Con sentimento - Personalized Education · Conto cun amigo de lei e cunha inimiga declarada. El...

10
24 1 Con sentimento Presentación A unidade comeza cun fragmento d’O caderno azul, de An Alfaya, un libro moi emotivo que protagoniza Anxélica, unha nena de 11 anos contaxiada polo virus da sida. A rapaza vai escribindo no ca- demo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis pro- fundos, cunha expresión sinxela e familiar para o alumnado. A Lectura serve, ademais, para presentar o campo semántico desta unidade: os sentimentos. Ese é precisamente o léxico que se recolle no Vocabulario, onde ademais se traballa o uso do dicionario e a interpretación das dis- tintas informacións que achega cada entrada. O apartado de Gramática ofrece un brevísimo e sinxelo panorama da lingua galega a través dos séculos, facendo fincapé na súa con- dición de lingua romance e de lingua oficial da nosa comunidade. Na dobre páxina de Ortografía lémbrase o concepto de sílaba e a clasificación das palabras segundo o seu número de sílabas. Tamén, explícanse as normas para partir as palabras a final de li- ña. Todos eles son contidos estudados en cursos previos e que non deben ofrecer maior dificultade para o alumnado. En calque- ra caso, cómpre afianzalos e traballalos coas actividades que se propoñen. O apartado de Expresión explica o procedemento para escribir unha carta. A partir dun modelo, indícanse os elementos e as fór- mulas características desta tipoloxía textual para que a partir de aí, e de acordo cunhas pautas dadas, os alumnos elaboren os seus propios textos. A Literatura explica dunha forma moi sinxela, e por medio de acti- vidades de aplicación, que son os textos literarios e que os dife- rencia doutro tipo de textos. A sección dedicada a mostrar algúns aspectos da nosa cultura co- meza cunha breve exposición sobre a biblioteca, que, como os es- tudantes, se prepara no mes de setembro para o comezo do cur- so. Ao fío dos datos proporcionados e mais dun poema para ilustrar os contidos, trabállanse a competencia en comunicación lingüística, o sentido da iniciativa para desenvolverse sós en espa- zos fóra do contorno doméstico e a competencia matemática. Relación dos contidos mínimos da unidade Utilizar o dicionario. Coñecer brevemente a historia da lingua galega. Clasificar palabras segundo o seu número de sílabas. Partir palabras correctamente a final de liña. Escribir unha carta. Identificar un texto literario. Intelixencias múltiples Nesta primeira unidade é conveniente que os alumnos se pre- senten para coñecerse mellor e saber como se senten ao come- zo do curso, especialmente aqueles rapaces e rapazas que che- gan novos ao centro. Na epígrafe «Aprendizaxe cooperativa» ofrecemos algunhas propostas de carácter lúdico quelles poden axudar nese sentido. Tamén é fundamental que o docente favoreza un ambiente de confianza cos seus alumnos e alumnas e entre os propios com- pañeiros. O profesor ou profesora irá coñecendo o alumnado ao longo de todo o curso, pero nestes primeiros días de clase o seu papel de observador resulta particularmente importante. Cómpre que descubra as intelixencias predominantes de cada- quén, cales son as formas de aprendizaxe máis axeitadas para cada alumno e alumna, que capacidades ten cada un, etc. Suxestións metodolóxicas Nesta primeira unidade, os alumnos repasarán algúns contidos xa estudados no ciclo anterior. Será importante fixar desde o principio hábitos de traballo, co- mo copiar os textos con atención e limpeza, subliñar as ideas máis importantes, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, utilizar o dicionario, etc. Aproveitarase para falar sobre a experiencia persoal dos rapaces e rapazas nestes primeiros días de clase. Aprendizaxe cooperativa Nestes primeiros días de curso, suxerimos realizar xogos de pre- sentación, de maneira que os alumnos e alumnas se coñezan mellor, vaian collendo confianza e se afagan a traballar en grupo. Así, por exemplo, poden autopresentarse ao recibir a pelota que lles lanza un compañeiro ou compañeira: é o xogo da pelota quente. Os nenos e nenas formarán un círculo, sentados ou de pé. O profesor ou profesora explicará que a persoa que reciba a pelota deberá indicar os seguintes datos persoais: nome ou apelativo polo que lle gusta que lle chamen, o lugar onde naceu e onde vive, os seus gustos, os seus desexos, soños… Atopará máis exemplos de xogos de presentación e coñece- mento no libro Técnicas e xogos cooperativos para todas as ida- des, de Xesús R. Jares (publicado por Edicións Xerais).

Transcript of Con sentimento - Personalized Education · Conto cun amigo de lei e cunha inimiga declarada. El...

24

1 Con sentimento

Presentación

A unidade comeza cun fragmento d’O caderno azul, de An Alfaya, un libro moi emotivo que protagoniza Anxélica, unha nena de 11 anos contaxiada polo virus da sida. A rapaza vai escribindo no ca-demo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis pro-fundos, cunha expresión sinxela e familiar para o alumnado. A Lectura serve, ademais, para presentar o campo semántico desta unidade: os sentimentos.

Ese é precisamente o léxico que se recolle no Vocabulario, onde ademais se traballa o uso do dicionario e a interpretación das dis-tintas informacións que achega cada entrada.

O apartado de Gramática ofrece un brevísimo e sinxelo panorama da lingua galega a través dos séculos, facendo fincapé na súa con-dición de lingua romance e de lingua oficial da nosa comunidade.

Na dobre páxina de Ortografía lémbrase o concepto de sílaba e a clasificación das palabras segundo o seu número de sílabas. Tamén, explícanse as normas para partir as palabras a final de li-ña. Todos eles son contidos estudados en cursos previos e que non deben ofrecer maior dificultade para o alumnado. En calque-ra caso, cómpre afianzalos e traballalos coas actividades que se propoñen.

O apartado de Expresión explica o procedemento para escribir unha carta. A partir dun modelo, indícanse os elementos e as fór-mulas características desta tipoloxía textual para que a partir de aí, e de acordo cunhas pautas dadas, os alumnos elaboren os seus propios textos.

A Literatura explica dunha forma moi sinxela, e por medio de acti-vidades de aplicación, que son os textos literarios e que os dife-rencia doutro tipo de textos.

A sección dedicada a mostrar algúns aspectos da nosa cultura co-meza cunha breve exposición sobre a biblioteca, que, como os es-tudantes, se prepara no mes de setembro para o comezo do cur-so. Ao fío dos datos proporcionados e mais dun poema para ilustrar os contidos, trabállanse a competencia en comunicación lingüística, o sentido da iniciativa para desenvolverse sós en espa-zos fóra do contorno doméstico e a competencia matemática.

Relación dos contidos mínimos da unidade

•Utilizar o dicionario.

•Coñecer brevemente a historia da lingua galega.

•Clasificar palabras segundo o seu número de sílabas.

•Partir palabras correctamente a final de liña.

•Escribir unha carta.

• Identificar un texto literario.

Intelixencias múltiples

•Nesta primeira unidade é conveniente que os alumnos se pre-senten para coñecerse mellor e saber como se senten ao come-zo do curso, especialmente aqueles rapaces e rapazas que che-gan novos ao centro. Na epígrafe «Aprendizaxe cooperativa» ofrecemos algunhas propostas de carácter lúdico quelles poden axudar nese sentido.

•Tamén é fundamental que o docente favoreza un ambiente de confianza cos seus alumnos e alumnas e entre os propios com-pañeiros. O profesor ou profesora irá coñecendo o alumnado ao longo de todo o curso, pero nestes primeiros días de clase o seu papel de observador resulta particularmente importante. Cómpre que descubra as intelixencias predominantes de cada-quén, cales son as formas de aprendizaxe máis axeitadas para cada alumno e alumna, que capacidades ten cada un, etc.

Suxestións metodolóxicas

•Nesta primeira unidade, os alumnos repasarán algúns contidos xa estudados no ciclo anterior.

•Será importante fixar desde o principio hábitos de traballo, co-mo copiar os textos con atención e limpeza, subliñar as ideas máis importantes, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, utilizar o dicionario, etc.

•Aproveitarase para falar sobre a experiencia persoal dos rapaces e rapazas nestes primeiros días de clase.

Aprendizaxe cooperativa

•Nestes primeiros días de curso, suxerimos realizar xogos de pre-sentación, de maneira que os alumnos e alumnas se coñezan mellor, vaian collendo confianza e se afagan a traballar en grupo. Así, por exemplo, poden autopresentarse ao recibir a pelota que lles lanza un compañeiro ou compañeira: é o xogo da pelota quente.

Os nenos e nenas formarán un círculo, sentados ou de pé. O profesor ou profesora explicará que a persoa que reciba a pelota deberá indicar os seguintes datos persoais:

– nome ou apelativo polo que lle gusta que lle chamen,

– o lugar onde naceu e onde vive,

– os seus gustos,

– os seus desexos, soños…

•Atopará máis exemplos de xogos de presentación e coñece-mento no libro Técnicas e xogos cooperativos para todas as ida-des, de Xesús R. Jares (publicado por Edicións Xerais).

25

ESQUEMA DA UNIDADE

Lectura:

An Alfaya: O caderno azul, Edicións Xerais, col. Merlín

Comprensión e expresión

Vocabulario:

De todo corazón

O dicionario

Gramática:

A lingua galegaEstudo da lingua

Expresión oral e escrita:

A carta

Literatura:

Os textos literarios

A nosa cultura:

O Día da Biblioteca

Situación comunicativa:Con sentimento

Ortografía:

As palabras e as sílabas

A partición de palabras

Educación en valores

•Empatía e respecto. A lectura e a Expresión darán pé para traba-llar estes valores esenciais nas relacións familiares e básicos para vivir en sociedade.

•Responsabilidade. Hábito que debe ir fixándose desde o prin-cipio, tanto no coidado do material como na realización das ta-refas.

•Autoestima. Como educadores, debemos fomentar o apego á nosa lingua, o amor pola familia e a valoración das propias vi-vencias.

Recursos e materiais

A editorial Anaya dispón dos seguintes materiais de apoio para a área de Lingua de 5.º de Primaria:

•O CD-Audio que acompaña o libro do alumno.

•Dicionario de lingua (Dicionario Xerais de Primaria).

•Caderno complementario ao libro do alumno.

•Cadernos de ortografía e murais ortográficos.

•Murais de conxugacións verbais.

•Libro dixital.

•Recursos fotocopiables da Proposta didáctica.

•Bibliografía:

– Roald Dahl: A marabillosa medicina de George, Edicións Xerais, col. Merlín.

– Mira Lobe: A avoíña da maceira, Ed. Juventud.

• Información de interese:

– Dicionario da Real Academia Galega:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

– Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil:

http://www.filix.org/home.html

– Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es

– Breve percorrido pola historia da lingua galega:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.

26

4 5

1

1 Con sentimento

Todos os rapaces e rapazas que teñades un avó coma o meu podedes estar ledos coa vosa sorte, pois con que vos queira só a metade do que me quere a min, xa é unha barbaridade. Chámo-me Anxélica e vivo con el en Vigo, nunha casa con horta, onde podo respirar un aire puro e limpo. Meus pais e mais a miña úni-ca irmá, Marta, residen na Coruña. O porqué de non estar eu con eles é algo que saberedes ao seu tempo.

Conto cun amigo de lei e cunha inimiga declarada. El cavila dabondo e ten desacougo*. Son distintos como a cara e a cruz dunha moeda. Chámanse Xurxo e Rita. Somos compañeiros de clase. Coñeceredes as súas inquedanzas* por eles mesmos.

Xa postos, vouvos falar das miñas afeccións. Gústame o atletis-mo, aínda que agora non podo correr porque rompín a cadeira xogando un partido de balonmán. Vaia faena! Tamén escribo poemas; sérvenme de relax despois do exercicio físico. Combi-nando as dúas cousas consigo estar de bo humor acotío.

No colexio vou pasar para sexto de Primaria e, como podedes supoñer, a miña materia favorita é a ximnasia. Se tedes interese en saber máis cousas de min, atoparedes unha chea delas nos apun-tamentos do meu caderno azul.

O caderno azul foi un agasallo do avó David. Nas súas páxi-nas escribo cun lapis de mina vermella. Para pechalo, póño-lle arredor dúas cintas do pelo, e dentro anoto moreas de pensamentos, desexos, andanzas e segredos. Supoño que chegou o momento de compartilo convosco.

Empeza así:

Querido caderno azul,vou bordar nas túas follas

soños e lembranzas,páxinas de alegría

mesturadas de inquedanzas,camiños descoñecidos

que conducen á esperanza.

desacougo: Estado de intran-quilidade.

inquedanza: Desexo de coñe-cer cousas novas.

Anxélica é unha nena de once anos. Está enferma e vive co seu avó David, a quen adora. Neste li-bro, fálanos dos seus amigos e do que lle gusta facer.

Acerca da lectura

An Alfaya: O caderno azul, Edicións Xerais, col. Merlín.

LECTURA

Suxestións metodolóxicas

•Antes de comezar a lectura, propoñemos o comentario en gran grupo dos debuxos que a ilustran. É conveniente que teñan en con-ta o título: Que personaxe aparece? Onde está? Como vai vestida? Que idade cres que terá? Que fai?

•Antes de pasar á lectura do texto por parte dos alumnos, recomén-dase ler e explicar o vocabulario que figura na marxe do texto, co fin de que a lectura sexa fluída e sen interrupcións.

• Tamén é aconsellable ler as breves indicacións «Acerca da lectura» para contextualizar a historia.

• Tras a audición do texto ou a súa lectura por parte do profesor ou da profesora, pode ser lido en voz alta e por quendas polos nenos e nenas da clase.

•A estas idades, moitos rapaces e rapazas comezan a escribir os seus diarios. Cómpre animalos a que o fagan e fomentar así este tipo de textos e este modo de expresión de vivencias e sentimentos. Xa no curso anterior estudaron a estrutura dun diario e saben como re-dactalo; se é preciso, pódese facer un repaso.

•An Alfaya (Vigo, 1964) é diplomada en Maxisterio e en Criminoloxía. Na actualidade, compaxina o seu traballo como criminóloga coa creación literaria, actividade esta última pola que recibiu numerosos galardóns. Cultiva a narrativa e o teatro, e súa extensa obra vai diri-xida tanto aos lectores máis novos como ás persoas adultas.

•O cademo azul é un libro moi emotivo centrado no tema do conta-xio da sida, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica, vai escribindo no cademo azul que lle regalou o seu avó os seus senti-mentos máis profundos. A historia váisenos desvelando ao longo das catro estacións do ano, en anaquiños moi breves, cunha lin-guaxe moi sinxela. Texto valente, verosímil, ben construído, reivindi-ca sen sentimentalismos os valores da amizade e a solidariedade entre os preadolescentes.

Actividade de reforzo

1 Reflexiona e responde:

– Con quen vives ti?

– Como é a túa relación cos teus avós? Tes un especial apego cara a algún deles?

– Tes un mellor amigo ou unha mellor amiga? Quen?

– Cales son as túas afeccións?

Solución: resposta aberta.

Aprendizaxe cooperativa. A lectura colectiva do texto pode fa-cerse en grupos de catro.

– Cada membro do equipo lerá un parágrafo en voz alta.

– O seguinte explicará ou resumirá o parágrafo.

– Os demais decidirán se están de acordo coa explicación, se o resumo é correcto ou se hai que engadir ou matizar a informa-ción.

– Despois, continuará coa lectura do seguinte parágrafo ese se-gundo membro que acaba de resumir, para repetir a secuencia ata que remate o texto.

Suxerimos, ademais, facer un «diario de clase» entre todos.

– Reunidos en grupos de catro, anotarán o que lles pareceu máis destacado do día.

– Cada grupo nomeará un vocal, que será o encargado de poñer en común as anotacións que foron tomando.

– O profesor ou profesora anotará no encerado as achegas de cada grupo, de maneira que non se repitan.

– Logo, entre todos, ordenarán as anotacións.

– Cada grupo encargarase, finalmente, de redactar un parágrafo da páxina do diario.

27

Reflexiono

3 Por esta orde: Anxélica, once; meu avó, Vigo; vivo nunha casa con horta e se respira aire puro; na Coruña; irmá, Marta; Xurxo; o deporte e escribir poemas; ximnasia.

4 Nun caderno azul. Regaloullo seu avó.

• Escribe porque lle gusta contar os seus «pensamentos, desexos, an-danzas e segredos».

•Diario.

5 O avó David: quéreo «unha barbaridade».

A súa irmá Marta: non fala dos seus sentimentos cara a ela.

Xurxo: afecto, respecto (é un «amigo de lei»).

Rita: antipatía (é unha «inimiga declarada»).

6 Resposta aberta.

Escribo correctamente

7 Resposta aberta.

Elaboro a ficha de lectura

8 An Alfaya: O caderno azul, Edicións Xerais.

Protagonista da historia: Anxélica.

Outros personaxes: o avó David, Xurxo, Rita, a irmá (Marta), os pais.

Resumo: resposta aberta.

ESCOITO E FALO

1 •Anxélica e a súa irmá Marta.

•Anxélica está en Vigo. Marta, na Coruña.

•Anxélica vive co seu avó. Marta vive cos pais.

2 Resposta de aplicación práctica.

3 Resposta aberta.

COMENTARIO DA LECTURA

Unidad

e

6 7

1C omentario da lectura

Chámome ............................. e teño ................ anos.

Vivo co ....................................... en ..................... .

Gústame onde vivo porque ....................................... .

Meus pais viven .................................... .

Tamén teño unha ................................... que se chama ......................... .

O meu mellor amigo chámase ........................ .

As miñas afeccións son .................................................................................................... .

A miña materia preferida é ....................................... .

Comprendo as palabras

1 Busca no parágrafo indicado un sinónimo de cada unha destas pala-bras:

parágrafo 1 ➝ alegres viven a causa

parágrafo 2 ➝ reflexiona bastante impaciencia

parágrafo 3 ➝ intereses descanso a diario

parágrafo 5 ➝ regalo montóns vivencias

parágrafo 6 ➝ recordos acompañadas preocupacións

2 Anxélica escribe no caderno os seus segredos. Fíxate nestas definicións do dicionario e escribe unha oración con cada palabra:

segredo s. m. Cousa que non se debe dicir ou non debe ser do coñe-cemento doutros.

secreto, -a adx. Oculto, reservado; aplícase ás cousas cuxo coñece-mento se limita a un número reducido de persoas, con coidado de que non o saiban os demais.

Reflexiono

3 A continuación tes a ficha de presentación da protagonista. Cópiaa no teu caderno e cúbrea cos seus datos:

4 Onde escribe Anxélica? Quen llo regalou?

•Por que escribe?

•Lembras como se chama o caderno onde un escribe ese tipo de cousas?

5 Na vida de Anxélica, as relacións cos demais son moi importantes. Di que tipo de sentimentos terá cara a estes personaxes:

o avó David a súa irmá Marta Xurxo Rita

6 Copia no caderno unha ficha como a da páxina anterior e fai a túa pre-sentación. Podes eliminar datos, ou engadir outros, como as materias que menos che gustan do colexio, se vas a algunha actividade extraes-colar, se tocas algún instrumento musical, etc.

Escribo correctamente

7 Fíxate e escribe unha oración con cada palabra:

avó limpo inimiga ximnasia interese

Elaboro a ficha de lectura

8 Copia e completa a ficha do libro ao que pertence o texto da lectura:

LembraOs sinónimos son pala-bras de significado igual ou moi semellante.

•Nome da autora:

•Título:

•Editorial:

•Protagonista da historia:

•Outros personaxes que aparecen:

•Resumo do que conta o texto:

Falo por teléfono.

1 Escoita a conversa e contesta:

•Quen cres que está falando? E a través de que falan?

•Onde está cada unha das nenas?

•Con quen vive cada nena?

2 Por parellas, preparade unha conversa telefónica entre o avó e a súa filla, a nai de Anxélica.

3 Explica cales son as persoas máis importantes na túa vida e por que.

ESCOITO E FALO2

Suxestións metodolóxicas

• É importante que os alumnos e alumnas se afagan a elaborar fichas, pois axudan a entender o lido, a abstraer as ideas máis importantes e a recordalas dunha soa ollada. Por iso, xa nesta primeira unidade ofrécense dous modelos.

• Suxerimos, ademais, crear ficheiros temáticos. Por exemplo: un fi-cheiro de fichas de lectura; outro, de contidos gramaticais; outro, de regras ortográficas; outro, de refráns, etc.

•O comentario da lectura organízase en varias epígrafes, de maneira o alumnado se afaga a seguir unha orde e unha estrutura na análise dun texto. Repare neses apartados, que se repiten en todas as uni-dades, para que os nenos e nenas se decaten de que primeiro cóm-pre entender as palabras; logo, entender o sentido do texto; e por último, falar do texto, aplicalo á experiencia persoal, etc.

•No espazo que chamamos «Escoito e falo» (ou «Investigo e falo», ou «Observo e falo»…) inclúense unha serie de actividades destina-das ao desenvolvemento da atención, da escoita atenta e da expre-sión oral e escrita. Ao final de cada trimestre desta Proposta didác-tica atopará os textos que se locutaron.

Solucións das actividades

Comprendo as palabras

1 Alegres – ledos

reflexiona – cavila

intereses – afeccións

regalo – agasallo

recordos – lembranzas

2 Resposta aberta. Suxestión:

– Se contas o teu segredo xa deixa de ser tal!

– O meu cuarto é o meu recuncho secreto.

28

Unidad

e

8 9

1V

OC

AB

ULA

RIO De todo corazón

1 Relaciona cada personaxe do debuxo co sentimento que amosa:

abraio

enfado

ledicia

medo

vergonza

mágoa

2 Asocia cada sentimento coa súa manifestación:

amizade

amor

dor

felicidade

lamento

sorriso

aperta

bico

3 Ordena de menor a maior intensidade do sentimento:

a) gargallada – sorriso – riso c) medo – susto – pánico

b) antipatía – odio – xenreira d) chorar – saloucar – choromicar

4 Une cada frase feita co seu significado:

Ter un corazón de ouro.

Estar no sétimo ceo.

Andar medio mosca.

Poñer cara fea.

Sentirse moi a gusto.

Dar mostras de desgusto.

Ser moi boa persoa.

Desconfiar, sospeitar.

5 Escolle un destes refráns e explica o seu significado:

– «O que ten mala cara non pode ter bos feitos».

– «O que non chora non mama».

– «Amigo do meu amigo meu amigo é».

– «Día de marzo, entra rindo e sae chorando».

colexio s.m. 1. Centro de ensino infantil, primario ou secundario: Un compañeiro de colexio. sin. escola. 2. Asociación de persoas dunha mesma profesión para a defensa dos seus intereses: Colexio de ar-quitectos.

Clase de palabra. Indica a clase de pa-labra que é (substantivo, verbo...).

Acepcións. Cada un dos significados que ten esa palabra. Aparecen numeradas.

Exemplos de cada acepción; normalmente, destacados noutro tipo de letra.

Entrada. Palabra que se define.

6 Ordena alfabeticamente as seguintes palabras:

borrador

caderno

estoxo

xiz

lapis

regra

papeleira

folla

afialapis

cadeira

mochila

goma

1 Copia no teu caderno as palabras que aparecen no dicionario entre escola e estudar:

escuadra

escribir

esfera

ensinar

espiral

esquema

estrutura

etcétera

esqueleto

estudo

2 A clase de palabra aparece abreviada nos dicionarios. Escribe o sig-nificado das seguintes abreviaturas:

s.: substantivo

adx.: ...

prep.: ...

conx.: ...

pl.: plural

v.: ...

dem.: ...

adv.: ...

f.: feminino

m.: ...

pron.: ...

excl.: ...

USO O DICIONARIO

náusea

gargallada

bágoa

arrepío

tristeza

noxo

medo

alegría

O dicionario

6

432

1 5

VOCABULARIO

Suxestións metodolóxicas

•Aínda que os alumnos destas idades xa deberían dominar o abece-dario, convén repasar a orde alfabética, esencial para as buscas no dicionario, que son unha práctica habitual na área de Lingua.

• Recomendamos o uso do Dicionario Xerais de Primaria ou do Pequeno dicionario Xerais da lingua.

•Ademais, é importante que os alumnos e alumnas se vaian familiari-zando con outros dicionarios (á parte dos xerais). Por iso, propoñe-mos unha visita á biblioteca do centro para coñecer a variedade que existe e que información achegan. Neste nivel, non é necesario que manexen dicionarios demasiado especializados, pero si os bi-lingües, os de sinónimos, os enciclopédicos, etc.

Solucións das actividades

1 1 Ledicia, 2 enfado, 3 mágoa, 4 vergonza, 5 abraio, 6 medo.

2 Amizade → aperta, amor → bico, dor → lamento, felicidade → sorriso.

Tristeza → bágoa, noxo → náusea, medo → arrepío, alegría → garga-llada.

3 a) sorriso – riso – gargallada

b) antipatía – xenreira – odio

c) susto – medo – pánico

d) choromicar – chorar – saloucar

4 Ter un corazón de ouro. → Ser moi boa persoa.

Estar no sétimo ceo. → Sentirse moi a gusto.

Andar medio mosca. → Desconfiar, sospeitar.

Poñer cara fea. → Dar mostras de desgusto.

5 – «O que ten mala cara non pode ter bos feitos»: a cara reflicte a forma de ser das persoas; daquela, unha «mala cara» non augura nada bo.

– «O que non chora non mama»: o que non pide non recibe.

– «Amigo do meu amigo meu amigo é»: os meus amigos son boas persoas; daquela, a xente que os rodea de seguro que tamén o son, e por iso considéroos igualmente amigos meus.

– «Día de marzo, entra rindo e sae chorando»: en marzo, os días co-mezan con sol pero acaba chovendo.

6 Afialapis, borrador, cadeira, caderno, estoxo, folla, goma, lapis, mo-chila, papeleira, regra, xiz.

USO O DICIONARIO

1 Escribir, escuadra, esfera, espiral, esqueleto, esquema, estrutura.

2 adx.: adxectivo; v.: verbo; m.: masculino; prep.: preposición; dem.: de-mostrativo; pron.: pronome; conx.: conxunción; adv.: adverbio; excl.: exclamativo.

Actividades de ampliación

1 Un alumno dirá páxinas do dicionario e os demais indicarán as pala-bras guía correspondentes.

Solución: resposta aberta.

2 Agrupar os alumnos por parellas. Un buscará no dicionario dez palabras e o seu compañeiro encargarase de ordenalas alfabetica-mente.

Despois, cambiarán os papeis.

Solución: resposta aberta.

29

GRAMÁTICA

Unidad

e

10 11

1G

RA

TIC

A A lingua galega

1 De que lingua procede o galego?

•Di cales destas linguas teñen a mesma orixe que o galego:

inglés – portugués – catalán – alemán – francés

2 Cal era a situación do galego nos Séculos Escuros?

Fíxate

O Estatuto de Autono-mía de Galicia, aproba-do en 1981, é a norma básica da nosa comuni-dade autónoma. Nel se definen a organización do territorio, a cooficiali-dade do galego, os sím-bolos de Galicia, etc.

3 Busca información na Galipedia sobre o Rexurdimento e completa cos datos do recadro que correspondan:

•... é o título do poemario que inaugurou o Rexurdimento. A súa autora foi ... .

•A letra do himno galego está tirada dun poema de ... titulado ... .

•... escribiu Aires da miña terra.

4 Le con atención o seguinte texto e responde as preguntas:

A lingua dos habitantes dos castros

É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, ho, castelán tam-pouco, nin inglés. Na época na que en Galicia non se falaba aínda galego, hai máis de dous mil anos, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, descoñecían o inglés completamente.

Que se falaba logo aquí naquel tempo? Pois como os «galegos» de entón non escribían, da lingua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunhas palabras que aínda conservamos: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, al-pendre, burato, touciño...

•Como cres que se comunicaban os habitantes dos castros? Falaban entre eles ou só usaban xestos?

•Por que non podemos saber que lingua se falaba daquela?

•Que pegadas conservamos hoxe daquela lingua primitiva?

Eduardo Pondal

Cantares gallegos

Curros Enríquez

Rosalía de Castro

Queixumes dos pinos

Suxestións metodolóxicas

• Recomendamos fomentar o interese pola nosa historia e por algúns dos símbolos que nos identifican como galegos: o himno, a bandei-ra, o escudo…

• Pódese ler e escoitar (recitado, en versión instrumental e en versión coral) o himno galego na seguinte páxina:

http://www.xunta.es/o-himno-de-galicia

•Aconsellamos a lectura do romance «Historia da lingua galega», de Darío Xohán Cabana:

http://www.diadasletrasgalegas.com/romance

•Unha boa e divertida maneira de achegarse á traxectoria histórica da nosa lingua é a Historia da lingua galega de Pepe Carreiro, pu-blicada por Edicións A Nosa Terra.

•Cómpre que o alumnado coñeza algúns artigos do Estatuto de Autonomía de Galicia, como o 5 e o 6

http://www.xunta.es/estatuto/titulo-preliminar

• Poden lerse na clase:

Artigo 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos te-ñen o dereito de os coñecer e de os usar.

[…]

Artigo 6

1. A bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a travesa desde o ángulo superior esquerdo ó inferior dereito.

2. Galicia ten himno e escudo de seu.

• Se o profesor ou profesora o considera oportuno, pode propoñer-lles aos alumnos que aprendan e reciten algunha composición dos

nosos autores máis consagrados. Por exemplo: «Ondas do mar de Vigo», de Martín Codax; «Adiós ríos, adiós fontes», de Rosalía de Castro; «O maio», de Manuel Curros Enríquez; o himno galego, ba-seado en «Os pinos», de Eduardo Pondal; «Meu carriño!», de Ramón Cabanillas; «Xaneiro, 1972, II» («Cando quero vivir / digo Moraima»), de Celso Emilio Ferreiro; «Era un airiño suave», de Xosé M.ª Álvarez Blázquez, etc.

– Hai abundantes mostras de lírica medieval na páxina:

http://cantigas.fcsh.unl.pt

– En Galicia espallada atopará exemplos moi representativos dos séculos XIX, XX e XXI:

http://galicia.swred.com/galiciaterrapoetas.htm

Solucións das actividades

1 Do latín.

• Portugués, catalán e francés.

2 Penetrara con forza o castelán e o galego quedara reducido ao ámbi-to familiar. Deixouse de escribir en galego.

3 • Cantares gallegos é o título do poemario que inaugurou o Rexurdimento. A súa autora foi Rosalía de Castro.

•A letra do himno galego está tirada dun poema de Eduardo Pondal titulado Queixumes dos pinos.

•Curros Enríquez escribiu Aires da miña terra.

4 • Linguas prerromanas, como o celta; coa chegada dos romanos, latín.

• Podemos adiviñalo e facer conxecturas a partir de certos datos his-tóricos, pero non podemos sabelo con seguridade porque non hai gravacións nin testemuños.

Nomes de lugares e algunhas palabras: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato, touciño…

30

Unidad

e

12 13

1O

RTO

GR

AFÍ

A As palabras e as sílabas

1 Le en voz alta as palabras do debuxo.

•Di cantas sílabas ten cada unha.

2 Copia na táboa e clasifica as seguintes palabras:

compartir

deporte

feliz

rapazada

colega

amizade

paz

medo

mal

bico

voz

sentimento

monosílabas bisílabas trisílabas polisílabas

... ... ... ...

•Engade ti unha palabra máis de cada clase.

mo-e-da

com-pa-ñei-ros

chan

ba-lón

LembraAs sílabas son os golpes de voz cos que pronun-ciamos cada palabra.

3 Divide estas palabras en sílabas:

desacougo

subdirector

afeccións

chándal

inquedanzas

balonmán

diario

horta

agasallo

colexio

moreas

sexto

•Di que regras se cumpren en cada caso.

4 Se estas palabras fosen a final de liña, que particións non serían correc-tas? Escríbeas correctamente no caderno:

diciona-rio

un-ha

algu-nha

fe-o

sup-lantar

a-cción

ac-to

lingu-a

Prepara o ditado

1 Le atentamente.

As árbores sen follasdespiden o verán.En setembro empeza a escola.Que ben o imos pasar!

Hai dous rapaces novose cambiaron a titora.Agora temos a Rita,que vai para directora!

Ditado

2 Escoita e escribe o ditado no teu caderno.

Despois de facer o ditado

3 Le de novo o texto e corrixe posibles erros.

4 Pregunta as dúbidas.

5 Pronuncia en voz alta as palabras subliña-das.

6 Clasifícaas segundo o seu número de síla-bas.

7 Di como se poderían partir se non coube-sen ao final dunha liña.

•Indica todas as posibilidades.

OBRADOIRO ORTOGRÁFICO

A partición de palabras

3

ORTOGRAFÍA

2 Actividade de escoita e escritura.

3 a 4 Actividades de revisión.

5 Actividade oral.

6 Ár-bo-res: trisílaba, ve-rán: bisílaba, Hai: monosílaba, di-rec-to-ra: poli-sílaba.

7 Ár-bores, árbo-res; ve-rán; di-rectora, direc-tora, directo-ra.

Hai non se pode partir.

Suxestión metodolóxica

•A clasificación das palabras segundo o número de sílabas é un con-tido xa estudado en cursos previos e que non debería ofrecer maior dificultade para o alumnado. Con todo, cómpre reforzar a súa asi-milación para que, en unidades sucesivas, poidan recoñecer sen problemas a sílaba tónica dunha palabra e acentuala graficamente cando sexa preciso.

•Así mesmo, convén recordar as normas de partición de palabras a final de liña, un erro ortográfico frecuente.

Solucións das actividades

As palabras e as sílabas

1 Mo-e-da: tres sílabas; com-pa-ñei-ros: cuatro sílabas; ba-lón: dos síla-bas; chan: unha sílaba.

2 Monosílabas: paz, mal, voz. Bisílabas: feliz, medo, bico. Trisílabas: com-partir, deporte, colega. Polisílabas: rapazada, amizade, sentimento.

• Resposta aberta. Suxestión:

Monosílaba: ben; bisílaba: a-vó; trisílaba: ca-der-no; polisílaba: bar-ba-ri-da-de.

A partición de palabras

3 De-sa-cou-go → 4, sub-di-rec-tor → 2, a-fec-cións → 2, chán-dal→ 3, in-que-dan-zas → 2 e 3, ba-lon-mán → 2, dia-rio → 4, hor-ta → 2, a-ga-sa-llo → 3, co-le-xio → 4, mo-re-as → 4, sex-to → 2.

4 *Sup-lantar, pola regra 2. Pode partirse así a final de liña: su-plantar ou suplan-tar.

*Un-ha, pola regra 3. Tampouco se podería separar *u-nha, porque entón quedaría unha vogal soa a final de liña (regra 5).

OBRADOIRO ORTOGRÁFICO

1 Actividade de lectura.

Anotacións

Actividade de reforzo

Ditado complementario

1 Escoita atentamente e copia no teu caderno:

Hoxe batín cunha pedra na area. Xa sei que non ten nada de raro ato-par unha pedra na praia, pero é que esta é especial. Non se parece ás outras que podes atopar na beiramar, tan brancas e pulidas pola au-ga. Ten unha forma irregular, con entrantes como cráteres, como se fose un planeta en miniatura. Téñoa agora mesmo aquí diante, enriba da mesa, mentres escribo neste caderno que me serve de diario.

31

Unidad

e

14 15

1E

XP

RE

SIÓ

N

LITE

RA

TUR

A

A Coruña, 16 de marzo

Que tal, Xurxo?

Estou que rebento de contenta! O mestre de

Lingua elixiu un relato meu para participar nun

concurso de redacción. Animoume a presentalo

nun certame literario convocado entre escolas

de toda Galicia. Que che parece?

O mestre di que haberá premios, moitos

premios. A ver se teño sorte e acado un! Soñar

non custa nada, non si? Por certo, o conto do

que che estou a falar ten a súa orixe nun soño

recente. Mira por onde, trato de converter un

soño en realidade. Conseguireino?

Biquiños,

Marta

P. D. Esquecíame. Mándoche o relato. Non

sexas moi severo na crítica.

An Alfaya: O caderno azul, Edicións Xerais (adaptación).

A carta

1 Le e responde:

•Quen escribe a carta?

Ese é o remitente.

•A quen lle escribe?

Ese é o destinatario.

•Cal é o lugar desde onde escribe?

E a data?

•Cal cres que será o saúdo da carta?

E a despedida?

•Resume o que lle conta na carta.

• Que esqueceu dicirlle na carta e lle contou despois?

Esa é a posdata (P. D.).

2 Esta carta é persoal, dirixida a un amigo. Por iso, a nena usa un modo de expresión moi familiar. Pon algún exemplo.

1 Imaxina que ti es Xurxo e contesta á carta de Marta.

Planifica Escribe Revisa• Ten en conta que ti es agora o re-

mitente e Marta é o destinatario.

• Elixe ben o saúdo e a des pedida.

• Sigue o modelo de arriba.

• Escribe con letra clara e separa ben as palabras.

• Deixa marxes.

• Volve ler a carta e fíxate se lle falta algunha parte.

• Comproba que non tes faltas de ortografía.

2 Escribe ti agora unha carta a un amigo contándolle algo interesante ou divertido que che pasase no colexio.

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN

Os textos literarios

1 Le esta poesía (P) e compáraa coa definición (D) de colexio que aparece na páxina 9.

•Cal trata o tema dunha maneira persoal?

•Cal ten unha forma máis ríxida?

•Cal transmite sentimentos e sensacións?

• En cal a mensaxe é máis breve e precisa?

•Cal soa cun ritmo musical ao lelo?

2 Que cres que pretende a autora do poema?

a) Darnos información sobre como é un colexio.

b) Explicar o que sente un rapaz cando vai ao colexio.

c) Contarnos que no colexio hai profesores moi gordos.

3 Expresa o mesmo que din estas oracións pero dunha maneira menos literaria. Por exemplo:

Unha enorme lúa de prata iluminaba a vila durmida. ➝ A lúa chea daba luz á vila, onde a xente durmía.

a) Anxélica abría o seu corazón nas páxinas do seu diario.

b) Os poemas son a voz dos sentimentos.

O colexio

Quédame pretoe vou andando,ás veces tristee outras cantando.

Se teño examese estudei moito,aínda cansosíntome afouto*.

Mais cando as cousasnon van moi bencamiño amodo e arrastro os pés.

Hai profesores algo pesados,mais outras clases pasan voando.

O tempo corremáis no recreocando xogamosnenas e nenos.

Marica Campo: Abracadabras,

Ediciós do Castro.

afouto: Con ánimo.

EXPRESIÓN LITERATURA

Intelixencias múltiples

Cómpre animar o alumnado a escribir cartas, postais, mensaxes de correo electrónico… Desta maneira melloran a súa capacidade de ex-presión e, ao mesmo tempo, desenvolven e reforzan as relacións in-terpersoais. Pregúntelles se teñen algún amigo ou amiga ou algún fa-miliar que viva noutra vila e que non vexan a miúdo; suxíralles que manteñan o contacto con eles non só por teléfono, senón tamén por carta. Faga fincapé no valor deste tipo de comunicación e destaque, por exemplo: a) que as cartas se poden conservar e reler; b) que nas cartas un conta as experiencias con máis detalle e de maneira máis ordenada e meditada; c) que nas cartas expresamos mellor os nosos sentimentos, porque perdemos un pouco o reparo que dá a conversa telefónica ou cara a cara; etc.

Actividades de ampliación

1 Facer un sobre cun folio. Completalo con estes datos:

Anverso:

Nome e apelidos do destinatario ou destinataria.Enderezo: rúa, número, piso…Código postal e localidade.

Reverso:

Nome e apelidos do remitente.Enderezo: rúa, número, piso…Código postal e localidade.

Suxestións metodolóxicas

•A carta é o texto de comunicación escrita e interpersoal por exce-lencia. Aínda que nos últimos anos se viu desprazada polo correo electrónico, é importante que os nenos e nenas recorden a súa es-trutura (que xa coñecen de cursos anteriores). Non obstante, pode traballarse de maneira simultánea o correo electrónico, mediante exercicios prácticos no ordenador.

• Para practicar esta forma de comunicación persoal, pode propoñer-lles aos alumnos e ás alumnas que intercambien cartas entre eles.

Solucións das actividades

1 Actividade de lectura e escoita atenta.

2 «Estou que rebento de contenta». «Soñar non custa nada, non si?». «Mira por onde…». «Biquiños».

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN

1 a 2 Respostas de aplicación práctica.

Suxestións metodolóxicas

•Ademais de ler o poema da actividade 1, cómpre recordar os ou-tros tipos de textos que leron ao longo da unidade: o diario (na lectura introdutoria), textos expositivos (información teórica), a carta (no apartado de Expresión). Trátase de que vexan, a través de diver-sos modelos textuais, os trazos caracterizadores da linguaxe litera-ria que a diferencian dos outros niveis de lingua.

• Podemos comentarlles, tamén, que a preocupación pola forma des-taca na linguaxe literaria en xeral, e que non é exclusiva da poesía.

Solucións das actividades

1 Por esta orde: P, D, P, D, P.

2 b) Explicar o que sente un rapaz cando vai ao colexio.

3 Resposta aberta. Suxestión:

a) Anxélica falaba dos seus sentimentos no seu diario.

b) Os poemas expresan os sentimentos de quen escribe.

32

16 17

Unidade

REPASO

1

1 Fíxate no mapa e di que linguas se falan nas seguintes comunidades autónomas, ade-mais do castelán :

Cataluña ➝ ...

Galicia ➝ ...

Illas Baleares➝ ...

País Vasco ➝ ...

Comunidade Valenciana ➝ ...

•Delas, cal é a que non procede do latín?

2 Clasifica as seguintes palabras, segundo se-xan monosílabas (M), bisílabas (B), trisílabas (T) ou polisílabas (P):

avó

cruz

apuntamentos

irmá

inquedanzas

desexos

mina

vermella

eu

agasallo

RESUMO

Copia e completa no teu caderno.

Vocabulario•O ... contén as palabras dunha lingua ordenadas alfabeticamente.

Gramática•O galego é unha lingua ... porque procede do latín.

•Alcanzou gran prestixio literario na ... . En cambio, nos Séculos Escu-ros quedou reducido a un uso familiar. Recuperouse no século xix, co ... . Hoxe é lingua ... de Galicia, xunto co castelán.

Ortografía• Segundo o seu número de sílabas, as palabras poden ser ..., bisílabas,

... e ... .

• Para cortar as palabras ao final dunha ... hai que ter en conta que as le-tras formen sílaba. Non se poden separar os dígrafos (que son ch, ll, ..., ... e ...). Tampouco pode quedar unha vogal ao final ou ao ... dunha liña.

Literatura•Os textos ... utilizan a linguaxe dunha maneira especial.

3 Escribe, por orde alfabética, os nomes que corresponden a estas imaxes:

4 Cal destas palabras ten máis acepcións?

5 Busca no dicionario a palabra libro. Elixe dúas acepcións e escribe unha oración con cada unha delas.

6 Relaciona cada etapa da historia coa situa-ción pola que atravesaba o galego:

Idade Media

Séculos Escuros

Rexurdimento

Século xx

renacemento

lingua oficial

esplendor

decadencia

7 Como se chama a televisión que emite en lingua galega?

•Que programas da televisión coñeces en galego?

8 Di o nome dalgún solista ou grupo de músi-ca galego. Podes atopar información en:

http://www.culturagalega.org/mega/ musicaengalego.php

9 Le o poema e resolve as cuestións que se formulan:

U de Uva

Xa chega o outono

de bagos cargado,

recendos de noite,

perfumes dourados.

Nas viñas axóuxeres,

nas parras vaivén;

collede un coleiro

e a vendimar ben!Ana M.ª Fernández e Xoán Babarro:

Do A ao Z. Galicia, Ed. Everest.

• Ordena alfabeticamente as palabras do poema que se destacaron en azul.

• Búscaas no dicionario e indica que clase de palabra é cada unha delas.

•Que é un coleiro (verso 7)? Debúxao.

•A que se refiren os axóuxeres que hai nas viñas (verso 5)? Elixe a opción correcta:

a) A uns cascabeis que poñen os vendima-dores.

b) Aos acios de uvas.

c) Ás follas de parra.

• Fíxate nas palabras subliñadas e clasifí-caas segundo se indica:

Monosílaba ➝ ...

Bisílaba ➝ ...

Trisílaba ➝ ...

Polisílaba ➝ ...

10 Di se os seguintes textos son literarios ou non literarios e explica por que:

a) A lista da compra.

b) O poema do exercicio anterior.

c) Un manual de instrucións.

d) O Estatuto de Autonomía de Galicia.

e) Un conto.

PAÍSVASCO

GALICIA

COMUNIDADE

VALENCIANA

CATALUÑA

ILLASBALEARES

GalegoCastelánÉuscaroCatalánValenciano

REPASO

4 Monosílabas: cruz, eu. Bisílabas: avó, mina, irmá. Trisílabas: desexos, vermella. Polisílabas: apuntamentos, inquedanzas, agasallo.

5 Resposta aberta. Suxestión:

– O libro de Lingua ten uns debuxos moi chulos.

– O libro é una parte do estómago da vaca.

6 Idade Media → esplendor, Séculos Escuros → decadencia, Rexurdimento → renacemento, século XX → lingua oficial.

7 Compañía de Radio/Televisión de Galicia.

• Resposta aberta. Suxestión: Os Picapedra; Vickie o viquingo; Doraemon, o gato cósmico; As aventuras de Tintín, etc.

8 Resposta aberta. Suxestión: Cristina Pato, DOA, Riobó, Nelson Quinteiro…

9 • Axóuxeres, bagos, outono, parras, recendos.

• Todas son substantivos.

•Coleiro: cesto alto que se utiliza para transportar froitos e outros produtos agrícolas ao lombo.

• b) Aos acios de uvas.

•Monosílaba: ben. Bisílaba: noite. Trisílaba: vendimar. Polisílaba: axóuxeres.

10 Non literarios: a), c), d). Porque ao escribir a lista da compra, un ma-nual de instrucións ou o Estatuto de Autonomía de Galicia a intención non é crear beleza.

Literarios: b), e). Porque neste tipo de textos se utiliza un tipo de lin-guaxe que persegue un fin estético para captar o interese do lector. O autor de literatura busca as palabras adecuadas para expresar as súas ideas de maneira segundo un certo criterio de estilo.

Solucións das actividades

1 Colgadoiro, diario, folla, letras, ordenador, regalo.

Outra orde posible: agasallo, colgadoiro, diario, folla, letras, ordenador.

2 Folla e letra.

3 Cataluña → catalán, País Vasco → éuscaro, Galicia → galego, Valen-cia → valenciano.

•O éuscaro.

Resumo

Vocabulario

O dicionario contén as palabras dunha lingua ordenadas alfabetica-mente.

Gramática

O galego é unha lingua romance porque procede do latín.

Alcanzou gran prestixio literario na Idade Media. En cambio, nos Séculos Escuros quedou reducido a un uso familiar. Recuperouse no século XiX, co Rexurdimento. Hoxe é lingua oficial de Galicia, xunto co castelán.

Ortografía

Segundo o seu número de sílabas, as palabras poden ser monosíla-bas, bisílabas, trisílabas e polisílabas.

Para cortar as palabras ao final dunha liña hai que ter en conta que as letras formen sílaba. Non se poden separar os dígrafos (que son ch, ll, nh, qu e rr). Tampouco pode quedar unha vogal ao final ou ao come-zo dunha liña.

Literatura

Os textos literarios utilizan a linguaxe dunha maneira especial.

33

A NOSA CULTURA

18 19

Unidade

A NOSA CULTURA

1

COMPETENCIAS

O Día da BibliotecaSetembro e outubro son os meses de preparación das bibliotecas: reciben as novidades, programan as actividades para todo o curso, organizan os clubs de lectura...

E o día 24 de outubro, desde o ano 1997, celébrase o Día da Biblioteca.

A celebración deste día quere lembrar a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores. Ademais é unha homenaxe a todos os bibliotecarios e bibliotecarias pola súa dedicación inesgotable ao fomento da lectura.

Por se alguén o dubida,na biblioteca escolarpoden facerse amigostan só con abrir ao azaras follas de calquera libro:un pirata, unha illa, o mar,un cofre misteriosoque axiña hai que enterrar,

Santiago Freire: Martingadas. Poemas para nenos,Edicións Morgante.

unha princesa enfeitizadapor unha bruxa malvada,un ogro cruel que encrespa a pelou unha toupa que atopa un anelmáxico que a volve invisible.Nos libros, que o saibades, todo é posible.

Comprendo a información dun texto

1 Que día e desde cando se celebra o Día da Biblioteca?

2 Que personaxes dos contos infantís se citan no poema?

Uso a biblioteca

3 Nas bibliotecas, os libros agrúpanse por xéneros ou temas. Coloca es-tes e engade un novo título en cada andel:

A montaña máxica

A cova do terror

Poemas de corazón

A illa dos piratas

Chistes curtos

Teatriño de monicreques

Comprendo a información gráfica

4 Nesta biblioteca escolar, anotaron o número de préstamos que fixeron o pasado curso. Fíxate no gráfico e contesta:

Poesía

28

Teatro

12

Aventuras

87

Fantasía

76

Terror

2

Humor

19

0

60

80

100

40

20

n.º préstamos

•Que libros se leron máis? E cales menos? Por que cres que será?

5 Copia o gráfico e engade outras catro columnas con estes datos:

Cómic: 57 Dicionarios: 46 Outros libros de consulta: 12 Fábulas: 21

•Dos libros que acabas de engadir, cales non son literarios?

HUMOR

TEATRO

POESÍA

AVENTURASFANTASÍA

MEDO

3 A montaña máxica: Fantasía.

A cova do terror: Medo.

Poemas de corazón: Poesía.

A illa dos piratas: Aventuras.

Chistes curtos: Humor.

Teatriño de monicreques: Teatro.

Títulos novos: resposta aberta.

4 Os que se leron máis foron os de aventuras e fantasía. Os que menos, os de terror. Resposta aberta.

5 Actividade práctica.

Actividades de ampliación

1 Pensa e escribe o que lle pasa a este contiño pequeno cando decide marchar a coñecer mundo:

Imaxina un conto pequeniño e aventureiro que non ten moitas follas e vive illado no máis alto da estantería sen que ningún neno ou nena o poida ler.

Un día ese contiño de poucas follas saltou do andel e foi coñecer mundo…

Ana M.ª Fernández: Tres voltas ó planeta, Ed. Everest-Galicia.

Solución: resposta aberta.

2 Para ler ou estudar nunha biblioteca hai que respectar certas nor-mas. Escribe tres normas que se deban respectar.

Solución: resposta aberta. Suxestión:

1. Coidar o material de consulta.

2. Non facer ruído nin falar en alto.

3. Utilizar o carné da biblioteca para solicitar un préstamo.

Suxestións metodolóxicas

• Traballamos neste apartado distintos aspectos relacionados coa no-sa cultura, desde festas populares e outras manifestacións culturais específicas da nosa comunidade ata acontecementos propios dun ámbito máis amplo, como o Día da Paz ou o Día do Libro.

•Nesta unidade «entramos» nas bibliotecas, nunha época en que, como na escola, se preparan para o comezo do curso con activida-des e novidades moi diversas.

•Ademais de coñecer a funcionalidade dunha biblioteca, é impor-tante que os alumnos sexan conscientes de que, igual ca noutros lugares (museos, colexios...), as bibliotecas teñen unhas normas de uso que todos debemos respectar e facer que se respecten.

• Se ao docente lle parece oportuno e as circunstancias o permiten, sería conveniente visitar algunha biblioteca pública. Trátase de que coñezan o material que hai dispoñible (libros, audio e vídeo, revis-tas, cómics…), de que aprendan a pedir un libro en préstamo, de que saiban facer buscas no catálogo, de que se interesen polas ac-tividades que organizan as bibliotecas (obradoiros de lectura, con-tacontos, charlas…), de que vaian adquirindo certa autonomía en contornos non tan cotiáns como a casa ou a escola, etc.

• Tamén é importante que coñezan bibliotecas virtuais, así como os recursos que ofrecen as bibliotecas públicas na Rede.

• Suxerimos, así mesmo, que os propios alumnos e alumnas se encar-guen de catalogar os libros da biblioteca da aula, de acordo coas pautas que lles dará o profesor ou profesora. Deberán clasificarse conforme o seu xénero e, dentro de cada xénero, ordenarse segun-do o apelido do autor. Despois, haberá que decidir un código e crear as etiquetas para os lombos.

Solucións das actividades

1 Celébrase o 24 de outubro desde o ano 1997.

2 Pirata, princesa, bruxa e ogro.