Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o...

12
Concello da Pastoriza (Lugo) BASES PARA A SELECCIÓN DE TRES TRABALLADORES PARA O POSTO DE PEÓN E DUN TRABALLADOR PARA O POSTO DE PEÓN - CONDUTOR PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE MEDIOS DE PREVENCIÓN E DEFENSA PARA O CONCELLO DA PASTORIZA COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL. CAMPAÑA 2016 1. OBXECTO DO CONTRATO. 1.1 Obxecto O obxecto das presentes bases é regular contratación temporal de tres traballadores, coa categoría de peón e dun traballador coa categoría de peón- condutor para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do “Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello Da Pastoriza para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, que ten por obxecto acordar a participación e colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Pastoriza, no desenvolvemento de accións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos que se inclúen neste convenio.” O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participe nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellaría competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único operativo dependente da consellería competente conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007 e o Pladiga. 1.2 Funcións do posto de traballo. Os traballadores realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa destes, durante cada un dos tres (3) meses de operatividades da brigada, con plena dispoñibilidade, incluíndo traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.

Transcript of Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o...

Page 1: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

BASES PARA A SELECCIÓN DE TRES TRABALLADORES PARA O POSTO DE

PEÓN E DUN TRABALLADOR PARA O POSTO DE PEÓN - CONDUTOR PARA A

BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

MEDIANTE A ACTUACIÓN DE MEDIOS DE PREVENCIÓN E DEFENSA PARA O

CONCELLO DA PASTORIZA COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL. CAMPAÑA

2016

1. OBXECTO DO CONTRATO.

1.1 Obxecto

O obxecto das presentes bases é regular contratación temporal de tres traballadores,

coa categoría de peón e dun traballador coa categoría de peón- condutor para a

brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do “Convenio de

Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello Da Pastoriza

para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a

actuación de brigadas de prevención e defensa, que ten por obxecto acordar a

participación e colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da

Pastoriza, no desenvolvemento de accións combinadas de prevención e defensa

contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra

estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos que se inclúen

neste convenio.”

O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa

aplicable o persoal das brigadas municipais participe nas operacións de extinción e de

remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da

consellaría competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando

único operativo dependente da consellería competente conforme ao artigo 48 .6 da Lei

3/2007 e o Pladiga.

1.2 Funcións do posto de traballo.

Os traballadores realizarán labores de prevención de incendios forestais,

sempre que non sexan requiridos para a defensa destes, durante cada un dos

tres (3) meses de operatividades da brigada, con plena dispoñibilidade,

incluíndo traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas

de noite necesarias.

Page 2: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes

funcións:

1.- Traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais: As brigadas

colaborarán prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra os

incendios forestais integrándose no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa

Contra Incendios Forestais(en adiante SPDCIF) realizarase baixo o mando único

descrito no PLADIGA. O Concello da Pastoriza adherirase ao procedemento operativo

do PLADIGA 2016 como plan director. Os traballos de extinción serán marcados

sempre por persoal do SPDCIF ao responsable da brigada. Así mesmo, cando

concorran razóns extraordinarias de emerxencia, poderán colaborar na defensa de

incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de

Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados.

2.-Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren

os danos dos incendios, no caso de producirse.

Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos

forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e

camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes

traballos.

Os traballos consistiran en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas

cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de

restos, os cales se trituraran mecanicamente e, ou no caso de que non fora

tecnicamente posible, poderán quedar acordoados.

3.-Outras necesidades en materia propia do convenio que se requiran desde o

Concello.

2. DURACION E RETRIBUCIÓNS

2.1 Duración

O contrato será por tempo determinado cunha duración de tres meses dende a súa

formalización e xornada completa.

Page 3: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

O contrato formalizarase finalizado o proceso de selección e unha vez realizado o

correspondente recoñecemento médico e o curso teórico- práctico de formación sobre

prevención e defensa contrata incendios forestais.

De acordo coa cláusula décima do Convenio o comezo de operatividade dos medios

será entre os días 1 e 31 de xullo.

2.2 Retribucións

As retribucións brutas mensuais do posto de traballo serán de 982,54 € (novecentos

oitenta e dous euros con cincoenta e catro céntimos) incluído o prorrateo das pagas

extras.

3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Serán requisitos imprescindibles:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou

nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola

Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de

traballadores. Tamén poderán participar calquera que sexa a súa nacionalidade, o

cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión

Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún

estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e

ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores,

sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións,

poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un

anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas. Tamén, quen non sendo

español nin nacional dun estado membro da Unión Europea, se encontre en España

en situación de legalidade, sendo titular dun documento que lle habilite para residir e

poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter cumprido os sesenta.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Page 4: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das

Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CC.AA.,

non atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargos públicos

por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para

exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso do persoal laboral, no que

tivera sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non

atoparse inhabilitado ou en situación equivalente non ter sido sometido a sanción

disciplinario ou equivalente que impida no seu estado, nos mesmos termos, o acceso

ó emprego público

e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de acordo co establecido na Lei

53/1984 do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das

Administracións Públicas.

g) Posuír o permiso de conducir clase B

4. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes nas oficinas municipais no prazo

de 8 días naturais, comezando a computarse dito prazo a partir do día seguinte a

publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello e na

páxina Web http://www.concelloapastoriza.es (servizos municipais/oferta de emprego

municipal)

A solicitude acomodarase ao modelo previsto nestas bases no Anexo I.

No caso de presentar a documentación a través dalgún dos medios previstos na lei

30/92 deberán poñelo en coñecemento do Concello remitindo copia da súa solicitude

co rexistro de entrada da administración onde a presente, a través do fax (982 33 22

33) ou correo electrónico ([email protected]).

Ás instancias xuntaranse a seguinte documentación:

- Copia compulsada DNI

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do

servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios

Page 5: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial

para empregos públicos por resolución xudicial, declaración xurada de non atoparse

incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade, e declaración xurada ou

certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica

incompatible có desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo,

así como que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de

esforzo que deberán realizar xunto cun recoñecemento médico previo á contratación.

Segundo anexo II

- Copia compulsada do permiso de conducir clase B

-Copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen.

5. SISTEMA DE SELECCIÓN.

O sistema de selección constará de dúas fases:

Primeira fase: concurso.

Segunda fase: oposición .

I.- FASE DE CONCURSO (Max. 3 puntos)

I. Por experiencia profesional.

Traballos realizados no mesmo posto e categoría. (Máx. 2 puntos)

a) Por ter desempeñado na Administración Pública o mesmo posto de traballo ao que

aspira: 0’20 puntos/mes acreditarse mediante certificación da Administración

correspondente ou copia compulsada do/s contrato/s e vida laboral

b) Por ter desempeñado o mesmo posto de traballo ao que aspira na empresa privada:

0’10 puntos/mes. Acreditarase mediante certificación da Empresa ou copia

compulsada do/s contrato/s e vida laboral.

Entenderase debidamente acreditada a experiencia naqueles casos en que conste

claramente a duración do contrato e a categoría profesional ou funcións

desempeñadas no posto de traballo.

II. Formación previa.

Page 6: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

Cursos relacionados co traballo a realizar impartidos ou homologados polas

administracións ou organismo públicos . ( Máximo de 1 punto)

- Cursos de duración de ata 30 horas……..…..0,10 puntos

- Cursos con duración de 31-100 horas………..0,20 puntos

- Cursos con duración superior a 100 horas……0,50 puntos

Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non

queden debidamente acreditados en tódolos seus extremos no momento de

presentación de instancias. Asemade, non se terán en conta aqueles méritos

alegados e aportados con posterioridade ao remate do prazo de presentación de

instancias.

II.-FASE DE OPOSICIÓN.

A fase de oposición consistirá nunha proba práctica fixada pola comisión de

valoración relacionada coas actividades de extinción de incendios, manexo e

conservación das ferramentas a empregar no posto de traballo.

No caso dos aspirantes ao posto de peón –condutor incluiranse ademais unha proba

práctica dirixidas a constatar o grado de coñecemento no manexo, mecánica e

mantemento de vehículos todoterreo.

Será cualificado cunha puntuación máxima de ata 7 puntos.

A puntuación total de cada aspirante virá determinada pola suma dos puntos acadados

nas dúas fases.

6. TRIBUNAL SELECCIONADOR .

6.1 Nomeamento

A comisión de valoración será nomeada por Decreto da Alcaldía e a súa composición

deberá responder aos principios de imparcialidade e profesionalidades dos seus

membros.

6.2 Composición

A comisión de valoración estará integrada por:

Page 7: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

-Presidente: un funcionario ou persoal laboral dunha administración local ou outra

administración.

-Vogais:

un funcionario ou persoal laboral dunha administración local ou outra administración.

un funcionario ou persoal laboral dunha administración local ou outra administración.

-Secretario: o do Concello ou funcionario ou persoal laboral do Concello ou de outra

administración en quen delegue, sen voz nin voto.

A composición da comisión publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na

páxina web xunto coa data de realización das probas e a lista de admitidos.

6.3 Constitución

A comisión quedará validamente constituída coa presenza de tres dos seus membros,

sendo en todo caso necesaria a presenza do presidente e do secretario.

A pertenza a comisión de valoración será sempre a título individual non podendo

ostentarse esta en representación o por conta de ninguén.

6.4. Actuación da comisión do Tribunal

A actuación da comisión deberá axustarse estritamente ás bases da convocatoria. Non

obstante, queda facultada para resolver as dúbidas que podan xurdir e tomar os

acordos necesarios para o bo orde das probas en todo o non previsto nestas bases.

Os acordos serán adoptados pola maioría dos asistentes con voz e voto, dirimindo os

empates o voto de calidade do presidente.

6.6. Incorporación de asesores e persoal de colaboración

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores

especialistas cando as circunstancias, a natureza das probas ou a valoración dos

méritos así o aconselle, así como de colaboradores en tarefas de vixilancia e control

do desenvolvemento dos diferentes exercicios.

6.7 Pagamento de asistencia e gastos de desprazamento.

Os integrantes do Tribunal terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións do tribunal,

ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no

Real Decreto 236/88, de 4 de marzo, tendo en conta as actualizacións desta vixentes

Page 8: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

na data da realización das probas. Así mesmo, os membros que teñan que

desprazarse desde outro termo municipal, terán dereito a gastos de viaxe.

7. DESENVOLVEMENTO DA SELECCIÓN.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias o alcalde ditará a

correspondente Resolución aprobando a lista de admitidos e excluídos, na cal tamén

se fará pública a composición da Comisión de Valoración, o día e hora en que se

valorarán os méritos dos aspirantes, dita resolución publicarase no taboleiro de

anuncios do concello e na súa páxina web (www.concelloapastoriza.es)

Finalizada a fase de concurso (valoración de méritos), farase público o resultado no

taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, fixándose un prazo de TRES (3)

DÍAS HÁBILES para que os aspirantes que o desexen podan pedir a revisión das súas

puntuacións. A tal fin, haberá que presentar a correspondente solicitude no rexistro

xeral do Concello.

Unha vez finalizado o prazo de revisión e unha vez resoltas, no seu caso, as revisións

solicitadas, publicarase no taboleiro de anuncios e páxina web do Concello a

valoración definitiva dos méritos dos aspirantes, así como a data e lugar da

celebración da proba práctica, cunha antelación mínima de 24 hs.

Ao remate de cada fase farase pública a lista de cualificacións así como o lugar, data e

hora de celebración da siguiente proba.

As probas, a elección da comisión de valoración, poderán celebrarse sempre que o

número dos aspirantes o permita nunha mesma xornada nunha ou varias quendas. No

caso de que debido o número de aspirantes non fora posible a realización da proba

práctica no mesmo día, realizarase esta en varias días comunicándolle os aspirantes a

hora e día da súa realización.

8. RELACIÓN ORDENADA DE ASPIRANTES E PROPOSTA DE CONTRACIÓN.

Unha vez finalizado o proceso de selección, a Comisión de Valoración levantará acta

Page 9: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

onde conste a valoración de cada un dos aspirantes e formulará proposta de

contratación a favor daqueles aspirantes que obtivesen maior puntuación.

Os traballadores seleccionados estarán obrigado a realizar antes da súa contratación,

un recoñecemento médico presentado o correspondente certificado médico, unha

proba física de esforzo así como un curso teórico-práctico de formación sobre

prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas que será impartido por

persoal competente na materia nos días, horas e lugares que estableza o Concello da

Pastoriza.

A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo, ou ben a

non realización do referido curso, será causa de non contratación do traballador/a

seleccionado/a.

Unha vez rematado o proceso selectivo e realizado o recoñecemento médico e o curso

de formación, o alcalde, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá a

formalizar o correspondente contrato á maior brevidade.

O contrato axustarase á modalidade de obra ou servizo, a tempo completo na que se

recollerán as funcións a desenvolver polo/a traballador/a e as retribucións que

correspondan no seu caso, e axustarase ao previsto na lexislación laboral aplicable.

9. BOLSA DE TRABALLO

Cos traballadores que tendo superado o proceso non resultaran seleccionados,

formarase unha bolsa de traballo por orde de puntuación para chamamentos en caso

de baixa temporal ou definitiva dalgún dos seleccionado. A duración desta bolsa será

polo tempo que dure o servizo subvencionado e o Convenio para a Prevención e

Defensa contra incendios Forestais para o ano 2016.

10. NORMATIVA

NORMATIVA APLICABLE

-No non sinalado nas presentes bases de selección estarase ao previsto na normativa

básicas sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais

Page 10: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

normas que resulten de aplicación.

-Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

-Real decreto lexislativo 781/1986, de 19 de abril, polo que se aproba o Texto

refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

-Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto

refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

-Lei 53/1984, de 26 de decembro de incompatibilidades do persoal ao servizo das

administracións públicas.

-Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

do Estatuto dos Traballadores.

-Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común.

A Pastoriza, 1 de xullo de 2016

P.D

(Resolución de Alcaldía de 15 de xuño de 2015)

A tenente de alcalde

Elva Carrera González

Page 11: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

ANEXO I

MODELO DE INSTANCIA.

1.- POSTO DE TRABALLO AO QUE OPTA

POSTO DE _______________________________________ PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE MEDIOS DE PREVENCIÓN E DEFENSA PARA O CONCELLO DA PASTORIZA. CAMPAÑA 2016.-

2.- DATOS PERSOAIS

APELIDOS NOME

ENDEREZO

DNI TELEFONO

Nº SEGURIDADE SOCIAL DATA DE NACEMENTO

SOLICITA:

Participar nas probas selectivas, a que se refire a presente instancia, facendo constar que tódolos datos consignados son certos e que reúno todas e cada unha das condición esixidas, referidas á data do remate do prazo sinalado para a presentación da instancia, nas bases que declaro coñecer

A PASTORIZA ............... , ............................... de 2016.

Asdo. ..................................................

Documentación que se achega: Fotocopia compulsada do DNI Declaración xurada anexo II Documentación xustificativa dos méritos alegados (fotocopias compulsadas ou

orixinais) Fotocopia compulsada do carnet de conducir (B)

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DA PASTORIZA

En virtude do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informáselles que os datos de carácter persoal aportados incluiranse nos nosos ficheiros automatizados ou non, coa finalidade de ser utilizados única e exclusivamente no proceso de selección para a praza convocada polo CONCELLO DA PASTORIZA conforme coas bases que se achegan. Unha vez finalizado o proceso procederemos a eliminación de toda a documentación facilitada polos participantes en dito proceso conforme coa lexislación vixente nesta materia. Así mesmo poderá En calquera momento exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á Concello da Pastoriza, Praza de Galicia,1 27287 A Pastoriza.-

Page 12: Concello da Pastoriza (Lugo) - concelloapastoriza.es€¦ · Concello da Pastoriza (Lugo) Segundo o disposto na cláusula sétima do convenio a brigada realizará as seguintes funcións:

Concello da Pastoriza (Lugo)

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D/Dª......................................................................., con DNI nº.............................e

domicilio a efectos de notificación en ...........................................................en relación

as bases aprobadas polo Concello da PASTORIZA por Decreto da alcaldía de data 1

de xullo para a selección de un traballador para o posto de

……………………………………………………....... da brigada de prevención e defensa

contra incendios forestais do Concello da Pastoriza, en réxime de persoal laboral

temporal.

DECLARO:

- Que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera

administración pública ou órgano constitucional ou estatutario da Comunidade

Autónoma.

- Que non me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por

resolución xudicial.

- Que non me atopo incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

-Que non padezo enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co

desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo, así como que

reúno as condicións físicas necesarias para o posto de traballo.

A Pastoriza, …………….. de ....................................de 2016.

Asdo........................................................

En virtude do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informáselles que os datos de carácter persoal aportados incluiranse nos nosos ficheiros automatizados ou non, coa finalidade de ser utilizados única e exclusivamente no proceso de selección para a praza convocada polo CONCELLO DA PASTORIZA conforme coas bases que se achegan. Unha vez finalizado o proceso procederemos a eliminación de toda a documentación facilitada polos participantes en dito proceso conforme coa lexislación vixente nesta materia. Así mesmo poderá En calquera momento exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á Concello da Pastoriza, Praza de Galicia,1 27287 A Pastoriza.-