Concurso Quen é esa muller?-Respostas luns

3
Mary Shelley (1797-1851) Mary Wollstonecraft Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 na cidade de Londres, Inglaterra. O seu pai foi o filósofo británico William Godwin, e a súa nai foi Mary Wollstonecraft, escritora e unha das primeiras feministas. Mary recibiu unha educación privada, que complementou ao entrar en contacto co círculo de intelectuais amigos do seu pai. Publicou o seu primeiro poema aos dez anos. Co seu matrimonio co poeta Percy Shelley, entrou a formar parte dun grupo de escritores británicos entre os que se encontraba o tamén poeta romántico Lord Byron. Nunha das súas reunións, tras ler contos de terror, Byron propuxo a varios amigos a escritura dunha historia de terror; Mary aceptou o reto. Inspirándose nun soño, dedicouse a escribir o que chegaría a ser un dos clásicos da literatura de terror, e no ano 1818 deuse a coñecer ó público a súa novela Frankenstein ou o Moderno Prometeo. En 1818 os Shelley establecéronse en Italia, onde Mary padeceu terribles desgracías: a morte de dous dos seus fillos e a do seu esposo. De todos os seus fillos, soamente o pequeno Percy Florence sobreviviu á infancia. Tras regresar a Inglaterra, adicouse a educación do seu fillo, e a continuar a súa carreira como escritora. Otras das súas obras máis importantes son Valperga, un romance ambientado no século XIV, e The last man, na que describe a extinción da especie humana por unha terrible praga no século XXI. Abandonou a escritura de novelas de ficción cando o realismo empezou a gañar popularidade en Inglaterra. Escribiu numerosas obras curtas para ser publicadas en varios xornais; difundiu ademais a obra do seu home Percy Shelley. Faleceu mentres durmía en febreiro de 1851 .

Transcript of Concurso Quen é esa muller?-Respostas luns

Page 1: Concurso Quen é esa muller?-Respostas luns

Mary Shelley (1797-1851)

Mary Wollstonecraft Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 na cidade de Londres, Inglaterra. O seu pai foi o filósofo británico William Godwin, e a súa nai foi Mary Wollstonecraft, escritora e unha das primeiras feministas. Mary recibiu unha educación privada, que complementou ao entrar en contacto co círculo de intelectuais amigos do seu pai. Publicou o seu primeiro poema aos dez anos.

Co seu matrimonio co poeta Percy Shelley, entrou a formar parte dun grupo de escritores británicos entre os que se encontraba o tamén poeta romántico Lord

Byron. Nunha das súas reunións, tras ler contos de terror, Byron propuxo a varios amigos a escritura dunha historia de terror; Mary aceptou o reto. Inspirándose nun soño, dedicouse a escribir o que chegaría a ser un dos clásicos da literatura de terror, e no ano 1818 deuse a coñecer ó público a súa novela Frankenstein ou o Moderno Prometeo.

En 1818 os Shelley establecéronse en Italia, onde Mary padeceu terribles desgracías: a morte de dous dos seus fillos e a do seu esposo. De todos os seus fillos, soamente o pequeno Percy Florence sobreviviu á infancia.

Tras regresar a Inglaterra, adicouse a educación do seu fillo, e a continuar a súa carreira como escritora. Otras das súas obras máis importantes son Valperga, un romance ambientado no século XIV, e The last man, na que describe a extinción da especie humana por unha terrible praga no século XXI.

Abandonou a escritura de novelas de ficción cando o realismo empezou a gañar popularidade en Inglaterra. Escribiu numerosas obras curtas para ser publicadas en varios xornais; difundiu ademais a obra do seu home Percy Shelley.

Faleceu mentres durmía en febreiro de 1851 .

Page 2: Concurso Quen é esa muller?-Respostas luns

ENRIQUETA OTERO (1902 - 1989)

Nada en Castroverde, na provincia de Lugo onde exerceu como mestra en varias escolas ata que en 1936 recibiu unha bolsa de estudos , polo que se trasladou a Madrid. Ao estalar a Guerra Civil, dedicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel. Participou na creación de varios fogares para os soldados e hospitais-escola.

Pola súa implicación comunista foi detida e conducida ao cárcere en marzo de 1939 . Uns días despois foxe xunto a outras presas. Consegue chegar

a Lugo onde vive na semiclandestinidade, sempre baixo identidade falsa. Houbo un novo intento policial por capturala en 1942. Comezou a establecer conexións cos fuxidos e cos antifascistas de Becerreá, onde colaborou nunha primitiva estrutura guerrilleira. O seguimento sobre o PC de Lugo e sobre Enriqueta Otero intensificouse a partir de finais de 1945 e principios de 1946, ano no que foi detida en Lugo. Ameazada e duramente torturada, a intervención dalgunhas antigas profesoras salvouna de ser asasinada. Acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por atentado contra a autoridade.

Conseguiu a liberdade condicional en 1960. A definitiva houbo de esperar ata 1965. Foi rehabilitada como mestra nacional en outubro de 1974. Tras pasar por diferentes escolas, onde intentou promover certas actividades culturais de base, xubilouse en 1980.Tres anos antes creara a Asociación Popular O Carriño, un espazo de cultura, reflexión e discusión, afastado do ensino tradicional. Morreu en outubro de 1989 , foi enterrada na súa parroquia natal envolta na bandeira republicana. É evocada como «a última guerrilleira galega, a Pasionaria do pobo galego».