Comunicado do Día da Concienciación do Autismo. Diputación de Pontevedra

2
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VÍSTESE DE AZUL PARA CELEBRAR O DÍA DO AUTISMO O organismo provincial sumouse á chamada da Asociación Por Dereito para colocando ás portas do pazo varios globos de cor azul para darlle visibilidade social que exixe ó autismo. Unha iniciativa coa que se quere facer un chamamento a tomar conciencia sobre o autismo A Deputación mantén o seu compromiso de colaborar coas principais entidades de iniciativa social da provincia que traballan con colectivos vulnerables (discapacitados, persoas maiores, enfermos de alzheimer, persoas sen recursos,…), Estas entidades teñen por obxecto a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia, orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan unha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención. Nos últimos anos, o organismo provincial colabora con dúas entidades que traballan con persoas con Trastorno do Espectro Autista TEA A través do financiamento de proxectos e actividades

Transcript of Comunicado do Día da Concienciación do Autismo. Diputación de Pontevedra

Page 1: Comunicado do Día da Concienciación do Autismo. Diputación de Pontevedra

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VÍSTESE DE AZUL PARA CELEBRAR O DÍA DO AUTISMO

O organismo provincial sumouse á chamada da Asociación Por

Dereito para colocando ás portas do pazo varios globos de cor azul

para darlle visibilidade social que exixe ó autismo. Unha iniciativa

coa que se quere facer un chamamento a tomar conciencia sobre o

autismo

A Deputación mantén o seu compromiso de colaborar coas

principais entidades de iniciativa social da provincia que traballan

con colectivos vulnerables (discapacitados, persoas maiores,

enfermos de alzheimer, persoas sen recursos,…),

Estas entidades teñen por obxecto a realización de proxectos ou

actividades dentro da provincia, orientadas á intervención,

asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do

benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais

circunstancias, precisan unha maior especificación técnica e

interdisciplinar na súa intervención.

Nos últimos anos, o organismo provincial colabora con dúas

entidades que traballan con persoas con Trastorno do Espectro

Autista TEA A través do financiamento de proxectos e actividades

Page 2: Comunicado do Día da Concienciación do Autismo. Diputación de Pontevedra

búscase ofrecer apoio a estas persoas e as súas familias para unha

mellor calidade de vida e conseguir a súa integración socio-familiar.

Ditas entidades son a Asociación Autismo Vigo e a Asoc. BATA de

Vilanova de Arousa.

'Ante todo, son persoa e logo, persoa con autismo. Stop

discriminación'

Aínda que a ONU decretou o 2 de abril como Día Mundial de

Concienciación sobre o Autismo, os actos da celebración

adiantáronse a esta xornada pola festividade do Xoves Santo.

Este ano, a campaña de concienciación polo Día del Autismo

desenvólvese baixo o lema 'Ante todo, son persoa e logo, persoa con

autismo. Stop discriminación'. Unha iniciativa que anima á

cidadanía a facerse autofotos con obxectos de cor azul para que as

envíen ás redes sociais dos colectivos que traballan a prol da

integración das persoas autistas e conseguir facer visible a

sensiblización por esta causa.

Trastorno do Espectro do Autismo

O termo Transtorno del Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a

un conxunto de condicións que afectan ó desenvolvemento

neurolóxico e ó funcionamento cerebral que dan lugar a dificultades

na comunicación e interacción social e na conducta das persoas. Na

actualiade, unha de cada 150 personas nacidas na Unión Europea

recibe diagnóstico de TEA.

Pontevedra, 1 de abril de 2015 Saúdos. Gabinete de Comunicación