ciencias naturais T4 As plantas (1) · REINO MÓNERA CARACTERÍSTICAS DEBUXO MÓNERA 4. Razona....

12
Esquema ciencias naturais TEMA 4 OS SERES VIVOS AS PLANTAS No noso planeta existe unha gran cantidade de seres vivos. Os científicos compáranos e clasifícanos. Clasificación dos seres vivos Os científicos clasifican os seres vivos en función duns CRITERIOS DE CLASIFICACION que permiten ordenalos en cinco grandes grupos chamados REINOS: Reino animal: poden desprazarse - Aliméntanse doutros seres vivos - Os seres humanos pertencemos a ese grupo Reino vexetal - Non se desprazan - Fabrican o seu propio alimento - Forman parte de este grupo arbustos, árbores e herbas. Reino Fungos - Non se desprazan - Non fabrican os seu aliemento - Exemplo cogomelos e mofo

Transcript of ciencias naturais T4 As plantas (1) · REINO MÓNERA CARACTERÍSTICAS DEBUXO MÓNERA 4. Razona....

  • Esquema ciencias naturais

    TEMA 4 OS SERES VIVOS AS PLANTAS

    No noso planeta existe unha gran cantidade de seres vivos. Os científicos

    compáranos e clasifícanos.

    Clasificación dos seres vivos

    Os científicos clasifican os seres vivos en función duns CRITERIOS DE

    CLASIFICACION que permiten ordenalos en cinco grandes grupos chamados

    REINOS:

    Reino animal:

    poden desprazarse

    - Aliméntanse doutros seres vivos

    - Os seres humanos pertencemos a ese grupo

    Reino vexetal

    - Non se desprazan

    - Fabrican o seu propio alimento

    - Forman parte de este grupo arbustos, árbores e herbas.

    Reino Fungos

    - Non se desprazan

    - Non fabrican os seu aliemento

    - Exemplo cogomelos e mofo

  • Reino protista

    - Este reino está formado por algas en un seres microscópicos chamados

    protozoos.

    Reino móneras

    - Este reino fórmano as bacterias que son tan pequenas que só podemos

    velas có microscopio.

    O REINO VEXETAL. Características das plantas

    Como o resto dos seres vivos as plantas nacen, crecen, relaciónanse se reproducen e morren.

    As plantas non se poden desplazar e fabrican o seu propio alimento.

    Realizan a fotosíntese.

    Exiten varias maneiras de clasificar as plantas:

    - Se teñen ou non flor: plantas con flor (son vexetais que florecen e

    producen sementes como o tomiño) ou plantas sen flor( non florecen nin

    producen sementes como o mofo).

  • - Segundo o seu talo: árbores, arbustos e herbas.

    árbores : teñen un talo duro e groso (tronco) Exemplo: Piñeiro ou

    aciñeira

    Arbustos: teñen talos duros e delgados que se ramifican dende o chan.

    Exemplo: romeu ou xesta

    Herbas: as herbas teñen un talo delgado e flexible. Exemplo trigo e

    margaridas.

    As plantas relaciónanse coa súa contorna e con outros seres vivos. Por

    exemplo os xirasois virando cara o sol, buscando a luz solar( como a planta da

    nosa clase) ou relacionándose cos insectos para reproducirse.

    COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS? As plantas fabrican o seu propio alimento, este proceso chámase

    FOTOSÍNTESE, para esto precisan:

    - Dióxido de carbono do aire

    - Auga

    - Lúz solar

  • Cómo fan a fotosíntese?

    A planta absorbe do solo a través da raíz auga e sales minerais que

    esto forma o zume bruto que sube polo talo ata as follas onde xunto co

    dióxido de carbono do aire e a luz solar se transforma en zume

    elaborado, que é o alimento que se reparte dende as follas por toda a

    planta.

    resumo

    1ºAbsorve auga e sales minerais

    2º Transforma a auga e sales minerais en zume bruto

    3º O zume bruto ascende polo talo ata as follas

    4º Nas follas a planta absorbe luz solar e dióxido de carbono

    5º O zume bruto se transforma en zume elaborado

    6º O zume elaborado é o alimento da planta, que se reparte por ela

    dende as follas.

  • COMO SE REPRODUCEN AS PLANTAS?

    Os órganos reprodutores das plantas atópanse nas FLORES. A flor

    ten as seguintes partes:

    O cáliz: formado por folliñas de cor verde chamadas sépalos

    Corola:conxunto de pétalos (xeralmente de cores vistosas para atraer

    aos insectos)

    Estames: Filamentos ue no seu extremo teñen graos de pole

    Pistilo: onde se forma a semente

  • EXERCICIOS TEMA 4 CIENCIAS NATURAIS : AS PLANTAS

    Realiza os seguintes exercicios sobre as plantas. Primeiro tes que ler e estudar o esquema, e se tes alguna dúbida podes consúltalo. De ser posible copia os exercicios no caderno lembra, o enunciado a bolígrafo e a resposta a lápiz, senon podes imprimilos.

    1 .Completa a seguinte información

    Os científicos clasifican os seres vivos en función duns …………………

    ……………………………………que permiten ordenalos en cinco

    grandes grupos chamados ……………………..

    2. Cales son os os cinco grandes reinos pon un exemplo de cada un deles.

    3. Completa a información sobre os cinco reinos e debuxa un exemplo

    REINO ANIMAL

    CARACTERÍSTICAS DEBUXO ANIMAL

  • REINO VEXETAL

    CARACTERÍSTICAS DEBUXO VEXETAL

    REINO FUNGOS

    CARACTERÍSTICAS DEBUXO FUNGO

    REINO PROTISTA

    CARACTERÍSTICAS DEBUXO PROTISTA

  • REINO MÓNERA

    CARACTERÍSTICAS DEBUXO MÓNERA

    4. Razona. Crees que os seres humanos poderíamos vivir se non existise algún dos reinos. Explica a túa resposta

    5. Cales son as tres función vitais das plantas e en que consiste cada unha delas.

    6. Que nome recibe o proceso mediante o cal a planta fabrica o seu propio alimento?

  • 7 . Clasifica as seguintes plantas en con o sen flor

    Tomiño mofo alga rosa fieito herba clavel

    Planta con flor Planta sen flor

    8. Como xa sabes as plantas tamén se poden clasificar segundo o seu talo, fai un debuxo de cada unha de elas e explica as súas características.

    Nome características debuxo

    árbore

    Nome características debuxo

    arbusto

    Nome características debuxo

    herba

  • 9. Pon un exemplo de cómo unha planta se relaciona co seu medio, pensa nas planta da nosa clase, que era o que buscaba?

    10. Explica a fotosíntese paso a paso. Podes guiarte polo esquema

    1º………………………………………………………………………………

    2º ………………………………………………………………………………

    3º ………………………………………………………………………………

    4º ………………………………………………………………………………

    5º ………………………………………………………………………………

    6º ……………………………………………………………………………….

    11. Completa o debuxo cos elementos que a planta absorbe y expulsa na fotosíntese. Despois podes colorealo

  • 12. Onde se atopan os órganos reprodutores das plantas?

    13. Completa cos seus nomes o debuxo da flor. Despois podes colorear o debuxo

  • PARA FINALIZAR CO ESTUDO DO TEMA

    Moi ben feito. Agora se queres podes completar o estudo do tema vendo os seguintes vídeos que tratan sobre as plantas e seguro que che interesan.

    Preme nos enlaces e poderás acceder a eles. Ao carón de cada vídeo explicoche de que vai a tratar.

    https://www.youtube.com/watch?v=ThbSPNlRz0o (vídeo que trata sobre as plantas en

    xeneral)

    https://www.youtube.com/watch?v=ru6rZNQg3eM (este vídeo explica la fotosíntesis)

    https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac (este video fala sobre a importancia

    do reino vexetal para a humanidade, en concreto os árbores)

    https://www.youtube.com/watch?v=5-CLWbeBkrs (este video fala sobre a

    reproducción das plantas)

    https://www.youtube.com/watch?v=kgoDDLxfVOw (clasificación das plantas)

    https://www.youtube.com/watch?v=zIDVm8_aLDI (explica as partes da planta)

    https://www.youtube.com/watch?v=3PP50FAMIzU (explica as partes da planta e as

    súas funcións)

    https://www.youtube.com/watch?v=npNCzchvXTQ (este video nos fala sobre a

    nutrición das plantas, fotosíntese)