Ciencia e Técnica Gregas

11

description

Algúns logros da ciencia grega e os seus autores

Transcript of Ciencia e Técnica Gregas

Page 1: Ciencia e Técnica Gregas
Page 2: Ciencia e Técnica Gregas

• 625 – 547 a.C. (aprox.)

•Filósofo, físico e matemático

•Como matemático, fixo aportacións básicas sobre Xeometría. A máis relevante é o teorema que leva o seu nome

•Como físico, comprendeu o fenómeno dos eclipses

Page 3: Ciencia e Técnica Gregas

• Como filósofo, chegou á conclusión de que todo o existente se baseaba nun só principio ou elemento, que para el era a auga.

O seu principal teorema pertence ó campo matemático da Xeometría e serve, por

exemplo, para medir as alturas dos obxectos de maneira indirecta

Page 4: Ciencia e Técnica Gregas

• 582 – 507 a.C. (aprox.)

•Filósofo, matemático e astrónomo

•Como matemático, formulou o teorema que leva o seu nome e explica a relación dos lados dun triángulo rectángulo

•Como filósofo, cría que o Universo se podía explicar a partir de relacións matemáticas

Page 5: Ciencia e Técnica Gregas

• Para os pitagóricos a existencia dos números irracionais constituía un problema, xa que un período decimal impredecible non encaixaba coa súa idea de que todo se podía reducir a fórmulas matemáticas exactas

Entre eses números están π, √2 e a chamada razón áurea, presente en multitude de figuras xeométricas e obxectos da

natureza, como a distribución dos pétalos das flores, a distancia entre as espirais das cunchas dos caracois ou os nervos das follas

das árbores

Page 6: Ciencia e Técnica Gregas

• 325 – 265 a.C. (aprox.)

•Matemático e xeómetra

•Non está claro se o libro Os elementos foi escrito por el ou por un equipo de matemáticos da cidade de Alexandría

•Está considerado como “pai da xeometría”

Page 7: Ciencia e Técnica Gregas

Toda a xeometría euclidiana parte de

cinco postulados básicos a partir dos

cales se constrúen os diferentes teoremas. O

máis famoso é o primeiro, que di que

por dous puntos dados só pode pasar unha

recta. Entre os teoremas quizais un dos máis coñecidos

sexa aquel que di que os tres ángulos de calquera triángulo deben sumar 180º

Page 8: Ciencia e Técnica Gregas

• 460 – 370 a.C. (aprox.)

•Médico

•Está considerado por moitos como o “pai” da medicina moderna, baseada na observación de síntomas e estudio das enfermidades, que atribuía a causas naturais e non á intervención dos deuses

Page 9: Ciencia e Técnica Gregas

Actualmente os médicos seguen a prestar o chamado Xuramento Hipocrático, como símbolo de compromiso coa súa profesión

Page 10: Ciencia e Técnica Gregas

• 287 – 212 a.C. (aprox.)

•Matemático, físico e enxeñeiro

•Foi un dos maiores matemáticos e inventores da Antigüidade: débenselle aportacións como o parafuso, a comprensión da hidrostática e as leis da palanca

Page 11: Ciencia e Técnica Gregas

Da súa sabedoría cóntanse varias anécdotas: comprendeu a mecánica de

fluídos mentres estaba a tomar un baño, e deseñou máquinas defensivas durante

o asedio romano da súa cidade: entre elas, segundo parece, uns espellos de bronce que, axudados do calor do sol,

conseguiron incendiar os barcos romanos que participaban no asalto