.684.628 2001 31/07/01 815.060 2001 06/09/01 1.196.462 2001 18/09/01 2.655.494 2001 03/10/01 14.347.538 2001 17/10/01 2.831.079 2001 30/10/01 1.417.294 2001 08/11/01 1.370.689 2001 21/11/01 624.000 2001 21/12/01 302.040

TOTAL 2001 177.374.574

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

42 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 2 GASTOS CON FINANCIAMENTO AFECTADO

Código do Gasto Descrición Exercicio

Aplicación orzamentaria de

ingresos

Dereitos recoñecidos acumulados

Obrigas recoñecidas acumuladas

DF acumulada do exercicio por aplicacións

orzamentarias de ingreso

99 91701 5.100.000 1.456.526 3.643.4749920000030 INFRAESTRUCTURAS DE PLANES PROVINCIAIS 00 91701 5.100.000 5.903.590 -803.590

99 76100 6.970.500 0 6.970.500990000012 POL 99 00 76100 20.276.410 20.140.770 135.640

0000000010 AMPLIACIÓN BIR 00 45501 9.456.420 9.456.420 00000000011 BIR 00 45501 5.673.852 5.673.852 00000000007 INDICOR SC 00 45501 2.300.000 1.132.800 1.167.2000020000020 INFRAESTRUCTURAS PUBLICAS 00 91701 15.000.000 15.000.000 00020000015 FCL 2000 00 75500 2.507.116 2.507.116 0

99 91701 33.000.000 0 33.000.0009920000040 ANEXO VERACRUZ 00 91701 33.000.000 0 33.000.00099 75500 21.396.561 9.013.177 12.383.3849920000023 BEIRARRUAS POLÍGONO INDUSTRIAL 00 75500 21.396.561 20.576.567 819.99499 91701 25.000.000 22.877.200 2.122.8009920000020 INFRASTRAESTRUCTURAS PúBLICAS 00 91701 25.000.000 24.980.666 19.33499 45501 2.039.075 979.742 1.059.3339900000813 PROXECTO GUIEIRO 98 00 45501 2.039.075 979.742 1.059.33399 91701 1.000.000 0 1.000.0009920000010 EQUIPAMENTO EMISORA LOCAL 00 91701 1.000.000 0 1.000.00098 91701 5.100.000 0 5.100.00099 91701 5.100.000 5.006.100 93.9009820000030 INFRAESTRUCTURAS PLANES

PROVINCIAIS 00 91701 5.100.000 5.095.783 4.21798 75500 15.733.775 13.378.503 2.355.27299 75500 16.054.220 15.637.197 417.0239820000015 PIEL 98 00 75500 20.952.061 15.637.197 5.314.86497 91701 10.000.000 7.107.744 2.892.25698 91701 10.000.000 10.000.000 099 91701 10.000.000 10.000.000 0

970000110 MAQUINARIA E TRANSPORTE

00 91701 10.000.000 10.000.000 091701 8.000.000 1.314.600 6.685.400

96 76100 2.191.000 1.815.400 375.60091701 8.000.000 7.610.968 389.032

97 76100 7.318.443 10.510.385 -3.191.94291701 8.000.000 7.997.556 2.444

98 76100 11.041.800 11.044.244 -2.44491701 8.000.000 7.997.556 2.444

99 76100 11.041.800 11.044.244 -2.44491701 8.000.000 7.997.556 2.444

9620000050 INFRAESTRUCTURAS PLANES PROVINCIAIS

00 76100 11.041.800 11.044.244 -2.44494 91701 73.863.560 0 73.863.56095 91701 73.863.560 17.911.068 55.952.49296 91701 73.863.560 24.772.910 49.090.65097 91701 73.863.560 25.560.422 48.303.13898 91701 73.863.560 25.560.422 48.303.13899 91701 73.863.560 25.560.422 48.303.138

420000001 EXPROPIACIÓN TERREOS ANEXOS VERACRUZ

00 91701 73.863.560 25.560.422 48.303.138

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 43

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 3 DESVIACIÓNS DE FINANCIAMENTO POSITIVAS DO EXERCICIO 2000

Proxecto Denominación Desviacións

acumuladas do exercicio 2000

Desviacións acumuladas do exercicio 1999

Desviacións do exercicio 2000.

0000000007 INDICOR S.C 1.167.200 0 1.167.200

0000000008 BRIGADA RESIDENCIA 14.522 0 14.522

0000000009 MONITORES TURISMO 137.795 0 137.795

9820000015 PIEL 98 5..314.864 417.023 4.897.841

9900000006 F.A.S.I.HORIZON II 6.088.392 4.053.469 2.034.923

9900000011 OMIC 99 300.000 0 300.000

9920000013 AFORRO ENERXÉTICO 134.500 11.760 122.800

9920000015 PIEL 99 435660 0 435.660

TOTAL 9.112.741

ANEXO 4 DESVIACIÓNS DE FINANCIAMENTO NEGATIVAS DO EXERCICIO 2000

Proxecto Denominación Desviacións

acumuladas do exercicio 2000

Desviacións acumuladas do exercicio 1999

Desviacións do exercicio 2000.

9820000030 INFRAESTRUCTURAS PLANES PROVINCIAIS 4.217 96.900 -89.683

9900000009 E.T ARENTEIRO 0 1.913.452 -1.913.452

9900000012 SERVICIO INT.EMPREGO 0 202.634 -202.634

9900000014 MONITORAS TURISMO 6.462 848.079 -841.617

9900000017 LIMPEZA XARDÍNS 834.800 2.250.000 -1.415.200

9920000012 POL 99 136.140 6.970.500 -6.834.360

9920000020 INFRAESTRUCTURAS PÚBLICAS 19.334 2.122.800 -2.103.466

9920000023 BEIRARRÚAS POLÍGONO INDUSTRIAL 819.994 12.383.384 -11.563.390

TOTAL -24.961.802

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

44 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 5 ESTADO DA DÉBEDA

Entidade de crédito Data formalización nº póliza Importe inicial

concertado Amortizacións do

exercicio Pdte. de amortizar

a 31-12-00

Caixa Ourense 1992 00022/18 16.050.450 1.605.044 2.006.309

BBVA 1994 019751 11.000.000 1.100.000 3.850.000

Caixa Galicia 1996 1374-3 17.000.000 3.400.000 1.700.000

Banco de Crédito Local 1992 390250187 21.280.000 5.783.424 0

Banco de Crédito Local Adenda 1996 390659376 143.791.858 132.719.164 0

Banco de Crédito Local Adenda 1996 390659378 235.453.666 200.652.478 0

Caixa Vigo 1999 540011003 69.100.000 2.826.836 66.273.164

Caixa Vigo 1996 540008146 60.000.000 5.212.530 49.729.527

Caixa Vigo 1997 540009668 35.000.000 3.359.052 28.411.011

Caixa Galicia 1998 40616395 34.100.000 3.410.000 30.690.000

Caixa Galicia 2000 1785-6 15.000.000 0 15.000.000

BCL Refinanciación 2000 132421 321.696.040 2.976.733 318.719.307

TOTAL 979.472.014 363.045.261 516.379.337

ANEXO 6 ANUALIDADE TEÓRICA DE AMORTIZACIÓN (OPERACIÓN DE REFINANCIAMENTO)

nºpóliza Importe inicial concertado Anos Tipo de referencia e

marxe diferencial Tipo de interese

a 31/06/00 Anualidade teórica

a 31/06/00 00022/18 16.050.450 10 Mibor a tres meses+0,50 5,00% 2.078.607

019751 11.000.000 10 Mibor a tres meses+0,50 5,00% 1.424.550

1374-3 17.000.000 5 Mibor a tres meses+0,15 4,65% 3.888.659

540011003 69.100.000 11 Euribor ano+0,15 5,19% 8.402.087

540008146 60.000.000 12 Mibor a tres meses+0,20 4,70% 6.655.469

540009668 35.000.000 10 Mibor a tres meses+0,10 4,60% 4.445.033

40616395 34.100.000 11 Mibor a tres meses+0,07 4,57% 4.013.072

132421 321.696.040 17 Mibor a tres meses+0,55 5.05% 28.640.820

TOTAL ACUMULADO 59.548.297

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 45

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 7 ANUALIDADE TEÓRICA DE AMORTIZACIÓN (PRÉSTAMO 15 MILLÓNS)

nº póliza Importe inicial concertado Anos Tipo de referencia e

marxe diferencial Tipo de interese

a 31/06/00 (1) Anualidade teórica

a 31/06/2000 (2)

00022/18 16.050.450 10 Mibor tres meses+0,50 5,00% 2.078.607

019751 11.000.000 10 Mibor tres meses+0,50 5,00% 1.424.550

1374-3 17.000.000 5 Mibor tres meses+0,15 4,65% 3.888.659

540011003 69.100.000 11 Euribor ano+0,15 5,19% 8.402.087

540008146 60.000.000 12 Mibor tres meses+0,20 4,70% 6.655.469

540009668 35.000.000 10 Mibor tres meses+0,10 4,60% 4.445.033

40616395 34.100.000 11 Mibor tres meses+0,07 4,57% 4.013.072

1785-6 15.000.000 11 Euribor ano+0,04 5,08% 1.813.428

132421 321.696.040 17 Mibor tres meses+0,55 5,05% 28.640.820

TOTAL ACUMULADO 61.361.725

(1) Fonte dos tipos de interese de referencia: Xornal Expansión de 5 de xullo de 2000.

(2) Utilizouse a fórmula de matemáticas financeiras do sistema francés de anualidades constantes de amortización (capital máis intereses).

ANEXO 8 ANUALIDADE TEÓRICA DE AMORTIZACIÓN (APLICANDO O TIPO FIXO DO 4% COMO ÍNDICE REFERENCIAL)

nº póliza Importe inicial concertado Anos Tipo de referencia e

marxe diferencial Tipo de interese

a 31/06/00 Anualidade teórica

a 31/06/00

00022/18 16.050.450 10 Mibor a tres meses+0,50 4,50% 2.028.436

019751 11.000.000 10 Mibor a tres meses+0,50 4,50% 1.390.167

1374-3 17.000.000 5 Mibor a tres meses+0,15 4,15% 3.834.766

540011003 69.100.000 11 Euribor ano+0,15 4,15% 7.951.640

540008146 60.000.000 12 Mibor a tres meses+0,20 4,20% 6.467.538

540009668 35.000.000 10 Mibor a tres meses+0,10 4,10% 4.336.691

40616395 34.100.000 11 Mibor a tres meses+0,07 4,07% 3.907.191

1785-6 15.000.000 11 Euribor a un ano+0,04 4,04% 1.715.931

132421 321.696.040 17 Mibor a tres meses+0,55 4,55% 27.583.166

TOTAL ACUMULADO 59.215.526

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio 2000______________________

46 _____________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 9 ANUALIDADE TEÓRICA DE AMORTIZACIÓN A 31 DE DECEMBRO DE 2000.

nº póliza Importe inicial concertado Anos Tipo de referencia e

marxe diferencial Tipo de interese

a 31/12/00 Anualidade teórica

a 31/12/00

00022/18 16.050.450 10 Mibor a tres meses+0,50 5,423% 2.121.520

019751 11.000.000 10 Mibor a tres meses+0,50 5,423% 1.453.960

1374-3 17.000.000 5 Mibor a tres meses+0,15 5,073% 3.934.499

540011003 69.100.000 11 Euribor ano+0,15 4,899% 8.274.804

540008146 60.000.000 12 Mibor a tres meses+0,20 5,123% 6.816.566

540009668 35.000.000 10 Mibor a tres meses+0,10 5,023% 4.537.723

40616395 34.100.000 11 Mibor a tres meses+0,07 4,993% 4.103.752

1785-6 15.000.000 11 Euribor a un ao+0,04 4,789% 1.785.877

132421 321.696.040 17 Mibor a tres meses+0,55 5,473% 29.550.971

TOTAL ACUMULADO 62.579.672

Informe de Fiscalización do Concello de O Carballiño. Exercicio/2000______________________

_____________________________________________________________________________________ 47

Consello de Contas de Galicia

ANEXO 10

ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO CONCELLO

1

2

3

4

5