Comisión Interuniversitaria de Galicia CiUG · A cualificación definitiva para o acceso á...

8
CiUG Comisión Interuniversitaria de Galicia CiUG Respostas Ás preguntas máis frecuentes sobre a admisión na universidade

Transcript of Comisión Interuniversitaria de Galicia CiUG · A cualificación definitiva para o acceso á...

  • CiUGComisión Interuniversitaria de Galicia

    CiUGRespostas

    Ás preguntas máisfrecuentes sobre a admisión

    na universidade

  • 1.1 Como se pode saber de antemán a no-ta mínima que esixirá a Universidade paraentrar nunha titulación con límite de pra-zas?A Universidade non esixe notas mínimas paraningunha titulación. A limitación establécesepola capacidade das facultades ou escolasuniversitarias, polo que todo depende donúmero de prazas que se oferten e do núme-ro de solicitantes. Se hai moitos solicitantes econ notas moi altas, ese ano a nota do últimoadmitido (que é o que se adoita chamar anota mínima, ou a “nota de corte”) será moialta; e se hai poucos nun ano determinado outeñen notas máis baixas cós do ano anterior,daquela a nota do último admitido descende.

    1.2 Que é o numerus clausus dunha deter-minada titulación?É o número máximo de alumnos de novoingreso que se admiten cada ano nesa titula-ción e varía moito duns estudos a outros, etamén dunha universidade a outra.

    1.3 Cando se ten que establecer a orde depreferencia entre as titulacións?No momento de solicitalas na petición que seten que cubrir (a chamada “preinscrición”)solicítanse as titulacións na orde de preferen-cia que se queira, e esa orde será tida en contapola CiUG para efectuar a adxudicación deprazas.

    1.4 Cal é a nota que se ten en conta para aadmisión na Universidade?A cualificación definitiva para o acceso áuniversidade dos alumnos de PAAU calculara-se ponderando un 40 por 100 a cualificaciónda proba e un 60 por 100 a nota media doexpediente académico. A nota das PAAU tenque ser igual ou superior a catro puntos e acualificación definitiva terá que ser igual ousuperior a cinco puntos.

    1.5 Que importancia ten a orde na que sepidan as titulacións?É determinante, xa que, no caso de que polanota poidérase ser admitido en varias titula-cións, só se obterá praza nunha delas: naque-la que se solicite con maior preferencia (vertamén as respostas ás preguntas 1.6, 1.10, e1.18).

    1.6 Se conceden a praza que se solicita co-mo primeira preferencia, pero se desexaformalizar a matrícula na que se solicita ensegundo lugar, ¿pódese facer?Non. Unha vez outorgada unha das prazassolicitadas, anúlanse todas as titulacións quefiguren nunha orde de preferencia inferior áconcedida, pois as prazas das titulacións quese pediron con menor preferencia son inme-diatamente asignadas a outros solicitantes.Polo tanto, é moi importante elixir as carreirasde maneira meditada, xa que a orde de prefe-rencia non se vai poder cambiar unha vezprocesadas as peticións.

    1.7 É certo que os que aproban as PAAU enxuño teñen prioridade á hora de elixir pra-za sobre os que aproban en setembro?Sí, sempre que exerzan o seu dereito a solici-tar praza (é dicir, fagan a preinscrición) enxuño, e non agarden a setembro para presen-tar a súa solicitude.

    1.8 Se curso o Bacharelato LOXSE pola op-ción 1 (Científico Tecnolóxica), aprobo asPAAU en xuño e quero estudar Enfermería,¿cal será a miña posición nas listaxes deadmisión?Estarán por diante todos os que aprobaron asPAAU en xuño (ou en calquera outra convoca-toria anterior) e cursaron as PAAU pola vía 2(Ciencias da Saúde) aínda que obtivesenmenor nota. Se con eles se cubre o numerusclausus, non se che concederá praza. Figurarásna mesma lista dos que aprobaron as PAAUen xuño (ou en calquera outra convocatoriade anos anteriores) e cursaron as PAAU polasvías 3, 4 e 5, ordenados pola “nota definitiva”obtida nas PAAU. O mesmo procedemento seaplicará nas listaxes dos aprobados na convo-catoria de setembro.

    1.9 Se teño aprobado o COU pero non asPAAU, e quero estudar unha titulación desó primeiro ciclo, por exemplo, Maxisterio,¿que solicitantes terei por diante?Podes solicitar praza porque para as titula-cións de ciclo curto (Diplomaturas, EnxeñaríasTécnicas e Mestres), poden facer a solicitudeos alumnos de COU. Pero terás por diante atodos os que teñan as PAAU aprobadas, tantoen xuño como en setembro, e a todos os queteñan aprobado o COU, e acaden mellor nota,mantendo a prioridade dos que aprobaron oCOU en xuño ou en convocatorias de anosanteriores, sobre os da convocatoria desetembro.

    1. Admisión nasUniversidades Galegas

  • 1.10 Se se me concede praza en EnxeñaríaInformática, que solicitei como terceirapreferencia, pero non me matriculo nestatitulación, ¿mantense a petición para a En-xeñaría de Camiños e para a Enxeñaría deTelecomunicacións, que elixín en primeiroe segundo lugar respectivamente?Sí. Non se perde ningún dereito sobre as titu-lacións solicitadas con maior preferencia cáconcedida, ata que se proceda ao peche dematrícula nesas titulacións.

    1.11 Se se aproban as PAAU na convocato-ria de setembro e non se obtén a prazaque se desexa, ¿pódese volver solicitalapraza o vindeiro ano?; ¿terase algunhaprioridade ou algunha desvantaxe respec-to dos que aproben as PAAU no ano quevén?Pódese volver solicitala praza na convocatoriade xuño do ano seguinte, e a petición estaráen igualdade de condicións cos que aprobena Selectividade en xuño; é dicir, estarase situa-do no mesmo grupo que eles, ordenadosegundo a nota obtida nas PAAU e tendo enconta a vía de acceso do Bacharelato LOXSEou a opción de COU cursada nas PAAU. Polotanto, irase diante dos que aproben as PAAUen setembro dese ano.

    1.12 Teñen prioridade para acceder á Uni-versidade os que aproban as PAAU nomesmo ano en que solicitan o ingreso?Non.

    1.13 Teñen prioridade para acceder á Uni-versidade os que xa solicitaron praza enanos anteriores e non obtiveron a titula-ción desexada?Non.Entran na mesma listaxe dos que aprobenas PAAU en xuño dese ano, na orde que llescorresponda segundo as notas e a vía de acce-so do Bacharelato LOXSE ou a opción de COU.

    1.14 Se non se fai a preinscrición en xuño,a pesar de ter aprobadas PAAU, ¿pódesefacer en setembro?Si, pero tendo en conta que xa se perdeu aprioridade á que se tiña dereito sobre os queaproben en setembro. Figurarase na listasegundo a nota e a vía de acceso doBacharelato LOXSE ou a opción de COU cursa-da nas PAAU, pero dentro do bloque dos desetembro.

    1.15 Que teño que facer para cambiarmede carreira despois dun ano?Se a nova carreira que queres iniciar ten lími-te de prazas, tes que solicitar de novo o ingre-so na Universidade nas mesmas condiciónsque se non tiveras cursado nada. Pola contra,se a nova titulación non ten limitación, oúnico que tes que facer e estar pendente doprazo de matrícula. En ambos os dous casos,deberás estar en posesión da titulación nece-saria que se esixe para a titulación de novoingreso. Por exemplo, se estiveches matricula-do nunha Diplomatura ou Enxeñaría Técnica(carreiras de 3 cursos) onde ingresaches coatitulación de COU, para poder cambiar a unhaLicenciatura ou Enxeñaría Superior, é impres-cindible ter aprobada a Selectividade.

    1.16 Que ocorre se me conceden unha pra-za na titulación solicitada en primeira pre-ferencia e non formalizo a matrícula noprazo indicado?Considerarase coma unha renuncia á prazaconcedida, polo que automaticamente adevandita praza pasa a ser outorgada aoseguinte solicitante.

    1.17 Se pido praza en tres titulacións dis-tintas e non me conceden ningunha delas.¿que teño que facer para volver pedir pra-za noutras titulacións?Non se pode modificar ou ampliar a preinscri-ción unha vez presentada. Polo tanto debespedir o máximo número admisible de prazasna solicitude (cinco titulacións distintas e ataun máximo de dez solicitudes).

    1.18 Pódese cambiar a orde das titulaciónsunha vez feita a solicitude?Non. Unha vez procesadas as solicitudes, asprazas son asignadas respectando escrupulo-samente a orde de preferencia libremente eli-xida.

    1.19 Que pasa se se produce algún erronos datos da preinscrición, sexa sobre aspreferencias ou sobre a nota das PAAU?Ao publicarse as listaxes de admitidos, hai unprazo para reparar os posibles erros. Hai quepresentar nos LERDs a reclamación por escri-to no prazo de matrícula correspondente á lis-taxe publicada e utilizando o impreso especí-fico contido nos sobres de matrícula ou nossobres de documentación.

    teléfono de consulta da CiUG:

    981·528 080

  • 1.20 Unha vez presentada a solicitude deprazas ¿que hai que facer?Hai que estar pendente das listaxes de admi-tidos que se irán publicando segundo ocalendario de preinscrición e de matrículaque figura no reverso deste impreso e na Guíade acceso ao Sistema Universitario de Galicia.

    1.21 Avisarán persoalmente se se concedeunha praza?Se o ten solicitado, se lle facilitará informaciónmediante unha mensaxe ao seu teléfonomóbil ou correo electrónico. De todas formas,a comunicación oficial é a publicación das lis-taxes de admitidos (nos LERDs e na páxinaweb da CiUG).

    1.22 Pódese consultar a listaxe de esperadunha titulación que interesa?Sí. En cada LERD dos sete Campus das tresUniversidades desta Comunidade Autónomae na CiUG están a disposición do alumnadotodas as listaxes de admitidos e de espera dastitulacións.

    1.23 Se se quere estudar unha titulaciónsen límite de prazas, ¿que hai que facer?Neste caso, unicamente é necesario estar enposesión da titulación que da acceso áUniversidade, e matricularse nela nos prazosque estableza a Universidade que a imparte(do 1 de xullo ata finais do mes de outubro,agás no mes de agosto).

    1.24 Teño o COU aprobado pero non mevou presentar ás PAAU. ¿Cando debo facera solicitude de ingreso?No prazo de solicitude anticipada de setem-bro (do 1 ao 18 de setembro).

    1.25 Onde se me poden clarexar as dúbidasque poida ter acerca de todo o proceso?Nos LERD dos sete Campus das tres universi-dades; nas oficinas de información universita-ria das tres universidades (OIU, SIOPE, SAPE) eno teléfono de consulta da CiUG (981.52 8080) que estará a disposición do alumnado das9,00 ás 14,00 horas. Finalmente, na INTERNETno enderezo www.cesga.es/ciug/

    1.26 Teño a titulación de FormaciónProfesional de 2º grao e tamén as PAAUaprobadas. Podo facer dúas solicitudes,unha por FP e outra por PAAU?Neste caso pódense solicitar cinco titulaciónsdiferentes pola modalidade de FP e outrascinco pola modalidade de PAAU. Ademais,todo o alumnado que poida solicitar o ingre-so por máis dunha vía de acceso poderá faceruso de dita posibilidade, sinalando no impre-so as vías de acceso polas que se solicita aadmisión.

    1.27 Teño a titulación de Formación Profe-sional de 2º grao e o COU, sen PAAU, peropenso presentarme ás probas durante es-te curso. Como teño que facer para solici-tar as titulacións con límite de prazas?Deberás facer a solicitude de admisión nomesmo prazo que corresponde aos que sepresentan as PAAU. Nese momento, se apro-baches as PAAU, procederás da forma que seindica na pregunta 1,26. Se non aprobas asPAAU, no caso de quereres utilizar a dobremodalidade de acceso, na convocatoria dexuño só poderás facer a solicitude pola moda-lidade de FP, solicitando ata cinco titulaciónsdiferentes correspondentes á devanditamodalidade, podendo ampliarse ata un máxi-mo de dez no caso de titulacións iguaisimpartidas en diferentes centros. No caso denon te presentares ás PAAU de setembro,nesta convocatoria só poderás solicitar polamodalidade de COU as titulacións que cheresten ata completares o máximo de dez soli-citudes (por exemplo o alumno que faga setesolicitudes na convocatoria de xuño polamodalidade de FP, na convocatoria de setem-bro só poderá facer tres solicitudes polamodalidade de COU, que se incorporarán acontinuación das solicitadas en xuño). Entodo caso, estas titulacións terán que serdiferentes ás solicitadas en xuño. Polotanto, o alumnado que na convocatoria dexuño teña realizado pola modalidade de FPas dez solicitudes, non poderá facer uso naconvocatoria de setembro da solicitudepola modalidade de COU ou PAAU.

    correo electrónico

    [email protected] internet

    www.cesga.es/ciug/información e dúbidas

    de todo o proceso

  • 2.1 Quen pode informar sobre o que se tenque facer para ir estudar a outra Universi-dade?Non hai ningún organismo central de infor-mación que coordine os procesos de admi-sión de alumnos nas distintas universidadesespañolas. As universidades privadas podenpoñer os seus propios requisitos (académicosou doutro tipo) adicionais aos legalmente esi-xidos para realizar uns determinados estudos;e as universidades públicas non esixen máisdo que está legalmente establecido, pero,facendo uso da súa autonomía, sí establecenos seus propios procedementos de prazos,modelos de solicitudes, etc. Os LERD darán acoñecer toda a información que teñan encada momento sobre as demais universidadespero non pode garantirse que dispoñan detoda a información aplicable ao caso. O melloré que se solicite a información á universidadeque interese.

    2.2 Como se poden iniciar estudos polo ré-xime ordinario noutro Distrito en titula-cións con límite de prazas?Os estudantes que pretendan iniciar estudosnoutro Distrito Universitario distinto estaránen pé de igualdade cos estudantes do mesmoDistrito, xa que no curso académico 2004-2005 se implantou na súa totalidade o DistritoAbierto, que faculta os alumnos para iniciarenestudos universitarios na universidade da súaelección, independentemente do DistritoUniversitario no que superase as probas.

    2.3 Como se poden iniciar estudos noutroDistrito en titulacións sen límite de prazas?Hai que solicitalo na universidade á que sepretenda acceder nas condicións e prazos queesta determine. Neste caso non se aplican asnormativas que rexen para as titulacións conlímite de prazas.

    2.4 Que é o Distrito Abierto?O Distrito Abierto consiste en ofrecer a todosos estudantes de calquera parte do territorionacional a posibilidade de cursaren os seusestudos superiores na Universidade Públicaque desexen, independentemente do seu

    lugar de orixe; sendo, en todo caso, os dereitosdos estudantes procedentes doutrasComunidades Autónomas os mesmos cós dosestudantes da Comunidade Autónoma elixi-da. Poderán solicitar praza por Distrito Abiertotódolos estudantes que reúnan as exixenciaslegais (R.D. 69/2000, do 21 de xaneiro; BOE do22-01-2000). En ningún caso poderá adxudi-carse praza por Distrito Abierto a estudantesque teñan unha cualificación definitiva infe-rior á máis baixa outorgada ao último alumnodo Distrito propio para obter praza na ensi-nanza solicitada.

    2.5. Cando se implanta o Distrito Abierto?Dende o curso académico 2004-2005 estáimplantado na súa totalidade.

    2.6. Como e onde se solicita praza por Dis-trito Abierto?Os estudantes presentarán as súas solicitudesde ingreso na Universidade ou Universidadesonde desexen realizar os seus estudos, tendoen conta os procedementos para a solicitudee adxudicación de prazas fixados polasComunidades Autónomas.

    2.7. Cando se pode solicitar praza por Dis-trito Abierto?Os calendarios de solicitude e adxudicaciónde prazas fixados polas ComunidadesAutónomas deberán respectar as seguintesdatas para o curso 2008-2009:t Data límite de preinscrición: 3 de xullo de2009.t Data límite para a publicación de listaxes deadmitidos: 24 de xullo de 2009.t Data mínima do inicio do período de matri-culación: 24 de xullo de 2009.

    2.8. Pódese compatibilizar a solicitude porDistrito Abierto coa solicitude de admisiónno Sistema Universitario de Galicia?Si, é perfectamente compatible. No prazo fixa-do pola CiUG pódese realizar a solicitude noSUG e no prazo determinado por cadaUniversidade facer a solicitude por DistritoAbierto.Se se lle adxudica praza no SUG, estan-do á espera da resolución por Distrito Abierto,deberá matricularse na titulación adxudicada,podendo despois darse de baixa nela, no casode obter praza por Distrito Abierto.

    2. Admisión noutrasUnversidades Españolas

  • LERDsLugares de Entrega e Recollida de Documentación

    LERD 1CAMPUS SUR DE SANTIAGOServizo de Xestión AcadémicaPavillón Estudantil, 2º piso – Campus Universitario SurInformación OIU: 902 10 10 22 • 981 54 71 11 • Fax: 981 59 51 17Correo: [email protected] – SANTIAGO DE COMPOSTELA

    LERD 2CAMPUS DE LUGOEdificio Biblioteca Intercentros, planta baixaCampus UniversitarioTeléf: 982 28 59 00 • Fax: 982 28 59 07Correo: [email protected] - LUGO

    LERD 3CAMPUS DA CORUÑAPavillón de Estudantes – Campus de ElviñaInformación: 981 16 71 96 • Fax: 981 16 71 98Correo: [email protected] – A CORUÑA

    LERD 4CAMPUS DE FERROLCampus de Esteiro – Edificio de Usos Administrativos, planta baixaInformación: 981 33 74 51 • Fax: 981 33 74 56Correo: [email protected] - FERROL

    LERD 5CAMPUS DE VIGOCampus Lagoas Marcosende, s/n – Edificio MirallesTeléf: 986 81 37 71-72 / 986 81 26 88 • Fax: 986 81 36 33Correo: [email protected] - VIGO

    LERD 6CAMPUS DE OURENSEUnidade Administrativa – Área de Servizos á ComunidadeCampus As LagoasTeléf: 988 38 71 02 • Fax: 988 38 71 65Correo: [email protected] - OURENSE

    LERD 7CAMPUS DE PONTEVEDRAEscola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal – Área de Servizos áComunidadeCampus A XunqueiraTeléf: 986 80 19 49 • Fax: 986 80 19 07Correo: [email protected] – PONTEVEDRA

    LERDs Lugares de Entregae Recollida de Documentación

  • Calendario de solicitudes deADMISIÓN

    en titulaciónsLÍMITE DE PRAZAScon doS.U.G.

    e MATRÍCULA

    XUÑO3-26 SOLICITUDE ANTICIPADA

    (ver apartado 3.5.1. da Guía de Acceso)

    XUÑO-XULLO30 xuño- SOLICITUDE ORDINARIA2 xullo (ver apartado 3.5.1. da Guía de Acceso)

    XULLO1-31 SOLICITUDE ESPECIAL: TITULADOS UNIVERSITARIOS

    (ver apartado 3.5.1. da Guía de Acceso)

    7 SOLICITUDE EXTRAORDINARIA (ver apartado 3.5.1. da Guía de Acceso)13 SOLICITUDE EXTRAORDINARIA (ver apartado 3.5.1. da Guía de Acceso)14 EXPOSICIÓN NA INTERNET DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

    (A partir das 16,00 horas) (datos persoais, académicos e de preinscrición dos solicitantes)

    15-16 RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PUBLICADAS NA INTERNET O DÍA 1420 PUBLICACIÓN DA 1ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE ESPERA

    (Exposición na Internet) (A partir das 15,00 horas)

    21-23 RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES DE ADMITIDOS E DE ESPERA21-23 PRIMEIRO PRAZO DE MATRÍCULA

    27 PUBLICACIÓN DA 2ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE ESPERA (A partir das 15,00 horas)

    28-30 SEGUNDO PRAZO DE MATRÍCULA

    SETEMBRO1-3 TERCEIRO PRAZO DE MATRÍCULA

    (Publicación da 3ª listaxe de admitidos e de espera: día 27 de agosto)

    1-18 SOLICITUDE ANTICIPADA (ver apartado 3.5.2. da Guía de Acceso)28-30 SOLICITUDE ORDINARIA (ver apartado 3.5.2. da Guía de Acceso)

    OUTUBRO2 SOLICITUDE EXTRAORDINARIA (ver apartado 3.5.2. da Guía de Acceso)5 PUBLICACIÓN DA 4ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE ESPERA

    (A partir das 20,00 horas – Inclúe aos solicitantes da convocatoria de setembro).

    6-8 CUARTO PRAZO DE MATRÍCULA(Publicación da 4ª listaxe de admitidos e de espera: día 5 de outubro).1º Prazo de matrícula para alumnos de setembro.

    6-8 RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES DE ADMITIDOS E DE ESPERA8 SOLICITUDE EXTRAORDINARIA (ver apartado 3.5.2. da Guía de Acceso)

    14-16 QUINTO PRAZO DE MATRÍCULA(Publicación da 5ª listaxe de admitidos e de espera: día 13 de outubro).

    21-23 SEXTO PRAZO DE MATRÍCULA(Publicación da 6ª listaxe de admitidos e de espera: día 20 de outubro).

    28-30 DERRADEIRO PRAZO DE MATRÍCULA(Publicación da derradeira listaxe de admitidos: día 27 de outubro).