Coello

28
coello (Oryctolagus cuniculus ) conejo rabitt lapin coelho

Transcript of Coello

Page 1: Coello

coello(Oryctolagus cuniculus )

conejorabittlapin

coelho

Page 2: Coello

O coello é un mamífero que en estado silvestre mide entre 40 e 50 cm de longo e acada os 2,5 kg de peso. Ten o corpo cuberto de pelo espeso de cor gris-marrón polo lombo e branca polo ventre.

Os coellos domésticos miden entre 30 e 70 cm de longo e poden superar os 7 kg de peso. Son de cores variables, os máis abundantes son os gris-marrón, e os brancos con manchas negras.É un animal ben musculado, áxil e veloz.

Page 3: Coello

Pé grande e totalmente apoiado no chan.Unllas fortes

Boca: pequena, co beizo de arriba partido.

Ollos: grandes, en posición lateral.

Orellas: ovaladas, grandes e moi móbiles.

CABEZA de forma oval e cos músculos mastigadores destacados.

TRONCO longo, cilíndrico e flexible. Permanece case sempre dobrado.

Pelos tactís abundantes e longos.

PATAS traseiras longas, cos músculos ben desenvolvidos e con catro dedosPATAS dianteiras curtas,

con cinco dedos.

Rabo: curto e móbil.

Page 4: Coello
Page 5: Coello

trapecio dorsais

glúteo

xemelgos

abdominais

triceps

mastigadores

MÚSCULOS

recto

deltoide

tibial

pectoral

bíceps

Page 6: Coello

vértebras

cránio

maxilar

omóplato

húmero

cúbito

radio

carpometacarpo

falanxes

costelas

esternón

pelve

fémur

tibia

peroné

tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

Page 7: Coello

tráquea

esófago

pulmón

corazón

cavidade nasal

cerebro

médula espiñal

fígado

intestino delgado

intestino groso

vexigaano

ril

estómago

ÓRGANOS INTERNOS

Page 8: Coello

pene útero

APARATO REPRODUTOR

MACHO FEMIA

ovario

vaxinatestículo

vexiga

vexiga

recto recto

riles

riles

Page 9: Coello

COMO SE RELACIONAN OS COELLOSDesprázase sempre a saltos; a diferencia de tamaño entre as patas non lle permite facelo doutra maneira. Impúlsase coas longas patas traseiras e entre saltos apoia as patas de adiante.

A súa potente musculatura e a rapidez de movementos fanno un animal áxil e veloz que pode acadar máis de 50 quilómetros á hora.

Cando fuxe cambia constantemente de dirección para despistar aos seus inimigos.

Page 10: Coello

SENTIDOSTen un oído excelente ao que contribúe o tamaño e a mobilidade das orellas.Os ollos son grandes porque están adaptados á vida con pouca luz. Están situados aos lados e na parte alta da cabeza para permitírenlle unha visión todo arredor.O olfato é moi bo. Os membros da familia recoñécense polo olfato.

COMUNICACIÓNHabitualmente non emiten sons, só cando son cazados ou feridos chían. Tamén chían cando se firen pelexando entre eles.

Page 11: Coello

COSTUMESEn estado silvestre é un animal que desenvolve a súa actividade cando hai pouca luz, á mañá cedo e á tardiña. Excava, coas patas de diante, longos e compricados tobos con varias saídas.Vive en grupos numerosos e pasa o día agochado nos tobos.

En libertade vive en grupos coloniais formados por clans de un macho e varias femias. Entre os clans establécese unha orde xerárquica na que o macho máis forte e as súas femias ocupan o mellor lugar e os máis débiles os lugares das beiras (de máis risco). Para establecer a xerarquía os machos pelexan golpeándose coas patas e mordéndose.

Page 12: Coello

Para vixíar érguese nas patas traseiras. Avisa dos perigos golpeando o chan coas patas. Se se ergue despois de golpear é sinal de alerta total.Se senten algún ruído a primeira reacción de defensa consiste en estarse moi quedo, coas orellas apegadas ao lombo para pasar desapercibido.Adoitan depositar os excrementos en lugares sinalados ou nos lindes do seu territorio para marcalo.

Page 13: Coello

ALIMENTACIÓNO coello aliméntase de vexetais variados (herbas, follas, talos, raíces e tonas de árbores).Unha importante fonte de alimentación dos coellos son uns microbios (bacterias) que viven no seu propio tubo dixestivo. Aliméntanse da celulosa das plantas e reprodúcense moi activamente. Unha parte dos mesmos son dixeridos no intestino.As crías, que nacen sen as bacterias, adquírenas comendo excrementos da nai.Tamén usan como alimento unhas secrecións do seu propio intestino ricas en vitaminas e proteínas.

Page 14: Coello

Os coellos das granxas aliméntanse con pensos compostos.É un animal que bebe moi pouco cando se alimenta de herba, pero os que se alimentan de penso precisan dispoñer de auga abundante.

O estómago do coello é bastante grande. Ten unha capacidade de de 1/2 litro.

Na dentadura destacan os dentes incisivos que son longos, fortes e moi cortantes. Están dispostos en dúas fileiras, dous diante e dous detrás. As moas son planas para triturar a herba. Non ten dentes cairos. Os dentes gástanse moito co uso e medran constantementePara triturar os alimentos poden mover a mandíbula inferior lateralmente.

Page 15: Coello

REPRODUCIÓNOs coellos son animais vivíparos que se reproducen moi activamente.Os silvestres fanno tres ou catro veces ao ano, na primavera e no verán, e teñen entre 6 e 8 crías de cada vez. Os domésticos crían entre cinco e seis veces e poden ter ata 12 crías cada vez.Maduran sexualmente a partir dos seis meses e poden vivir ata 12 anosDespois de aparellarse a femia leva os embrións no ventre durante 1 mes.Cando chega o momento de parir a nai fai, nun tobo ou nunha caixa pechada, un niño con pallas que acarrexa na boca co interior forrado con pelo que arranca a bocados do seu ventre. Nese niño ten as crías que nacen pouco desenvolvidas, espidas e cegas, pero medran deseguida.

Page 16: Coello

As crías abren os ollos aos 10 días.Ás tres semanas deixan de mamar e saen por primeira vez do niño.Ao mes xa se valen por si solas e a nai volve a aparellarse.

Page 17: Coello

HISTORIAO coello é orixinario das illas mediterráneas ou do noroeste de África. De alí pasou a Península Ibérica de onde algúns científicos din que é orixinario. A domesticación comezou hai uns 3.000 anos. No século V a.C. xa hai referencias de coellos domésticos na China.Aínda que os romanos xa os criaban en sitios pechados e foron os que o extenderon, en Europa a verdadeira domesticación comezou na Idade Media. Nos mosteiros franceses construíronse as primeiras coelleiras nos séculos XII-XIII.

Page 18: Coello

Ata hai pouco tempo non existían apenas diferencias entre os coellos domésticos e o silvestre. Na actualidade existen máis de 100 razas diferentes en peso, cores e tamaño.

En Europa é moi abundante como animal silvestre aínda que a epidemia de mixomatose que xurdíu no 1955 reduceu moito a súa poboación.

Page 19: Coello

En Galicia os coellos eran, ata hai pouco tempo, animais comúns nas casas do campo. Tíñanse case sempre como animais dos rapaces, que se encargaban do seu coidado e alimentación. A peste dos coellos fíxoos case desaparecer. Agora séguense a ter iguamente, máis por aficción que por interese, en menor número.

Hai máis de trescentas granxas nas que se crían arredor de medio millón de coellos cada ano.

Page 20: Coello

OS COELLOS E AS PERSOAS. UTILIDADE-O coello domesticouse para aproveitar a súa carne (fina e lixeira, de bo sabor). A de coello silvestre é máis escura e co sabor un pouco máis forte.-O pelo úsase para facer fieltro e o dalgunhas razas (longo e fino) úsase para tecer como la semellante á de angora.-O coello úsase tamén como animal de laboratorio para facer experimentos.-A pel úsase para facer roupas de abrigo, en directo ou tinguida para imitar peles doutros animais e curtida para zapatos e bolsos.-Os coellos enanos e os que teñen características especiais úsanse como mascotas.

Page 21: Coello

COIDADOSOs coellos das casas adoitan estar en pequenos espazos pechados (cortellos) ou en xaulas. A cría de coellos é relativamente doada. Só precisan ambiente seco, temperatura suave e alimento abundante. Ademais pódense ter moitos animais en pouco espazo coidando ter separados aos machos adultos.

Nas granxas están sempre en xaulas. Os machos e as femias preñadas ou con crías en xaulas individuais e os grupos de xóvenes en outras.A cría industrial é moi rigurosa coa hixiene. Adminístranselle regularmente mediciñas e vacinas e mantense unha limpeza escrupulosa dos locais para evitar a difusión de enfermidades que poden ocasionar graves perdas económicas.

OS NOMESMacho: coello ou coenlloFemia: coella ou coenllaCrías: coelliños

Page 22: Coello

RAZAS E VARIEDADESA creación de variedades e razas de coellos e algo recente. A finais do século XVIII só existían tres razas de coellos diferenciadas. Na actualidade existen máis de cen razas de diferentes cores, tamaños e características que se clasifican segundo o seu tamaño e a súa utilidade. Hai razas de carne, razas de pelo, razas de compaña (xeralmente enanas) e coellos con caracteres exóticos.

Page 23: Coello

COELLOS DE ANGORASon coellos de tamaño mediano (poden pesar entre 2,5 e 4,5 kg), de pelo longo que medra continuamente. Nas granxas onde se crían córtanllo cada tres meses para fíar como la de angora. Empezaronse a criar en Inglaterra a comezos do século XIX e na actualidade hainos en todo o mundo. Un bo exemplar pode chegar a producir 1 kg de la.

COELLOS ENANOSAdemais do seu tamaño reducido, as orellas máis pequenas e a cara redondeada danlle o aspecto de ser sempre unha cría o que os fai especialmente atractivos.

COELLOS DE ORELLAS LONGASCríanse como animais de exposición. Valóranse a cor e calidade do pelo e o tamaño das orellas.

Page 24: Coello

COELLO PALUSTRE DE FLORIDA (Sylvilagus palustris)É o único coello do mundo que vive nos pantanos. Métese na auga e nada normalmente para ir dun sitio a outro. Ten menos crías que o coello común e cría menos veces ao ano.

ESPECIES SEMELLANTESCOELLO DAS RYUKYU (Pentalagus furnessi)Este estrano coello de orellas e patas curtas é endémico das illas Ryukyu do Xapón. Descubriuse a comezos do século XX. Os seus costumes nocturnos e o seu hábitat (o bosque mesto) fan que sega a ser case descoñecido.

PIKA (Ochotona princeps)Mide 20 a 25 cm de lonxitude e 130 gramos de peso. Vive nas altas montañas de Norteamérica e Asia. A pesar de vivir en sitios moi fríos non hiberna e sobrevive gracias ás reservas de herba seca que almacena.Cría dúas ou tres veces ao ano e despois dun mes de xestación ten de 3 a 6 crías. Vive uns tres anos.

Page 25: Coello

LEBRESExternamente conservan bastante parecido cos coellos. Son algo máis grandes, teñen as orellas e as patas máis longas, viven en espazos abertos e non constrúen tobos. Son moi veloces e poden correr ata a 60 km por hora.Teñen un período de xestación de 42 a 45 días e paren de 2 a 5 crías que nacen perfectamente formadas, cos ollos abertos, e xa poden comer herba, aínda que maman durante catro semanas.

ANIMAIS SEMELLANTES

LEBRE ESPAÑOLA (Lepus granatensis)Vive na Península Ibérica desde o Río Ebro para o Sur. É a máis pequena das lebres ibéricas. Atópase por toda Galicia, pero é escasa.Non Ancares atópase tamén a Lebre de piornal (Lepus castroviejoi).

Page 26: Coello

LEBRE VARIABLE EUROPEA (Lepus timidus). Vive no Norte de Europa e América. Ten un aspecto máis parecido ao coello (formas máis redondeadas e orellas máis curtas) e pode pesar entre 3 e 5 kg. No inverno muda o pelo a cor branca.

LEBRE COMÚN OU EUROPEA (Lepus europaeus)Mide entre 50 e 70 cm e pesa de 3 a 7 kg. Está distribuída por toda Europa.

Page 27: Coello

REFRANS

-Avellariza e coello no monte vello.-Probe do coello que non ten máis dun tobo.-Labrego cazador, coello na cociña, fame no comedor.-No tempo dos coellos non hai consellos.-O coello por San Xoán, a perdiz polo Nadal.-Polo San Miguel xa o coello sabe ben.

CANTARCando a lebre diga misae o coello sexa abade,deixarei o meu quererpara coller a túa amistade.

CRENZASAs patas de coello son amuletos da boa sorte.

TRADICIÓN ORAL

Page 28: Coello

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta

coello nas illas Sisargas