CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais...
Transcript of CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais...
![Page 1: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/1.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
CEIP DE VITE I
CURSO 2015 / 2016
![Page 2: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/2.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
PERIODO DE ADAPTACION E. INFANTIL 3 AÑOS
Xustificación:
Coa aprobación Decreto 330/09, do 4 de xuño, polo que se establece o Currículo de
Ed. Infantil establece no artigo 3: “os centros educativos planificarán un período de
adaptación do alumnado para favorecer a transición desde a familia ou dende a escola infantil
á nova situación de ensino aprendizaxe”.
Que é o período de adaptación?
O período de adaptación é tempo que transcorre desde que o neno ou a nena chega
por primeira vez á escola ata que xa se desenvolve con normalidade dentro dela.
Dende o punto de vista pedagóxico, adquire gran importancia a separación do fogar
que a nena ou neno vai vivir ao incorporarse á escola, polo que consideramos fundamental o
período de adaptación, xa que a súa actitude ante a escola, ante as relaciones sociais, ante as
aprendizaxes ao longo de toda a escolarización, vai depender de cómo asimile este proceso,
positiva ou negativamente.
De aí a necesidade de organizar un adecuado período de adaptación para que a entrada
na escola por vez primeira sexa o menos traumática posible, xa que nalgúns casos é a primeira
separación que se produce entre a nena ou neno e a familia. En dito período é moi necesaria a
colaboración da nai e pai.
A nena ou neno ten que ser capaz de asimilar os cambios que supón esta nova
actividade na súa vida cotiá e polo tanto é normal que se presente coma un proceso irregular
onde poderemos observar avances, retrocesos e sentimentos contraditorios de aceptación e
rexeitamento. Igualmente poden aparecer regresións e síntomas diversos.
Para que este proceso se leve a cabo de maneira adecuada é importante manter unha
actitude aberta e receptiva, atendendo aos seus distintos ritmos.
![Page 3: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/3.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
Obxectivos
Obxectivos xerais
O obxectivo principal neste período de adaptación é facilitar a adaptación da nena
ou neno ao centro, establecendo distintos vínculos afectivos entre eles e a súa mestra.
Obxectivos específicos:
Coñecer algúns espazos do centro, tanto interiores coma exteriores (aula, aseos,
biblioteca, sala de psicomotricidade, patio).
Coñecer o nome da súa mestra e dalgún compañeiro.
Adquirir progresivamente certas rutinas.
Familiarizarse con materiais e actividades cotiás.
Desenvolverse cada vez mais de forma autónoma na aula e no centro.
Favorecer a confianza e as relaciones dos pais e nais no centro.
Contidos
Necesidades corporais de aseo e hixiene corporal (pis, lavar as mans).
Os obxectos e materiais de aula.
Actividades e rutinas diarias.
Hábitos sociais: saúdos e despedidas.
Traballarase:
Participación e recoñecemento da pertenza a distintos grupos sociais.
Identificación da súa mestra e dalgúns compañeiros.
Manipulación e experimentación dos obxectos persoais de aula.
Percepción das necesidades corporais e normas para satisfacelas pedindo axuda cando
sexa necesario.
Construción da orden temporal no transcurso das actividades diarias.
Expresión das necesidades persoais.
Utilización das formas socialmente establecidas para relacionarse cos demais: saúdos,
despedidas e peticións.
Coñecer os espazos e profesionais que traballan no centro escolar.
Aceptación das normas establecidas para o funcionamento do grupo clase.
![Page 4: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/4.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
Estratexias metodolóxicas na aula e na casa
Creación dun ambiente cálido, acolledor e seguro.
Establecer unha relación socio-afectiva entre o a nena ou neno e o docente.
Coidar os momentos de acollida e saída, recibíndoos con agrado, falando cos pais e
nais á saída sobre o transcurso da xornada.
A actividade base será o xogo libre e espontáneo cos outros nenos e nenas para
favorecer así a comunicación, os hábitos, a interrelación...
Pedirase ás familias que reforcen aqueles aspectos que sexan necesarios para mellorar
a adaptación do neno nena á escola.
Temporalización
MES DE XUÑO
O período de adaptación desenvolverase ao longo do mes de setembro, segundo o
horario que se indica máis abaixo, onde os nenos comezan esta nova experiencia.
Anteriormente planificamos a finais do mes de Xuño unha reunión xeral para todos os pais e
nais dos alumnos e alumnas de 3 anos que se van a incorporar ao centro, onde se expón a
importancia de realizar un adecuado período de adaptación e as finalidades educativas que o
xustifican.
Na reunión do mes de xuño trátanse os seguintes temas:
- Presentación do equipo de Educación Infantil.
- Que é período de adaptación?
- Como poden colaborar os pais e nais?
- Cando e como vai ser a incorporación á escola?
-Entrega dun cuestionario ás familias, coa fin de coñecer mellor aos nenos e
nenas.
- Recomendacións para o verán.
O MES DE SETEMBRO
No mes de setembro: Distribución do horario escolar e incorporación paulatina do
alumnado.
A aula de tres anos en función do alumnado matriculado queda organizada en 4 grupos
tal e como segue:
![Page 5: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/5.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
GRUPOS GRUPO 1:
1. Barreiro Nieto, Julia
2. Barros Lago, Artai
3. Castro García, Mauro
4. Daibeche, Amina
5. Fraga González, Adrián
GRUPO 2:
6. García García, Diego
7. García Mosquera, Iago
8. Huang, Weichen
9. Iglesias Castro, Naiara
10. Lea Salaño, Ainara
11. Lema Señarís, Damián
GRUPO 3:
12. Martínez Suárez, Laura
13. Mouro García, Mateo
14. Noya García, Roi
15. Pampín Vale, Noa
16. Paz Castro, Daniel
GRUPO 4:
17. Pena Luque, Daniel
18. Rey Aparicio, Noa
19. Rey Taboada, Rubén
20. Sanjurgo Gil, Sergio
21. Serrano Fernández, Gael
22. Torras Villaverde, Ibai
23. Valiñas Moure, Mateo
![Page 6: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/6.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
O horario e os días que asistirán a clase serán los seguintes:
1ª SEMANA
HORARIO
SETEMBRO
LUNS MARTES MÉRCORES 10
XOVES
11
VENRES
10 -11.30h GRUPO 1 GRUPO 3
12.00 -13.30h GRUPO 2 GRUPO 4
ENTREVISTAS
INDIVIDUAIS
2ª SEMANA HORARIO
SETEMBRO
14
LUNS
15
MARTES
16
MÉRCORES
17
XOVES
18
VENRES
10-11.30h GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 1 E 2 GRUPOS 2 E 3 TODOS DE
10,00 – 13,30 12.00 – 13,30 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 3 E 4 GRUPOS 1 E 4
ENTREVISTAS
INDIVIDUAIS
3ª SEMANA
HORARIO
SETEMBRO
21
LUNS
22
MARTES
23
MÉRCORES
24
XOVES
25
VENRES
09:30 – 14:30 TODOS DE
10,00 – 13,30 HORARIO COMPLETO
Establécense períodos para as entrevistas INDIVIDUAIS coas familias. Recollemos
toda a información posible sobre os novos alumnos e alumnas e dámoslle aos pais e nais
orientacións sobre as próximas semanas.
Actividades relativas á aprendizaxe de hábitos, destrezas e rutinas básicas.
As actividades a realizar coas nenas e nenos no período de adaptación serán
curtas e variadas procurando en todo momento que se relacionen entre si e coa mestra
titora.
Entre estas temos:
1.- Exploración e xogo libre pola aula e patio, coa fin de descargar emocións,
sentimentos e angustias propias destes momentos.
2.-Presentación da aula, das distintas zonas, aprendendo o nome dos distintos materiais
e a utilizalos adecuadamente.
![Page 7: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu](https://reader035.fdocuments.ec/reader035/viewer/2022062311/5bb91fae09d3f2fd488b6c10/html5/thumbnails/7.jpg)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
3.-Presentación da mestra, dos compañeiros e compañeiras. Xogos e cancións para
aprender o nome.
4.-Manipulación de diferentes materiais.
5.-Cantar cancións.
6.-Narración de contos.
7.-Fichas individuais de coloreo, pegar trociños de papel...introducindo algunha das
técnicas plásticas mais sinxelas.
8.- Introdución das normas que rexerán a convivencia na aula, así como as rutinas.
A clase presentará un aspecto alegre e acolledor sen demasiados xoguetes, o
material irémolo sacando pouco a pouco, explicando como deben usalo e onde se garda.
É moi importante atender ás normas aportadas polo equipo de Educación Infantil
sobre as “axudas” que propician o desenvolvemento da autonomía persoal (marcar a
roupa, poñer gomas nos chaquetóns, …), para facilitar a adquisición paulatina de novas
rutinas.
Avaliación
Diariamente no noso anecdotario imos reflectindo os aspectos mais importantes
do día: nenas e nenos que choran, que se aferran aos adultos, que non deixan os
obxectos que traen da casa, se choran durante todo o tempo, que non realizan as
actividades propostas, etc.
Ao finalizar o período de adaptación cumprimentaremos a “Ficha de
observación do período de adaptación”.
Neste período é moi necesaria a colaboración das nais e pais, xa que a
adaptación do seu fillo ou filla ven determinada, en gran medida, por como asuman a
separación; os seus temores, expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu
grado de confianza nas posibilidades do neno e nas garantías do centro, xa que todos os
seus temores poden ser transmitidos a través de diversas manifestacións a súa vez
captados polos fillos e/ou fillas como algo negativo cara a escola.