Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do...

18
Concello de Noia ANUNCIO: CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA. Por resolución do concelleiro delegado número 1015/2018, do 9 de maio, aprobouse as bases e a convocatoria que rexerán o procedemento de selección para a contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro auxiliares de policía local no Concello de Noia. O texto íntegro das bases aprobadas insírese a continuación: BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA. 1. - OBXECTO DA CONVOCATORIA. 1.1. É obxecto da presente convocatoria a selección, mediante o sistema de oposición libre, e posterior contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro (4) auxiliares de policía local, baixo a modalidade contratación eventual por acumulación de tarefas conforme ao previsto no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores. 1.2. A través desta convocatoria preténdese seleccionar ao persoal que se contratará para a cobertura dos postos obxecto desta convocatoria, que desempeñarán as funcións de apoio e auxilio aos membros do corpo de Policía Local do Concello de Noia. 1.3. O procedemento regulado nestas bases rexerase, no que resulte aplicable, pola normativa básica estatal constituída polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL), o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada; a normativa autonómica de aplicación constituída pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galicia e Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e, supletoriamente, polo Real 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do Concello de Noia Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Transcript of Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do...

Page 1: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

ANUNCIO: CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA.

Por resolución do concelleiro delegado número 1015/2018, do 9 de maio, aprobouse as bases e a convocatoria que rexerán o procedemento de selección para a contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro auxiliares de policía local no Concello de Noia.

O texto íntegro das bases aprobadas insírese a continuación:

BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE NOIA.

1. - OBXECTO DA CONVOCATORIA.

1.1. É obxecto da presente convocatoria a selección, mediante o sistema de oposición libre, e posterior contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro (4) auxiliares de policía local, baixo a modalidade contratación eventual por acumulación de tarefas conforme ao previsto no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores.

1.2. A través desta convocatoria preténdese seleccionar ao persoal que se contratará para a cobertura dos postos obxecto desta convocatoria, que desempeñarán as funcións de apoio e auxilio aos membros do corpo de Policía Local do Concello de Noia.

1.3. O procedemento regulado nestas bases rexerase, no que resulte aplicable, pola normativa básica estatal constituída polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL), o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada; a normativa autonómica de aplicación constituída pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galicia e Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e, supletoriamente, polo Real 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 2: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, así como pola lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo, Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, e demais lexislación concordante e de aplicación.

2. MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO 2.1. O contrato de traballo será de duración determinada, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por acumulación de tarefas regulado no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores e no no art. 3 do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos Traballadores, e prestarase no horario que se distribúa segundo as necesidades do servizo, en quendas de mañá, tarde ou noite, durante todos os días da semana, cos descansos semanais que legalmente correspondan. 2.2. A duración do contrato de traballo para ocupar temporalmente o posto de auxiliar de policía local será de catro (4) meses e, en todo caso, non excederá o período legalmente establecido no artigo 95 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais. 2.3. Terminada a causa que motivou a formalización do contrato ou, no seu caso, o período máximo establecido legalmente de duración do mesmo, a persoa contratada para ocupar temporalmente este posto será cesada. 3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.

· Número: catro (4).

· Clase: auxiliar de policía local.

· Escala: Administración especial.

· Subescala: Servizos especiais.

· Grupo: IV

· Nivel de titulación mínimo esixido: Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Graduado escolar ou equivalente, correspondente ao actual grupo C, subgrupo C2 do TREBEP.

· Titulación específica esixida: curso básico de auxiliares de policía local en vigor, que deberá acreditarse no momento da presentación de instancias ou ben superar o curso que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública durante a segunda quincena do mes de maio.

· Denominación do posto: auxiliar de policía local.

· Funcións: Os auxiliares de policía local desempeñarán as funcións de apoio

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 3: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

e de auxilio aos membros do corpo de Policía Local no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.

· Retribucións: As retribucións a percibir por todos os conceptos serán as que estean asignadas para o persoal laboral de igual categoría do Concello de Noia.

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

4.1. Para ser admitido no procedemento que se regula nestas bases, os aspirantes deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias segundo a convocatoria do proceso, os seguintes requisitos: A) Ter máis de dezaoito (18) anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. B) Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres

C) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea. Tamén reunirán este requisito a ou o cónxuxe de española ou español ou de persoa nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desa idade dependentes, e as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadores nos termos establecidos na normativa vixente. D) Estar en posesión da titulación de Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outros superiores.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

E) Estar en posesión do título acreditativo da curso básico de auxiliares de policía local expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública e que estea en vigor, que deberá acreditarse no momento da presentación de instancias, ou ben, para os que non o teñan, superar o curso que se desenvolverá durante a segunda quincena do mes de maio, que será obxecto de convocatoria específica publicada no Diario Oficial de Galicia, a cuxo efecto cumprimentarase o apartado 4º) do modelo de instancia Anexo I, no que o interesado pon de manifesto a súa vontade de participar neste curso e autoriza ao Concello de Noia a súa inclusión da listaxe de candidatos para os que se solicitará reserva de praza para a súa realización.

F) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo. G) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 4: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

H) Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. I) Presentación dun certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na correspondente proba da oposición.

J) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que o aspirante posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo ao que concorre.

K) Declaración responsable, asinada polo aspirante, de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou á escala de funcionario e de non ter sido condenado por delito doloso, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme, para o acceso ao corpo ou á escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo aspirante, de non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

L) Estar en posesión do certificado de lingua galega 2 (CELGA 2) ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida na letra D) da base 10.

4.2. Todos estes requisitos deberán acreditalos na data en que remate o prazo de presentación de instancias, agás o establecido na mencionada letra J) para o que se está ao establecido na base 5.4, letra c), e para os que non posúan o título do curso básico de auxiliares de policía local en vigor expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública estarase ao disposto na letra E) desta base 4.

5. CONVOCATORIA E PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS E DOCUMENTACIÓN.

5.1. En previsión do establecido no artigo 16.4, na disposición transitoria cuarta e na disposición final sétima da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, as instancias solicitando participar no proceso dirixiranse ao Alcalde ou Concelleira/o delegada/o de persoal do Concello de Noia e presentaranse, debidamente cubertas, no prazo máximo de cinco (5) días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica Municipal (http://noia.sedelectronica.gal), nalgunha das seguintes formas:

- No Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Noia, situado na planta baixa do número 2 da rúa Rosalía de Castro, 15200, Noia (A Coruña).

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 5: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

- Nas oficinas de correos, na forma que se estableza regulamentariamente.

- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

- Por calquera outro medio que establezan as disposicións vixentes sempre que quede validamente acreditada a autenticidade da documentación que se presente.

Tamén poderán presentarse telematicamente a través da sede electrónica do Concello de Noia, en cuxo caso será imprescindible que o aspirante dispoña de sinatura electrónica para asinar a instancia (anexo I) debidamente cuberta.

O anuncio da convocatoria farase, ademais do taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, nun dos diarios de maior tirada de Galicia.

5.2. A convocatoria e as bases publicaranse no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello, no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (noia.sedelectronica.gal) e, polo menos, nun dos diarios de maior tirada de Galicia.

5.3. As instancias deberán axustarse ao modelo oficial que figura como Anexo I das presentes bases, deberán presentarse debidamente cubertas polos aspirantes, e estará a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Noia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal. Así mesmo, incluirá a manifestación de que se reúnen todos e cada un dos requisitos enumerados nas presentes bases.

Dito modelo de solicitude poderá obterse gratuitamente nas oficinas de rexistro do Concello de Noia ou a través de internet na sede electrónica do Concello de Noia.

5.4. Xunto coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, mediante fotocopia simple, na orde que se indica:

a) Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en dereito.

b) Curso básico de auxiliares de policía local en vigor ou, no caso de non posuír esta titulación, autorización ao Concello de Noia da súa inclusión na proposta de candidatos que remitirá á Academia Galega de Seguridade Pública para efectuar a reserva de praza para participar no curso básico de auxiliares de policía local que se desenvolverá durante a na quincena do mes de maio.

c) Certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na correspondente proba da oposición. Se por causas non imputables ao interesado este non puidese presentar o mencionado documento médico no indicado prazo poderase presentar posteriormente e, en todo caso, antes do inicio das probas para a realización dos exercicios.

d) Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outros superiores.

d) Certificación de aptitude do Celga 2 ou superior, ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida na base 10, letra D).

5.5. No suposto de que a instancia non sexa presentada no Rexistro Xeral do Concello de Noia, os aspirantes deberán remitir á conta de correo electrónica

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 6: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

[email protected] unha copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación, debendo por tanto aparecer o selo na propia solicitude, aos efectos de que poida ser incluída na relación de admitidos.

5.6. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

5.7. Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado español, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, debidamente validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

5.8. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo os interesados declararán que todos os datos que se inclúen nela son certos e que os documentos que se achegan son fotocopias exactas dos seus respectivos orixinais.

6. ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

6.1. Finalizado o prazo de presentación das solicitudes, o Alcalde ou a/o concelleira/o delegada/o do Concello de Noia, ditará resolución declarando aprobada a listaxe provisoria de admitidos e excluídos, con especificación de apelidos e nome, DNI e, de ser o caso, dos motivos de exclusión.

6.2. Esta resolución publicarase no Taboleiro de edictos do Concello de Noia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (http://noia.sedelectronica.gal).

6.3. Os aspirantes omitidos ou excluídos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da devandita resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, para emendar os erros ou os defectos que motivaron a súa omisión ou exclusión.

6.4. Transcorrido o prazo anterior, o órgano competente ditará nova resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo e fixando o lugar, data e hora de realización da primeira proba da fase de oposición (A. Comprobación da estatura e probas de aptitude física), a orde de actuación dos aspirantes, de ser o caso, e a composición do Tribunal de selección.

A publicación desta resolución farase mediante anuncio publicado no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no Taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (http://noia.sedelectronica.gal).

6.5. De non existir aspirantes excluídos, o Alcalde ou a/o concelleira/o delegada/o de persoal, poderá elevar a definitiva a lista provisoria na mesma resolución de aprobación, fixando igualmente o lugar, data e hora de realización da primeira proba da fase de oposición, a orde de actuación dos aspirantes, de ser o caso, e a composición do Tribunal de selección.

6.6. A resolución pola que se aproba a lista definitiva publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Noia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

6.7. A publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das restantes probas, así como a lista dos aspirantes aprobados en cada exercicio e de chamamentos aos aspirantes, de selo caso, efectuarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Noia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 7: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

6.8. A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para a súa contratación, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido nas presentes bases.

7. NOMEAMENTO E COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR.

7.1. O tribunal encargado da cualificación das probas e da supervisión do proceso será nomeado polo Alcalde ou a/o Concelleira/o delegada/o, conforme ao estipulado nos artigos 60 do EBEP, 59 da Lei 9/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais lexislación de aplicación, e a súa composición farase pública consonte co establecido na base anterior. Estará composto polos seguintes membros e os seus correspondentes suplentes:

- Presidente: un empregado público, funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, que deberá estar en posesión dunha titulación de nivel igual ou superior á requirida para participar no proceso selectivo (titular e suplente).

- Secretario: un empregado público, funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, que actuará con voz e voto (titular e suplente).

- Vogais: tres empregados públicos, funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo, que deberán estar en posesión dunha titulación de nivel igual ou superior á requirida para participar no proceso selectivo (titulares e suplentes).

7.2. No nomeamento dos membros do Tribunal deberanse respectar as seguintes regras:

a) O órgano de selección será colexiado e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderá, así mesmo, á paridade entre muller e home.

b) O persoal de elección e de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

c) As persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas o colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores tampouco poderán formar parte do órgano de selección.

d) A pertenza ao órgano de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

7.3. O Tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, limitándose ditos asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O nomeamento das persoas especialistas corresponderalle ao Alcalde ou a/o Concelleira/o delegada/o a proposta do Tribunal.

7.4. O Tribunal cualificador tamén poderá propoñer a designación de persoal administrativo colaborador, que será resolta por decreto da/o alcalde ou de concelleira/a delegada/o con competencias na materia, co obxecto de prestar auxilio ao mesmo no desenvolvemento das probas no suposto de que o número de aspirantes convocados así o aconselle a fin de garantir un áxil e adecuado desenvolvemento do proceso selectivo.

7.5. O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolvelas dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo,

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 8: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

en todo o non previsto nestas bases.

7.6. Os acordos adoptados polo tribunal cualificador poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a/o concelleira/o competente na materia termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se estime oportuno.

8. NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR.

8.1. A data e hora na que deberá constituírse o Tribunal cualificador, así como o día e a hora para o comezo do proceso selectivo convocado serán determinados polo Alcalde ou concelleiro competente en materia de persoal, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos e a composición do Tribunal.

8.2. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, polo menos, a metade dos seus membros, e, en todo caso, sen asistencia do presidente e secretario.

8.3. As decisións do Tribunal Cualificador adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do seu Presidente.

8.4. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura da/o secretaria/o e o visto e prace do presidente.

8.5. Os membros do Tribunal, así como os asesores especialistas designados, terán que absterse de intervir cando concorran algunha das causas previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ou se tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas, ou houberan colaborado con centros de preparación de opositores, nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria do proceso que regulan estas bases.

A ou o presidente poderá solicitar dos membros do Tribunal e dos asesores especialistas declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Os aspirantes poderán recusar, nos termos previstos no artigo 24 Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, aos membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base conforme ao precepto citado no parágrafo anterior.

8.6. Por resolución do Alcalde ou a/o Concelleira/o delegada/o nomearanse aos novos membros do Tribunal que substituirán ás persoas que perdesen tal condición por algunha das causas mencionadas anteriormente. Esta resolución farase pública no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

8.7. Os membros do Tribunal, así como, aqueles asesores especialistas que nomee, terán dereito ao abono de asistencias, de conformidade co previsto no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Non obstante, no caso de que os membros do tribunal sexan traballadores municipais, unicamente percibirán as dietas, en tanto as reunións se realicen fora da xornada laboral.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 9: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

9.- SISTEMA DE SELECCIÓN:

A selección do persoal realizarase de conformidade co sinalado nas presentes bases mediante o sistema de oposición libre, de acordo co previsto no artigo 56 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

10.- PROBAS SELECTIVAS E TEMARIO:

De acordo co previsto no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, as probas para a selección de auxiliares contratados polos concellos, son as que se describen a continuación.

A. Comprobación da estatura e probas de aptitude física. Obrigatoria e eliminatoria.

Esta proba cualificarase como apto ou non apto.

A.1. Comprobación da estatura.

Ao comezo realizarase o control da estatura dos/as aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

A.2. Probas físicas.As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

A.2.1. Potencia tren inferior: salto vertical.Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.

O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado.

Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:

– Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar.

– Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo.

– Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro.

A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.

Sexo/idade 18-36 anos 37-48 anos 49 anos ou máis

Homes 41 cm 33 cm 29 cm

Mulleres 32 cm 28 cm 25 cm

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 10: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

A.2.2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento.

O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído.

A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade:

Sexo/idade 18-36 anos

37-45 anos

46 anos ou máis

Homes 4’30” 5’00” 5’15”

Mulleres 5’00” 5’30” 5’45”

B. Proba de coñecementos. Obrigatoria e eliminatoria.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo II.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N= (A-(F/3))/5.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respondidas.

C. Coñecemento da lingua galega. Obrigatoria e eliminatoria.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os/as aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación. Esta proba cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos.

Estarán dispensados de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, publicada no DOG n.º 146, do 30 de xullo de 2007.

11. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN.

11.1. A data e máis a hora na que deberá constituírse o tribunal, así como o día e a hora para o comezo do proceso selectivo convocado serán determinados polo

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 11: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

alcalde mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios do e no taboleiro de anuncios da súa sede electrónica.

A proba de coñecementos (base 10.B), a proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local (base 10.C) e a proba de coñecemento de lingua galega, para os que a teñan que realizar, (base 10.D), poderá realizarse no mesmo día, lugar e hora segundo o que determine o Tribunal cualificador.

11.2. Os aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento calquera que fora a causa que lles impedise acudir, excepto que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como no suposto de aspirantes embarazadas ou en período de parto ou postparto debidamente acreditados.

11.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, NIE, pasaporte, carné de conducir ou documento fidedigno válido en Dereito acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, e tamén dos medios materiais necesarios adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

11.4. Comezada a práctica dos exercicios, o Tribunal poderá requirirlles en calquera momento aos opositores que acrediten a súa identidade.

11.5. O Tribunal poderá requirir aos aspirantes, en calquera momento da práctica de calquera exercicio ou proba, que acrediten a súa identidade, para o que deberán estar provistos do documento nacional de identidade, permiso de condución ou pasaporte.

11.6. A publicación dos resultados obtidos en cada un dos exercicios, así como os anuncios convocando aos aspirantes para a celebración de cada exercicio, farase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste Concello.

11.7. O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar as resolucións, criterios e medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos previstos ou non nestas bases, sendo en todo caso aplicable para o non previsto na presentes bases a normativa recollida na base 1.

12. CUALIFICACIÓNS, CRITERIOS DE DESEMPATE E PROPOSTA DE CONTRATACIÓNS.

12.1. A puntuación final dos aspirantes aprobados será o resultado da suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición.

12.2. Determinada a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal Cualificador publicará nos taboleiros de anuncios da Casa Consistorial e da sede electrónica do Concello o nome dos/as aspirantes aprobados/as por orde da puntuación total final, con especificación desta, coa salvedade de que aqueles que non acaden a puntuación mínima esixida para a superación dos respectivos exercicios cualificarase coa expresión "non apto".

A relación de aprobados deberá coincidir co de prazas convocadas.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 12: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

Así mesmo, o Tribunal elevará ao alcalde a correspondente proposta de contratación a favor dos aspirantes que obtivesen as puntuacións máis altas que resulten aprobados, e en función do número de prazas convocadas, para proceder á formalización dos contratos.

O Tribunal non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas.

O Tribunal elaborará igualmente, por orde decrecente de puntuación unha lista de reserva, cun número de aspirantes que será como máximo igual ao de aprobados, na que figurarán aqueles que, aínda que superasen o proceso selectivo, non resultasen aprobados por obter unha puntuación de ordinal inferior ao número de prazas convocadas.

No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante aprobado non chegue a formalizar o contrato de traballo, o órgano convocante poderá substituílo polo seguinte na orde de puntuación da lista complementaria de reserva, de conformidade co establecido no artigo 61.8.d) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Emprego Público.

O Tribunal proporá, por orde decrecente de puntuación, a formación dunha bolsa de traballo á que se acudirá para o caso de que algunha das prazas contratadas ó abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida a estas prazas).

12.3. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

1º Mellor puntuación obtida na proba de coñecementos (test).

2º Mellor puntuación obtida no segundo exercicio (proba de coñecemento .

3º Por ser un grupo con infrarrepresentación do sexo feminino, e en aplicación do disposto no artigo 49 do Decreto Lexislativo 2/2016, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, preferencia da muller respecto do home.

4º. De seguir existindo o empate, este dirimirase por sorteo público entre os implicados, a celebrar polo Tribunal cualificador, que levantará a correspondente acta.

13. CURSO DE FORMACIÓN.

13.1. Os aspirantes que aprobasen este proceso selectivo deberán participar nun curso de formación que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública na segunda quincena do mes de maio, sen cuxo requisito non se poderá formalizar o contrato.

Para participar neste curso, os aspirantes que non posúan o título acreditativo da realización do mesmo deberán manifestar expresamente a súa autorización ao

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 13: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

Concello de Noia para que remita un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública coa súa inclusión na lista de persoas que solicitaron participar no presente proceso selectivo a fin de que se efectúe a reserva de praza en dito curso.

13.2. Aqueles que xa tivesen participado e obtivesen certificado de asistencia ao dito curso, estarán dispensados desta obriga por un período de catro anos, de acordo co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.

13.3. Os gastos que se deriven pola asistencia ó referido curso serán a cargo dos/das aspirantes.

13.4. O aspirante que non se presente ao curso ou non supere as probas que se determinen no seu caso, decaerán no dereito á formalización do correspondente contrato de traballo con este Concello.

14. LISTAXE DE PERSOAS APROBADAS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO.

14.1. No prazo de cinco (5) días hábiles seguintes ao da finalización da acción formativa referida na base anterior (base 13.1), as persoas que aprobaron o proceso selectivo e curso impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública presentarán na Oficina de Rexistro do Concello de Noia, en orixinal ou copia compulsada, os documentos que acrediten que cumpren todos e cada un dos requisitos da base 4 desta convocatoria, é dicir:

A) Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en dereito.

B) Estar en posesión da titulación de Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outros superiores.

C) Curso básico de auxiliares de policía local expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública.

D) Certificación de aptitude do Celga 2 ou superior, ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá ter superada a proba de coñecemento do idioma galego establecida na base 10, letra D).

E) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que o aspirante posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo ao que concorre.F) Declaración de non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

G) Declaración de estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.H) Declaración responsable, asinada polo aspirante, de non ter sido separado

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 14: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou á escala de funcionario e de non ter sido condenado por delito doloso, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme, para o acceso ao corpo ou á escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo aspirante, de non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. 14.2. Esta documentación tamén poderá presentarse por calquera outro medio que establezan as disposicións vixentes sempre que quede validamente acreditada a autenticidade da documentación que se presente.

14.3. Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior debidamente xustificada, algún ou algunha dos/as aspirantes propostos/as non presentara a súa documentación ou non acreditara reunir os requisitos esixidos, non se poderá proceder á súa contratación, e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilizades en que puidera ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte neste proceso selectivo.

14.5. No suposto de que todos ou algún dos aspirantes aprobados polo Tribunal cualificador das probas deste proceso selectivo estivesen en posesión do título acreditativo da realización do curso de formación que imparte anualmente a Academia Galega de Seguridade Pública, o prazo de cinco (5) días naturais establecidos na base 14.1 establécese igualmente para eles a fin de que acheguen a documentación sinalada anteriormente.

15.–FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

15.1. Transcorrido o prazo para presentar a documentación referida na base 14.1. desta convocatoria, o órgano competente acordará, mediante resolución, a contratación das persoas propostas polo Tribunal e que posuísen ou superasen o curso de formación básico de auxiliares de policía local e achegasen a documentación enunciada, incluíndose a aprobación da lista de reserva e da formación da bolsa de traballo, facéndose público este tamén no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

15.2. A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de tres (3) días naturais, a contar a partir do día seguinte á publicación do anuncio do acordo expresado no parágrafo anterior.

15.3. En tanto non se formalice o contrato e non se incorpore ao posto de traballo, os aspirantes non terán dereito a prestación económica algunha.

15.4. As persoas contratadas estarán obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 15: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

aplicable.

16. - NORMA FINAL.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, poderán ser impugnadas con carácter potestativo polos interesados mediante a interposición de recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP; ou ben directamente, mediante recurso contencioso–administrativo ante o xulgado do contencioso–administrativo, no prazo de dous meses contado dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se estime oportuno.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 16: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

ANEXO I. MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL, DE CATRO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL.

APELIDOS E NOME:

DNI:

ENDEREZO:

Rúa: Nº: Escaleira: Piso: Porta:

Código Postal: Municipio: Provincia:

Teléfono de contacto:

Tendo coñecemento da convocatoria efectuada polo Concello de Noia, para a contratación temporal, en réxime de dereito laboral, de catro auxiliares de policía local, mediante o sistema de oposición libre,

1°) SOLICITO tomar parte no devandito procedemento selectivo.

2°) DECLARO que son certos os datos consignados nesta solicitude, que os documentos que se achegan son fotocopias exactas dos respectivos orixinais e que reúno todos e cada un dos requisitos necesarios para o ingreso na función pública e os sinalados na correspondente convocatoria.

3°) ACHEGO fotocopia simple dos seguintes documentos (marcar con “x”):

Documento nacional de identidade, NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en dereito.

Certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou equivalente, ou outros superiores

Curso básico de auxiliares de policía local

Certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na correspondente proba da oposición.

Certificación de aptitude do Celga 2 ou superior, ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente.

4º) De conformidade co establecido na base 4.1. letra E), das reguladoras deste proceso selectivo, para os supostos dos interesados que non posúen o curso básico de auxiliares de policía local, DECLARO:

Que teño interese en realizar o curso básico de auxiliares de policía local que se celebrará na segunda quincena do mes de maio e, en consecuencia, autorizo Concello de Noia a que me inclúa na proposta de candidatos que remitirá á Academia Galega de Seguridade Pública para efectuar a reserva de praza para participar no mesmo.

Lugar, data e sinatura.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 17: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE NOIA

ANEXO II. TEMARIO

Tema 1. Municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

Tema 2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

Tema 4. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

Tema 5. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

Tema 6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

Tema 7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.

Tema 8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

Tema 9. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

Tema 10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

Tema 11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.

Tema 12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741

Page 18: Concello de Noia - WordPress.com...Concello de Noia persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios

Concello de Noia

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741