COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en...

7
Grupo CINFO-BUSC (2019) 1 COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA Estando na pantalla que queres capturar presiona a tecla de imprimir pantalla (Impr Pt) na parte dereita do teclado e pégala (Control +V) nun Word ou en Paint. ATENCIÓN! a captura de pantalla mostrará todas as pestanas e iconas que teñas nese momento abertas no teu ordenador así que procura recortar a imaxe para que só mostre o que che interesa enviar. Se presionas Alt+ Impr Pt non se incluirán as iconas inferiores da barra de tarefas de Windows, pero si as pestanas superiores do explorador que teñas abertas.

Transcript of COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en...

Page 1: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Grupo CINFO-BUSC (2019)

1

COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA

Estando na pantalla que queres capturar presiona a tecla de imprimir pantalla (Impr

Pt) na parte dereita do teclado e pégala (Control +V) nun Word ou en Paint.

ATENCIÓN! a captura de pantalla mostrará todas as pestanas e iconas que teñas nese

momento abertas no teu ordenador así que procura recortar a imaxe para que só

mostre o que che interesa enviar.

Se presionas Alt+ Impr Pt non se incluirán as iconas inferiores da barra de tarefas de Windows,

pero si as pestanas superiores do explorador que teñas abertas.

Page 2: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

2

FERRAMENTA LIGHTSHOT

Descarga a ferramenta aquí

Unha vez instalado o software, o seu funcionamento é moi sinxelo:

1) Preme na tecla Impr Pant do teclado

2) A pantalla se escurecerá

3) Selecciona co rato a zona da pantalla desexada (se

iluminará)

4) Emprega a barra de ferramentas para engadir texto á imaxe, resaltar texto,

destacar unha parte cun recadro ou frecha, etc.

5) Preme no botón “copiar” da barra de ferramentas de Lightshot (ou preme as

teclas Ctl+C)

Barra de

ferramentas de

Lightshot

Page 3: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Grupo CINFO-BUSC (2019)

3

6) Pega o resultado nun Word / Paint ... segundo necesites (Ctl+V)

*Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”.

Recortar unha imaxe

En Word , selecciona a imaxe e preme en Formato na barra de ferramentas (se non

seleccionas a imaxe, non aparecerá a ferramenta de Formato da imaxe). Selecciona a

ferramenta recortar.

Verás que sobre a contorna da imaxe aparece unha liña de puntos e raias. Tira dos

extremos cara adentro, para recortar o que sobra da imaxe.

Primeiro

selecciona a

imaxe

Page 4: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

4

En Paint elixir a función de Seleccionar e, co rato, escolle a parte da imaxe que che

interesa manter. Verás que aparece rodeada dunha liña de puntos e que podes mover

a selección.

Faina coincidir co extremo superior esquerdo do lenzo e sóltaa (fai clic no lenzo, fóra

da selección).

Page 5: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Grupo CINFO-BUSC (2019)

5

Agora recorta o lenzo tirando do puntiño que marca a esquina inferior dereita ata

facelo coincidir co resultado final da imaxe que desexas.

Agora podes pegar as túas imaxes nun arquivo de texto, como por exemplo, Word.

Page 6: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Titorial captura de pantalla e gardar como pdf

6

CONVERTIR WORD A PDF

- O primeiro que tes que facer é abrir o arquivo Word que queres convertir a PDF

- Logo nos dirixiremos ó menú “Archivo”

- Neste cadro imos á opción “Exportar”

- Clicamos na pestana “Crear documento PDF/XPS”

Page 7: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na

Grupo CINFO-BUSC (2019)

7

- E por último dámoslle nome ó arquivo de nova creación, a ruta onte o imos

gardar e prememos en “Publicar”