Catálogo 2013 Diputación Coruña

39
CATÁLOGO DIPUTACIÓN 2013 +info: www.culturactiva.org

description

Catálogo Diputación Culturactiva 2013

Transcript of Catálogo 2013 Diputación Coruña

Page 1: Catálogo 2013 Diputación Coruña

CATÁLOGO DIPUTACIÓN 2013

+info: www.culturactiva.org

Page 2: Catálogo 2013 Diputación Coruña

presentación

culturactiva

Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuí-mos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”.Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto na calidade das propostas como na variedade das mesmas. Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos espe-cializados na realización de programacións culturais, festi-vais e na xestión integral de todo tipo de eventos e trabal-lamos cun número de compañías e grupos moito mais elevado do aquí presentado. Estamos ao seu dispor para estudar, artellar e propor unha programación, proxecto ou intervención para cada caso concreto.Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acada-mos unha cifra de 350 e de novo superadas en 2012 no que case chegamos ás 450 actuacións. A pesares da forte crise que sofre ao sector optamos por centrarnos mais ca nunca na nosa política de facer a cultura e a risa accesible a todos os petos e a todos os corazóns e mostra é este elevado número de representacións. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasar-rúas, pirotecnia … son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propos-tas de programacións, ou que poñemos a disposición dos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adap-tándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc)Malia a que en 2013 cumpriremos doce anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos,e o orgullo e diferenciación de contar coa distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya, Alba Sarraute ou Yllana en Galicia, de grupos de música abandeirados da música catalá como Txarango ou La Troba Kung Fu, de traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Andy Snatch, Fraser Hooper ou Jango Edwards e, de promover compañías galegas coma Os 7 Magníficos + 1, O Sonoro Maxín, Peter Punk e moitas outras.A nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade. Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

+info: www.culturactiva.org

poderás atopar informacióndetallada, video, dossier...

de cada espectáculo en: www.culturactiva.org

Page 3: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Circo e clown

Page 4: Catálogo 2013 Diputación Coruña

espectáculo

Ruactiva / Gala de Circo na Rúa

A Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo.Contamos coa presenza das compañías máis representativas do momento, unha banda que interpreta música en directo e un presenta-dor – mestre de cirimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.

A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son eixos e os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, sen dúbida, un dos mellores espectáculos de rúa de Galicia.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directoTécnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias aéreasDuración do espectáculo: 100 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

ruactiva

M

Page 5: Catálogo 2013 Diputación Coruña

dous pallasos

en máis apuros

espectáculo

Dous pallasos en máis apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo.Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

breve descrición

os sete magníficos máis un

ficha artística

Dous pallasos en apurosDous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.

“Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonis-tas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clási-cos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espec-táculos de pequeno formato que, polas súas características, poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

breve descrición

Page 6: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía

Peter Punk

O mellor pallaso galego do momento con xiras por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos. Recentemente participou no Festiclown 2010 e 2011, no Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro, no Festival Mueca e outros de Canarias, no festival Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, no FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) , en varias edicións do Magiclown (Ibiza), na MITEU e no FIOT (Galicia) e infinidade de importantes festivais de circo, rúa e teatro.

Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns ecompañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía quenos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo. Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown), Antón Valén e Iván Prado ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucionando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos,tanto de rúa como de interior.

Festiclown Vigo 2010 e 2011 (Galicia), Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro (Brasil), Festival Mueca e Malpaís (Canarias), Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, FITEC de Getafe (Madrid), Somriure de Pineda (Catalunya) , varias edicións do Magiclown (Ibiza), MITEU, Mostra de Teatro e FIOT (Galicia), Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Teatro Municipal de Vila Real (Portugal).

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia. Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos mais destacados, cun humor gamberro e fresco sen igual. Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculochega a súa continuación. O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló.O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona?

peterpunk

breve descrición

Currículo destacado

Peter Punk 1

Peter Punk 2 (A chungatrona)

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez MirandaTécnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 7: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso. Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país. Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)"Chungatrona": FinoMúsica orixinal: Brais GutiérrezCoreografía: Xenia TártariProdución: Peter Punk e Coperactiva Cultural-CulturactivaDirección: Walter VelázquezTécnica teatral: Clown, Humor e MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 8: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

Circo Chosco

Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpre-tación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco !

Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior.

Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de tram-pas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emo-Ción e na risa!!

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar PérezTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

ficha artística

Chosco !

circo chosco

M

Page 9: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

roi sixtoRoi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.

Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampli-ando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxi-naria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malab-ares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos.

A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público.

Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega. roi sixtoFICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Roi, o cagabolas

S

Elenco: Roi SixtoTécnica teatral: Malabares e Maxia Cómica.Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 10: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

desastronauts/un día de praia

Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2011 tras a creación de “Losing Grip”.Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres.Hai uns anos que se trasladaron a España onde debutaron co espectáculo de rua “Calleret” en Santiago de Compostela e en distintas programacións de Galicia. A partir de aquí toman como base Compostela onde crean "Un día de Praia", co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva.Ata que en 2010 son becados por un programa da Unión Europea como uns dos mais importantes talentos do continente e sae á luz un novo traballo que dá un novo xiro á súa carreira. "Losing Grip": unha obra na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Un traballo creado en España, Francia e Inglaterra colaborando con algúns dos mais importantes maestros da especialidade.

O espectáculoRaquel e Girisho ofrécenlles un espectáculo de aéreos unidos á danza, ao circo e ao teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, doble trapecio corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Ficha ArtísticaElenco: Raquel Veganzones e GirishoTécnica teatral: Aéreos, Teatro Xestual e Danza.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: xestual

desastronauts

breve descrición

Espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

compañía/espectáculo

desastronauts/Losing Grip

O primeiro espectáculo que ocorre totalmente no aire.Este espectáculo foi creado co apoio de “Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010”, operación fundada co apoio da Comisión Europea. Para realizaren “Losing Grip”, Desastronauts pasou por diferentes residencias Artisticas como son CREAC (Marseille-FR), Les Migrateurs (Strasbourg-FR), La Grainerie (Toulouse-FR), Espace Périphérique (Paris-FR) AGADIC Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela-ES), Auditorio de Valga (Pontevedra-ES).Losing Grip é o primeiro espectáculo de Desastronauts. Traballando cun material de aéreos orixinal, os artistas intentan dar un novo enfoque ao seu diciplina. Así se comunican utilizando as características das súas habilidades aéreas. Forza, axilidade, confianza, perigo, resistencia e equilibrio son metáforas da súa relación.É un espectáculo apaixonante, sen sentimentalismo, sen palabras e sen límites.

Elenco: Raquel Veganzones/GirishoConcepto & Dirección: DesastronautsPosta en escena: Marcos PTTMúsica: Maximilian LatvaEquipo de Aéreos: Simon PeeversDuración: 45 minutosTipo de público: Todos os públicosTécnica teatral: Aéreos

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

M nC +18

Page 11: Catálogo 2013 Diputación Coruña

espectáculo

pistactiva

A Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión. A estrutura de PISTACTIVA engloba unha sucesión de pases de ambas compañías no que teñen cabida disciplinas de novo circo: clown, malabares ou pantomima e coa presenza asegurada de números de aéreos: trapecio, corda ou teas.A interacción entre as compañías participantes, a participación do público, o humor e as espectaculares acrobacias aéreas son os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA.O elenco de artistas e compañías que habitualmente participan nestas Galas de Circo na Rúa Pistactiva é na súa maioría galego, entre as que destacan Os Sete Magníficos máis Un, Peter Punk, Roi Sixto, Trano, Fredi, … Pero tamén contamos ocasionalmente con artistas do resto do Estado e internacionais afincadas en Galicia e formados en prestixiosas escolas europeas e latinoamericanas, como é o caso de Circo Expreso, compañía de números aéreos, formada na Escola Circus Space de Londres, ou Circo Claxón, compañía arxentina cun amplo currículo de espectáculos de primeira liña internacional.

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Compoñentes: unha compañía de clown e unha compañía de acrobacias aéreas.Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e AcrobaciasDuración do espectáculo: 80 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

a compañía

FICHA ARTÍSTICA

pistactiva

M

Page 12: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

Illanes/ Solista por Narices

Actor, músico, cantante, zancudo, licenciado en dereito... e de Vigo. Cando lle preguntan a que se adica el di que é faranduleiro. Comezou profesionalmente no teatro como socio fundador da cía galega de espectáculos de rúa Zancalino Produs SL. Formado en canto e varios instrumentos. En Madrid, estudou interpretación na Escola de Mar Navarro e Andrés Hernández e clown con Tom Greder, Andrés del Bosque, Jons Pappilla,…Ven de xirar no musical producido por Filmanova e Estrella Galicia “Galicia Caníbal”, e segue a traballar conn esteOeste e co seu unipersoal de comedia e música “Solista por Narices”Por certo… sempre leva consigo un timple ó que chama “Pancho”.

Espectáculo de comedia e músicaUn coro formado por unha persoa, un grupo composto por un solista, un cómico a varias voces. Tras quedar sen grupo, tivo que amañarse pra seguir el só sen que ninguén notase a diferencia. Unha comedia musical ou un concerto cómico? Tango, blues, reague, bossa… e unhas cantas ocorrencias musicais!

Actor: Jose Carlos IllanesDirección: autodirixidoTécnica Teatral: Comedia, clown e musical.Duración: 75 minutos.Público: Todas as idades.

a compañía

solista por narices

ficha artística

illanes

Page 13: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculos

Rudi dudi

RudiDudi, un clown, formado na Escola de Mimos, Antwerpen-Belgica. 84-90 director, guionista e actor en teatros en Bélxica. 90-99 conta-contos e actor no circuíto "Teatro na Educación" en Irlanda. No 2000 decidiu dedicarse por completo ao clown, viaxando por toda Europa, actuando en infinidade de lugares. Desde o 2005 vive en Galicia, actuando contratado por concel-los, colexios, festivais, asociacións, etc. “Cando era un neno, a miúdo preguntábanme : que queres ser de maior". Ao que eu respondía : quero ser viaxeiro, ser libre para viaxar, estar en lugares diferentes, coñecer a moita xente... e enseguida volvían preguntar : e como che gañarías a vida " Viaxar custa diñeiro. E eu sempre dicía : viaxarei coa miña maleta "máxica". Dentro levarei, entre outras cousas, unha fábrica de sorrisos de todas as cores e infinitos tamaños. Repartireinas entre a xente para que sexan felices e a cambio, estou seguro, que a vida será xeneroso comigo. Foron pasando os anos e xoguei a ser estudante, logo a ser profesor, actor e director de teatro... Canseime, mudeime de país, aprendín outro idioma e xoguei a ser conta-contos. Unha noite de inverno na miña habitación, tombado fronte á fiestra contemplaba como embobado a lúa chea e invadiume o recordo de cando era neno. Durante anos, gardaba celosamente baixo a miña cama á cóm-plice dos meus soños : unha vella maleta, herdanza do meu avó. Unha das súas máis queridas pertenzas, dicía el. E eu sentíame orgulloso de posuíla. Por aquel entón nos meus vagabundeos polo bosque onde viviamos, sempre atopaba tesouros, obxectos inservibles para os demais, que gardaba na miña maleta : un chupete, unha pluma, tres pipas de ciruela, un nariz vermello, lapis de cores e moito máis... cada unha desas cositas delicadas invitábanme a voar. Ante o espello colocábame o meu nariz de pallaso e un gran sorriso aparecía no meu rostro, alagándome de alegría. Soñaba esperto que oxalá puidese compartir a maxia da vida. Por iso mesmo decidira crear esa fábrica de sorrisos para ser feliz e facer felices aos demais. Agora, grazas ao meu pallaso, levo un eterno sorriso tatuado no meu corazón. Miro cara atrás e síntome privilexiado por poder cumprir o meu soño, e agradecido ao meu neno interior, que se mantén como unha chama dentro de min e que nunca me abandona.”

rudi dudi

breve descrición

Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, designado para salas e exteriores.

Elenco: Rudi Vanminsel Técnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 40 minutos Público: de 2 a 6 anos.

O circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indomable e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis.Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.Aviso : todos os animais son totalmente imaxinarios ou de xoguete.

Clowntamination

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

FICHA ARTÍSTICA

Circo Caracol

S

Page 14: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

un día de festaCulturactiva SCG, unha das distribuidoras musicais e teatrais con máis actividade de Galicia, e Os Quinquilláns, unha das compañía de refrencia do teatro de rúa galego, únense para crear un anovador producto cultural.Un Día de Festa é unha xornada completa de programación teatral para todos os públicos, con contacontos, espectáculos de novo circo e unha grande animación final.O día empeza cunha sesión de contacontos a cargo de Os Quinquilláns (Morgana e Arturo), Os Sete Magníficos máis Un (A Historia de Brancaflor) ou mesmo un contacontos exclusivo en función do acto no que se programe a actividade.A tarde está reservada ao clown, a maxia e ao novo circo, con dous espectáculos de rúa. Peter Punk, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Cé Orquestra Pantasma ou Rudi Dudi serán as compañías protagonistas do serán.E para rematar, unha grande animación nocturna da man de Os Quinquilláns, que pecharán a xornada con No Fondo do Mar, Ladróns de Sona ou Arrieiros, poñendo un espectacular broche de ouro a Un Día de Festa.

En activo desde 1989, a compañía especialízase desde o inicio no teatro de rúa e infantil. Nos seus preto de 25 anos de traxectoria profesional, estrean multitude de espectáculos, entre os que sobrancean As Viaxes Fantásticas (1994), As Voces do Mar (1996), Irmandiños (1998), Gulliver (2000), O Circo das Máscaras (2002), Moby Dick (2004) ou A Diáspora (2005).

Culturactiva SCGCulturactiva SCG é máis que unha oficina de venda teatral e musical e máis que unha empresa de xestión cultural. Nacida hai máis de dez anos, na actualidade é a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa. Con máis de 500 actuacións ao ano, a súa proxección e presenza está a medrar tanto no ámbito galego, coma no estatal e internacional.

MañáUnha sesión de contacontosSeránDous espectáculos de clown, maxia ou novo circoNoiteUnha grande animación nocturna un día de festa

biografía

os quinquilláns

culturactiva scg

programa

Page 15: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Teatro de Comedia

Page 16: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía

Bandullo Azul

Inspirándose en Barriga Verde, chega no ano 2012 unha nova compañía BANDULLO AZUL.

Nacida en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que tres son multitude. Carece totalmente de persoal técnico e de texto. Da súa escenografía e do seu vestiario poderíase dicir que seguen unha liña perralleira.

Realmente no único que se gastou foi no director, Evaristo Calvo, aínda que este nun alarde de solidariedade coa nova compañía non quixo cobrar polas altas doses de paciencia das que fixo gala durante todo o proceso de montaxe.

Xa está aquí, xa chegou a Galicia o teatro pobre, que non podre, de BANDULLO AZUL, da man de Fran Ameixeiras e Fran Campos.

Baseándose na coñecida historia de Robinson Crusoe e o seu naufraxio, e posterior vida nunha illa deserta, esta delirante e tola comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte, e tamén compañeiro e amigo, Venres.

A través das actividades cotiás e diarias, Robinson tentará “colonizar” dende o seu mundo civilizado ó seu salvaxe e ignorante compañeiro Venres.

Unha mostra máis do 1º mundo por facerse dono de todo e de todos. Cociñar, xantar, a roupa, a relixión, a música, os modais… serán as ferramentas que utilice Robinson para facer de Venres un home de proveito. Pero este último resistirase ante tal “ataque” e amosaralle pouco a pouco a Robinson a importancia , de ser libre, de deixarse levar polo xogo, a diversión, a contemplación… e a busca da felicidade.

Unha chea de situacións onde o “choque” de dous mundos e xeitos de ver a vida faranos rir e reflexionar sobre o realmente importante e necesario para vivir felices.

Autor: Bandullo Azul e Evaristo CalvoDirección: Evaristo CalvoAdaptación: Evaristo CalvoTécnica: Clown e Teatro Xestúal.Duración: 60 minutos.Clasificación: Todos os públicos

descripción

espectáculo

ficha artística

bandullo azul

Page 17: Catálogo 2013 Diputación Coruña

COMPAÑíA

Producións AcontrabutacaAcontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actuali-dade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar.A produtora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o deteatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrab-utaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con directores e compañías foráneas.

sinopse

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantasmas é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular … unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha éstrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o espectador de Frantasmas algo máis que un espectador... un colaborador necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador ... o público será desencadéante directo na resolución dos feitos.

Frantasmasobra

ficha artística

Autor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran AmeixeirasTécnica teatral: ComediaDuración aproximada do espectáculo: 75 minutosIdades Recomendadas: +16 M

FrantasmasM+16

Page 18: Catálogo 2013 Diputación Coruña

acontrabutacacompañía/espectáculo

acontrabutaca/dous son parella

Conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último e rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todiño todo está baseado en feitos reais”. Conta en escena con dous dos seguintes tres actores:

Popular intérprete televisiva, conta con case dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía, Teatro da Lúa e Sapristi Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e sobre todo é coñecida como actriz en series de ficción como Air Galicia, Mareas Vivas, Padre Casares ou Pratos Combinados. Ademais desenvolve unha carreira de conta-contos, primeiro nun dúo co tamén actor Carlos Blanco e despois en solitario. Actualmente encarna o papel de Lidia na popular serie “Padre Casares”

Habitual colaborador en distintos programas da TVG, Isi comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, vén colaborando con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, traballa en Tourilandia alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como a Solaina ou Luar.

Poeta, filosofo e contacontos galego que esta no culme dos contadores de historias galegos. Celso leva una decena de anos percorrendo o país cos seus contos e levando gargalladas a nenos e adultos.

breve sinopse

patricia vázquez

JOSÉ MANUEL PUENTE “ISI”

CELSO SANMARTÍN

Título do espectáculo: “DOUS SON PARELLA… e o demais son calumnias”Duración: 1.15Catalogación: Para todos os públicos.Dirección artística: Xosé Lueiro (Director teatral de obras como “Robin Hood” “Un morto moi vivo” ou “Frantasmas”)Elenco: ISI (Actor e cómico en programas da TVG como O Rei da Comedia, Air Galicia, Land Rober, A Solaina, Luar…), e PATRICIA VÁZQUEZ (Actriz en “Padre Casares” TVG)Produción: PRODUCIÓNS ACONTRABUTACADistribución: Culturactiva

ficha artística

Page 19: Catálogo 2013 Diputación Coruña

astracáncompañía/espectáculo

astracán/ ladrón e familia

Astracán nace ao redor de grandes nomes da escena galega como Evaristo Calvo ou Avelino González e a partir do traballo desenvolvido por Francisco Rei ao fronte da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis. Todos unidos ao redor dun texto dun gran nome internacional como é o premio Nobel Darío Fo.Tras sete anos de formación continuada, en improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico e seis montaxes teatrais amadores, unha escolma dos alumnos deciden dar un paso cara a súa profesionalización dentro da escena galega e irrompen con forza e ilusión con esta súa primeira produción cómica.Francisco Rei é o director artístico de Teatro do Astracán. É membro de Os Sete Magníficos máis Un, Produccións Acontrabutaca e Bagunça Teatro e monitor teatral especializado en clown.Con estas compañías e desde 2001 ten participado en 15 espectáculos profesionais. Como mestre, é responsábel da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis desde 2004 e da Aula de Teatro Municipal de Teo desde hai catro anos. Ademais, imparte regularmente cursos de iniciación ao clown. Evaristo Calvo é o asesor de dirección e director de interpretación de Ladrón e Familia. Membro das compañías Mofa e Befa e Produccións Excéntricas, participou en varias montaxes do Centro Dramático Galego e en diversas teleseries como Pratos Combinados ou Air Galicia e posúe unha ampla traxectoria profesional como actor e director e varios premios María Casares no seu armario. Avelino González é o responsable da revisión da adaptación do texto de Ladrón e Familia a partir do texto original do premio Nobel Darío Fo. Actor de cine, teatro e televisión (Padre Casares, Pratos Combinados, …), director, monologuista, contacontos, dramaturgo e traductor, é, sen dúbida algunha, un dos profesionais máis sobranceiros da escena teatral galega con outro armario ben repletiño de Premios Max e María Casares.

a compañía

Ladrón e Familia é unha adaptación de Teatro do Astracán e Avelino González de Non Hai Ladrón Que Por Ben Non Veña do dramaturgo italiano Darío Fo, Premio Nobel de Literatura de 1997. O espectáculo quere ser unha tarxeta de presentación do estilo que pretendemos desenvolver: un humor fresco, sinxelo e moi directo, principalmente comedia de enredo.Ladrón e Familia é un espectáculo cómico a partir dos conflitos que se desenvolven na casa dun matrimonio acomodado cando se atopan cun ladrón un chisco torpe no salón da súa casa. Maridos, mulleres, as súas amantes, ciumes e malentendidos son os ingredientes deste menú de enredo no que nada é o que semella. Os leos amorosos dos nosos protagonistas, as medias verdades, as mentiras, as visitas inoportunas, as falsas aparencias e as múltiples referencias cinematográficas e televisivas aportan aínda máis comicidade a unhas situacións xa de por si cómicas por ridículas e, sobre todo, comprometidas.Todo elo presentado por unha serie de personaxes creados por Evaristo Calvo, aloucados e desquiciados, clásicos pero tamén moi actuais, cunha alta dose de autoparodia e cos que o público se sinte moi identificado.

breve sinopse

Autor: Darío FoAdaptación: Teatro do Astracán e Avelino GonzálezDirector artístico: Francisco ReiAsesor dirección e dirección interpretación: Evaristo CalvoElenco:Pedro BrandarizFran CamposSaleta FernándezAbrahán SandeRogelia dos OuteirosAlberte TorresEscenografía e Atrezzo: Teatro do AstracánVestiario: Teatro do AstracánProducción: Teatro do AstracánContacto e Distribución: Culturactiva, SCG (Nacho Fungueiriño)

ficha artística

Page 20: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Maxia galegos

Page 21: Catálogo 2013 Diputación Coruña

don gelati

compañía/espectáculo

dani garcía/Don Gelati

Neste momento a compañía compaxina actuacións en Galicia con estancias, actuacións e formación nos EE.UU, onde xaga-ñou premios como:1º Premio Michigan Magic Day.2º Premio Close Up Contest IBM Ring de St Louis.2º Premio TAOM Texas.3º Premio en Houston.

A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rapidamente se fai un oco no panorama máxico galego. O longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fórmase nas mais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porque e unha lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián. Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara un lado físico e corporal como no citado espectáculo Da’Kara ou no seu ultimo traballo, Don Gelati. Ademais de ir gañando un bo número de premios nas súas estancias en USA.

Don GelatiUn brillante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xeados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derretan.Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande mobilidade e sen necesidades técnicas externas.

Elenco: Dani GarcíaDuración: 50 minTipo de público: infantilTécnica teatral: maxia e teatro xestual

a compañía

ficha artística

don gelati

Page 22: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía

Producciones los pringaospablo cool & dimitry

Pablo Muñoz e Iván Prado unen os seus talentos nunha oportunidade única. Pablo Muñoz é “Pablo Superstar Cool”. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Cursou Clown e técnicas de humor con Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Premiado co 'Nariz de Ouro' do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid 2009. Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Sta. Susanna (Barcelona). Co-fundador de Goodidea Company coa que traballa profesionalmente paseou o seu humor por Festivais de todo o mundo: Festival Internacional de Edimburgo (Escocia), Int. Incheon Clownmime Fest (Corea do Sur), Festiclown de Galicia, Magiclown de Eivissa, Fest. Int. Clowns de Madrid, Cicloclown de Sevilla, Fira Máxica de Sta. Susana, Festival T T, Feira de Leioa, Feira de Castela-A Mancha, Castelvetro Fest., Bassano do Grappa Fest. (Italia), Mosbach Fest, Heilbronn Fest, Paderborn Int. Fair, Tuttlingen Fest (Alemaña), Thun Fest (Suíza), Sint Niklas Fest. (Bélxica), Zd"ar nad Sazavou (Repúblca Checa),Chiapas (Méjico), etc. Iván Prado é a risa. Ademais de director de proxectos como Pallasos en Rebeldía e Festiclown Palestina, de festivais como Festiclown, Fira Magica e Magiclown, de compañías como Good Idea ou Os Sete Magníficos e, como culmén, actor nesta producción de Los Pringaos que surxe dunha exitosa xira por festivais brasileños de maxia e clown.

Despois do éxito de Pablo Superstar 'A historia máis grande xamais contada” chega: Pablo Cool & Dimitry. Desta volta, Pablo Muñoz, dirixido e acompañado en escena por Iván Prado, ofrecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un “Superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e interpretado por Pablo Muñoz e o propio Prado, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposibles. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande.

Elenco: Pablo Múñoz e Iván Prado Técnica teatral: Maxia cómica e clown.Dirección: Iván PradoDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía

espectáculo

ficha artística pablo cool& dimitry

Page 23: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

mentalini

Fran Amexeiras preséntase como compañía de teatro uniper-soal, Mentalini. Membro de importantes compañías galegas como Acontrabutaca, colaborador de clásicos como Os 7 Mag-níficos + 1, destaca tamén por ser un dos principais formadores en Teatro do Oprimido e Teatro Forum.

Fran Ameixeras ofrece o seu primeiro espectáculo unipersoal valido para rúa e interior. Un divertimento para todos os públicos que aúna a maxia cómica, o clown e que, sobre todo, destaca polo seu humor e a súa orixinalidade

Desde algún lugar do trópico, non sabemos de cal, pero desde algún lugar, chega mentalini...

Teña coidado, tan só con miralo aos ollos pode averiguar desde o seu nome ata os seus máis profundos desexos, é unha mente privilexiada e sen límite posta ao servizo do espectáculo.

Mentaclismo é un espectáculo de maxia cómica, que a través dunha serie de poderosos números recollidos por mentalini ao longo das súas viaxes polo universo, somérxenos no seu mara-billoso mundo.

Coa forza dun tsunami o mentaclismo inunda as nosas cabezas ata controlalas totalmente, faise coa nosa enerxía e alimentase dela para crear un hiperespectáculo cargado de humor e intelix-encia (iso di el).

Hai moitas razóns polas que non se debería perder este espec-táculo, pero preferimos non dicirllas e que sexa vostede mesmo/a quen as descubra. Mentalini soamente para o público máis esixente... e para o resto tamén, por suposto.

Elenco: Fran AmeixeirasTécnica teatral: Maxia cómicaDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos mentalini

breve descrición

mentaclismo: tsunami mental

ficha artística

S

Page 24: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Monicreques, Monólogos e Contacontos

Page 25: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía

Brancaflor

Protagonizado por Fran Rei, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersonal de Os Sete Magníficos máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía -con máis de dez de traxectoria profesional- na arte dos contacontos.

Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma 'Contos Marabillosos'. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o público é parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma é imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.

A forza da palabra e a ilusión da maxia mestúranse para compoñer un espectáculo para público infantil que pode ter cabida en programacións xerais, programas de animación á lectura, colexios, bibliotecas, …A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor.

Dirección: Avelino GonzálezAdaptación: Avelino González e Fran ReiElenco: Fran ReiProducción: Culturactiva, SCGXénero: contacontosDuración: 50 minsClasificación: público infantil (6 – 12 anos)

descripción

ficha artística

Brancaflor

Page 26: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Compañía

a tropa de trapoTal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que com-poñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós esce-narios.

Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa espe-cialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido.

A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que desco-bre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas dispu-tas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

a tropa de trapo

breve descrición

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

Contos coas mans abertas.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.

Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

A Tropa de Trapo volve cun novo conto logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas.

Xa confirmados como uns dos mais importantes membros da nova fornada de contadores galegos pola súa orixinalidade, sensibilidade e polo seu anovador xeito de achegarse a temas universais traennos un novo conto que saca á luz o mais fermoso que levamos dentro.

antía, wamba e o regato pequeno

Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís...

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

Que é a Hora Azul?A Viaxe das Palabras

S

Page 27: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Pasarrúas

Page 28: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

Cé Orquestra

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú!Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras!Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite.Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debida-mente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medievais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: déixate levar!!Música para os nosos maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, botémoslle unha cantiga.

cé orquestra pantasma

o espectáculo

cé orquestraFICHA ARTÍSTICA

Elenco: César FreiríaTécnica teatral: animación musicalDuración do espectáculo: variablePúblico: para todos os públicos

Page 29: Catálogo 2013 Diputación Coruña

batukadas e animacións musicais

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

aperta

aperta

A Asociación de PERcusionistas e Tamborileiros/as foi creada en Vigo no ano 2004 co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social, procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo.

O seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar un máximo de 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.

Desde o ano 2006 veñen participando nos entroidos de Vigo e contorna. Levaron dous premios consecutivos nos anos 2007 e 2008 á comparsa máis festeira do Entroido vigués e o premio no 2007 á mellor caracterización no enterro do Meco, tamén en Vigo. Máis non só actuaron no entroido de Vigo, senón que tamén estiveron no Porriño, Bueu, Padrón, Sanxenxo...

Este grupo explora os principais ritmos afro-baianos, tradicionais do entroido do nordeste do Brasil e son coñecidas as súas actuacións en prazas, rúas, centros comerciais e zonas antigas das principais cidades e vilas de Galiza e norte de Portugal.

Técnica teatral: Animación músical, pasarrúas e percusiónDuración: VariablePúblico: para todos os públicosEspazo: exterior

Page 30: Catálogo 2013 Diputación Coruña

Música

Page 31: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

O Sonoro MaxínO Sonoro Maxín volve aos escenarios presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio, A onda sonora (chega do interior), producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez. O novo disco, de 13 cancións, expresa a múltiple visión musical do conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato. O deseño do mesmo corre a cargo do artista David Rubín. O Sonoro Maxín fala do disco con estas verbas:

«Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.A onda sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?»

Ico: vocesAbraham "el niño": guitarrasSamuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseiraCristina Asenjo: acordeónXurxo Brea: baixoJaime Mateo: bateríaMarcos Vázquez: percusiónsMiguel Xanceda: Son en directoDavid Rubín: Deseño e ilustracións do disco

o sonoro maxín

A onda sonora(chega do interior)

breve descrición

o sonoro maxín son:

Page 32: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

Compañía do RuídoAjarrense os calsonsillos, axustense os pantalóns, apreten ben o xustillo, asusten os corazóns.Asaltemos o parlamento, sen tregua, sen condicións, que vaian presos os bandidos, que apodresan sen compasión.Que acontesa un Equinosio, que trema a Terra na súa dor, que o vencido sexa o Estado, e gañe a Lóxica e a Razón.

Que non pare o Ruido Na Rúa, que non ten nen cabo nen fin,pois un fin por conseguir ten, un medio pra facelo,e un principio que defender. A Alegria, curiosa palabra, que coa participación, nos leva a un principio sólido... a creación de!!A Compañía do Ruido Forza, Imaxinación, e Bo Humor.

Neste ano 2013 presenta o seu 6º traballo discográfico “ Pensares Galegos”, e traballa na composición do seu espectáculo “ Sempre en Galiza, Sempre en pelotas!!

Discografía

Ano 2003 presentan o seu 1º EP “Só Existe Ruido”Ano 2004 presentan o segundo traballo discográfico “Barruntando”, gravado en directo no Auditorio Municipal de RiveiraAno 2005: 3º traballo “A compañía do Ruido”, gravado no Estudio Bonjan da CoruñaAno 2006: 4º traballo gravado en directo na Festa da Chuvia, “Chuvia 06”Ano 2012: 5º traballo discográfico autoproducido titulado “Había de Chover merda”

Ademáis participan en diferentes discos como 120 capadores en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto”, “A per loca”, “Leña verde” en Boiro, No cd “Vozes Novas” da escolma do panorama musical galego editado no 2009, no cd “Escolma” editado pola empresa Caramuxo, ou no cd editado polo concurso Nordés da Coruña

Compoñentes:

Suso Bello: Voz, guitarra Carlos Mariño: voz, guitarraNando Pérez: clarinete, saxofónSabela Olivares: piano, gaitaJuancho Rivas: Gaita, whistleManuel Blanco: BateríaIsmael Guisande: Tuba

compañíado ruido

“semrpe en galiza, sempre en pelotas”

Discografía

compoñentes

Page 33: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

PANDEIROMUS 3.1Grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas súas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente. E dicir, cantamos, acompañados de instrumentos de percusión da tradición galega (palmas, cunchas, culleres, chaves, latas, tamboril, bombo, platillos, redoblante, ...) e tamén por gaitas en diferentes tonalidades e acordeón. Durante moitos anos un dos poucos, e por momentos único, grupo de pandereteiros (homes), mentres proliferaban os de pandereteiras (mulleres).

Ca experiencia de case 20 anos participando en foliadas, seráns, festas e festivais, Pandeiromus propón un repertorio exclusivo para baile tradicional galego chamado “Pica na Pedra”. Muñeiras, jotas, maneos, valses, pasodobles, mazurcas, interpretados con pandeiretas, cunchas, latas, sachos, tambores, bombos, gaitas, ou acordeón son os ritmos que se propoñen neste espectáculo que ten por obxecto que os pé do espectador pique na pedra do chan.

“Cantos e Contos” é un percorrido musical, polo repertorio máis íntimo e divertido da tradición oral galega. Cantos e contos ao carón do lume, co obxecto de divertir, transmitir e mostrar a idiosincrasia da cultura galega.

Rafael Iglesias. Voz. Percusións (pandeireta, caixa, lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo)Afonso González. Voz. Percusións.Topo Vidal. Voz, percusións, gaita, flauta.Cristian Silva. Gaita, flautas, acordeon, persusións, coros.

pandeiromus 3.1

biografía

“Pica na Pedra” (concerto para escenario):

“Cantos e Contos” (concerto didáctico-interior)

compoñentes

Page 34: Catálogo 2013 Diputación Coruña

A MAGNIFIQUE BANDE DOS

HOMES SEN MEDO

compañía/espectáculo

A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO

Donas e cabaleiros, prepárense para sucumbir ós irresistibles encan-tos dos Homes sen Medo da Magnifique Bande, uns pintorescos á par que elegantes persoeiros que, motivados pola súa lexendaria larchanería e unha sede a proba de garrafón, decidiron utilizar os seus coñecementos (aínda que non o parezan, son xente con moitos estudos, algúns deles incluso musicais) para o deleite de paseantes, nen@s, melóman@s, festeir@s, xubilad@s… en definitiva, a xentiña que non ten qué facer.

A excelentísima e soberana Magnifique Bande dos Homes sen Medo aséntase nunha demoledora sección rítmica de bombo/charles e caixa, apoiada pola poderosa base da tuba e da guitarra eléctrica. E complétase na dianteira con cinco virtuosos cabaleiros: trombón, fagot, saxos tenor e alto e trompeta.

Se a Magnifique visita a súa vila eviten saír á rúa, pois calquera que entre en contacto coa súa música arríscase a perder a vergoña, modais e reputación, poñéndose a brincar e bailar coma un endemoñado. Se aínda así deciden correr o risco, recomendámoslles non perdan de vista as carteira en presencia dos incorrexibles -mais, no fondo, encantado-res- maleantes que forman... A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO.... SEN MEDO!!!

O ESPECTÁCULO

A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo convídaos a acompaña-los nunha viaxe a través do tempo na que, sen complexos pero con moito criterio, interpretarán temas de estilos tan variados coma o Jazz, o Rock&Roll, o Dixie o Funk e a música Italiana de comezos do S.XVII, todo elo amenizado por gags humorísti-cos e coreografías exultantes de glamour e sensualidade.

A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, dende a súa creación no 2007, percorreu xa as rúas de infonidade de cidades e pobos de xeografía galega, sen reclamacións nin queixas significativas ata o momento, ademáis de moi interesantes incursións alén das fronteiras galegas, onde a súa pegada aínda se recorda e recordará, por moitos anos...

Os músicos da Magnifique pertencen a unha tradición de grupos galegos de probada reputación como A Matraca Perversa, Os Tres Trebóns ou Galegoz;. Ademais, traballan a cotío coma músicos de estudio, profesores de música ou en colaboración con compañías teatrais coma Pista4, TrasgosDaNoite ou Chévere.

a compañía

o espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

A Magnifique Bande son...Bombo: Alejandro Salgueiro Caixa: Miguel Paz Guitarra eléctrica: Abel Leonardo Tuba: Oscar "Bochù" Barcala Fagot: Justo Alcalde Trombón: Manuel Espiño Saxo tenor: Martiño Dominguez Saxo alto: Olivier Cano Trompeta: Manuel Paino

ficha artística

Page 35: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

NAJLA SHAMI E SERXIO TANNUSO proxecto naceu da grande afinidade musical entre Najla Shami e Sérgio Tannus ó se coñeceren o 7 de setembro do ano 2007. Cinco días despois a súa viaxe conxunta comezaba cun concerto no que a cantante e compositora galego-palestina colaborou co multinstrumentista brasileiro. Nos primeiros ensaios a maxia da creación chegou con facilidade e aparecen as primeiras composicións, enmarcadas na textura da mestizaxe e a música do mundo.

Najla Shami e Serxio Tannus son unha mestura con ingredientes tan ricos coma o jazz, a música brasileira, o afro, a música galega ou a árabe. O proxecto foise conformando até a actualidade entre as versións e temas orixinais, nunha expresión do máis brasilega levada a unha linguaxe universal. A sinxeleza da súa posta en escena e a beleza da súa interpretación levan ao espectador a intervir en cada tema

Najla Shami: Voz e guitarraSerxio Tannus: Guitarra, cabaquinho, percusións e voz.

NAJLA SHAMIE

SERXIO TANNUS

biografía

espectáculo

compoñentes

Page 36: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

Cé Orquestra

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú!Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras!Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite.Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debida-mente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medievais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: déixate levar!!Música para os nosos maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, botémoslle unha cantiga.

cé orquestra pantasma

o espectáculo

cé orquestraFICHA ARTÍSTICA

Elenco: César FreiríaTécnica teatral: animación musicalDuración do espectáculo: variablePúblico: para todos os públicos

Page 37: Catálogo 2013 Diputación Coruña

compañía/espectáculo

OS CHIQUILICUATRES Os Chiquilicuatres nace como proxecto musical, motor e medio de transporte para tres músicos na procura de formación e contacto con outras culturas. Nas súas viaxes é onde se desenvolve o seu crece-mento, e polo tanto onde se misturan os camiños da súa música.Os Chiquilicuatres vistense co que levan posto e arropanse co que atopan no camiño, buscando outras xentes con quen falar. A música como linguaxe universal, como única lingua que non precisa da violencia pra se comunicar. Unha mistura de ritmos e melodías que parten de Galicia e percorren diferentes lugares na procura da festa. A banda está formada por músicos de recoñecida e longa traxectoria musical cunha bagaxe musical que no ten fin, comezando pola música popular galega, atravesando Europa de lado a lado chegando á música cigana do Leste, pasando pola Polka, ou a Rumba, cruzando o charco buscando a cumbia ou a ranchera, sen ánimo de chegar a porto coñecido...

ESPECTÁCULOS / FORMATOS:

Música e Patacas é un espectáculo no que se combina a música de diferentes rexións e países e diferentes espazos nas que a música flúe orella a orella coma un lóstrego, convidando a cada ouvinte a mover o corpo, os beizos, a gorxa e calquera membro sexa cal sexa a súa mobili-dadeMÚSICA DE RÚA E TABERNA: Os Chiquilicuatres reinventan a mñúsica de rúa, de taberna, compartindo co público o mesmo espazo, para unha comunicación total emisor e receptor, latendo mñusicas e corazóns ao mesmo son. O repertorio, adaptable a cada situación, percorre todo tipo de músicas populares facendo de cada actuación unha festa na que comezan a bailar e cantar 4 persoas, pero nunca se sabe as que rematarán no allo.O MENÚ MUSICAL: música á carta para todo tipo de eventos no que vostede mesmo/a pode escoller o menú (repertorio) ao seu gusto.Música á carta

•Escolla que canción quere escoitar para saír da cerimonia.•Decida que canción quere escoitar na entrada ao banquete.•Desexa un concerto personalizado?•Escolla o estilo musical que desexe•Elabore a súa selección musical•Cree o grupo•Escolla un primeiro, un segundo e postre•Mire as nosas ofertas

PRATOS DO DÍA:Festa Mexicana: Clásicos da música mexicana.Festa Punki: Clásicos do punk rock galego, e nacionalFesta Celta: Música dos países celtas

a compañía

espectáculos e formatos

compañía/espectáculo

Charanga “Oito nun Piso”A bombo e platillo, charanga a domicilio

Ao estilo e semellanza das charangas formadas en Galicia a finais do S. XIX e principios do S. XX, ONP practica unha formación composta por bombo e plato, caixa, tuba, gaita, e clarinete, ou saxofón, que afilando os instrumentos, e afinando ben a jorxa, combina o millor do aprendido a través dos cantos dos avós, co acontecer do presente.

Canción de tasca, romerías, foliadas, pasarúas, funerais, e por que non, desjrasias, divorsios e outros menesteres son algunhas das súas credenciais

NON O DUBIDE.. para calquera tipo de evento festivo...ou compromiso!!ONP: Para calquera roto ou descosido...

!! A bombo e platillo, charanga a domicilio!!

a compañía

os chiquilicuatres

Page 38: Catálogo 2013 Diputación Coruña

grupo

verbena galegaDende Culturactiva incorporamos a programación VERBENA GALEGA. Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo, de actualizalo, cunha proposta única centrada, por un lado, na música de baile tradicional (grupos como Pandeiromus, Pablo Seoane Grupo....) e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza (ritmos latinos, pachanga, cumbia, reagge, bravú.... con grupos como O Sonoro Maxín ou A compañía do Ruído), coa opción de ser complementadas cunha serie de actividades para público familiar que de seguro encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse do resto.Serán 5 horas de música e baile co denominador común do idioma galego e da esencia da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión musical e/ou no intermedio e un picadiscos como peche das actuacións para que a festa nunca remate.E como complemento á proposta musical é posible contar coa presenza de espectáculos-animacións que ofrezan unha alterna-tiva lúdica para público familiar en torno ao circo, o clown, o humor, o contacontos... A producción do evento inclúe o escenario móbil e un equipo de iluminación e son profesional.

breve descrición

Baile tradicional+Bravú+Picadiscos+Clown+Contacontos+

+info: www.culturactiva.org 981 582 836

Page 39: Catálogo 2013 Diputación Coruña

+info: www.culturactiva.org 981 582 836