Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de...

20
Número Número 1 P rimavera 2017 rimavera 2017 www.castroderei.com Renovación da capa de rodadura en Ansemar-Viladonga e Bendia

Transcript of Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de...

Page 1: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Número Número 11PPrimavera 2017rimavera 2017

www.castroderei.com

Renovación da capa de rodaduraen Ansemar-Viladonga e Bendia

Page 2: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 2

GASTOS 2016 INGRESOS 2016

Gastos de persoal 635.083,28 Impostos directos 810.000,00

Bens correntes e servizos 1.817.384,75 Impostos indirectos 140.000,00

Gastos financeiros 30.000,00 Taxas e outros ingresos 397.200,00

Transferencias correntes 193.680,00 Transferencias correntes 1.526.087,17

Investimentos reais 523.787,05 Ingresos patrimoniais 166.631,50

Transferencias de capital 0,00 Alleamento de investimentos 0,00

Activos financeiros 0,00 Transferencias de capital 246.216,41

Pasivos financeiros 86.200,00 Activos/pasivos financeiros 0,00

TOTAL GASTOS 3.286.135,08 TOTAL INGRESOS 3.286.135,08

A mellora dos servizos básicos e dasinfraestruturas, e o avance nas políti-cas sociais, máis necesarias quenunca, son aspectos que, como enanos anteriores, condicionaron a ela-boración do orzamento municipal deCastro de Rei, aprobado en pleno polaCorporación municipal. Os capítulosde gastos en bens correntes e servi-zos, persoal, transferencias correntese investimentos reais configuran untotal de algo máis de 3,2 millóns deeuros. A maior parte dos ingresos nascontas públicas de Castro de Rei pro-ceden dos impostos directos, dastaxas municipais, dos ingresos patri-moniais e das transferencias co-rrentes e de capital. ■

Servizos e investimentos, claves no orzamento municipalServizos e investimentos, claves no orzamento municipal

NNos últimos comicios municipais, os

veciños e veciñas de Castro de Rei eli-

ximos aos nosos representantes na

Corporación Municipal que rexirá o destino

do Concello ata maio do ano 2019. Deste

resultado, con 8 concelleiros do Partido Popu-

lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-

ducirse un alto nivel de aceptación do progra-

ma electoral dos "populares", encabezados

por Francisco J. Balado, baseado nunha liña

de traballo e nun programa continuista res-

pecto á anterior Corporación que gobernou o

noso municipio. Hai que agardar agora que

este período sirva para consolidar novos pro-

xectos e iniciativas que sitúen a Castro de Rei

ao mesmo nivel de servizos e de infraestrutu-

ras públicas que os máis desenvolvidos da

nosa terra, para que o progreso non se dete-

ña e que ese esforzo por mellorar e facer as

cousas ben non decaia no futuro. Cómpre

tamén que o Goberno Municipal e a oposición

sexan capaces de entenderse no substancial,

e de aportar ideas e traballo a ese propósito,

buscando o ben común de todos os veciños e

veciñas por enriba das diferenzas e dos inte-

reses partidistas. ■■

Page 3: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

A reforma agraria, importante para o futuro de Castro de Rei

NÚÑEZ FEIJÓO PRESIDÍU A ENTREGA DOS TÍTULOS DACONCENTRACIÓN PARCELARIA DE BALMONTE-GOBERNO

Despois de dúas décadas de trámites, opresidente da Xunta de Galicia, AlbertoNúñez Feijóo, entregoulles os títulos de pro-piedade aos 315 propietarios das novasparcelas da concentración de Balmonte eGoberno. Esta reforma agraria afectou aunha superficie total de 1.030 hectáreas,nas que se pasou de 2.710parcelas iniciais a unhas 700finais. O investimento, entrea tramitación do proxecto e aexecución das obras, connumerosas pistas de acceso,superou os 1,5 millóns deeuros.

"Quedan cousas por facere moito traballo, pero oimportante é que estamosdesbloqueando concentra-cións pendentes desde haimoitos anos", indicou o presi-

dente do Goberno galego, que participouneste acto xunto á conselleira de MedioRural, Ángeles Vázquez; o alcalde de Castrode Rei, Francisco Balado, e outros represen-tantes da Administración autonómica.

"Para a Corporación municipal son impor-tantes estas actuacións, e xa temos novos

proxectos en marcha en outras zonas doconcello", indicou o alcalde de Castro deRei, quen considera que "o futuro do nosomunicipio pasa por potenciar os servizos eas infraestruturas agrarias, para mellorar ascondicións de traballo e a calidade de vidadas persoas que viven aquí".

Coa entrega dos títulos dasparcelas da concentración deBalmonte-Goberno, o conce-llo de Castro de Rei suma xamáis de cinco mil hectáreasconcentradas, o que repre-senta o 32,3 por cento doterritorio municipal (a estacantidade haberá que sumara superficie afectada polaconcentración parcelaria deTriabá, que continúa coa súatramitación).

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Páxina 3

Page 4: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Novos proxectos municipais

O investimento namellora da rede viarialocal superou omillón de euros

OOConcello de Castro de Rei acometeu duran-te o ano 2016 novos proxectos de obras,encamiñados a mellorar os servizos e as

infraestruturas municipais que inciden nunha mellorcalidade de vida de todos os veciños e veciñas domunicipio. As obras de reparación da rede de estra-das, pistas e camiños municipais superou o millónde euros, aportados polas distintas Administra-cións públicas: 650.000 euros corresponderon aconvenios coa Xunta de Galicia; o Concello de Cas-tro de Rei aportou 270.000 euros, e a DeputaciónProvincial de Lugo, 75.000.

CAMIÑOS SECUNDARIOS NA ZONA DACONCENTRACIÓN DE SAN XIAO DE MOSContinúa o proxecto promovido polo Concello deCastro de Rei e financiado pola Xunta de Galicia, através da Consellería de Medio Rural. No últimoabríronse os camiños que tecen a concentraciónparcelaria de San Xiao de Mos, ao que o Gobernogalego destinou 252.000 euros (parte desta apor-tación corresponde a fondos europeos FEADER).

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS EN ZONASDE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE RAMILE SAN XIAO DE MOSObra complementaria da anterior, que supuxo oinvestimento por parte da Xunta de Galicia de194.000 euros. Castro de Rei é un dos concellos daprovincia de Lugo máis beneficiados nos últimosanos por proxectos de concentracións parcelarias.

PLAN DE EMERXENCIAS PARA O ASFALTADODOS ACCESOS AO MERCADO GANDEIROSupuxo a renovación da capa de rodadura conaglomerado en quente nos principais accesos aorecinto e gando de Castro de Ribeiras de Lea. Aeste proxecto, a Xunta de Galicia destinou outros37.000 euros.Páxina 4

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Bendia

Ansemar-Viladonga

Duarría

Concentración de Ramil e San Xiao de Mos

Duarría

Page 5: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

PRIMEIRA FASE DO CAMPO DE FÚTBOLDE ADESTRAMENTO DO CD CASTROA Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Gali-cia destinou a este proxecto 50.000 euros. É unhainstalación deportiva anexa ao Campo de FútbolArturo Pereiro e complementaria, xa que servirápara adestramentos, preservando así o terreo dexogo do campo principal.

O PLAN MARCO DESTINOUSE A MELLORARACCESOS A EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIASO Plan MARCO da Xunta, que xestiona a AxenciaGalega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e queconta con financiamento da Unión Europea, inves-tíu en Castro de Rei 105.000 euros. Destinouse arenovar unha das estradas principais de Prevesos,que da acceso a varias explotacións.

PAVIMENTACIÓN DE ESTRADAS E PISTASEN BENDIA E PREVESOSO Concello de Castro de Rei destinou unha partidaorzamentaria de 140.000 euros a mellorar os acce-sos e as redes viarias locais de Bendia e Prevesos.O proxecto é continuar agora coa renovación dascapas de rodadura de estradas, pistas e camiñosmáis necesitados nas diferentes parroquias.

ACTUACIÓNS DAS BRIGADAS MUNICIPAIS ENVARIAS ZONAS DO CONCELLOEn tarefas de reparación de estradas por medio deregos asfálticos, que executou a brigada de Obrasdo propio Concello, investíronse outros 145.000euros. As actuacións leváronse a cabo en difernteszonas do municipio ao longo do último ano.

PAVIMENTACIÓN DA ESTRADA DE ANSEMARA VILADONGAEsta obra financiouse con fondos procedentes dunconvenio asinado coa Deputación Provincial deLugo, dotado con 75.000 euros. O Plan de Obras eServizos de 2016 incluíu a reforma de estradas enDuarría (desde a LU-115 ata o km. 1,100 da pistade A Rega e desde a LU-113 ata o km. 2,100 docamiño por O Castro e Abilleira) e na Ponte doOuteiro (desde a LU-120 ata o km. 1,805 do cami-ño por Cabana a Pacios).

Tamén se realizaron desbroces na práctica totali-dade das estradas e camiños para garantir unhamellor seguridade vial.

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Páxina 5

Quintela

Brigada municipal de Obras

Orizón

Prevesos

Mercado gandeiro

Page 6: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 6

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Medio Ambiente destina 500.000 euros á execución do proxecto

A Xunta e o Concello asinan un convenio para acometera mellora da rede de abastecemento de Castro de ReiA conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e oalcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, asinaronun convenio de colaboración para a posta en servizodun depósito existente que actualmente non estáconectado ao sistema, e a ampliación da rede dendeas proximidades deste depósito.

As obras pretenden resolver os problemas que pre-senta o sistema de abastecemento, sobre todo enCastro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén seabastece ao polígono. Esta rede presenta déficit depresión en distintos puntos durante o período estivale polo tanto falta de capacidade para cubrir asdemandas nesta época.

A conselleira de Medio Ambiente destacou queAugas de Galicia investirá un orzamento de 500.000euros para a execución desta actuación, que estarácofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desen-volvemento Rural (FEADER). ■

Francisco Balado e a conselleira de Medio Ambiente, BeatrizMato, durante a sinatura do convenio en Santiago.

Comicios autonómicos e xerais

O Partido Popular volveu ser a forza política máis votada en Cas-tro de Rei na doble cita electoral de 2016: o 26 de xuño, na repe-tición das Eleccións Xerais, e o 25 de setembro, con motivo doscomicios autonómicos. Nesta ocasión, a candidatura “popular”acadou 1.601 votos (58,24%), superando ás demais forzas políti-cas: PSdeG-PSOE, 416; En Marea, 361; BNG-NÓS, 239; Ciudada-nos, 61; e PACMA, 19. Tamén se contabilizaron 40 votos nulos e 32en branco. O índice de participación en Castro de Rei foi do64,43% (nas anteriores, en 2012, fora do 65,5%). Tralo escrutinio anivel provincial, o PP acadou 8 deputados; o PSdeG-PSOE, 3; e EnMarea, 2. En Galicia: o PP gañou con 41 escanos; En Marea ePSdeG-PSOE acadaron 14 cadanseu, mentres que o BNG-NÓS,ten 6 representantes no Parlamento autonómico.

O Partido Popular reafirmou o seu dominioen Castro de Rei nas últimas citas electorais

Nas imaxes, momento das vota-cións nas Eleccións Autonómicas,en Castro de Ribeiras de Lea, nasque o PP tamén se impuxo con clari-dade. Nesta ocasión, recibíu o apoiodo 58,24% dos votos emitidos, fron-te ao 15,13% do PSdeG-PSOE, asegunda forza máis votada.

(Eleccións Autonómicas)O Partido Popular ten en Castro deRei un dos concellos da provinciacon maior apoio, tanto en elec-cións municipais, autonómicas exerais. O PSdeG-PSOE e asdemais forzas non cumpriron coasexpectativas que tiñan a priori.

Page 7: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 7

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

- Afronta vostede o segundo mandato comoalcalde de Castro de Rei. ¿Cales son os obxecti-vos primordiais desta nova etapa?Francisco.- Accedín por primeira vez á Alcaldía deCastro de Rei en 2011, coa ilusión de traballar polosveciños do meu concello. Despois de seis anos mante-ño ese sentimento ou compromiso igual que o primeirodía. Gústame escoitar á xente para coñecer cales son assúas preocupacións e inquedanzas e, despois, tratar deresolvelas o máis axiña e coa maior eficacia que sexaposible. E tamén comparte cos meus compañeiros daCorporación municipal o obxectivo de seguir traballandopara que todas as persoas se sintan orgullosas do con-cello de Castro de Rei. Esa é, básicamente, a nosa prio-ridade, favorecendo o emprego e procurando a diarioque haxa máis servizos e mellores infraestruturas públi-cas en todos os pobos.- ¿Cómo valora a situación actual de Castro deRei, a nivel de eses servizos públicos?Francisco.- O noso concello conta cos servizos bási-cos ben cubertos. Pero, aínda así, hai que mirar pormelloralos, a nivel de prestacións sociais e de infraes-truturas, tanto as redes de estradas e camiños, as deabastecemento e saneamento, o alumeado público, etc,que son importantes para que todos os veciños e veci-ñas de Castro de Rei acaden unha boa calidade de vida.- No que resta do actual mandato, ¿en qué vaicentrar a súa xestión desde a Alcaldía?Francisco.- Debemos esforzarnos por conservar emellorar eses servizos aos que me refería, nunha novafase de consolidación do que xa temos feito, sen des-cartar novas iniciativas. As políticas de carácter socialseguirán sendo importantes, axudando ás persoas e ásfamilias máis necesitadas, e tratar de buscar solucións aun dos problemas que ten o medio rural, como é a bai-xada do censo. Xa sabemos que non é fácil, pero haique intentalo, con iniciativas que axuden a asentar pobo-ación, como poden ser os programas formativos e deemprego. Hai que ser optimistas, pero é preciso que nosimpliquemos todos, os políticos que temos a representa-ción no Concello, as distintas Administracións públicas eos propios veciños de Castro de Rei. ■

- ¿Qué destacaría entre as iniciativas municipais dos

últimos meses?Francisco.- A mellora de espazos públicos e de variasestradas e camiños supuxo un esforzo importante, omesmo que a recuperación do noso patrimonio municipal,co Obradoiro de Emprego, no que tamén colaborou a Xuntade Galicia. Tamén nos ocupamos de facilitar traballo a per-soas desempregadas, ben para brigadas de obras e fores-tais, etc. Sen esquecer as actividades culturais, lúdicas edeportivas, e os proxectos de promoción e dinamizaciónsocial que se realizaron en diversas parroquias.- ¿E cómo se presenta este 2017 na planificación do

Goberno municipal?Francisco.- Hai proxectos xa aprobados e outros que seirán concretando nos próximos meses. Queremos que oproxecto dos avións non tripulados se consolide en Rozase, como todos os anos, nos ocuparemos de mellorar as víasde comunicación entre os distintos pobos que son compe-tencia do Concello e xestionaremos que se faga o mesmocoas outras que son de titularidade autonómica ou provin-cial. En temas sociais, a Axuda no Fogar e a Residencia sonaspectos nos que temos que incidir aínda máis.

- ¿E a nivel de formación e de emprego?Francisco.- Despois da experiencia dos últimos obradoi-ros de emprego, a nosa intención é seguir apostando poresta vía de formación e traballo para que as persoas senocupación teñan máis oportunidades de acceder ao merca-do laboral. De feito, xa temos pensado solicitar outro Obra-doiro, compartido con outros concellos da comarca, paraaxudar aos desempregados a ter un traballo digno.

Francisco J. Balado Teijeiro,alcalde:

Para definir as prioridadesque nos permitan seguirprogresando e para unha boaxestión do Concello éimportante saber escoitaraos veciños e veciñas

Page 8: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Páxina 8

O investimento no polo tecnolóxico e industrial será de 150 millóns de euros

A Xunta destina 14 millóns nas primeiras licitacións de Rozas paramellorar a xestión dos recursos mariños, o territorio e o tráfico aéreoO proxecto que convertirá a Rozas nun centro tec -nolóxico a nivel mundial de avións non tripuladosxa está en marcha. A Xunta de Galicia presentou osservizos públicos que se mellorarán a través desolucións vinculadas a este tipo de vehículos. T rasabrir un período de consult a, ao que se present a-

ron preto de 150 propost as, a Xunt a sacará a con -curso sete solucións p ara mellorar a seguridademarítima e o control da calidade da auga, optimizaros recursos forest ais, automatizar a cartografía econt ar coa tecnoloxía avanzada p ara controlar otráfico aéreo.

A Xunta celebrou na sede da Axencia Gale-ga de Innovación (Gain), o III Workshop dopolo tecnolóxico e industrial de Rozas, noque se presentaron as ideas seleccionadasque se impulsarán a través das sete pri-meiras licitacións da 2ª fase do proxecto eque, cunha inversión de 14 millóns de eu-ros, se centrarán en mellorar, a través doemprego de vehículos non tripulados, axestión e control de tres ámbitos socioeco-nómicos estratéxicos: os recursos acuáti-cos, o territorio e o tráfico aéreo.

Durante o encontro, ao que asistiu ovicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda,acompañado dos conselleiros de Econo-mía, Emprego e Industria, Francisco Conde,de Medio Ambiente e Ordenación do Terri-torio, Beatriz Mato, e do Medio Rural,Ángeles Vázquez, avaliáronse os avanceslogrados neste proxecto chamado a ser onovo referente industrial de Galicia enmateria de innovación. Ante preto de 300representantes do ámbito empresarial,social e universitario, na presentacióntamén participou o director xeral do Institu-to Nacional de Técnicas Aeronáuticas(Inta) do Ministerio de Defensa, IgnacioAzqueta.

O vicepresidente da Xunta, AlfonsoRueda, destacou que o compromiso daXunta co polo tecnolóxico e industrial deRozas, que conta cun investimento total de150 millóns de euros, supón unha apostapolo incremento da competitividade conbase na innovación, a creación de empregoestable, a atracción de capital privado aGalicia, o desenvolvemento do sector aero-náutico galego e de cadeas industriais naárea de influencia, a promoción do traballoque realizan as universidades e centrostecnolóxicos con sede en Galicia, e polacapacidade da comunidade de exportartecnoloxía punteira.

Núñez Feijóo referíuse a Rozas, durante a visita ás instalacións do aeró-dromo, como unha “aposta estratéxica de futuro, dunha nova aposta eco-nómica para Galicia”, que xenerará máis de 600 empregos cualificados.

Núñez FeijóoNúñez Feijóo : “Rozas é o centro dunha nova industria”: “Rozas é o centro dunha nova industria”O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que "a nova industriaconecta o tecido empresarial e universitario das catro provincias galegas e situa-rá a Comunidade no mapa da avión non tripulada". Dúas multinacionais desenvol-ven o proxecto tecnolóxico: a fábrica de helicópteros non tripulados de Inaer, fábri-ca de avións non tripulados de Indra, un centro de mantemento da frota de ambasas dúas compañías, un centro tecnolóxicos, unha oficina de deseño e certificación,unha unidade de instrución e formación de pilotos, un centro de control de tráficoaéreo, un novo hangar e unha incubadora de empresas.

Page 9: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 9

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Aprobación provisionaldo Plan Xeral de

Ordenación Municipal

O Servizo de Axudano Fogar atendeu a 48 persoas en 2016

A Corporación Municipal apro-bou de forma provisional, cosvotos favorables do PP (8) e aabstención do PSdeG-PSOE (4)e do BNG (1), o Plan Xeral deOrdenación Municipal (PXOM).Prodúcese seis anos despois daaprobación inicial, e logo de quese estimaran 60 alegacións porcompleto e outras 87 de xeitoparcial. Con este proxecto, oConcello disporá dunha ordena-ción urbanística equilibrada,fronte ao desorde que xenera-ban as normas subsidiariasvixentes desde 1977. Destaca areserva de solo industrial enCastro de Rei e Castro de Ribei-ras de Lea, localidade na quetamén se contempla outra bolsade solo urbanizable.

Dentro dos Servizos Sociais doConcello de Castro de Rei, o deAxuda no Fogar é un dos quemerece unha atención específi-ca. Débese á necesidade deatender a un número cada vezmaior de persoas que vivensoas ou con problemas demobilidade. Este servizo correa cargo da empresa SociserSL, que conta con 17 auxiliarespara atender a 48 veciños eveciñas: a través Servizo deAxuda no Fogar de libre concu-rrencia, a 17 persoas, e noregulado pola lei de dependen-cia, a outras 31. En total, pres-táronse, en 2016, máis de16.600 horas de servizo. AXunta aportou 189.653 euros,e a Deputación, outros 20.784.

Premio Nacional de Innovación para o proxecto de RozasO conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, recibíu do rei Filipe VI o Premio Nacionalde Innovación e Deseño outorgado á Axencia Galega de Innovación (Gaini) na modalidade deCompra Pública Innovadora, polo proxecto de avións non tripulados de Rozas. Ao seu xuizo, estegalardón supón un recoñecemento ao traballo en materia de innovación por parte da Xunta e aocarácter pioneiro deste polo tecnolóxico e industrial de Castro de Rei.

O gran centro de referencia das novas tecnoloxías aeronaúticas"Rozas é unha oportunidade para construír entre todos o novo corazón industrial de Galicia;unha oportunidade para captar novas inversións e o talento máis innovador, coas nosas univer-sidades e centros tecnolóxicos como asociados; e unha oportunidade para seguir creandoemprego de calidade", afirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa intervenciónno III Workshop do polo tecnolóxico e industrial de Rozas.

Gran baza de Galicia no eido dos avións non tripuladosO conselleiro de Economía visitou as novas infraestruturas do Centro de Investigación Aerotrans-portada de Rozas xunto á secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, CarmenVela, e ao director do INTA, Ignacio Azqueta. A modernización das instalacións sumará 10 millónsen investimentos unha vez finalizada a compra da equipamento, o que as converterá na gran bazade Galicia fronte aos seus competidores no sector dos avións non tripulados de uso civil.

Page 10: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 10

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Edita Sinde Basanta, novaconcelleira do Partido Popular

O pasamento de Antonio Iglesias Lombardía permitíu aentrada no Consistorio de Edita Sinde Basanta como novaconcelleira do Partido Popular, tomando posesión da actade concelleira tras a xura do cargo, o pasado 12 de marzo.Nas últimas eleccións municipais concurrira no postonúmero 9 desta candidatura. A actual Corporación deCastro de Rei está integrada por Francisco Javier BaladoTeijeiro, Roberto Lorenzo Fernández, Laura Campo Fernán-dez, María Josefa López López, José Rielo Losada, JoséLuis García Barja, Óscar Iravedra Portela e Edita SindeBasanta, do PP; Marisa Rodríguez Gigán, José MaríaCampo Castro, Luis Veiga Veiga e Carlos Sinde Basanta,do PSdeG-PSOE; e Digna Mª Lagarón Doval, do BNG. ■

Loito e pesar no Concello polo pasamento do ex alcaldeArturo Pereiro e do concelleiro Antonio Iglesias

Composición actual da Corporación Municipal de Castro de Rei.

As figuras de Arturo Perei-ro e de Antonio Iglesias sonclaves para entender odevir político e institucio-nal de Castro de Rei nasúltimas décadas.

O Concello de Castro de Rei vivíu con poucos días dediferencia dúas xornadas de loito oficial na memoria ecomo homenaxe ao concelleiro Antonio Iglesias Lom -bardía, falecido o p asado 11 de novembro, e do exalcalde Arturo Pereiro V ilariño, doce días despois.

Arturo Pereiro, alcalde de 1988 a 2007, presidíu a Corporación localnun período clave e no que se puxeron as bases do desenvolvementoque disfrutamos hoxe en día. Foi, ademais, exdeputado provincial eprimeiro vicepresidente da Fundación Terra Chá, e presidente durantevarios anos do CD Castro. Chegado desde Palas de Rei, o seu conce-llo natal, Arturo traballou como electricista na incubadora local e des-pois puxo os cimentos do actual matadeiro de aves de Castro de Ribeiras de Lea. Oalcalde actual, Francisco Balado, lembra como fitos importantes da traxectoria de Artu-ro Pereiro, o emprego, xa que puxo en marcha o parque empresarial; o medio rural,potenciando moitas concentracións parcelarias, e o ensino, xa que impulsou a garde-ría e o Instituto, ademais de grandes investimentos e novos servizos para Castro deRei como o xeriátrico, o centro de saúde, a casa da cultura e o campo de fútbol.Campo de fútbol Arturo Pereiro

A proposta do grupo municipal do Partido Popular, a Corporación de Castro de Reiaprobou no pleno do pasado 12 de marzo (PSdeG-PSOE e BNG abstivéronse) desig-nar o campo de fútbol de Castro de Ribeiras de Lea co nome de Arturo Pereiro. Parao actual alcalde, Francisco Balado, "Arturo merece o recoñecemento como expresi-dente fundador que foi do club e porque cando foi alcalde defendeu como ninguén odeporte local e impulsou desde o Concello a construción do estadio de fútbol". Estainiciativa contou tamén co respaldo da actual directiva do CD Castro.Adeus a un home afable e conciliador

Antonio Iglesias tamén desenvolveu unha longa traxectoria na Corporación munici-pal, desde os anos 80, primeiro no CDS e, despois, no PP. Era o segundo tenente dealcalde e responsable de Medio Rural. Francisco Balado lembra a Antonio como “unhome afable e tranquilo, e moi conciliador buscando sempre solucións pactadas encalquera conflito que poidese xurdir”.

Arturo

Antonio

Page 11: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 11

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

AAlimpeza e repintado da Casa do Concello e a reposi-ción do firme no seu contorno, a reforma da antigaescola de Quintela e da cuberta dos edificios munici-

pais do centro de formación de Matodoso foron as principaisactuacións levadas a cabo en Casa de Rei polo Obradoiro deEmprego "Camiño da Chaira III", que se desenvolveu duranteseis meses (de setembro de 2016 ata marzo de 2017), nosmunicipios de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei. Tra-touse dun novo proceso formativo para 20 traballadoresdesempregados, que desenvolveron unha especializaciónteórica e prática nas modalidades de "Levantamento ereplanteos" (7 alumnos/as, en Outeiro de Rei), "Actividadesauxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería" (6alumnos/as en Cospeito) e "Operacións auxiliares de revesti-

mentos contínuos en construción" (7 alumnos/as en Castrode Rei). No seu financiamento (tivo un custe de 180 mileuros) participaron a Xunta de Galicia, a través da Conselle-ría de Economía, Emprego e Industria, e o Fondo Social Euro-peo, mentres que os Concellos participantes aportaron osmateriais de obra empregados nos distintos proxectos.

Este programa ofreceu aos alumnos e alumnas a posibili-dade de acceder a un posto de traballo, ao tempo de recibirformación de informática e charlas sobre seguridade e hixie-ne no traballo, cooperativismo, inserción laboral, sensibiliza-ción medioambiental e igualdade de xénero.

A promoción laboral segue a ser outro obxectivo importan-te do Concello de Castro de Rei, que aspira a un novo Obra-doiro de Emprego neste 2017. ■

Restauraron a Casa do Concello e a escola de Quiintela

Castro de Rei colaborou na formación teóricae prática de 20 persoas durante seis meses envarias especialidades profesionais

Obradoiro de Emprego “Camiño da Chaira III”

Escola de Quintela

Casa do Concello

Os alcaldes deOuteiro de Rei,Cospeito eCastro de Rei,cos alumnos eo persoaldirectivo,docente eadministrativoque participouno ObradoiroCamiño daChaira III

Page 12: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 12

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

A secret aria xeral p ara o Deporte, Mart a Míguez, visi -tou en Castro de Ribeiras de Lea o campo de ades -tramento de fútbol, que contou cun investimento daXunta de Galicia de 49.890 euros.

Visita ao novo campo de adestramento

Medio Ambiente presenta en Castro de Rei aGuía de boas prácticas paisaxísticas

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territo-rio, Beatriz Mato, defendeu en Castro de Rei que o coñe-cemento é o primeiro paso para a protección e o coidadoda paisaxe galega, un labor de conservación que "noscorresponde a todos".

Así o destacou durante a súa intervención na presenta-ción da Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá.Este documento foi impulsado pola Fundación Juana deVega e a Fundación Blas de Ponte de Outeiro. "Hai poucascousas que definan tanto a Galicia e aos galegos como apaisaxe", considerou Mato, quen salientou a especialimportancia que a paisaxe ten a nosa comarca "que leva assúas grandes chairas na raíz do seu xentilicio". ■

O Grupo Sada recibe da Xunta o seloGalicia Calidade pola gama de polos “Cuk”A directora xeral de Comercio e presidenta de Galicia Calidade, SolVázquez, visitou as instalacións que a produción do polo Cuk doGrupo Sada ten en Castro. Este produto conta coa certificación decalidade desde o ano 2014 e comercialízase para toda España.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo xerente de Gali-cia Calidade, o alcalde de Castro de Rei e directivos da empresa, adirectora xeral de Comercio destacou que as principais empresas aví-colas con plantas de produción en Galicia, como é o caso do GrupoSada, contan co selo de garantía Galicia Calidade, o que proba o"prestixio" que representa para as empresas e a "confianza que xeranos consumidores".

Sol Vázquez destacou o esforzo do Grupo Sada para producir ospolos Cuk con "criterios de calidade e alimentación a base de vexe-tais, con garantías de seguridade alimentaria e con información paraos consumidores de todo o proceso de produción”. ■

Beatriz Mato, acompañada en Castro de Rei polo alcalde,Francisco Balado, e representantes das fundacións.

O escudo da antiga torre de orixemedieval, derruida en 1941, luce noexterior da igrexa de Castro de Rei,trala cesión por parte da familia deAmador Alonso, que a conservoudesde entón, e a colocación nunlugar ben visible por parte do Con-cello. O alcalde, Francisco Balado,xustificou este acto "co desexo deque sirva de símbolo e sexa a estre-la que dea luz a Castro de Rei". Odescubremento do escudo enmar-couse nun programa cultural, noque participaron, entre outros, XoséManuel Carballo, xunto a familiaresde Amador Alonso, o exconcelleiroMario Saavedra ou a académica ga-lega Margarita Ledo.

Recuperado o escudo daantiga torre medieval

Page 13: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 13

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

A outra actuación destacada nos últimos meses enmateria forestal no noso concello foron os traballosde desbroce e limpeza que levou a cabo a Conselle-ría de Medio Rural. Unha das liñas de traballo prio-ritarias deste departamento da Xunta, segundo des-tacou en Castro de Rei o delegado territorial, JoséManuel Balseiro. Neste período, a Consellería levapropiciado o acondicionamento de preto de 10.000hectáreas de monte na provincia de Lugo, por xes-tión directa, a través das brigadas de Seaga ou benmediante convenios cos concellos ou coas comuni-dades de montes. Durante a visita a Castro de Rei,o delegado estivo acompañado polo alcalde, Fran-cisco Balado, e por persoal do distrito número X daTerra Chá da Consellería do Medio Rural.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia conce-deu 55.000 euros para a plantación de 1.800 castiñeirossobre unha superficie de case 19 hectáreas nos montesveciñais en man común das Gándaras de Castro, Coutado

e Campela, na parroquia de Bendia. Esta foi unha das prin-cipais axudas a proxectos de reforestación nos últimosmeses en Galicia. Esta xunta de montes, creada en 1980,conta con 25 comuneiros.

Subvencionou con 55 mil euros a plantación de 19 hectáreas de castiñeiros

Medio Rural colaborou cos comuneiros de Bendia

e axudou a limpeza de montes en Castro de Rei

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado,destacou que "esta aportación da Conselleríade Medio Rural da Xunta de galicia é a máisalta concedida pola Administración autonó-mica para a plantación de castiñeiros", preci-sando ademais que "arredor do 80 por centodestas axudas se corresponden con proxec-tos desenvolvidos na provincia de Lugo". Acomunidade de montes veciñais Gándarasde Castro, Coutado e Campela é un exemplode cooperativismo e aproveitamento forestalcon miras ao futuro.

Unha brigada medioambiental taménaxudou a crear emprego

Unha brigada forestal de cinco persoas desen-volveu un importante labor de extinción de

incendios forestais no concello de Castro de Rei ena comarca, ademais de realizar tarefas de limpezae desbroces de xeito preventivo. Durante tresmeses do verán e do outono, os operarios dispuxe-ron de medios de transporte facilitados polo Con-cello de Castro de Rei e materiais de extinciónaportados pola Consellería de Medio Rural da Xuntade Galicia. A creación destas brigadas supón outracontribución a mitigar o paro, o mesmo que as dis-tintas contratacións realizadas a través dos planesde emprego desenvolvidos pola Xunta de Galicia ea Deputación Provincial de Lugo. ■

Traballos no monte comunal de Gándaras de Castro, Coutado eCampela (arriba), e visita aos traballos de limpeza forestal.

Page 14: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 14

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

A Xunta e o Concello de Castro de Rei colaboran para impulsar a concentra-ción parcelaria da zona de Triabá. Así o acordaron a conselleira do MedioRural, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste municipio lugués, Francisco JavierBalado, nunha xuntanza de traballo mantida na sede do Goberno galego enSan Caetano. A conselleira e o rexedor municipal avanzaron nos traballos paracontinuar co desenvolvemento deste proceso de concentración parcelaria.Este proxecto de reordenación territorial abarca unha superficie de máis demil hectáreas, distribuídas en algo máis de tres mil fincas pertencentes amedio milleiro de propietarios. Os investimentos realizados neste proceso porparte da Consellería do Medio Rural superan os 260.000 euros.

Recuperación da Vía Rexia do NorteOs concellos de Castro de Rei, A Pastoriza, Meira, Pol,Riotorto e A Pontenova, xunto aos asturianos de Vega-deo e San Tirso de Abres traballan para o recoñece-mento e sinalización da Vía Rexia do Norte, unha dasrutas xacobeas máis antigas. Un comité de expertos,no que hai técnicos de turismo, investigadores e unenxeñeiro, ten o encargo de realizar a cartografía destaruta, baseándose no trazado histórico, para a súa pos-terior sinalización.

Nova excavación en ViladongaA Consellería de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria financia con 113.000 euros (IVEincluído) os traballos de escavación, acondiciona-mento e consolidación arqueolóxica no Castro deViladonga. Neste caso lévanse a cabo traballosde roza e limpeza tanto manual como mecánicapara a retirada de vexetación, escavación arque-olóxica nas áreas obxecto da actuación e limpe-za e consolidación das estruturas. ■

O investimento supera os 260 mil euros

XuntaXunta e ConcelloConcello colaboran para impulsara concentración parcelaria de Triabáparcelaria de Triabá

AXunta de Galicia e a Deputaciónapoian á Fundación de Dano Cere-

bral (Fudace) para construir en Castrode Rei a primeira unidade de patoloxíadual de Galicia e a segunda de Espa-ña, xa que actualmente só hai unhaen Palencia. O Goberno galego finan-ciará as obras de construción do edifi-cio, mentres que a Deputación fixoefectiva a doazón dos terreos de80.000 metros por un período de 50anos, a través dun convenio subscritopolo presidente de Fudace, Luis Abe-lleira, e o titular da Deputación, DaríoCampos (imaxe superior). ■

Proxecto Fudace

Page 15: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, asistiu o pasasdo 19 de abril á visita organizada para120 alumnos dos centros públicos integrados de Formación Profesional das Mercedes e Terra Cha ao polo tecnolóxico eindustrial de Rozas. A xornada In.formate, á que a directora de GAIN asistiu acompañada do delegado territorial da Xuntaen Lugo, José Manuel Balseiro, e do alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, inscríbese no programa de formación paraa innovación no ensino medio organizado pola Axencia Galega de Innovación co obxectivo de trasladar aos alumnos deensino secundario e FP a importancia da investigación, o desenvolvemento e a innovación no seu futuro laboral.

A nova cartelería informativa no Polígono Industrialfacilita a localización das empresas

A Asociación de Empresarios de Castro (Aempca) instalou novoscarteis para facilitar a localización das empresas ubicadas no Polí-gono Industrial de Castro de Ribeiras de Lea. Unha delas, na estra-da de Outeiro de Rei, e outra, na de Rábade. A nova cartelería axudaa empresarios e camioneiros á hora de buscar as naves industriais,identificadas co nome e a situación no mapa. Por parte da Asocia-ción convídase a todas as firmas que aínda non sexa socias asumarse ao proxecto empresasarial para poder engadilas a estesnovos carteis informativos.

Recepción a Adolfo Sainz-MazaO deportista chairego Adolfo Sainz-Maza, oriun-do do concello de Castro de Rei, é un dos atletasda categoría promesa máis destacados a nivelestatal. Hai pouco proclamouse subcampión deEspaña de heptatlon en pista cuberta, competin-do co club de atletismo Celta de Vigo. Mérito desobra para que a Corporación Municipal de Cas-tro de Rei o recibise na Casa Consistorial e reci-bise do alcalde, Francisco Balado, unha placaconmemorativa.

Páxina 15

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

Lembranza de Manuel MaríaO Concello de Castro de Rei sumóu-se aos actos de homenaxe a ManuelMaría, o poeta da Terra Chá, que seorganizaron en 2016, e no quetamén se lle adicou o Día das LetrasGalegas. Pola súa parte, a comunida-de educativa do noso municipiolevou a cabo diferentes actividadespara honrar a súa memoria.

Innovación e tecnoloxía en Rozas, para alumnos de FP de Castro de Rei e Lugo

Page 16: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 16

Castro de Rei nº 1. Primavera 2017

VII Expodegustación da Galiña de MosO Concello de Castro de Rei e a Asociación de Veciños deSan Xiao de Mos organizaron a sétima Expodegustaciónda Galiña de Mós. Neste evento tamén colaborou Avi-mós, promovendo unha exposición de exemplares devinte criadores da zona. A degustación volveu ser un dos

momentos preferidos polos asistentes. Repartíronse milracións de ovo, polo asado, patacas, queixo de Leitigal epostre. Trátase dun dos eventos gastonómicos máisimportantes da Terra Chá e serve para promocionar unproduto que dá fama e sona ao concello de Castro de Rei.

Amigos da Feira de Castrode Rei, exemplo de

dinamismo no medio rural

Corría o ano de 1998 cando un grupoentusiasta de Castro de Rei decidíurecuperar a antiga feira da capitalida-

de municipal. Xurdíu así a Asociación deAmigos da Feira de Castro, exemplo, hoxeen día, de dinamización no medio rural. Estecolectivo, que conta co respaldo do Conce-llo de Castro de Rei (ao igual que o resto decolectivos veciñais, culturais e deportivos),organiza ao longo do ano varias actividadesque aúnan o deporte, as tradicións e o inte-rese pola natureza.

Francisco Rielo, presidente, Ana Mª Váz-quez, Luisa Tejada, Gemma Freire, Iván Cas-tro, Cristina García, Vera Rivas e AndreaRielo encárganse de supervisar un programaatractivo, que inclúe a ruta de sendeirismodo Azúmara (a finais de maio o primeiros dexuño), a Festa da Malla (a finais de agosto),as Xornadas Micolóxicas do Outono, o LumeNovo (polo San Xoán), e viaxes culturais elúdicas para coñecer mellor a nosa terra.

Festa da Malla

Excursión a Padrón

Homenaxe a Manuel María

Page 17: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

A concelleira MaríaJosé López e variasxogadores do FSFCastro realizaron oreparto de máis decen xoguetes portaa porta entre osnenos de familiascon menos recur-sos de varias parro-quias. Os xoguetesforon recollidos du-rante o torneo soli-dario de fútbol sa-la, que organizarono equipo feminino eo Concello de Cas-tro de Rei.

Tamén o CD Castro organizou a recollidade alimentos de primeira necesidadepara repartir durante o Nadal entre asfamilias máis desfavorecidas do nosomunicipio, campaña na que colaborouCáritas Interparroquial.

Gran éxito do equipo de Fútbol Sala Feminino Castro,que se proclamou campión da Liga Provincial. Enapenas catro anos, o club que preside Carmen Tojo

encaramouse ao máis alto deste deporte, coa unión comobandeira, e un bo respaldo de institucións, empresas eafeccionados de Castro de Ribeiras de Lea e do resto doconcello de Castro de Rei. O mérito é compartido por

xogadores e cadro técnico, que rendiron a gran niveldurante a competición ligueira, acadando o título mate-máticamente a falta de dúas xornadas. Outra recompensapara varias xogadoras (Eva Freire, Ana López e Uxía Díaz)foi a convocatoria coa selección lucense. O club traballatamén coa canteira, xa que conta cun equipo infantil de 11xogadoras.

FSF Castro infantil FSF Castro senior

O equipo feminino do Club Baloncesto do Lea é outros dos máis repre-sentativos do concello de Castro de Rei. As herdeiras do antigo CB Castroquedaron, por segundo ano consecutivo, subcampioas na liga da 2ª Divi-sión Autonómica. A intención do equipo é que as xogadoras do Institutose vaian incorporando ao CB do Lea para garantir a continuidade destedeporte no noso municipio.

Page 18: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 18

Castro de Rei nº 1. IPrimavera 2017

As Actividades Deportivas Municipais, que organiza oConcello de Castro de Rei, contan con 135 partici-pantes, de idades comprendidas entre 3 e 16 anos.

O obxectivo é animar aos máis novos a que practiquen oseu deporte preferido e que comecen a idades temperás acoidar a saúde tendo como base o exercicio físico. Asmodalidades que se ofrecen son: zumba, fútbol sala,baloncesto, judo, patinaxe, ximnasia rítmica, atletismo,xadrez, natación e xogos de raqueta. Os prezos de matrí-cula son case simbólicos e, ademais, hai descontos paraos que realizan varias actividades e para familias convarios irmáns participantes. O programa desenvólvesedesde mediados de outubro ata o remate do curso lectivo.

A Concellería de Cultura e Deporte, que organiza estasescolas deportivas, tamén colabora con outros concellosda comarca na organización de xuntanzas e competiciónspara fomentar a sociabilidade dos rapaces.

Page 19: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Páxina 19

A tempada 2016/17 foi import ante para o CD Castro e o deporte local. O ascenso a T erceira Divi -sión, categoría que comp artíu con equipos históricos do fútbol galego, situou ao noso clubmáis represent ativo no seu máis alto nivel. Como era de prever , este primeiro ano foi compli -cado no eido deportivo, pero, como aspectos máis positivos, servíu p ara espert ar o interesepor este deporte, mellorar as inst alacións e seguir consolidando as bases p ara o futuro.

O Campo Municipal Arturo Pereiro vivíu ao longo da tempadamomentos inesquecibles para os afeccionados do CD Castroe tamén para moitos equipos históricos do fútbol galego quesouberon das dificultades para doblegar aos nosos xogado-res. Como as victorias contra o Compostela, Arousa, Choco,Deportivo B, Alondras, Barco, Rápido de Bouzas... O club quepreside José Ramón Vega cumpríu co que se agardaba destaprimeira campaña na Terceira División, cuns resultados ecompetitividade máis que aceptables. Un esforzo que contouco apoio do Concello de Castro de Rei, de moitas firmascomerciais e numersos afeccionados que animaron ao equi-po no "Arturo Pereiro" e o acompañaron por toda Galicia.

Á marxe dos resultados deportivos, esta experiencia servíupara situar a Castro no panorama futbolístico a nivel autonó-mico e nacional, e para promocionar o noso municipio. Outraconsecuencia foi o incremento de afección, o aporte solida-rio de moita xente, a mellora das instalacións deportivasmunicipais, como o novo campo de adestramento que estáxa moi avanzado, e a promoción deste deporte entre os máisnovos, cos equipos de fútbol nas categorías alevín, cadete einfantil. Deste xeito, o CD Castro e o fútbol local poden afron-tar con optimismo o futuro, para o que fai falla que continúetamén ese apoio por parte das institucións, entidades priva-das e afeccionados.

Page 20: Castro de Rei 1 · 2017-08-28 · lar, 4 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, pode de-ducirse un alto nivel de aceptación do progra - ma electoral dos "populares", encabezados por Francisco

Edita: Concello de Castro de Rei -Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. -

Dep. Legal: LU

OConcello de Castro de Rei desenvolve ao longo de todo o ano un programa de activi-dades encamiñadas á dinamización social e á divulgación das nosas tradicións, bus-cando sempre unha implicación de veciños de todas as idades. A Festa dos Nen@s

da paso a unha intensa e variada oferta de verán, na que se misturan o coñecemento danatureza, o deporte, as manualidades e os xogos tradicionais. No inverno, as festas deNadal e do Entroido acaparan boa parte do protagonismo. A cabalgata dos Reis, unha excur-sión a Xuvenlugo, obradoiros, teatro, cine e maxia completaron unha ampla e variada ofer-ta cultural e lúdica, e, pouco despois, no Entroido da Casa da Cultura e do Teleclube, unhafesta con concursos de disfraces e gañas de pasalo ben por parte de moita xente.

Entroido na Casada Cultura

Teatro de Nadal

Festa dos Nen@s

Teleclube