Compromisos de traballo (GL)

5
A ACCIÓN DE NIQUELARTE ENERXÍA ECONÓMICA Fomento da economía local: sempre que sexa posible empregaremos productos locais e servizos ofrecidos polas comunidades nas que teñan lugar os nosos proxectos. Isto segue a lóxica ética do fomento das economías locais e o consumo responsable para acadar un proxecto sustentable. Entendemos o mercado como unha ferramenta de rentabilización do traballo e da inversión realizada para a comunidade na que se derenrola o proxecto. Os beneficiarios serán así as persoas, asociacións ou pequenas empresas locais. Autoxestión: iniciativas que teñan como obxectivo favorecer o desenvolvemento autónomo por parte dos axentes implicados, xerando unha organización e xestión independentes. ENERXÍA EDUCATIVA Educación : a través de programas de información, interpretación e educación, estimular a consciencia e recoñecemento do patrimonio como ferramenta básica para a COMPROMISOS DE TRABALLO do Níquel

description

A acción de Niquelarte

Transcript of Compromisos de traballo (GL)

A ACCIÓN DE NIQUELARTE

ENERXÍA ECONÓMICA

• Fomento da economía local: sempre que sexa posible

empregaremos productos locais e servizos ofrecidos polas

comunidades nas que teñan lugar os nosos proxectos. Isto

segue a lóxica ética do fomento das economías locais e o

consumo responsable para acadar un proxecto sustentable.

Entendemos o mercado como unha ferramenta de

rentabilización do traballo e da inversión realizada para a

comunidade na que se derenrola o proxecto. Os beneficiarios

serán así as persoas, asociacións ou pequenas empresas

locais.

• Autoxestión: iniciativas que teñan como obxectivo

favorecer o desenvolvemento autónomo por parte dos axentes

implicados, xerando unha organización e xestión

independentes.

ENERXÍA EDUCATIVA

• Educación: a través de programas de información,

interpretación e educación, estimular a consciencia e

recoñecemento do patrimonio como ferramenta básica para a

COMPROMISOS

DE TRABALLO

do

Níquel

conservación e o respeto do mesmo. Niquelarte dá as liñas

de regulación para que esta convivencia sexa sostible e

froito dun diálogo. A comunidade é a que constrúe o seu

patrimonio por medio das súas accións. Niquelarte forma

parte neste proceso constructivo pero quere que sexa un

diálogo e unha decisión bidireccionais.

ENERXÍA COMUNITARIA

• Comunicación: creación dunha imaxe gráfica humanista, que

ademáis da propia imaxe encerre un contido. Ferramentas de

comunicación bidireccional que permitan a retroalimentación

e que fagan dos proxectos elementos en constante evolución.

Deixar claro que isto non é fucking publicidade.

• Implicación dos actores: Niquelarte quere funcionar como

punto de conexión e diálogo entre a sociedades a economía e

política implicada na conservación do patrimonio. Polo

tanto, haberá que facer un estudo previo dos diferentes

colectivos, organizacións e administracións relacionadas

cos obxectos de estudo en cada un dos proxectos e

establecer contacto directo con eles durante todo o proceso

de deseño, posta en marcha da intervención e mantemento da

mesma. Niquelarte reunirase con cada un dos colectivos e

traballará con eles en cada un dos eidos e función que lle

adxudique pero tamén creará mesas de traballo entre eles. A

opinión de Niquelarte rexirase sempre por criterios

internos da asociación e non estará condicionada por ningún

destes grupos.

• Domínio Público: o conxunto de obras que conformam o noso

patrimonio, debido a que en moitos casos xa se extinguiron

os dereitos xerados pola propiedade intelectual destas,

pertence maioritariamente ao dominio público. Como a

existencia de Niquelarte xira arredor deste património, e

ademais consideramos que tódalas variantes da propredade

intelectual (copyright, exploración de patentes, dereitos

de autor, etc.) constitúen nestes tempos un freo à

inovación, decidimos ceder toda a nosa producción

intelectual ao mesmo dominio público, ficando somentes cos

dereitos morais das nosas obras, que inclúen:

.- O dereito ao recoñecemento da autoria dunha obra polo

seu creador.

.- O respeito da integridade moral da obra, isto é, a súa

non utilización para fins contrarios à reputación ou o

honor do seu autor.

Ademáis desta cesión das propias obras, Niquelarte

convidará ás persoas que colaboren connosco a ceder tamém a

súa obra intelectual asociada ós nosos proxectos ao dominio

público e publicar baixo licencias pouco restritivas

(Creative Commons), nunca copyright.

ENERXÍA TECNOLÓXICA

• Avances tecnolóxicos. Niquelarte traballa en modo

analógico e dixital ao mesmo tempo, entendendo esta

relación como básica na posta en marcha dos prototipos e do

traballo. É así como neste diálogo teñen cabida as TIC, o

coñecemento de software, redes, sistemas de información

xeográfica, deseño gráfico e moitas outras ferramentas que

entendemos como imprescindibles e necesarias.

ENERXÍA PAISAXÍSTICA NATURAL

Baseada na economia natural dos ecosistemas como a integración

das actuacións nun equilibrio entre proveito e conservación dos

recursos ambientais, sociais, culturais e económicos do contexto

territorial.

Todo proxecto de Niquelarte realizarase en base a criterios de

sostibilidade, adecuando a intervención ás características e

posibilidades naturais e paisaxísticas do territorio. E

acompañando, se fose necesario, do estudo de impacto e

integración onde se identifiquen, prevexan e interpreten as

consecuencias da nosa acción sobre o medio ambiente que nos

rodea.

ENERXÍA PAISAXÍSTICA CONSTRUIDA

• Materiais e oficios tradicionais. A elección dos

materiais empregados nas nosas intervencións ten

repercusión en diferentes esferas. A medioambiental queda

protexida a través do noso estudo de impacto

medioambiental; a económica segundo o noso criterio de

fomento da economía local pero tamén nos preocupa agora a

materialidade dos obxectos. Neste sentido e tendo en conta

a reversibilidade e compatibilidade química entre materiais

orixinarios e os da intervención como un dos criterios

básicos da Conservación-Restauración, Niquelarte afirma que

empregará materiais constructivos tradicionais sustentables

na súa relación co medio, coas persoas e cos obxectos. Isto

ademáis integra as técnicas constructivas e oficios

tradicionais coa recuperación dos traballos que tamén son

patrimonio inmaterial; devolvendo o xeito integral ós

obxectos, ás actividades productivas e ós oficios.

• Turismo cultural. Supón reordear e construir o espazo,

pero os criterios deben ter relación coa paisaxe natural.

Desenvolveranse entón mecanismos nos que o patrimonio

represente unha función na vida colectiva, recoñecendo a

necesidade de cambio ou adaptación ás novas necesidades e

hábitos, para fortalecer a identidade pasada, presente e

futura do territorio onde se actúe.

ENERXÍA DO BEN COMÚN

• Fomento de turismo sostible: turismo cultural, ecolóxico

e comunitario.

Segundo palabras de Antonio Lafuente “El PROCOMÚN es la

nueva manera de expresar una idea muy antigua: que algunos

bienes pertenecen a todos, y que forman una constelación de

recursos que debe ser activamente protegida y gestionada

por el bien común. El procomún lo forman las cosas que

heredamos y creamos conjuntamente y que esperamos legar a

las generaciones futuras” cos seus matices aquí.

• Investigación. Estudar o concepto de Patrimonio, tendo en

conta as súas variantes internas creando polo tanto debates

de profesionais e xerando outros que se relacionan

directamente con cuestións teóricas e experiencias

prácticas actuais no eido da súa conservación.

• Transdisciplinariedade. Colaboración entre o mundo

académico, os axentes sociais que traballan en patrimonio,

os suxeitos implicados e a sociedade civil estudando as

relacións entre eles como parte dun esquema sistémico e

axudando a que este se estableza nun marco de diálogo e

debate; retroalimentándose.

• Transparencia: O noso traballo será público en todo

momento. Todo o mundo pode visitar os proxectos en curso,

sendo esta unha parte importante como mecanismo de relación

cos axentes sociais. Tamén nos caracterizaremos por unha

total transparencia na xestión económica dos proxectos.