Cataventos 2010

64
C C A A T T A A V V E E N N T T O O S S REVISTA ESCOLAR Saco e Arce Xuño 2010 Os nosos pobos Uxío Novoneyra Días Distintos Anxo Moure Pleno no Concello NESTE Nº http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos Debuxo: Miguel Cruz

description

Revista Escolar do CEIP SACO E ARCE

Transcript of Cataventos 2010

Page 1: Cataventos 2010

CCAATTAAVVEENNTTOOSS

REVISTA ESCOLAR Saco e Arce

Xuño 2010

Os nosos pobos Uxío Novoneyra Días Distintos Anxo Moure Pleno no Concello

NESTE Nº

http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos

Deb

uxo:

Mig

uel C

ruz

Page 2: Cataventos 2010

MARCELLE NATUREZA

Día de portas abertas No Concello de Toén

Coordina o Equipo De Normalización e Dinamización

Lingüística

OBRADOIRO DAS LETRAS 22, 35-39, 50-52, 58-59 DÍAS DISTINTOS 4, 10, 13-15, 32, 64 TERRIÑA ONDE ME CRIEI 23-27 LETRAS GALEGAS 16-19, 44-47 MEDIO AMBIENTE 5-9, 24-27, 41-43 ARTE: MÚSICA, DANZA E ARTES ESCURAS 30, 48-49, 53 TALLERES 20-21 EDUCACIÓN EN VALORES 3, 12, 53-54, 62 DEPORTES 28, 29, 55-57 HUMOR, ADIVIÑAS E PASATEMPOS 40, 60-61

Editorial Durante este curso desenvolvemos no

centro un proxecto titulado “Terriña onde me criei” Este conto expresa de xeito

sinxelo a necesidade que temos todos por coñecer e descubrir o noso entorno.

Casamento en Toén Érase unha vez un esquío chamado Efrén que vivía no colexo de Toén. Saladina, a directora, non deixaba que Efrén se movera de alí, e o pobre esquío aburríase coma unha pataca. Pero sucedeu que un día, sen darse conta, Rosa (a señora da limpeza) pechou o colexo e deixou a chave na porta ao marchar. - Que despistada!- pensou Efrén.- Vou

aproveitar para saír a dar unha volta. e así o fixo. Efrén recorreu Moreiras, Trellerma e ata Ourense. Chegou ata Haway, alí coñeceu a unha esquío chamada Elena. Co tempo Efrén e mais Elena fóronse facendo moi amigos. Estaban namorados. No colexo de Toén quedaron todos pampos coa desaparición do esquío. Cinco días mais tarde, Efrén chegou ao colexo con Elena da man e anunciou:

… E VIVIRON FELICES E COMERON PERDICES, en Toén por suposto.

María Rodríguez – 3º E.P.

O SAMAÍN

Page 3: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010

3

Teño dereito a ter unha familia que me queira e me coide, a unha identidade, a xogar, a ir ao colexo e a dicir a miña opinión

Maquetación: Alba Rguez. e Miguel Cruz

Page 4: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

4

Page 5: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 5

Os xogos que mais me gustaron son estes: A billarda Consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o máis lonxe posible.

Os bolos. Trátase de derrubar cunha pelota o maior número de bolos.Necesitase 5 botellas ou mais e un balón

O truco da laranxa. Trata de ir a pata coxa empuxando co pé unha pedra por un debuxo con forma de laranxa.Se a pedra sae fora perdes o turno. Se completas todo o debuxo gañas A petanca. Consiste en guindar unha serie de bolas co propósito de achegarse o mais posible a unha pequena bola O tres en raia O xogo consiste en colocar as tres pedras en liña xa sexa en horizontal, vertical ou diagonal. Boa sorte!

Alumnos/as do Obradoiro de Prensa e Comunicación. 4º Curso

Page 6: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 6

O DINOSAURO

Texto e Ilustracións a cargo dos nenos e nenas da aula de 3 anos. Editado o 23 de abril de 2010

ÉRASE UNHA VEZ UN DINOSAURIO QUE ESTABA NUN VOLCÁN

ATOPOUSE CON OUTRO DINOSAURIO E LOGO VIU UN ABELLA

Page 7: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 7

ANDANDO, ANDANDO, CHEGOU Á

SELVA HABÍA UN TIGRE

E MOITOS LEÓNS O DINO VIU OUTRA ABELLA... E PAPOUNA

PERO A ABELLA PICOULLE NO BANDULLO

E SAÍU VOANDO E COLORÍN COLORADO ...

Page 8: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 8

It’s got two long legs. It’s pink and white. It’s got wings. It’s got two

long legs and a long neck. It lives in the jungle.

It can run, walk, jump and fly. It can’t wriggle or climb trees

Raùl Melo

This animal is very big. It‘s grey, black or blue.

It lives in the ocean. It hasn’t got legs.

It’s got a big mouth. It eats plankton and fish. It can’t walk, fly or run. It can swim and jump.

Alba Rodriguez

It’s blue, orange and yellow. It lives in the jungle. It likes fruit.

It’s small. It’s got two feet and two wings.

It can fly, walk and run. It can’t swim or jump

Martin Álvarez

It’s green. It can wriggle, but it can’t run. It eats small animals. It´ s got a very long tongue.

It lives in the jungle. It hasn’t got legs. Maria Rodriguez

This is my favourite animal.

It’s orange and brown. It can swim, run, walk and jump.

It’s got four long legs. It’s got a very long neck.

It lives in Africa. They eat leaves.

Maria de Melo

Page 9: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 9

Se che digo que teño tinta, pero non é de escribir E que teño moitas patas. Quen son eu, di?

Adiviña, adiviñanza, Quen pon o ovo Sobre a palla?

Chámome leo, de apelido pardo Quen non o adiviñe... É un pouco parvo.

Cargadas van, cargadas veñen E no camiño, non se deteñen.

Visto de negro e non son Nin frade nin crego.

De negro e en procesión Adiviñas quen son?

Ten fociño pequeniño Péscase sempre no río.

Non son león e teño garra. Non son pato e teño pata.

Page 10: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 10

O Entroido: A Durmir Con Efrén por Raúl Melo Durante toda a semana obedecemos os mandados de Efrén, todos tiñan que ver coa hora de irse á cama ou coa de espertar:

Luns, día 8 Ven o luns coa bata atada a ver se na clase nos deixan botar unha sonada e se o día está frío... Sempre che pode ser de abrigo Martes, día 9 Teño tanto sono, que non fun quen de espertar a tempo e de vestirme ben. Ao cole vou ir en zapatillas e a medio vestir

Mércores, día 10 Se con sono aínda estás a mantiña traerás o edredón ou a saba... E se queres a almofada Xoves, día 11 Hoxe has de madrugar así terás tempo dabondo de te disfrazar Venres, día 12 Se queres esperto lucir ao cole has de vir co pelo enmarañado ou cos rulos colocado

OS DISFRACES

Os de infantil disfrazáronse de ovelliñas, por o de contar ovellas antes de durmir.

E prepararon un rap: "Contando ovellas" Os de 1º Ciclo ían cun camisón e unha candea (a familia Telerín).

Adaptaron a canción da familia Telerín: "Ímonos a cama Que hai que madrugar..."

Os de 2º e 3º Ciclo, de Pixamas tuneados Convertemos os pixamas en traxes de superheroes, villanos, damas antigas...

As nosas cancións eran: 3º e 4º: "A durmir con Efrén" 5º e 6º: "Vai a durmir Como non estabamos de acordo en irnos a durmir preparamos unha coreografía e no desfile bailamos unha canción: I gotta feeling

Nós non queriamos durmir... Queriamos FESTA!

Page 11: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010

O Entroido en Mugares: Os Labardeiros e as Señoritas Visitounos a señora Lola, da asociación Amencer de Mugares, para contarnos un montón de cousas da Celebración do Entroido en Mugares.

Esta é a entrevista que lle fixemos: - Cando se celebraba o Entroido en Mugares? Sra. Lola- o MARTES DE Carnaval - A que hora comezaba? Sra. Lola - As tres da tarde - Por que comezaba tan cedo? Sra. Lola - Porque é inverno e aínda que case sempre facía bo tempo había que aproveitar as poucas horas de sol. - Quen organizaba o Entroido e que tipos de actos había? Sra. Lola - Organizábano os mozos e as mozas. Cada un poñía diñeiro para a festa, os mozos poñían 2 pesetas que para iso traballaban fóra da casa e as mozas poñían 1 peseta que daquela eran moitos cartos. A festa consistía nun desfile dende o Moreiro ata Mugares acompañados dunha banda de música, tamén se representaban Comedias e para rematar ... baile - Quen participaba no desfile? Sra. Lola - Todos os do pobo que o desexaran pero sobre todo os mozos e as mozas - De que ían disfrazados? Sra. Lola - As mozas de Señoritas e os mozos de Labardeiros. Logo tamén había enmascarados. Ían facendo paradas e botaban bailes. - Quen facía os traxes? Sra. Lola - Os traxes de señoritas e labardeiros facíanse a man con tea de saba e cosíanselle flores de papel. Os dos enmascarados eran con roupa vella e cubrían a cara para que non se lles recoñecese. - Pódesnos describir os traxes de Labardeiros e de Señoritas? Sra. Lola - Si claro. As Señoritas levaban unhas saias e unhas camisas brancas. Nas saias cosían unhas flores de papel de seda. Enriba da camisa poñían un pano ben vistoso e colares. Calzaban con zapatos de tacón e na cabeza levaban un sombreiro.

- E os Labardeiros? Sra. Lola - Os labardeiros levaban unha camisa branca adornada cunhas cadeas de boliñas das hedras, ás veces cosían á camisa tarxetas postais que lles enviaban os mozos que estaban no servizo militar. Levaban uns calzóns brancos ata o xeonllo con flores de papel de seda, medias e botas. Na cintura levaban unha faixa cun cinto con campás, levaban un gorro alto adornado con flores e tapaban a cara cunha rede e na man levaban a labarda e de aí o nome. - Que é a labarda? Sra. Lola - Era un instrumento parecido ao que se usaba para mallar o trigo. Tiña dúas pezas, unha de pao longa e outra mais curta que se forraba con tea de saco para non mancar, ambas unidas por unha correa, de modo que se agarra pola parte máis longa e se golpea coa outra. - Fálenos dos Mazarucos e das Mazarucas Sra. Lola - Faciamos uns bonecos e vestiámolos cos traxes dos noivos que casaran ese ano e que aínda non tiveran fil los. Saían montados nun burro ou nun carro. Un saía de Mugares e ela saía do Moreiro. Xuntábanse no medio do camiño - Quen se encargaba de inventar as comedias. Sra. Lola - A familia Rebollo. Trataban de chismes e dos cotil leos do pobo. Tiñan moita gracia. Representábanse no Eiró (noTellado), nun escenario que preparaban para a ocasión. Tamén no dixo que cando era pequena non participaba no desfile porque lle tiña medo aos enmascarados e por iso, os miraba dende o balcón da súa casa. Démoslle as grazas por vir ao cole e respondernos a todas as nosas preguntas. Xa sabemos que en Mugares se celebraban os Entroidos mais cañeros de todo o concello.

REFRÁNS “ O Entroido ao tizón, a Pascua ao sol” que significa que no Entroido fai frío pero que ao entrar a Pascua xa vai habendo días de sol. “Entroido larafuzán, comíchesme a carne e deixáchesme o pan”. Xa que comeza a Coresma, tradición relixiosa que aconsella non comer carne. Dicir que ENTROIDO, seica ven de entrar, xa que eran as festas coas que se entraba na primavera

Martín, María, Miguel, Dani, Raúl e Alba

Page 12: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 12

Martín Álvarez

Águeda González

Iria Domínguez

Alba Rodríguez

María Álvarez

María de Melo

María Rodríguez

Page 13: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 13

Martín, Miguel e RaúlO día 23 de abril festexamos no cole O Día do Libro. Fixemos o 7º mercadiño do libro onde intercambiamos todo tipo de libros que trouxemos da casa: cómics, contos, xogos de PC... Na clase os de terceiro e cuarto preparamos uns carteis para ambientar o cole.

Houbo adicatorias, entregáronselle os premios aos LEÓNS/LEOAS, é dicir aos que mais len do cole que son: Saúl e Hugo Gallego de Infantil, Rafa e Yago de 1º Ciclo, Estela e Alba da nosa clase e a Iria e Marta de 3º Ciclo.

Inventamos algunhas greguerías (frases breves que definen algo de xeito inxenioso e con sentido do humor), estas fan referencia aos Libros: BIBLIOTECA: Almacén de sonos.

CÓMIC: Delegación de superheroes que reclaman unhas vacacións. CONTO: Portas que se abren a un mundo imaxinario. Palabras escondidas nun mundo imaxinario. DICCIONARIO : Obsesionado coa orde alfabética. ENCICLOPEDIA: Libro grande que se pasa de listo. LECTURA: Show de letras para todos os públicos.

LER: Acción que realizamos cando non temos tele. LIBRERÍA: Almacén de sabiduría. LIBRO: Reunión de letras en busca dun fogar. NEVE: O xeado da natureza. PAPELEIRA: O cu do arte.

Page 14: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010

PLENO NO CONCELLO DE TOÉN Foi en abril de 1979 cando se celebraron as eleccións para elixir a primeira corporación municipal democrática en Toén. Con motivo do 31 aniversario dos Concellos democráticos, fomos invitados polo alcalde a unha xornada de portas abertas. E celebramos un pleno... O día comezou cun almorzo de traballo no Bar Pazos en Toén, de seguido fomos ao Salón de Plenos onde nos agardaba o alcalde Amancio, o secretario e varios concelleiros: Inés do PP, Laureano do Bloque e Xulio do PSOE.

Comezou o Pleno, e no punto 2 debatéronse tres propostas para decidir a quen entregar os composteiros. A proposta de Sali era: Entregarllos a quen reciclase mellor, O Alcalde propoñía entregarllos ás familias con maior número de membros e outra miña que era entregar os composteiros a quen os necesitara mais. Votamos quedando así: O Alcalde - 9 votos Sali - 11 votos Alba - 3 votos No punto 3, fixémoslle chegar a Amancio as peticións de mellora para os nosos pobos. Formamos 3 delegacións: 1. Delegación de Trellerma, Trelle, Moreiras e as Airas EN TRELLERMA

- Gustaríanos que na praza do pobo (que so hai dous columpios) puxeran un tobogán e un bambán para os mais pequenos. - Tamén sería moi interesante que ao lado da praza houbera mais contedores para reciclar porque so hai un para o plástico e outro para todo o demais. EN TRELLE - É necesaria a Reparación da pista que sobe cara o Castro. - Recuperar os restos do Castro de Trelle PETICIÓNS DE MOREIRAS - Sería tan amable de revisar as farolas das rúas - Reparar as canastras de minibasket. - A fonte da praza Sabucedo en Moreiras, sempre está sucia.¿Non habería algunha forma de limpala de vez en cando? - Na Casa de Cultura hai 3 ordenadores que non funcionan e precisan de mantemento. - Gustaríanos ter redes nas porterías do campo da festa de Moreiras.

Convócase Pleno no Concello de Toén o día 29 de Abril de 2010 ás 11:00 coa seguinte ORDE DO DIA: 1.- Lectura da acta da sesión anterior para a súa aprobación 2.- Melloras na recollida selectiva de lixo 3.- Peticións de acondicionamento e arranxo nos nosos pobos. 4.- Rogos e preguntas.

Page 15: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 15 - Contemplar a posibilidade de poñer os autobuses a horas mais flexibles.

AS AIRAS - É necesario que limpen e rocen os camiños - Gustaríanos que puxeran bandas na estrada para que os coches non circulasen tan a présa. - Transporte urbano para facilitar os desprazamentos. 2. Delegación de Fondón, Mugares, Alongos EN FONDÓN: - Reparar a Área recreativa. - Poñer contedores para recoller o papel,cartón,vidro..... AS QUEIMADAS: - Queremos que nas Queimadas haxa mais iluminación na estrada. - Estaría ben que houbera beirarrúas. - Son necesarios contedores de papel, vidro...

- Se debería limitar a velocidade dos coches a 50 km/h colocando algún tipo de control (bandas por exemplo). EN MUGARES DETECTAMOS AS SEGUINTES DEFICIENCIAS: - Que fagan un lugar onde os rapaces poidan xogar (área recreativa) - Que haxa máis iluminación nocturna. - Máis limpeza nos montes, cunetas e rúas en xeral - Que reforcen a praza. OS RAPACES DE ALONGOS E FREIXENDO BOTAMOS EN FALTA - Unha Pista de fútbol sala en Alongos. - Contedores para reciclar.... - Beirarrúas - Mantemento do carreiro á beira do río (Freixendo-Alongos), está todo cheo de maleza e non se pode camiñar nin acceder a el. - Facer un local social. - Facilitarnos algún tipo de transporte público para acceder a biblioteca ou as pistas polideportivas de Toén. - Transporte urbano ata Alongos. - Baixando do Moreiro cara Alongos hai un vertedoiro incontrolado, é necesario limpar o monte. 3. Delegación A Verea, Toén, Larelle, Xestosa e Castiñeiras A VEREA: - Reparar as pistas próximas ao colexo. - Facer beirarrúas ata o colexo. - Contemplar a necesidade de transporte público as fins de semana para achegarnos a Toén EN TOÉN - A todos os nenos/as do cole nos gustaría que abriran este verán as piscinas de Toén, así non perderiamos o contacto durante as vacacións. Tamén é preciso arranxar as pistas polideportivas do campo da festa. - Substituír os bambáns do campo da festa por uns homologados.. Contemplando a posibilidade de colocar un parque saudable para todos os veciños. - Abrir a biblioteca de Toén. - Gustaríanos que houbesen mais actividades para os nenos/as, por exemplo cine ao aire libre, obras de teatro, clases de tenis, natación... - Que haxa médico pediatra no centro médico de Toén. EN LARELLE SERÍA PRECISO: - Poñer unha marquesiña e Arranxar o camiño de Larelle EN XESTOSA É NECESARIO - Levantar a pedra onde está a placa conmemorativa de Severino Pérez (está a punto de caer no camiño) e tamén Rematar as beirarrúas Tamén coñecemos o Concello, o funcionamento dos libros do Rexistro Civil e o traballo do Servicio de Voluntarios de Protección Civil.

Maquetación alumn@s do Obradoiro da Comunicación 4º Curso

Page 16: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 16

Debuxos: Hugo Gallego – 3 anos, Sofía Fernández – 4 anos e Damián Hervella – 5 anos.

Texto:

Page 17: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 17

Obradoiro de Poesía. A partir de poemas de Uxío Novoneyra, creamos novos Poemas:

“VIÑA EU DOS CALVARES SOÑANDO NO AIRE”

-Viña eu de ….MUGARES soñando no aire. -Viña eu de …TOÉN e non vin a ninguén. -Viña eu de…FONDÓN soñando co meu amor. -Viña eu de …TRELLE e viña alegre. -Viña eu de ..MOREIRAS de xogar coas nenas -Viña eu das…LAMAS cantando unhas nanas. -Viña eu da…XESTOSA soñando coa miña moza.

“QUERO SER COMO ERA NA CAMPA DE LUCENZA”

“QUERO SER COMO ERA” Cando pequeno/a era. -“QUERO SER COMO ERA”

Cando era primavera. -“QUERO SER COMO ERA” Alá no tempo da pera. -“QUERO SER COMO ERA” Cando me sentía poeta. -“QUERO SER COMO ERA” Antes de que os meus soños morreran. -“QUERO SER COMO ERA” Para non ser un calquera. -“QUERO SER COMO ERA” Para que non me esquezas. -“QUERO SER COMO ERA”

Para que a túa man me tendas…… “PASAN E PASAN AS NEBRAS… EU SINTO QUE ME DEIXAN

E ME LEVAN”

O “RAP DAS NÉBOAS”

A.-Déixanme e lévanme B.As brancas néboas A.-Déixanme e lévanme B.-As negras néboas. A.-Déixanme e lévenme B.-As mestas néboas A+B…Pasan e pasan Sen se deter Pasan e pasan Para volver. A.-As brancas néboas B.-Deiquí e de alá. A.-As brancas néboas B.-Queren bai lar A.-As negras néboas B.-Deiquí e de alá A.-As negras néboas B.-Queren chorar. A+B…Pasan e pasan Déixanme e lévanme As néboas brancas As negras néboas.

Alumnos/as de 3º Ciclo

Page 18: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 18

Alba Rodríguez

Uxío Novoneyra é o cantor do Courel. Este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas Velaquí a nosa versión da LETANÍA DE GALICIA unha das obras deste autor.

LETANÍA DE GALCIA GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA deportista GALICIA nosa GALICIA loitadora GALICIA nosa GALICIA traballadora GALICIA nosa GALICIA percebeira GALICIA nosa GALICIA gandeira GALICIA nosa GALICIA artesán GALICIA nosa GALICIA florida GALICIA nosa GALICIA silenciosa GALICIA nosa GALICIA poeta GALICIA nosa

GALICIA chuviosa GALICIA nosa GALICIA cantareira GALICIA nosa GALICIA de raza GALICIA nosa GALICIA rapeira GALICIA nosa Alumnos/as de 2º Ciclo

Page 19: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 19

Page 20: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 20

¡Error!

ESTARÁN BOAS …?

Saúl molla no leite

Paula,Joel e Jose rebozan en coco

Hugo reboza en coco

Candela N. e Candela R. Untan nocilla

Xan e Damián untan nocilla

Page 21: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 21

BANANA SPLIT

INGREDIENTS Banana

Chocolate ice cream Vanilla ice cream Chocolate Syrup Whipped Cream

Raspberry PREPARATION

Cut the banana in half Put the banana, the vanilla ice cream and the chocolate ice cream on a plate

Pour some chocolate syrup on the ice cream Put in the freezer for two hours

Put some whipped cream on the banana Put the raspberry on the cream Yaribel Burgos – 5º EP

VEGETARIAN SANDWICH INGREDIENTS

Lettuce Tomato

Tuna Mayonnaise

Bread PREPARATION

1- Put a slice of bread on a plate 2 - Put some mayonnaise on the bread

3- Put the lettuce 4- Put tomato on the lettuce

5- Put some tuna on the tomato 6- Put the other slice of bread on the tomato

Daniel Da Costa – 6º EP

MIXED SALAD

INGREDIENTS: Lettuce…………… … …olive oil Tomatoes………. … … olives Carrots………… ... … …salt

Onions………… … … …asparagus Eggs……………… … … beetroot

Mayonnaise PREPARATION

First, cut and wash the vegetables. Put the vegetables in a bowl. Boil, peel and cut the eggs.

Mix the vegetables, eggs and tuna. Add some salt, olive oil and vinegar

Pour some mayonnaise

Iria Domínguez – 5º EP

Page 22: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 22

Mquinas Sorprendentes A MÁQUINA SUPERDOTADA

María Rodríguez Había unha vez unha máquina s uperpoderosa. Un día, sen saber porqué, aterrou na miña horta. A min encantoume que aterrara alí, porque eu era unha vaga na clase, e a máquina aprendeume as táboas de multiplicar, a dividir con decimais e ata a facer boa letra. Eu, ía en 3º de primaria, e os profesores case se desmaian ao ver que sabía tantas cousas. Ata que unha noite, a máquina escabullouse da horta. Porras, reporras e requeteporras!!!! Antes era o crack das matemáticas e agora volvo ser a que menos sabe de matemáticas!!!! Bueno, de todos modos, ¡todos temos algún talento! Eu creo que cun chisco de paciencia e esforzo, volverei a ser un crack.

A MÁQUINA DOS HORRORES Águeda González

No meu aniversario agasalláronme cunha máquina de xoguete. O día seguinte, leveina ao colexo e descubrín que a máqui na era máxica e, cada vez que un profesor me chamaba a atención, a máquina facía que lle saíran verrugas ou que lle crecera o nariz. Un día, Puri, a mi ña profesora de plástica, chamoume a atención e empezoulle a crecer o nariz. Un día o meu profesor de matemáticas chamoume a atención e a máquina fíxolle un corte de pelo hippie. Outro día estabamos na clase de coñecemento falando do corazón e Carme chamoume a atención, e a máqui na fíxolle un tatuaxe no brazo. Os profesores, horrorizados, marcharon do colexo. Eo colexo quedou Encantado

A MÁQUINA TELETRANSPORTADORA Miguel Cruz Gómez

Un día que estaba moi aburri do e fi xen unh a máqui na especi al para poder entrar nos cómi cs e ser un personaxe. Deci dín entrar no de Spi der-man. Loitei contra Venom e rompín unh a perna. Cando a mi ña nai se decatou l evoume á resi denci a e escondeume a máqui na. Cando encontrei a máquina, eu enterreina debai xo da casa para que a ni ngunha outra persoa que vi vi ra alí ll e pasara o que me pasou a min.

A MÁQUINA DOS VIAXES PLANETARIOS. Estela Araújo

Un día o meu pai inventou unh a máquina dos pl anetas. Servía para transportar ás persoas e ós animais aos pl anetas. Cando o meu pai non estaba, a mi ña amiga Paul a empurroume e fun a Marte. Coñecín a moitos ti pos de extraterrestres. Cando saía do espaci o, a mi ña ami ga Paula estaba durmi ndo a carón da máquina e eu empuxei na e foi a Mercuri o. Eu non sei se aínda segue al í.

A MÁQUINA DE SUPERHEROES Martín Álvarez

Podédelo crer ou non, pero eu sei que unha noite Drácula espertou da súa tumba e... Fixo o mal tirando cabazas envelenadas ao rostro da xente como Shaquira, Ronaldinho, Leo Messi, etc. Ata que me fartei! Fixen unha máquina que invocaba s uperheroes. Enfronteime a Drácula coa miña máquina e pensei... que s uperheroe podía convocar... Spiderman, Batman, Aironman, Toreroman...; decidín invocar a Mikelman! O seu poder era comer todo o que lle puxeran por diante. Drácula tiroulle todas as cabazas que ti ña pero Mikelman comíaas todas. Entón Drácula achegouse e queríaao morder pero Mikelman comeuno dun so bocado e dixo: Este si é un banquete!!

Page 23: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 23

- EN TOÉN………..ATERROU UN TREN!!!!!!!

E QUE PASOU LOGO????? Onte, en Toén apareceu un tren. Ninguén sabe de onde veu pero o tren esta aí, a xente de Toén foi mirar o que pasaba. Cando chegaron viron que dentro do tren estaba un home, a xente preguntoulle quen era, e el díxolle que era o condutor do tren, que viña de Vigo cara Ourense e, como por arte de maxia, aterrara aquí e aquí quedou.. A xente decidiu axudalo, estiveron falando e chegaron a un acordo, FARIAN UNHA VÍA DE TREN!! E así o fixeron e o tren puido saír.

- EN TRELLE…….QUEDARON SEN TELE!!!!!

E QUE PASOU LOGO?????? A semana pasada a xente do pobo de Trelle quedou sen televisión, por causa dos habitantes de Toén, que como en Toén víase a televisión moi mal e en Trelle víase moi ben decidiron roubarlle a televisión. Cando a xente se deu conta de que non había televisión volvéronse tolos, fixeron unha reunión entre os habitantes de Toén e de Trelle. Chegaron o acordo de que TrelleToén prestaríalle a metade da visión da televisión a Toén....¿Que che parece??

- EN XESTOSA... APARECEU UNHA OSA!!!! E QUE PASOU LOGO?????? ¡En Xestosa o sábado apareceu unha osa! A xente asustouse moito porque nunca vira unha osa no pobo e pareceulle cousa estraña. O alcalde tivo que mobilizar as forzas de Protección Civil, a Garda Civil e a Protectores de Animais...¡Nunca tal cousa de viu no pobo, nin polos arredores!!. A xente encariñarase con ela pero entenderon que se tiña que ese non era o seu lugar e tíñala que levar ao Polo Norte , de onde procedía...¿Como chegaría ata aquí este bonito animal?? ¿Serán os efectos tolos do Cambio Climático que nun tornado deses chegou deica aquí???

Page 24: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 24

O Meu pobo Moreiras Moreiras é un pobo que ten sobre 1000 habitantes. Sábese que a aldea de Moreiras xa existía no S. XI. Está ao oeste de Ourense, considérase un dos pobos máis grandes da Provincia. Celébranse moitas festas: A dos Reis Magos, a de San Pedro, a cea de carnaval... Os nenos teñen unha praza e un campo da festa para xogar e divertirse. Hai unha tenda, dous bares e un banco. Arquitectura Popular: A igrexa de San Pedro de Moreiras é do século XVIII pero conserva restos románicos. As casas mais antigas son de pedra e tella curva. Son diferentes segundo pertenzan a xente humilde ou rica. Hai un cruceiro de pedra do século XVI. Ten tallada a crucifixión e a virxe. Ao seu carón hai unha fonte que foi inaugurada no ano 1895 en honor a D. José L. Gil. Os canastros son de madeira e tellado de tella, sobre columnas de pedra para protexer as colleitas da humidade e dos roedores, facíanse para gardar sobre todo o millo. No centro do pobo as casas están moi pegadas e non tiñan sitio para ter un canastro, por iso se facían nun sitio común. Estes están na praza da igrexa, antes había mais pero foron caendo e agora so quedan tres.

Os muíños están no Bouzo do Muíño e están en ruínas, a xente viña de Barbadás, Sobrado, Loiro ... cos sacos, ao lombo ou en burros, cargados de millo. Ao muiñeiro pagábaselle a maquía que era unha parte da fariña que moían. Peto das ánimas so houbo un. Era de Iago, que todos o coñecemos, pero os que compraron a casa tirárono e perdeuse. A Bodega das festas é unha gran bodega chea de pipotes enormes dun lado e doutro onde a xente se reunía para preparar as festas, os reis, as xuntanzas... viña a ser a casa de cultura de entón. Como curiosidade, nesta bodega formouse o grupo Lamatumbá no ano 1998.

Na actualidade estase a construír un campo de golf. Nomes de lugar: Fontes: A fonte da Igrexa, a fonte da Praza, a fonte do Cruceiro, a fonte dos Tingados, A fonte do Outón e a fonte do Caruceiro. Montes: A Piteira, O San Alberte, Cuchiños, As Batallas, Bidueiros, A Costoira, As Lameiras, Pé da Porta, Os Morigos, Val de Xiao, O Borraxo, A Breñe e o Freal. Nomes de eidos e viñas: A Santa Olalla, Cabaliños, Beza Redonda, A Torre, As Pontellas, O Ferroño, O Val, O Sobredo, O Purreiro, A Lamela, A Aira do Fernán Vello e as Trambasaugas. Estela Araújo, Miguel Cruz e Alba Rodríguez

Page 25: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 25

O Meu pobo Mugares O meu pobo chámase Mugares, está situado a 6 km de Ourense, é moi bonito alomenos parécemo a min. Hai dúas canteiras de onde se saca a pedra. O que boto en falta é un parque para xogar, como non hai temos que xogar polas rúas do pobo.

Ten distintos barrios: O Gorgullón, A Zorreira, A Capela, O Cruceiro, O Val. O que puiden investigar é que o monte que está enriba do pobo chámase A Bouza. O que está por debaixo da Capela chámase San Vicente, alí hai unhas casas en ruínas, antigamente dedicábase ao cultivo de viñedos; a variedade de uva que se cultivaba era a Mencía. Arquitectura Popular: A pedra úsase moito na arquitectura popular de Mugares.

Hai moitos canastros na cima do pobo pero por desgracia están en ruínas. Tamén hai un palomar circular con tellado de tella. Unha capela que en orixe era a igrexa do pobo. E para rematar a igrexa de Santa María de Mugares que é monumento nacional do século XVI, cunha fachada plateresca que presenta dúas torres cadradas aos lados da porta. No interior destacan as pinturas do pintor Banga e tamén a casa parroquial. Outro dos monumentos é A Fonte do Tellado, de estilo románico, está cuberta e ten unha imaxe da Virxe co neno. Ao lado desta fonte hai tamén un lavadeiro que usaban as mulleres para lavar. Tamén era lugar de reunión e cotilleo. Hai outra fonte no barrio do Gorgullón mais moderna, é tamén lugar de reunión das señoras. Como na maioría dos pobos e aldeas de Galicia hai un cruceiro que se atopa no barrio de O Cruceiro. Na actualidade foi desprazado do seu lugar orixinal e agora atópase diante da casa da Zapateira, personaxe peculiar do pobo. Outros nomes de lugar: A Bouza, Fonteir iña, Louredo, Os Valiños, Eira da Laxe, Bidueiros...

María Álvarez e María De Melo

Page 26: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 26

Investigamos os traballos agrícolas da nosa Comarca. A maioría das familias cultivan vides ben para facer o seu propio viño, ben para vendelo na Cooperativa. Falamos cos nosos avós dos coidados e aquí está o que nos contaron. 1 CANTOS ANOS FAI QUE PLANTARON AS VIDES? Máis de 30 anos. 1 PLANTARON UN GALLO OU UNHA PLANTA NOVA? Unha planta nova, xa tiña raíces 2 DESDE QUE SE PRANTAN AS VIDES, TARDAN MOITO EN DAR UVAS? Hai que esperar uns 3 Anos. 3 QUE TRABALLOS SE REALIZAN AO LONGO DO ANO? Podar, que se fai a partir de decembro, enxertar, antes da primavera e atar na

primavera , sulfatar cando empezan a agromar , cavar cando saen malas herbas e vendimar en setembro. 4 QUE MÁQUINAS SE

EMPREGAN PARA REALIZAR OS TRABALLOS?

Tesoiras de podar, máquina para atar, cavadora, sulfatadora, estruxadora ... 5 QUE

ENFERMIDADES PODEN TER AS VIDES?

Pois, hai varias, pero as mais comúns son o mildeu e o oídio. 6 E EN QUE CONSISTEN? QUE LLES PASA AS VIDES? E, O MAIS IMPORTANTE...

COMO SE CURAN? O Mildeu, :Son uns fungos que se desenvolven coa chuvia, coa néboa ou o orballo, é dicir,

cando hai humidade, e despois veñen uns días de calor. Aparecen unhas manchas de cor amarelado na parte de arriba da folla e na parte de a baixo unha bola como de algodón e as follas acaban secando. Os acios podrecen, enrúganse e póñense de cor marrón. . Hai que sulfatar as vides cunha medicina especial para o mildeu. Outra enfermidade é o oídio : Esta

causada tamén por un fungo. Afecta a todos os órganos verdes da planta: saen manchas

Page 27: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 27

brancas, como unha poeira nas follas, nas polas e nos acios de uvas. Para combatela, usase xofre. 7 QUE CLASES DE UVAS COÑECES? Pois... por aquí hai varias : Xerez, torrontés, treixadura, garnacha, moscatel, albariño, godello... 8 SERVEN TODAS PARA O

MESMO? Si, para facer viño e para comer…. 9 SABEN TODAS IGUAL? Non, e tampouco teñen a mesma cor. Unhas son verdes, outras son douradas e outras son negras. E os acios tamén son diferentes. Por exemplo, os acios de torrontés son grandes e as uvas son de tamaño mediano e forma redonda. Son dunha cor dourada . A treixadura é a uva tradicional da zona do Ribeiro. As uvas tamén son brancas, pero son máis grandes e mais ovaladas. Son acedas. As uvas de Albariño son mais pequenas e teñen un sabor máis doce. As moscatel teñen un sabor moi azucrado e adoitan consumirse como uvas de mesa, mentres que as godello teñen un sabor acedo. As Garnachas son tintas , redondas e tamaño non moi grande. Teñen un sabor doce e unha cor escura. O zume tamén é escuro, e mancha.

10 QUE PRODUCTOS SE OBTEÑEN DAS UVAS? Mosto, viño, vinagre, augardente ,uvas pasas., ,

11 POR AQUI HAI XENTE QUE FAI VIÑO TOSTADO, SABES COMO SE FAI ? Pois hai que escoller as uvas de mellor calidade, normalmente brancas. Póñense a secar nun sitio aireado durante uns tres meses. Cando as uvas están xa como pasas, alá polo inverno ou a primavera, prénsanse, e o mosto ponse a madurar en barricas de madeira. Faise con uvas treixadura, torrontés, godello, albariño. E un viño doce, que se toma coa sobremesa.

torrontés albariño garnacha treixadura godello

Martín Álvarez, Miguel Cruz, Alba Rodríguez e Raúl Melo-4º

Page 28: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 28

QUEN APANDA As sortes tamén se poden botar en galego. Velaquí algunhas que recompilamos os alumnos do Primeiro Ciclo.

Xan Perillán, a cabalo dun can, O can era coxo, tirouno nun pozo. O pozo era frío, tirouno nun río. O río era branco, tirouno nun campo O campo era roxo, tirouno nun toxo O toxo picaba, e Xan Perillán berraba E o can escapaba.

Pico, pico, Mazarico Quén che deu tan longo pico? Deumo Dios e San Santiago Para picar o pan no agro E piquei e repiquei Cen milliños alcontrei E boteinos a moer E os ratiños a comer E agarrei un polo rabo E boteino naquil cabo E tamén agarrei outro E boteino naquil souto E viñen de moita prisa Tocando a miña gaitiña Pero víronme os ladrós E sacáronme os calzós.

Pepe, repepe Camisa rachada Foi á cociña Lamber a pescada. Lambeu e lambeu E nunca se encheu. Subiu ó canizo E chimpou un chourizo E caeulle a borralla, limpou a mingalla. E foi tras dil, rompeulle un cadril, e partiulle a testa. Foi tras dunha uz E fíxolle unha cruz. E díxolle patús, patús, voume eu e quédate tu.

Botón,botón da bota boteira Chiribiton, fora quen queira Vestido e zapato , que saia o número catro: Un, dous, tres, catro. Papel de estraza Cada un para súa casa Papel de cartón, Cada un para seu caixón.

Titiritiño Matou a muller, Púxoa en cachos E foina vender. Non era pan Nin era viño Que era a muller Do Titiritiño.

Cuco rei cuco rei cantos anos vivirei ¡Vintecinco? Non o sei….. Un ,dous, tres, ……. Nesta, nesta, No cabo da cesta, Díxome o cura Que estaba nesta.

E para rematar non esquezan o que di o refrán:

A boa sorte pasa, e a saber quen se queda na casa. Boa sorte a todos!

Page 29: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 29

BUGALLOS (CANICAS)

• ONDE SE XOGA: Na area facendo unha pequena fochanca co talón do pe. • CANTOS PODEN XOGAR:

Cantos queiran. • MATERIAL: Cada xogador necesita un

bugallo. • COMO SE

XOGA: Cando está feita a fochanca debúxase unha liña un pouco

lonxe dende onde parten os xogadores. Agachados e de un en un, collen o bugallo na man e coa unlla do dedo polgar empuxan a bola. O que antes meta o bugallo no burato ou quede mais cerca gaña. Estela Araujo

O TRUCO OU MARIOLA

O truco consistía en debuxar cunha tella no chan ou cun pau na terra 6 cadros para saltar a pata coxa algún.

As normas do xogo: -Cada xogador tira a tella ao recadro número 1 sen tocar a raia e despois ira empurrando a tella por cada un dos recadros ata chegar ao final. -Non pisar as raias co pé nin ca tella. -Nos cadros 1 e 4 apoiar só 1 pé. -Cando o xogador pousa o pé no chan ou se sae dos límites, pasa a quenda seguinte. -Gaña o primeiro que complete a figura. O lugar onde se xogaba: -Ao aire libre ou no patio da escola. O número de xogadores: -Todos os que queiran por turnos. Miguel Cruz – Estela Araujo

MUIÑOS. Onde se xogaba : Ríos, regatos, en xeral todos os lugares onde houbese auga. Material: Paus e bolecas das castañas (que eran as aspas). Nº xogadores: Os que se queira (cada un co seu, e se non por turnos ) Consistía en: Deixábase o muíño na auga (ben atado) e contemplábase como xiraban as aspas. Maria de Melo TIRACHINAS Está formado por un marco de madeira en forma de Y, que ten dúas tiras de goma atadas as puntas superiores. Emprégase agarrando o pau coa man esquerda e estendendo o brazo. Agárrase a pedra colléndoa cos dedos polgar e índice e estírase a goma ata situala cerca da meixela. Apúntase, e cando se solta, a pedra sae disparada cara o obxectivo.

Maria de Melo

BUXAINA OU PEÓN NUM DE XOGADORES: mínimo un. REGLAS: hai que tirala e facer que baile sobre si mesma. Podes facer algúns trucos: pola encima da corda, collela coa corda, facer que baile na man , pasarlla a un compañeiro, envolverlle o cordón na punta e lanzala ao aire para collela de novo... XOGABASE ANTES DE QUE SE INVENTARAN A RADIO, A TELEVISION. ETC PODE SER DE CORDA OU DE MAN David Martínez – Martín Álvarez

Page 30: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 30

Co gallo do terceiro aniversario da inauguración da pinacoteca Saco e Arce de Toén estivo aberta ao público unha selección de grandes obras da pintura universal dos últimos 10 séculos. A concorrencia superou , segundo tódalas estimacións, os cálculos feitos polos organizadores. Os visitantes foron agasallados cun xogo de tixolas ( sartenes en castellano) e invitados con posterioridade ( por prudencia, para evitar comentarios inoportunos ou fóra de lugar, agardouse ao final da visita) a degustación dun viño español. Reproducimos aquí algúns dos cadros que estiveron expostos a curiosidade (malsana nalgún caso, todo hai que dicilo), tanto de alumnos e profesores, coma do público en xeral.

Retrato de Felipe II. Tiziano.

O rostro do rei amosa claramente o seu carácter soñador e fantasioso e tamén, todo hai que dicilo, certo aire de despiste. Sen comentarios sobre a vestimenta.

O conde duque de olivares.

Valido do rei , gran afeccionado ás olivas ( as aceitunas). Velázquez pintouno a lomos dun precioso cabalo e cunha chamativa indumentaria.

Page 31: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 31

As meninas. É a obra mais coñecida de Velázquez, en torno a figura da infanta Margarita, filla de Felipe IV, pintura do século XVII. O pintor mostra aquí a delicadeza infantil, a inocencia e a vivacidade que anima non so o rostro da infanta senón tamén o das súas acompañantes. Deixamos a un lado a actitude do can.

AMonaLisa.Quen non oíu falar algunha vez do sorriso da Mona Lisa? Nos tivemos a oportunidade de vela de cerca e disfrutar da singularidade deste rostro que a algúns tan familiar lles resultou. Máis dun visitante, ao vela, exclamou: -¡So lle falta falar! -Mellor que non empece –arremedou alguén, por atrás.

A Raíña Isabel II de EspañaTanto monta, monta tanto Isabel como Fernando. Vendo o xesto da raíña, moitos puxeron en dúbida a verdade deste comentario.

Page 32: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 32

María Álvarez e Dani Cruz

Como todos os anos celebramos os Maios no colexio. Os rapaces e rapazas de 3º Ciclo adornaron o Maio. Primeiro pasáronlle un fío todo ao redor, como unha tea de araña. De seguido foron

metendo entre os fíos o musgo, o fiúncho, carqueixas, xestas ... Cubrindo toda a armazón. Logo adornaron con colares de ovos, de bugallos e tamén con flores. Nas clases preparamos coplas e cancións. Cando saímos a cantar todos levabamos coroas de flores que anunciaban (mais ben reclamaban) a chegada da primavera, porque facía moití iiiisimo frío. Saímos e cantamos a nosas coplas.

Page 33: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

1º Ciclo Escoita Maio as nosas copliñas con elas queremos darche a benvida. Maio, maíño Que pare de chover, que con tanta auga imos encoller. Maio, maíño non me gusta o inglés, xa estou fartiña de tanto yes yes. O Manolo e a Puri Fannos traballar Xa sabemos tanto Que nos graduarán. Ai profe Manolo Non Apertes tanto Xa sabemos moito tómate un descanso. Ai papá e mamá Non me mimes tanto, So falta que poñas: FRÁXIL, COIDADO. Maio, maíño Trala gripe A Para o vindeiro ano que peste virá. O Madrid ó Barsa Xa vai a pillar Vai gañar a liga Ai que ben lle está.! Iso credes vós os da peña merengue pero xa veremos : Canaleta ou Cibeles? Xa por este ano imos rematar senón sería cousa de nunca acabar

2º Ciclo

Tempo de Maios, Tempo de amor Vaise o frío E ven o calor. No patio do colexo, Lucía rompeu un brazo Óxala cure pronto O cúbito e o radio. No día do Libro Repartiron agasallos Estela e mais Alba Na lectura triunfaron David chegou novo Mira que é relisto Pero no comedor Nin brócoli, nin chourizo. Tamén veu Yaristsa Chegou dende Granada Ao principio non falaba E agora xa se pasa. O equipo dos pequenos Onde foron arrasaron Non perderon un partido E a copa gañaron. A hora de durmir Foi o tema do Entroido Tuneamos os pixamas E bailamos moito.

Fomos ao Concello A falar da Democracia Algún quedou no cole Non lle fixo moita gracia Tres delegacións Falaron co alcalde As nosas peticións Non hai quen as arranxe O señor Amancio Mostrounos o concello Foi moi amable Con todos os nenos. Maio, maíño Eu quero ser Ronaldo Porque ese tal Messi Non me parece guapo. Maio, maíño Con ese Cristiano O Real Madrid Gañará a liga este ano. Tantos exames, Tantos deberes Traballamos moito A que non o crees? O Profe Manolo, Sali e Carmen Póñennos tarefas “Pra” toda a tarde Maio, maíño Ímoste deixar Marchamos estudar Para poder aprobar

Ata aquí as coplas De 2º Ciclo Vémonos “pro” ano Aí vos queda un bico ... MUÁ, MUA

Page 34: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 34

III Ó castro de Trelle fomos de excursión. A pé camiñamos ¡como campións! A Puri connosco ía a toda présa… Está en boa forma… ¡parece unha atleta! Dani foi o guía desta excursión…. ¡Era o seu pobo e facíalle ilusión! IV No día do libro todos compartimos miles de historias no noso mercadiño Todos se esgotaron nun santiamén… Moitos len de día e de noite tamén! V Ao concello fomos a celebrar un pleno e dos nos pobos cousas propuxemos. O sr. Alcalde e os concellais connosco debateron… ¡Foi fenomenal! Unha biblioteca tamén unha piscina campos de deportes e unha vida digna.

Contedores de lixo para reciclar vidro e papel… plástico e demais. Composteiros na casa ¡que idea xenial… Os restos da comida… ¡abono serán! Así as nosas hortas verduras darán saborosas e sans ¡Que ben nos farán! ¡Viva a democracia e a diversidade… Que se nos escoite… ¡é unha necesidade! VI Din que nos coles vaise propoñer que algunhas clases se den en inglés. Con isto do decreto do plurilingüismo… imos sair do cole ¡feitos uns ministros! Si que está ben saber mil idiomas pero sen esquecer a lingua nosa. Deica logo maio, ata o ano que ven… Que tod@s no cole o pasemos ben….

I ¡Ola maio amigo… ¡por fin xa chegaches… Queremos que connosco moi ben o pases. Vente maio ledo e tráenos o sol que a chuvia este ano xa nos chegou Un maio de flores, un maio florido Un maio de amores… ¡que sexa benvido! Escóitanos maio que che imos cantar unhas cantas coplas para criticar…. De nós din os profes que berramos moito… ¿será que estaremos un pouco xordos? Dámoslle a lingua con moito afán… Váisenos botar fóra ¡de tanto falar! Revoltos andamos a máis non poder… ¿será a primavera… ou que vai chover? O profe Pepe e o profe Manolo con tantos deberes vólvennos tolos. ¡Xesús cantos libros! Xesús que fastidio! ¡Que ben que o paso coa play os domingos..! II Este ano nos deportes andamos moi liadas Co fútbol e o baloncesto estamos moi esgotadas. Nós, as de baloncesto estamos moi enfadadas nin un partido sequera xogamos en todo o ano!

Page 35: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 35

O PENEDO DO OURO

Conta a xente de Toén que no fondo do pobo, saíndo cara Xestosa, hai un penedo moi grande no que hai unha fonte e gravada no penedo unha culler,e unha escumadeira. Deste penedo hai unha lenda que di que debaixo del hai moito ouro que deixaron os mouros... Houbo xente que intentou coller o ouro pero non fixo o que tiña que facer, xa que só se pode ir ás 12 da noite e nos arredores, din que hai uns ruídos moi raros e chíos arrepiantes...e a xente colle medo.

-Bianca, 6º-

CUALEDRO NEGRA Hai moitos anos cando o meu pai era pequeno dicían que Cualedro( Verín) era un pobo de mala sorte porque as cabras non parían e se parían, as crías saían con dúas patas, pero podían camiñar. Algunhas saían con dúas cabezas e tíñanas que matar. Cóntase que tamén a xente morría en accidentes de tráfico polo xeral os luns, os mércores e os domingos. O día 26/07/1975 día de Entroido estaban cinco señoras nunha caseta de madeira facendo os disfraces para o desfile. Un señor prendeulle lume á caseta na que estaban as señoras, e morreron 3 delas. O señor escapou pero atrapárono noutro pobo queimando unha carroza. Desde entón, a Cualedro (Verín) chámanlle “Man Negra”. -Sheila, 6º-

AS ÁRBORES QUE

PROTEXEN A PARROQUIA No pobo da miña avoa hai tres carballos que guían aos turistas á igrexa de San Pedro de Bande. A miña avoa conta que unha noite de tormenta caeu un lóstrego nun deles e por iso está queimado por dentro. Estas árbores teñen algo especial, que cada unha representa a época de ir a sementar, unha a da pataca, outra a do millo e a terceira a da faba. Son centenarias e foron plantadas para facerlle sombra aos feirantes que facían a feira ao carón da igrexa. Cando estas árbores florecen a xente da parroquia comeza a sementar as súas colleitas pero unha noite cando un rapaz ía para súa casa atopouse cunha tormenta e acubillouse nunha das

árbores, un lostrego atravesou a árbore na que o rapaz estaba acubillado, pero a árbore non rompeu si non quedou queimada por dentro, o rapaz quedou mal ferido ata que o encontrou o párroco da igrexa. Ao cabo duns días o rapaz foise recuperando lentamente debido a un milagre e

desde entón dise que as árbores protexen a parroquia. -Iria, 5º-

Page 36: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 36

My name is Marta and I live in Xestosa. My dad is 45 years old and he likes playing football. My mum is 47 years old and she likes shopping. I have a sister, Miriam. Miriam’s favourite subjects at school are Sport and Music. My favourite subjects are English and Music. When we get up, we have breakfast. I like cereal and milk. My mum likes coffee and toast, my dad likes coffee and my sister likes milk and biscuits. I have lunch at school at quarter to

two. I like soup, pizza and ice cream. We have dinner at half past eight. We eat omelette and apples. Marta - 5º EP

My name is Andres and I live in Moreiras. I ten years old My dad is 45 years old. He likes shopping and watching TV. My mum is 41 years old. She likes plants. I haven’t got any sisters or brothers. We have breakfast at nine o’clock I like milk and cereal ,my mum likes croissants and my dad likes toast . I have lunch at school at quarter to two I like pasta. My favourite subject at school is Spanish. We have dinner at ten o’clock. I like omelette, my mum likes lasagne and my dad likes soup. Andrés Santos – 5º EP

Page 37: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 37

This is my bedroom. There is a desk. There is one bed. There are a lot of posters. There is a dog on the bed. My shoes are on the floor. There is a lamp, a box of cereals and a glass of milk. on the desk There is a teddy bear, a poster and dolls on the shelv es.

Alba-4 º EP

This is my bedroom. There is a desk. On the desk there’s a computer and pencils. There’s a chair. On the chair is a pink star. There is a bed. The bedside table in next to the bed. There’s a bookcase. There are CDs and DVDs on the bookcase. María De Melo – 4º EP

My bedroom is orange and green. There are two beds. There are four green and white drawers under the beds. There is a desk behind the beds. There are books, a mobile phone and scores on the desk. There is a wardrobe opposite the beds.

Maria Rodriguez – 3º EP

This is my bedroom. There are 2 beds. The table is under the window. The computer is on the table. The dolls are on the bed. There is a bookcase next to the window Lucia – 3º EP

Page 38: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 38

SABIAS QUE ... OS ANIMAIS DORMEN?

Dormen as formigas? E os peixes? Que ocorrería se unha mosca tsé-tsé pica a outra mosca tsé-tsé? Durmirían as dúas? Dormen todos os animais? Este ano imos dirixir a nosa curiosidade cara estas inquedantes cuestións que durante anos lles quitaron o sono a científicos ilustres. Contan que, hai tempo, un tal Myer de Cilla, científico dunha prestixiosa universidade, realizou un experimento metendo diversos tipos de insectos nunhas urnas para ver se durmían .Obrigou ao seu equipo a permanecer case tres meses esperto vixiando a ditos animais. Pasado ese período, os científicos concluíron dicindo que os insectos, non so durmían, senón que falaban dalgún xeito e eran capaces de cantar o “Mesías” de Haendel. Cando posteriormente se analizou ben o ocorrido, comprobouse que o equipo do tal Myer recorrera a estupefacientes para permanecer esperto, e ( a parte de comprender a razón das súas estrambóticas conclusións) o estudio considerouse inválido. Nun novo intento para resolver a cuestión do sono dos insectos, o equipo de Myer permaneceu tres meses na selva Amazónica, observando aos insectos no seu medio natural. O resultado foi que

dous dos seus investigadores foron devorados por un xaguar e unha piraña respectivamente , ao confundilos con monos aulladores. De regreso á universidade, anos despois, un alumno preguntoulle a Myer: -Profesor, dormen os insectos? Myer respondeulle: -E a quen diaño lle importa iso? Comprensible resposta, por outra parte. Nós, sen expoñernos a ser devorados por ningún depredador, aproveitamos a información que nos brinda Internet e os libros para recompilar algunhas curiosidades sobre o sono nos animais. Aquí tendes as nosas averiguacións: Antes críase que os animais de sangue quente (os animais superiores)eran os únicos que durmían. Hoxe sábese (aínda que facerlle un electroencefalograma a unha pulga, para asegurarnos de que dorme, é moi complicado) que moitos outros animais (en realidade case se pode dicir que, dalgún xeito, todos) dormen. Os insectos dormen. Algúns dormen como abrazados a unha flor.Sábeno ben os fotógrafos da natureza que aproveitan eses momentos para achegarse a eles e facerlle chamativos primeiros planos. O feito de que os peixes non teñan pálpebras non significa que non durman. Teñen unha membrana que cubre os seus ollos impedindo que a luz da noite perturbe o seu sono. Dormen, a veces incluso mentres se deixan levar aproveitando a estela doutros que nadan

Page 39: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 39diante, como fan por exemplo as crías de balea ou os golfiños.

E, por suposto, todos temos visto durmir algunha ave, algunha pomba ou algunha pita, mantendo misteriosa-mente o equilibrio sobre

unha pata, e, como non, a algún mamífero superior (mesmamente algún familiar noso, incluso as veces fronte ao televisor). Os animais dormen. Pero imos ver algunhas curiosidades sobre o tempo e o xeito en que dormen:

- Os morcegos dormen entre 18 e 19 horas diarias, boca abaixo, suspendidos polas patas.

- Os cans e gatos dormen en torno a unhas 12 horas. - As xirafas dormen unhas 2 horas. - Os elefantes, dormen so unhas 4 horas, e

xeralmente pola noite. O curioso é que poden facelo de pé y para axudarse apóianse nunha árbore

cercana ou agárranse coa trompa a algunha pola forte - O koala dorme 20 horas diarias, sendo o animal que máis tempo dedica a esta actividade.. - Algúns paxaros coma o vencello dormen en pleno voo utilizando so a

metade do seu cerebro (mentres a outra durme) e botando curtas sestas. - Os depredadores (tigre, leóns, etc. ) son os que mellor dormen, xa que non temen ser atacados.

- Algunhas especies de peixes cambian de cor pola inactividade,ao durmirse, pois os fluídos corporais detéñense ou se fan máis lentos, por exemplo, o peixe neón.

E, para rematar, volvamos a pregunta do inicio: Dormen as formigas? A resposta correcta é si; e ademais encántalles. Parece ser que, entre as formigas fogo, son as raíñas as que dormen, mentres as obreiras vense obrigadas a durmir moito menos para que o 80% da poboación estea traballando. Realizan pequenas sestas, en concreto, 240 sestas diarias de pouco máis dun minuto cada unha, o que equivale a 4:48 horas de sono diarias… Pero o máis interesante de todo é o sono das raíñas, que se poden permitir dous tipos de sono: pequenos sonos reparadores nos que deixan as antenas a medio estender e o aparato bucal aberto, e períodos de sono profundo: coordinado entre todas as raíñas da colonia, que se apiñan, deixando as antenas retraídas e as bocas pechadas, facendo movementos involuntarios espasmódicos coas antenas (dun xeito que recorda aos movementos dos humanos cando soñan de noite). Ante estes datos, algúns científicos xa dubidan se os animais non terán soños coma nós (non imos entrar no espiñoso temas dos ronquidos) . Ou, será un soño soñar que os animais teñen soños? Quen sabe! En calquera caso ... FELICES SOÑOS PARA TODOS !! Información recollida polos alumnos do 1º ciclo

Page 40: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 40

Unha muller levántase pola mañá, esperta ó seu home e dille: - Tiven un sono marabilloso. Soñei que me agasallabas cun colar de diamantes polo meu cumpreanos. ¿Qué quererá decir? -Saberalo no teu cumpreanos – contéstalle o home. O día do cumpreanos o home chega a casa cun paquete nas mans. A muller, emocionada, quítallo das mans e rompe o papel do agasallo moi nerviosa, abre a caixa e atópase cun libro titulado: “O significado dos soños”. Estela Araújo

¿Cómo durme un peixe? Cos ollos abertos, por se acaso. ¿Cómo durme un perezoso? De calquera maneira, lenta. ¿Cómo durme un peixe globo? Inflado. ¿Cómo durme un ourizo? Pinchando. ¿Cómo durme un lucecú? Como ten medo, coa luz acendida. ¿Cómo durme un morcego? Boca abaixo para poder pensar. Cal é o animal que non durme? O cempés, porque mentres desata os zapatos e quita os calcetíns… xa volveu saír o sol. Martín Álvarez Chega un home bébedo as tantas da noite a súa casa e mete a chave despacio para non espertar a súa muller. Pero ela xa o esperaba e acende a luz. O bébedo ó verse descuberto dille:

- Que? - Que de que?- dille ela. - Que de que de que?- di el. - Onde estabas? – pregúntalle a

muller. - Non, non, non!, non me cambies a

conversación – contéstalle o home.

Vai unha nai a esperta-lo seu fillo -Veña fillo , levántate e vai á escola. -Non quero, mamá. -E logo por que? -Por tres razóns: 1, porque non me quero levantar da

cama; 2, porque os profesores me teñen manía e 3, porque os nenos se rin de min. E a nai dille: - Fillo, tes que ir por 3 razóns: 1, porque é o teu deber; 2, porque tes 48 anos, e 3, porque ti es o DIRECTOR.

Un profesor Anónimo

Unha muller saíu a cear coas amigas. Díxolle ao seu marido que regresaría sobre as 12, pero pasouno tan ben que se lle fixo tarde e cando chegou á casa eran as 3 e ela estaba “un pouco” bébeda. Xusto ao entrar na casa, o reloxo fixo cu-cú tres veces. Por si o marido espertaba, berrou “cu-cu” outras nove veces máis, para que pensase

que eran as 12. Pola mañá, durante o almorzo, o marido pregúntalle: - A qué hora chegaches onte? - Ás 12 . El, de momento, non dixo nada. Ao cabo dun segundo, dixo: - “Ah… Creo que deberiamos cambiar o noso reloxo cu-cu”. - Siii? ¿e por que, meu amor? El dixo : - Bueno, a noite pasada o reloxo fixo cu-cu 3 veces… logo, non sei cómo, berrou... Despois fixo cu-cu 4 veces máis..., vomitou no pasillo,... fixo cu-cu outra vez, ...pisou ó gato, ...fixo otros 3 cu-cus, ...deitouse ó meu carón,... fixo un último cu-cu e... quedou durmido.

Page 41: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 41

aprendEmos moito coas suas visitas, ata runguimos

e todo…

Bea contounos moitas cousas da sabana africana e de como hai que prepararse para facer unha viaxe por aquelas terras

fixemos un mural cheo de plantas e animais

Page 42: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

42

Alumnos de Infantil

Page 43: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 43

As plantas silvestres nacen espontaneamente sen a intervención nin os coidados humanos. No noso arredor medran unha chea de plantas que, na primavera, chaman a nosa atención coas súas flores de tantas cores diferentes. Cada un dos nenos e nenas de 2º Ciclo saímos de andaina en busca das plantas que mais nos gustaron e, fomos facendo fotos para despois buscar información sobre elas.

Florece de abril a agosto. Abunda nos bordes dos Camiños, cunetas, trigais, etc. O máis caracte- rístico son as súas flores vermellas formadas por catro pétalos que se desprenden con facilidade, habitualmente cunha mancha escura na base.

Arbusto espiñento de follas caedizas que pode chegar a converterse en árbore, dado que vive mais de 100 anos.

Abunda nos límites dos bosques e nos montes. Florece na primavera. As flores son pequenas e brancas. Teñen 5 pétalos e olen ben. Aparecen formando grupos. Os froitos son baias de cor vermella e parece que teñen propiedades medicinais. A súa madeira é utilizada para facer mangos de ferramentas.

Planta herbácea que florece entre abril e agosto. O seu talo é oco e está cuberto por peliños de veludo, igual que as follas, que son longas e lanceoladas. As flores son de cor púrpura, con manchas brancas e marróns no interior. Colgan en acios. A corola ten forma de dedal ou campá. Vive en carballeiras, cunetas...

Alumn@s de 3º e 4º

Page 44: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 44

Libros que non che quitarán o sono . . .

A CERVA E O CERVATIÑO Jessica Rivero

A ILLA DO TESOURO Fermín Cruz

Esta historia comeza Nunha taberna lonxana Onde un neno escoita historias De tesouros e piratas. Intrigado por elas Nun barco se enrola Rumbo a unha illa perdida Onde un tesouro se agocha. Á dos esqueletos durante dous días viaxan, Entre vellas barricas de ron Loros, monos e piratas. Nesa illa remota Atopan a un pobre náufrago Que lle revela ao neno O tesouro agochado. O neno faise rico Pero reparte o tesouro Coa súa pobre nai Un tal Flint e algúns outros. JUNIE B. JONES Y WARREN EL SUPERGUAPO

Estela Araújo Conta a historia dunha nena namorada dun neno e de tanto perseguilo, noivos acabaron sendo.

O PAPAVENTOS DE CORES

María Rguez.

Cóntase nel a historia Dun papaventos de cores Que vivía nunha cidade Sen amizades nin amores. Como a cidade era tan gris Por dentro e por fóra, As persoas foron buscar Cores pola súa conta. Atopáronos repartidos Polos máis diversos lugares Nuns cantos días, Víase mudada a cidade. Uns din que é certo, Outros dirán que é irreal, Eu non sei ¡quen sabe! Nos libros ¡todo pode pasar!

Page 45: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 45

... ou pode que si

A ARCA DE NOE Rodrigo Rivera

Ante o gran diluvio que ía haber E xa que todo ía desaparecer, Deus fala con Noé, Para que o axudara. Pediulle algo importante, E faríao importante. Mandoulle construír unha arca Polo que se puxeron en marcha. Buscou unha parella de cada animal E marchou moi lonxe. Cando as augas se calmaron, Celebraron e bailaron E a súa casa regresaron.

EU NON SEI NADAR E que?

Lucía Pérez

A CINSENTA Lorena

Había unha vez unha moza De extraordinaria beleza A que por estar sempre varrendo Todos chamaban Cinsenta. Vivía cunha madastra que non lle tiña moito apego E dúas hermanastras Que tampouco lle mostraban afecto.. Pero a súa vida cambiou Cando perdeu un zapato O saír do baile da corte E un príncipe veu a darllo.

KIRIKÚ E A BRUXA Alba Rodríguez

Conta a historia Dun neno Que salva unha cidade Dunha bruxa malvada Que por culpa dunha espiña Facía cousa moi raras Este neno foi crecendo e á bruxa namorou. O pobo quedou tranquilo e celebraron un gran festón. A COROA DO REI Diego Céspedes E a historia dun león Que vivía na sabana Era feliz este grandullón Con todos os seus camaradas. Pero un día chegou un domador Montando nun gran camión. Pola sabana o cazador Encontrou a Jacobo o león. Da sabana a cidade Viaxou nun camión Ata chegar ao circo Chamado o Circo da Ilusión. Jacobo non era feliz Botaba de menos a súa casa Quería volver cos seus pais E durmir de novo na súa cama. O gran Martín o seu domador Levouno nun caixón. Na sabana o deixou ¡Qué feliz este león!

Page 46: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 46

HISTORIAS PARA NON DURMIR SEMPRE ME LEMBRAREI DAQUELA CHEMINEA

Era unha cheminea moi especial. Non saía fume por ela. Saían monstros, morcegos chuchasangue, bruxas montadas en longas vasoiras, ogros comenenos, sacaúntos con sacos, dragóns cuspindo lume, pantasmas e esqueletos que saían a espantar nenos e ata un día expulsou un lobo cuns dentes moi longos que perseguía a tres atemorizados porquiños. Non era a cheminea da miña casa. Era a cheminea dun libro con forma de casa que me regalara meu padriño polo meu aniversario, que , ao pulsarlle nun botonciño que tiñan a modo de timbre, comezaba a vomitar monstros pola cheminea. Cando descubrín aquelo , dinme conta de que podía usalo contra aqueles que me querían mal ou tentaban facerme dano. E así foi como aquel libro se converteu, para min, nunha magnifica arma defensiva, e, as veces, incluso en algo máis. Cando alguén, nalgún xogo, me dicía “ Eh, non te coles “ ou “Iso é meu” , eu sacaba o libro , pulsaba o botón e pola cheminea comezaban a saír algúns dos terroríficos seres que habitaban naquel libro. E aquel que me insultara ou me quixese facer dano, saía fuxindo e raramente volvía a saber máis de el. Eu estaba contento con aquel libro que me facía sentir case invencible, e agradecido a meu tío por habermo regalado.

Pero a miña felicidade non durou moito, porque ao cabo dun tempo descubrín que xa non me quedaban amigos , que os espantara a todos e xa ninguén quería saber nada de min. Triste, por ter que desfacerme daquel libro que tan seguro e protexido me fixera sentir durante aquel tempo, unha noite, sen dicir nada a ninguén, boteino ao lume, na cociña. Non sei que seria dos monstros, supoño que sairían voando pola cheminea, esta vez da casa. Uns días despois merquei outro no que xa non vivían monstros nin seres malvados, senón personaxes que falaban de paz , amor e amizade.

Agora, co paso dos anos, mirando cara atrás, podo dicir que foi unha decisión acertada. Porque volvín a ser feliz. Alumnos/as de 1º Ciclo

Page 47: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 47 2

HISTORIAS PARA NON DURMIR

VOCES NA DUCHA O baño da miña casa quedaba na planta de arriba, xusto fronte da habitación dos meus pais, algo lonxe da cociña onde meu pai a esas horas preparaba o almorzo. Nunca imaxinara que me puidera ocorrer algo así. Pero ocorreu aquela mañá. Cando abrín o telefoniño da ducha, oín unha voz moi familiar que me dicía: - Acaba, ou quedas a facelo no recreo ¡ Peguei un brinco e saltei fóra da bañeira.. Xuraría que aquela era a voz do meu profesor. Pero como podía ser, como ía a falar polo telefoniño dunha ducha? Asustado, chamei ao meu pai. -Papa Papa, sube, saen voces polo teléfono da ducha. O meu pai subiu as carreiras, abriu o telefoniño e, para a miña sorpresa, saíu un potente chorro de auga. -Anda –dixo,. mirándome con certa desconfianza-, déixate de lerias e dúchate dunha vez, que aínda vas a perder o autobús. Con certo medo, metinme novamente na bañeira, abrín o telefoniño... -Helo, good morning -dixo unha voz que soaba cravadiña a da miña profesora de inglés. Non é posible. Isto non pode ser. Estareime volvendo tolo ? Pero se estou na miña casa. Restregueime ben os ollos e quedei un rato pensando, intentando averiguar o que estaba pasando. Entón ocorréuseme preguntarlle algo a aquela voz que acababa de saudarme. Se me respondía non me quedaría mais remedio que pensar que, para a miña desgracia, os profesores tiñan liña directa comigo e que non estaba sendo víctima de ningunha alucinación.. -Can I go to the toilet please?-preguntei, co corazón case nun puño.. Entón, a mesma voz de antes, a da miña profesora de inglés sen dúbida, respondeume, pero esta vez algo cabreada e directamente en galego:. - Pero non acabamos de vir do recreo? Foras antes. Cando oín aquelo, xa non tiven dubidas. Non sei como, pero os meus profesores eran capaces de falarme ata polo telefoniño da ducha. Consoleime pensando que a lo menos non me vían. Pero non sei canto vai durar iso.Temo que calquera día verei aparecer a cara do meu profesor no espello do baño ou quizais na pantalla da vídeo consola dicíndome: - Fixeches os deberes? / Lavaches os dentes ? Mete todo na mochila. Logo non digas que o deixaches na casa.

Alumnos/as de 1º e 2

Page 48: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 48

M Q B Alba Rodríguez

Os bailes que entran a concurso este ano 2010 no Mira quen Baila son: O esparabán,� a xiralda e a danza das fitas.

O esparabán – Consta de dúas partes, a primeira parte bailase a modo de rumba e a segunda bailase a modo de polca. Na parte de rumba os pasos son dous pasos cara a dentro e dous cara fóra. Na parte de polca son catro pasos a un lado e dous cara o outro lado. As parellas poden colocarse en filas ou en roda.

A xiralda – Fórmanse dous círculos concéntricos (un por dentro e outro por fóra). As parellas agárranse polo cóbado, seguindo o ritmo danse tres pasos cara un

lado e tres cara o outro, dáse unha media volta entrando pola dereita e dáse outra media volta.Collemos polo brazo a parella e camiñamos levando o ritmo no sentido contrario as agullas do reloxo soltamos os brazos e damos media volta, o baile-xogo comeza de novo solo que ao acabar o baile normal trócase a parella. E así tres veces.

A danza das fitas – Colócanse (8) bailaríns amarrando cada un a súa f ita unha persoa mirando a dereita e outra a esquerda os que miran cara a dereita empezan por abaixo e os que miran a esquerda por arriba: Abaixo, arriba, abaixo, arriba etc. E así trenzase e se destrenza as fitas mentres unha persoa amarra o pao ao que van amarradas as fitas. Ao final bailase unha pequena muiñeira.

Page 49: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2010 49

Caldo Zombi

Serás un zombi en cuestión de segundos! Alba Rodríguez

Ingred ientes 1 Pelo dun morto. 1 Cacho pequeno dun cadaleito. 6 Lápidas. 1 Litro de sangue. 4 Litros de pintura branca.

Sopa morna de abesouros Martín Álvarez O MELLOR ANTÍDOTO CONTRA A GRIPE A. Nunca probaredes nada peor!

Ingred ientes: 10 Cornos de caracol Ás de abesouros ben mantidos 1 Terrón de moco de araña contaxiada coa gripe A

Batido de verrugas María Rodríguez Ser bruxa está ben, pero tamén hai que parecelo. Proba esta brevaxe e convértete en bruxa auténtica. INGRED IENTES: Unha verruga de bruxa Cinco crías de ra A escama dunha serpe O rabo dun lagarto

Sopa de ósos Águeda González

Moi recomendada para deportistas, para os que rompen brazos ou pernas no patio do colexo e tamén, porque non, para os rapaces/zas de crecemento lento. INGRED IENTES: 10 Dentes picados(non vale ir o dentista) 9 Cranios (canto mais tontos mellor)

4 Ollos sanguentos( e con astigmatismo) 7 Cus de porcos e un vaso de viño 7 Ósos de leopardo. 1 Cebola re-podre. 7 Mazás con vermes (que sexan verdes)

E QUEN COMA ESTA BREBAXE SERA O MAIS LONGO D O MUND O. JA! EU PREFIRO SER PEQUENA.

ELABORACIÓN: 1º Cocer a verruga e a escama da serpe. 2º Cortar o rabo do lagarto en cinco trozos. 3º Fritir as cinco crías de ra. 4º Poñelo todo nun vaso. 5º Batelo co batedor e… Disfruta dunha refrescante bebida!

Elaboración 1.- Colle os caracois mentres toman o sol e arráncalles os cornos ao bruto. 2.- Lava os abesouros en auga fervendo a 100º para que solten as ás. 3.- Pon un caldeiro ao lume e cando rompa a ferver bota as ás e os cornos deixando cocer a cachón durante 10 minutos. 4.-Sírveo nunha bandexa feita con pel de cascuda e decórao cun terrón de Moco de araña con gripe A.

Elaboración 1º Mete todo nun cadaleito de madeira podre. 2º Reméxeo todo durante 4 horas sen parar nin un segundo. 3º Déixao secar a carón dunha lápida durante unha semana. 4º Xa o podes tomar, serás un zombi nun chiscar de ollos (se aínda os conservas, non hai nada perfecto!)

ELABORACIÓN: 1.- Botamos os cranios . 2.- Rompemos os dentes picados cun martelo oxidado e mesturamos coas mazás e a cebola. 3.- Picamos os ollos sanguentos en trociños. 5.- Botámoslle viño aos cus dos porcos. 6.- Varremos o chan cos ósos de leopardo e botámolo todo a cocer Comprobaremos o punto de sal. (A ver quen é o chulo que o proba )

Page 50: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 50

É o aniversario de Astérix e Obélix e invitan aos seus amigos a unha excursión por Ourense Yaribel Burgos e Marta Morales

Primeiro van ás Pozas de Outariz Despois pasean pola Ponte Romana

Foron a Manzaneda e Brian e fixeron un boneco de neve...

No cole de Toén espéralles unha sorpresa.

Eh! Devolvédeme os pantalóns

Veña, metédevos que está quentiña!

Faime un sitio que alá vou

Spiderman, non seria mellor que subiras andando, coma todo o mundo?

Que tal me quedou?

Guai

E a min o casco!

Vaia sorpresa!!

Canta xente…!!

Page 51: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

ASTÉRIX E OBÉLIX COA CABAZA DO INFERNO Yaribel Burgos

ASTERIX- Ímonos Obélix estanos esperando no CEIP SACO E ARCE OBELIX- Xa vou, non ves que teño que por un disfrace que de moito moito medo. OBELIX- A noite está moi escura; teño medo.Esas cabazas dan moito, coas candeas dentro

ASTERIX- Obeliiix estas vendo o que nos ven seguindo? OBELIX- O que? Ah! Nun nunca na miña vida vira unha cabaza xigante camiñando e seguindo á xente. ASTERIX- Eu escoitara falar dunha cabaza xigante que puidera camiñar, pero como a xente sempre di cousas de medo para asustar eu non o crin. OBELIX- Pois eu nunca oíra falar diso. ASTERIX- Pois xa o sabes. OBELIX- Socorrooo a cabaza colleume aaaaaah! ASTERIX- Obeliiix!!! CABAZA -Ja, ja , ja xa os teño aos dous. AGORA XA ESTAN DENTRO DA COVA. A MORTE- Ja, ja , ja: xa teño a quen quero. OBELIX- Asterix. Teño medo. A MORTE-:Calade! ASTERIX- Sentímolo moito señor, xa calamos A MORTE- Levádeos de aquí OBELIX- Onde nos levan? BRUXA 1- Ao inferno!

ASTERIX E OBELIX- Noon, socorroo! BRUXA 2-Imos preparar unha poción para mandalos ao inferno VAMPIRO 1- Ja, ja xa os quero ver A MORTE- Xa vos desfixestes de Asterix e Obelix BRUXA 1 –Aínda, non xefe. VAMPIRO 2-Agarda, vounos atar para que sexa máis fácil que beban a poción BRUXA 2-Vale CABAZA- Queredes que vos acompañe ata o inferno? Eu sei moi ben o camiño ja,ja BRUXA 2-Quen vai ser o primeiro? VAMPIRO-1Que tal Asterix? BRUXA 2- Vale ASTERIX- Noo! OBELIX- Asterix Asterix esperta ASTERIX- Vannos matar OBELIX- Quen? ATSRIX-A cabaza, a morte, as bruxas e os vampiros.Vannos matar cunha poción OBELIX- Tranquilo só foi un sono A MORTE- Esta vez non nos poidemos desfacer de Asterix e Obelix pero o seguinte Samaín aplastareinos BRUXAS- Claro que si xefe VAMPIROS- Dacordo CABAZA- Eu encárgome de buscalos TODOS- Ja, ja

Veña, entrade, que xa están soprando

Xa vos dixen que íamos tarde …

Aquí vos deixamos este menhir de recordo.

Page 52: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 52

Page 53: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 53

Page 54: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 54

María De Melo – 4º E.P.

Page 55: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 55

Neste curso, no 2º trimestre, os nenos e nenas de 1º ciclo pasámolo moi ben cuns xogos musicais que nos viñeron ensinar Lito e Marta. Xogamos a “DON MELITÓN E Ó RECADIÑO”. Foron uns xogos moi divertidos aínda que algúns de nós , ao principio, andabamos un pouco perdidiños…Logo, aprendemos a présa os pasos e saíronnos…¡¡ xenial…!! …¡Pasámolo pipa!!!

¡Cantas cousas se poden facer para pasalo ben e sen grandes complicacións…! Cunhas noces, unhas abelás, unhas canas…e moita imaxinación e ilusión, …podemos montar unha orquestra nun plis plás! Foron Lito e Marta quen nos ensinaron estes enredos musicais que vos imos describir…Xa veredes que son sinxelos de facer…

A PIONEIRA: • Materiais: Abelás e tesoiras e un pauciño • Facemos un furadiño no cu da abelá e logo

lixamos a punta e facemos outro furadiño onde metemos un pauciño curto para facer unha pioneira…e logo…¡a darlle voltas!

A TURUTA: • Materiais: Un trozo de cana de bambú, un

anaco de plástico fino ou papel de fumar e un cordel

• Cortamos un trozo pequeno de cana, procurando que un extremo estea tapado. Tapamos o outro extremo cun anaco de plástico ou papel de fumar e logo atamos cun cordel.. e facendo vibracións neste extremo... ¡xa temos unha turuta! UN CHIFRO:

• Materiais: Abelás e unha tesoiras • Lixamos no cu da abelá e facémoslle un

furadiño coa tesoira. Baleiramos a abelá e ...¡facemos un chifro!

Alumn@s de 3º Ciclo

Page 56: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 56

Asociación Xoaquín Lourenzo (XOCAS) O día 22 de marzo pola tarde Lito e Marta, que son dous monitores viñéronnos ensinar, a nós, os de nenos/as de 5º e 6º como xogar “Á PORCA E O PINO

Á Porca poden xogar moitas persoas.. Pódese xogar cos paos de xoquei ou cuns feitos por nós, cunha da mazaroca na punta. A bola é de piñeiro. É un xogo de exterior, que antigamente se xogaba nos prados. Comézase por facer un burato central, un pouco grande e logo ás beiras e en círculo fanse tantos buratos pequeniños como xogadores haxa. Despois cada persoa colle o pao de xoquei, e colócase enfronte dun burato. Para comezar a xogar, temos que elixir un porqueiro/a. Este será quen colla a bola de madeira e lánzaa o mais lonxe posible, mentres os que están postos no burato, saen para coller a bola e metela no burato do medio. O porqueiro/a aproveita e colle un sitio e logo os demais corren a coller un sitio para non quedar de porqueiro. O que quede sen sitio, de porqueiro quedará. Tamén se poden decir palabras como: cheiras mal, piolloso, espabila .... Esas palabras se din para despistar ao porqueiro.

Ó Pino poden xogar moitas persoas e tamén hai que xogar co pao de xoquei e a bola de madeira. Primeiro tes que debuxar unha liña máis ou menos en algo parecido a un polideportivo, e logo colocar un pao no outro lado. En segundo lugar fanse os equipos; un equipo chámase ``atacante´ ́e o outro, ``defensor´ .́ Para sacar sempre saca o atacante. O atacante ponse detrás do pao o equipo atacante marca na liña e outro no pao, pero ten que dar unha media volta e marcar punto. Neste xogo non hai fóra.

Alumn@s de 3º Ciclo

Page 57: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 57

Polos alumn@s de 3º Ciclo

Menos mal que rematou...¡¡xa estabamos esgotados!! Neste curso participamos, de novo, no Deporte Escolar: Corremos en Muíños, dúas veces, xogamos a liguiña de fútbol, participamos nunha convivencia lúdico-deportiva en Ramirás xunto con outros colexios da nosa zona e as nenas...¡por fin....¡ xogamos ó baloncesto!

No fútbol, fixemos unha boa liga e aínda que o equipo dos alevíns perdemos un só partido, quedando segundos e non chegamos a xogar a final da zona, estamos contentos. Os benxamíns gañaron todos os partidos e a final da zona contra O Sagrado Corazón de Celanova e a final da interzona, cun palizón, contra Maceda...¡¡¡¡que equipazo temos!!!

No baloncesto feminino, e aínda que tarde, gañámoslle ó equipo de Curros Enríquez de Celanova....¡¡¡Somos unhas campionas!!! Na Convivencia Lúdico-Deportiva, como xa faciamos outros anos en Bande, xogamos, relacionámonos e ...¡¡¡pasámolo moi ben!!!

¡Ah, outra boa nova do noso colexio é que Raúl, de 4º curso, quedou ¡¡¡campión de España de fútbol sala na categoría Benxamín!!!....¡¡¡¡Noraboa, campión!!!!

Page 58: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

58

Page 59: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

59

Page 60: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010

60

Sudoku con puntas (Yaribel).

Coloca os números do un ó cinco, sen repetilos, en cada fila e en cada columna. Si hai unha punta de frecha entre dous cadrados, o número que está na parte ancha é maior que o que sinala a parte puntiaguda.

A botella de viÑo (Carolayn) Se nos din que unha botella de viño custa 10 euros e que o viño que contén costa 9 euros máis que o envase, ¿canto costa o viño e o envase por separado?

Acertixos matemÁticos (Marta). 1.- ¿Que pesa máis: un quilo de ferro ou un quilo de palla? 2.- Se estás participando nunha carreira e adiantas ao segundo, ¿en qué posición quedarás? 3.- Se foses un barqueiro e tiveses que pasar a un lobo, unha cabra e unha cesta de leitugas ao outro lado do río, evitando que se coman entre eles e levando só un en cada viaxe (a barca non pode con mais), ¿como farías?

RODA DO 15: Con nº do 1 o 9 teñen que sumar 15 tódolos diámetros.

Page 61: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 61

Marta, Yaribel, Sheila – 3º Ciclo

XOGANDO CON PALILLOS ¿Es capaz ,movendo tres palillos, de pasar dunha figura a outra? EXPERIMENTA Reparte 11 bolas (ou calquera outro obxecto que teñas a man) en tres xerras ou vasos, de xeito que en cada xerra ou vaso haxa un nº impar de bolas. CRUCINÚMERO

A B C D E

1

2

3

4

5

HORIZONTALES: 1. Ano do descubrimento de América. 2. Unha centena. 3. Tres veces once. 4. Media decena. Maior número de 3

cifras. 5. Se lle sumamos unha decena, sae unha

centena. A metade de dous.

VERTICALES: A. A unidade.

Tres decenas e media. B. O dobre de dous. O triplo de un.

O maior número de unha sola cifra. C. Nove decenas mais unha unidade. Sete docenas e media. D. O dobre de 10. O triplo de tres. E. Non vale nada. Se lle sumamos nove

unidades sae a centena.

Page 62: Cataventos 2010

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2010 62

Era unha vez unha Biblia que estaba nunha biblioteca. Ninguén quería lela, e por iso se sentía moi sola e pasaba todo o día chorando nunha esquina. Non entendía por que os nenos non querían mirala, porque ela era moi sabia e podía ensinarlles moitas cousas boas. Un venres apareceu polo colexio un neno novo que se chamaba Xesús. No recreo, como non coñecía a ninguén, foi á biblioteca. Alí había unha chea de libros : cómics, libros de chistes, de poesía... pero o que máis lle chamou a atención foi aquela Biblia vella, con teas de araña e coas pastas todas despegadas. Colleuna e, con ela nas mans, foi ao patio e achegouse aos compañeir@s e díxolles: - Ola, chámome Xesús e

quero ser o voso amigo. Mirade o que teño nas miñas mans . - Que libro é ese?_ preguntaron todos. Xesús explicoulles moitas historias da Biblia. Faloulles dos moitos valores positivos que lles podía ensinar, como o de compartir, axudar aos demais, perdoar, levarse ben... As historias gustáronlle moito a todos, e a partir dese día os nenos e as nenas empezaron a interesarse por aquel libro tan vello e ían a biblioteca a ler e levábano para a casa. A Biblia volveu ser feliz porque xa non se sentía esquecida e sentía que os nenos e as nenas querían ser os seus amigos. Cando todo o mundo xa lía a Biblia, Xesús desapareceu cun sorriso porque xa cumprira a súa misión e agora estaba no corazón da xente.

María de Melo, Carmelo Maira e Mikel Lorenzo.

Page 63: Cataventos 2010

Chegou unha bici ao cole, diferente... cargada de Contos, sabedes quen a conducía?? Pois claro ...

Esta actividade foi financiada pola ANPA do colexo. Foi un pracer. Bicos, bicos e bicos!

Así chegou Anxo ao Cole, na súa ciclobiblioteca . Os seus contos tratan do respecto á natureza.

Con personaxes creados por el mesmo, protectores das árbores e do medio ambiente: O Carballo con botas, A Xacia do Miño, O paxaro Martiño Piñeiro, Chinchanciño, o Lobo Carapuchiño e as bágoas das árbores ...

Sali tentou fuxir, pero falláronlle os folgos na subida, e todos puidemos disfrutar da lectura .

Page 64: Cataventos 2010

CCAATTAAVVEENNTTOOSS

Anxo Da Costa, María Alvarez, Daniel Cruz e Marta Morales