Clausula funcions primarias

38
Amparo Cereixo Silva

description

As funcións primarias da cláusula

Transcript of Clausula funcions primarias

Page 1: Clausula funcions primarias

Amparo Cereixo Silva

Page 2: Clausula funcions primarias

A CLÁUSULA

Caracterízase por ter un PRDO desempeñado

por unha forma verbal:

- simple (Adiaron a reunión)

- perifrástica (Houbo que adiar a reunión).

Page 3: Clausula funcions primarias

O PREDICADO

PREDICADO (PDO) é a función sintáctica

imprescindible para a existencia dunha cláusula.

Sempre está desempeñado por unha forma verbal

simple ou perifrástica.

Hoxe choveu moito (f.simple)

Mañá vai chover (f. perifrástica)

Page 4: Clausula funcions primarias

PREDICADO VERBAL

Predicado verbal: o verbo posúe un significado

léxico > Cl. predicativa

● Segundo admita ou non CD distinguimos:

● Cl. transitivas: admiten un CD

A avogada defendeu o asasino

● Cl. intransitivas: non admite CD

María sentou na cadeira

Page 5: Clausula funcions primarias

PREDICADO NOMINAL

Predicado nominal (PN): o verbo só serve de

enlace entre o SUX e o ATRIBUTO (Cl. atributivas).

● Os verbos copulativos son estar, ser, parecer e

semellar.

Icía é xuíza.

Manuel está canso.

Antía e Xosé semellan aburridos.

Page 6: Clausula funcions primarias

O SUXEITO

O SUX desde o punto de vista semántico pode ser:

● Activo. Realiza a acción verbal.

A avogada defendeu o asasino

● Pasivo. Sofre a acción verbal.

O detido foi defendido pola avogada.

Page 7: Clausula funcions primarias

O SUXEITO

Concorda en número e persoa co verbo.

A avogada (P3) defendeu (P3) o asasino

As avogadas (P6) defenderon (P6) o asasino.

Gústanlle moito as verduras.

Gústalle moito a verdura.

Page 8: Clausula funcions primarias

SUXEITO. IDENTIFICACIÓN

Casos especiais de concordancia:

Coordinacións:

Manuel e seu irmán non chegaron a tempo.

Xa chegou / chegaron Manuel e mais seu irmán.

Colectivos:

A metade (sg.) dos asistentes votou (sg.) en contra.

A xente (sg. ) está (sg.) preocupada pola situación.

Cos verbos copulativos:

A metade dos participantes (pl) son (pl.) menores. semellan aburridos.

Page 9: Clausula funcions primarias

SUXEITO. IDENTIFICACIÓN

Nunca vai precedido de preposición.

Está desempeñado polas seguintes unidades:

Frase substantiva / nominal

Os comerciantes da zona están preocupados.

Joana é de Lisboa.

Cláusula

Gústame que a xente sexa sincera.

Impórtalle moito quedar ben coas clientas.

Pronome tónico recto

Ti non estás de acordo?

Page 10: Clausula funcions primarias

SUXEITO ELIDIDO

SUX. ELIDIDO: o SUX non se expresa, ben

porque xa se citou ben porque o contexto permite

a súa identificación.

Votei (P1= emisor) en contra da redución do orzamento.

Había unha pega pousada na cerdeira mais cando cheguei eu

voou (P3, contexto: a pega) cara á maceira

.

Page 11: Clausula funcions primarias

SUXEITO CERO

SUXEITO INEXISTENTE. Tipos:

● Verbos unipersoais que se refiren a fenómenos

da natureza.

Nevou durante toda a noite.

Vai moita calor.

● Cl. con haber (e facer en expresións temporais

análogas): P3 e CD..

Non hai dereito a isto!

Page 12: Clausula funcions primarias

SUXEITO CERO

Perífrase HABER QUE + inf..

Hai que telefonar antes das 16:00 horas.

Cos verbos abondar con, chegar con, bastar

con, ser suficiente con...

Abonda con saír ás 3.

Basta con isto?

Page 13: Clausula funcions primarias

SUXEITO INDETERMINADO

Falamos de indeterminación do SUX cando o

emisor non ten a vontade de indicar o axente da

acción: cláusula impersoais.

● O verbo vai en P3.

● Uso do pronome se

Vívese moi ben aquí.

Alúgase piso.

Page 14: Clausula funcions primarias

SUXEITO INDETERMINADO

Nas impersoais podemos distinguir entre:

● Impersoais activas: o verbo mantense na P3

independentemente da frase que o acompaña

(CD):

Alúgase pisos (CD).

Alúdese a eles (CD) como garantes da liberdade.

● Impersoais pasivas: o verbo concorda coa frase

que o acompaña:

Alúganse pisos.

Page 15: Clausula funcions primarias

COMPLEMENTO DIRECTO

Indica a entidade sobre a que recae a acción.

Xoán está a ler a última novela de Manuel Rivas.

Sabela toma café despois do xantar.

Page 16: Clausula funcions primarias

COMPLEMENTO DIRECTO.

IDENTIFICACIÓN

Non concorda co verbo en número e persoa

Elas teñen un exame (sg.) / exames (pl.)

Icía non quere café (sg.) / cereixas (pl)

Page 17: Clausula funcions primarias

CD. IDENTIFICACIÓN

● Poder ser substituído por un pronome átono de

acusativo (me, te, o/a, nos, vos, os/as).

Este pantalón xa non me serve; quérelo ti?

● Se o CD léxico se antepón ao PDO, redobra co

pronome

O veleiro merqueino eu.

● Se a cláusula admite construción pasiva, o CD

pasa a desempeñar a función de SUX.

A empresa construíu a ponte > A ponte foi construída pola

empresa.

Non fagas caso das preguntas“Que” xa que non

sempre son efectivas.

Page 18: Clausula funcions primarias

CD. TIPOS DE UNIDADES

● Frase nominal / substantiva

Regaloulle un móbil / flores.

● Pronome persoal átono

Víchela?

● Frase preposicional (só en determinados casos)

A Antón vino onte paseando pola rúa.

● Cláusula subordinada / oración

Dixo que iría ao teatro / que se querías, viña.

Page 19: Clausula funcions primarias

CD: FRASE PREPOSICIONAL

Con pronomes tónicos: Vinte a ti na festa.

Co pronome indeterminado un: Tratan a un

como se fose parvo.

Co pronome todos/todas: Deunos tempo a

visitar a todos.

Co identificador calquera: Non van coller a

calquera para o posto de director.

Cos antropónimos: Vin a María e a Lois na

praia. / Vin ao ~ o Lois na praia.

Page 20: Clausula funcions primarias

CD: REDOBRO

Ás veces, o CD léxico vai acompañado do pronome

átono:

● CD anteposto ao PDO: A Antón vino onte na rúa.

● Pr. persoal tónico: Convideina a ela á festa.

● Frecuente co indeterminado un: Trátano a un

~Tratan a un como se fose parvo .

● En determinados casos con todos/todas:

Convideinas a todas.

Page 21: Clausula funcions primarias

CD. TIPOS DE UNIDADES

● Frase substantiva

Regaloulle un móbil

● Pronome persoal átono

Víchela?

● Frase preposicional (só en determinados casos)

A Antón vino onte paseando pola rúa.

● Cláusula subordinada

Dixo que iría ao cine.

Page 22: Clausula funcions primarias

CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS

O referente do SUX e do CD coinciden, isto é, o SUX realiza a

acción sobre a súa persoa. O referente do pronome reflexivo

e do SUX é o mesmo.

Antón lavouse < *Antón lavou a Antón.

Ti peitéaste < *Ti peiteas a ti

Page 23: Clausula funcions primarias

CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS

Se o CD xa está expreso non é posible o uso doreflexivo:

*Eu laveime as mans

Outros verbos que non admiten en galego areflexividade son:

*Ela sentouse no chan

*Caeuse da cadeira

*Esperteime con pesadelos

*Casareime aos 60 anos

Page 24: Clausula funcions primarias

COMPLEMENTO INDIRECTO (CI)

Indica o beneficiario ou destinatario da acción.

Leveille unhas flores á avoa.

A min gústame moito o rap.

Page 25: Clausula funcions primarias

CI. IDENTIFICACIÓN

● Non condorda co PDO en número e persoa

● En xeral, prodúcese o redobro (acompáñao o

pronome átono, co cal concorda en número e persoa)

A ti interésache a política?

Linlles o conto aos rapaces.

Page 26: Clausula funcions primarias

O CI nunca vai introducidopola preposición “para”.

Introduce un CCque en moitos casos coincide

semanticamente co CI.Merquei flores para a avoa (CC).

CI. TIPO DE UNIDADE

O CI léxico está SEMPRE desempeñado por unha

FRASE PREPOSICIONAL (prep. a). O TERMO pode

ser:

Frase substantiva / nominal:

Xosé regaloulle un anel a súa nai.

A ela non lle regalei nada.

Cláusula

Déillo a quen me mandaron.

Page 27: Clausula funcions primarias

CI. TIPO DE UNIDADE

O CI pronominal está desempeñado por un pronome

átono de Dat. (me, che, lle, nos, vos, lles).

Xosé tróuxoche uns zocos novos.

Non che me interesa nas ese tema.

Asegúrolles que non foi así

A contracción de lles co átono de Ac.da P3 é llelo(s) e llela(s).

Llo(s) e lla(s) é a contracción sóde lle + o(s), a(s).

Aos avós aínda non llelo dixen.Á avoa aínda non llo dixen.

Page 28: Clausula funcions primarias

DATIVO DE SOLIDARIEDADE

O Dativo de solidariedade tenta incluír o(s)

oínte(s) na mensaxe. A súa función é implicalo para

que se solidarice co expresado.

Só se empregan pronomes dativos da P2 / P5 (ou

formas de cortesía)

Fixóchelle un bo regalo!

Cómecheme moi ben!

A conferencia resultouvos ben interesante.

Page 29: Clausula funcions primarias

COMPLEMENTO AXENTE (C. AX.)

● Refire o axente da acción.

● Só nas cláusulas con PDO en voz pasiva.

● Sempre está desempeñado por unha frase

preposicional (ENL.: por)

● Se transformamos a clásula en voz activa, pasa a

desempeñar a función de SUX.

O relato foi lido pola propia autora.Sempre fai referencia ao

axente, de aí que non se

poida confundir con

outros complementos

introducidos pola

preposición por.

Page 30: Clausula funcions primarias

ATRIBUTO (ATR.)

● Só cos verbos copulativos (ser, estar, parecer,

semellar).

● Concorda en xénero e número co SUX.

● Tipos de unidades que poden desempeñar esta

función: fr. adx., adv., nominal, subst, prep. ou unha

cláusula.

Antón está contento

Elisa semella moi cansa.

Xulia é de Vigo / viguesa.

Page 31: Clausula funcions primarias

PREDICATIVO (PTVO.)

● Función sintáctica semellante ao ATR mais, fronte a

este, emprégase con verbos predicativos.

● Pode incidir sobre:

● o SUX (As augas baixan revoltas; As meniñas

xogaban tranquilas en Bonaval;)

● o CD (Ten os rapazos manchados – Os zapatos

tenos manchados)

Page 32: Clausula funcions primarias

PTVO. IDENTIFICACIÓN

● Concorda en xénero e número co SUX ou CD

Ten a chaqueta manchada / o xersei manchado

(PTVO. DE CD)

Elas / Eles chegaron cansas / cansos (PTVO. DE SUX.)

Eu víaos moi entretidos / víao moi entretido cos seus

xoguetes (PTVO. DE CD)

Page 33: Clausula funcions primarias

PTVO. TIPO DE UNIDADE

● Fr. adx. / subst. / adv (modo).

● Fr. prep. con “de, por, como” co significado de “en

calidade de”.

● Cláusula de participio / xerundio.

Asistiu á inauguración como representante do Reitor.

Levaban as cantimploras baleiras

Tiña todas as portas pechadas con chave.

Xerardo ordenaba os botes alegremente

Atópome moi ben.

Page 34: Clausula funcions primarias

COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL (CC)

● Son optativos.

● Indican as circunstancias de tempo, lugar, modo... da

acción ou proceso.

● Nalgúns casos, poden vir esixidos polo PDO

(complementos adverbiais) e adoitan facer referencia ao

lugar ou ao modo

Comporáronse adecuadamente

Achegouse á ventá para contemplar as vistas.

Page 35: Clausula funcions primarias

CC. TIPOS DE UNIDADE

Fr. prep. / adv. / nom.

Cláusula

Teño aquí unhas entradas para quen as queira.

Vén da casa.

Estivo a xogar ao dominó toda a tarde.

Puxo o cadro onde tiña aquel tapiz

Chegando a Lugo, díxome que non quería seguir.

Page 36: Clausula funcions primarias

SUPLEMENTO (SUPL.) /

COMPLEMENTO DE

RÉXIME (C.RÉX.)

● Vén determinado polo verbo e non se podepronominalizar.

● Sempre é unha frase preposicional e o TERMO pode ser calquera tipo de unidade

● En xeral, as preposicións que se empregan son as máis baleiras de contido.

Falamos de se era posible realizar este proxecto.

Recorría a ela sempre que tiña problemas.

Canto máis pensaba no tema, máis se obsesionaba.

Page 37: Clausula funcions primarias

SUPLEMENTO (SUPL.)

● Lembra: a preposición mantense sempre, independentemente de que tipo de unidade desempeñe a función de TERMO na fr. Preposicional.

Aínda non os avisara do acontecido / do que acontecera.

Dedicábase a investigar os hórreos / ao estudo da botánica.

Page 38: Clausula funcions primarias

SUPLEMENTO (SUPL.)

● Nalgúns casos, o verbo pronominal rexe SUPL. e a

forma pronominal non:

Ríanse das súas parvadas / con ela vs.Riron toda a tarde.

Lembrábanse del a miúdo vs. Lembraban as súas historias.

Esquecéronse de ti vs. Esquecéronte ~ Esqueceron o rapaz.

● Casos de verbos con rexencia: pasar de,

lembrarse de, decartarse de, dedicarse a, bater con,

avisar de, obrigar a, encargarse de, dubidar de-en,

decidirse por, coidar de, contar con, esquecerse de...