CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

13
A PRIMAVERA CEIP” XESÚS SAN LUÍS ROMERO” CURSO 2011-12

Transcript of CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Page 1: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

A PRIMAVERA

CEIP” XESÚS SAN LUÍS ROMERO”

CURSO 2011-12

Page 2: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

MARTISOR Para celebrar a chegada da primavera e o renacemento dos campos, dos animais e do amor, algo parecido á nosa Candeloria, en Romanía celébrase todos os días 1 de Marzo a festa de MARTISOR.

O nome ven da palabra “martie” que en romanés significa marzo e trátase dunha tradición moi antiga, milenaria, segundo demostraron moitas investigacións arqueolóxicas.

Cada primeiro día de marzo, os romaneses regálanse amuletos que elaboran eles mesmos ou ben mercan no comercio. Os amuletos consisten en enlazar dous cordonciños vermello e branco, que simboliza no inverno e a primavera, e que protexen dos malos espíritos. Algúns teñen pequenas figuras en forma de sol, estrela, flores, follas, abellas, corazóns, ferraduras, entre outros.

Page 3: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

O intercambio destes amuletos é unha mostra de cariño, amizade e respecto. Habitualmente os homes mercan flores e regálanllas , co amuleto, ás mulleres e aos nenos, que portan os amuletos na solapa ou no lado esquerdo do corpo.

orixe Hai 8000 anos xa se celebraba o martisor. Nunha tira de la ou cáñamo amarrábanse dúas pedriñas, unha vermella e outra branca e poñíanse ao pescozo. As cores representan a enerxía feminina o vermello, a branca a masculina. Igual que os polos opostos na natureza, a guerra e a paz, o frío e o calor, Igual que na China tiñamos o ying e o yang. Tratábase dunha celebración da primavera, onde se oraba e se sacrificaba un animal. As cores representan a continuación da vida despois da morte e nos costumes de Romanía aínda están presentes na vestimenta da recén casada, en cerimonias de nacemento e en enterros. A deusa relacionada co rito do Martisor era Baba Dochia, que tiña os eu orixe no culto á Gran Nai. Ao período entre o 1 e 9 de marzo chámaselle “días das anciás” (zilele babelor). Nestes días aparece Baba Dochia e a primavera loita en contra do inverno ata vencelo.

Page 4: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Se nos referimos a hai 2000 anos, os romanos, os tracios e os dacios celebraban a tradición do 1 de marzo que lle chamaban Matronalia. O deus que veneraban os dacios chamábase Marsyas Silen, era o inventor da frauta e tiña poderes sobre a natureza. Nesa época o martisor cambióu o seu aspecto ao que ten hoxe, cambiáronselle as pedras de cores e púxoselle un lazo feito de dúas fitas de distintas cores, entrelazadas e ao mesmo tempo amarradas nun 8, símbolo do infinito. Tamén se lle deu a función de amuleto protector que daría sorte á portadora. Colgábanselle moedas de ouro e prata ou flores Coa chegada do primeiro emperador romano cristián, o culto á Gran Nai e ás deusas foi prohibido. Pero aínda así o martisor sobreviviu ata agora. Antigamente en Moldavia, coma aínda hoxe nalgúns lugares, as rapazas novas usaban o martisor do 1 ata o 12 de marzo. Despois amarrábanse os laciños no pelo ata ver a chegada dos primeiros paxaros na aldea. Daquela colgaban os lazos na primeira árbore florida que atopaban e pedían un desexo.

Page 5: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Algo así fan os xaponeses con cintas de cores que colgan nas pólas dos primeiros cereixos floridos do ano. Noutras rexións de Romanía, as nais para protexer aos seus bebés póñenlle un martisor ao pescozo, no pulso ou no pe. Na tradición romanesa as cores representan:

• O branco, o inverno, • O vermello a primavera, • O verde o verán e • O negro o outono

O costume do martisor atópase en todas as rexións de Romanía e tamén en Macedonia, Albania e Bulgaria (con algunhas variacións)

Page 6: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Pascua A maioría da poboación de Romanía é cristiá, pero de rito ortodoxo. A data da celebración da Pascua é sempre unha semana despois da Pascua celebrada pola Igrexa católica.

A igrexa ortodoxa réxese polo calendario xuliano e as demais igrexas católicas polo calendario gregoriano, polo que algunhas veces coinciden, pero a maioría teñen un desfase dunha semana.

Na Semana Santa están prohibida sas festas, ata o primeiro día de Pascua, que é o luns. O Sábado de Pascua os romaneses ortodoxos fan xexún, o que se coñece como vixilia negra, e non comen ata a posta de sol. Algúns non toman nin auga. Prepárase o xantar para o Domingo, tradicionalmente año, e ás doce da noite vaise á igrexa.

Nestes días de celebración, en cada casa hai un prato con ovos pintados, a maioría de cor vermella, cor quen estes días significa o sangue de Xesús. Os ovos píntanse en Semana Santa, o xoves, chamado “xoves verde” en ese día cómense so verduras.

Page 7: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

O venres da Semana Santa, ás seis da tarde, toda a xente asiste a un culto especial. No momento no que o cura empeza o culto, toda a xente sae da igrexa e dan seis voltas arredor dela. Acéndense as candeas e mantéñense así durante todo o oficio. Despois a candea lévase á casa e mantense acesa ata que se consome. O primeiro día de Pascua, o Domingo de Resurrección, celébrase sempre en casa con toda a familia. É o primeiro día en que se poden comer alimentos de orixe animal, despois dos 40 días de prohibición da Coresma. O domingo é o primeiro día en que se comen os ovos pintados.

Page 8: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Para comelo cada membro da familia debe coller un ovo e rompelo chocándoo co dos demais e dinse as seguintes palabras:

“ Hristos a Inviat!” : Xesús está resucitado E a resposta é “Adevarat a Inviat” Si, de verdade está resucitado.

O desexo Feliz Semana Santa en romanés é “Paste fericit” Os nenos esperan este día con moita impaciencia porque é cando reciben agasallos que lles da un coello, un coello branco moi simpático que trae agasallos so para os rapaces bos. Os seguintes días, o luns e martes, da semana de Pascua, están cheas de costumes, de tradicións, Nestes dous días, os rapaces perfuman ás rapazas cunha colonia, e os rapaces reciben un ovo pintado e un pastel.

Page 9: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

A pintura de ovos é unha tradición con orixes en tempos antigos, en moitas partes do mundo: países europeos, Israel, Exipto. Co tempo, a práctica adquiriu moitas significacións relixiosas cristiás.

Hoxe en día, os ovos píntanse o xoves de Pascua, póñense nun cesto, bendito durante o oficio relixioso da noite da Resurrección de Xesús.

En Romanía os ovos píntanse en Moldavia, Sibiu, Valcea, Oltenia, pero é sen dúbida en Bucovina onde teñen maior representación.

Page 10: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Os temas utilizados para os adornos dos ovos son moi diversos, utilizando símbolos relixiosos como o Sol, a Lúa, o sendeiro ou a cruz, combinados con elementos da Natureza e traxes tradicionais. A cor predominante é a vermella, que simboliza o sangue de Xesús, xa que María Magdalena puxo unha cesta de ovos baixo a cruz e o sangue de Xesuscristo tinguiunos de vermello.

Page 11: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Para facer os ovos de Pascua, primeiro vacíanse e ponse nun tratamento de sal e auga. Tamén poden cocerse. Póñense un tempo a remollo e póñense a secar. Podemos empregar colorante para alimentos: Mesturar entre media e unha cullerada de colorante para alimentes con 2 culleradiñas de vinagre nunha cunca o suficientemente profunda para os ovos. Engadir auga ata a metade aproximadamente. Colocar con coidado os ovos nas cuncas. Canto máis tempo permanezan no colorante, máis escuro será o ton de cor. Ao quitar o ovo do colorante, secar cunha toalla de papel e colocalo nun soporte.

Page 12: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

Colorantes naturais para ovos de Pascua. Podemos facer diferentes cores naturais empregando ingredientes naturais .

• Marrón, coas capas exteriores das cebolas, o te ou o café. • Amarelo, con colorante para paella, cúrcuma ou azafrán. • Azul, co zume de arándanos. • Violeta, con remolacha ou cebola mourada. • Verde, con espinacas.

Mesturar a fonte de colorante con media cullerada de vinagre e un pouco de auga fría nunha pota. Engadir os ovos crus e deixar ferver. Baixar o lume e cocer a lume lento de 10 a 15 minutos. Canto máis tempo se deixen cocer máis escuro será a cor, pero hai que cocelos polo menos 8 minutos.

A continuación píntanse cun instrumento que se chama chisita, en varias tapas, segundo as cores, a intensidade desexada, os modelos, etc.

Page 13: CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA

En xeral, este é un traballo realizado por mulleres. Non se emprega ningún modelo estándar, polo que cada ovo é o resultado da imaxinación.

E para aprender a pintar: http://www.youtube.com/watch?v=s9m_x8BDJkE http://www.youtube.com/watch?v=yVJEW2TXXKw http://www.youtube.com/watch?v=RfQRlg4Vu50 http://www.youtube.com/watch?v=VPxfZwjUsbo