Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

29
xestión integral/venda teatral/música/eventos culturactiva WWW.CULTURACTIVA.ORG

description

Culturactiva Catálogo Deputación A Coruña 2012

Transcript of Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

Page 1: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

xestión integral/venda teatral/música/eventos

culturactiva

WWW.CULTURACTIVA.ORG

fer
Typewritten Text
catálogo diputación coruña 2012
Page 2: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

S

TC

nC

ML

+18

1,2,3

icc

lenda

!

Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuímos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”.

Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto en calidade das propostas como en variedade das mesmas.

Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos especializados na realización de programacións culturais, festivais e na xestión integral de todo tipo de eventos e traballamos cun número de compañías moito mais elevado. Estamos ao seu dispor para ver que podemos artellar e propor para cada caso particular.

Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia, especializada en teatro cómico e de rúa, cunha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. Aválannos dez anos de traballo co Novo Circo de pequeno e grande formato.

No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acadamos unha cifra de 350. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasarrúas… son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións,

ou que ofrecemos aos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adaptándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc)

Malia a que en 2012 cumpriremos once anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos, a distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya ou Yllana en Galicia, representar en Galicia ao grupo de música abandeirado da nova rumba catalá La Troba Kung Fu, traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Okidok, Fraser Hooper ou Jango Edwards, promover compañías galegas coma os 7 Magníficos, O Sonoro Maxín ou Peter Punk ( en resumo, o maior abano de artistas e grupos galegos, estatais e internacionais) mais a nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade.

Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

www.culturactiva.org

981 58 28 [email protected]

twittervimeo

WWW.CULTURACTIVA.ORG

Page 3: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

dous pallasos

en máis apuros

espectáculo

Dous pallasos en máis apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.

Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.

Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo.

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

breve descrición

os sete magníficos máis un

ficha artística

Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

Page 4: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

dous pallasos

en apuros

compañía/espectáculo

Dous pallasos en apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.

Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.

Un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei recrean números cómicos a través das ferramentas habituais de Os Sete Magníficos máis Un: a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade do pallaso, a humildade do comediante e, sobre todo, a dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

breve descrición

ficha artística

Autor e Dirección: Carlo Colombaioni - Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

mañá será outro día

breve descrición

S

compañía/espectáculo

Mañá será outro día” é un espectáculo de carácter medioambiental en torno á redución do consumo. O argumento susténtase no traballo de dous actores (Isabel Martínez-Risco e Fran Rei) que, en clave clownesca, irán tecendo a trama da obra e descubrirán con asombro a necesi-dade de conservar, reciclar e optimizar os recursos da nosa contorna natural.

Page 5: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

espectáculo espectáculo

pistactiva Ruactiva / Gala de Circo na Rúa

A Gala de Circo na Rúa PIST@CTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión.

A estructura de PIST@CTIVA engloba unha sucesión de pases de ambas compañías no que teñen cabida disciplinas de novo circo: clown, malab-ares ou pantomima e coa presenza asegurada de números de aéreos: trapecio, corda ou teas.

A interacción entre as compañías participantes, a participación do público, o humor e as espectaculares acrobacias aéreas son os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa PIST@CTIVA.

O elenco de artistas e compañías que habitualmente participan nestas Galas de Circo na Rúa Pist@ctiva é na súa maioría galego, entre as que destacan Os Sete Magníficos máis Un, Peter Punk, Roi Sixto, Trano, Fredi, … Pero tamén contamos ocasionalmente con artistas do resto do Estado e internacionais afincadas en Galicia e formados en prestigiosas escolas europeas e latinoamericanas, como é o caso de Circo Expreso, compañía de números aereos, formada na Escola Circus Space de Londres, ou Circo Claxon, compañía arxentina cun amplo currículo de espectáculos de primeira liña internacional.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: unha compañía de clown e unha compañía de acrobacias aéreas.Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e AcrobaciasDuración do espectáculo: 90 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

A Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo.Contamos coa presenza das compañías máis representativas do momento, unha banda que interpreta música en directo e un presenta-dor – mestre de cirimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.

A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son eixos e os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, sen dúbida, un dos mellores espectáculos de rúa de Galicia.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directoTécnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias aéreasDuración do espectáculo: 100 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

pistactivaruactiva

MM

Page 6: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

o gordoe o calvo

van o médico

compañía/espectáculo

O gordo e o calvo van ao médico

Despois do éxito conseguido coa produción O Gordo e O Calvo (2003), con máis de 50 representacións, tanto en Galicia como no resto do Estado, Os 7 Magníficos máis Un recuperan os seus dous personaxes máis populares para esta nova aventura clown: A Saúde é o Primeiro. Seguindo a liña do anterior, neste divertido espectáculo recuperan e actualizan algunhas vellas farsas dos pallasos de circo, mesturándose con situacións cómicas de creación propia. O humor máis clásico fusiónase coa creativi-dade e actitude de risco características desta compañía para compor unha obra cómica en torno ao mundo dos/as médicos/as.

A idea de “O Gordo e o Calvo Van ao médico” xurdiu a partir do traballo - na primavera de 2002- de “Os 7 Magníficos máis Un” co prestixioso clown italiano Carlo Colombaioni, considerado por moitos/as como o mellor pallaso do mundo, co obxectivo de crear un espazo no teatro galego para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, se puidesen adaptar practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medi-camento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa super-ficialidade da cirurxía estética...

A escusa neste caso é a inauguración e un novo Centro de Saúde na vila. Dous políticos descobren a placa conmemorativa e, de paso, aproveitan a ocasión ara falar das melloras na sanidade pública promovidas polo seu goberno. A lentitude das listas de espera en contraposición coa velocidade da atención primaria, a cirurxía por decreto, os medicamentos, os primeiros auxilios, os médicos e as médicas en prácticas... e todo baixo o prisma clown de “Os 7 Magníficos máis Un”.

breve descrición

breve ficha artísticaEspectáculo clown de creación propia.Dirección: Iván PradoElenco: Pedro Brandariz y Fran Rei Vestuario: Os Sete Magníficos máis UnAtrezzo e escenografía: Os Sete Magníficos máis UnProdución: Coperactiva Cultural - Culturactiva SCG e Red de Festivales EstelaDuración: 70 min.Non recomendada para menores de 12 años

Page 7: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos inter-pretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portu-guesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.

Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país.

Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en con-stante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

peter punkE O NENO

IMPERDIBLE

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)"Chungatrona": FinoMúsica orixinal: Brais GutiérrezCoreografía: Xenia TártariProdución: Peter Punk e Coperactiva Cultural-CulturactivaDirección: Walter VelázquezTécnica teatral: Clown, Humor e MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 8: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía

Peter Punk

Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Ademais, foi gaña-dor do Festiclown 2008 e participante nas máis importantes citas de clown de todo o Estado (Euskadi, Madrid, Barcelona, Baleares....).Recentemente participou no Festiclown 2010, no festival Circe de Santa Colma (Barcelona), na FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) e en varias edicións do Magi-clown, como a de 2010, entre outras.Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns e compañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía que nos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espec-táculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo.Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. Un mozo malabarista vigués que representa coma poucos a nova escola popular de malabaristas e artistas de rúa e de novo circo que se vén desenvolvendo en Galicia nos últimos anos. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown) ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucion-ando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos, tanto de rúa como de interior. É no mundo dos malabares onde Isaac Rodríguez se atopa máis cómodo, dominando diversas disciplinas: bólas, mazas, aneis e os espectaculares fachos de lume, cos que remata algún dos seus espectáculos.

Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Festival Circe (Santa Coloma), FITEC (Getafe), Festival Magiclown de Sant Josep (Ibiza), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Arde Lucus (Lugo), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Somriure per Chiapas de Pineda (Cataluña), Teatro Municipal de Vila Real (Portugal), Mostra de Teatro de Cee (A Coruña), Festas de San Froilán (Lugo), Festas do Marisco de O Grove, Somriure (Pineda-Catalunya).

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.

Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referen-cia, cun humor gamberro e fresco sen igual.

Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfór-mase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espec-táculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comici-dade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globo-flexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.

O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló.

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo.

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedale-ando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona!?

peterpunk

breve descrición

Currículo destacado

Peter Punk 1

Peter Punk 2 (A chungatrona)

FICHA ARTÍSTICA

S

novo

espectáculo

Elenco: Isaac Rodríguez MirandaTécnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 9: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

COMPAÑíA

Producións AcontrabutacaAcontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actuali-dade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar. A productora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o do teatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.

Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con direc-tores e compañías foráneas. Sempre cun obxectivo principal: devolver ao teatro a capacidade para activar a discusión e diver-sión públicas fuxindo da pura e banal comercialidade.

sinopse

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantas-mas é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpea¬re, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.

Un antigo caserón de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espec-tacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chime-neas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inqui-linos da casa prognosticando terribles asasinatos.

O público elixe o culpable!!!

A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o especta-dor de Frantasmas é algo máis que un espectador... un colabora-dor necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador nunha rolda policial... o público e ninguén máis que o público... será desencadeante directo na resolución dos feitos.

Frantasmasobra

ficha artística

Autor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran AmeixeirasTécnica teatral: ComediaDuración aproximada do espectáculo: 75 minutos

FrantasmasM+16

A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Marga-rett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición famil-iar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.

Page 10: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

acontrabutaca

compañía/espectáculo

acontrabutaca/dous son parella

Conxunto de monólogos e skeetchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último e rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todiño todo está baseado en feitos reais”

PATRICIA VÁZQUEZ

Popular intérprete televisiva, conta con máis dunha década de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tran-vía, Teatro da Lúa e Sapristi Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e sobre todo é coñecida como actriz en series de ficción como Air Galica, Mareas Vivas, Padre Casares ou Pratos Combinados. Ademais desenvolve unha carreira de contacontos, primeiro nun dúo co tamén actor Carlos Blanco e despois en solitario. Actualmente encarna o papel de Lidia na polular serie “Padre Casares”

JOSÉ MANUEL PUENTE “ISI”

Habitual colaborador en distintos programas da TVG, Isi comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, vén colaboranbdo con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como a Solaina ou Luar.

breve sinopse

actores

Título do espectáculo: “DOUS SON PARELLA… e o demais son calumnias”Duración: 1.15Catalogación: Para todos os públicos.Dirección artística: Xosé Lueiro (Director teatral de obras como “Robin Hood” “Un morto moi vivo” ou “Frantasmas”)Elenco: ISI (Actor e cómico en programas da TVG como O Rei da Comedia, Air Galicia, Land Rober, A Solaina, Luar…), e PATRICIA VÁZQUEZ (Actriz en “Padre Casares” TVG)Produción: PRODUCIÓNS ACONTRABUTACADistribución: Culturactiva

ficha artística

Page 11: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

Que máis dá!compañía/espectáculo

bagunça/Que máis dá!

Primeiro espectáculo da compañía galega de nova creación Bagunça, Que Máis Dá! é unha experiencia de teatro fórum sobre o consumo responsábel. Dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, esta produción pretende ser unha chamada á con(s)ciencia e unha invitación a reflexionar sobre o exceso de consumo do que somos vítimas e das consecuencias que orixina tanto no noso contorno coma noutros territorios. Enfocando esta problemática desde diferentes situacións, como pode ser a obsolescencia, o transporte contaminante ou a falta de compromiso, Que Máis Dá! propón ao público diferentes escenas de creación propia nas que os seus protagonistas, Presente e Futuro, expoñen os seus diferentes puntos de vista ante os conflitos que se expoñen. Para iso empregamos unha linguaxe teatral sinxela, áxil, directa e co humor sempre moi presente.Pero como peza de teatro fórum que é, o aspecto fundamental deste espectáculo, que o converte nun proxecto totalmente anovador dentro da escena galega, é a imprescindíbel partici-pación activa do público. Os rapaces e rapazas serán quen, desde o propio espazo escénico, acheguen as súas propostas de resolución dos conflitos expostos, facendo de cada represen-tación unha experiencia única e irrepetíbel.

Bagunça: desorde, confusión, problema, enredoEn 2011 e baixo o paraugas dos significados da palabra Bagunça, varios dos nomeados coma mellores pallasos da súa casa forman un comando dedicado ao teatro social, coa idea de mesturar diferentes técnicas teatrais coma o Clown e o Teatro do Oprimido. Moi pronto serán condenados a actuar na rede de teatro galega, pero non tardarán en fugarse, armados coa risa e co teatro.Hoxe aínda buscados polo goberno, buscan o seu espazo entre as escolas e as casas de cultura das aldeas galegas. Se vostede quere botar unhas risas e falar das cousas que nos preocupan aos mortais, quizais poida contratalos.

Ficha artísica:Dirección: Fran Ameixeiras e Xosé LueiroElenco: Fran Ameixeiras, Fran Rei e Javier Adan AyudeDuración: 50 minutosPúblico: De 3 a 12 anosTécnica teatral: Teatro fórum

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

Page 12: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculo

roi sixtoRoi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.

Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampli-ando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxi-naria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malab-ares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos.

A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público.

Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega. roi sixtoFICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Roi, o cagabolas

S

Elenco: Roi SixtoTécnica teatral: Malabares e Maxia Cómica.Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 13: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculo

desastronauts/un día de praia

Raquel e Girisho crean este espectáculo en 2004 baixo a súa anterior denominación Circo Exresso, en Londres, Inglaterra. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus (80 shows), actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastom-bury e en varios cabarets de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde actuaron co espectáculo de calle “Calleret”, o cal estrearon no Festival de teatro de Calle “De Gorra” 2007 en Santiago de Compostela. (Ver Vídeo) e en distintas festas arredor de Galicia.

Girisho é de nacionalidade inglesa, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Recorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espec-táculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006.Raquel Veganzones é de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Raquel recorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India, traballando en diferentes circos, cruceiros e compañías de teatro.

Raquel e Girisho ofrécelles un espectáculo de circo-teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Elenco: Raquel Veganzones e GirishoTécnica teatral: AéreosDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: xestual

destronauts

breve descrición

Espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

compañía/espectáculo

desastronauts/Losing Grip

Este espectáculo foi creado co apoio de “Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010”, operación fundada co apoio da Comisión Europea. Para realizaren “Losing Grip”, Desastronauts pasou por diferentes residencias Artisticas como son CREAC (Marseille-FR), Les Migrateurs (Strasbourg-FR), La Grainerie (Toulouse-FR), Espace Périphérique (Paris-FR) AGADIC Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela-ES), Auditorio de Valga (Pontevedra-ES). Losing Grip é o primeiro espectáculo de Desastronauts. Traballando cun material de aéreos orixinal, os artistas intentan dar un novo enfoque ao seu diciplina. Así se comunican utilizando as características das súas habilidades aéreas. Forza, axilidade, confianza, perigo, resistencia e equilibrio son metáforas da súa relación.É un espectáculo apaixonante, sen sentimentalismo, sen palabras e sen límites.

A compañía:

Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, Inglaterra. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus (80 shows), actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarets de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde actuaron co espectáculo de calle “Calleret”, o cal estrearon no Festival de teatro de Calle “De Gorra” 2007 en Santiago de Compostela e en distintas festas arredor de Galicia. Girisho é de nacionalidade inglesa, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Recorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espectáculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006. Raquel Veganzones é de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Raquel recorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India, traballando en diferentes circos, cruceiros e compañías de teatro. Agora, baixo Desastronauts, inician unha nova andadura con “Losing Grip”.

Ficha artística:

Elenco: Raquel Veganzones/GirishoConcepto & Dirección: DesastronautsPosta en escena: Marcos PTTMúsica: Maximilian LatvaEquipo de Aéreos: Simon PeeversDuración: 45 minutosTipo de público: Todos os públicosTécnica teatral: Aéreos

breve descrición

a compañía

FICHA ARTÍSTICA

M nC +18

Page 14: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

don gelaticompañía/espectáculo

dani garcía/Don Gelati

Un billante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xelados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con inxenio e algo me maxia antes de que os seus xelados se derretan.Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitue ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande movilidade e sen necesidades técnicas externas.

Acompañía

A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rápidamente se fai un oco no panorama máxico galego. O longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeño formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fómase nas vais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producción señan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porque e unah lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián. Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara un lado físico e corporal como no citado especáculo Da’Kara ou no seu ultimo traballo, Don Gelati.

Ficha artística:

Elenco: Dani GarcíaDuración: 50 minTipo de público: infantilTécnica teatral: maxia e teatro xestual

breve descrición

breve ficha artística

a compañía

Page 15: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculo

Circo Chosco

Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpre-tación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco !

Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior.

Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de tram-pas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emo-Ción e na risa!!

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar PérezTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

ficha artística

Chosco !

circo chosco

M

Page 16: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

Compañía

a tropa de trapoTal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que com-poñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós esce-narios.

Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa espe-cialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido.

A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que desco-bre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas dispu-tas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

a tropa de trapo

breve descrición

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

Contos coas mans abertas.

Contos sen medo é unha proposta chea de ilusión e debate para falar de dous temas fundamentais: a liberdade e o medo.

Despois de remexer entre moitas historias, decantáronse por dúas ben distintas: a de Ana e a de Leandro. Son dúas historias que falan de orientación sexual, da dictadura, de teatro e soños, de periferias… Unha na Terrassa periférica, e outra nunha aldea de Nigrán.

Non son historias de heroes. Son relatos humanos e reais, sinceros, que nos podían pasar a calquera, e que convidan a reflexionar. De feito, este é o obxectivo de contos sen medo: facer reflexionar, invitar a debatir. Non traen respostas, porque cada un deberá atopar a súa.

Contos sen medo

Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís...

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

Que é a Hora Azul?A Viaxe das Palabras

S

Page 17: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

aartísticasr.mundo

compañía/espectáculo

aartística/sr.mundo

Sr. Mundo, Digame? É un recital de poesía construído a partires de dous poemas que Paula Carballeira regalou a A Factoría Teatro. Son 50 minutos á procura da palabra, un recital tolo de poesía, de poesía sonora, de poesía visual… un regalo de sensacións para os sentidos.

Para nós os obxectivos deste espectáculo son desenvolver a imaxinación dos rapaces a través fundamentalmente das imaxes, dos sons e do movemento. Tamén é importante o coñecemento da lingua a través do descubrimento da palabra e finalmente o coñecemento do medio.

Eleximos a poesía porque ten sonoridade, rtimo e porque podemos deconstríla e inventala, podemos xogar con ela. Empregamos igualmente a música para crear ambientes e sonoridades que nos transporten á naturaza polos seus catro elementos: Terra, Aire, Auga e Lume.

Recitan e Interpretan Rocío González e Toni Salgado comanda-dos por Alfredo Rodríguez e arroupados pola música de Irene Amado.

Autora: Paula CarballeiraDirección: Alfredo RodríguezElenco: Rocío González e Toni SalgadoPúblico: InfantilDuración: 60 minutosTécnica: poesía e teatro

a compañía

ficha artística

Page 18: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

astracán

compañía/espectáculo

astracán/ ladrón e familia

Nace a partir do traballo desenvolvido por Francisco Rei ao fronte da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis. Tras sete anos de formación continuada, diversos monográficos en técni-cas básicas como improvisación, clown, interpretación dram-ática ou movemento escénico e seis montaxes teatrais amadores, parte dos alumnos e alumnas dos grupos adulto e xuvenil da devandita Escola de Teatro deciden dar un paso cara a súa profesionalización dentro da escena galega e irrompen con forza e ilusión con esta súa primeira producción cómica.

Francisco Rei é o director artístico de Teatro do Astracán. É membro de Os Sete Magníficos máis Un, Produccións Acontrab-utaca e Bagunça Teatro e monitor teatral especializado en clown. Con estas compañías e desde 2001 ten participado en 15 espec-táculos profesionais. Como mestre, é responsábel da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis desde 2004 e da Aula de Teatro Municipal de Teo desde hai catro anos. Ademais, imparte regularmente cursos de iniciación ao clown.

Evaristo Calvo é o asesor de dirección e director de interpretación de Ladrón e Familia. Membro das compañías Mofa e Befa e Produccións Excéntricas, participou en varias montaxes do Centro Dramático Galego e en diversas teleseries como Pratos Combinados ou Air Galicia e posúe unha ampla traxectoria profe-sional como actor e director.

Avelino González é o responsable da revisión da adaptación do texto de Ladrón e Familia a partir do texto original do premio Nobel Darío Fo. Actor de cine, teatro e televisión (Padre Casares, Pratos Combinados, …), director, monologuista, contacontos, dramaturgo e traductor, é, sen dúbida algunha, un dos profesion-ais máis sobranceiros da escena teatral galega.

O elenco deste espectáculo está encabezado polo actor, clown, cómico e contacontos Pedro Brandariz, membro de Os Sete Magníficos máis Un, habitual de espazos televisivos como Luar ou a teleserie Para Mariñeiros Nós, presentador la última gala dos premios María Casares e cunha ampla experiencia como mono-loguista.

Completan o reparto Saleta Fernández, Fran Campos, Rogelia dos Outeiros, Alberte Torres e Abrahán Sande, alumnos e alum-nas da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis.

a compañía

Ladrón e Familia é unha adaptación de Teatro do Astracán e Avelino González de Non Hai Ladrón Que Por Ben Non Veña do dramaturgo italiano Darío Fo, Premio Nobel de Literatura de 1997.

Primeiro espectáculo desta compañía de recente creación que quere ser unha tarxeta de presentación do estilo que pretend-emos desenvolver: un humor fresco, sinxelo e moi directo, princi-palmente comedia de enredo.

Ladrón e Familia é un espectáculo cómico a partir dos conflictos que se desenvolven na casa dun matrimonio acomodado cando se atopan cun ladrón un chisco torpe no salón da súa casa. Maridos, mulleres, as súas amantes, ciumes e malentendidos son os ingredientes deste menú de enredo no que nada é o que semella. Os líos amorosos dos nosos protagonistas, as medias verdades, as mentiras, as visitas inoportunas, as falsas apari-encias e as múltiples referencias cinematográficas e televisivas aportan aínda máis comicidade a unhas situacións xa de por si cómicas por ridículas e, sobre todo, comprometidas.

Todo elo presentado por unha serie de personaxes creados por Evaristo Calvo, aloucados e desquiciados, clásicos pero tamén moi actuales, cunha alta dose de autoparodia e cos que o público se sinte moi identificado.

breve sinopse

Autor: Darío FoAdaptación: Teatro do Astracán e Avelino GonzálezDirector artístico: Francisco ReiAsesor dirección e dirección interpretación: Evaristo CalvoElenco:Pedro BrandarizFran CamposSaleta FernándezAbrahán SandeRogelia dos OuteirosAlberte TorresEscenografía e Atrezzo: Teatro do AstracánVestiario: Teatro do AstracánProducción: Teatro do AstracánContacto e Distribución: Culturactiva, SCG (Nacho Fungueiriño)

ficha artística

Page 19: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

COMPAÑíA

Pinguela TeatroAna Puente e Chelo do Rejo son Pinguela Teatro: Anos de traballo, formación, escenarios de dentro e fóra de Galicia. Chegou a nosa hora. É tempo de arriscar cunha producción propia. E aquí está: Razóns de peso.

Vivimos nunca sociedade que marca a velocidade ata nas miradas. Non hai tempo pra observar, para coñecerse realmente, a primeira impresión pretende definirte.

“Pinguela Teatro” quixo poñer esta peza enriba dun escenario para pegar un berro, para soltar cadeas, para mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. Rachar con tópicos, apren-der a dar oportunidades.

Elas fixéronse unha pregunta, ¿Quereredes facérvola vos?: ¿Non é acaso violencia non poder ser tal e como és?

sinopseRazóns de peso é unha comedia. Pretende achegar este tipo de problemas ó público dun xeito entretido, provocador, divertido… “Razóns de peso” relata un momento determinante na vida de dúas mulleres, apenas unhas horas, onde se conta a historia de dúas maneiras de vivir e un padecemento común. Dúas mulleres que traballan xuntas dende hai anos pero que apenas se coñe-cen e que se miraron sempre a través dos prexuízos. Pero de súpeto, acontece algo que desbarata todo e as fai coincidir na oficina... fóra de horas de oficina.

Celia Paredes, secretaria do director xeral, acaba de ser nomeada xerente dunha sucursal que a empresa abrirá en Roma; Laura García, titular do departamento de Marketing e aspirante tamén á xerencia da sucursal, non encaixa a decisión. Cegada pola ira e seguindo un impulso impropio dela, decide tomar medi-das drásticas ao respecto.

Razóns de peso obra

ficha técnicaAutora e Dirección: Clara Gayo - Anabell GagoElenco: Chelo do Rejo e Ana PuenteTécnica teatral: ComediaPúblico: AdultoDuración aproximada do espectáculo: 75 minutosTraxectoria e información relevante:Espectáculo presente na Mostra de Teatro de Cee 2010.Dirixido por Anabell Gago, premio María Casares 2006.

Razóns de peso S+18

Page 20: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculo

mentalini

Fran Amexeiras preséntase como compañía de teatro uniper-soal, Mentalini. Membro de importantes compañías galegas como Acontrabutaca, colaborador de clásicos como Os 7 Mag-níficos + 1, destaca tamén por ser un dos principais formadores en Teatro do Oprimido e Teatro Forum.

Fran Ameixeras ofrece o seu primeiro espectáculo unipersoal valido para rúa e interior. Un divertimento para todos os públicos que aúna a maxia cómica, o clown e que, sobre todo, destaca polo seu humor e a súa orixinalidade

Desde algún lugar do trópico, non sabemos de cal, pero desde algún lugar, chega mentalini...

Teña coidado, tan só con miralo aos ollos pode averiguar desde o seu nome ata os seus máis profundos desexos, é unha mente privilexiada e sen límite posta ao servizo do espectáculo.

Mentaclismo é un espectáculo de maxia cómica, que a través dunha serie de poderosos números recollidos por mentalini ao longo das súas viaxes polo universo, somérxenos no seu mara-billoso mundo.

Coa forza dun tsunami o mentaclismo inunda as nosas cabezas ata controlalas totalmente, faise coa nosa enerxía e alimentase dela para crear un hiperespectáculo cargado de humor e intelix-encia (iso di el).

Hai moitas razóns polas que non se debería perder este espec-táculo,

pero preferimos non dicirllas e que sexa vostede mesmo/a quen as descubra. Mentalini soamente para o público máis esixente... e para o resto tamén, por suposto.

Elenco: Fran AmeixeirasTécnica teatral: Maxia cómicaDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos mentalini

v

breve descrición

mentaclismo: tsunami mental

ficha artística

S

*tsunami mental

Page 21: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculos

Rudi dudi

RudiDudi, un clown, formado na Escola de Mimos, Antwerpen-Belgica. 84-90 director, guionista e actor en teatros en Bélxica. 90-99 conta-contos e actor no circuíto "Teatro na Educación" en Irlanda. No 2000 decidiu dedicarse por completo ao clown, viaxando por toda Europa, actuando en infinidade de lugares. Desde o 2005 vive en Galicia, actuando contratado por concel-los, colexios, festivais, asociacións, etc. “Cando era un neno, a miúdo preguntábanme : que queres ser de maior". Ao que eu respondía : quero ser viaxeiro, ser libre para viaxar, estar en lugares diferentes, coñecer a moita xente... e enseguida volvían preguntar : e como che gañarías a vida " Viaxar custa diñeiro. E eu sempre dicía : viaxarei coa miña maleta "máxica". Dentro levarei, entre outras cousas, unha fábrica de sorrisos de todas as cores e infinitos tamaños. Repartireinas entre a xente para que sexan felices e a cambio, estou seguro, que a vida será xeneroso comigo. Foron pasando os anos e xoguei a ser estudante, logo a ser profesor, actor e director de teatro... Canseime, mudeime de país, aprendín outro idioma e xoguei a ser conta-contos. Unha noite de inverno na miña habitación, tombado fronte á fiestra contemplaba como embobado a lúa chea e invadiume o recordo de cando era neno. Durante anos, gardaba celosamente baixo a miña cama á cóm-plice dos meus soños : unha vella maleta, herdanza do meu avó. Unha das súas máis queridas pertenzas, dicía el. E eu sentíame orgulloso de posuíla. Por aquel entón nos meus vagabundeos polo bosque onde viviamos, sempre atopaba tesouros, obxectos inservibles para os demais, que gardaba na miña maleta : un chupete, unha pluma, tres pipas de ciruela, un nariz vermello, lapis de cores e moito máis... cada unha desas cositas delicadas invitábanme a voar. Ante o espello colocábame o meu nariz de pallaso e un gran sorriso aparecía no meu rostro, alagándome de alegría. Soñaba esperto que oxalá puidese compartir a maxia da vida. Por iso mesmo decidira crear esa fábrica de sorrisos para ser feliz e facer felices aos demais. Agora, grazas ao meu pallaso, levo un eterno sorriso tatuado no meu corazón. Miro cara atrás e síntome privilexiado por poder cumprir o meu soño, e agradecido ao meu neno interior, que se mantén como unha chama dentro de min e que nunca me abandona.”

rudi dudi

breve descrición

Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, designado para salas e exteriores.

Elenco: Rudi Vanminsel Técnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 40 minutos Público: de 2 a 6 anos.

O circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indomable e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis.Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.Aviso : todos os animais son totalmente imaxinarios ou de xoguete.

Clowntamination

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

FICHA ARTÍSTICA

Circo Caracol

S

Page 22: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

aperta

A Asociación de PERcusionistas e Tamborileiros/as foi creada en Vigo no ano 2004 co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social, procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo.

O seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar un máximo de 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.

Desde o ano 2006 veñen participando nos entroidos de Vigo e contorna. Levaron dous premios consecutivos nos anos 2007 e 2008 á comparsa máis festeira do Entroido vigués e o premio no 2007 á mellor caracterización no enterro do Meco, tamén en Vigo. Máis non só actuaron no entroido de Vigo, senón que tamén estiveron no Porriño, Bueu, Padrón, Sanxenxo...

Este grupo explora os principais ritmos afro-baianos, tradicionais do entroido do nordeste do Brasil e son coñecidas as súas actuacións en prazas, rúas, centros comerciais e zonas antigas das principais cidades e vilas de Galiza e norte de Portugal.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

batukadas e animacións musicais

Gostosso Pá +animación zancuda

A batucada Gostosso Pá formouse en Pontevedra no ano 2000. Aos poucos foron medrando e a ritmo de samba introducíronse no mundo da animación participando en numerosas festas de todo o país. Sambearon en Allariz, na Festa do Queixo de Arzúa, na Festa do Mexilon en Bueu, Muros, A Guarda, Valdoviño, Valdodubra, Cabalgatas de Reis de Marín e Rúa de Petin, Vilagarcía, Brión, etc. Na actualidade ofrecen dúas formacións (cinco persoas- dez persoas) en función das posibilidades de cada evento. O espec-táculo adóitase desenvolver na rúa como un desfile ou de xeito estático e non necesita de amplificadores debido á potencia de son dos instrumentos utilizados para a música de “Batuke”.

Ademais de tambores, caixas e agogós, entre outros instrumen-tos, dous zancudos fan animación, circense, xogos co público e abraian os espectadores cos seus movementos, altura e dinamismo.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICATécnica teatral: Animación circense (músical e zancuda)Duración do espectáculo: VariablePúblico: para todos os públicos

Gostosso Pá +animación

zancuda aperta

batukadas e animacións musicais

Técnica teatral: Animación músical, pasarrúas e percusiónDuración: VariablePúblico: para todos os públicosEspazo: exterior

Page 23: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

música

Page 24: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

grupo

O Sonoro MaxínO Sonoro Maxín volve aos escenarios presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio, A onda sonora (chega do interior), producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez. O novo disco, de 13 cancións, expresa a múltiple visión musical do conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato. O deseño do mesmo corre a cargo do artista David Rubín. O Sonoro Maxín fala do disco con estas verbas:

«Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.A onda sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?»

Ico: vocesAbraham "el niño": guitarrasSamuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseiraCristina Asenjo: acordeónXurxo Brea: baixoJaime Mateo: bateríaMarcos Vázquez: percusiónsMiguel Xanceda: Son en directoDavid Rubín: Deseño e ilustracións do disco

o sonoro maxín

A onda sonora(chega do interior

breve descrición

o sonoro maxín son:

Page 25: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

grupo

Compañía do Ruído...e xa van dez anos ...e xa van 5 discos (autoproducidos, sempre!) ….e xa van centos de actuacións, milleiros de cancións, milleiros de bailes, de risas e amistades... e o traballo non para.

A compañía do Ruído está formada por sete persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca o escarnio nas súas letras, que lanzan mensaxes combativas a través de ritmos bailables e divertidos.

Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, ou regaae, entran na batidora da Compañía, procurando unir así o divertimento, e a resisten-cia social.

Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor, cargado tamén de temas novos, pero tamén cancións súas de sempre, nun ano tan especial para a banda.

Ano 2003 presentan o seu 1º EP “Só Existe Ruido”

Ano 2004 presentan o segundo traballo discográfico “Barruntando”, gravado en directo no Auditorio Municipal de Riveira

Ano 2005: 3º traballo “A compañía do Ruido”, gravado no Estudio Bonjan da Coruña

Ano 2006: 4º traballo gravado en directo na Festa da Chuvia, “Chuvia 06”

Ademáis participan en diferentes discos como 120 capadores en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto”, “A per loca”, “Leña verde” en Boiro, No cd “Vozes Novas” da escolma do panorama musical galego editado no 2009, no cd “Escolma” editado pola empresa Caramuxo, ou no cd editado polo concurso Nordés da Coruña

A viaxe musical que nos propón a Compañía do Ruido é unha mostra da bagaxe musical de sete pezas, sete músicos e músicas, sete elementos que forman unha das bandas máis senlleiras do mestizaxe galego.

A Compañía parte da súa raíz principal, o ritmo, a festa e o ruído, cun espectáculo cheo de forza, intensidade, velocidade, e potencia, no que se misturan os ritmos e melodías de medio mundo, no que cantar e contar en boa compaña...

A Compañía segue a presentar o seu 5º traballo discográfico “ Había de chover merda” (2011), e traballa na composición do seu espectáculo “ Isto é unha taberna, e aquí vense a cantar”.

compañíado ruido

“DEZ ANOS EN BOA COMPAÑÍA”

Discografía

dez anos en boa compañía

Page 26: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

galeuzcaO proxecto GALEUZCA é unha aposta pola música en linguas minoritarias, polas propostas culturais máis repre-sentativas de Galicia, Euskadi e Cataluña, cun énfase prioritario pola galega pero co claro compromiso coas expresións, neste caso musicais, das tres nacionalidades.

O Formato Galeuzca busca concentrar, nun mesmo espazo e momento, estas expresións formando un concerto no que se conxugue este compromiso coa lingua cunha proposta cultural de primeiro nivel, contando con bandas que están a pisar forte no panorama musical actual e/ou con traxectorias destacables.

O Formato Galeuzca pretende achegar aos nosos esce-narios en Galicia grupos cataláns e galegos, un combinado de música único con grupos de 1º nivel, como parte da filosofía do Galeuzca.

Desde o Galeuzca propoñemos que o énfase musical veña dado polo idioma catalá, coa proposta de La Troba Kung Fú, e galego (O Sonoro Maxín ou A Compañía do Ruido) creando así unha conexión total entre Galicia e Cataluña, para todos os públicos, nun formato adaptable a espazos interiores e exteriores e coa lingua de cada país como cerne punto de partida.

proposta

a compañía do ruidoLa Troba Kung-Fuo sonoro maxín

Page 27: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

compañía/espectáculo

OS CHIQUILICUATRES Os Chiquilicuatres nace como proxecto musical, motor e medio de transporte para tres músicos na procura de formación e contacto con outras culturas. Nas súas viaxes é onde se desenvolve o seu crece-mento, e polo tanto onde se misturan os camiños da súa música.Os Chiquilicuatres vistense co que levan posto e arropanse co que atopan no camiño, buscando outras xentes con quen falar. A música como linguaxe universal, como única lingua que non precisa da violencia pra se comunicar. Unha mistura de ritmos e melodías que parten de Galicia e percorren diferentes lugares na procura da festa. A banda está formada por músicos de recoñecida e longa traxectoria musical cunha bagaxe musical que no ten fin, comezando pola música popular galega, atravesando Europa de lado a lado chegando á música cigana do Leste, pasando pola Polka, ou a Rumba, cruzando o charco buscando a cumbia ou a ranchera, sen ánimo de chegar a porto coñecido...

ESPECTÁCULOS / FORMATOS:

Música e Patacas é un espectáculo no que se combina a música de diferentes rexións e países e diferentes espazos nas que a música flúe orella a orella coma un lóstrego, convidando a cada ouvinte a mover o corpo, os beizos, a gorxa e calquera membro sexa cal sexa a súa mobili-dadeMÚSICA DE RÚA E TABERNA: Os Chiquilicuatres reinventan a mñúsica de rúa, de taberna, compartindo co público o mesmo espazo, para unha comunicación total emisor e receptor, latendo mñusicas e corazóns ao mesmo son. O repertorio, adaptable a cada situación, percorre todo tipo de músicas populares facendo de cada actuación unha festa na que comezan a bailar e cantar 4 persoas, pero nunca se sabe as que rematarán no allo.O MENÚ MUSICAL: música á carta para todo tipo de eventos no que vostede mesmo/a pode escoller o menú (repertorio) ao seu gusto.Música á carta

•Escolla que canción quere escoitar para saír da cerimonia.•Decida que canción quere escoitar na entrada ao banquete.•Desexa un concerto personalizado?•Escolla o estilo musical que desexe•Elabore a súa selección musical•Cree o grupo•Escolla un primeiro, un segundo e postre•Mire as nosas ofertas

PRATOS DO DÍA:Festa Mexicana: Clásicos da música mexicana.Festa Punki: Clásicos do punk rock galego, e nacionalFesta Celta: Música dos países celtas

a compañía

espectáculos e formatos

os chiquilicuatres

Page 28: Catálogo 2012 Deputación A Coruña 2012

grupo

sacha na hortaSacha na Horta nace no 2007, non se sabe moi ben como nin por que. Foi un cúmulo de circunstancias - cousas da vida! - as que xuntaron a banda orixinal para gravar o primeiro tema : “Biocul-tivos”.

Moito tivo que ver o licor café, a viaxe a Barcelona e os concertos da Per Loca, a Casa do Sol, onde vivían as tres cantantes e o guitarrista, máis licor café, e conversas interminables polas noites de Compostela.

Pero, sobre todo, a semente da que agromou “Sacha” foi o Apologhit.

No ano 2007, o Apologhit buscaba a canción do verán en galego. Presentáronse... e gañaron!

Houbo que xuntar a banda e facer un repertorio para ir tocar a Cuba (só tiñan o “Biocultivos”!!) e traballaron arreo para facer algo xeitoso. E alí no Festíbulo botou a andar a primeira formación de Sacha na Horta: Mané, Laina e Andrea (voces), Manuel Paino (trompeta), Martiño (saxo), Alex (teclado), Brais (guitarra), Miguel (baixo) e Gustavo (batería).

De toda esa enerxía, esas gañas, naceron un feixe de temas. Temas que falan das nosas inquedanzas, alegrías, raibas e soños, sempre cun toque de retranca e unha crítica inconform-ista.

Pero o primeiro concerto quixeron facelo na casa : a estrea foi o 4 de decembro do 2008 na Gentalha do Pichel, en Compostela.

Desde entón fóronse sucedendo os concertos (Pé na Estrada, Roi Xordo, Repercusión...) e a gravación do primeiro disco : Temos moito por sachar.

Inclúe 6 pistas e foi gravado entre Ribeira, Padrón e Poio polo Dr. Chou. Está colgado na páxina da Regueifa Plataforma (www.aregueifa.net) para libre descarga.

Cousas da vida, xente que vai, xente que ven, Laina, Mané e Andre, as súas tres queridas cantantes colleron rumbos lonxa-nos, outras latitudes, e Sacha tivo que buscar novas sachadoras que levasen con forza o sacho, mulleres bravas deste país... e, como non!, atopároas!

A finais do 2009 incorpóranse a Sacha na Horta Alenya, Iseo e María, con moitas ganas e enerxía. E seguen os concertos, cada vez con máis mensaxe, con máis humor, con vestiario... e novas cancións incendiarias e retranqueiras, como “Busco Amante” ou “Galiza Chamiza”.

sachana horta

breve descrición