COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA - USC ... Titorial captura de pantalla e gardar como pdf 4 En...

download COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA - USC ... Titorial captura de pantalla e gardar como pdf 4 En Paint

of 7

  • date post

    24-Jul-2020
  • Category

    Documents

  • view

    0
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA - USC ... Titorial captura de pantalla e gardar como pdf 4 En...

  • Grupo CINFO-BUSC (2019)

    1

    COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA

    Estando na pantalla que queres capturar presiona a tecla de imprimir pantalla (Impr

    Pt) na parte dereita do teclado e pégala (Control +V) nun Word ou en Paint.

    ATENCIÓN! a captura de pantalla mostrará todas as pestanas e iconas que teñas nese

    momento abertas no teu ordenador así que procura recortar a imaxe para que só

    mostre o que che interesa enviar.

    Se presionas Alt+ Impr Pt non se incluirán as iconas inferiores da barra de tarefas de Windows,

    pero si as pestanas superiores do explorador que teñas abertas.

  • Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

    2

    FERRAMENTA LIGHTSHOT

    Descarga a ferramenta aquí

    Unha vez instalado o software, o seu funcionamento é moi sinxelo:

    1) Preme na tecla Impr Pant do teclado

    2) A pantalla se escurecerá

    3) Selecciona co rato a zona da pantalla desexada (se

    iluminará)

    4) Emprega a barra de ferramentas para engadir texto á imaxe, resaltar texto,

    destacar unha parte cun recadro ou frecha, etc.

    5) Preme no botón “copiar” da barra de ferramentas de Lightshot (ou preme as

    teclas Ctl+C)

    Barra de

    ferramentas de

    Lightshot

    https://app.prntscr.com/es/download.html

  • Grupo CINFO-BUSC (2019)

    3

    6) Pega o resultado nun Word / Paint ... segundo necesites (Ctl+V)

    *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”.

    Recortar unha imaxe

    En Word , selecciona a imaxe e preme en Formato na barra de ferramentas (se non

    seleccionas a imaxe, non aparecerá a ferramenta de Formato da imaxe). Selecciona a

    ferramenta recortar.

    Verás que sobre a contorna da imaxe aparece unha liña de puntos e raias. Tira dos

    extremos cara adentro, para recortar o que sobra da imaxe.

    Primeiro

    selecciona a

    imaxe

  • Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

    4

    En Paint elixir a función de Seleccionar e, co rato, escolle a parte da imaxe que che

    interesa manter. Verás que aparece rodeada dunha liña de puntos e que podes mover

    a selección.

    Faina coincidir co extremo superior esquerdo do lenzo e sóltaa (fai clic no lenzo, fóra

    da selección).

  • Grupo CINFO-BUSC (2019)

    5

    Agora recorta o lenzo tirando do puntiño que marca a esquina inferior dereita ata

    facelo coincidir co resultado final da imaxe que desexas.

    Agora podes pegar as túas imaxes nun arquivo de texto, como por exemplo, Word.

  • Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

    6

    CONVERTIR WORD A PDF

    - O primeiro que tes que facer é abrir o arquivo Word que queres convertir a PDF

    - Logo nos dirixiremos ó menú “Archivo”

    - Neste cadro imos á opción “Exportar”

    - Clicamos na pestana “Crear documento PDF/XPS”

  • Grupo CINFO-BUSC (2019)

    7

    - E por último dámoslle nome ó arquivo de nova creación, a ruta onte o imos

    gardar e prememos en “Publicar”