Comunicado stop desafiuzamentos a coruña 200213-1

2
1 20/02/2013 Comunicado de Prensa AURELIA QUEDA, AURELIA NON SE VAI Antecedentes. Dona Aurelia ten 85 anos. Leva vivindo dende o ano 1979 no número 9 da rúa Padre Feijoo. Non existe un contrato de arrendamento de vivenda por escrito, é verbal, xa que, entre outras cousas, Aurelia traballou coma costureira para a familia González Pereira ata a súa xubilación. Aurelia cobra unha pensión non contributiva de 375€ e paga un alugueiro de 126€, é dicir, tras pagar a súa vivenda, únicamente conta con 249€ ao mes para vivir. Aurelia forma parte de ese 21,8% da poboación que no Estado español se atopa en situación de pobreza. Na actualidade, a familia propietaria da vivenda quere extinguir o este contrato verbal de alugueiro argumentando un retraso no pagamento dun mes no ano 2011. Dende STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA informamos que: -Dona Aurelia manifestou dende o inicio que non quere abandonar a casa onde leva vivindo os últimos 34 anos. Polo tanto, o noso obxectivo principal é que se paralice a actual orde de desafiuzamento. -Ata o de agora, ningunha das propostas emitidas por parte da familia González Pereira abordou esta suspensión. -Aurelia debe poder valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa. Polo tanto, aínda que grazas ao enorme apoio social que presenta este caso, tanto o Instituto de Vivenda e Solo como os Servicios Sociais da Coruña fixeron propostas, consideramos que para que se poida dar unha negociación, ésta ten que ser digna e en igualdade de condicións para ámbalas dúas partes. Sen paralización definitiva da orde de desafiuzamento non haberá negociación de ningún tipo. -Por outra banda, en relación cos comentarios despectivos que se fixeron nas últimas horas sobre a saúde mental de Aurelia, todas e todos somos conscientes de que se trata dunha estratexia ca que tratan de desprestixiala, para deste xeito poñer en entredito o seu lexítimo dereito a vivir na súa casa, e tentar romper o importantísimo apoio social que está a ter por parte da cidadanía. Unha loita tan forte como a que está levando adiante Aurelia só é posible tendo a cabeza perfectamente no seu sitio. -Na opinión de STOP DESAFIUZAMENTOS a inxustiza da que está a ser víctima Aurelia insértase nunha estratexia criminal que ten coma obxectivo despoxarnos dos nosos dereitos e liberdades básicas para convertirnos en suxeitos socialmente vulnerábeis. Un exemplo de esta estratexia de asoballamento foi o xogo de manipulación do Subdelegado do Goberno na Coruña e a posterior actuación policial violenta e irracional que tivo lugar o pasado luns 18 de febreiro.

description

Nota de prensa de Stop Desahucios A Coruña sobre el caso de Aurelia Rey

Transcript of Comunicado stop desafiuzamentos a coruña 200213-1

Page 1: Comunicado stop desafiuzamentos a coruña 200213-1

1

20/02/2013

Comunicado de Prensa

AURELIA QUEDA, AURELIA NON SE VAI

Antecedentes. Dona Aurelia ten 85 anos. Leva vivindo dende o ano 1979 no número 9 da rúa Padre Feijoo. Non existe un contrato de arrendamento de vivenda por escrito, é verbal, xa que, entre outras cousas, Aurelia traballou coma costureira para a familia González Pereira ata a súa xubilación. Aurelia cobra unha pensión non contributiva de 375€ e paga un alugueiro de 126€, é dicir, tras pagar a súa vivenda, únicamente conta con 249€ ao mes para vivir. Aurelia forma parte de ese 21,8% da poboación que no Estado español se atopa en situación de pobreza. Na actualidade, a familia propietaria da vivenda quere extinguir o este contrato verbal de alugueiro argumentando un retraso no pagamento dun mes no ano 2011.

Dende STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA informamos que: -Dona Aurelia manifestou dende o inicio que non quere abandonar a casa onde leva vivindo os últimos 34 anos. Polo tanto, o noso obxectivo principal é que se paralice a actual orde de desafiuzamento. -Ata o de agora, ningunha das propostas emitidas por parte da familia González Pereira abordou esta suspensión. -Aurelia debe poder valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa. Polo tanto, aínda que grazas ao enorme apoio social que presenta este caso, tanto o Instituto de Vivenda e Solo como os Servicios Sociais da Coruña fixeron propostas, consideramos que para que se poida dar unha negociación, ésta ten que ser digna e en igualdade de condicións para ámbalas dúas partes. Sen paralización definitiva da orde de desafiuzamento non haberá negociación de ningún tipo. -Por outra banda, en relación cos comentarios despectivos que se fixeron nas últimas horas sobre a saúde mental de Aurelia, todas e todos somos conscientes de que se trata dunha estratexia ca que tratan de desprestixiala, para deste xeito poñer en entredito o seu lexítimo dereito a vivir na súa casa, e tentar romper o importantísimo apoio social que está a ter por parte da cidadanía. Unha loita tan forte como a que está levando adiante Aurelia só é posible tendo a cabeza perfectamente no seu sitio. -Na opinión de STOP DESAFIUZAMENTOS a inxustiza da que está a ser víctima Aurelia insértase nunha estratexia criminal que ten coma obxectivo despoxarnos dos nosos dereitos e liberdades básicas para convertirnos en suxeitos socialmente vulnerábeis. Un exemplo de esta estratexia de asoballamento foi o xogo de manipulación do Subdelegado do Goberno na Coruña e a posterior actuación policial violenta e irracional que tivo lugar o pasado luns 18 de febreiro.

Page 2: Comunicado stop desafiuzamentos a coruña 200213-1

2

Nota ás traballadoras e traballadores dos medios de comunicación. Dende STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA queremos en primeiro lugar amosarvos o noso máis fondo e sincero agradecemento polo enorme esforzo e excelente traballo que estades a realizar. A vosa presenza e bon facer non só é imprescindible para denunciar a inxustiza á que se está sometendo ás persoas e familias que son víctimas de desafiuzamentos, senón que mesmo foi de todo crucial en momentos de máxima tensión e violencia como a vivida o pasado luns. Queremos tamén aproveitar este comunicado para pedir desculpas se nalgún momento non fumos quen de proporcionarvos as informacións ca orde e claridade que require o voso traballo. Co obxectivo de tentar facilitar ao máximo a vosa tarefa coma comunicadoras/es e corresponder ao compromiso que amosades ca vosa presencia na rúa Padre Feijoo. Tentamos con este comunicado de prensa iniciar unha liña de comunicación o máis ordenada e clara posible. Moitas grazas polo voso compromiso con esta problemática social. Estamos seguras/os de que con persoas coma vós traballando nos medios de comunicación e co apoio cidadán, gañar esta loita SÍ SE PODE.