CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 ›...

7

Transcript of CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 ›...

Page 1: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado
Page 2: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

O SABUGUEIRO

O Sabugueiro (sambucus nigra), sabugo, bieiteiro, biuteiro, sabu-guiño, bieito, sango, pao virandoiro, samuxeiro, biroiteiro, beneito, beleiteiro, biateiro, beniteiro, sambugueiro, samuxeiro, xabugo, varadoiro, etc. é un arbusto caducifolio de tamaño medio (4-6m), que nalgúns casos convértese en árbore, moi abundante en toda Europa e con espacial arraigo na cultura galega.Atópase especialmente nas beiras dos ríos, regos, camiños, etc. e

no interior de Ourense é moi común atopalo ocupando o espazo das persoas e os ani-mais nas vivendas abandonadas, como se fose a prolongación e o mantemento da vida no rural, especialmente na primavera cando florece e parece renacer a vida. Así, este ar-busto con algunhas pretensións de árbore merece o noso respecto e a nosa valoración. De follas verdes, aserradas, florece na primavera de cor branca, de grande beleza e de grandes poderes curativos. As uvas de bruxa, son o froito do sabugueiro, unhas bagas en principio verdes, que se van tornando vermellas para acabar sendo unhas boliñas brillantes de cor púrpura case negras xuntiñas nun acio colgante, moi atractivo para os paxaros (e para moitos humanos).

“A flor do sabugueiro, nai, xa a teño recollida do sereno de San Juan que serve de medicina”. (Cabal, C. 1925, 202), canti-ga popular asturiana de principios do século XX que recolle a práctica dunha tradición.

Falan de cualidades máxicas do saúco, non sabemos si son certas ou non, o que si sabemos é do seu alto contido en vi-tamina C e fósforo.Na composición do sabugueiro podemos atopar, entre outros, aceites esenciais, tani-nos, flavonoides, carotenos, e vitamina C e B.O sabugueiro é moi bo para tratar os problemas respiratorios: favorece a sudoración, facilita a expulsión da mucosidad, contribúe a reducir a inflamación das vías respira-

En canto á madeira do arbusto, facemos referencia ao Con-sello da Cultura Galega, onde atopamos un apartado dedi-cado á gaita de sabugueiro ou de cana (Sambucus nigra ou Arundo donax)

A Gaita de cana ou gaita de sabugueiro, son sinxelas gaitas, propias de nenos, aparecen mencionadas moi poucas veces nas coplas tradicionais, quizais por dúas razóns: primeiro

porque as mulleres (nenas), principais responsables da súa composición, emprega-ron pouco ou nada este tipo de instrumentos, e segundo porque os que fan as coplas son normalmente adultos. En todo caso, Carlos Rei aínda foi quen de achar unha co-pla na que se refire o uso dunha gaita de sabugueiro:

“Eche moi habilidosoo pícaro do Merlucho,que fixo un chichiribío

co ramalliño dun sucho.”

Onde sucho é, como observa este autor, “o cañoto dun sabugueiro, co que unha vez va-ciado cun punzón ou unha rama fina podíase facer un silbato ou unha pequena frauta”

torias, a baixar a febre e, especialmente, a acougar a tos. É dicir, si tes tos ou catarro o sabugueiro axudarache sen dúbida.Tamén posúe propiedades depurativas e diuréticas que axuda ao organismo a elimi-nar toxinas.É calmante, útil no tratamento de trastornos nerviosos lixeiros, tales como insomnios, migrañas, dores de cabeza e inflamaciones dolorosas.E a maiores din, que os celtas crían que o sabugueiro era morada de diversas divini-dades polas que arrincalo ou cortalo podía desencadear toda clase de descalabros.Aproveitado desde a antigüidade na medicina, formando parte dos remedios caseiros ata o uso na medicina actual. O seu uso non se limita á medicina, a súa madeira foi empregada para a elaboración de xoguetes, instrumentos, o uso alimentario e tamén nas pócimas máxicas.

2 3

Page 3: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

Presentámosvos os nosos produtos artesanais elaborados de xeito tradicional cun toque de innovación.Todos os produtos son elaborados artesanalmente, sen aditi-vos (nin conservantes nin colorantes) e de receita propia. Intentando ver con novos ollos os produtos tradicionais, man-tendo a calidade e o saber facer pero con un punto de innova-ción.

A totalidade dos recursos empregados na elaboración dos nosos produtos proceden de Galicia, seguindo o principio de proximidade.

Froitas de recolección silvestre, as moras e o sabugueiro (saú-co); procedentes de agricultura ecolóxica (manzá, limón, la-ranxa); da nosa finca (grosella, framboesa, manzá, marmelo).

Utilizamos Agar Agar como espesante, de produción ecolóxica, xelatina mariña 100% de orixe vexetal. Azucre de cana proce-dente de agricultura ecolóxica (o país de orixe é Arxentina).O licor elabórase de forma artesán, con produtos de primei-ra calidade e unha augardente elaborada de xeito tradicional (destilada en pote).

Carabuñas é o resultado de moitas tardes e noites de pensar, de moita ilusión e moito traballo. Detrás desta marca están Eva e Nelson, que podedes ver nas fotos. Carabuñas nace polo 2011 ca intención de darlle forma a un proxecto que levábamos tempo madurando. Un proxecto que ten como principal obxetivo o aproveitamento dos recursos naturais e a súa valorización a través da transformación. In-tentando ver con novos ollos os produtos tradicionais, manter a calidade e o saber facer pero cun punto de innovación.As nosas conservas e licores están elaboradas con materias primas de calidade de produtores/as ecolóxicos galegos/as.Producimos de xeito artesanal nun pequeno obradoiro situado no lugar de Sanguñedo no concello de Vilar de Santos (Ourense).Carabuñas, céntrase na valorización do SABUGUEIRO, sam-bucus nigra, un dos recursos máis abundantes da comarca e cun forte arraigo na cultura galega.O sabugueiro foi empregado popularmente polas súas pro-piedades mendicináis (sistema respiratorio, dixestivo, pel,...) aínda que como alimento o seu uso non está moi extendido en Galici a.Actualmente elaboramos conservas e licores en base ao seu froito, as bagas do sabugueiro. En breve ampliaremos a nosa liña de produtos con outros usos desta árbore tan beneficiosa.Outro dos principais obxectivos de Carabuñas é tecer unha rede de colaboración e ser o punto de encontro das diferentes iniciativas que xordan na Reserva da Biosfera Área de Allariz.

OS DO SABUGUEIRO

Localización da fotografía: Museo da Limia

OS PRODUTOS

4 5

Page 4: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

AS NOSASMARMELADAS

E XELEASXELEA de FLOR deSABUGUEIRO, 120 g.

CARACTERÍSTICAS COMÚNS PARA MARMELADAS E XELEAS

A nosa Xelea, feita despois dunha ma-ceración lenta, consigue extraer todo o arrecendo e frescura que garda a flor fresca do sabugueiro. O resultado é todo unha sorpresa para o padal.Marida a perfección con queixos e xeados, e aportan un toque moi espe-cial a carnes e ensaladas.

Tanto as marmeladas coma as xeleas son de fabricación artesanal, feitas en Galicia. Produtos 100% naturais, sen conservantes nin colorantes engadidos.Preparadas con 80 g de fruta por cada 100 g de produto.

Os ingredientes comúns son:* Azucre de cana ecolóxico.* Agar Agar ecolóxico (Pazos de Borbén, Pontevedra).* Limón (As Neves, Pontevedra)

100% NATURAL

6 7

Page 5: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

MARMELADA de SABUGUEIRO (saúco)

MARMELADA de SABUGUEIRO e LARANXA

MARMELADA de SABUGUEIRO e MARMELO

MARMELADA de SABUGUEIRO e MAZÁ

Elabórase a partir de bagas de sabu-gueiro maduro. O froito é seleccionado no seu punto óptimo de maduración e procesado de forma artesanal ata conseguir unha crema suave e aromática.

Elabórase a partir de bagas de sa-bugueiro maduro cunha selección de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado é unha marmelada que sorprende polo seu contraste final, que achega o característico amar-gor da laranxa galega. Moi recomendable para darlle un toque persoal a ensaladas, xeados, iogures, queixos, patés ou carnes.

Elabórase a partir de bagas de sabu-gueiro maduro e marmelo de produ-ción ecolóxica da nosa propia leira. O resultado da combinación destas froitas tan aromáticas é unha mar-melada que nos recorda ao clásico doce de marmelo pero co toque es-pecial do sabugueiro. Recoméndase para os padais máis doces.

Elabórase a partir de bagas de sabu-gueiro maduro combinada con ma-zás de produción ecolóxica galega. O resultado é unha marmelada sua-ve e doce pero que se equilibra co toque ácedo da mazá. Moi aconse-llable para os máis pequenos/as.

Sabugueiro Gourmet:Envase de vidro MARMELADA 120 g.

Sabugueiro Básico:Envase de vidro MARMELADA 250 g.

Sabugueiro Gourmet:Envase de vidro MARMELADA 250 g.

SABORES DASMARMELADAS

8 9

Page 6: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

BEBIDASESPIRITUOSAS

LICOR DE SABUGUEIRO

Formatos:Envase de vidro 250 ml.Envase de vidro 500 ml.

CERVEXA DE SABUGUEIRO

Formato:Envase de vidro 330 ml.

Produto elaborado artesanalmente, mediante maceración da baga de sabugueiro en augardente de ba-gazo de uva obtida da destilación artesanal en alambique de cobre. Todos os ingredientes son naturais e de alta calidade. Ingredientes principais: augarden-te (galega), bagas de sabugueiro e azucre de cana ecolóxico. Non leva ningún aditivo químico, nin conser-vantes, nin potenciadores de sabor.Consumir frío e en boa compaña.

Esta cervexa única, de dobre fer-mentación está elaborada con mal-ta tostada e bagas de sabugueiro.De sabor suave e afrutado, fará as delicias dos amantes da mellor cer-vexa artesanal.

100% NATURAL

Localización da fotografía: Museo da Limia

10 11

Page 7: CATALOGO CARABUnhAS 04tenda.carabunhas.com › wp-content › uploads › sites › 3 › 2015 › 11 › c… · de laranxas de produción ecolóxica do sur de Galicia. O resultado

Podes atoparnos nas Redes Sociais:

Lugar de Saguñedo, s/n, 32650, Vilar de Santos, Ourense

info@carabuñas.gal

www.carabuñas.gal

672 014 380